Distribución actual: datos xerais
Estes son os datos tomados no 2003 e no 2010 sobre o uso das embarcacións, o material en que están construídas e o seu estado:
Fortes e rápidos cambios
No espazo de soamente sete anos, a actividade da pesca tradicional pasa a ser prácticamente testimonial, acéntúase a utilización do contrachapado e o estado das embarcacións empeora con claridade
Distribución por portos e praias no 2003 e no 2010
Estes datos mostran unha primeira sorpresa, a pesares dunha impresión natural de decadencia da tipoloxía, o número aumenta debido probablemente ás seguintes causas:
- Erros na catalogación do 2003. Non parece real o número de só 20 embarcacións en Baiona cando agora son 36, e tampouco o de só 12 no porto de Canido, cando agora son 41.
- Distinta época do ano. No 2003, a catalogación fíxose antes de verán cando aínda hai embarcacións non preparadas para a temporada onde máis se navega. Esta catalogación de 2010 fíxose no verán e pasado o verán, aínda sen apenas temporais (a principios de outubro houbo fortes mareas e temporais).
- O éxito dos auxiliares derivados da gamela é importante. Se ben non son coruxeiras puras, o atractivo da estabilidade de formas e o fondo plano é evidente.
Os criterios utilizados neste censo 2010 foron os mesmos que se tiveron en conta no 2003, a saber:
- Toma de datos de tódalas embarcacións de tipoloxía “gamela coruxeira” sen limitación de eslora, uso, ou estado de conservación. (hai fichas de embarcacións en estado de absoluto deterioro, pero se considera que é bo deixar constancia da súa existencia actual)
- Toma de datos de embarcacións sen importar o material no que estén construídas, mentres tenten manter un grao elevado de similitude coa tipoloxía xeral. (Isto inclúe embarcacións en fibra de vidro, pero hai que facer notar que o seu número é realmente moi limitado. No caso en que este tipo construtivo fora significativamente alto probablemente habería que desbotar este criterio)
- Están citadas algunhas embarcacións das que se coñece con seguridade a súa existencia aínda que non se tivo tempo material a visitalas e realizar a ficha detallada. (Isto tenta aproximarse con veracidade ao número real de embarcacións)
Non temos moitos datos sobre as cifras máximas que se puideron alcanzar pero por exemplo Eliseo Alonso, no seu libro "Gamelas y marineros" escrito nos 80, cita aos máis vellos de Baiona falando de 500 a 1.000 gamelas na ría, e cita directamente unhas 100 gamelas no porto de Canido.
As medidas tomadas non varían significativamente do 2003 ao 2010, son:
MIN | MEDIA | MAX | ||||
ESLORA TOTAL | 3,00 | 4,26 | 5,72 | |||
ESLORA QUILLA | 1,65 | 2,71 | 3,75 | |||
MANGA | 1,43 | 1,71 | 2,14 | |||
PUNTAL | 0,31 | 0,47 | 0,67 |