MAR VIVO

ENTREVISTAS CON :

ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS

PARROQUIA DO CARMEN

· Refrán que se dicía cando ían toma-las sete ondas as Areas Gordas. Tamén collían o auga de sete maretas para face-lo cacho

· O rocío do san Xoán era bo para as almorranas

· Dicían que o trasno aparecía moito

· Unha noite asustouno o ruído dun corvo

· Anécdota da cando o de "Roque" quedara preso durante a noite nunha silveira

· Anécdota de cando lle saíra un milleiro dun feixe

· Anécdota dun gato negro que tiveron na casa. Os armadores non querían o gatos negros no alboio

· A espera para saír ó mar facíase na taberna ou no cásete. Os domingos xogaban a brisca e cantaban. Tamén cantaban polas navidades, reis e san Xosé

· Os martes de carnabal ían as comparsas de Cangas e Baiona a concursar no casino de Vigo

· As vísperas de san Xosé salían de noite a cantar. E dalí a Feira. Polos manueles tamén ían cantar

· Os xogos da manilla, brisca e subastado eran os máis practicados

· Durante a época do cerco, mercaban uns achotes e ían para o talme da traíña a xogar durante toda a noite, e xogaban a brisca ós cartos. E indo a Leixós tamén

· As señas da brisca

· Había o costume de pagar rondas pero había algún "fino" que pagaba a primeira chiquita e logo tomaba sete ou oito, asegún aumentara a ronda

· Despois das caldeiradas era usual rematar en cánticos ou pelexadas

· A festa que non houbera lío non era festa. Anécdota dunha pelexada que comenzou en Abelendo e rematou na Praia

· Había "gallitos" "quisques" que provocaban peleas

· A morte dun home a consecuencia dunha pelea sobre o ano 22 ou 23

· As pelexadas eran máis por diversión que por "maldade"

· O que mandaba moito nun barco non era bo mariñeiro

· Facían apostas de bogar. Moitas veces antes de saír para o mar a mirar quen chegaba primeiro

· José o "Zíngaro" sempre ía a nado a coller o barco e levaba a roupa enriba da cabeza. Anécdotas de José o Zíngaro

· Solían ir os baños cando eran rapaces na parroquia de Tirán

· Non solían facer excursións pero ían as festas andando

· No inverno, o mar ten chegado a monta-lo camiño da illa de Samertolameu

· A festa dos Liñares solían ir moita xente

· Nas festas había concursos de bicicletas con cintas e aros

· A casa do Concello estaba ubicada na subida de Fontecán

· Cando se inaugurou a luz eléctrica, tamén se celebrou a festa da. Árbore. Diante da casa de Pepe Fanico colocaron un palco onde falaron o cura de e o alcalde de Moaña

· A empanada non faltaba nas festas. Lembra que os de Berducedo ían ó Cristo de Cangas coas empanadas na cabeza

· Os domingos pola tarde solían ir ó baile. Os homes ían moito as tabernas a xoga-las cartas e a cantar

· Primeiro había regatas de traíñas, despois chegou o fútbol. O cine chegou máis tarde . Onde estiveron as chabolas de Pereira , no Vaticano , houbo un cine a carburo

· Anécdota dun cine en Cangas

· (Outro día) As regatas viñeron das apostas ó volver do mar . Logo empezou o clube náutico a onde tiñan que apuntarse . O primeiro patrón que lembra e o " Cantero "

· As regatas eran sobre os anos 20 ou 25 . Había anos que non regateaban . O remeiros tiñan que buscalos.

