MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· O primeiro lío que houbo en Madrid foi pola morte de Calvo Sotelo
· Cambiaban o Faro de Vigo por sardiñas
· Cando chegou o Movimiento veu a Garda Civil de fora , levaron a uns cantos e foron a fusílalos a Domaio
· Mataron a Ríos que era de Quintela. Logo foron prendendo pouco a pouco os directivos das sociedades e fóronnos levando para a "Casa del Pueblo"
· En Moaña foi unha clara venganza polas rencillas que houbera anteriormente
· A requisa de armas e a condena de Fandiño
· A Paz mataronno porque quiso. No barco de Deixaá mataron a muitos
· As culpas das mortes levaronnas os de Marín
· Os conflictos entre mariñeiros e patronos eran co fin de millorar todos, sen perxudicar ó armador
· Someiras referencias ós franceses
· Anécdota dun supervivinte da guerra de Cuba
· Na súa casa pagaban un foro en Bueu. Foi redimido durante a dictadura de Primo de Rivera
· (Outro día) Os croques viñeron de Rianxo. Facían viveiros con eles e ían véndelos a feira de san Xosé
· O lingueirón vendíase a tres ou catro pesetas o cento
· A cadela non se daba na praia de Moaña
· Diferencia entre os buracos que fan os lingueiróns e as mixarelas
· En Domaio tamén abondaba o lingueirón
· Os areeiros de Samil chamábanlle 'Tombos de Gatos'
· Mariscaban en Samil, Alcabre, Bouzas, Coia. A Aldán ían a pé e tamén a Portomaior, Santa Cristina, Domaio etc.
· Mercaban o porquiño no Feirón de Vigo ou en Redondela
· Cando chegaban os balandros de Rianxo, tocaban os cornos para vende-lo peixe
· O lingueirón de can collíase co ameixó e tamén con sal
· As mariscadoras de Cangas non lle gustaban que foran as de Moaña a mariscar nas súas praias
· Non sabe a fondura que se pode enterrar o lingueirón
· Distinción dos buracos que fan as ameixas, cadelas, croques, moelos,reló
· A ameixa fina abnasonda na area gorda e nas beiradas dos regueiros
· Na illa dos Ratos dase máis a cadela que a ameixa de caste
· A margarita aparece por temporadas. Diferencia entre margarita e cadela
· Anécdota de cando foron co farol a alumearlle a muller mentras collían lingueiróns
· Descrición dun farol que se usaba para mariscar
· Dicen que había un paxaro descoñecido que estaba entre os pinos e pola noite, cando viñan de mariscar de Domaio, emitía un sonido que impuña respeto
· Anécdota de cando foron a buscar unha peza do bogón a Marín. Foron andando e durante a camiñata descoséuselle as zapatillas. Por unha casualidade increíble, atoparon no camiño montañoso unha agulla con fío da mesma cor cas zapatillas
· Diferencia entre reló (moelo) e burro
· As ripamaceiras son croques grandes de escasa abondancia
O MOVEMENTO DO 18 DE XULLO
R: O primeiro lío que hubo en Madrid
P: Estabame decindo que o primeiro lío que hubo foi a morte de Calvo Sotelo.
R: De Calvo Sotelo.
P: Na República inda.
R: Inda na República, inda non estallara o movimiento, e tuveron unha discusión alí no parlamento, e el dixo non sei que lle dixeron, el dixo "tengo anchas espaldas", non sei que, e coa misma xa o foron sacar a casa foronno buscar e levaronno e matárono, e nós enterámonos aquel día tomaramos ou 40 ou 46 cestas, e fumos botar a unha fábrica que había detrás de Bouzas que lle chamaban a de... a da Fontoura, nunha plalliña que había alí polo mar de Bouzas que lle chamaban a Fontoura e entón á fábrica tamén lle chamaban, ¿pa onde imos?, pa Fontoura, e un individuo, antes os que andaban a vender o Faro, costaba un pataco o Faro, ó mellor viñan ala dame dúas sardiñas e entón daban o faro, ti botabaslle 7 ou 8 sardiñas que xa ganaba por dous faros ó mellor, entón ó vir pa Cangas xa foi cando nos enteramos, ¡ai¡ mataron a Calvo Sotelo e tal e tumba e inda decía un alí, !Mi madriña¡ que lío vai haber en Madrid, ¡mi madre!, porque pesaba ¿non sabes? Calvo Sotelo pesaba, bueno, de alí a dous ou tres días xa foi, xa chegamos a Cangas e para a casa todo o mundo, e era un domingo, e despois viñeron aquí a Moaña e levaron a uns cuantos.
P: Porque ¿como se organizou en Moaña?
R: ¿Que?
P: Como se organizou entonces quen tomou o poder en Moaña en ese momento.
R: Veu a Garda Civil de fóra non sei de donde era de Vigo non sei de donde, de Pontevedra, e levou a uns cuantos e fornnos a fusilar a Domaio.
P: Levou a uns cuantos que estaban mirando un partido de fútbol seica.
P: A iso foi despois, eso foi outro domingo siguiente, ¿ou foi naquel xa?
P: Porque a min me dixeron, que a primeira vez que viñeran estaban tranquilos mirando un partido de fútbol, e viñeron as lanchas de Vigo.
R: Paréceme que sí, paréceme que xa foi ese día sí, porque...., nos, eu xa andaba o mar en Cangas entonces ó non ir o mar eu e mais meu cuñado viñemos todos pacá inda estaba solteiro tamén casouse despois, casouse despois porque, bueno, e el tiña uns terrenos en Coiro que lle deixaran polo abuelo "Paletas", e tiña un home que llos miraba por eles ¿non sabes? e estaba enfermo, e como xa se decía que non había baile nin nada diso fomos alá, fomos alá e inda era nova a carretera da Meixoada acababan de facela había pouquiño tempo, e viñemos por alí abaixo, e ó chegar a porta de Piñeiro en Abelendo, topamos a Medraño o máis vello, que tiña a moza na Pedreira.
P: Medraño que tuvo un banco aquí, o que tuvo o banco aquí Medraño, ou o que tuvo o banco o que tuvo o banco, o que tuvo a tabacalera, hubo un Medraño que tuvo a tabacalera alí que está...
