MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· Xogos do recreo
· A escritura inglesa nos cadernos
· En Tirán houbo unha escola do Pósito que durou dous ou tres anos
· Na escola do Pósito de Moaña ensinaban a rosa dos ventos. As mulleres aprendían a atar e facer redes
· Anécdota escolar sobre como araban as viñas en Galicia
· Saíu da escola os 12 anos para ir a pescar o polbo . Como era rapaz estaba encargado dos remos
· Descrición de como se monta e navega a vela. Como se enverga a vela, como se coloca o bico, a cabeza, estoga, estricar etc
· O arco da vella aparece sempre polas tardes, cando vai o sol de ponente
· Algunhas alcuñas relacionadas co mar: Caramuxo, caranguexo, bruño etc
· O porqué lle puxeron O Das Almas a seu bisavó
· No barrio de Quintela hai alcuñas de tódolos peixes
· O Casón era de Tiran pero casou en Abelendo
· "Cajanocacho" deberon pórllo precisamente por facelo algún día na noite de san Xoán
· Minau, famoso xogador do Coruña, foi amigo persoal del
· "Quisque" indica que unha persoa dase por moita cousa
· Javear quere dicir subir coas mans e pés sen máis
· Expresións mariñeiras: "estase picando o mar" a usaban cando se producía unha discusión forte. "Vamos pa piltra" era indicativo de ir para cama. "non botes a lengua ó orballo que hai roupa ó sol" sirve para avisar que ven alguén que non interese escoitar o que se fala
· O "disque" e "seica", son puntas de crítica que pinchan como agullas. As críticas e murmuracións eran continuas. Había moitos fillos "bravos"
· Dunha ocasión houbo unha pelexada na Martinga e polo entroido dedicáronlle. unha murga
· Murga que lle dedicaron a un de Berducedo que lle entrou o gato pola cheminea a comer na casa
· O "cadro" ven dos cegos que andaban polas feiras e narraban historias debuxadas nun cadro. A medida que cantaba o cego sinalaba as viñetas cun pau. Os cegos facían o mesmo
· A murga das Contrarrilleiras. A influencia da marina inglesa na murga
· Despois dos carnabales continuou a murga da Contrarrilleira polo san Xosé do ano 22 ou 23
· O Tenreiro compuso moitas cancións para as murgas de Cangas e Moaña, Murga sobre a praza de Cangas
P: ¿E no tempo antes de entrar na escuela e despois ó sair a que xogaban?
R: Ó trompo, as bolas ó corrillo.
P: ¿O trompo xogaba polo San Martiño, non? Polo San Martiño trompos...
R: Polo San Martiño, si. O trompo era cando viña o San Martiño. E despois xogábase coas bolas, había o corrillo e mais o tris.
P: O tris e pau.
R: Si, o tris e pau.
P: Tris e pau, si.
R: - Cando deixas a libreta-. Bueno a libreta era pa escribir. -O manuscrito-. O manuscrito tamén había, pero eso era pa empezar a escribir.
P: Si.
R: A escritura empezaba nun cuaderno. Había desde o un hasta o oito. Chamábanlle escritura inglesa. O número un tiña palotes, primeiro tiña unha marca, unha figura e ibas cubrindo todas as figuras, tras, tras, tras, tras, tras, tras, tras, tras, tras. Despois había outros que había, un e outros máis xa sen nada. Tiñas que facerlo ti e despois había outro e ibas facendo.
P: Ese era un método que inda se usa moito ahora tamén.
R: ¡A!.
P: Inda se usa ahora.
R: Inda se usa.
P: Si hasta ahora usábase.
R: Pois xa empezabas a facer as letras a A, a B, a C, a D. E despois xa empezabas a ligar unha letra ou dúas a A coa L, ou coa N, ou coa S¿Non?
P: A medida que avanzaba o cuaderno pois...
R: Según como foras ibas. Era o que máis nos pegaba a nos o noso maestro é eso Don Antonio Puente era o coller a pluma, o coller a pluma. Facíache coller así os dous dedos, este igual a riba e este polo lado. Nunca quería que lle puxéramos non sabes uns... algúns ó coller o. ¿Non tes un lápiz aí?
P: Un bolígrafo, si.
R: El quería... Este era a feitura de coller, este dedo así, este pa tras e así, escribir así¿Non sabes? Porque había moitos que facían así, collían así. A eles viña e dáballe coa regla aquí. Entón el quería así, é esta feitura de escribir.
P: As plumas gallábanse muito ¿non?
R: As plumas gallábanse.
P: Con muita facilidade.
R: E os pizarillos había quen afilaba vinte no día. E nós na nosa escuela, touvemos unha cousa nunca compramos libros, todos daba el, nin pizarras nin pizarrillos. Noutros lados xa había que levar a pizarra, había que levar o pizarrillo, había que levar a libreta, había que levar o cuaderno, había que levar o libro. Eu non comprei... miña nai non gastou ni unha chica ni no silabario. O silabario costaba cinco céntimos, unha chica. E coma min todos que anduberon conmigo a escuela. Alí non se gastou unha chica nunca. E despois veu unha clase de libros novos que lle chamaban "Patria y Virtud". Falában muito así de guerras
R: - Aritmética tamén-. Aritmética todo xa estaba no mismo, na enciclopedia esa. E ese tamén a comprou él. E andando no pósito tamén lemos O Quijote, O Quijote escolar, O Quijote escolar. Que eu despois leín O Quijote que é muito máis...
P: ¿E andando no pósito como?
R: Andando no pósito non, no grupo.
P: ¡A! No grupo.
R: No grupo. Na do pósito anduven nunha en Tirán pero...
P: ¿O pósito non tentou montar unha en Tirán?
R: Houbo en Tirán unha, si. Nunha que lle chaman a Casa de Rogelia Fora o baile xa. Alí anduven tres ou catro meses non anduven máis despois...
P: Durou pouco esa escola.
R: Inda durou dous ou tres anos. Inda durou. Pero eu pouco fun, fun porque como xa era un pouco maior, xa sabía eu as catros reglas e.... como era moi lexos o grupo pois estiven alí un pouco tempo pero coa misma xa salín e xa fun po mar.
P: E nesa escola do pósito non enseñaban algo así relacionado co mar, orientación marítima a...
R: Non vaias a pensar.
P: A rosa dos ventos e iso ¿Non?
R: Non nada, nada, nada. De aquela non enseñaban nada. Aquí en Moaña parece a mín que si. -Aquí enseñaban a coser rede tamén-. E tamén enseñaban a atar, si. Aquí enseñaron algo. Pero iso dependía muito tamén dos maestros. Sí, aquí enseñaban muito. Iso dependía muito dos maestros. Se o maestro que era de por aí arriba que sabía el. Se os maestros de antes nada. Ese que tuven eu, ese si. Ese disque, decían por alí, que sabía tres idiomas. Que debía ser o francés, o latín que era o que se levaba antes e inglés.
