Natureza
O entorno propio da gamela é o dunha natureza en bo estado. É como un peixe ou un ave máis, que cando as augas non están limpas vaise a outras ou desaparece
Un marabilloso entorno en perigo
A situación da natureza na zona ocupada pola gamela ten experimentado un importantísimo deterioro nos últimos cincuenta anos. Que as rías baixas, o Miño e a costa norte portuguesa son zonas absolutamente privilexiadas non se dubida, e isto o é por biodiversidade, por produtividade e por beleza, pero o ser humano as está sometendo a unha presión de orixe poboacional e industrial que está alterando gravemente os ecosistemas. As zonas declaradas protexidas son poucas e a maior parte das veces o son dun xeito puramente nominal
A Foz do Miñor, Rede Natura e pechado ó marisqueo por contaminación
Espazos protexidos, a Serra do Argallo non é LIC e está ameazada por proxectos de parques eólicos
Nerga,no límite de Rede Natura, un espazo que afortunadamente se atopa en bastante boas condicións
Montes do Morrazo, declarado espazo natural en 1991, non foi incluído en rede Natura e a súa protección está en perigo
A Serra do Argallo, de valores incuestionables, atópase na mesma situación que os Montes do Morrazo
A Rede Natura do Miño, máis alonxada da presión demográfica e industrial, mantense en bo estado
Bancos marisqueiros actuais(en azul)
BANCOS MARISQUEIROS DESAPARECIDOS NA RíA DE VIGO (descritos por un vello mariñeiro)
- Bouzas "o maior banco marisqueiro do mundo"
Ameixa Babosa branca, roxa pola parte de fora. No comezo do recheo perto da praia da igrexa había moita “margarita" (Torallesa para os de Cesantes porque tamén había moita debaixo da ponte para a parte de terra). Tamén na zona do comezo do recheo collíase moito moelo e burros.
- Barreras-Ardán. Dentro dos molles
Esta debía ser unha parte antiga do banco marisqueiro de bouzas que ao facer o molle quedou dentro e ata avanzados os anos 80 daba ameixa babosa branca. O Ardán era unha pedra ría adentro que ainda nos 70 tiña unha sinal de ferro para que os barcos non se fodesen. Daba moita ameixa babosa branca ate que “o lodo a e merda" o taparon.
- Molle de Trasatlánticos. Nos anos 70 ainda se traballaba a “roxa" cando non viñan mercantes. No Areal igual, e dentro, onde atracan os barcos de pasaxe de Cangas e Moaña ( O Tubito) tamén se mariscaba as ameixas babosas brancas (con sabor a gasoil).
- Molle do Areal
- A Punta-A Farola e hacia Vulcano. No areeiro da Punta daba moito croque (berberecho). A Farola-A Punta, zona de moitísima ameixa babosa branca. A Farola- Vulcano, por fora, moitísima ameixa roxa.
- Arealonga (Chapela). Banco de ameixa babosa branca. Foi desaparecendo coas bateas aló polos anos 72-73
- A zona dende a base da ponte de Rande (Vilaboa) ata a depuradora (Punta Aradouro). Zona de ameixa branca ata os anos 70, logo “o can e as bateas" fodérono.
- A Baliela (actual Fandicosta). Pegado a terra, ameixa babosa branca. Por fora, ameixa roxa.
- O Lousal (afora do porto de Domaio). Ameixa roxa e branca. Fodérono as bateas.
- Cervera (e Frigoríficos do Morrazo) Cangas. Ameixa branca moi boa. Tamén o foderon os humáns.
BANCOS MARISQUEIROS DA RÍA DE VIGO DE MAIOR CALIDADE DO MARISCO
- San Martiño (ameixa branca) Fornos (ameixa roxa). Todos eles moi destruídos polo “can" nos anos 70.
- Bouzas . este era o rei dos bancos marisqueiros en calidade e cantidade. Ameixa babosa branca e roxa. Ía dende onde cargan os mercantes os coches polo Este ata pasados o farol de Cabo de Mar. Si a ameixa babosa branca era especial a roxa igual.
- A Farola. Ameixa babosa branca e roxa moi boa (nunca coma a de Bouzas). Moi boa ata que os desguaces nos 80 acabaron con todo. Os produtos químicos que usaban no final dos cascos foi mortal. O can tamén destruíu moito o banco.
- Pedra Branca do norte en San Simón. Tamén era de moi boa calidade.
- Río das Saíñas e a praia de rodeira en cangas eran tamén de moi boa calidade. Ameixa branca por terra e roxa por fora.
- Cervera (hoxe Frigoríficos do Morrazo).
