MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· O alcrique non é o mesmo que a agulla
· As agullas bravas non teñen carne
· O sargo e a choupa son moi parecidos
· O ris son faixas de vela que se amarran
· A mura é unha veta que vai dende o pau a proa
· Descrición da vara, muñón y relinga, envergue da velas etc.
· E difícil controlar o barco con vento en popa
· Na ría tamén se collón martiños
· Unha restinga de pitóns unha fila de pedras pequenas
· O Aferrón fora ó fondo fora da illa porque lle envestiu un barco
· O accidente da Borneira foi producido por un golpe de mar. Morreu un mariñeiro
· Levarlle o pendón a san Antón era por unha promesa calqueira
· O trasno ten aparecido como un tronco de pau ou coma un porquiño
· Os cuicos son coellos máis pequenos
· A cantiga das Areas Gordas
· Unha jafallada é unha gamberrada
· O pico da vela vai arriba do pau
· A ranura para amarra-la ostaja chámase noz
· O vento de proa decíase vento de bolina
· A piltra era un lugar calquera para dormir
· O Ríos que mataron era de Fontevíeita (Quíntela)
· O escobén son os buracos para pasa-las cadeas do rizón
· O cesto de mariscar chamábanlle "alcalde"
· O moelo é rodondeado e beis. O Burro máis grande e estriado
· A francada é unha fisga de sete ganchos para coller sollas e bruños
· A sásola era unha cuncha de madeira para achica-la auga
· A choupeta é un compartimento de popa nos botes
· As drisas son os aparellos para iza-las velas
· A tapa tranganil vai entre o costado e a tapa de cuberta
· Os barraganetes amparan a obra morta que sobresae do barco
P: Ó alcrique hai quen lle chama tamén chínfano ¿ou chínfanos son cando son en conserva?
R: Chínfanos puxéronlle aquí.
P: ¿Ou patagullos ou chandarmes?
R: Os chandarmes, hai quen lle chama chandarmes, son alcriques.
P: ¿E o patagullo tamén?
R: E o patagullo tamén. Porque iso é coma o bojón, nós aquí chamámoslle bojón. Sin embargo aí po norte non lle chaman máis ca piarda.
P: Piarda si. E acórdase un tipo de agullas non sei se son agullas, ¿como lle chaman? nós chamámoslle bravas. Que veñen muitas veces no medio das redes que non sirven para nada.
R: Aaaah. Esos que saen no medio do esterco.
P: Si. Teñen carne dura, coma se foran caballitos de mar.
R: Nós aquí chamámoslle agullas bravas. Pero nunca son máis ca así. Esas non se comen nen nada. Hasta non teñen carne. Son coma de correa ou así unha cousa, non sei, e teñen vida ¿eh? que escapan.
P: Teñen a mesma carne que os caballitos de mar.
R: ¡Eh! unha cousa parecida ó do caballito de mar. A carne delas é parecida sí, ó caballito de mar, non sei coma lle poden chamar, un nombre científico ten que ter ¿eh?
P: Si, si. Supoño que si.
R: Nombre científico ten que ter pero había que coller e... pois, non sei se no Pósito non terán un libro de todas esas cousas porque eu sei que teñen de todas as artes. Porque nós ó choco chamámoslle choco, sen embargo, eu penso que lle chamaban a jibia.
P: Jibia ou Sepia.
R: A jibia, no diccionario sae a jibia.
P: Sepia tamén lle chaman.
R: Sabes o mirei nun cuadro que tiñan no Pósito, que tiñan de todas artes e todos peixes, e foi onde o mirei eu.
P: Pero a min me interesa máis cómo lle chamamos nós.
R: Claro.
P: ¿Qué diferencia hai entre un Sargo e unha Choupa?
R: Entre un Sargo e unha Choupa é esa o que é ser diferente, non hai outra diferencia que ser diferente. Do resto son parecidos en todo, pero na comida.
P: No sabor.