P: Daquela o inglés non o estudiaba nadie prácticamente.
R: Nadie.
P: Daquela o inglés pouca...
R: O inglés pouco lle debería dar, máis o francés. O francés era outra cousa.
P: E decía que aquí no pósito enseñaron cousas así do mar.
R: - Pois sí, mira pois si. -
P: A facer redes.
R: -Sí, sí-. Enseñaban a dedicar o mércores o das barbas, era abuelo deses de Don Paco e deses. Despois tamén estuvo un fillo aí que lle chamaban Don Manuel.
P: E enseñaba cousas respecto do mar ¿Non?
R: -Sí respecto do mar-.
P: Enseñaban a orientarse e...
R- A orientarse, pero a cambio do pósito así o ( inaudible) muito tempo, muito tempo, muito tempo-. A orientarse tamén nos enseñaba na escola nosa tamén.
P: Si, iso si.
R: Despois de dar a lección, despois xuntaba os que eran os máis adiantados un pouco ¿Non? Todos ó redor da mesa e iba facendo preguntas e había que contestar a pregunta xa tomando a lección como por exemplo unha vez, é o que máis me acorda ahora, bueno preguntaba varias cousas, preguntounos era na agricultura, dando agricultura ¿non?, a resposta era que labores servían pa viña ou que tiña a viña. Pois era arada e abonada e todas esas ¿Non? Entón como aquí as viñas eran de parra todas ¿Non sabes? Dixo el bueno ¿E aquí como se le da la labor a las viñas, la labor de arado? O arado claro nunca se mirou labrar unha viña aquí, e vou eu e díxenlle eu aquí cávanse co legón. E el: ¡ Eso hombre! Se cavan si a de meter el arado con el azadón se hace lo mismo que si fuera labrada.
E acórdome unha vez que estaba un do Con que ti non coñeceches porque morreu xa hai muito tempo, chamábanlle Vicente que era fillo de Marina de esa que era a Señora Marina a do Con a ama de todo ese terreno que alí había no Con, onde fixo as casas o que é o jefe ahora do... o de Marcelino.
P: Si, si. O de Marcelino, si.
R: Onde fixo aquelas casas, todo aquel terreno era de esa señora.
P: A muller de Marcelino tamén lle chaman Marina ¿Non?
R: Tamén é da familia paréceme. - É, é, é-. É da familia tamén. - Era neta de Marina-. Era neta de Marina, sí- Ese Vicente é tío del-. Ese Vicente unha vez non sei que lle preguntou, así unha pregunta tamén é o home sabía pero no lle salía a contestación, entón dicia el, estaba así porque había que estar cos brazos cruzados, e decíalle el: alí, alí, alí. E decíalle Alibabá, dixolle o maestro Alibabá porque el sabía o que era pero non lle salía en aquel momento.
P: Si.
R: Entonces decía alí, alí, alí, e dixolle o outro Alibabá. E desde aquela os rapaces "oes ti Alibabá ven pa cá".
P: Xa lle puxeron.
R: Eramos o demonio tamén. Andaba Andrés de Pena, andaba Cándido de Pena ese que veu aí, o Julio e todos eses.
P: ¿E a que anos saliu da escuela?
R: Eu había de salir.... xa tiña doce cumplidos, cerca dos trece
P: ¿E xa foi o mar directamente?
R: ¡Hombre! Ós pulpos.
P: O pulpo ¿Que foi cun bote nunha chalana?
R: Nun bote. Nun bote deses que había antes de remos.
P: De cantos.
R: Eramos tres, un vello e dous mozos. O patrón era o pai da muller de Cándido do pósito ou digo o abuelo da muller de Cándido do pósito e o outro tripulante era irmán porque eses quedaron huérfanos de nai e o pai marchou pa Cuba. Entón quedaron cos abuelos e criáronse cos abuelos eran tres era Virginia ela a maior, era Niseto o segundo e despois había un máis novo Delmirín. E despois inda veu o pai de Cuba e inda fun a andar eu con el ó mar tamén. E co irmán Delmiro tamén. Cos dous patróns que tuven ós pulpos.
P: ¿E cando empezou estaría coma rapaz, claro?
R: Coma rapaz.
P: ¿E facía o mismo?
R: O que hai que facer. O rapaz anda os remos.
P: Os remos.
R: Os remos.
P: ¿E con doce anos podían andar cos remos?
R: Eu que sei, había que facer o que se podía, había que facer o que se podía. Despois cando había muito vento que aguantar xa se poñían...
P: Xa axudaban eles.
R: El o vello ou senón dous un a un remo outro a outro. O que hai que ter é muito cuidado pero quen mandaba sempre era o patrón, el que o que vai a popa e o barco hai que levalo mui dereitiño. Fóra da illa anda muito a corriente e hai que ter muito cuidado, levar o barco ben dereito porque senón tírate pa un lado tírate pa outro.
P: ¿Con doce anos iba hasta fóra da illa?
R: Si home, si. Senón había vento había que ir a remos, non había máis remedio ou pa lá ou pa cá e se era pos dous sitios tamén.
P. ¿E senón a velas ou non tiñan velas ese xa?
R: Se había vento iba a vela, había que andar a vela porque senon e...
P: E tamén se encargaba de izar a vela, de...
R: De todo, o patrón está a popa pa todo e despois hai que coller a vela e xa está un na proa outro no medio e o patrón a popa. Cala o timón pon o timón preparado primeiro que hai que facer é calar o timón e despois envérgase a vela, colles a verga que está... o andar ós pulpos hai que metela debaixo dos bancos a verga e mais o pau pa que non estorbe ¿Non? Non andando os pulpos xa se pon nunha gallada que hai, por exemplo o boliche ou así poñíase enriba da gallada entonces cóllese a vela, a vela ven dentro dun saco, e metíase debaixo do talme para que non se mollara.
¡Ala! Sáca pa riba a vela vamos a botar algo, xa se collían os remos, por exemplo salías po mar había nordeste e sabías vogar dereito po mar vogabas pa fóra hasta a altura da pedra da Ribas ou a pedra do Pego a buscar o vento porque o nordeste polo regular vai sempre polo medio, entón o coller o vento.. ala colle remos, pois colle remos saca, saco aboca e colle a vela e a vela como xa están enleada dáselle o pico pa popa. Ten a cabeza onde se lle chama a cabeza engánchase nun gancho que ten a proa o bote ou senón tiña gancho ten un buraco e en vez de un guardacabos que tiña, tiña un cachiño de veta de unha tralla e pasábase polo buraco e dábaselle voltas. Quere decir que a mura vai sempre no pinchón do bote.
P: ¿A mura o que é?