R: Non, ese tuvo unha taberna en Vilela, a muller era irmán do sogro do fillo de Ernesto. Medraño que iba pa xunto a moza e díxome el, tende cuidado que por aí viñeron ó campo e levaron a todos, estabamos a xogar a uns leváronnos a outros pegáronlle, eu xa escapo eu vou durmir á Pedreira, eu vou a xunto a miña moza e que me meta nun cortello e durmo na Pedreira, eu non veño a casa, e nos xa viñemos pola Caniza pa abaixo, xa nos metemos aquí e antes de escurecer via tamén, porque xa todo o mundo andaba...., non se miraba unha persona por fóra, xa non se miraba unha persona por fóra, e foi cando levaron alá e mataron a un Rios e tiráronno ó mar disque.
P: ¿Ese Ríos de donde era?
R: Era de aquí de riba de... como lle chaman alí pola banda de abaixo da Feira, Da Xeira
P: Da Xeira.
R: Da Xeira non.
P: Que era por Trigás por donde quedaba Trigás, ¿na Miranda?
R: Na Miranda tampouco, Dios mio, era...
P: Cuadrados.
R: Era na Xeira si.
P: Na Xeira si.
R: Na Xeira, na xeira de arriba ¿non sabes?, ó pasar o grupo, non sabes que hai un carreiriño que vai así por unhas... para arriba e hai unhas casas, ó pasar o grupo non ¡mira eu¡, ti sabes onde esta unha taberna que había alí arriba da Miranda, que é dunha filla do Xoaniño do da tienda, a nai do que está na farmacia de Don Ramiro con Manolo, enfrente hai unha casa que era do da Granda, hai un carreiriño alí pa arriba, e hai unhas casas pa alí arriba, eles vivían alí. Eles vivían alí que a nai era peixeira, era...
P: Sabe Dios ¿E de que o acusaron? Porque eses...
R: Iso é o que non sei.
P: Dicen que intentara no seu día roubarlle a José de Serafín ou intentara atracalo ou así.
R: Non sabes o que é cousas de...
P: E despois como se fixeron cos cabecillas, cos líderes.
R: Foron prendendo pouco a pouco.
P: Foron prendendo.
R: Foron prendendo pouco a pouco, ibannos chamando á casa, ou mandabannos ir ó cuartel, e xa non os soltaban.
P: E donde os prendían porque no cuartel non había sitio para todos ¿non?
R: Despois apoderaronse do sindicato, da casa do sindicato, alí era donde daban leña.
P: Facíanlle un xuizo ó mellor ou...
R: Non lle facían nada, pau e nada máis.
P: E quen organizaba iso, había xente metida da patronal.
R: A Falange e os da patronal, andaban todos, andaban todos os da patronal
P: Porque iso foi máis ben como unha venganza.
R: Como unha venganza, aquí en Moaña non hubo máis que unha venganza parva, unha venganza parva.
P: Dos conflictos que houbera da república.
R: Aí está, esas huelgas que hubo, algúns, o que che dixen antes, que lle botaran unha bomba, ou que lle cortaran unha cepa, de aí viñeron as rencillas ¿non sabes? fostes vos, sen saber quen fora, a culpa era do sindicato vamos e todo iso, e de aí veñen as rencillas, que todos somos uns, aquí sempre fomos os mismos todos os que anduvemos xuntos, ahora despois Pepe Fanico, José D'Alonso, Pazos o outro e Manuel de Fanico todos iguales pero os fillos dos armadores e os fillos de patróns todos puxeron a camisa azul, ¿non sabes? E os outros non a puxemos porque non tiñamos a idea, e hubo algún que sendo mariñeiro tamén a vestiu eh?
P: Si bueno as circunstancias e o medo pois a veces pois non queda máis remedio ¿non?
R: Había que curarse en salud.
P: Tuvo que ser horrible a forma de... o medo que se debeu pasar ¿non? Porque hubo moitas mortes.
R: Hubo moitas mortes, hubo moitas, moitas ignorantemente, muitas ignorantemente. Os que eran directores, os directivos todos a todos mataron.
P: ¿Os directivos dos mariñeiros?
R: A case todos os mataron.
P: Algúns fixéronlle xuízo en Vigo no frontón ¿non?
R: En Vigo fixeron...., aquí había un alcalde que era socialista tamén, que era irmán dos Quilés.
P: ¿Fandiño era?
R: Era Fandiño, era alcalde e trueron..... o gobernador deulle ordenes que había que ir as armas cando veu o movimiento, pero non lla deu por escrito deulla por teléfono, e foron uns cuantos a buscar escopetas vellas que xa tiñan os cañons furados e todo iso, que iban a cazar un conexo ó monte cando iban, e trueron catro escopetas desas.
P: Si a requisar as armas ¿non?
R: A requisar as armas, bueno, pero nisto foi cando veu o movimiento, e veu a base de Marín aquí a apoderarse, que eu aquel día salía da casa e iba para o do Carolo, aí as dez da mañan e iba lendo un libro, que me prestara un individuo, que llo prestara un tío a el tamén da revolución de Asturias, fíjate ben, como fixeran os guardias para tomar os pueblos, ¿ti sabes o que facía a guardia civil para tomar os pueblos? iba ás casas, porque os mineros estaban todos aparapetados nas minas, e eles iban ás casas collíanlle ás mulleres e poñíannas por díante deles, e eles detrás para que si os outros disparaban mataban ás mulleres, os outros a mirar as mulleres diante non disparaban, e foronnos capando así a todos. E pasou, miro vir a un, eu iba así agachado lendo o libro, e miro vir un camión, cando miro a un de Quintela que estaba na base naval de Marín, "adios Carril". Dixen eu bueno, que pasa aquí, xa viñan de tomar o ayuntamiento, xa puxeran eles un alcalde non sei a quen puxeran.
P: ¿Sobre que ano foi?
R: No 36.
P: Ah no mismo.
R: Cando se levantou o movimiento de alí a dous ou tres días.
P: ¡Ai¡ de alí a poucos días.
R: De alí a poucos días.
P: O alcalde puxeran a un militar retirado.
R: O primeiro que estuvo non sei quen foi.
P: Foi Carvajal.
R: Carvajal era o de Tirán.
P: Que estaba no fuxón ¿non?
R: Estaba no Fuxón. Era capitán de caballería.
P: Si que estaba retirado.