SAN XOÁN

P: Estaba decindo un refrán ou unha canción, das areas gordas.
R: -Sí, vimos das areas gordas Señor Xoan o terelo, vimos das areas fumos onte e vimos hoxe- esa era unha canción- fomos onte e vimos hoxe porque... - iban de noite e viñan á mañan.
P: ¿E donde quedaban as areas gordas?
R: As areas gordas sería por donde as había. Era un refrán daquela, de antes ó mellor, dos antepasados ó mellor.... - ou algunha festa que había naquel tempo-
P: No porque había de ir a buscar as sete maretas para lle botar ó pote ó cacho.
P: O cacho. Coller sete maretas ou bañarse ¿iso das 7 maretas que tiñan un poder purificador non?
R: Tiña que era un refrán que había que dicen era bo para a auga, para lle botar a auga.
P: E para curar de enfermedades.
R: Para curar as enfermedades porque a agua lavábaste con ela á mañán, había quen lle duraba 8 dias, facía unha tina grande, e collían moitas personas que andaban o rocio, eses que andaban de noite íbanlle a mexar nel.
P: A mexar ou a cagar nos cachos.
R: De noite ese San Juan era moi bo, disque era bo para iso
P: Téñenme contado que a xente que se tiraba polos comareiros co rocío.
R: !Ai¡ ó rocío de San Juan disque tamén é bo -Para as almorranas-
P: As almorranas. E se teñen botado. Máis de un acabaría con un resfriado grande ¿non?
R: -Había muitas cousas así desas, canto máis tempo antiguo máis- E antes había tamén o que falamos xa antes do que andaba de noite sin ir a dormir disque lle aparecía o trasno, unhas veces disque lle aparecía un carneiro, outras veces unha becerra, outras veces topaba un tronco enriba de un muro, e levábano ó lombo e disque de cada vez que lle iba pesando máis e tiraban con él á porta e levantábase á mañan e non había tronco nen había nada, e outro que colleu unha vez.... disque que colleu un carneiro e que o levou con él, meteuno nunha corte que tiña foi á mañan vamoslle a botar de comer ó carneiro que truxen, vamos a mirar, non había nada, disque, e esas cousas disque era o trasno, que lle desapareceu.
P: Si pode ser tamén.
R: Hai quen diga que cando veu o alumbrado desapareceu todo iso, hai quen diga iso, eu nunca topei nada.
P: Indo po mar como se iba de noite pois habería moita xente que miraba...
R: -Asustábanse-
P: Asustábase ou miraba os trasnos e todo eso ¿non?
R: Había de todo no mundo, eu tamén unha vez sendo novo de todo tería dezasete anos tamén iba ó Con e ó chegar alí a poza do Feixón, !! pua!! !cago en [...]¡ había luna, unha luna así empezaba a salir, !!pua!! unha voz, din a volta corre corre, hasta o alto de alí da Malaia e púxenme a pensar pero eso é un corvo, que berrou, ó mellor coa luna.... e fun para abaixo e seguín e nada. Pero se non me poño a pensar se viñera correndo hasta casa xa non salía da casa. -Ahora despois coa luz desapareceu todo-
P: Algo tamén, porque algo de medo tamén había meterse a esas horas sen luz ningunha.
R: Sen luz ningunha e ademais outra cousa como estaban eses camiños, que cruzaban os árboles ponlas, as silvas.
P: Miña nai tíñame contado muito diso dun mariñeiro tamén que non sei se iba ou viña do mar, chegou a unha distancia indo por alí cerca de donde vivía miña abuela, alí en Tirán que mirou como unha man decíndolle que viñera para arriba
R: Que viñera para arriba ó mellor era unha ponla.
P: E era unha ponla, unha ponla, tomou medo, hasta despois topou outro mariñeiro máis que foron os dous para arriba e cando se deron conta era a ponla que se movía, diso debía haber muito.
R: Ti non sei se o conocerías, había un que lle chamaban o Roque, era un home baixiño e mui pequeno, casouse en Cela, tiña a moza en Cela, e claro, e viña e pasou por unha Carballeira desas, e antes estaban as silvas colgadas así.
P: ¿E viña de Cela ó mar?
R: El viña de Cela hasta Moaña, viña de botar a hora de Cela ¿non? de botar a hora, inda non se casara e chegou por ese sitio e prenderonno por aquí preso e canto máis tiraba el máis tiraba o outro para atrás, canto máis tiraba el... e decía que el tiña medo a mirar, non miraba. E decía "deixame oh, deixame que eu non fixen nada déixame", e tiraba e canto máis tiraba máis lle prendía, hasta que veu o día e cando mirou, unha silva.
P: Unha silveira
R: Vai el meteu a man á navalla que levaba a navalla no bolsillo, ras, se foras un monstruo igual levabas, pero mentres non lle acordou de sacar a navalla para matar ó monstruo, cando era así.
P: Si xa mo contaran tamén.
R: ¿Contároncho?
P: Si éste xa mo contara miña nai.
R: Pois fíjate, e o outro tamén mirou a man, unha vez tamén iba eu con un feixe de millo, millo de cortar da veiga, e polo visto ó facer o feixe pois o medir seica quedou máis adiante, e disque iba eu polo camiño aquel andando con el ó lombo, e aquel millo que iba ras ras e nisto, meu pai andaba a navegar nestes barcos que iban cos emigrantes a Buenos Aires
P: Os trasatlánticos.
R: Aí está. Entonces noutro día chegou, e unha muller díxome ela, " ai, miras como onte ibas co milleiro e ibas así chamando, mira coma xa veu teu pai hoxe"¿Fíjaste ben?
P: Que asociou.
R: Había esas cousas. Disque iba chamando polo meu pai, mira meu pai non puxo telegrama ningún que daquela os telegramas non se usaban. (inaudible) (8.04)
P: E había os gatos negros tamén eran animais agoreiros ¿non?
R: Disque eran os gatos negros que non eran bos e na miña casa hubo un que durou, o menos vinte anos durou aquel gato na casa. Foi un irmán meu a Buenos Aires e veu, botou dous anos alá, e cando chegou e o mirou "japonesiño ven" xa lle subiu ó lombo en dous anos inda o coñeceu fíjate ben a aquel gato queríanlle na casa...
P: ¿E si se daban así por riba dos aparellos nos albois e iso?
R: Si eses non os querían.
P: Non os querían, decían que viña mala pesca ó mellor.
R: Nos non, hasta cando non había ratos na casa iba a cazar gorrións e non os comía, ó morreren deixabaos alí. Ás 6 da mañan vran, e inverno, ou como fora había que abrirlle a porta, para ir a facer as súas necesidades a fóra, na casa non facía nada, "miau, miau", a ver home hai que levantarse a abrirlle a porta a este.
P: Estaba educado.
R: Estaba acostumbrado, estaba acostumbrado.
P: Estaba ben educado.
R: Estaba.