R: A mura é o cuadro da vela, o triángulo que fai... entra a barra que ven pa baixo e o que vai pa riba. O que vai pa riba hasta o puño que é unha cousa redonda de cabo tamén que se mete o muñón da vara da verga alí, aquela chámanlle a relinga, a relinga. E despois vai o enverge todo hasta a popa. O que está a proa méteo unha vez engachada, a ver veña a vara, mete a vara no seu sitio, no muñón aquel, e coa misma dalle a punta do aquel o de popa. O de popa tira ben en tenso e amarra a popa e despois envérgase, . Facer os enverges é amarrar a vara e hai que facela así soltas, non se poden poñer duros¿non? Sí, pa que corra pa un lado ou pa outro. E vaise envergando, e vaise envergando, que está a vela envergada veña o pau, pásaselle o pau ten unha ranura que lle chamaba a os... a os non ¿Cómo lle chamaban Dios mío? Bueno el pasábase a ustaga, a ustaga é un cabo que vai entre un botón, de izar e mais o que vai polo pau a baixo ¿Non sabes? E aquí encaixa, estrugábase. Estrugar é amarrar a caixa, saber darlle a volta, dáselle unha volta así e outra por a lá, e por abaixo e.... o seno que vai por riba xa apreta xa non deixa escurrir. Canto máis forza faga máis apreta.
P: Si, sí, si.
R: ¿Entendes? O que está por riba como tira canto máis vento haxa máis apreta. E non escurre nunca de alí. Dícese estás logados. Está. Ahora, inza ahora. O de popa colle así a verga na man e o que está na proa rin, rin, rin a bulir muito porque senón pode cair o pico e móllase. E vai pa riba e despois de estar arriba a estricar. A estricar era deixala ben...
P: Tensa.
R: Ben subida, ben tensa. Entón pásase así como un retor e o que está no medio tira e o que está a proa dalle, todo o que vaia ¿Non sabes? Que está ben estricada, xa está. Ala volta, dalle. Había que darlle unhas voltas como para que non deixar que... aquelas voltas quedan claras sempre polo motivo de presa, o mellor por un vento que entra moi.... o que sea, meterlle, man darlle un saltiño e xa cae todo abaixo. Pero non lle tocando vai sempre firme. Hai que ter sempre esa precaución. E coa misma, se se vai en popa a medio, se se vai de costado enriba do costado canto máis vento haxa máis enriba do costado hai que ir para facerlle contrapeso ¿Nunca miráches nesas que van así tumbados?
P: Si, si.
R: Pois eso, para facerlle contrapeso. Coma veña unha mareta de proa o chaquetón de augas por diante para non mollarte, senón...., senón había chaquetón xa viña unha molladura. No vrán case sempre viñas mollado como viñas de alá do mar da Illa ou de Carallóns sempre había noroeste, e sempre se ven de costado.
P: Sempre se arrapañaba.
R: E sempre se apañaba, sempre se apañaba algo principalmente vindo por Liméns. Porque alí parecía que salía o vento. ¡Parecía que salía! ¡Que sale! Que sale así todo xunto. Cando veñen aquelas fogadas antre aqueles dous montes de Liméns, aquilo parece que ven por un tubo. Cando bota o que vai o timón xa ten quedado, o primeiro que vai e arriar a escota para que planee a vela¿Non sabes ?
P: Porque senón canto máis tensa máis...
R: Senón vai i......... ven outra vez a ver.
P: ¿Fai ruido, non?
R: Va.
P: Estrala a vela.
R: Estrala. E despois o que está o lado del toma aguanta aí, tira. E el mételle man a escota e o outro arría ahora pa quí de alí a un pouco arría outra vez, ala toma. Andas ó mete e saca.
P: Andaban muito ¿Andaban máis ca remos, non?
R: ¡ Hombre! Sin comparación.
P: Era cómodo andar a vela.
R: Polo menos non vogabas.
P. E chegabas muito antes.
R: Non vaias a pensar que había muita diferencia pero... andar máis andaba o outro, máis cedo chegabas e mais aquelada pero...
P: O que pasa que se andaba máis en zig- zag.
R: É máis cómodo, sin vogar e... En zig-zag non vaias a pensar porque se andabas en zig-zag malo. Botábas muito tempo e non andabas era preferible vogar contra o vento as veces antes de andar en zig-zag. Cando... ¿Que era o que che íba a decir Dios mio? As cousas perdense. Cando se íba a remos pa Illa se non había nordeste pois levantábaste case igual a mesma hora e mais chegabas a mesma hora, media hora máis. Ahora que claro media hora vogando parece que non era muito, media hora vogando parece que non era muito.
P: Era muito.
R: Era muito.
P: O outro día se nos esquenceu falar do Arco da Vella, non chegamos a falar do Arco da Vella ¿Iso cando aparece?
R: ¿Hai o Arco da Vella?
P: Si.
R: O Arco da Vella aparece polo regular sempre polas tardes.
P: Polas tardes.
R: Polas tardes ¿Sabes porque? Porque iso faise co a chuva ¿Non sabes? Cando hai por exemplo poalleira ou así. Entonces como está sempre o sol por alá por poniente.
P: Si.
R: El ponse por aquí por oriente entón dalle o...
P: ¿Iso que se reflexa nas nubes, non?
R: Refléxase o sol no... en aquilo como chove ou que parece e chámanlle o Arco da Vella ou... ¿Cómo é en castellano?
P: O Arco Iris.
R: O Arco Iris e aquí chámnlle o Arco da Vella o Arco da Vella.
P: O Arco da Vella, si.
R: O Arco da Vella. Hai quen lle chama o Barco da Vella
P: O Barco da Vella
R: Pero é o Arco da Vella.
P: É o Arco ten forma de arco.
R: Hai está.
P: ¿E iso que quería dicir de que iba a escampar que ía a pasar o mal tempo?
R: Depende. Había varios refráns había.... Despois había refráns iso era cando sabía, cando chovía e viña mal tempo ou bó tempo que decía: rubias polo mar, vellas a soiar. Quere decir que en tempo do inverno como o poñerse o sol sempre se poñen unhas nubes encarnadas alá por riba da Illa.
P: Si.
R: E son rubias polo mar, vellas a soiar que no outro día non hai sol. - Hai sol-.
P: Hai sol será.
R: Hai sol. Hai está. Vellas a soiar. Que non chove.
P: Si, si.
R: Sin embargo se a mañá se poñen por aquí ó nacer o sol dícese: rubias ó nacente colle os bois e vente. Quere decir que no outro día que chove que non se pode ir a pastar os bois. Colle os bois e vente. -No Arco da Vella tamén se lle decía que cando se poñía así que botaba o norte, que tiña que pasar o vento por debaixo... - Por debaixo. -Por debaixo de onde estába ela-. Ese refrán no era certo. Sin embargo o das rubias si. - O das rubias sí-. O das rubias si. Como se puxera as nubes encarnadas o poñerse alá polo sur, aínda que estivera a chover, despois escampara e poñer....., no outro día xa non chovía.