R: Despois estaba...., non estaba ¿como lle chaman? en reserva.
P: En excedencia bueno si en reserva.
R: Porque non ascendía máis, despois cando veu o movimiento sí, xa lle deron, leváronno e xa lle deron o grado de comandante, e despois chegou a coronel eh?, ahora cando se retirou do ejército era coronel xa, era coronel de caballería, e ese fíjate ben, o que falei antes de Tirán como lle chamaban o Paz, era veciño de alí, e eles queríanlle (inaudible) a aquel matáronno porque quixo el, a el díxolle el "Usté viene para mi casa, usted duerme en la bodega, come en mi casa, duerme aí", e el non quixo, quixo ir cos compañeiros e colléronnos e fusilaron a todos aí no barco, anduveron a rolos con eles.
P: Porque do barco de [Sac] hai unha leyenda negra que non sei hasta que punto será certa.
R: Foi donde mataron a todos, disque algúns que os amarraron a proa e que lle deron coa proa contra o mar.
P: Eso dixeron que os amarraron de escobén a escobén e embestían coa proa no muelle.
R: Coa proa no muelle, tamén oín eu, se é verdád ou mentira non sei, pero tamén o oín eu, e así a muitos fóronnos colleron pouco a pouco, ó irmán do Lardeiro a ese que está aí, que ahora morreu xa tamén, que era o pai do taxista que anda aí o Lardeiro que é taxista ahora
P: De Paco.
R: De Paco, o pai de Paco, a ese tamén o foron a buscar a casa dous, e déronlle un tiro e deixáronno por morto, e viviu.
P: Na Meixoada ¿non?
R: Na Meixoada. Tiña a bala aquí metida, inda morreu con ela aquí, e así a muitos xa fóronnos buscando e ibannos liquidando.
P: E que sabe de Bruno o alemán.
R: ¡Ai¡ ese veu de Marín para aquí, eses eran.... porque aquí...
P: ¿Cando veu de Marín?
R: Despois de alí a uns días, porque aquí o primeiro que che dixen, de Moaña non matou nadie a nadie, foron os de Marín.
P: E bótanlle muito as culpas a Bruno, bueno...
R: Bruno era o jefe.
P: Dicen que era un sanguinario.
R: Era un alemán, e era o jefe da falange de Marín, e veu para aquí, e ese o gozo del era apretar o gatillo namais.
P: Iso o dicen muito, e acúsanno de muito, pero penso tamén os propios falangistas ou os que organizaron a primeira falange pois tamén se vengarían en parte tamén das épocas que pasaron na república supoño.
R: Si home non che digo.
P: Hai xente, muita xente que...
R: Foron todo venganzas, venganzas parvas.
P: Pero non soamente os de Marín se dedicaron a fusilar a xente, hubo cantidad de xente de Moaña que participou.
R: Pero as culpas é o que che digo, levaron os de Marín, a ver se nos entendemos, as culpas levaronnas os de Marín, pero ese Bruno era algo máis do que debía, e mais de aquí tamén, hubo algúns que... haise que calar a boca e deixar ir porque ahora morreu todo, ahora morreu todo.
P: Si iso bueno pero a historia está aí.
R: A historia está aí.
P: Está aí, pasou son épocas diso que a nadie lle gustaría vivir pero están aí.
R: O señor ese que me dixeches que tamén lle entrevistaches, tamén foi dos bos, tamén foi dos bos, non vaias a pensar, tamén foi dos bos, e a outros salvounos, eu sei un de aquí que foi a sogra a pedirlle e salvouno el, e que... todo o mundo non é bo para todos nin malo para todos tampouco, sempre hai un término medio.
P: Eu quería iso referirme que se mira efectivamente dentro da guerra cando veu o movimiento, o conflicto que había entre mariñeiros e armadores tuveron repercusión despois.
R: Repercusión, muita, muita, e mais do que debían, porque os conflictos que hubo dos mariñeiros cos armadores, foi por mellorar, por mellorar ó mariñeiro, sin abusar do armador eh? Sin abusar do armador, porque xa me dirás ti, todo de monte maior pagar todo, a el sempre lle quedaba todo libre ¡coño¡, non pagaban máis cas partes do patrón e mais do ruedista ou do motorista.
P: A veces igual se metían en temas que non lle interesaban.
R: Por ejemplo si eu gano 100 pesetas e eramos 20 a bordo, el levaba 20 centas, non comprendes, porque levaba a mitad do aquel, e despois a cesta do barco, facendo venda, daquela namais que era catro ou cinco duros pero se fora diaria eran catro ou cinco duros diarios, e daquela catro ou cinco duros xa era eh, que eu xa comprei uns zapatos que valían menos de cinco duros, que non se rompían nunca, os zapatos de cinco duros daquela duraban catro anos ou cinco.
P: Falando así de todo un pouco, Usté oíu falar seguramente os seus abuelos ou os seus pais, dos franceses, cando viñeron os franceses a monte San Paio da guerra de monte San Paio, que viñeron por Tirán.
R: Si disque viñeron tamén todo por aí, pero iso era a leyenda, hai moitas leiendas desas.
P: A seu pai ou a seu abuelo non oiu falar diso.
R: Non lle oín, porque xa foi antes da era dos meus pais,
P: Non sei se sería muito antes.
R: Xa era moito, dicen que aí entre o castillo do norte e o castillo do sur que puxeran unha cadena para que pararan os barcos, despois que o ouro que o botaran alá...
P: Iso é de Rande
R: En Rande, ou alá en Redondela descargaron en Redondela, que levaron en carros para Madrid ou non sei para donde, e mais cando foi Cachamuíña en Vigo.
P: Eso foi dos franceses sí
R: Dos franceses, e mais o cura de non sei de donde.
P: Valladares
R: De Beade.
P: Valladares, Valladares.
R: De Valladares, aí está, tamén iso...
P: ¿E da guerra dos carlistas?
R: Iso xa foi moito antes.....
P: Non ten escoitado nada.
R: Nada máis o que liamos na enciclopedia.
P: E da guerra de Cuba.
R: Da guerra de Cuba tuven un tio ou dous que estuveron alá.
P: E comentábanlle.