DIVERSIÓN, FESTAS

P: E antes de salír po mar normalmente donde esperaban na tasca ou...
R: Sendo po caldeo polo de pronto case na tasca ou senón no casete ou na chabola vamos no... porque como se sale á hora ó mellor viñas á tasca a buscar pan, ou a tomar unha copa, ou unha chiquita según o que foras acostumbrado, e ó mirar que iba sendo a hora, xa ibas pa... e senón por exemplo no Con como a única tasca que había alí era a de Miranda, e estaba no muelle, pois todo o mundo estaba alí na porta, ó mirar vir ó patrón "ala vamonos a ver fulano vamonos" e xa iba.
P: E alí normalmente que se facía falábase normalmente.
R: ¿En donde?
P: Nas tabernas e nas tascas.
R: Na taberna falábase e comentábase.
P: ¿Non se facían coros así para cantar?
R: Tamén, tamén iso maiormente os domingos.
P: Os domingos.
R: Os domingos sí, nas tabernas, pois iban os vellos xogaban á brisca, de seis ou de oito e despois ó acabar de xogar empezaban a cantar, cando era por navidades cantaban as navidades, os reis...
P: En San José, tamén cantaban.
R: E despois se non eran tan vellos cantaban murgas que houbera ou comparsas, ¿non sabes?, había quen cantaba moito, había moita afición a cantar, en Cangas maiormente ten salído cada comparsa que xa non eran comparsas eran coros.
P: ¿E aquí tamén non?
R: E aquí tamén, pero xa non era tanto.
P: Xa non se cantaba tanto.
R: Cangas. E sabes donde era muito tamén, Baiona, as comparsas de Cangas iban despois a Vigo ó casino e no martes de carnaval iban as de Cangas e as de Baiona ó concurso a quen ganaba e...
P: E se un ano ganaba un o outro ano ganaba a outra ¿non?
R: A outra ganaba o outro, pero aquelas eran as comparsas, non sei se eran rondallas porque iban dez ou 12 guitarras, iban 5 ou 6 violíns, iba un contrabaixo iba un saxofón ou dous, unha orquesta -e por San Jose tamén- e por San José tamén, pero por San José xa iba máis cuerda que outra cousa. E despois o día de San José era a feira, primeiro as vísperas a cantarlle ós Joses.
P: Polas casas.
R: Polas casas.
P: ¿E que iban de noite?
R: De noite, salian á víspera ás 10 ou 11 da noite hasta a mañán, e despois inda á mañán inda... e dalí á feira -e os Manueles tamén- e os Manueles tamén, os Manueles era por ano novo o día de San Manuel é o primeiro de Enero, - En San Manuel tamén había... - Pero xa non era tanto -bueno xa non era tanto como San José- non era tanto como San José, San Jose era...
P: E os comentarios que se facían nas tabernas ou nas casetas a maioría de que era, porque daquela de fútbol apenas se falaba porque non había radios prácticamente.
R: Non, de fútbol había, haber había pero non era gran cousa.
P: Do que se falaba case sempre que era sobre o mar.
R: Sobre o mar, dun conto que pasaba no barrio, ó mellor unha moza... porque daquela aparecera unha moza preñada falabase ¿non sabes?, ou un que se xuntaba con unha ou que deixaba á muller, eses contos que hai, os comentarios
P: O que máis se falaba era iso, se aquel barco ten mellor tripulación que o outro...
R: Tamén, tamén.
P: Traballamos mellor que vos.
R: E tamén, e despois iso de decir, pois nos estuvemos en tal sitio e sen embargo fulano estuvo alí e pescou e nos non pescamos, porque o noso patrón é así, ¿non sabes?, comentarios, o comentario do mar o hubo sempre, e inda o hai hoxe aquí, e non hai barcos e inda hai estes poucos que andan
P: O que se colleu se se fixo changüí
R: Nós vendemos a este precio, o noso vendedor non sirve. Nunca vende como os outros, total e según a hora.