P: Non fallábase.
R: Ese non fallaba.
P: Aquí en Moaña hai unha zona donde hai muita xente que se coñece polas alcuñas máis ben que polos nomes.
R: Hai bueno apodos eses e...
P: E alcuñas destas...
R: Non había un que non tuvera un apodo.
P: E alcuñas de mar era o que máis había ¿non?
R: Si. Aquí había...
P: O "Caramuxo" xa era un.
R: O "Caramuxo", o "Caranguexo".
P: O "Caranguexo". Estes sucédense de uns a outros.
R: E van, si.
P: E o motivo así de poñelos non se sabe, xa se perderon a malloría.
R: Non se sabe. - O difunto do meu abuelo chamábanlle Almas-. Bueno iso é outra cousa. - Tamén foi el no mar-. Xa sei inda se ha falar. E despois que ten que por exemplo embarcábase nun barco e viña un rapaz e dis: ai me cago en Dios este rapaz parece un caramuxo ou...
P: Si.
R: Ou pode un cangrexo ou... E así e andando. Entonces íbase de un a outro. Había o bruño, había... bueno muitos nomes. E o que dice a miña muller que o abuelo ou o bisabuelo, o abuelo ou o bisabuelo xa.
R: -Os abuelos xa-. Puxéronlle o das "Almas". - O abuelo, era abuelo-. Espera- Era abuelo- ¿E sabes por qué? Porque a nai quedou moi cedo viúda, e quedou el de non sei cantos irmáns o máis vello pero inda era cativo. E antes era o que se vía...., mandaba o rapaz a arte, eran as artes. E nas artes había, o que falamos antes, os que íban a ganar o quiñón do pexe na máis e os que íban a ganar o parte que eran os que largaban.
P: Si, si.
R: O que falamos antes. E o rapaz entón era da Borna, e os rapaces antes ganaban un cartón, media parte... Había que ser home para ganar unha parte.
P: Si.
R: Entonces claro dixéronlle, como era tan pequeno, facían contas os sábados e o estar a facer as contas dixo o patrón bueno este rapaz que lle damos. ¡Home!. Era tan pequeniño. E disque saliu ¡Home!Darlle dous reales polas almas. Dous reales polas almas.
P: Home claro.
R: ¿Non sabes? Coma quen... Entonces os homes: é o das "Almas" índa non veu ¿E onde anda o das "Almas" ? E quedoulle o das " Almas" e índa son ahora...
P: Os das "Almas".
R: O das "Almas". Os netos e os bis... inda son María das "Almas" e... todos eses. Todas son das "Almas". E así viñamos.
P: Si. E o "Caramuxo", o "Caramuxo" vello ¿non sabe por que se lle puxo o nome non?
R: Non sei.
P: Despois hai muitos a rincha.
R: ¡ A rincha!- A rincha, sí-. A fallarda. En Quintela hai de todos os peixes.
P: Si.
R: Hai a rincha, hai a faneca, hai a carioca...
P: Si, a carioca, si.
R: Hai a xabenlla. - Había a xabenlla-. Había, había estaba bien. Había o caramuxo. Bueno o caramuxo xa está.
P: A xabenlla era dos abuelos do caramuxo¿non?
R: - Non. Era do polo-. A nai de Curro chamábanlle a "xabenlla", a nai de Curro do difunto de Curro¿Ti conoceches o difunto de Curro?
P: Si.
R: -Pois a nai chamábanlle as "xabenllas". Inda ahora lle cháman Lola a "xabenlla", Natividad a "xabenlla".
P: ¿E iso por qué? Porque era toda espiña porque era...
R: - Non sei porque lle puxeron ese nombre-.
P: Iso pérdese. É unha pena que se perda.
R: Era unha cousa que salía e...
P: Si pero poñíanlle por algo. Ti pareces unha xabenlla é que todo delgada, é todo hueso.
R: Aqueles debían de ser gordos, aqueles debían de ser gordos porque tiñan o corpo todo embarramban.
P: Gordos serían as fanecas.
R: -Non. Non, non. As "sabenllas" tamén eran de corpo, madre mía, acordame a nai que era difunta aquí quen era nai era a "sabenlla"-. O pai non sei de que era. Hai o pai era das "solinas". Era de polona. - Era de polón-. E despois marchou pa Bueu tamén un irmán. - Non sei-. Ou un cuñado. -: Non, non, non, non-. Era este o home das "xabenllas" sr. Victoriano. Si. - e mais e... ese pa min que de fillos eran eses solos. Eses que che digo eu que teñen un cuadro, a nai, a nai deses era a que tiña o cuadra. E dixe que ahora quédalle hasta bisnetos.
P: E que máis había por Quintela que estaba decindo dos peixes.
R: Non. é iso.
P: Nomes de peixe que había ¿O cazón tamén?
R: O "cazón" ese non era de aquí. Eses viñeron de Vilela e casouse en Abelendo. - Si. O "cazón" era de Tirán-. E a "ran". Tamén hai as "ranitas", tamén as hai alá arriba. A "ranita" tamén as hai-.
P: Si.
R: - Tamén-. A "ran". Sabe o "casón" casouse coa... - Coa "xacoba"-. Coa "xacoba". A ese chamábanlle as "xacobas".
P: E as "rinchas" están no Con ¿Non?
R: Eran de Quintela.
P: De Quintela.
R: Pero ahora foron o Con. As "rinchas" eran de Quintela. - Había quen lle tiraba polo apellido tamén-. Despois vanse estendendo. - Polo apellido tamén-. Vánse estendendo a familia ¿Non sabes?
P: Si.
R: Cásase no Con o outro cásase... O "casón"está casado en Meira ahora e era de...
P: De Vilela.
R: E o pai era de... De Vilela ven de alá da Telleira, da extrema con Coiro. A Telleira pero no extremo con coiro.
P: E acordase así algunha cuña máis relativas ó mar de peixes ou de mariscos.
R: De peixes non sei pero despois alcuños había de todo.
P: Si todo o mundo tiña unha alcuña.
R: Todo o mundo tiña unha alcuño. Todo o mundo tiña unha alcuño. A miña familia eran os "carriles" e os outros eran os "caja no cacho" e así, había así. - "Caja no cacho" tamén eran da túa familia-. Tamén era da miña familia pero xa eran por o meu tío Xoquín. - Iso debeu ser un apodo por ir algún cacho e.. -. Claro algunha... - Algunha tradición fixo por ir o cacho de.. -.
P: Si, o...
R: -O cacho de San Juan-.
P: De San Juan, si.
R: - Eu creo que é por iso-.
P: Si seguramente.
