A paisaxe
A paisaxe costeira da zona da gamela é patrimonio tamén, probablemente unha das partes máis importantes deste. Paisaxe non é o mesmo que natureza pero o ser humano sempre o ten difícil para que as súas obras non queden en ridículo ante esta
Paisaxe natural e humana
As leiras traballadas polo home, os fitos postos poe este para orientarse, as vilas e...as embarcacións
Insistimos na visión de Dionisio Pereira encol da beiramar como patrimonio en sí:
A Beiramar
É a nosa primeira riqueza: Mares diferentes bañan litorais singulares, para conformar lugares orixinais: ¿qué sería do Salnés sen a ría de Arousa, enguedellada e inzada de praias e esteiros?; ¿qué da Mariña lucense, sen os seus acantilados de granito?. Cada paisaxe é un mundo a parte, coa súa fauna e flora particulares. Quen se dea unha volta pola beiramar da Arousa, dende as praias de San Vicente de O Grove ate as Torres de Catoira, ficará abraiado pola contradicción entre a beleza e adecuación do litoral a todo tipo de actividades vencelladas ao lecer e as experiencias pedagóxicas e medioambientais, e a súa degradación física. Sería un dos moitos itinerarios que poderíamos facer polas nosas ribeiras, e sempre coa mesma ou semellante conclusión encol da fraxilidade do equilibrio entre humanización, uso e mantemento do entorno. E non se trata tan só do espolio clandestino da area das praias, da presencia indiscriminada de lixo e dos vertidos noxentos, ou mesmo a intervención traumática sobre o medio de determinadas empresas que, como as Celulosas de Lourizán, van rematando aceleradamente coas actividades tradicionais da beiramar. Por si esto fora pouco, a especulación do chan, os abusos arquitectónicos acumulados na liña de costa xa dende hai décadas e que teñen unha difícil volta atrás (os casos da fachada marítima de Vilagarcía, a illa de Toralla ou a ocultación da Torre de Hércules, son tristes exemplos ben coñecidos), xunto coa discutible concepción urbanística subxacente nos recheos indiscriminados alentados polas diversas Administracións, poñen en perigo non só o ecosistema e a personalidade das construccións ribeiráns, senón a mesma supervivencia das embarcacións de pesca tradicionais. Véxase senón o acontecido cos paseos marítimos
No Plan de Ordenación do Litoral de Galicia pódense atopar fichas detalladas da paisaxe do litoral