P: ¿As partidas que xogaban ás cartas a maioría que eran?
R: A brisca e a manilla.
P: E o tute.
R: O tute despois entre dous.
P: ¿E o poxado?
R: E o poxado
P: O subastado vamos.
R: Era xogadora a xente era moi xogadora máis ca ahora, máis ca ahora.
P: Había moita emoción, había moita xente mirando.
R: !Mimadre¡. E mais eles.
P: Facían moito ruído.
R: e mais eles, había aquí cinco ou seis, que as lanchas antes como eran de remos varanbannas, as traíñas esas, varabannas na area gorda, aquí donde están os coches aparcados ahora estaban os barcos aí, bueno varados e había aquí unha panda de tres ou catro que compraban uns achotes, os achotes eran unhas velas así cortas e gordas ¿non sabes?
R: Como os cabuchos
P: Como os cabuchos, e ibanse po talme da traíña coa baraja e botaban toda a noite a xogar ós cartos.
P: Ós cartos.
R: Ós cartos, pero ós cartos de o mellor un pataco a partida ou un real, todo máis que podían perder un par de pesetas, porque outro... xa era un capital, que outra cousa non había, ian a Leixós, e claro o camiño eran 7 ou 8 horas de camiño, e mentres ibas de camiño e non aparecía peixe, no catre a xogar dous ou tres co achote e a xogar todas as 7 ou 8 horas.
P: E iban así xogando en parellas ou cada un para sí.
R: O poxado e iso cada un é para sí.
P: A brisca non.
R: A brisca xa son de tres ou dous, son tres unha brisca de seis, tres, un era o patrón que era o que iba no medio, poñíanse un aquí outro aquí contrarios e o patrón alí no medio e despois estaba outro aquí e outro aquí e o patrón no medio de eses dous e xogaban tamén -que tiñan as señas- as señas cada carta tiña a súa seña, o "as" levantabas os ollos para arriba, o "tres" chiscabas o ollo, o rei botabas a lengua fóra -e que non che mirara o outro- e que non che mirara o outro.
P: Esas señas practicamente inda existen ahora.
R: Inda existen, bueno, e había algúns que as facían polas mans ou polos dedos
P: Buscaban outro tipo de señas
R: Despois era o costumbre de xogar xa xuntos ¿non sabes?, e as veces ó falar xa lle daban a entender ó patrón o que tiñan namais ca... pois si home eu por aquí ou decíalle oes non che acorda o de aquel día, xa sabía o que lle quería decir ¿non sabes?
P: ¿E non hubo xogos que desapareceran das cartas?
R: ¿Que?
P: Xogos que desapareceran das cartas, ¿Usté acorda de falar dun xogo que lle chamaban o solo?
R: O solo, o solo non. Pero a esa as sete...
P: Sete e media.
R: Sete e media, si acordo as sete e media, o tute, o subastado, a manilla, todo iso acórdame.
P: E outro tipo de xogos ó mellor de man.
R: De man non.
P: O que lle chamaban os chinos.
R: O de man o que eu acordo era nas festas que viña un coas tres cartas e donde está e destapa, ese teño eu xogado, pero ese disque levaba el a bolita na man e...
P: Son artistas, verdadeiros artistas facendo...
R: Eses eran de medo.
P: ¿E ó chinchimonis non se ten xogado así a veces?
R: O chinchimonis si pero non me acorda como é, teño oído falar e disque están xogando aí pero eu non sei como é.
P: O chinchimonis era que cada un tiña tres moedas ou tres pezas, collían o que querían na man e entre todos tiñan que acertar o número que tiñan na man.
R: O que tiñan na man.
P: Entre todos.
R: Entre todos si teño mirado.
P: O que perdera pagaba unha ronda ó mellor.
R: Si teño oído sí, pero nunca mirei xogar, vamos non me cadrou, despois si iban no barco e iban e calquera sitio e metían man ó bolsillo e ese teño mirado.
