MAR VIVO

ENTREVISTAS CON :

ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS

PARROQUIA DO CARMEN

· Definición da chirla (cornicha) e a mixarela

· O lingueirón agárrase co sacho e despois métese a man para collelos. Os homes non usan o sacho para o lingueirón

· Agora apenas se sacha ó eito. O eito é unha técnica para facer regos

· O eito escáchase moito marisco

· Con boa temperatura e mañán de néboa os buracos da marea están abertos

· As gaivotas escarban co piteiro para colle-los cagulos.A gaivota para escachar un croque déixanno cair de moita altura. Anécdotas de gaivotas

· A vieira é marisco de altura. A ostra tamén, pero pode atoparse nalgunhas pedras de O Vaticano, a Consela etc.

· No Con dase moito mexillón

· Os caramuxos bos son os da cor da bocha, e dicir oscuros

· Hai uns caramuxos bravos que teñen coma unha nécora dentro

· Os queimacasas son caranguexos negros

· Cando hai mar rixo, veñen entre os carrumeiros unha especie de alga chamada merda de gaivota

· Os caranguexos femias son máis oscuros e os machos máis encarnados

· Entre os anos 32 e 36 deulles unha enfermidade que desapareceron por completo: Despois reproducíronse paseniñamente

· A ameixa de caste tamén padeceu unha enfermidade que apareceu aboiada

· A chuva aféctalle ó marisco. O pelo é unha alga que perxudica ó lingueirón

· O buraco non o descubren sempre. O sol "descubre" a ribeira. O mar vivo tamén inflúe na marea porque lle move a area

· O chispolbo ten pelos polas patas. O felpudo é blanco e ten pelusiña o arredor

· O bruño chega a apilarse como palleiros

· Cando os bruños están amontonados deben sacarse por abaixo. Si se sacar por riba, a media hora desaparecen todos. Poden aguantar varios días apilado

· Os ourizos non teñen valor. Os percebes non existen dentro da ría

· A gaiva cóllese co bou. A gaiva branca é grande coma nécora pero sen valor

· O patelo e pior cunha praga. Da moito traballo cando ven mesclado coa sardiña

· Aínda que se botara o peixe as 10 do día, o patelo seguía vivo e era un trabalIón limpalo

