MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· Parasitos dos peixes: A Garrapa
· Significado da expresión "andas coma un salabardo"
· Na liña do polbo a galla tamén se chama gadaña
· Rapichar dicese ó facer un lance a mirar o que cae
· Os fodóns son unha crase de faneca máis alongada
· A bosa e os nós mariñeiros
· Algúns nós: de envergue, de porco, cote, ballestrenque,ahorcaperros...
· Vale máis amarrar con calma que desamarrar con vento
· Os senos son as formas ovaladas que fan as redes, trallas etc.
· Engasgar é enganchar
· O bulso é forma que se lle da a rede para embolsar
· Pampillo é o mesmo que pampullo
· A orza é a sobrequilla que teñen os veleiros, dornas etc. Tamén é aproar ó vento
· Barlovento e recibi-lo vento de costado e sotavento é o costado de abrigo
· As dornas levan orza
· Definición da limera
· Anécdota de como lle tivo que expricar a un extremeño porque non lle entraba auga nos barcos pola buxina
· Anécdota de como lle ensinaba a contar unha analfabeta
· Encrongar é enlear a tralla na rede
· O rancho está na proa do barco
· O charango é unha vara para separa-la rede do barco cando se esta faenando
· As panetas son as partes do barco onde se halan as redes
· Enjaretado son a táboas onde se pon o aparello
· Chanchullo era o farol para alumear
· Logomallo era a grasa do peixe que queda no aparello
· A bajada era unha paga establecida nas Bases de Traballo. Era coma un incentivo para ir ó mar
· Rascas son pezas a modo de trasmallos
· A seba frota por unhas bolsas de aire
· Os mixacáns son brancos e chiflan
· Unha tercia de peixe é unha expresión para decir que se colleu parte
· A mugarda ou bugarda é parecida ó sargo
· Nomes das especies según o tamaño
· O corvelo non é o mesmo co abadexo, aínda que son moi parecidos
ENRIQUE PARCERO E MARÍA PÉREZ
P: Unha das cousas que non falamos foi dalgúns parásitos que teñen os peixes.
R: Ai, si. Teñen parásitos
P: As serráns levan...
R: Son varios os peixes que teñen como unhas garrapatas.
P: Si.
R: Si, son varios os peixes que teñen.
P: As serráns suelen ter moito....
R: As serráns moito, é o peixe que máis lle mirei a garrapa esa é o serrán. -E mais a boga- e a boga tamén trae. E tamén trae algunha vez o barbo pero moi raro
P: Tamén, é parecido...
R: A mesma garrapa, é moi parecida.
P: ¿Chámase garrapa?
R: Eu chamolle garrapas porque non sei. Son como... ¿como che vou decir? -Son coma gusanos ou así unha cousa, a da boga é así-. Tenna dentro dentro eh.
P: Ai, a boga tenna dentro.
R: Tenna dentro.
P: Dentro ¿donde? ¿das agallas?
R: Da tripa, - da tripa pero outro o serrán tenna, aquí pola...
P: Son parecidos ós zapateiros que hai polas pedras
R: Eh, eh, eh ós zapateiros.
P: Que ten unha especie de pinchos
R: Si, si.
P: E así non hai ningún parásito máis que poida ter o resto dos peixes ¿os camaróns, a veces, aparecen con unha bolsa
R: Os camaróns...
P: Un bultiño encarnado
R: Un bultiño encarnado, pero eso pareceme que é natural.
P: É natural non é parásito, eso e natural
R: Non é parásito non estou fijo, pero pareceme que non. -téñenno as femias- téñenno máis as femias
P: Que significa cando din "andas como un salabardo"
R: Andas Como
P: Andas como un salabardo
R: Porque o salabardo era o que aguantaba todo, era para meter o peixe a bordo,
era para levar o peixe para levar o peixe para casa o salabardo pequeno servia para todo
P: Era unha expresion que se usaba a veces cando viña mal vestido
R: Viña mal vestido, eres como un salabardo, o salabardo é o que sirve para todo e non sirve para nada -e non garda a agua- eres como un salabardo
P: Hai unha cousa que non entendía cando me estaba falando da leña do pulpo a galla tamén se chamaba gadaña ou..
R: Gadaña
P. ¿Gadaña?
R: Gadaña
P: ¿Que é o mesmo que a galla?
R: É o mesmo ca galla. Porque collías un pau que tiña dous así, e por exemplo, despois tiña outro aquí, tiña dúas gallas para poñer un anzuelo nun lado e outro anzuelo no outro ¿non sabes? por iso chámanlle gadaña, gadaña, e ás outras que non levaban dúas, que tiñan unha solo poñiaselle un pau era o cateiro iso o máis...
O anzuelo póñense por si escapa o pulpo ás veces queda enganchado, non queda.... de dez queda un, sí, desvíanse pero eso, o asunto dela, a cousa primordial do pau que se pon, do pateiro ou a gadaña é o amarrar a garaveta o amarrar a pedra, porque senón no podes amarrar a pedra, quedaba solta, había que poñela colgada, e non. Vai amarrada para que veña rastreando polo baixo e que veña sempre co cangrexo pa riba entendes porque senón ten eses paus... ten que ir amarrada polo medio por ejemplo ten que ir así, pode caír dun lado ou de outro a o cangrexo non queda, e a maneira de jurnila a liña que lle chaman o jurnila xa quda sempre por riba.
