Toponimia e talasonimia
A riqueza cultural e o contacto íntimo co territorio aparece tamén na fala. É importante que cada baixo, cada con, cada punta teña nome para orientarse e transmitir información. Tanto en terra como no mar non debemos perder esa riqueza
Cons, cabezos, curutos, leixóns, ínsuas, limpos, petóns, laxes, carreiros, pinelas, enchousas, cantís, furnas..
...enseadas, praíñas, areais, mares, laxóns, peiraos, puntas, faros, illas, canais, bancos, pedras, rías, ...No mar, e outeiros, bocas, foces, esteiros, bouzas, chans, fontes, granxas, pedras, portas, portelas, vilas, tomadas, canles, escovas, cavas, covas, lapas, lapeiras, areeiros, campos, lagos, lagoas, montes, pinais, portelos, regos, regas, regueiros, toxais, comareiros, prados, carballeiras, minas, salgueirais, brañas, costas, camiños, corredoiras, sangras, presas, pontes, lavadouros, ríos, cruceiros, barroncas, capelas, igrexas, ribeiras, rúas, voltas, estradas, pociñas, nacedouros, ulleiros, horreos, leiras, serras, veigas, eidos, viñas, xunqueiras, muíños, prados, soutos, barreiras, laxes, pozas, lagares, altos, chousos, costados, eirados, cotos, currais, curros, matos, canteiras, tetas, eiras, castros, xestais, filgueiras, baldíos, estripeirais, freixais, tallos, foxos, petroglifosaldeas e muitas entidades máis que tiveron por unha razón ou outra necesidade de ter un nome propio