Distribución actual da gamela guardesa
Ademáis de na Guarda, podemos atopar gamelas guardesas en Caminha, tamén cun número importante, no río Miño, en Oia, en Vila Nova de Ancora e tamén de xeito testimonial na ría de Vigo
Ver guardesas en un mapa más grande
Unhas 150 gamelas guardesas e masseiras
Unhas 150 gamelas son testemuña da súa pasada abundancia e manteñen a súa función ou resisten como poden o paso dos anos. De xeito similar á gamela coruxeira, o número dedicado á pesca profesional vai diminuíndo rápidamente, os carpinteiros que as fan e reparan case desapareceron e sería preciso do interese da poboación e as administracións para que estas xoias da arquitectura naval mantivesen a súa presencia e boa saúde.
Eliseo Alonso, no seu libro "Gamelas y marineros" publicado nos anos 80, cita 139 gamelas na Guarda, 150 masseiras en Caminha e 80 en Vila Praia de Ancora, con datos das respectivas Capitanías. Está claro que estamos ante unha preocupante situación