P: ¿Jurnila que é?
R: Amarrala.
P: Rapichar qu é cando decia, pola arte non?
R: Rapichar, a palabra ten varias aquelas, andas rapicheando poñamos por enxemplo como te vou a decir eu, coma a rapeta aquí cando hai pouca cosa pois colles 2 ou 3 muxos ou cangrexos, ou que andas a lancear como cando se andaba aí a char por exemplo sen mirar colleras o que colleras todo servía, rapechear, cando había pouca cousa, facer lances coller un pouquiño do que viñera o que viñera. e despois hai o trapicheo, o trapicheo ese é o do negocio trapichear, ti andas, eses como os invasores que venden de todo, e un trapichero e os que compran andan a comprar polas casas e venden polas casas, por exemplo os que veñen a comprar plomo o que veñen a comprar trapos, ese é o trapicheo pero por ejemplo ¿como falamos antes? o....
P: O rapichar
R: O rapichar é eso de ir aproveitando o que veña.
P: Si o que quede. Cando falamos das gavotas que a veces non sabía ben facíalle un adobo tamen pareceume entender que lle botaba fange,
R: ¿Que lle botaba.... ?
P: Ó adobo fangue é o mesmo fangue que o adobo ou entendín mal.
R: O adobo é feito con vinagre, aceite, allos loureiro para sacarlle aquel sabor que tiña do peixe.
P: Si pero a palabra fangue non lle sona ¿non?
R: Non. é o adobo
P: É o adobo
R: O adobo sí, e o adobo tamén se lle bota a un guisado, non sei como lle pode chamar en castellano, as esencias,
P: Non non
R: Nós chamamoslle o adobo.
P: Chámanlle igual pero despois ten tamén outra... que non me acorda cal é. Hai algún tipo de peixe que lle chaman o fodón?
R: Os fodón.
P: ¿E como son?
R: Os fodóns, como che vou a decir son como unhas lorchas, pero máis aplastadas non son tan... porque a llorcha e casi redonda, e o fodón pois, esperate. O fodón, ahora si que.. os fodóns son unhas fanecas, que son como..
P: ¡Ai¡, parecidas ás fanecas.
R: Parecidas ás fanecas.
E En que se diferencia.
R: Pois diferéncianse en que son máis largas. Son un pouquiño máis largas, non son tan anchas. Vindo a falar despois van acordando as cousas ¿non sabes? Non me acordaba.
P: Non porque eu teño oido falar do fodón pero,
R: Eu deciache antes que era como a lorcha, esa non é.
P: A lorcha era a fumadora, que me falaba o demo, a fumadora ¿non?
R: A fumadora, esa é...
P: Que é como a lorcha pero así aplastada.
R: Si aí esta. Pero o fodón é faneca pero outra clase de faneca. É unha raza da faneca.
P: É unha raza ¿é tan rica ou menos rica?
R: Non non ten... as que están vendendo véndenas por fanecas ás personas que non entenden pero as personas que entenden ten outra carne diferente da faneca- ten outra carne é máis outro color outra cousa xa. Diferénciase ben. É maís alargada.
P: Outra cousa que non falamos foi os nudos de mariñeiros dos amarres
R: Dos nudos claro hai...
P: Que tipos de nudos facían, o primeiro que facían era o que lle chamaban a bosa ¿non?
R: Embosar era amarrar, embosa a jareta, amarra a jareta, a bosa o que lle chaman a bosa é aquel cabo que leva a chalana para tirar por ela. Eso é unha bosa. Unha bosa é ¿cómo che vou a decir, por exemplo, estamos tensando un peso e leva para tirar pola carga con un aparello ¿non? o que leva para tirar por ela para movela de un lado a outro é a bosa sen embargo os trueles tamén levan esas bosas e chámanlle as estribeiras. A estribeira da boca que é cando botas o truel tiras por el para enchelo botasno na enxagua ¿non? está o peixe na enxagua.
P: Sí
R: E para metelo a bordo do barco vai o truel ou o salabardo, como lle queiras chamar entón leva na boca 3 vientos e alí leva unha anilla e vai abosado á estribeira e tira e no fondo do saco do salabardo ou do truel ou do que sea, máis artesano é salabardo, porque na pareja son trueles tamén e sen embargo chámanlle salabardos, os barcos chámanlle salabardos, aínda hoxe chámanlle salabardos, bueno e no cu, ou sea no fondo leva unha mallas feitas e leva esa tira esa estribeira pasada e despois ven a punta que sobra a encanar na outra, como che vou a decir por ejemplo e así entón esta punta métese así polo mallage e ben a quedar aquí, e decir que que cando enches abre a malla entón ven o peixe dentro e despois cando fas firme para abocar apretas e sale pola boca pero hai que levantalo por abaixo, hai que agrandalo por baixo.
P: Bueno, ¿e que tipos de nudos había para amarrar un barco, unha chalana ¿Tiña algún nome?