R: Pero historias non contaban nunca, aquí eu non o conocín, pero miña muller non sei se non conocería, hubo un individuo, que certo día do ano, sempre botaba fuegos. Porque aquel na guerra de Cuba caíra prisionero, e unha mulata de alí escondeuno, fíxolle capa, e despois unha noite deulle un cabalo ou non sei que para que escapara, e escapou, e entón ese día el sempre botaba fuegos, porque xa estaban para fusilalo no outro día, xa estaban para fusilalo no outro día, entón díxolle ela, "ti vaste", deulle un cabalo e escapou, entón el sempre botaba fuegos cando chegaba ese día.
FOROS, CABEZALEIROS
P: Unha anécdota mui bonita. E dos movementos estos que había de contra señoritos contra os señorío, da redención de foros e todo iso.
R: Iso xa, mimadriña, xa é antiguo. Na nosa casa tamén había un foro, tamén tiñamos que pagar un foro.
P: A donde iban a pagalo.
R: En Bueu, iban pagar a Bueu, o que non me acordo que señorío era, e despois redimiron cando veu...
P: A dictadura de Primo de Rivera.
R: A dictadura de Primo de Rivera e houbo que pagalo, e fixeron unha escritura coma se fora...
P: Un finiquito que lle chamaban.
R: Oes e o carallo era que estaba, había un... como che vou decir, coma se fora un cupo, coma as cartillas, e cada un co seu aquel e mais o que tiña que pagar, lindaba con fulano de tal e tal, ten que pagar tanto, fulano de tal en tal sitio tantas varas, linda ó norte con tal, ó sur con cual, o este, oeste paga tanto, entón miña nai era a que tiña que cobrar e despois levar a Bueu aqueles cartos, sete ou oito duros entre 15 ou 20 pero...
P: A veces pagaban en especies, tantos ferrados de millo.
R: Despois sí, antes si.
P: Por San Martiño máis ou menos non.
R: Por San Martiño ou por aí era, e despois levaban, había outros que había que levarlle unha galiña.
P: Según o que era polos terrenos.
R: Polo terreno, había que levarlle... pero despois todos pasaron a cartos, porque despois eles para que querían as especies, as especies era antes.
P: As querían para vender.
R: Para vender bueno pero iso era xa antes, había moito tempo.
MARISQUEO
P: Pois eu do tema xa teño todo acabado, mañan está a súa muller tratamos de recuperar un pouco o do marisqueo, volvemos a falar algo do...
R: Mañan é miércoles.
P: A repetir un pouquiño.
R: -Sí o que falei ese día. -
P: Si os do marisco, se conoce que estaba aquí moi lonxe, e non se oía moi ben, o micro.
R: -Entón díxenche que o marisco os croques que non eran de Moaña, os croques que viñeron de Rianxo, traian un balandrito e traíannos e botaban queixóns e cada unha tiña a súa parcela de terreno e botaban alí os queixóns que querías, si querías catro catro si querías cinco cinco, e despois á mañán cando a marea baixara collíamos os queixóns quedaban xuntos ¿non sabes? - porque eles viñan a pleamar -viñan a pleamar tiñan que vir a pleamar e quedaban despois dispoñíanse cun angazo e quedaban separadiños ben postos, e despois os levábamos a vender á feira, a de San José era a mellor feira para vender.
P: Que había máis xente arriba.
R: - Había máis xente arriba si a feira de San José vale muito, e mais ás tabernas donde facían contas os barcos, facían as contas. -
P: Cando se facía a caldeirada tamén.
R: Si non había peixe, pois de croques - si porque o marisco non se lle daba importancia-
P: E comíase con pan de millo e viño.
R: - Con pan de millo e viño, viño do mellor, antes había viño do mellor, viña un labrador de aquí arriba traía as pipas de viño para as tabernas e despois cando era así as cuartillas, viñan a buscalas aquí ás portas, pero hai veces da feira hai veces que tiñamos moi mala venda, hai veces que os traías e os botabas por aquela carballeira abaixo, porque tirabas con eles alí, ahora porque todo o marisco ten mérito ahora, daquela non tiña nada, o lingueirón iba a tres ou catro pesetas o cento, a ameixa a peseta o quilo, e a cadela máis barata aínda, nós ibamos a Illa dos Ratos a alá a Domaio porque aquí a cadela xa che dixen que non se conservaba, que a cadela namais que había ameixa fina solamente, era moi pouca, o resto non había, entonces a cadela dabase máis po Con, a pedra da Mosqueira e arriba tamén na Mosqueira tamén había algunha ameixa tamén fina collías algunha ameixa fina detrás do muelle tamén, detrás do muelle do barco ese, e no Con había unha area moi fina ahora está mui sucio ahora o Con non sirve, ten fango namais que está a poza limpa, alí donde se collen catro lingueiróns que alí non se colle outra cousa máis que lingueiróns. Sabes que lle chaman a poza, alí é unha poza, queda por arredor así os areeiros, e a poza no medio, e cando lle daba o mar bastante que estaban as mareas.... unhas mareas como lle chaman.
P: As secas
R: As secas -Da cuaresma, unhas mareas de cuaresma- as de ramos - as mareas de ramos que son as máis grandes, entonces alí quedaba en seco alí polo arredor e aquela poza no medio e alí había bastante lingueirón, bastante, e mixarelas tamén hai muitas, que era o costumbre non sabes para coller, porque a mixarela, o lingueirón fai un pouquiño máis largo o buraco, un pouquiño máis largo, e a mixarela faino redondo, pero hai veces que case, case, é igual.
P: Case se confunden ¿non?
R: -Case se confunden e hai que evitar sachar porque ó mellor metes o sacho e pensas que é un lingueirón e é unha mixarela e outras veces pensas que é unha mixarela e é un lingueirón pero daquela criábase muito lingueirón, muito lingueirón, aquí tamén ahora que aquí facía falta unhas mares grandes ibas ó mar, catro ou cinco centos anque ahora escaseou máis, ahora o lingueirón aquí escaseou máis, e no Pegal tamén se criaba muito, no Pegal en Meira.
P: O pegal que é un tipo de area ou unha zona.
