Arqueoloxía
Na zona de distribución da gamela, os restos arqueolóxicos son abundantes como consecuencia da extensa e complexa historia que ten como raíz na súa gran riqueza ecolóxica e a consecuente densidade dos asentamentos humanos
Ver Arqueoloxía en un mapa más grande
Navegando dende a antiguidade
Resulta evidente que o ser humano sempre navegou por estas augas, a zona costeira da provincia de Pontevedra é especialmente abundante en petroglifos, e algúns como a da Borna, en Moaña ou o de Auga dos Cebros en Oia representan claramente embarcacións. A súa datación é discutible, pero hai autores que os sitúan no tardoneolítico ou calcolítico (entre 4.000 aC e 2.000 aC)
Petroglifo da Borna
Petroglifo da Borna
Auga de Cebros
Auga de Cebros