P: As cornichas ¿como son?
R: -As cornichas tamén son así da feitura das sarnosas, así teñen coma un abanico tamén, unha cuncha así, nin gorda nin fina, ¿non miras as chirlas? ¿ti sabes como son as chirlas?
P: As chirlas son blancas totalmente.
R: Bueno pois as sarnosas tamén son blancas, é unha cousa moi parecida.
P: Á chirla.
R: -Sí é moi parecida á chirla sí, e teñen outra construcción así máis abanicadas, máis abanicadas. -
P: E son así do tamaño, as chirlas son así do mismo tamaño, non suelen ser moi grandes.
R: -Sí, son bastante grandes xa. -
P: Pero as chirlas son bastante máis pequeniñas non.
R: -Eran poucas as que había, poucas, chámanlle as cornichas, eran poucas as que había e tampouco non se lle daba moita importancia como para comer non. Porque tamén eran raras e tampouco non se criaban así. - Non tiñan comida.
P: E tiñan, ¿como se chamaban...? as mixarelas debían de ser do tipo da ameixa, que eran das máis grandes de todas ¿non?
R: As mixarelas, e unha cousa, que che vou a decir, unha cousa larga, larga e coas cunchas gordas.
P: Cunchas gordas e planas.
R: -O que dá é moito traballo collelos-
P: Chega a tela así a veces, de grandes dez centímetros ou máis.
R: -Hai algunha que vive demasiado, que vive demasiado xa, porque son generacións segundas. -Cóllense pero deben estar medio mortas porque están aboiadas. -Algunhas xa morren, porque botan aquela comida fóra, porque a veces botanse fóra da... -Deben vir a morrer.
P: ¿Entérrase tanto como o lingueirón?
R: -Tanto ou máis-
P: ¿Tanto ou máis aínda?
R: -A mixarela dá muito traballo collelas ¿Non sabes quen as collía aquí? o difunto do meu pai, que collía algunhas, pero porque lle gustaban, porque teñen bo sabor, teñen a comida dura pero teñen moi bo sabor, e o difunto do meu pai as collía pero había que buscar muito ó fondo, para coller a mixarela, tes que loitar muito, nunca tuveron tampouco aprecio porque foron malas de coller, nunca a xente se fixo porque para coller unha mixarela, hai veces que a topas como un lingueirón.
P: Si a veces
R: Pero rínchache, pero marcha enseguida e escapa.
P: O lingueirón normalmente metíanlle a man ¿non?
R: -Metíamoslle a man, sujetámolo co sacho- Se colles así co sacho e despois coa man por detrás.
P: Senón rompe.
R: -O lingueirón hai veces que rompe, outras veces que non, pero si o sabes coller máis ou menos, teslle que calcar no aquel para non capalos, porque hai veces cápase según como sea a chuva, se hai o tempo así de chuva, entón arrían máis a pichola como lle chamamos nos, arrían máis a comida ¿sabes? e entonces para (inaudible) hai que calcarlle un pouco no cu -Na parte de arriba en todo- todo tes que facer lixeiro para collelo senón non eres capáz de collelo.
P: Senón escapa ó momento.
R: Escapa ó momento, o lingueirón non o sabe coller todo o mundo, a xente nova pouca sabe coller.
P: Eu teño collido coa man, pero despois ó pouco de meter a man esfarelabase nos dedos todos.
R: Hai quen o colle coa man, hai quen o sepa pero -No mar case todos collen coa man, os homes. - e moitas veces, eu non son capaz de collelos coa man, costame moito traballo, eu co sacho non lle teño envidia a ninguén, pero coa man non son capaz, porque xa che quero decir a ti que o lingueirón quere unha costumbre moi grande para collelo, porque é moi lixeiro, se non o prendes como é debido hai veces que o prendes por unha puntiña en todo, e vas escavando coa man e vas escavando coa man para collelo parriba, porque é o que che quero decir, son lixeiros para correr, quere muita base de costumbre, a xente de aquí pescaba muito o eito, pescaba muito aquel pero o lingueirón non son capaces de collelo, os chavales non son capaces de collelo. -
P: Si o eito que me dixo o outro día tamén, que ahora xa apenas se practica, o eito é para a ameixa máis ben.
R: Si para a ameixa e mais para a cadela.
R: Para a cadela. O eito vai sacando a terra, a area.
R: -Pouco a pouco, dándolle voltas e despois empezas de un lado pa outro, rematas aquí e ves a empezar aquí outra vez, vas en corro levando... facendo regos- Como cando vas botando patatas. -Sí, empezas nun lado e rematas noutro. -
P: E despois ó traer a area para arriba, a auga vai escurrindo e queda a ameixa.
R: -Hai veces que botas na orilla, outras veces quédache e revolves na agua, si hai moita agua e revolves na agua, porque a veces estás no río lévache a corriente, lévache a corriente, tes que andar coa man e botar así pa fóra, a buscar. -
P: É como decía ó tirar para arriba a area.
R: ¡Ai¡ non porque a area como vas, vala cortando, hai veces que veñen dentro do sacho pero polo regular non porque che quero decir a ti, ten que haber muitas para que veñan no sacho, cavando coma nun viveiro, ou cavando como (inaudible), enches no sacho muitas, pero muitas quédanche na agua, hai personas que cavan nos areeiros fan así, van unha sachada encima da outra. (inaudible) (6. 35)