P: Bueno nos chamámoslle chinchimonis ó mellor daquela chamábanlle de outra forma, ahora chámanlle os chinos tamén.
R: Os chinos.
P: Nas tascas había costumbre de pagar unha ronda, ou cada un pagaba o seu.
R: Nas tascas dependía, según como fora a cousa, pero iban muito de rondas pero había tamén algúns finos ¿sabes? porque mira, aquí había unha pandilla despois, que claro xuntábanse tres ou catro, e estaban alí, e miraban vir a un, e decían "ponlle unha chiquita ou un vaso a fulano" e ibas ti despois e entrabas ti despois "pon unha ronda" xa estabas, xa gastabas máis do que ibas a gastar ti, pero nisto viña outro e vaille aquel mismo ou outro, "ponlle unha chiquita" e despois iba con unha chiquita algún bebías sete ou oito ¿non sabes? porque pagaba a primeira chiquita do que viña e despois como o outro invitaba
P: Invitaba á ronda.
R: Invitaba á ronda salía gratis.
P: Había de todo.
R: Había de todo, porque o home sempre pensou, e sempre se pensa na comenencia de un, a favor sempre
P: Ademais se a ronda é grande...
R: Bueno hombre.
P: E cando se facían as caldeiradas a maioría como acababan despois das caldeiradas.
R: As caldeiradas ben, as caldeiradas acababan ben.
P: ¿Cantábase despois?
R: !Ai sí¡ despois de estar un pouquiño quente, cantar, e ó mellor tamén había un enfado ou se había un lío...
P: ¿E non había muitas pelexadas tamén?
R: Buf... líos. Por ejemplo Moaña con Tirán, ou Moaña con Meira... había...
P: Pero na...
R: Tanto na taberna como nas festas, nas festas máis.
P. Nas festas si.
R: Nas festas se non había lío non era festa, como non hubera lío non era festa.
P: E o lío que se facía case sempre ó final.
R: Ó final, ó final.
P: Ó final da festa sempre se...
R: Unha vez contoume o meu sogro, non sei quen eran dous, e por san Vicente, na misa maior, empezaron e viñeron desde Abelendo e pola Canexa abaixo todo hasta a plaia, peleando, e a chegar á plaia foron tomar cada un seu vaso a de Juan o Pisque e alí fixeronse amigos. Primeiro viñeron desde a iglesia de Moaña hasta a plaia a pelexar, a darse tropadas un ó outro, e despois foron a tomar as chiquitas.
P: Despois foron a tomar as chiquitas. Antes había muito de que o mellor despois diso de cantar acababan...
R: Acababan sempre.
P: E cando se enfrentaban dous había que deixalos.
R: Había que deixalos senón ibas a atrapar sen querer, ou xuntar, ou ser unha pandilla ó mellor de Meira e outra de Moaña, e ir todos xuntos a piñas tamén, ou de Tirán ou de Vilela.
P: Pero iso máis nas festas.
R: Iso máis nas festas.
P: Pero nas tascas nas tabernas.
R: Nas tascas nas tabernas entre veciños, entre amigos, ¡entre amigos!
P: Entre amigos. Acababan, ¿porqué peleaban por unha tontería de nada?
R: Por unha discusión calquera, por unha discusión calquera.
P: Por culpa ó mellor por iso o teu patrón é mellor que o meu e cousas desas.
R: Namais, ou porque ti non debeches meter esa carta por unha manilla ó mellor ou unha xogada da brisca, "porque non fixeches ben coño, porque mandachesme meter o tres e debías deixar ir po rei que estaba alá" e tal e tumba, veña, lío.
P: E despois.
R: E despois, amigos.
P: E despois ó acabar a tomar...
R: E despois a tomar o chiquito.
P: A tomar o chiquito.
R: Ou non, ou ó mellor botaban sen falar un ano, ou non se falaban máis, iso depende despois do....
P: Do orgullo de cada un.
R: Do orgullo de cada un, eso é, e a maioría a tomar o... se non era naquel día era no outro.
P: E ese tipo de peleas a veces había un que se quería facer de gallito e despois quería mandar na xente cando iban a bordo.