R: Si, hai o cote...
P: ¿O cote é o máis sencillo?
R: O cote é o máis sencillo, despois o nudo de envergue. O nudo de envergue teñen que amarrar, as dúas puntas salen iguales, ¿non sabes? Ó facer unha lazada dun zapato, este é un nudo de porco, si che sale unha punta por riba doutra, chamase nudo de porco, mentras que si salen iguales chámase nudo de envergue, salen así os pares. Se salen así é nudo de porco, Se salen os dous chicotes apareados.
P: O nudo de cote ese, ¿e o máis sencillo que hai?, unha especie de lazo
R: Aí está, daslle unha volta por baixo e otra por riba, e salen sempre as dúas... o cabo por aquí e outro arrimado así o lado.
P: E logo ¿para empatar un cabo con outro?
R: Chámanlle costuras ou sen costuras. Logo hai costuras cortas, largas, de empalme..
P: ¿As de empalme ¿qué son? vanse entrelazando polo medio das cordas unhas a..
R: Non, en vez de facer así, polas así, desfás o piscote e vas metendo... fas unha costura aquí e outra alí. Mentras que na costura larga, vas desenleando dun e doutro e polas aparte e despois vas sacando dun e metendo noutro, sacando dunha e metendo noutra e das as 4... E no alambre igual, vas colle do... o que hai que coller sempre son os cabos que queden coma si foran do mesmo cabo, que non queden ó revés nin montados, que queden a par.
P: Outros nudos, que lle chaman ballestrinque ou iso.
R: O ballestrinque é ese que che dixen antes, como para amarrar un... na proa dos botes que había antes dábaselle ese ballestrinque. Eses que che dixen que quedan as dúas... salen polo mesmo lado os dous aqueles. E despois do ballestrenque hai...
P: Os corredizos eses, ¿chamanse aforcacáns, ou aforcaperros?
R: Ahorcaperros pois eses xa son como unha jaja son ahorcaperros. Que apreta e afloxa, como unha cousa parecida como o que che dixen antes dos o salabardo. Pero que en vez de xuntar a malla, non como fai no salabardo xuntar a malla, alí xunta o cabo e abre o cabo tamén
P: E os nudos os cotes que se dan na cornamusa para amarrar...
R: Para amarrar a.. son cotes.
P: ¿Son todos cotes en forma de oito non?
R: Si, e despois porque na cornamusa, non lle das cotes a todas as volta. Por exemplo daslle unha volta, según si é o cabo de proa daslle pola popa da cornamusa, porque si lle das pola proa sale para fóra co que faga firme. E despois montas a outra, e despois ves a outra, se queres montar tamén montas senón, xa lle das unha volta ou xa lle das unha volta e despois vaslle dar a outra. E sempre queda un cabo, que é o da man, ó darlle a volta para que por debaixo do que vai a quedar, ¿entendeches? Sempre queda por debaixo do que vai a quedar polo outro, porque senón no fai forza.
P: Claro, o tirar xa apreta o de abaixo, xa lle coincide.
R: Aí está, ó tirar...
P: Canto máis tire, máis firme fai.
R: Aí está, canto máis tire, máis lle apreta. E daslle as voltas que queiras, según o tempo que haxa e o que vai a tirar o barco.
P: Normalmente, nos barcos, o que máis se facían eran dous ou tres nudos, non se facian tantos. Iso enséñanno máis ben na náutica ¿non?
R: Na náutica sí, e nos barcos de fóra. Ahora que tamén hai un refrán no mar que di que vale máis desamarrar con calma que amarrar con vento, ¿entendeche o que che quero decir? que vale máis desamarrar con calma que amarrar con vento, porque se levas o barco, e vamos pa deixalo, esta calma. Pero chegaches a montadora e veu a sur do estado un norte ou calquera outra cousa. Eh! Arriba, a amarrar, non é o mesmo coma si estuvese amarrado xa, xa tes que andar... pasas o doble de traballo e non queda tan ben. Xa non é o mesmo e logo chegas ó mar e dis, ¡ala¡ desamarrar que vamos a traballar. Pois como está calma, desamarramos a calma, o malo é amarrar.
P: Cando decía que facía uns senos coas redes, a que se refería, a coller con brazada as redes ou...
R: Senos, coas redes, fanse senos, según po que sea. Chamámoslle senos a varias cousas, por exemplo, ti andas largando un aparello. Pero naquel mar están largando varias persoas, como por exemplo á ardora ¿non? que había moito. Entón Basta con toparte cun colcho, topache o colcho doutro barco, e para non ir enriba del, teslle que dar un seno pra dentro. E despois, o rebasar vas revirando a estribor e dándolle outro seno para outro lado para coller o.... E seno tamén lle chamamos por exemplo, cando estamos descargando o aparello ou cargando. E aquilo que hai entre ti e min para coller, aquilo é o seno, ese seno, o que queda entre un e outro é o seno.
P: O que queda colgando así.
R: Aí está. Por iso cando queda no mar é un seno o que deixamos. Porque non vai igual dereito. E é un seno, poñamos por exemplo, unha veta que colleche e quedouche un seno máis floxo, fixécheo máis largo, que aquel rosco.
