Un importante anaco do noso patrimonio marítimo
O extenso patrimonio marítimo que posuímos é un legado de inmenso valor. A humilde gamela é un elemento que toca a unha importante parte de este patrimonio. O contacto con el é sempre enriquecedor.
De onde vimos? Qué nos deixaron?
Dionisio Pereira danos unha clasificación do noso patrimonio marítimo. Decatémonos da súa extensión e riqueza:
CATEGORÍAS PATRIMONIAIS
- BENS CULTURAIS INMOBLES
- Saíñas, alfolís e casetos do sal
- Arquitectura industrial (almacéns de salga e vivendas anexas, fábricas de conserva, factorías baleeiras, telleiras, caleiras, fábricas de curtimes, ....)
- Asentamentos costeiros e fachadas marítimas das cidades e vilas do litoral
- Arquitectura popular:
- Vivenda mariñeira
- Construcións adxectivas (tendais, loxas, alboios e pías para encascar, secadoiros de peixe, cañeiras para o argazo ou balumada, casetos)
- Muíños de maré
- Elementos de paso (sendas costeiras, pasos ou pasais... .)
- Valados das agras costeiras
- Estaleiros, varadoiros e carpinterías de ribeira
- Espazos de acuicultura (ostreiras, cetáreas, viveiros...)
- Pesqueiras ou comboas
- Arquitectura portuaria (portos, peiraos, diques, dársenas, embarcadoiros, ramplas de varada, espigóns.....)
- Outras construcións portuarias (almacéns, lonxas, cargadoiros de mineral, chabolos, depósitos de auga)
- Malecóns
- Edificios urbanos vencellados ás actividades marítimas (Pescaderías, Aduanas, edificios de Confrarías ou Pósitos de Pescadores, Balnearios e Casas de Baño, ....)
- Faros, semáforos e sinais diversas (luces, faroles, marcas de enfilación, sinais de milla....)
- Estacións de Salvamento e Socorrismo
- Casas de prácticos
- Lazaretos
- Arquitectura militar (castelos, Arsenal, torres, murallas marítimas, baterías, fortíns, cuarteis...)
- Arquitectura relixiosa (santuarios con devoción mariñeira, ermidas..)
- Cemiterios mariños
- Espazos de vixiancia (atalaias, fachos, vixías, garitas, torreóns.. .)
- Espazos de sociabilidade das comunidades de xentes do mar
- Espazos forestais reservados á construción naval (Devesas do Rei)
- BENS CULTURAIS MOBLES
- Artes de pesca e marisqueo
- Trebellos de pesca e marisqueo (a flote, mergullo....)
- Trebellos de cabotaxe e actividades marítimas diversas
- Instrumental de navegación
- Elementos e útiles de comunicación
- Vestimenta e calzado
- Cestería
- Tonelería
- Embarcacións
- Pesca e marisqueo
- Cabotaxe e transporte de ría (viaxeiros, mercadurías...)
- Transporte alta mar
- Deportivas e lecer
- Mariña de Guerra
- Salvamento
- Servizo de porto
- Dragas e barcazas
- Barcos alxibe
- Barcos escola
- Cableros
- Auxiliares
- Barcos de río (pesca, recreo, transporte, pasaxe....)
- Barcos históricos
- Submarinos
- Pecios (embarcacións e obxectos que transportaban)
- Bateas
- Utillaxe das bateas
- Ferramenta das carpinterías, velarías e cordoerías
- Ferramenta dos toneleiros
- Maquinaria e utillaxe dos estaleiros
- Útiles das atadeiras e redeiras
- Trebellos para apañalo argazo
- Utillaxe empregado nos almacéns de salgazón
- Utillaxe e maquinaria das fábricas de conserva
- Utillaxe das actividades de salvamento (a flote, mergullo)
- Utillaxe empregado na recollida do piche
- Maquinaria e utillaxe portuario (pequenos guindastes, carretillas,...)
- Boias
- Mecanismos de varada(chigres, rodos....)
- Mobiliario dos Balnearios e Casas de Baño
- Representacións visuais e sonoras diversas:
- Cadros, gravados e deseños
- Fotografías
- Maquetas e xoguetes
- Diaporamas
- Cinema, vídeo e TV
- Discografía e gravacións diversas
- Cartografía, derroteiros e cadernos de a bordo
- Documentación diversa:
- Fretes e contratos
- Planos de embarcacións
- Contabilidade de casas armadoras, estaleiros e diversos establecementos industriais
- Estatísticas portuarias
- Regulamentos e documentación de Gremios, Confrarías, Pósitos e asociacións mariñeiras, (patronais ou de clase) ou de outras entidades relacionadas co mar.