P: ¿E non se estropeaban muitas?
R: Escachan muitas, e o lingueirón tamén escacha, e capas algúns, según como esté a temperatura e mais como esté para coller, a temperatura como haxa chuva xa abren eles.
P: Xa veñen para arriba case, son máis fáciles de coller. E os días de néboa, que fechaba o mar, non se miraba.
R: Non os días de néboa, según como sea a temperatura, hai veces que abre máis o marisco máis que outras, asegún como sea a temperatura, con neboeiro as ameixas abrían máis, cunha mañán de niebla as ameixas abrían máis.
P: Abren máis.
R: Si ó buraco, e ó eito nada porque ó eito xa che collen, o que ten máis ciencia é coller ó buraco, estas mulleres que teñen costumbre xa as collen ó buraco eu tamén se as hai tamén as collo, pero inda hai quen as colle mellor ca min. Os bechos eses de pescar e eso tamén, os cagulos tamén fan buraco.
P: As veces fanse montes ó redor dos...
R: Si eses son os cagulos.
P: Eses son os cagulos, e de vez en cando vai andando e mírase xuntar coma se fora...
R: O que che fan máis son miñocas, botan o buraco, fan, as mixarelas tamén fan o buraco case coma a ameixa, as mixarelas, coma en Meira hai moito buraco de mixarela e hai que diferenciar o buraco da ameixa no medio de todos aqueles, todos son iguales e hai moitas personas máis listas que... eu non os diferencio tanto, inda con todos os anos que teño de aquel, e inda as hai máis finas, ¿entendes?, porque é o que che digo eu, cando abren solas hai un sitio que hai moito buraco, de canta cousa hai todo fai buraco, fai a miñoca, fai a mixarela, os relós tamén fan un buraco parecido a calquera cousa que sea, e fai outro buraco no mar porque antes iban á ameixa polo mar estaba a ribeira aberta pero había muitos buracos e hai que diferencialos.
P: Eses montes que lle decía eu antes, faino o cagulo.
R: -Faino o cagulo. -
P: Ese tipo de montes despois que botan como un fideo.
R: Si un fideo de area -As gaviotas comen niso que é un caso. -
P: Xa o miran vir e xa...
R: -Unha vez cheguei á ribeira eu e había uns buracos coma se anduvera unha persona ós lingueiróns, aquí arrente ó río, coma se foran lingueiróns talmente, buracos feitos, e eran as gaviotas de comer os fideos eses, os cagulos. -
P: E fan buracos igual.
R: -Fan, fan, escavan co peteiro, peteiran, hai veces que o que che queda a ti escaso atrás van as gaviotas e cómenno, hai veces que comen un cagulo e xa o cavas entón veñen as gaviotas por atrás e comen. E o lingueirón, si os tes... cantas personas hai, que lle comen as gaviotas, había que ter cuidado que non viñeran as gaviotas senón xa che iban ó cesto e comianche os lingueiróns.
P: ¿E comen os lingueiróns?
R: -Comen os lingueiróns. -
P: ¿Con cuncha e todo?
R: -Comen con todo. Elas fan modo e maneira de librar o cesto. -E os croques, como comen as gaviotas os croques a ver, como te darás ti unha idea que unha gaviota abra un croque. Colle co peteiro e déixao caír desde a altura, e ven a tras del e claro ó caír rompe, e despois vai co peteiro aparta, -as gaviotas fan moito daño- a gaviota e... todo o mundo ten a súa maneira de vivir -Había que deixar todo ben tapado por causa das gaviotas. No Con deixabas encima de unha pedra cando collías máis que o cesto, librabas se acaso encima da pedra uns poucos e tiñas que tapalos con esa barbela ou con calquera cousa, con que non miraran elas senón xa che...
P: Pasa o mismo co camarón.
R: -Sí, en calqueira sitio- Como miren van a donde sea, -e chaman unhas polas outras ¿eh? As gaviotas chaman unhas polas outras, hai veces que eu tiña aquel costumbre de levar se acaso a masa por non botar na basura, botábamola alí abaixo, ¿e por donde viñan? Por donde me ventaban a min, así que me miraban xa sabían o que levaba. - E que é un bicho que ten muita vista. - E despois chega alí e non come, porque eu téñome parado a mirar o que fan, queren chamar a atención esto non comen poñense CACACACA empezan a vir todas e quedan sen comer, de forma que as outras cómenlle todo, que como o que levas non é muito, caen unha chea de gaviotas e comen todo, as gaviotas comen todo canto hai. -
P: E alí na plaia do Con, sabe como lle chaman unha especie de ameixa así pequeniña, que se collían as cunchas para facer collares.
R: -¡Ai sí¡- As margaritas. -As margaritas non, son unhas así como sarnositas chamabanlle sarnositas, encarnadas, aquelas casi, casi chamábamoslle sarnosas eran unhas sarnositas moi pequenas, dunha feitura mui larguiñas, esas non as hai en todos os sitios tampouco.
P: Non. Iso non se comía ó mellor metía na boca e...
R: Hai moitas na Illa dos Ratos, ou no Con ou en Tirán, desas sarnositas desas había muitas, no río de Tirán había muitas.
P: ¿E que outro tipo así de croques ou ameixas quedaban? A zamburiña e a vieira aquí non daba ¿non?
