Asociación Mar da Pedra de amigos das gamelas
A asociación naceu en 2002 en Cangas e leva dende ese ano recuperando gamelas coruxeiras e a súa técnica de navegación a vela, prácticamente desaparecida dende os anos 60 do século pasado
Saber de onde vimos
Resulta facil a autocomplacencia e pensar que todo o que facemos que é novo e distinto é mellor que o que había. Pero as cousas non perduran no tempo porque si, e resulta vital coñecer a nosa procedencia, coñecer o existente, a súa técnica, a súa arte e sentimento; despois, pode que estemos en condición de tratar de melloralo ou adaptalo a circunstancias distintas