- Patrimonio documental da Armada referido a Galiza
- Marcas de pesca
- Bibliotecas e arquivos de axentes sociais vencellados ás actividades marítimas
- Memorias escritas por persoas vencelladas ás actividades marítimas
- Xornais e publicacións relacionadas co mundo do mar
- Bibliografía marítima
- Iconografía mariñeira:
- Petroglifos
- Exvotos
- Imaxes relixiosas
- Cruces de afogados
- Altos e baixos relevos
- Esculturas e tallas
- Decoración das embarcacións
- Decoración dos inmobles
- Elementos decorativos diversos
- Marcas de familia
- Maios de barcos
- Litografías impresas nas latas de conserva
- Publicidade diversa (cartelería, folletos, formularios, spots, cuñas de radio...)
- BENS CULTURAIS INMATERIAIS
- Tradición oral (romanceiro, contos, lendas, refráns, adiviñas, cancioneiro.....)
- Folclore (danzas, representacións...)
- Creacións literarias vencelladas ao mar
- Sistemas de reparto
- Unidades de medida
- Toponimia costeira e hidrotoponimia (de superficie e subacuática)
- Falas
- Técnicas de traballo:
- Pesca, marisqueo e cultivos mariños
- Pequeno e grande cabotaxe
- Actividades de conservación, transformación e transporte do peixe, marisco e algas
- Confección e reparación de aparellos e utillaxe
- Construción naval (carpintería, velaría, metalurxia, cordoería e cabullería...)
- Navegación
- Mergullo
- Estiba e desestiba
- Servizo de porto
- Vixiancia e sinalización
- Salvamento e socorrismo
- Varada
- Recollida de piche
- Artesanato vario (cestería, roupa de augas, tonelería, zoqueiros...)
- Maquetismo
- Hábitos das xentes do mar (vida cotiá, xogos, sociabilidade...)
- Gastronomía
- Ritos e crenzas (mitoloxía, simboloxía, relixiosidade. . .)
- Festas e celebracións (regatas, procesións marítimas. . .)
- Sistemas de reprodución de coñecementos (planes de estudos de escolas pesqueiras, náuticas, construción naval, mergullo).
- Asociacionismo mariñeiro e naval:
- Gremios
- Confrarías de pescadores
- Agrupacións mariñeiras (para o traballo colectivo, de defensa, benéficas, socorros, etc.) e de mariscadores
- Colectivos de armadores e navieiros
- Sindicatos (pescadores, mariñeiros, estibadores, traballadores/as do porto, da conserva e salgado, etc.)
- Asociacións de fabricantes de conserva e salgazón
- Agrupacións de constructores navais
- Clubes náuticos e deportivos
- Sociedades de Salvamento
- Mutuas de Seguros Navais
- Ciencias do mar (historia, etnografía, antropoloxía, linguística, bioloxía, ......)
- Historia marítima (navegación, historia da pesca, dos movementos sociais no mundo do mar, da emigración, das relacións comerciais...)
- Intercambios con outras culturas marítimas
- Protección do medio mariño
- Construcción da paisaxe do litoral
E non podemos esquecer:
A Beiramar
É a nosa primeira riqueza: Mares diferentes bañan litorais singulares, para conformar lugares orixinais: ¿qué sería do Salnés sen a ría de Arousa, enguedellada e inzada de praias e esteiros?; ¿qué da Mariña lucense, sen os seus acantilados de granito?. Cada paisaxe é un mundo a parte, coa súa fauna e flora particulares. Quen se dea unha volta pola beiramar da Arousa, dende as praias de San Vicente de O Grove ate as Torres de Catoira, ficará abraiado pola contradicción entre a beleza e adecuación do litoral a todo tipo de actividades vencelladas ao lecer e as experiencias pedagóxicas e medioambientais, e a súa degradación física. Sería un dos moitos itinerarios que poderíamos facer polas nosas ribeiras, e sempre coa mesma ou semellante conclusión encol da fraxilidade do equilibrio entre humanización, uso e mantemento do entorno. E non se trata tan só do espolio clandestino da area das praias, da presencia indiscriminada de lixo e dos vertidos noxentos, ou mesmo a intervención traumática sobre o medio de determinadas empresas que, como as Celulosas de Lourizán, van rematando aceleradamente coas actividades tradicionais da beiramar. Por si esto fora pouco, a especulación do chan, os abusos arquitectónicos acumulados na liña de costa xa dende hai décadas e que teñen unha difícil volta atrás (os casos da fachada marítima de Vilagarcía, a illa de Toralla ou a ocultación da Torre de Hércules, son tristes exemplos ben coñecidos), xunto coa discutible concepción urbanística subxacente nos recheos indiscriminados alentados polas diversas Administracións, poñen en perigo non só o ecosistema e a personalidade das construccións ribeiráns, senón a mesma supervivencia das embarcacións de pesca tradicionais. Véxase senón o acontecido cos paseos marítimos