R: - Iso debeu ser por iso-.
P: Os Quisques o mellor ou...
R: O patrón ese que empecei eu a andar o mar chamábanlle " o Butraco". "o Butraco"
P: "O Butraco".
R: Si pero non sei que palabra pode ser esa.
P: Xa. E meu abuelo en Tirán non tiña alcuña.
R: Non. El era Román.
P: Era Román.
R: - si hai quen lle saque polo... -
P: Chamában o da bouza algo de "fanico", o "coxo de fanico".
R: O coxo de...
CARA B
R: Eran muitas familias eran os pais de Pepe "fanico" e tío Manuel de "fanico". O Pepe de "fanico" eses eran "fanicos". Bueno a muller chamábanlle a "venturiña".
P. O pescadillas tamén.
R: O pescadillas.
P: Salariano ¿Non?
R: Victoriano.
P: Victoriano.
R: - Victoriano-. Puxéronlle pescadillas non sei porque. Ese xa lle deberon poñer despois os rapaces. Porque despois os rapaces tamén poñían apodos uns os outros. Mira o "minau" que era meu amigo que foi un xogador do Deportivo da Coruña. Ese "minau" puxéronlle ¿Non? Non sei porque e el é Alfredo Rodríguez Martinez pero non sei porque puxémoslle "minau". O pai era dos "lelos" do Con, e non sei porque lle puxemos "minau" e "minau". E despois había un fillo, un "casón" tamén un irmán dese "casón" de Vilela e chamábamoslle "o rmorgondo", había outro que lle chamábamoslle "o tatai". E non sabemos porque. Sin embargo... - E o "carolo"-. Sin embargo... - O "carolo" é o carolo dunha espiga-.
P: Si.
R: -Pois tamén hai "carolos"-. Tamén eses son os "carolos"...
P: Da espiga ou dos...
R: -O abuelo de... a nai era a irmán de teu abuelo-.
P: Si do Con.
R: - Do Con. A nai, a vella, era irmán do teu abuelo. A señora... chamában señora Virtuosa era irmán de Manolo o Fanico e mais teu abuelo, de señora Delmira e eses. E el chamábanlle o "carolo" e casouse, chamábanlle "carolo" e os fillos Pepe o "carolo", o "carolo" do Con-. E despois tuveron muitos fillos todos eran "carolos" igual. - Non. Entón que queres que sean, porque lle puxeron carolos-.
P: Despois había outros alcuños que indicaban o lugar como era o meu pai Jesús o do muelle.
R: Bueno iso xa era para diferenciar.
P: Xa sabían. donde......
R: Aí está. Era para diferenciar por exemplo Jesús o do muelle como tuveran o papel do muelle...
P: Por iso.
R: Era Jesús o do muelle, e por exemplo... sin embargo o "japonés" xa era outra cousa ou o "quisque".
P: Si.
R: Ou o "quisque". O "quisque" duberon de poñer porque debía de ser el un quisque. Porque a palabra quisque aquí entre nós é un distinguido, un que se ten por muita cousa ¿Non sabes?
P: Si.
R: A ver se nos entendemos. Entonces hai que quisque eres.
P: Os que se tiñan por muita cousa eran os "jichos" os abuelos da muller, os bisabuelos da muller. Eran "jichos" tamén.
R: ¿Os qué?
P: Eran "jichos".
R: Os bi...
P: "Jichos".
R: - "Jichos"-. Os quicos.
P: Os "jichos", "jichos".
R: -Os "jichos", " jichos"-. ¡Ai os "jichos"!.
R: Son os abuelos da muller de alá de... - Ese debían de ser así coma... -
P: Si.
R: - Coma uns que lle chamában o " repolo"-. O"repolo". -O "repolo". -
P: Hai "repolos" e "verduleiras".
R: - O "repolo" era do Con-.
P: E alguien que lle chamában lorcha ou así non... lorcha ou solla ¿Sabe?
R: Si hai sollas. Sollas hai de apellido. - Sollas de apellidos-.
P: Claro de apellidos si.
R: Sollas hai de apellidos. Sollas si.
P: ¿O escarpón, ou o berete, a... ?
R: Non. Non. Nunca oín pero pode haber, pode haber por aí tirados.
P: O serrán, ou martilonga, ou...
R: Non.
P: Ou coruxo ¿Non?
R: Non deses non. - Hai muitos que lle chamen polos apellidos-.
P: Si.
R: - Polos apellidos hai muitos que lle chamen-.
P: E os chinchos iso si. o que se usaba muito, as costumes de andar no mar, era usar un tipo de expresións propias que son de andar o mar pero despois úsase na casa ¿Sabes o que quero decir? O gabear é unha palabra que se usa, gabear é unha palabra que se usan nos barcos.
R: O gabear.
P: Quero subir ou...
R: Subir. Gabear quere decir subir. Gabear quere decir gabeas a un árbol ou gabeas a un pau. Pode ser de subir, é de subir.
P: A gabea debe de ser un...
R: Gabear quere decir subir a un pau sin...
P: Si a un pau dun barco.
R: A un pau dun barco ou un pino.
P: Un pino.
R: Coas mans e os pés nada máis.
P: Si.
R: Sen outra... - Gabear é subirse a un pino-. Teño eu unha prima miña aquí ¿Oes? Que gabeaba a botar as ponlas abaixo e mais poñíase así nas ponlas. Que era... Coma un home, vamos. Gabeaba coma un home. - Coma u home pero cambíabase du pino po outro-. Bueno¿e? Era o que iba decir- Cambíabase duna ponla a outro pino que estuvese cerco-. Si. - Mira que é unha cousa rara esa tamén ¿e? E cambiarse os de Berducedo cambiábase pa botar as piñas e cambiábanse muito pero en mulleres como era ela e cambiábase-. E entre nos alá tamén o botar as castañas no Romil tamén se cambiaban pero eu...
P: Pero o castiñeiro...
R: Pero eu se non houbera ponlas pa subir, xa non subía.
R: - Pero ti xa non eras capaz e outros tampouco-. Pois entón.
P: Pero o castiñeiro é máis fácil, e mais duro, e ten unha madeira pero un pino non máis de pico.
R: Pero o castaño tamén escacha logo. ¡Ai¡ si tamén. -Pero o pino ten as ponlas máis arriba-. Ahora que o pino ten que... hasta... O castaño igual ten polas desde abaixo xa hasta arriba.
P: Claro.
R: Pero o pino non.
P: Claro.
R: Vánlle secándo e vánlle caíndo. E tes que ir sempre as de arriba ¿Non sabes? Sempre é un árbol que ten as ponlas na punta. - Na punta de todo. E ela cambiábase coma un gato-.
P: E non usaban expresións mariñeiras ó mellor para así cando collen unha borrachera. Normalmente como dicían.
R: Que mona traes ou que colleches unha boa marea.