R: No sabor, e no medrar, porque a choupa tamén pouco máis pasa, ten aquela medida de aí non pasa, pero un sargo chega a... colles un Sargo, porque todo peixe casi, casi críase dentro da ría, pero despois collen altura, e aí é donde....
P: ¿Qué era o riz da vela?
R: O riz son unhas fajas que teñen as velas pa cando había muito vento, e amarrábanselle cuns cordeles que tiñan, ¿cómo lle chamaban a aqueles cordeles?, e ademais teñen a amura da vela, e o que ven desde a vara a proa do barco, ¿non sabes?
P: ¿Qué é un pano, un cordel?
R: É unha veta, que vai cosida a vela nela, por abaixo non ten e por arriba ten a relinga.
P: Sí ¿A relinga que é outra veta?
R: É outra veta pero máis delgadiña, que leva tamén uns cordeles donde se lle amarran os enverges, o enverge é porque decía por ejemplo, levas a vela, e vas vogando e ven un vento, e vamos a botar, bota a vela arriba, !ala¡ vamos a envergar a vela, a envergar a vela, colles a vara, xa ten nesa relinga que che digo eu que vai desde o enganche donde se engancha na proa do barco hasta o muñón donde se mete a vara, alí, xa ten feito con iso, así o muñón, entón metes a vara dentro, e a vara ten a modo dun... rebaixo, e anque tire pa abaixo engancha naquel gancho e queda alí sempre ¿non sabes? Despois ten os enverges, entón dáselle o envergue ó rabo da envergadura ó patrón á popa, ou o que esté na popa, e tiran teso, despois de meter alí tiran teso, e despois os outros que están polo medio van amarrando os envergues á vara, e teñen que quedar floxos, ó amarrar non podes amarrar apretados, porque hai chicorra pa un lado e pa outro ¿non sabes? Despois ven a ustaga que se pasa pola noz do pau, que vai amarrada ó aparejo que se ha de tirar pa abaixo, e amarras a vara dice "ustaga aí", e amarras a ustaga á barra, xa ten unha medida un dedo, e despois hai que estricar, e cando hai moito vento, despois abaixo a vela, por ejemplo a vela é así, así e así. E por aquí leva un riz, un nudo, uns envergues tamén coma os que levan arriba, por un lado e por outro, outro por aquí e outro por aquí e dice, hai moito vento, e na relinga esta levas un enganche, e levas unha cabeza, despois a cabeza de riz, despois outra cabeza no medio, e despois outra cabeza tamén, si miras que o vento é suficiente pa que o barco o aguante non enganchas máis nada, se miras que o vento é un pouco duro pero que non fai falta coser o riz, engánchaslle unha cabeza, "¡engánchalle unha cabeza aí que vamos máis tranquilos, e tal" ¿Vamos a coser o riz? Entonces cóllese en teso todo e vanse amarrando, fáiselle así, e amárrase un co outro e xa a vela xa non vai arriba, se hai moito vento cóseslle dous ou tres, pero xa cando son tres xa ten que ser moito vento. Hai que coller vela, recoller vela, pa que aguante o barco.
P: ¿Canto máis vento máis vela se recollía non?
R: Máis se recollía claro, canto máis vento máis se recollía.
P: Senón podía tumbala.
R: Claro, non pode o barco coa vela. Cantas veces decíamos, se non lle cosías o riz porque pensabas que ia estar.., pero collíate polo medio do mar e aguanta, por non andar a arriar, e aguanta, !micago hasta na... ¡ viñamos apurados e non podiamos con ela, e non podiamos con ela que viñas... pero quen o fai é o patrón despois coa escota, ¿non sabes? cando viña moito vento había que soltar un pouquiño da escota para que a vela flameara, e ó flamear perde vento. O que andaba ó timón tiña que ter moita vista, moita vista. Non serviamos todos, eu xa era un que non servía. E pa levar un barco en popa, con esas velas, así de vara, !mima¡ que malo era, porque viña a mareta, e había que aguantar co timón, se movías moito o timón, malo, se non o movías nada, peor, había que ir, darlle un gustiño ó barco, había outros que non sabían e andaban... Poñíanse os huevos aquí, na garganta...