R: -A zamburiña e a vieira aquí non. - A vieira para aquí si pero a vieira tamén é un marisco de fóra de altura, para collelas as vieiras, xa gastaban uns rastres, xa había que ir a buscalas á altura, á illa por aí. - podense coller pero era unha cousa extraña. - Si o coller unha vieira en terra é... como a ostra, a ostra tamén é de fóra, sin embargo aquí collíanse varias veces.
P: E nas pedras inda se collían algunhas ¿non. ?
R: Sí. O defunto de Juan de Olmas, collía muito por aí, sabía donde paraban.
P: E aí na pedra da Cousela tamén.
R: - Na pedra da Cousela tamén había algún pero poucos, o difunto de meu pai traía dos ratos que traballaba por Tirán e por fóra, por eses sitios todos, e había a veces que traía unha vieira ou así. - Unha vieira de vez en cando pero eso é de fóra, de muito a fóra, a vieira é muito a fóra.
P: ¿E o mexilón que había polas pedras collíanno?
R: -O mexilón que había polas pedras non... - Había quen o collera, tamén había quen comera as lapas.
P: Si. As lapas gústanme.
R: E a min tamén me gustan, - Debe ser unha comida dura tamén. -
P: É dura
R: Ten comida dura, pero nos de rapaces de pequenos, cando andabamos ó baño, había que coller unha navalla e desapegalas, e despois coa misma navalla sacábaslle a comida de dentro, que senón non eres capaz de comela ¿eh?
P: Nos cunha pedra de seixo, collías...
R: ¡Ah¡ tamén, escachabas, dáballe coa pedra así de lado.
P: Si lle dabas un golpe seco salía ó momento, porque ó mellor collíala despistada.
R: Si había que darlle sí, que non tuveran elas de...
P: Si que non estuveran firmes, senón despois xa nada.
R: Aí está, e despois comíamonas así, pero non era por matar a fame era por... - Porque a semilla esa do mexilón donde se cria muito é no Con. -
P: No Con dase muito si.
R: -No Con dase muito mexilón. -
P: No muelle na punta mosqueira.
R: -Na Punta Mosqueira e no muelle, pero no Con naquelas pedras que hai alí por fóra. P: O mar aberto.
R: -¡Mi madre querida do Carmen¡, hai veces que mexilón había, non sei se era cría de fóra tamén, e mais medra bastate, !mima¡ como ahora hai tanta porquería no Con non sabes, a xente non aquela a coller…. ademais hai veces que está o mexilón que é como os trae de fóra, hai xa mexilón grande, non sei como non levan a cría para fóra muitas veces, porque aquelas pedras todas están cubertas de mexilón aquelas pedras. -
P: E así dase o caramuxo, os caramuxos collían de todo tipo ou...
R: -Hai uns que non se collen, son así un pouquiño máis alargados que os outros, os outros son máis redondos. -
P: Aquí ahora co recheo este hai caramuxos que se miran pegados ós muelles, que son así gordos.
R: Si así gordos que teñen coma un cu para arriba.
P: Os máis grandes de todos.
R: Si, coma caracolas.
P: Si, eses son bos se comen ¿non?
R: Eses os que son bos son castaños de todo.
P: Os que son bos son os negros.
R: Son do color da bocha, o bo é o color da bocha, os outros son máis alargados (inaudible) (17. 22)
P: E son de muitos colores a veces.
R: Si son de moitos colores.
P: Son amarillos.
R: Son, os bos son de color da bocha mismo, castaños así.
P: E hai un tipo tamén de caramuxos que lle chaman as orellas, que as veces hainos pegados ás pedras.
R: Que teñen unha nécora dentro.
P: Non as orellas, eu chámolle orellas vamos, que teñen uns buraquiños, que son mui bonitas, que teñen nácar por dentro as cunchas, teñen forma de orella. -
R: -Ah en Meira, - pero eu nunca mirei unha desas con comida-.
P: Eu collínna. No Con teño collido.
R: Eu nunca mirei na miña vida unha con comida dentro cantas veces dixen eu ¿de que clase de marisco sería? - Muitas veces
P: As pedras aquelas que están enfrente do Pinchao.
R: Si pode ser.
P: Daquelas teño collido e ademais teño collido unha especie de caramuxos, son largos e despois teñen...
18-21
R: Como unha (inaudible) coma a dunha nécora, unhas patas largas.
P: Eses son os que hai por aquí.
R: Non eses por aquí non os hai, deses de patas largas non os hai por aquí, deses de patas largas non os hai.
P: Non. Aquí o caramuxo pequeniño.
18-36
R: O caramuxo é pequeno, pero deses que teñen unhas patas largas, sabes como é a pata larga, unha pata así como a dun lubrigante, sale para fóra, eses chamámoslle tamén braba
P: Non, hai un caramuxo pequeno que cando mete unha nasa empezan a vir de debaixo da area, que están enterrados e tamén teñen patas, e tenazas.
R: Teñen patas é tamén unha clase de caramuxiño que xa non medra mais. - E despois tamén hai a modo duns... que están nas pedras, que son coma nécoras, chamámoslle queimacasas, son coma cangrexos.
P: Si son coma cangrexos. Son oscuros.
R: Son negros, aqueles así que miran unha persona eu non sei como a sinten, como escapan.
P: Escapan sí, están todos nas pedras, parece que están tomando o sol.
R: Escapan. Sona titiriti.
P: Si fan muito ruído.
R: Fan muito ruído.