- Barra. Producía moita ameixa branca, pero a calidade era moi inferior á de Bouzas ou a de Cangas. A de Cervera era unha ameixa de gran calidade
As zonas de pior calidade, as do Tubito (zonas de atraques) en Vigo, as do pozo e praia de Cesantes, as do Lousal (Domaio), o Cabalo, Vilaboa, etc..
Podía seguir escribindo unha hora máis. Pero como xa todo isto é historia... deixémolo así
P.D. O que si é certo é que os bancos marisqueiros teñen miles de anos, tal vez millóns, destruír, destrúense cada ano moitos, pero nacer novos nunca vin nacer ningún.
RECHEOS | PORTOS DEPORTIVOS | |||
Baiona Peirao (1) | 8.737 m2 | Baiona P.D. (1) | 139.342 m2 | |
Baiona Peirao (2) | 6.834 m2 | Baiona P.D. (2) | 51.769 m2 | |
Illa de Toralla | 28.259 m2 | Bouzas P.D. (1) | 77.633 m2 | |
Punta do Muíño | 5.649 m2 | Bouzas P.D. (2) | 22.159 m2 | |
Bouzas | 865.413 m2 | Bouzas P.D. (3) | 9.447 m2 | |
Beiramar (1) | 9.817 m2 | Bouzas P.D. (4) | 15.792 m2 | |
Beiramar (2) | 2.151 m2 | Beiramar P.D. (1) | 10.901 m2 | |
Beiramar (3) | 7.983 m2 | Peirao Trasatlánticos | 12.061 m2 | |
Beiramar (4) | 21.071 m2 | Peirao Náutico | 42.316 m2 | |
Beiramar (5) | 17.808 m2 | P. D. A Lagoa | 96.784 m2 | |
Beiramar (6) | 17.061 m2 | P. D. Teis | 6.201 m2 | |
Beiramar (7) | 4.881 m2 | P. D. Chapela (1) | 10.017 m2 | |
Beiramar (8) | 17.339 m2 | P. D. Chapela (2) | 12.235 m2 | |
Berbés (2) | 89.649 m2 | P. D. Mendiño | 41.985 m2 | |
Berbés (3) | 9.815 m2 | P. D. Arcade | 16.512 m2 | |
Berbés (4) | 8.266 m2 | P. D. Pereiro | 4.883 m2 | |
Náutico | 8.262 m2 | P. D. Santradán | 24.989 m2 | |
Areal | 36.317 m2 | P. D. Domaio | 22.765 m2 | |
Guixar | 229.744 m2 | P. D. Loitamar | 85.102 m2 | |
Teis (1) | 2.795 m2 | P. D. Moaña | 33.544 m2 | |
Teis (2) | 2.430 m2 | P. D. Cangas (1) | 7.060 m2 | |
A Guía | 306 m2 | P. D. Cangas (2) | 19.825 m2 | |
Punta de Araño | 1.114 m2 | P. D. Cangas (3) | 17.687 m2 | |
Baixada de Ríos | 2.669 m2 | |||
Teis (1) | 76.006 m2 | |||
Teis (2) | 15.993 m2 | |||
Chapela (1) | 8.549 m2 | |||
Chapela (2) | 24.469 m2 | |||
Chapela (3) | 24.107 m2 | |||
Chapela (4) | 14.790 m2 | |||
Rande (1) | 6.964 m2 | |||
Rande (2) | 3.620 m2 | |||
Mineral - Vieirasa | 60.330 m2 | |||
Ferymag | 27.540 m2 | |||
Marisma do Alvedosa | 105.543 m2 | |||
Mendiño | 7.959 m2 | |||
Arcade | 39.877 m2 | |||
Vilanova | 6.287 m2 | |||
Santradán | 706 m2 | |||
Fandicosta | 28.663 m2 | |||
Varadoiro Domaio | 3.911 m2 | |||
Porto de Domaio | 7.912 m2 | |||
Meira | 32.584 m2 | |||
Peirao de Meira | 1.028 m2 | |||
Costa do Latón | 23.921 m2 | |||
Porto de Meira | 16.354 m2 | |||
Peirao de Con | 18.212 m2 | |||
Punta Cortés | 1.503 m2 | |||
Cangas | 16.544 m2 | |||
Cangas Peirao (1) | 2.458 m2 | |||
Cangas Peirao (2) | 7.650 m2 | |||
Cangas Peirao (3) | 24.417 m2 | |||
Frigoríficos do Morrazo | 22.742 m2 | |||
TOTALES: | 2.073.532 m2 | 783.092 m2 | ||
SUMA FINAL: | 2.856.624 m2 |
Máis de 2.850.000 m2 gañados ao mar en 40 anos. Segúndo algúns un “crecemento sostible", “respectando o medio ambiente" e “a gran riqueza da ría".