P: ¿Na ría dábanse os martiños?
R: Os...
P: Os martiños, o peixe martiño.
R: !Ai¡ si andaban pola ría tamén.
P: Aínda se collían bastantes.
R: Si mirábanse bastantes. Andaban por riba das pedras, na punta de Rodeira, eu donde mirei máis dentro da ría foi na punta de Rodeira.
P: Como os Sargos máis ou menos, andaban por donde andaban os sargos e as choupas.
R: ¿Os martiños son paxaros non son?
P: Si hai martín pescador, tamén hai outro peixe que lle chaman martiño, que son espatelados que teñen unha mancha ó lado das agallas.
R: Ahh! Si. Que se collen na ría, si cóllense, eu pensei que falabas polo martiño, polo martín pescador.
P: Si que eso xa o falamos que eran moi bonitos, moi pequenos. Hai o peixe que é espatelado ¿non?
R: Si, o martiño.
P: Que ten unha mancha aquí o lado das agallas.
R: Ten moi boa sustansia, eses cóllense na Illa e por dentro da ría tamén.
P: E andan polas pedras tamén como os...
R: Na area.
P: Ese é de area.
R: É como a solla, como o rodaballo, e todo iso.
P: Anda baixo el é aplastado pero coma se fora unha choupa.
R: Si anda a baixo porque téñense tomado ó bou tamén. E ó boliche tamén se teñen tomado.
P: Era un dos peixes que nos quedaran atrás cando falaramos del.
R: A min gústancheme ben. Son mui sabrosos sí, non me daba eu cuenta deses xa. Hai tempo que non os como.
P: Apenas teñen escamas non?
R: Nada un pouquiño por riba de pegar un pouco e nada máis.
P: E cando decía que había unha rastinga de petóns?
R: Unha rastinga de petóns quere decir que é ¿coma che vou a decir eu?, por ejemplo que sales de aí, da Punta da Mosqueira, e van indo unhas pedras así por abaixo pequenas, petóns, unha fila hasta abaixo, unha rastinga de petóns.
P: Unha rastinga é coma se fora iso, unha ringleira de pedras.
R: Unha carreira de pedras, montes. Unha rastinga de petóns.
P: Aí foi un dos puntos que lle cortei cando me estaba falando do Aferrón que fora ó fondo. Aquí desviamos un pouco da conversación, ¿en que sitio fora ó fondo?
R: ¿O Aferrón? Foi no... espérate, de quen era o Aferrón.
P: O Aferrón falaramos que era deste, do Con de Ezequiel ¿non? De Ezequiel do Con.
R: De Ezequiel si. Espérate, si o Aferrón era de Ezequiel, ese foi a fóra da illa que lle envestiu un barco.
P: Si, foi fóra da illa.
R: Despois o Centoleira botouno outro barco ó fondo tamén aí fóra de Cabo de Mar, viñan de Vigo, viñan de vender a primeira maré, iban para o mar outra vez e veu un bou que iba para o mar e deulle pola popa.
P: E tamén lle interrumpín cando estaba falando do accidente do fillo do Canisada que andaba ó mar co Finete que viña por terra, pola Borneira.
R: ¡Ai! Serafín.
P: Si.
R: O do Finete. O Finete viña pola terra da Borneira e morreulle alí un chaval, un fillo dun primo meu, que lle chamaban Lino, Lino Santos.
P: E acórdase como fora o...
R: Aqueles viñan vogando para casa, e alí no inverno sempre hai muito nordeste, ás dúas ou tres da mañán sempre hai muito nordeste, entón ves polos abrigos, e alí polo mar da borneira, ¿ti sabes donde está o matadero de Cangas? Non sabes.
P: ¿O de Balea?