P: E métense nas pedras, antes polo muelle, por aquí polas pedras había.
R: Polas pedras, polos muelles, había moitos antes - Os caramuxos Valen a vinte duros o quilo e son pesados ¿sabes?, habendos, hai aquí uns que eran de Meira ou non sei de donde eran, uns chavales que viñan por aquí pola zona da plaza. -
P: Eu o que decía un caramuxo que ten na entrada unha especie de unha bandeira, un caramuxo así e despois na entrada tiña uns pinchos.
R: Non me dou cuenta diso.
P: Está mal dibuxado por iso non...
R: Non me dou cuenta eu desos caramuxos así.
P: Son pequeniños, a veces facía así unha cousa, eu mirabanos muito mortos na area que se miran, pero así nas pedras non tiña mirado, hasta que topei uns cuantos alí no Con.
R: Mira débese criar fóra porque veñen a cuncha del a terra, cando hai maruxía veñen esas cunchas mortas, débese criar fóra iso, porque veñen as cunchas del a terra, xa teño mirado as cunchas, son larguitos así e teño mirado eses pero a cuncha ¿eh? Eses veñen cando o mar é rixo, tamén cando o mar é rixo ven unha cousa que lle chamaban merda de gaviota, que lle chamabamos, unha cousa encarnada, ven cando veñen os carromeiros para terra - Iso críase todo por fóra. -Todo, se ha de criar por fóra. - Iso tamén debe ser unha cousa de vida tamén.
P: Despois de tipos de caranguexos, ¿que se collían para pescar o pulpo?
R: Para pescar o pulpo.
P: Os caranguexos que lle chaman lonas ¿é o mismo?, ¿non hai un tipo de caranguexos verdes que se chaman... ?
R: Si había verdes e encarnados e... a maioría son verdes, os machos, as femias xa son máis oscuros e mais redondos, os machos son máis verdes e mais largos, e habíaos encarnados, eses encarnados que xa bueno, había algún que era como a palma dunha man ou máis, e despois veulle alá nos anos 32 ou 33 ou así, veulle unha enfermedad, púxoselle debaixo do papo aquel que tiñan, ¿non sabes?, poñíaselle como un monte de pus, e foron desaparecendo, foron desaparecendo, quedouse sen nengún, aquí chegou a non haber ningún caranguexo, chegaron os pulpeiros a ir ó mar con pedazos de bacalao, patas de galiña, que compraban no aquel, con... tajadas de bacalao que levaban da casa ou algo, o peixe salado e así, pedazos de rincha, non había caranguexos.
P: Morreron todos.
R: Todos non deberon morrer, despois volveron, ahora disque hai outra vez.
P: ¿Ó marisco tamén lle afectaba as enfermedades?, ¿e ós peixes así tamén lle afectan enfermedades e iso?
R: ¡Ai¡ as veces que sí, tamén - A enfermedad que dá a ameixa criaba por dentro como unha mancha negra, e a que estaba a morrer aboiaba, porque nos tiñamos un viveiro desa, non comprabamos nada. Na temporada tamén comprabamos, pero ó chegar no mes de agosto deulle como unha enfermedad e xa morrían aboiaban, e non querían aquela ameixa, porque era unha perda terrible, naquel tempo tocoulle a enfermedad, ó mellor se fora hoxe sabíase do que era ¿non sabes? pero naquel tempo todo polo mes de agosto, tuvo unha enfermedad terrible a ameixa fina.
P: A fina, ademais dáballe á fina.
R: -A fina non era máis ca fina. -
P: Pero sería polo tipo de areeiro.
R: -De aguas ou de algo da area non. - Unha enfermedad calquera que veu. -Unha enfermedad de elas. -
P: ¿E así mortandad de croques ten habido tamén?
R: Tamén.
P: Eso xa lle afecta as chuvas.
R: Ó croque xa lle falta muito a chuva.
P: A chuva eso sí
R: A chuva xa lle afecta muito. -E á ameixa tamén-
P: ¿E o lingueirón?
R: Tamén.
P: O que lle afecta muito ó lingueirón é cando ven...
R: E o pelo tamén, o esterco ese pelo, tapa a area, e aínda que veñan arriba non respiran, porque os animales tamén teñen que respirar anque estean no mar, e non teñen oxígeno...