P: Cando vai halando toda a veta, vai enroscando.
R: Enrosacando e ó mellor quedouche un máis largo ou caiuche para un lado. Mira que che caiu este seno.
P: Despois hai que ter coidado para lanzar que non se enganche. Chámase enganchar antes, enganchar ou decides enjasjar... o aparello.
R: Enjasjado é cando queda enganchado, en calquera lado. ¡Coño¡, enjanchouche aí ou enjanjouche aí... Nos vellos había quen falaba un galego e outros outro, entón en galego, enjasjar é enganchar. Ou enjasjar, tamén pode ser que se queda entre dúas cousas por exemplo entre dúas pedras, que se enjasja, quedache enjasjado. Ou por exemplo ti vas por un camiño, e metéchesche no medio e enjasjaronche as pernas, quedas enjasjado no medio das silvas.
P: Cando estaba explicandome como facían o lance na ardora, a forma que forma así todo o aparello chamábanlle ¿o bulso?
R: O cerco
P: ¿E o bulso?
R: O bulso é o que leva despois, porque todo o aparello ten bulso. Sin bulso, non pesca o aparello. Porque poñamos por exemplo, na ardora, cando armaban, facían uns puntos. O aparello, levaba... a rede levaba a vara enteira, a vara que tiña, a vara que tiña nove cotas. Ia de punta a punta, entón por exemplo este é o aparello, e tiña aqui un punto, entón medías e collías outro punto aqui. E despois viña a tralla, e entón na tralla xa se lle daba unha cuarta ou dúas menos. Según o gusto do patrón ou do amo, pero polo menos dúas cuartas. Entón quero decir...
P: ¿A tralla, que era outra peza da rede?
R: A tralla é onde vai o plomo ou o colcho, entón eses son os dous puntos do aparello. Entón este nudo de aqui, viña a enganchar aqui, entón quedaba todo isto, este do bulso. E había que repartilo, tiña que ir moi ben repartido ¿non sabes? E iso que sobra da rede, da tralla, é o que se chama a bulso.
P: Que é o que fai como si fora o cope despois no mar.
R: Non, máis ben, porque si vai a paño, si vai tan largo, o paño coma a tralla, fai unha tabla. E o peixe escapa polos lados. Mentres que, ó levar bulso, que crees que non é nada, que é unha parte ou dúas, pero como son tantos metros, fai moito. Mira que, pois una paño tiña 100 metros, e nun aparello de 50 brazas, non chegaba para facelo. Había que encanarlle aínda o paño pa facer un aparello de 50 brazas. Porque levaba dúas cuartas ou dúas e pico según o gusto do patrón. Todo aparello canto hai, todo leva bulso, hasta a pareja que parece que non lle miras o bulso, sen embargo leva despois quen fai é...
P: Según o refrán, tamén a aguación, o traballar contra a corriente tamén xa fai... forma
R: Forma un pouquiño de aquel... pero según, por ese da ardora ten que levar moito bulso por iso de corriente. Os de arrastre a pareja, o boliche, xa non levan tanto bulso, para que non traballe tanto a agua neles. E despois outra cousa, que é o que decías ti antes, nos aparellos de arrastre, as bandas van botando o peixe para dentro po cope. Pero na ardora non ten cope, quen lle fai o cope, é as anillas ó xuntar o plomo, as novas anillas que leva, a jareta vainas xuntando entón fai o cope. E despois o peixe queda todo por dentro do aparello, queda. Queda embolsado todo. E vas subindo o aparello a bordo e vasno botando da enxagua. Por iso, a enxagua era máis forte e mais gorda que o resto do aparello, porque é donde se levanta o peixe, é donde levanta o peso de peixe.
P: Cando falaba tamén da mirilla que tiña a nécora femia, decía que se chamaba pampullo ou pampillo?
R: Pampillo-nós chamabamoslle pampullo-.
P: ¿Que era a orza?
R: A orza é unha palabra mariñeira. Non é... a orza é unha quilla que levan por exemplo os veleros, que se pon abaixo. Esa é a orza. Despois hai a palabra orza ou derriba, orza quere decir darlle contra o vento. E derriba un pouco máis, é darlle a favor do vento. Por exemplo, ven vento do norte, ¿non? e ves de Vigo para Moaña e dinche: orza un pouco. Daslle máis para Moaña aínda, apurando máis o vento aínda. E derriba daslle máis para Cangas, máis a favor do vento. Esas son dúas palabras, orza ou derriba. e mais é despois barlovento e sotavento. A banda de barlovento, a banda donde che da o vento. Ti vas navegando e dache o vento por estribor, barlovento é estribor e sotavento é babor. Dache o vento por babor, barlovento é babor e sotavento é estribor. A banda de barlovento onde fai abrigo, a banda de barlovento donde da o vento. A banda de barlovento a que fai abrigo. Esa é sotavento e barlovento, e despois a orza, vas navegando en vela e díceslle: orza. Que lle deas máis contra o vento, derriba un pouquiño: que lle deas un pouco máis a estribor ó outro lado onde da o vento. E despois a orza os veleros eses levan abaixo como unha pala eh. As dornas, non mira que na popa teñen coma.....