R: En Balea si. Debaixo del polo mar hai unha plalliña que lle chaman Areamilla.
P: Areamilla si.
R: Bueno, entón ves por alí e ves todo ó abrigo, e despois na punta hai unha pedra que lle chaman o Corveiro de alí e con un pouco de pleamar pasas por terra pero se é o mar rixo alí traballa muito o mar, entonces eles viñan por alí, e quixeron pasar por alí pola terra e deulle un golpe de mar e abocounos, e morreu un. Pola terra do Corveiro.
P: E que era unha traíña.
R: Viñan do boliche.
P: E viñan a remos.
R: Viñan a remos.
P: Pero que era unha traíña grande ou un bote.
R: Era unha trainera. Era unha lanchiña desas de cinco ou seis homes. Andaban cinco ou seis, era unha traíña, unha lanchiña.
P: Contárame un refrán que non se acordaba como acababa, que decía... "A muller quería cartos na faldriqueira...
R: Para a muller estar contenta ten que ter cartos na faldriqueira, non, lume na lareira cartos na faldriqueira e como é o outro !Dios mío¡.
P: Era leña seca na lareira, cartos na faldriqueira, ¿non?
R: Si leña seca na lareira, cartos na faldriqueira... o cartos na faldriqueira é o último verso.
P: Bueno é igual, non ten máis importancia.
P: Cal era o motivo de que lle levaran o pendón a San Antón.
R: Disque non se casaba a moza que... Si iba unha moza solteira con el, que despois que San Antón que lle daba unha plaga e que non se casaba.
P: Pero ¿porqué se levaba?
R: Era unha promesa.
P: Unha promesa. As solteiras nunca levaban, ou será ó revés.
R: Quere decir que, por ejemplo eu, facía esa promesa e non quería ir a levalo, e decíalle a unha neta miña ou unha sobriña ou unha veciña, "oes fai favor leva iso e ponllo alí na andia ó..." e entonces claro decían "ai levoulle o pendón xa non se casa", parvadas.
P: Pero cal era o motivo, que tipo de promesa lle facía Usté para que levara o pendón.
R: Calquera cousa. Porque antes facíanse promesas, eu que sei.
P: ¿Como era o trasno?
R: O trasno disque eran cousas que se aparecían, hubo quen se lle apareceu de porquiño, hubo quen se lle apareceu un tronco... ou disque, a min nunca se me apareceu ningún.
P: ¿Pero acórdase como era o conto ese que lle contaron cando apareceu coma porquiño ou como tronco?
R: Si, dixo unha vez un individuo que iba para casa. Viña non sei de donde e mirou un pau, un tronco dun pau, e dixo ¡ai! ¿quen deixaría isto aquí? "vouno levar que mañán coa machada fago leña para un mes", e levou pero de cada vez íballe pesando máis, canto máis iba... chegou arrebentado, tirou con el alí, mañán xa ven o machado... vai á mañan, ¿onde vai o tronco que non está? Disque era o trasno. Outra vez un disque topou un porco, queríao coller pero non podía e ó fin que o colleu, !ala¡, vamoste críar, se non te matamos vendémoste e tal e tumba, vai á muller "mira que teño un porquiño que o topei no camiño, témolo no cortello. " Vai á mañan á muller, "oes onde está o porco, o cortello apareceu cerrado pero o porco non está dentro, quen o levou", !cagondiez era o trasno¡. Eu teño marchado de aquí ás dúas ou tres da mañán e eu nunca topei o trasno nen topei nunca nada, topaba ós falangistas ás veces, que había que ter cuidado, e mais os guardias, debaixo da porta de Miranda do balcón, sempre estaban alí, !cantas firmas lle teño botado eu ós guardias civiles¡, o recorrido non sabes, xa me miraban vir, ou xa nos miraban vir, a min e mais a meu cuñado.
P: Xa preparaban os papeles. (risas)
R: A ver ¿saben firmar? Este non. Eu sí. Fírmame aquí, punto. Tantas veces...