P: Necesitan agua oxigenada claro.
R: -Este pelo faille dano, moito e cando tiñan o lingueirón andaban a limpialo case sempre. -
P: Si porque cando...
R: Morrialle a metade del de aquí a pouco. Tápalle a respiración, porque eles respiran na agua do mar.
P: Si, o osíxeno da auga do mar.
R: Si o osíxeno. Esto, moitas veces nós cando estabamos enterrando, se acaso enterrábamos o marisco co mar para arriba, e cando estaban coas picholas a botar agua fóra, a botar agua fóra para despois coller outra vez, sinten o mar e botan a agua fóra, despois recollen outra vez, donde hai ese pelo...
P: Que me dixo o outro día que a veces non se miran, aféctalles o tempo muito ¿non? que a veces non descubren o buraco.
R: O buraco non o descubren sempre.
P: Eso que ventan un tempo, néboas.
R: Ou ventan se acaso cando veñen os caldeiróns de sol que abren... se acaso están de chubascos as veces o linguerirón facía así, están de chubasco, abre o sol entón ven para arriba, entón descubre o marisco, xa descubre a ribeira, pero muitas veces cando está o mar vivo, cando o mar mete máis á ribeira, (inaudible) - o mar que lle afecta ó marisco ese de area é o mar vivo, porque maza, moléstalle a area.
P: Móvella.
R: Móvella e aprétalla. Porque o mar da ¡pom¡, e el non pode vir arriba a...
P: Tápalle o buraco claro.
R: Aí está.
P: Que o buraco é por donde se oxigenan eles.
R: É donde eles respiran - É onde eles respiran, faille moito daño, por iso o buraco está sempre aberto, para estar un día de gloria de buraco ten que estar o mar chan que non haixa... entón o marisco abre- O bo tempo é bo para todo.
P: E despois é cando vai co sacho, ten que ir a abrilo co sacho ¿non?
R: Non co sacho cando está aberto xa non se lle dá.
P: Xa non se lle dá.
R: Hai veces que fai falta petar, hai veces queiras que non, métese e xurde o buraco entón é cando ti podes coller, salen para arriba cando hai unha pouca agua, porque nos areeiros xa non fai falta petar, saben os areeiros como haxa marisco e haxa buraco xa non fai falta petarlle, onde hai unha pouca agua sí, onde é unha terra máis escura e hai unha pouca agua entón hai que petarlle.
P: E un tipo de marisco destes de patas, que desapareceron que eran os chispolbos ¿non?
R: Os chispolbos.
P: Os chispolos que eran negros, eran como bois pero tiñan as patas gordas e negras.
R: Si que teñen así como unha lampusa, como unhas felpas polas patas. O boi é liso ¿non? e é máis grande, pero o chispolo ten coma... así polas esquinas ten como uns pelos.
P: Si ten uns pelos si.
R: Como uns pelos, ese é...
P: E despois hai outro que ten ó redor que é o peludo o felpudo.
R: O felpudo.
P: Ese é blanco.
R: Ese é blanco.
P: O chispolo é negro
R: O chispolo é mais..., non é negro é coma acastañado, negro de todo non é, pero o outro o ese o felpudo ese, ese é mais claro si máis... ten a comida máis blanca.
P: ¿E de tipos así destes mariscos de patas?
R: Marisco de patas...
P: Si o caranguexo que máis hai.
R: !Ai¡ o...
P: A nécora.
R: A nécora.
P: Deso dase muito.
R: Desa nécora, dase muito, tanto na pedra coma no limpo coma... e despois hai a...
P: O bruño.
R: O bruño, que é o tal verdadeiro centolo, hai quen lle chame bruños hai quen lle chame centolos, eses están máis no fango, ou na area blanca, na pedra tamén, pero xa están máis e xa se collen máis ó bou porque están no limpo. E a centola críase muito na pedra, pero tamén ás veces busca... e o bruño ten unha cousa, ponse en montes, hai veces que hai como un palleiro, non sei ó que veñen se veñen a mariscar, sea o que sea, pero aí por Tirán polo Canaval había.