P: Unha boa marea, unha boa meluza ¿Non?
R: Unha boa merluza. Iso si.
P: Eses tipos de expresións.
R: Si. E tamén lle... aquí non pero... - Ou ben cargado-. Pero en Pasages ¿sabes como lle chamaban muito? Petroleros.
P: ¿Si?
R: E decían aí ven un coa cheminea a popa. Viña un pouco...
P: Si, si.
R: Mire que papada trae ese, mira, aí ven coa chimenea a popa. Chimenea a popa chamábanlle petrolero. - Tamén lle chamaban aquí muitas veces-. Petrolero porque decíamos nós ¿Quen é ese? Ese é un petrolero, home. Anda coa chimenea a popa sempre.
P: Ese tipo de expresións, as mozas non decían vamos a largar o bolecho ou... ¿Non tiñan expresións cando íban as mozas, cando iban as festas?
R: !ai¡ tamén. Bueno, tamén había das boas. Habían tamén.
P: As expresións mariñeiras.
R: Mariñeiras, si.
P: Que usaban antes.
R: Vamos a facer un lance.
P: Vamos a facer un lance, sí, si.
R: Vamos a facer un lance.
P: Eso. E cando... non usaban a veces hai mar de fondo para avisar que había unha pelea ou que íba haber unha pelea ou que íba haber...
R: Ai sí, mira aquí vai haber mar de fondo.
P: Mar de fondo.
R: Si, si ou... -Tamén cando hai unha aquela tamén-. Cando había unha discusión fuerte.
P: Si.
R: Cando había discusión fuerte.
P: Si.
R: Ui estase picando o mar, entón vai a ver mar de fondo.
P: Si.
R: Vámonos de aquí ou seguimos ou chamémoslle atención. Según fora a mareta¿Non? Así era a expresión.
P: Si, si.
R: Pero si ti pertenecías a... o clan aquel aquí xa vai haber mar de fondo. Vaise armar unha boa garroada ou tal ou tumba. Ahora se non eras ¡u! Marchámonos que aquí empézase a mover a agua, non vaia ser que nos coia o mar e que... ¡Vámonos, vámonos!.
P: ¿E cando se deita, cando se vai pa cama non di vamos pa bordo ou algo así?
R: Tamén.
P: De ese tipo de...
R: Vamos pa piltra.
P: Vamos pa piltra.
R: Vamos pa piltra porque nos barcos pa agacharse na caixa así. ¡e, vamos pa piltra!vamos a abrigarnos pa piltra.
P: Si.
R: Entón chegamos a casa e ¿Vamos pa piltra ou que?
P: Si son...
R: Iso dábanse esas cousas. En vez de decir ¿Qué vamos pa cama?Non ¿Vamos pa piltra?
P: Vamos pa piltra.
R: Iso maiormente cando matrimonio é novo, despois xa cos fillos xa...
P: Iso ir pa cama pa cama igual. A dormir
R: Ir pa cama. Xa se usaba máis. Pero o ser o matrimonio novo ¿Qué vamos pa piltra? si iso tamén salía.
P: E se lle queres contar algo que houbera rapaces uo algunha persona que non quería que o entendera que lle diría ¿qué hay moros na costa?
R: Tamén. Hai moros na costa ou hai ¿Cómo se lle chamaba? Hai leña o sol. - Hai roupa ó sol-.
P: Hai roupa ó sol.
R: Roupa ó sol, hai roupa ó sol. Non botes a lengua... - Ó orballo-. Ó orballo que hai roupa ó sol. -Porque había tamén muitos insultos- ¿E? -Porque había muitos insultos antes-. Hai bueno iso despois eso era o que sabía...
P: Era o motivo prácticamente xa de empezar as peleas ¿Non?
R: Aí está.
P: Se había cantidad de peleas...
R: Para empezar a pelea había que insultar. - E veña a chamar, a botárlle coplas a... Estaban no río as mulleres e andaban a mal-. Si. - Entón botábanlle coplas de insultos. Insultaban cantando coma quen que non se querían meter con elas-.
P: Indirectas.
R: Indirectas ¡e... ! - Indirectas pero en cantar-.
P. Cantando.
R: -Cantando e sin cantar-. Cantando botábanlle as indirectas. Iso muito. - Muito, muito, muito, había muito-.
P: E o final acababan peleando tamén porque o outro día falamos das peleas tamén dos bares dos homes pero no río as mulleres tamén.
R: -No río as mulleres tamén-.
P: Tamén deberon pelexar muito.
R: Non dijo muito pero algo, algo. - Hai había pelesas-. Hai había, había e sin ser no río tamén ¿E?
P: Si.
R: A muller sempre foi mui celosa. E eu dijo que antes máis que ahora, porque ahora xa todos, po caso todo é un ¿Non? Igual estás alí como alá como ahora xa se leva andar con uns e con outros. Pero antes como había que andar moi escondido entonces ahí era onde viña máis a crítica. A crítica porque a cousa canto máis tapada é máis crítica ten.
P: Si, si.
R: O que se mira pois o mira todo o mundo e non... Pero oes o disque....
P: Si.
R: O disque e o seica ese é quen pincha.
P: Si, sí, si.
R: É como unha agulla cando pincha ¿Non sabes? Hai disque... Hai seica... Se jodió. Xa está armada, xa está armada. Ó haber o disque e o seica xa está armada. - Xa se podía mirar antes unha cousa como se miran ahora. - ¡Bu! - Iso xa tiñas que tapar a cara-. E había tanto ou máis. - Había, había de haber o mismo pero... -
P: Si había pero máis oculto máis...
R: -Pero máis oculto-. Pero era máis oculto, ahí está. - Era unha aquela porque si se miraba algo... -
P: Era o que decía Usté muito máis por abaixo.
R: Porque mira que antes había pillos bravos ¿E? Como se suele decir. E ahora non hai tantos pillos bravos coma antes.
P: ¿Non?
R: Ahora logo se casan anque despois ó outro día se separen.
P: Si.
R: Ó estar casado xa non eres pillo bravo, pero antes...
P: Si que antes había unha costumbre de que había muitos fillos de solteira.
R: Por iso os pillos bravos.
P: E había mulleres que antes de quedar solteiras preferían ter un fillo ¿Non?
R: -Se tiñan as casas sen entregar si pero igual sí-.
P: Pero había algunhas que antes de quedar solteiras preferían quedar cun fillo.
R: ¿E?
P: Si cantidad de xente.
R: -Sí pero tiña que vir un día que había destes homes que se levaban un pouquiño máis aquí iban a Meira-. En Meira non hai home que no tuvera dous ou tres fillos antes de casarse. Eu non sei como era en Meira hai unha chea deles. - si porque ahora non ben tanto, ahora a cousa é máis... -. E despois viñeron ese chismes porque aquela miraban en tal sitio aínda que non a miraran e despois soltaban a xente e... E despois viñan as comparsas esas que facían as murgas.