P: ¿Quén son os cuícos?
R: Os cuícos son uns animales parecidos ós conexos pero máis pequeniños, non os diferencias case, pero son cuícos.
P: Son da familia dos coellos.
R: Da familia dos coellos.
P: Había un refrán tamén que non había completo, que era sobre as areas gordas, "vimos das areas gordas... "
R: "Inda onte fomos a San Adrián, mañán ás areas gordas e pasado a San Juan" Porque iso é porque San Adrián é uns días antes..., e polo vinte ou dezaseis ou dezaoito de junio ¿non?, San Juán é o 24 e as Areas gordas é a noite de San Juán, por iso decía, "Onte fomos a San Adrián, mañán ás Areas gordas e pasado a San Juán"
P: E fumos onte e vimos hoxe tamén falaba.
R: Señora María, inda onte...
P: San Xoán o Terelo falaba.
R: Vimos das areas gordas non, ese é...
P: Bueno, deixe, tampouco...
R:
Vimos das areas gordas
señor Xoán o Terelo
fumos onte vimos hoxe
e inda nos parece cedo.
P: Si era así.
R: Ese era que viñan da festa tamén, que foran á noite e viñan á mañan co sol, e inda lle parecía cedo.
P: É o que chamaban cando había unha festa, ó mellor unha gafallada.
R: Unha gafallada, pois unha golfería. Unha gamberrada que lle chaman ahora, porque tamén se facían das boas ¿eh? Nós tamén fomos uns santos. Como lle digo eu, mozo foi calquera, porque ahora... mozo foi todo o mundo home. E cando se ten forza, que despois ninguén que vai para ningures.
P: E a undina sónalle de algo a undina, é unha palabra que non escoitei moi ben, era cando o vento de soplar sobre a undina, cando sopla o vento sobre a... a undina é un tipo de vela ¿non?
R: A undina non é..
P: Si non lle sona é igual, deixe ¿E cando foi a república os maestros do muelle tuveron muita influencia na república?
R: Non creo.
P: Porque aquí falaban dun Bustamante paréceme...
R: Bustamante si era, e o maestro alto tamén aquelou algo, pero os maestros.., vouche decir, en todos os movimientos teñen algo que ver ¿eh?, e mais eu daquela, non estaba aquí, estaba no servicio, non me puden enterar do que puderan facer e do que non puderan facer...
P: ¿Cal é o bico da vela?
R: O bico, ou o pico.
P: O pico.
R: O pico é ese que che dixen, onde se amarra no remate da vara, ese é o pico da vela, o que vai máis arriba.
P: O que iba o mutón ese...
R: O mutón non. Ese é no outro, no remate, no que vai máis arriba e mais á popa, ¿non sabes? que a vela é así, esto é un cuadro e fai así e ven así e ven así, é un triángulo, un isósceles.
P: ¿Pero que leva, dous paus? Non, un solo.
R: Non leva un solo. Eses que levan dous son os iates eses, levan dous, levan un arriba e mais abaixo, pero os barcos de vela namais que levaban a vara arriba.
P: ¿E cómo lle chamaban á ranura que tiñan para amarrar o pau?
R: Para amarrar a ustaga, por donde pasaba a ustaga despois para arriba.
P: Si había unha ranura.
R: Si había unha ranura. Como lle chaman, Dios mio, ese pau que iba... dentro do pau, xa tiña que ser especial, feito especial pa iso, e xa era unha madeira especial para iso, que paréceme que era de buxo, a noz, paréceme que lle chamaban a noz. A enxagua e íbase tirando, hasta que quedaba o motón despois arriba, e despois a punta da enxagua clavábase abaixo no e (inaudible) (25.09) despois ó tirar polo aparejo o motón viña pa abaixo e a vela iba pa arriba, e despois había que estricala, que se lle daba...
P: ¿Unhas cotas non?
