Fotos de Cangas
Vila mariñeira de longa historia, atacada por corsarios turcos, volcada sempre no mar, cun pasado recente de gran importancia na industria conserveira, cunha cohesión social envexable e envexada..
Entre dúas rías
Cangas non se entende sen a ría de Aldán, sen a súa situación de extremo do Morrazo, co mar batendo na Costa da Vela, coas protexidas baías e praias e coas illas diante, ofrecendo unha natureza rica e fermosa na que se esconde o sol