P: Si, como si fora unha aleta hacia abaixo na quilla.
R: Esa é a orza.
P: As dornas, como son máis panzudas, para que non bamboleen tanto ¿non?
R: e mais para que aguante máis a vela un pouco.
P: Ás veces escoito palabras que para min son novas e non sei como se escriben, cando fala ás veces da buxina..,
R: A buxina é aquel aparato que levan os barcos onde sale o eje para o hélice
P: E non sabe como se escribe, ¿con b ou v?
R: ¡Ai¡ eso non sei. Eu sei que lle chaman buxina a min sóname con B,
P: A min tamén me sona con b pero.. a veces hai moitas palabras que par a min son novas cando falo de bedrines non sei se se escribe con v ou con b.
R: Tamén me parece que é con b.
P: Tamén. sóname con b pero non sei.
R: E no Diccionario ó mellor non topas.
P. E que non topas como son palabras locales ó mellor non aprece no diccionario por eso teño moitas dudas para escribilas.
R: Son palabras moi concretas.
P: O querer facer fichas por onde as ordeno pola b o pola v.
R: A boxina non sei.
P: Si debe ser con b.
CARA B
R: Eses barcos que levan tamén puente, levan o timón a popa. Entonces, un pouco máis atrás e un puco máis adiante levan a limera, que é donde vai a caña do timón para arriba. É un hueco conde cerra as catro bandos dun tubo redondo, donde vai a caña. Porque a caña ten que girar par un lado e para outro. Para que a agua non entre, entón é cando se... esa é a avería máis mala que ten un barco.
P: ¿E como se evita que entre agua pola limera, ten algún departamento?
R: Ten un departamento pequeno.
P: Aí ten que entrar agua á forza.
R: Claro porque vai así, por exemplo, esta é a caña do timón. Pero como vai cerrado por aqui ó redor, a caña vai libre.
P: A caña sempre vai máis para arriba que a superficie do mar, para que non lle monte
R: Aí está, na cubierta, as cadenas, van na cubierta do aquel, que fan girar a caña do timón. E esa é unha avería moi mala, porque aí, ¿quen vai a tapar cando fai agua por exemplo?, un buraco ou calquer cousa, esa é unha avería mortal. Esa e a buxina tamén, que é onde vai o eje hasta o helice, tamén é redondo, entón ten unhas empaquetaduras. Mira, vouche a contar unha cousa, estando eu na guerra, estuvemos de descanso. Alí cando acabou a guerra, antes de mandarnos, estuvemos nun puebliño de Extremadura, que lle chaman Villalba de Los Barros. E alí collemos moita confianza nunha casa, e despois estuvemos cos particulares e todo. Alí eramos os amos, e un día, falando así, aí ven un vello. Xa tiña 90 anos daquela, e dixo el que fixera o servicio en Sevilla. E que mirou no río de Sevilla os barcos de tambores aínda, chamáballe el as palas de andar. E que mirou, ¡fijate ben¡ o home era intelixente, heiche ensinar unhas cuentas que me ensinou a facer a min. A el ensinoullas unha analfabeta, fijate ben. E dixome el: "yo, desde aquella no me sale de la cabeza como era que las ruedas del barco iban en el agua y no le entraba para dentro". Porque claro viñanlle ó costado dous tubos e entraballe a agua alí e dicía ¿como non lle entra a agua para dentro? E díxenlle eu, e eu ahora como lle vou a explicar a este home de que.. como se fai, das empaquetaduras que lle poñen. E estuven pensa, pensa eu, e díxenlle: " aqui hai viñas ¿non hai? Y aqui le dan sulfato a las viñas con unas máquinas ¿no?, - si señor- y esas máquinas ¿no le pasa el agua para adentro? -sí- y porque no le salen para fuera porque va para dentro por donde anda el vástago, ¿por que no sale para fuera?, no lleva una empaquetadura para que no salga? -Sí señor-, pues aí tambien lleva una empacataduras para que no entre" entón dime: "tiene Usted toda la razon hombre".
P: Que ocurrencia tuvo.
R: Disque levaba toda a vida pensando niso, como é que non entraba a agua para dentro. E mira, ensinoume que disque el era gerente dunha panadería, e disque tiña unha repartidora do pan e que non sabía nada de escribir nin de ler. E cando lle quedaban a deber, ela que decía daquela non había máis que pesetas, duros, pesetas, patacos, e chicas. Cinco céntimos era unha chica. Quedábanlle a deber unha chica, apuntaba una chica, despois un pataco e despois unha peseta. Es despois un duro, e cando ia sumar, unha dúas tres catro chicas, dous patacos. Dous, un dous tres, tres patacos. Ahora, pesetas, sumaba, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14. Unha peseta máis catro patacos e apunta. E despois contaba, 5 6 7 8 9 10 pesetas, 2 duros. E así sumaba. Debenlle 2 duros, 4 pesetas 5 patacos e 1 chica
P: Iba contando todo, separando cada unidade tiña... O que lle dicen cando encrongra a rede, ¿como fai?