R: O chicote e o outro... Canto máis estricada fora era mellor, canto máis estricaba a a vela maiormente con vento de proa, de bolina, canto máis estricaba a vela máis bulinaba o barco.
P: ¿Vento de proa chámase vento de bulina?
R: O de costado é un largo.
P: ¿O?
R: O que che dá no medio do barco vas a un largo, de proa vas a bulina, de costado vas a un largo e en popa vas nunha empopada.
P: Igual ¿A que chaman a piltra do barco?
R: A piltra era, pois por ejemplo, un barco que non tiña rancho, ibas pa bodega pa piltra, é a bodega do barco a piltra.
P: Que era un sitio onde estaban para durmir ou para descansar.
R: Para durmir mentres non se pescaba e... ó ir o peixe á caixa xa non había piltra, xa todo o mundo tiña que vir engruñado en cuberta.
P: Tamén lle cortara noutra pregunta, cando me estaba falando de Ríos que mataran na Xunqueira, estabame decindo que era por Quintela máis ou menos, ¿non? que el era de Quintela...
R: Non era de Quintela era de aquí de...
P: De Fontevieita...
R: Enriba de Quintela, por Fontevieita.
P: Era de alí de Fontevieita.
R: Era de alí, era irmán dese que morreu aí atrás en Tirán, era irmán da nai de Xil Ríos, que Xil Ríos é fillo dun fillo de José de Rodeira, o máis novo, ¿ti non conoceches a un barbeiro que hubo aquí na Seara que lle chamaban Gil?, que estuvo na do Canicho... na do Canicho non.
P: Non, estuvo alí...
R: Alí na de Rotilio.
P: Si antes sí, que tocaba o violín.
R: Eh, tocou era músico, tocou o contrabaixo.
P: ¿O contrabaixo..? si.
R: Si e mais o violín. Ten outro irmán en Vigo que tamén tocaba o violín, que lle chaman Manolo, e ese era o máis novo, que xogou ó fútbol tamén, tiña unha leche... O pai de Xil Ríos, por eso lle chaman Gil e Ríos.
P: Si Gil Ríos.
R: Xil Ríos.
P: ¿Que é o escobén do barco?
R: O escobén é por donde pasa a cadena, pa riba e para abaixo, na proa.
P: Os buracos aqueles ¿non?
R: Aqueles buracos son os escobéns. E hai quen os ten a proa e os mercantes tamén os teñen pola popa escobén. É por donde pasa o cabo para amarrar ó muelle.
P: Isto era máis ben para a súa muller... ¿o cesto donde traían o marisco, tiña un nombre especial ou..?
R: Tiña o cesto.
P: ¿Chamábanlle cesto así?
R: Era o cesto pero, despois aquí chamábanlle os alcaldes.
P: Os alcaldes ¿Por que?
R: "Levas o alcalde colgado na man" porque é máis de cesta o alcalde, ¿non sabes? (risas)
P: Estamos bos, eu tamén teño un catarrón, un resfriado...
R: Eu non teño catarro, teño flema.
P: ¿O moelo como era?
R: ¿Como?
P: O moelo.
R: O moelo é redondo... coma che vou a decir eu.... hai dúas clases de moelos ¿eh? Hai o moelo que é liso, pero é redondo, é coma unha ameixa grande, pero liso e redondo.
P: E blanco.
R: É blanco, blanco non, é así un color, mui parecido a isto, así máis... un color blanco pálido, amarillento, un color blanco pero un pouquiño amarillento.
P: Tirando a beige...
R: Eh. O beige. E despois hai o burro, que tamén lle chaman moelo, pero é burro, ese xa é máis grande e estriado.
P: Si, estriado coma un croque ¿non?
R: Coma un croque... da feitura dun croque pero máis grande ¿eh? O moelo pequeno, por pequeno que sexa fai por tres croques. Ahora un burro deses grandes, e ten as estrías así o arredor ¿non sabes?, ahora o moelo verdadeiro, ese é liso, é liso, e mais a comida non é... hai a quen lle gusta, a meu pai gustábanlle máis ca as ameixas, pero ten así unha amargor... un amargor... non sei como decirche, un amargor dulce.
