As imaxes dunha obra mestra da arquitectura naval
Cada pequeno detalle está depurado polo tempo, a fasquía xeral faise atendendo á utilización prevista, os mares que navegará e a pericia do mestre carpinteiro
A estética como resultado non buscado específicamente
Na percura da maior adaptación ao medio, e co pulimento que efectúa o tempo, as formas estilízanse ou simplifícanse, as aristas se depuran e o cumprimento da función convértese tamén en estética en estado puro
Con pouco vento, o peso ben adiánte para non arrastar auga
A Buxáina de Coruxo navegando cunha vela pequena en Douarnenez. Este tipo de vela a utiliza aínda actualmente algún pescador que sáe só na captura da robaliza
Detalle dos reforzos da proa
Estante mobil na proa, pivotes para as liñas. Os "paus" no costado atravesan os corredores e pola súa forma de cuña afirman os corredores contra o banceado.
Detalle da chilera
Detalle en 3d
Disposición típica de panas
Reforzos das panas
Detalle da caseta. Esta gamela de Calsoa soamente ten corredores na popa
Detalle da caseta en 3d. Os buracos onde asenta a pica teñen orificios para non acumular auga