R: Encrongra é que se fai coma un nudo. Non encrongra a rede, encrongrase a rede na tralla. A ver si entendes.
P: Se enlea.
R: Enlease, pero hai veces que non... Enléase sempre cando...
P: Cando se traballaba coa seba, e decía a veces ou nos corrioles...
R: Na seba, ou en corrioles ou así en carrumeiros
P: Vaise enleando.
R: E despois que mala é de desenlear. Porque colle contras, ven unha rede e monta a outra, e despois quéresna desenlear, e aquela que está enleada non che deixa. Entón, primeiro tes que ir desenleando, despois vas sacando, despois vas sacando, desenleas para o outro lado. Todo o malo é empezar, todo o malo é sacarlle a primeira volta. Pero según o encrongramento Rompes a... sendo a rapeta ou o bou, si che encrongra, hai que desembosar da veta, para tirala ó mar. Entón vas e así logo acabas, pero si te pos a facelo todo a bordo ¡mi madriña! leva un traballo nunca visto. E a collelo en terra tamén encrongra dunha banda a outra e que malo é desfacelo. Chamanlle o encrongro-.
P: O rancho do barco, onde estaba ¿na proa?
R: O rancho na proa. Despois houbo barcos que o cambiaron como por exemplo barcos deses que foron ó Gran Sol e iso, cambiaban o rancho para popa. Pero polo regular, o rancho era á proa sempre. Ahora xa non lle chaman rancho, agora xa levan camarotes os barcos. Antes nada máis que era rancho, porque estaban alí, durmian todos xuntos. Non había camas, levabas unha colchoneta de nada. Había que dormir máis vestido ca desnudo.
P: ¿E o charango do bote?
R: O charango é un pau que lle pos no colcho par desviar. Cando poñamos por exemplo, ahora estase a salabardear, ahora hai chalanas ¿Non? Entón quen aguanta no cope de día, para que non se acerque o colcho. Poñíase o charango para que desviara.
P: Metido no colcho ¿non?
R: Metido no colcho para que desviara, para que desviara o colcho para despois poder ir botar o salabardo.
P: Cando estaba feita a enxagua e todo.
R: E a pareja tamén se gasta porque tamén se salabardea ás veces, entón si non salabardeas, porque a pareja haille que desfacer o liñón. A pareja leva, nos cornuchos do copo, leva en cada un, unhas trallas cuns bolos, entón, o que cadra para arriba, xa aboia collen e halan para arriba, e vai un home para arriba e desfaille o liñón, xa levan a modo duns aqueles que tiras como unha lazada, entón tiras e xa queda ben. Entón meten o charango, para desviar, para despois poder meter o salabardo para salabardear.
P: Claro porque senón ven todo encima.
R: Ven todo encima e cerra.
P: ¿Que eran as panetas?
R: As panetas era unha parte do barco. É decir, máis a proa máis a popa, na paneta de popa na paneta do medio. Unha como che vou decir...
P: Aquelas pequenas, que son como tarimas pequenas, ¿non son as panetas? As veces se poñen enriba dos barcos para que non se manche un de alquitran.
R: Eses son os enjaretados, onde vai enriba o aparello. Eses chámanlle os enjaretados.
P: Que non ten nada que ver coa paneta.
R: Non ten nada que ver coa paneta, a paneta era nos barcos pequenos estes, onde se poñía un.. por exemplo para salabardear ou para meter o plomo, un sitio especial para unha persoa. Unha paneta xa lle chamaban paneta en vez de ser a pana. Sen embargo, cando se está metendo o aparello a bordo á ardora, sempre hai quen quede.. ¡nunca te miramos na pana¡ Sempre andas por estribor, a pana xa é onde halas o aparello,
P: A zona de traballo máis ben.
R: E a paneta xa é unha pana pequena, por exemplo onde está o do plomo ou o do colcho.
P: Si, si o chanchullo.
R: O chanchullo era o farol que se poñia para alumbrar.
P: Si, sí, efectivamente. E cando fala a veces que despois de sacar todo o peixe, queda un logomallo na rede, o logomallo¿que é? Todo ¿as escamas que bota.. ?
R: O logomallo son as escamas, e mais a grasa que deixa o peixe. A sardiña, cando está no... ou outro calquera peixe. Todo deixan logomallo.
P: E o que máis deixa, que é ¿a anguila? Ese logomallo viscoso que deixa a anguila por fóra
R: A anguila, hai moitos. E de tanto arrimarse, queda algo na rede, entón, despois hai que lavar e todo iso. ¡Mi madre¡ cantas veces a pareja darlle avante para largar outra vez e levar o saco de remolque para que se lave, porque senón vai moi bruto.
P: Non deixa pasar as augas tan ben no filtro.
R: E nos aparellos de aqui pois porque podería largar a bordo.
P: Hai unha palabra aquí que non se escoita moi ben "un depeca" pode ser esa palara.
R: unha pasteca?
P: Non. Un depeca. Unha cousa así parecida que leva cerca do timón, a parte da limera da buxina non leva outra cousa máis ¿non?
R: Hai a pasteca.
P: Ese vai arriba na maquinilla donde se enlea a corda ¿non?