CARA B

R: E despois hai algúns que van á marea a mirar para coller con unha trancada ou con unha varilla algo, ben sea os chocos e póñense así como un palleiro, como un palleiro de palla talmente, van de maior a menor hasta arriba, hasta o de arriba en todo, e si queres collelos e que non marchen de alí non collas o de arriba, porque si colles o de arriba o que está debaixo mira que lle falta o de arriba e marcha e despois o outro... e marcha, ti colle sempre dos de baixo de en todo.
P: ¿Pero van caíndo non?
R: -Si. Pregunteille a outra polo cuadro aquel e disque llo levaron da casa.
P: ¡Ai levaronllo!
R: -Disque ela pensa que o levaron, e tamén o do rei, que foron tirar arriba con toda a trapallada, pero que ese pensa que o levaron da casa.
P: Que pena.
R: -Non sei.
R: Pois entonces claro, había un alí na Pedreira, era mui fino para iso, e para probalos se están bos ou non porque non estando bos... antes non se querían ¿quen quería un bruño que non estuvera bo?, entón van por baixo, sacan o de abaixo, claro o que está enriba daquel como pensou que marchou caiu e o de arriba queda sempre enriba, e si está bo pois vai sacando e cando topa malos déixaos estar e vai no outro día ou no outro pero sempre están alí, sempre están alí no sitio.
P: ¡Ai¡ sempre están.
R: Hasta que lle veña ó mellor un día que se lle dá por marchar, pero se ti topas aquel monte de bruños e empezas a sacar, con un solo que saques de alí a media hora non hai ningún.
P: Dos de arriba.
R: Dos de arriba, como saques os de arriba en todo...
P. ¿E están apoiados un enriba doutro?
R: Uns enriba doutros.
P: E que fan alí ¿comen?
R: A algo deben estar, ó que estean non o sei, ó que están non o sei pero eu sei que están así todos.
P: ¿E aguantan varios días?
R: Varios días. Ese que che digo da Pedreira ten tido semanas enteiras de ir levando, iba escollendo os bos, os malos tirábaos ó mar e iban outra vez pa xunto ós outros. Fixate ben eh.
P: ¿Pero iso quedaban en seco? non.
R: Non mirábase co ollo, polo medio das pedras de alí do Canaval da illa dos ratos
P: Entón tiña que tirarse abaixo a bucealos.
R: ¡Collía con unha varilla!
P: ¡Ai con unha vara¡.
R: Cunha vara con anzuelo, unha varilla desas, é unha vara larga e pónselle un anzuelo no medio, e alí iba e metíalle por unha pata e traía, pero dos de abaixo nunca dos de arriba, porque como lle sacara de arriba marchaban todos.
P: E se viña outro que lle supera o sitio.
R: ¡Ai¡, pero era mellor..., porque o outro si sabía a cousa, si sabía, facía a misma maniobra ca el.
P: E sempre quedaban.
R: E sempre quedaban, pero había algún que non sabía, e xa el xa lle chamaba "¡burra!" xa os conocía sabes "¡burra xa a fiseches!" e como lle sacaras o último xa non quedaba ningún, todo o mundo ten a súa defensa.
P: Que curioso, e debían ter algo, algunha motivación para estar todos así apilados ¿non?
R: Para algo é claro, vai ti a saber polo que é, debe ser a súa maneira de vivir ou de engordar ou... algo tiña que ser, sin embargo despois cando iban a Samil ou a Liméns ou aí, pois ibas ó bou e toda a noite estabas traballando nel, pero noutro día xa non o collías ¿eh? Debe ser un peixe que ó lastimalo debe correr máis, porque a min xa me ten cadrado cargar un día a chalana e ir noutro día e non tomar un, ó mismo sitio e deixalos alí inda no último lance coller sete ou oito ou dez ou doce, e despois ir en outro día e ningún xa, débense molestar e marchar ¿sabes?
P: ¿E o calamar van en fila non? Van uns detrás doutros.
R: Claro, van uns detrás doutros claro, porque os animales facemos coma os homes, donde vai un van todos
P: E o ourizo, os ourizos non os collían, non lles facían caso.
R: Os ourizos nos... aquí o ourizo non ten importancia.
P: E percebes por aquí non había, había nas rompentes nada máis.
R: ¿Eh?
P: Percebes non había.
R: ¡Ai¡ percebes hai que ir a buscalos...
P: Hai que ir a fóra, aquí nunca se deron.
R: Aquí non. Eu teñoos comido pero no bar, na do pote en Cangas, aí si, e mais na de Paz aquí en Moaña tamén, tamén os comín unha vez, unha vez ou dúas, tamén é un marisco rico ¿eh? O percebe é un marisco rico, é mesquiño no comer tamén porque, si son grandes mui ben pero cando eran así por máis que a min gustábame o que tiña dentro da cuncha.
P: Si aqueles peliños, coma se foran pelos.
R: Aquel leva tempo rompelo, mentres que outros non, namais que lle sacaban a piel e comían o corpo, que é o verdadeiro percebe.