R: -E un tipo de area. - o lingueirón estaba arredor da pedra -si é máis estaba no areeiro pero é máis fangoso, xa ten outro color diferente o lingueirón, é mui bonito o de aquí o de alí e mais chato, un lingueirón como o de Barra case, un lingueirón máis chato máis redondo, en Domaio tamén se criaba, hubo unha temporada que ibamos de noite a el, atravesar todo Meira todo Moaña e viñamos ás dúas ou tres da mañán, despois no outro día outra vez palá, cando a marea viña cedo, había que saír unha hora ou dúas antes porque antes non había coches, e despois traías o marisco pacá cargadas, co marisco pacá todo, e ibamos a Toralla.
CARA B
R: -Un restaurante grande que hai ahora- Ai por Samil -Alí en Samil pasábamos (corte) pola plaia de Samil que vamos ahora todo chamábanlle "Tombo de Gato"- Tombo de Gato era acá, cerca a Cabo de Mar xa. Bueno, Tombo de Gato nós chamabámoslle Tombo de Gato a aquelas areas todas, as areas, que vamos todo era monte de area, aquelo era Tombo de Gato pasábamos por alí- ¿Por alí? - Por aí abaixo e disque cando estaba o mar cheo, pasabamos o río coas saias levantadas ben e aquela area é unha area fuxida que fuxe así dos pés ¿non sabes? Area móvil -lévaa a corriente do rio - máis ó andar non é coma esta area de aquí, aquela area non é coma esta area de aquí, aínda que non sea do río, rinchache debaixo dos pes- é máis movediza - é unha area máis movediza - e por Barra chía e na illa tamén - ha de ser a misma a misma area non era como esta de aquí e unha area máis fuerte ¿non sabes? aquela é unha area máis fina e pasábamos o río cando muitas veces pasábamos traballo ó cruzar o río cando nos descuidábamos un pouco, porque había que pasar o río, hoxe todo se pasa porque fixeron puente, ahora chega alá detrás.
P: ¿E en que iban hasta Toralla?
R: Pois no Vapores.
P: No barco.
R: No barco hasta Vigo e despois... -Colliamos o tranvía hasta Cabo de Mar, e despois alí a pé todo, o tranvía porque tranvía hubo sempre - O tranvía si iba hasta Cabo de Mar -a Cabo de Mar desembarcábamos alí e despois collíamos a plaia de Samil, e tamén mariscabamos acá por Alcabre, polo muelle de Bouzas, por Coia que tamén había unha casa de baño, alí en Coia había unha casa de baño, que abaixo había donde están ahora... onde están ahora a casa do mar había o cementerio, o cementerio vello e alí inda había..., fixeron así unha casa pos vellos, chamábanlle unha casa así como unha residencia, había alí naquel cementerio, había uns pinos mui grandes e eucaliptos e todo aquilo, entón alí en baixo en Coia tamén se mariscaba, tamén había ameixas, non había moita area, pero polas grechas das pedras e por aquilo o que lle cuadraba coller unha grecha que estaban as pedras ó mellor alí dentro daquelas grechas collías o marisco en Bouzas tamén había moi pouca pedra, había unha area moi fangosa, moita pedra, entonces andabamos así por todos os sitios, a Aldán a pé.
P: Aldán a pé tamén.
R: Aldán a pe, collíamos Cangas arriba Darbo arriba, e ibamos a pé a todos sitios, non había aquel, máis a Portonovo como che dixen eu.
P: Portonovo non.
R: Non, Portomaior tamén, fomos tamén algunha vez a Portomaior, pouco se iba pero tamén se iba alá a Portomaior, vaime a boca a Portonovo, e xa che quero decir aquí que arriba hasta Santa Cristina pouco teño ido, pero tamén iba xente, as de Meira iban a Santa Cristina, a pé todo, a pé todo, as veces cando había linea que facía linea nada máis que dúas veces, iba á mañán e despois viña ás doce para Moaña, entón colliamos e se che cadraba a maré, senón tiñamos que ir a pé sempre, que a maré ven de tres cuartos en tres cuartos de hora.
P: E que levaban un sacho e unha cesta de vides.
R: Un sacho e un cesto - un cesto (inaudible) arriba ¿non sabes? como lle chamaban, o alcalde. -
P: E porqué lle chamaban o alcalde
R: - Chamabanlle os alcaldes. Esto cando enchiamos o cesto collíase o mandil e envirábase alí un pouco e despois facíaslle unha rodilleira ó cesto co mandil, así viñas.
P: ¿E o cesto non pingaba?
R: -Pingaba bueno... -
P: ¿E non lle decían nada no tranvía a veces?
R: - A no tranvía xa non cho deixaban. -
P: ¿Cando viña a Bouzas?
R: De Bouzas levábamos outras cousas, levávanse unha bolsa e metías ben por baixo así calquera cousa con que non che pingara e o demais non, no tranvía non che querían nada, cando había os cerdos aquí, no Calvario había unha feira e alí vendíase e o levábamos a Moaña con nós - o feirón -O feirón- é onde está o pirulí ahora- donde está máis ou menos o pirulí, non, donde está o ayuntamiento colles para abaixo- O ayuntamiento novo é verdad- collías para abaixo un pouco alí era o Calvario e alí comprábanse os cerdos e mais a Redondela tamén, valía cada cerdo cinco duros, e levabas e nos tranvías tampouco cho querían, e eu unha vez truen unha cesta na cabeza desas cestas que habían, ó chegar abaixo ó Calvario, tiróuseme o cerdo abaixo, e caiu na calle e non sei como non morreu, o do tranvía non quería, tiñas que traer unha cousa mui ben posta nun cesto ou en calquera sitio, entonces che quería decir eu, o marisco toda a vida o mundo foi un pouco máis especial a ameixa fina, porque fai outro buraco diferente.
P: ¿E entonces os barcos que traían aquí o croque de Rianxo que tipo de barcos eran?
R: -Eran balandríns, balandríns de vela sí-
P: E aquí que viñan a pescar ou...
R: -Non, non viñan a pescar-
P: Traían mercancía.
R: Traían namais que o croque, coma aquí, unha comparación coma aquí ahora, eles estaban a coller e vender, como cando se iba a vender a Vigo.
P: E recorrían toda a costa
R: -E a recorrer toda a costa- e iban a vender, tocaban un corno e atracaba a xente - en Meira tamén había dúas ou tres que tiñan, non tanto como aquí, pero en Meira tamén había.
P: ¿E despois como se pudo poblar tanto coa semilla?
R: -Porque unha semilla de.... -
P: ¿Pouco a pouco?
R: - Pouco a pouco e despois deuse-
P: E despois deuse.