R: Non sei ¿A biteca?
P: Non. É igual. ¿Por que se pagaba a bajada?
R: A bajada era unha base de traballo, unha norma, unha base coma o changüi. Porque si non ganabas changüi, non ganabas bajada.
P: Bajada se pagaba sempre cando se pescaba.
R: Cando se pescaba. A bajada era daquela 2 reales, ahora aínda que fora unha peseta ou un duro, por vir ó mar. Esa era sempre que se fixera a venta, aínda que fora dunha cesta. Si era unha cesta, era un caixón para o amo e outro para a xente. Había que sacarlle bajada. A bajada ganábasna sempre, sen embargo, tomabas cen cesta e ganabas os mesmos 2 reales de bajada. O que subía, era o changüí, que era doble ou sencillo, e mais o que valera a cesta. Se vendías a 20 duros, non ganabas tanto como si vendías a 25, aumenta.
P: A bajada era algo por sacar o barco¿non?
R: A bajada era por ir ó mar, era unha propina por vir o mar.
P: Non era si pescaba, por sacar o peixe a lonxa...
R: Non, non, a bajada era do barco. A modo de... un incentivo.
P: Si. Un incentivo ¿que eran as parcas? Un tipo de embarcación.
R: Non me sona non sei, non. Sabía eu das pateras esas nas que veñen os moros, pero as parcas non me sonan.
P: As rascas.
R: As rascas si son unhas pezas que eu non sei a feitura delas porque eu non as mirei. Pero si andaban, é a modo duns trasmallos.
P: Rectangulares máis ben ¿non?
R: Si que anda por o limpo e mais por aí. Rascas
P: Acórdase de cando falabamos dos carrascos do mar, que lle parecían uns fíos encarnados, ás veces ¿Non se acorda do nome dese tipo de fíos?
R: Das plantas esas non me acorda. Eu sei que hai deses, que parecen uns ramos mismo, hai quen os tiña nas casas deses. Son moi bonitos.
P: A seba, para que flotara, ¿non tiña como burbuxas de aire dentro?
R: Non, a seba flotaba despois de vella. Arrancábase. Viña o mar e arrancábaa. Como o golfeiro, tamén o arranca da pedra. E tamén.
P: ¿O? golfeiro.
R: O gofeiro, o carromeiro vamos.
P: O golfeiro ¿é o mesmo que o carromeiro?
R: É o mesmo, o carromeiro o golfeiro. E entón flotaba.
P: E cando estaba no mar, son coma flementosas, no mar. Víñanse para arriba.
R: !Ai¡, sí, eran como plantas.
P: Pero ¿como viñan para arriba? ¿Como se mantiñan? ¿non tiñan como bolsas de aire dentro?
R: Algunhas tiñan as bolsas esas sen embargo, ¿sabes quen desovaba moito nelas? Os chocos. Poñían aquela mirilla negra toda pegado a elas ¿Sabes cal flota tamén? E peligrosa era naquel tempo. A barbela, flotaba moito.
P: Si, ¿e como era a barbela?
R: A barbela eche así máis vasta cá seba, aínda as hai, que se pegan e veñen moito para arriba, aínda hai. Moi vasta, moi xunta, e esa, cando flotaba, despois xúntanse todas, as rilleiras do mar xúntaas todas. Toda vai pola corriente, e ibas en vela de noite e metíaste nela faltábache a agua do timón e en popa co nordeste... E cando ias a remo e, ó meterte dentro, non podías vogar. Si non calcabas moito no remo, despois non podías tirar para arriba para dar a outra palada. Si vogabas por riba, o barco non salía do medio, aquilo era o demonio, ahora xa non hai tanta tampouco.
P: Unha pregunta, máis ben para a súa muller, señora Maria: ¿Usté acordase de cando andaba a mariscar, que na area aparece como si fora un cordonciño como se fora de agua que e largo ten metros e vai partindo como si fora... no sei como lle chaman ó mellor ten metros de largo:
R: Si. A modo dun bechos, a modo duns cagulos moi largos. Chamábanlle unhas cousas bravas, ó cavar topábaas. Xa vías que topabas, como unha anguila ou unha cousa así larga. Andando a mariscar si acórdome. Desas cousas Non me acorda como se chamaban. Porque non se lle fai caso e uns chámanlle unha cousa e outros outra. - había uns deses que eran como uns cagulos, eses uns máis grandotes. Os cagulos e as miñocas eran outra cousa.
P: Ó mellor medían metros, como si foran un conducto de aguas.
R: Como se fora un rego de agua.
P: Levaban como unha corriente de agua e movíanse.
R: Si, movíanse os bichiños, despois facían... que lle chamaban cagulos, nós lle chamabamos cagulos. Ese botan os cagulos.
P: Os mexacáns blancos, os blancos, os que collelos nas rastreadas, que son totalmente brancos. Como se foran Gelatinosos, que ó apretalos chiflan.
R: Si eses son mexacáns, chiflan si.
P: Son como redondos, tipo huevo.
R: Uns son redondos e outros son máis largos, e ó apretalos botan agua, eses chámanlle mexacáns.
P: Son coma brancos, do color do leite.