P: Antes había muita murga e mais...
R: No carnaval pa decirlle das mulleres.
P: e mais que unha murga polo que estou mirando, comprobando que o mellor cantábase todo o ano.
R: Si, sí, despois formábaselle o cuadro, fomábaselle o cuadro. - En carnaval daquela non podías decir eu mirei tal cousa-. Non. Porque como dixeras xa estabas. - Como dixeras xa estabas xa ibas enseguida a murga-.
P: Si.
R: Xa che buscaban a punta. É como ahora eses os da taza. - Os da taza igual-. Así que pasa calquera... xa lle buscan a punta pa todo.
P: Si, si.
R: -Xa lle buscan a punta como era antes-. E daquela tamén.
P: E o da taza pasou o carnaval e esqueceuse as murgas, porque antes non. incluso cantaba todo o mundo ¿Non?
R: Cantaba todo o mundo. A crítica facíase polo carnaval.
P: Si.
R: E despois nas tabernas xa se cantaba.
P: Xa se cantaba todo, si.
R: - Unha vez na martinga houbo unha pelexada, unha pelexada de mulleres. Pelexou Señora Teresa de "luca" e mais pareceme que... non sei se foi de María "tuta" se foi así. Señora María "tuta " que inda vive seguro que ti conocela é de quen foi. E esa... a muller de Victoriano a da "adón" a sogra de "adón" dixo ela fun a atender a pelexada-. Espera, espera. - Deixou o cerdo na aquela e entón comeulle o gato-. Era o río da Martiña estaban todas a lavar. - Sí-. E ela vivía nunha casiña alí arriba do río da Martiña e entón decía en el río de Martiña huvo sus más y sus menos, "gangarangana" ¿E a outra como lle chamában? - "Gangarangana" non e mais non sei como lle chamában a outra Dios mio-. "Gangarangana" e... - Non me acordo como lle chamaban-. Eu que sei. "La compañera del zorro". - Si. - "La compañera del zorro" era esa. -Sí era esa-. Era o home, o Señor Victoriano chamábanlle "o zorro". -Sí-. La compañera del zorro es divina por su parte por atender a las riñas le comió el puerco el gato. - El pie el gato-. Porque estaba facer o caldo e tiña un pezuño ou un cachiño de cerdo pa botarlle na olla pero mentres veu a mirar a pelexada veu o gato e comeulle o.... de enriba da mesa ou da artesa. Antes a mesa era a artesa.
P: A artesa. Sí, si.
R: Entonces por vir a mirar como as outras pelexaban veu o gato e jodeulle o touciño. Entón por atender a las riñas le comió el puerco el gato.
P: El gato será comeríalle o porco.
R: Vale. E así que había unha xa estaba. -Non dixeras nada a ninguén porque como lle dixeras algo a alguén ¡Mi madre! ¡Dios mio! ¡Mi madre!-. Eí en Meira houbo unha ¡Mi madriña!Quen a cantaba muito era a... a que morreu, a irmán de túa comadre... as que eran de aquí das... - A Xoaneira- ¿A? -A Xoaneira-. A Xoaneira. Aquela que pasou en Berducedo que... - Ai Dios-. Si tamén. Como choraba. - Cantiga polo gato que lle decía chorade polos filliños dun mascato-. Tiña razón que por ser torto dun ollo... Tiña que ser moi gracioso cando... - Cando o tontorrón.. como era unha solteirona tamén, daquela tamén, colleu un cerdo tamén, ou un gato comeulle pola ventana-. Pola chimenea.. -Pola chimenea foille abaixo tamén lle comeu o.... - Entón daquela o gato tiña... claro tiña unha infección e tuveron... Tiña un ollo chosco. - Tiña un ollo chosco-. Tiña que ser moi gracioso cando lle quería tanto o chosco- A Ronco-. Ó Ronco. - Quero decirche eu a ti que había un... que non se podía decir nin aquilo nin aquilo E despois prenderon a un, ó home ¿Quen sabe?
P: ¿E os cadros onde os facían?
R: ¿Os carros?
P. O cadro o cuadro. O cadro.
R: ¡Ai¡ o cuadro en calquera unha casa onde pudieran ensallar e despois viña un a pintar. Si dibujaba e pintaba.
P: ¿E colgábano en algún sitio?
R: ¡E levábano colgado! Eles en vez de estandarte ou de bandeira...
P: Si.
R: Levaban a bandeira e mais levaban o cuadro. Porque o nome do cuadro veu ¡Mira de que maneira veu! Os cegos antes andaban pola feira.
P: Si.
R: A vender historias desas.
P: Si, sí, si.
R: Bueno. Traían un violín os cegos, traían unhas lapas cuns cristales e miraban máis co que miro eu e chamábanlle cegos e andaban por alí e traían un cuadro entón decían en el tal sitio hubo tal crimen e o compañeiro do que tocaba iba...
P: Señalaba
R: Co pau señalando ¿Non sabes? La mató el padre, o la madre o el novio por aquí tirou con ela abaixo. E iba señalando. - E vendían historias-. O que iba él tocando...
P: Si, si.
R: O que él iba cantando e tocando o outro iba señalando e despois vendía por dúas por un real. Dúas historias de aquelas que cantaba por alí.
P: Si, si.
R: E ganaban a vida así. Entonces despois nas comparsas tamén levaban eses cuadros e tamén iba un señalando iban cantando e decindo como se facía. En Tirán hubo unha que lle chamaban os Contrarrilleiros.
P: ¿Os Contrarrilleiros?
R: Os Contrarrilleiros chamou. E tamén cantaban esas e o estribillo que tiñan era: os Contarilleiros gastan ganapáns pa coller cacharros que andan polo mar. E xa levaban un ganapán ó lombo e iban vestidos como nós ¿Non?
P: Si.
R: Coa roupa de ir ó mar, de ir ó mar. E traían o ganapán ó lombo. E veu polo conto dunas mozas que se meteron con eles non sei que. Entón era cando viña a escuadra, antes cando viña a escuadra a Vigo viñan catorce ou quince barcos todos da escuadra inglesa, da inglesa.
P: Da inglesa si.
R: Bueno.
P: Viñan a Vilagarcía e mais a Vigo ¿Non?
R: Aí está. Entonces claro os polbeiros de alá do Canaval e de alá eses traían muita comida en conserva, e tiraban cos botes da conserva tiraban o mar e alí aprobeitaban, e tiraban caixóns donde traían as conservas ¿Non sabes? E eles aproveitaban os caixóns pa levar pa calquera cousa ou pa queimar ou pa remandar calquera un cortello ou pa iso ¿Non? E había quen levaba. E tiraban con muita roupa ou regalabana, roupa vella da del.