P: Si ten un sabor propio, característico, non hai igual ¿non?
R: Hai o croque é un marisco moi bo.
CARA B
P: Falara dun arte para coller os bruños que chamaba a francada ¿pode ser?
R: Para coller os bruños.
P: ¿Chámase algo así, a francada ou algo así?
R: A francada é para coller os bruños, ou para coller sollas, ou para coller... ten sete ganchos.
P: Coma se fora unha fisga.
R: Coma unha fisga. É unha fisga, a francada é.... chámanlle fisga, pero a francada é máis grande. Ahora, para colle-los bruños había unha gancha, unha maneira dunha gancha, que non sei como lle chaman, podía ser que lle chamaran a francada tamén, podía ser.
P: ¿Que é a Sásola?
R: A Sásola era unha maneira de... de cuncha feita de madeira, pa achicar auga tamén, porque...
P: Si, unha especie de balde de madeira.
R: Era un balde de madeira, pero era así, desta feitura así, ¿non sabes? É como os botes ¿non sabes que teñen os madeiros así? e na cadeira donde se achicaba a agua pois a sásola iba así, e facíanna de madeira para que non rascara tamén no barco, e esa era para achicar agua, a sásola de achicar a agua.
P: ¿E a choupeta, cando se di a choupeta de popa?
R: A choupeta é o que teñen os botes alí a popa en vez de ser o talmo de proa é o talmo, na choupeta pois gardan un cacho de pan ou as agullas ou calquera cousa, e aquel baixiño que hai donde termina o corredor.
P: ¿E a drisa?
R: A drisa son as de inzar a vela, son as cordas.
P: ¿Son as cordas non?
R: Os aparejos todos. A ustaga enleaba no aparejo no motón e todo iso, son as drisas.
P: Todo iso son as drisas.
R: Esas son as drisas.
P: ¿E a varenga?
R: A varenga, a vara de envergar, ou a vara ou... e o palo.
P: ¿E o inol, os inoles?
R: Os inoles único que sean os enverges.
P: Non, non. E igual ¿Nos barcos a tapa trancanil cal é?
R: A tapa trancanil é a que vai entre o costado e a cubierta, que ten que ser mui xusta pa que non vaia a agua para abaixo, por eso lle chaman tapa trancanil, ¿entendes? E o que vai desde o costado do barco a encanar coa tapa de cubierta, ese é a tapa trancanil, a que vai por riba do costado todo, de proa a popa, en redondo.
P: Si eso vai apoiado no que lle chaman os barraganetes.
R: Os barraganetes son para amparar despois a obra morta, pero eles van moi xusto cos barraganetes.
CORTE.
R: Teño esta duda, podo falala con Usté ou dígame se sabe.
P: Si a veces describir ó mellor un peixe é difícil, como describe un muxo e como diferencia unha rabaliza.
R: Si iso é difícil, iso xa é outra cousa, xa ten que ser...
P: Hai algúns que son característicos, se poden distinguir ben. Pero hai outros que se son parecidos non hai forma de distinguilos.
R: Muitos ¡oh! Bueno, nós nos temos engañado, ai traemos e tal e chegar á casa e non ser aquilo, ti pensabas que viñas contento, traías ó mellor Sargos e tráias deses... choupas.
P: Moi ben, pois acabamos todas as dudas que tiñamos así en principio...
R: A ti que non che importe se tes unha duda vir aquí, ou chamarme ou dicirme cando podo estar con Usté, ou calquera cousa.
P: Eu agora o que me gustaría e de ter un pouco de tempo pa dedicarlle máis a todas as cintas.
R: Pois mira, se cando emplees todo o tempo e che fago falta, é porque inda estou vivo, así que a min tamén me convén ¿Eh?
P: Entón canto máis tarde mellor. (risas) Pa morrer hai tempo sempre.