P: E as gaibas collíannas mariscando ou viñan no aparello mais ben.
R: A gaiba cóllese como o caranguexo ou como a nécora a rastear co bou.
6-33
P: Daquela non se lle daba importancia.
R: A gaiba non, déuselle importancia ahora, esa gaiba que hai, as gaibas que son nécoras bravas ¿non?
P: Si sí a nécora brava sí.
R: A nécora brava, esa había así antes, non se collía, collíase empezáronse a coller desde que faltou a nécora.
P: Faltou a nécora e vai caro o marisco porque ahora.
R: Desde que foi caro o marisco, ahora a gaiba verdadeira é a blanca, esa non sirve para nada.
P: ¿A blanca como?
R: Non miras que hai unhas que son blancas, grandes, coma as nécoras blancas, esas non sirven, esas non se comen, e despois había o patelo, o patelo que se iba a buscar para abono, para botar ás patatas.
P: Pero iso viña de fóra das illas ¿non?
R: Iso viña de fóra, pero antes viña aquí ás plaias e apousentaba, en Samil, en Barra, en Liméns según, un ano veu aquí tamén, aquí a onde están as bateas ahora, pouco máis ou menos, que inda non había batea outro ano...
P: Ese nada muito a flote, e van ós xarabales.
R: Eses fóra da illa cando hai sardiña ou xurelo é unha plaga.
P: É unha peste.
R: É unha peste, porque cando flota...
P: Collen tanto patelo coma sardiñas ¿non?
R: Máis patelo ca sardiñas ás veces, e despois andar a escoller nas sardiñas para que non as coman, e comían nos dedos, non me fales deles porque lle teño muita...
P: Son blandos máis ben ¿non?
R: ¡Blandos home!, que lles fas así e xa os...
P: Os esmagas.
R: Os esmagas, eu xa así como estabamos halando o aparello, como viñera un ¡rac! Coa rabia que lle tiña non quedaba un vivo, patelo que viña á miña man era o fin do mundo para el, tíñalle un odio, porque cando engorda como dera neboeiro mimadriña aquel mar é como fai xarabal tamén miras ó lexos porque cando arde muito a agua miras xa unha manada de peixe ó lexos, e miras unha blancura para alá. "Debe ser unha manada de peixe" e... chegabas alí e patelo, ¡micagoen¡, iso tamén era, a caraba patelo, que traballo daba, e despois para envasar, había que ir limpiarlle, viña o patelo limpiarlle. Estabas envasando collendo patelo e levando para fóra e despois os que estaban enchendo o queixón sacarlle os patelos, e despois aínda abocar e sacarlle os patelos, sempre había patelos, hasta que acababas sempre andabas a luchar cos patelos, inda despois a bordo, ibas a lavar o aparello e inda estaba o aparello cheo de patelos, despois de estar a sacudir, ¡que plaga era aquela dios mio¡, ese patelo... Sin embargo despois cando era xurelo non, non os comían porque o xurelo ten...
P: É máis duro.
R: É máis duro e non o comían. Pero tiñas o traballo de limpialos tamén, o que compraba o peixe non quería patelo, quería xurelo ou o peixe que fora, e despois outra cousa, que aínda que botaras o peixe ás dez do día inda viñan vivos, inda trababan nos dedos, e como tiñan a tenaza tan pequena collían unha pouquiña carne ¿ti sabes o que doe aquel trabazo?, porque canto menos che colle máis doe, inda collías unha nécora ou dábache un trabazo máis ben pero sacudíasna e arriaba e... pero aqueles é que clavan as dúas uñas que teñen pequeniñas, que canto máis sacudes máis apretan.
P: Bueno, pois penso que non teño nada máis, xa temos acabado todo o cuestionario, o cuestionario que non sei cantas preguntas son pero unhas cuantas, unhas cuantas.
R: Hache levar máis tempo a...
P: Si, a reconstruír todo e a seleccionar pois vai levar bastante tempo.
R: Pois xa sabes o que tes que facer.
P: Cando teña dudas
R: Muitas parvadas que falei tiras con elas a un lado.
P: Si non se van a ter en conta, lle agradezo muito eso, o tempo que me brindou, ó mellor tiña que facer.
R: A partir de ahora, o que tiña que facer eu xa o fixen antes, ahora que podo facer, ás mañans a esperar polo butano cando ven para que non marche de largo ou cando ven a traer a caixa das gaseosas a collelas que non marche de largo, e o traballo que teño, por desgracia non podo facer..
P: E si inda.. ten un pouco de conversación eu encantado e tamén de pasar un pouco o rato porque de vez en cando..
R: Onde me mires salúdame é o que che pido e nada máis porque eu ás veces paso polas personas e, si me fijo, si a primeira vista lle boto" aí ven fulano" pero como..... quen será ese, como non fale xa ben fastidiado vai.