R: -Deuse a semilla-
P: Deuse ó areeiro de Meira
R: -E canto - coller croque debeu de ser despois da República non?- Despois da República sí- Antes dos anos 30 inda non había croque - eramos chavalas nos, eu teño 79 anos, tería eu por aí 14 ou 15 anos cando ibamos - inda non había- non había non - cando ti tiñas 14 ou 15 anos non había- Non había aínda croques, aquí tardou muito, xa che digo non se criaban máis que ameixas, e o lingueirón ibamolo a vender a de Cervera- O lingueirón sí- a de Cervera a Cangas. -
P: Á fábrica.
R: - Ibamos a pé tamén- A pé tamén.
P: Había moito. Hai dous tipos de lingueirón ¿non? o de can e o de...
R: O de can... - ese non quere máis. A navalla, a verdadeira navalla- si esa -
P: Tiña outro nombre tamén o lingueirón que outro nombre tiña
R: -Chamabanlle caralletes, ten a comida un pouco máis dura, ¿non sabes? Máis dura, máis saben ben pero ten a comida un pouquiño dura, a comida un pouco dura e daquela non lle daba importancia era o lingueirón do grande, pero despois si mui pouco (inaudible) e xa - ahora ten calquera cousa- había que coller co ameixó e era máis traballoso.
P: Si o ameixó que era a vara esa larga que tiña un...
R: -Tamén había quen as collera.., en Cangas tamén as collían coa ameixoa na man, tamén iamos a Cangas - en Cangas si collíannos en Cangas - En Cangas no muelle de Cangas tamén se criaron muitos.
P: ¿E eses non buraco non lle botaban sal tamén para que saira?
R: -O sal son os do can- Eses son os do...
P: ¡Ai¡ eses son os do can.
R: Ós do can tamén se lle bota sal, raspan a terra ¿non sabes? de arriba entón tíranlle o buraco eles e botanlle un pouquiño sal, e eles salen, non sei se é que veñen á sustancia...
P: Ou está mui salado de máis.
R: Xa se tumban arriba, salen para arriba - E queroche decir a ti que en Cangas unha temporada, muito lingueirón hubo daquela, muito lingueirón hubo - unha temporada disque fora (inaudible) a coller lingueiróns en Cangas - e o terreno máis duro tamén - e un terreno moi duro e mais o mar traballa máis- alí teñen moita costumbre, os de Cangas a nós non nos podían ver alí, as de Cangas a nós nunca nos puderon ver, poque collíamos co sacho e elas como non, collian co cuchillo e - vos collíades un cento e elas collían 25 ou por aí - 25 e mimadre, tiñanos unha coraje e nós claro, para que escurra o lingueirón, danse unhas petadas, ¿Sabes? os homes danas cos pes, e no mar tamén os homes para coller as argollas tamén dan cos pes, pero nós dabamos co sacho.
P: Co cu do sacho ¿non?
R: Era co sacho, entón elas chamabannos "a xa están as do canteiro, xa están as canteiras a bater", xa están as canteiras, ¡mimadre¡ non nos podían ver, alí porque claro aquel mar é fango é vivo sempre e descubríache por un pouco e o mesmo xa viña o mar e xa che tapa o buraco, que si ven o mar che tapa o buraco, e como alí en Cangas hai pouca area, por alí en Cangas é o mar mui vivo- e unha plaia alta e o mar así que vai pa fóra xa ven para aquí -e o lingueirón o lingueirón quere muita costumbre para collelo, que sea a area mui dura, mui dura, mui dura, aí tamén é unha cousa parecida ó Pegal, o Pegal tamén era duro, aí en Meira tamén era duro, en Moaña había sitios que tamén, dentro do Rouco, estaba a terra un pouco máis dura, ahora aquí, paquí para a banda do río era máis dura tamén, frente aquí é area máis dura - a area máis blanda sempre se pon nas baixadas do río- nas baixadas do río- aí está porque a móve - e mais palá tamén -aí está- pero...
P: ¿O lingueirón pode enterrarse muito non?
R: -Muito entérrase, non se sabe a distancia que pode ter, porque a veces escápache, e vas atrás deles, e en canto che alcanza o brazo para atrapalo, teste que agachar muito para atopalo alá en baixo, e inda corre máis para abaixo, non se sabe a distancia que pode chegar o lingueirón, entérrase muito muito, así como a ameixa non, a ameixa non se enterra así tanto, e a cadela tampouco, a ameixa fina tampouco se enterra tanto. -
P: ¿E Usté distinguía os buracos das ameixas e dos lingueiróns?
R: Si. Os lingueiróns e mais da babosa tamén, a cadela fai outro buraco diferente da babosa.
P: Da ameixa.
R: A ameixa ten dous cornos, nunca te fijaches nela, pero ten dous cornos e cando ven a abrir o buraco, fai un desvío así, máis ou menos, un buraco co máis grandiño diante, e o máis pequeno detrás, un buraco máis grande e outro máis pequeno, e o da cadela así xuntiños, a cadela xuntiños, e o do croque tamén fan dous pequerrechiños tamén fan buraco o croque tamén, toda clase de marisco fai buraco, pero moi diferente o moelo do can tamén fai buraco, o reló tamén fai buraco, pero diferentes, diferentes, e sarnosa fai o buraco como a ameixa, esa sarnosa non se colle.
P: ¿A sarnosa como era?
R: -Era así vouche decir, ten unha piel...
P: Xa o nombre xa o di ¿non?
R: Ten unha piel máis fina que a ameixa, e unha feitura así que abre así e despois abre así o triángulo, como dun cuadro non así, dunha... cerra de primeiro, e despois abre así, a feitura dela é así - a modo de un abanico vamos- si dun abanico sí-
P: ¿E que tipo de mariscos se collían?, os croques a ameixa fina, decía, a ameixa fina que falara da outra vez que se miraba muito pola terra arrente...
R: ¡Ai¡ sí, da area gorda.
P: Da area gorda. E esa suele ser máis gorda porque eu teño collido cabos, chamanlle cabos ¿non?
R: Si sí cabuchos.
P: Cabuchos, sí, agúns que poden chegar a pesar cuarto quilo ¿non?