R: Si había muitos, muitos, quen se tiña por un gallito aquí era o Quisque o vello, que tiñase por un gallito sempre se tuvo por un gallito.
P: Tamén pelexaba, tamén...
R: Tamén, disque se zafaba ben, eu nunca o mirei, pero disque se zafaba ben, e disque, que eu tampouco nunca me cadrou e mais era da miña mocedá pouco máis ou menos, que quen se zafaba ben tamén era Andrés de Pena, o que se casou con Cándida.
P. Si con Cándida a vinagrera.
R: Disque, eu nunca o mirei, pero disque se zafaba ben.
P: Os dous tiñan bo corpo.
R: Todos os dous tiñan bo corpo. Sin embargo Andrés parecía medio "boa fé" de rapáz pequeno andando á escuela, facía o que lle mandara, era medio parvo.
P: Era o rapatundas de turno.
R: Era o rapatundas de todos, o irmán Julio tenlle dado cada mazada, porque ó xogar ó fútbol, daquela cando era darlle pa diante ¿non? e decíanlle "dalle pacá Andrés" e el dáballe para onde lle dixeran anque fora ó contrario, o irmán colliano "é pa aí" pimpán "e po outro lado", e de alí a un pouco decíanlle "dalle pacá Andrés" e el xa lle daba.
P: ¿E o balón de que era?
R: Era de trapo, unha media con uns trapos dentro e... ¿Quen tiña unha pelota? !Mimadre¡ unha pelota desas de tenis que ibamos ó tenis no Pixon xogaban muito o tenis, e donde estaba o campo de tenis viña arredor dunha carreira que iba hasta Rodeira e viña por alí e viña salir á area e o que topaba unha pelota daquelas !mimadriña¡ facía unha festa.
P: Era o xoguete máis grande que tiña ¿non?
R: Facía unha festa o que topaba unha pelota daquelas.
P: ¿E nestas pelexadas a veces non ten habido desgracias?
R: Ten habido.
P: De chegar a mortes non.
R: Ten habido mortes ten habido mortes, en Rodeira mataron a un, matouno un home casado, dunha puñalada tamén había ser polo ano 22 ou 23 chamábanlle Luciano, e o que o matou, era xa un home casado xa con fillos grandes, chamábanlle Prol, era de Cangas, e viña de Cangas, era un domingo ás dúas ou tres da mañán, vamos ás dúas ou tres da mañán do lunes, el marchara o domingo á noite a Cangas e viña para casa ás dúas ou tres da mañán, e había unha taberna alí arriba ó pasar o forno, vindo de Cangas para acá, ó pasar o forno, donde está ahora a casa que era de Bautista que hai alí un bar, chámanlle o bar Stop.
P: Alí en Vilela.
R: En Vilela, antes non había aquilo eran unhas veigas, e naquela casa de arriba, había unha taberna, e sentiu cantar, e el foi e entrou. Pediría un vaso ou pediría un tal e entrou a discusión o outro a cantar e el, el tocaba algo a guitarra tíñase un pouco..... porque os de Cangas todos eh¡, el que non cantaba ben o outro que era así o outro que non era, empezaron a discusión e o outro como era un mozo que era de 23 ou 24 anos levantouse, !ai¡ pero el sacou a navalla e cortoulle as tripas, antes non había coche nin había ambulancia nin había nada, cando lle chegaron con el á casa á nai, xa tiña todo fóra, buscaron un coche de cabalos, que non había automóviles aínda, leváronno a Pontevedra e cando chegou a Pontevedra xa morrera, pois sabes o que lle dixeron, que cando lle deron a puñalada si o enfaixan, que aquilo non salía para fóra pero ¿quen sabía iso? e non se perdía.
P: Igual morría desangrado igual.
R: Digo eu fai moito tempo
P: Era moito tempo para levalo
R: Era moito tempo. Estaba na taberna a hora do lío o meu maestro Don Antonio Puente Castro e no outro día á mañán fomos a escuela e xa o miramos, aquel home non tiña color na cara, que lle pasará ó maestro que lle pasará ó maestro.