P: Si.
R: Alí. Na pedreria andaba máis xente vestida de mariñeiro inglés que de outra cousa, entonces despois claro metéronse con elas ou con eles. E eles formaron a comparsa e levaban o cuadro ese, o barco de guerra pintado a gamela abaixo cos remos armados. Entón cantaban: os Cantarilleiros gastan ganapáns pa coller cacharos que andan polo mar. E ahora vamos a ver a maneira de traballar botan o cacharro abaixo, querian decir que lle tiraban, e metémoslle o ganapán. E o outro iba señalando o caharro que viña, xa estaba o cuadro pintado, e meterlle o ganapán e iba coa bara señalando e xa estaba pintado e a meterlle o ganapán ¿Non sabes? E despois como era máis... - Ahora non ven máis-. Non esa é máis tarde, esa é máis tarde. Espérate, espérate. Cando foi... Bueno eles tuveron un lío e despois chegaban... ahora marchou a escuadra hasta o ano non ven máis. - Porque viñan de ano en ano-. Gardamos gamela e remos, bicheros e ganapáns. E esas mozas unha era do Hío, era do Hío e estaba servindo na farmacia que había en Rodeira e tamén era do clan. E volvían por ela, e volveron por ela, metíanse cos mozos. E sabes que no Hío hai a dema, que lle chaman a dema do Hío que disque é unha...
P: Que tiña sete tetos ¿Non?
R: Sete tetos, bueno.
P: Que desapareceron por certo.
R: ¿E?
P: Desapareceu esa dema ¿Non?
R: Desapareceu, eu non sei. Eu sei que antes había a dema do Hío con sete tetos como dices ti.
P: Si.
R: Bueno. Entonces puxéronlle a dema do Hío. Que esa dema que ahí a está encargámola no Hío, mandámoslle de Melide un compadre por amigo. Ahora marchou a escuadra hasta o ano non ven máis, gardamos gamela e remos, bicheros e ganapán. Ahora xa que o saben o modo de traballar, isto xa era a última, collemos a arma ó lombo porque vamos a marchar. Marchamos ahora a escuadra hasta o ano non ven máis, tende cuidado mociñas cos bicheros e ganapáns. Tende cuidado veciños cos bicheros e ganapáns.
P: Pero esa xa foi a contestación ó ano siguiente ¿Non?
R: Do lío.
P: Si.
R: Bueno. Despois pasaron os carnavales e sabes ti que despois dos carnavales ven San José. Bueno. O pai desas mozas traballaba Nos Prácticos en Vigo, era o patrón Dos Prácticos, do bote Dos Prácticos de Vigo. E viña a casa por ejemplo unha vez a semana ou así, pero un día era antivíspera de San José, o 17 de Marzo, dous ou tres dos que foran na comparsa andaban ó mar no Con e viñan do mar e baixaban alí, o camiño de Tirán que vai por Tirán adiante desde o Con e vai a salir alí á carretera. Entonces viña el, que vivía no Lazareto, viña pa arriba pa casa das cuñadas que vivían alí arriba, mismo no estanco, frente a de Carolo, vivían alí. E a filla esa, que era a reina dos ganapáns, viña pa baixo pa casa, viña da casa da tía, pa baixo. E o pai a topar aqueles chamoulle a atención porque fixeran a comparsa ¿Non? Porque levaban a filla na comparsa. Entón despois lío tamén alí.
E de aí en dous días era San José e a feira de san José era moi sonada, e iban despois as comparsas iban alí a cantar e a... e entonces eles que fixeron, xuntáronse todos e levaban uns guantes. Nas romarías había uns individuos que andaban a vender agua agarraban un garrafón de agua e botábanlle un limón en cachos dentro, e vendían a chica o vaso de agua, xuntaban cuarenta ou cinquenta chicas e era un duro ou cinco ou seis pesetas e como era gratis, o limón non lle costaba nada e a agua menos. Xa lle cubría ¿Non? E andaban a agua de limón fría, a agua de limón fría.
E eles foron a feira e adaban co garrafón a agua de limón fría e decía un para José o de Nova York e mais pa filla. Que era po pai e mais pa filla. E despois cantaban o decesete de Marzo cando viñamos do mar, "Nova York" e mais a filla xa nos quixeron pegar. "Nova York" viña de baixo, que viña de baixo pa riba, e a filla viña de riba e a campana máis grande, a campana máis grande era a tía, chamaba pola sobriña. Porque as tías e mais a abuela chamábanlle a "campana" entón as outras fillas da "campana" todas eran "campanas". Entonces eles decían "Nova York" viña de baixo e a filla viña de riba e a campana máis grande chamaba pola sobriña. Porque ó mirar o lío a tía chamaba vente, vente, vente pa riba, vente pa riba. E despois ó acabar de cantar a agua de limón fría pa José de Nova York e mais pa filla por toda a feira así. E coma esas muitas.
P: Era o estribillo.
R: Era o estribillo. E coma esas muitas. E bueno, hubo, hubo.
P: ¿E iso sobre que ano sería máis ou menos?
R: Pois mira bouche decir sobre o vinte... o vinte un marchou meu irmán po servicio, estaba no servicio, o vinte dous ou vinte tres. Do vinte tres pa riba non subiu. O vinte dous ou o vinte tres.
P: Si.
R: Esa foi en.. dos Contarrilleiros que o que a ensallara foi o que che dixen eu que lle matara Prol, o outro día.
P: Si, si.
R: Ese era o director.
P: Antes muitas murgas iban a Cangas ó tenreiro que lle fixera a música.
R: Tamén. Ó tenreiro fixo muitas, muitas, muitas. E en Cangas ten habído así de críticas ¡Mi madriña!
P: Tamén en todas partes ¿E?
R: ¡Mi madriña! Cando fixeron esa plaza nova en Cangas, e houbo unha tamén que criticaran tanto porque todo iso foi donado ¿Ti non sabes aquela estatua que hai alí de Soage?
P: Si de Soage.
R: Pois ese foi quen donou todo. Entonces había unha que lle chamaban... como lle chamaban a esa... Inda me ha de acordar porque... Os Xans chamábanlle os Xans e empezaba así:
no inverno polas tormentas
no vran pola sequedad
o pueblo sen luz se queda
e non sei porque será.
E despois viña o estribillo:
Cala Xan, cala Xan, Cala Xan
non me fagas reloucar
que esas chansas non se dan
nin en tempo de carnaval.
E despois viña:
dixéronme os forasteiros
que a Cangas non volverán
se non poñen mexadeiros
no Costal e no Señal.
Foi cando empezou a vir a plaza,
a nova plaza de Abastos
media feita xa che está
gracias a quen gasta os cartos
en obras de caridad.
E cada cantar destes viña o estribillo ese de cala Xan ¿Non sabes?