R: Medran muito. - Esto muito na area donde había regueiros no río de Tirán tamén se daba muito a ameixa, había alí muita ameixa, embaixo tamén, das pedras tamén, tamén é unha area boa tamén, Tirán é unha area boa para criar, porque a area tamén compensa muito, a area e desas areas fangosas, hai areas que son fangosas que non crian tanto, pero non desarrolla tanto o marisco.
P: Son máis compactas, máis duras.
R: -Máis duras e mais...., aí en Tirán tamén desarrollaban moito marisco, no río mismo, no río que ven de Tirán, ahora, antes había para lavar, lavaban as de Tirán alí no río, e mais para acá das pedras, era a terra máis floxa, e no areeiro que hai donde a mona aquela era unha area que che vou decir así como unha area así gorda, unha area gorda tamén se criaba pero non se criaba tanto, porque era unha area así gorda coma pedra, coma... - coma morrullos pequenos- non eran coma morrullos, era unha cousa así, como che vou decir, era unha cousa así redonda unha area gorda, alí críabase pero mui poucas veces, criabanse moito moelo, pero arriba no medio das pedras xa era un pouquiño a area máis solta, alí no Fuxón tamén se criaba naquelas pedras do Fuxón, conforme baixa aquel, tamén, alí tamén se criaba. -
P: E na illa dos Ratos aínda se cria moito ahora ¿non?
R: -Na illa dos ratos tamén, máis cadela que ameixa.
P: Máis cadela.
R: Máis cadela.
P: Cadela por aquí había poucas ¿non?
R: Por aquí ningunha, aquí en Moaña non había ningunha.
P: ¿E a margarita que era?
R: A margarita é unha cousa así máis pequeniña, coma che vou a decir eu, ten unha cuncha máis gorda, ten mui pouquiña comida, por iso non lle dan mérito ningún, nin ahora, ó non haber o marisco lle dan mérito.
P: Aquí había muitas, na rampa de Ramona dábase muito.
R: -Muitas, hai veces que viña así en temporadas, se conoce que viña criar de fóra e viñan temporadas, donde se criaba muito era na illa dos Ratos, e mais aí onda a Mona tamén había moita margarita, pero esa ven..., non ven sempre. -
P: ¡Ai¡ non aparece sempre, non se dá.
R: Hai veces que non se dá e outras veces está polo medio da cadela, pero non se dá.
P: ¿A rubia non se dá por aquí?
R: A rubia non.
P: Esa son dos fondos.
R: Esa é diso.
P: Do medio da ría ¿non?
R: Do medio da ría.
P: Se collen coa vara.
R: A veces ó redor delas encánanlle dúas varas, para traballar alá por fóra, as veces traballan alá por fóra, esa é de altura toda -críase alí tamén pero esa encarnada é máis.... -
P: ¿Cal é a diferencia da cadela e da fina?
R: Son diferentes, si.
P: A fina, a cuncha da fina é máis áspera.
R: Máis gorda, máis áspera.
P: Máis áspera ¿non? ten dúas ralliñas cruzadas.
R: -Ten outra feitura a cadela é máis longa-
P: Mais aquelada.
R: -A ameixa mete máis así ¿non sabes?, máis abultada, ¿ti non sabes? esta é a boca e mete así máis abultada, a cadela é máis larga- máis aplanada, máis larga e mais aplanada. -Máis aplanada-
P: E ten outro color por fóra ¿non?
R: ¡Ai ten¡.
P: Ten moitos colores como os...
R: -Sí hai algunha que parecese á ameixa pero é diferente, hai personas que non as diferencian pero diferencianse ben- eu nunca as diferenciei o meu fillo sí, inda non andaba e xa a diferenciaba unha cadela dunha ameixa, e eu non, escólleme aí, escollialle os croques do resto, pero as ameixas das cadelas non.
P: Se tuvera que vender Usté ó mellor xa distinguiría.
R: Eu vendía.
P: Distinguimos porque...
R: Porque miráballe a nai -e coñecía, non diferenciaba, inda ahora non diferencia, bueno ahora xa non mira, pero non diferencia e son mui distintas, a cadela da ameixa son mui distintas é o que digo eu, hai que fijarse en todo - nunha ocasión non fomos ó mar non sei porque, había unhas marés altas mui altas, e de noite esta e mais a irmán, "vinde con nós que vamos ós lingueiróns a Illa dos Ratos, para alumbrar co farol" e mais para acompañalas e fomos, e claro cada un... eu co farol na man e ela ó meu lado e Fanchuco co farol e a muller ó lado, e eu ás veces, tras sacabamos de debaixo dos pés o lingueirón e eu non miraba, eu non miraba o buraco, pero.. e decíalle "pero ¿donde está?" mira aí non te movas, ras pumba, pero como é que eu non miro, non miras porque non sabes, ti ponte quietiño.
P: Cando iban de noite levaban un farol de que era, de...
R: -De vela. Era de nun farol metido.. deses que facían os latoneiros, de zinc, a modo dunha carapucha, e despois metían aquela pa dentro como unha porta, entonces nós, hai veces para ir o lingueirón de noite, ou a cadela, pero por regluar máis o lingueirón poñíamos na barandilla do cesto un cordel amarrado e o farol coa porta pa fóra, a porta non a poñiamos encanada, entendes, namais nas dúas ventanas por detrás e esta é a porta que vai para dentro, faciache falta que se che gastaba a vela, e había veces que viña o vento e apagabache, para sacar para non ter o traballo de estar a desenlear o cordel, ¿non sabes? a porta deixabamos aberta- por si había que encender a vela de noite-
P: Para non andar a quitar.
R: -Para non andar a quitar xa tiñamos ese plan, botabamos.... porque tiña como a modo de unhas rexiñas así, un modo -ó redor- na porta ó redor, entón clavábaslle por aquelas esquinas que tiña, clavábaslle o cordel por aí, e amarrabas ben porque tiña que quedar o dereito a luz, para levar unha linterna e iso ten que ir unha persona, nos ibamos solas hai veces que facía máis daño a persona, que iba mellor unha persona sola, porque despois non os mirabas, porque nada máis que estaba a claridá da vela.
P: Claro eso era pouquiño.