R: Son blancos do color do leite, pero, a carne deles, a piel, o que teñen non sei de que é.
P: Parece como si foran de agua pero un pouco máis duros.
R: Si, pero duros, nin é cuncha nin é agua. Non sei como é. Ó apretalos chifla, leva moita agua ¡canto temos enredado de rapaces! collelo e...
P: Cando andan ó camarón está en época, míranse moitos.
R: Eses, tanto veñen a terra. Non sei, eses que veñen deben vir co mal tempo ¿non?
P: As anémonas do mar son destas que están na pedra, que lle chamaban "pisa terreo" son moi bonitas están pegadas. Despois hai uns que son moi gelatinosos, moi viscosos.
R: Ah, moi viscosos, eses non sei como lle chaman.
P: Cerranse cando baixa a mar e despois ábrense, e soltan uns filamentos de colores moi bonitos. Son pequeniños.
R: e mais hai algúns grandeiros, pero non sei. Como non lle das importancia a esas cousas, non sei como lle chamaban.
P: ¿Que quería decir cando di que collía unha tercia de peixe? estaba falando dun tema e díxome "collemos unha tercia", unha tercia.
R: Por exemplo, será, por decir un aquel. Ó mellor pudo ser que na ardora, cando miras unha manada de peixe, e largaches e pensabas coller 30 cestas e colleches nada máis que 5 ou 6 nada máis. Entón, aínda non collemos nin unha tercia do que iba, creo eu. Para min.
P: Os patos, que andaban por aquí ¿eran de colores vivos? Primitivo tiña ó mellor douscentos patos.
R: Os patos, os patos eran grises.
P: Eran grises non tiñan colores vivos, rechamantes.
R: Eran grises todos. Tiñan un andar moi bonito. Iba sempre o macho o pai ou a nai ou o que fora diante e e todos a fila. As veces, nas festas ianse así tamén porque iba moita xente e, e o mellor iámos en fila uns ou unhas mozas, porque non tiñan sitio para ir a par ¿non? vanche á fila como os patos de Patricia. Porque Patricia tiña moitos patos e Primitivo tamén eh.
P: A bugarda é o mesmo que o sargo?
R: A bugarda é da familia pero non é como o sargo.
P: ¿Hai moita diferencia, nótase ben a diferencia? nótase a diferencia.
R: ¡Ai! nótase ben, a diferencia, a feitura tamén. O sargo é máis sustancioso, o sargo é un pouquiño máis gris e a bugarda e un pouco máis vasta.
P: ¿Son aplastados os dous? así de forma ovalada.
R: Si so aplanados, Sí, pero máis redondo o sargo ca o outro, e medra moito máis o sargo ca a bugarda. Hai sargos de 5 ou 6 quilos ou máis e a bugarda non.
P: Falamos ahora un pouco dos nomes das especies, porque cando son cativos teñen un nome e despois teñen outras fases e van variando. A xouviña, parrocha.
R: Si, a parrocha, bueno, a parrocha.
P: É a máis pequeniña de todas ¿non?
R: Non, a parrochiña así, despois a xouba, despois o mediano. Chámanlle mediano por non ser nin grande nin pequeno, e despois hai a sardiña. Sen embargo temos... despois temos a cabala, a rincha, o rinchote.
P: ¿É o mesmo, a cabala?
R: É o mesmo.
P: ¿Solo se distinguen nos tamaños?
R: Si, hai algunha outra diferencia, pero é o mesmo. Para o caso é o mesmo, a rincha e a cabala todo é o mesmo. Pero decimos rincha, decimos un rínchote.
P: O berete, cando é grande, ¿que lle chaman, o rubio?
R: O rubio, pero tamén hai moitas clases. Hai o berete, hai o rubio, hai o outro como lle chan !Dios mío¡ hai polo menos 3 clases.
P: O corvelo, cando é grande..
R: É corvelo sempre, xa non pasa de aí despois hai outra clase que é o que se colle a fóra que é ¿como lle chaman ?
P: O abadexo.
R: O abadexo.
P: O corvelo é o abadexo ¿non é o mesmo?
R: Non.
P: E que é moi parcido.
R: Non, non é o mesmo. O abadexo é abadexo e o corvelo é corvelo. O corvelo non se colle máis ca na ría, e ese cóllese ata no Gran Sol ¿Entendeche?
P: O abadexo é un pouquiño máis ancho. Pasa o corvelo por abadexo, teño mirado nas plazas
R: Si porque é moi parecido, e o que non conoce pois...
P: Vin vender corbelo por abadexo. Despois sabemos que o chincho.
P: Pasa a xurelo sempre ¿non? como a xouba a sardiña.
P: E ¿o palomito?
R: O palomito pasa a choco.
P: Despois a carioca pasa a merluza, pescadilla.
R: Pescadilla é merluza.
P: ¿Qué outros nomes poden quedar así, de especies que teñen diferente nome? A castañeta sempre é igual.
R: A castañeta é palometa igual, sempre é o mesmo.
P: As agullas ¿teñen varios nomes?
R: Non, poderan ter, pero porque o alcrique é como a agulla, pero non é agulla.
P: Xa mo explicaron.