R: -Que era pouquiño ¿non sabes? entonces se viña unha persona contigo, un farolero que podía ser meu home un paso máis pa diante xa non os mirabas -eu non sei cantas veces me puxo a man por diante para que non me movera- e si vamos a Domaio ibas ti co farol, co farol e ibamos a Domaio as tres ou catro da mañán, non había nin un alma, ni un coche topabas pola carretera, e xa podía ser ahora aquilo tal silencio namais que oías uns paxaros que hai de noite aí pola Borna e por aí.
P: ¿Os bidurico eran?
R: -O bidurico non era, eran uns paxaros que estaban nos pinos, parecían personas a berrar, parecían... daba grima oílos.
P: E que paxaros podían ser.
R: Non sei que paxaros podían ser.
P: Os corvos, ou un tipo de corvos.
R: Corvos non eran, corvos non eran, nunca supen que clase de paxaros eran, non sei, o caso é que se daban nos pinos, (ruídos imitando o paxaro), metían respeto, bueno isto en calquera sitio os había ¿eh? Tamén por aquí había de noite polo monte, tamén os había, nós as veces que vamos a Jaján hai veces que vamos á leña, cando foi daquela que botaron unha chea de pinos, ibamos ó Jaján e ibamos tamén a pé ¿eh? chegabamos cerca de alá de... como lle chaman...
P: Chandarquiña.
R: - Chandarquiña por aí a pé marchabas ás tres hasta despois víñache buscar un camión a leña.
P: Facían os feixes e despois viñan co camión pa abaixo.
R: -Co camión para abaixo, cos sacos e cargábamos os sacos cruzabamos o monte, ibamos por Berducedo arriba e saliamos alá a carretera, ti non sabes unha cousa, que unha vez eu e mais a miña irmán, fomos buscar unha peza dun bogón a Marín, fomos a pé e ó chegar, e levamos ó meu fillo conmigo, con nós, miña irmán corre que avanzaba como un cabalo, corre, corre "a ver se vimos a tempo para coller o coche das doce e media" -en Pontevedra -En Pontevedra, nós collemos o trol en Marín, de Marín a Pontevedra porque en Marín había un trol que non sei se haberá ahora ¿sabes os que eran os troles?
P: Si sí os troles.
R: Bueno, entonces fomos a comprar unha peza a Marín, viñamos de Vigo de vender no barco das oito e media, collemos por Berducedo arriba o Meixoeiro, non sabes que hai unha fonte moi grande no Meixoeiro ¿nunca miraches? - había - había e ahora tamén a debe de haber.
P: O Meixoeiro está en Berducedo.
R: -En Berducedo sí, había un río alí, un río cerrado, despois había unha fonte que botaba muita agua, que aquela agua non sei se a aproveitaron agora- Non sei se a aproveitarían.
P: Xa pasando por Berducedo.
R: Por Berducedo pola banda de acá, nos Milagros por donde se vai para os Milagros non, pola banda de acá, e subiamos o monte do Meixoeiro e chegabamos arriba casi, ibamos todo polo camiño, e corre, e corre, pero ó chegar á Ponte dos Cabalos, ¿sabes donde é a Ponte dos Cabalos?, sabes donde é bueno, a min levaba unhas pantuflas pegadas cunhas gomas, que eran unhas pantuflas que non eran como ese género máisde algodón, mais de tripán, e afloxou unha goma, eu non me movía, caíame dos pés a carretera chea de morrullo porque había morrullo non había destes... -asfalto - non estaba nada, e a fóra. "María que non podo máis". "A ver se collemos o coche", e quéroche decir que despois miña irmán, mira que o teño contado en varios sitios foi un milagro, topou unha agulla no monte, na carretera unha agulla con fio negro, mira que cousa máis rara, pois é unha cousa rara topar unha agulla na carretera con fio negro, do que me facía falta a min para coser.
P: Para coser.
R: Daquela anque fora con blanco tamén viña ben. -Tamén viña ben naquela ocasión, pero xa foi o xusto, entón ti ves como che apareceu a agulla, ¡pois apareceu!
P: A casualidade.
R: Pois apareceu, iba ela e mais o meu fillo un pouco diante de min, que eu quedara máis atrás, toma cose, mira unha agulla, cose co fio.
P: Parece que estaba predestinado alí a agulla..
R: -Eu teño contado ata un cento de veces pero é unha cousa de milagro ese.
P: Parece...
R: No monte na carretera topar unha... - mira, ¿e non a levaría ela ó mellor presa? -nada diso, nada diso Enrique, senón xa mo diría antes, eu non me movía porque me caía o aquel, entón despois chegamos a Marín e compramos a peza, as pezas dos bogóns que non eran esas pezas de nailon, eran de fio.
P: De cáñamo daquela.
R: -De algodón- De algodón. -E fomos coller o coche a Pontevedra, fíjate ben todo o que andamos, fomos a Vigo a vender o bogón, e subimos ó Meixoeiro veu Enrique con nós, Enrique corría tanto coma a tía, e eu con aquela goma non me movía, pero despois cosín a pantufla, e veña corre, e corre, e chegamos a tempo de coller o coche que salía a unha ou ás doce, fíjate ben e marchamos xa no coche, que viñemos no barco das oito e media para acá, fíjate ben o que anduvemos, e viñemos a tempo, e eu teño contado este conto un cento de veces témolo contado eu e mais miña irmán, pero foi unha cousa rara.
P: E que é rarísimo iso, menos mal que non lle implorou a ningún santo, que senón era un milagre.
R: Foi un milagro, xa mo decían a atar, pero entón topastes a agulla na carretera así, pois topamos a agulla na carretera con fio e cosemos a pantufla, cunha goma que levaba aquí que traspasaba aquí para que non me caira a pantufla entonces cosinna e o que che quero decir que andabamos ó mundo ó redor a pé todo a pé -había que ir a correr para ter que ir de Marín a Pontevedra a coller o autobús que senón, tiñan que volver a pé outra vez.
P: E mire e falando así tamen deso do marisco, falou dos burros, dos relós e dos moelos ¿non?
R: Dos moelos tamén das sarnosas, esas nunca se collen, teñen unha carne así coma encarnada non sabes, e amargosa, polo visto, quen as probara, eu nunca as probei, e o reló tamén ten a comida amargosa, pero hai a quen lle gusta -o reló hai a quen lle gusta. -pero
P: O reló e o moelo non é o mismo.
R: Non o moelo, o burro chamamoslle o burro.
P: ¿O burro e o moelo é o mismo?