CARA B

R: Tuvo que ir a declarar cando foi do xuicio, e estivo preso. O Prol ese estivo ou 12 ou 13 anos. Acordame que houbo aquí... e paréceme que a puñalada que lla deron dentro desta casa, ou non, ou na bodega de Manuel de Faico ou nesta casa foi, non, foi na casa de Manuel o tonete, aquí o outro o que veu aquí esconderonno e non o miraron, e tamén que lle deran unha puñalada pero non sei se morreu se non, non sei o conto, se estuvera a miña muller xa o sabía, dese conto non... Despois si recordo que veu no faro o crimen de alá de riba de Baiona, ¿como lle chamaban?
P: Falamos de sucesos que teñan relación máis directos como este.
R: Por aquí non acordo máis ca éste, e iso de aquí, porque mo contaron porque sendo rapaz xa non sabía.
P: Entonces o que máis se facía na espera de ir ó mar, era o xogar as cartas, e despois nas caldeiradas cantar ou pelexar.
R: Cantar ou pelexar, pero as peleas non eran de odio, eran máis de divertirse un ca de...
P: Cando empezaban entre dous os demais miraban ¿non?
R: Os demais miraban e...
P: E non teñen ido a pelexar para a area e facer corro e todo.
R: Si.
P: Facer corro e todo.
R: Si, facíanlle corro, e dalle de aí, e mira que che vai a dar e...
P: Animar coma se foran veladas de boxeo
R: Coma no boxeo, igual, igual. E había outras que non, despois formabase a pandilla, pandilla con pandilla, pero, ó pouco tempo despois xa eran amigos outra vez, ou xa iban pa outro barco e xa se facían amigos, si..., había que defender a compañía do barco en que andabas,
P: Si que niso a tripulación normalmente no barco era mui unida, ¿non?
R: Era mui unida, ademais que xa o que entraba nun barco xa ás veces xa se aguantaba nel, o que mudaba muito de tripulación era un ruin. Un patrón bo coma Manuel de Fanico como Enrique de Bonifacio, coma Primitivo cando era o seu tempo, e Pazos e eses, eses xa tiña cada un a súa tripulación de anos.
P: Era xente fixa xa prácticamente.
R: De anos, aí era donde había..., e despois as apostas de vogar, as apostas de vogar iso ó mellor xa se iba coa aposta po mar, xa, e quen chegaba primeiro ó mar e quen arrincaba primeiro e todo iso.
P: E facíase os baños non se iba prácticamente, ós baños como van ahora os rapaces e todo iso.
R: Iban iban e iban e mais había aí quen nadaba ben, hai quen nadaba ben.
P: Os rapaces, os mariñeiros non solían ir ou si ¿As tripulacións soían ir ós baños?
R: !Ai¡ as tripulacións ó mellor non, o seren mayores non, pero rapaces si.
P: Xa estaban mollados bastante.
R: E se había unha roupa de augas daquelas de muito remendo inda mais, viña sempre húmeda, había quen nadaba, José o Zíngaro ¿coñeciches?
P: Si.
R: Sabes que era cuñado dos muiñeiros, dun muiñeiro, de José e sempre anduvo con el no barco, e cando non había maré pa traelo pa terra e despois había que ir a buscalo a fóra pois el nunca collía unha chalana nen nada, agarraba, espiase, amarraba a roupa á cabeza e a nado, anque fora no inverno, chegaba a dorna ou o barco subía polo cabo pa arriba embarcaba a bordo vestíase e ala.
P: Ese Jose o Zíngaro nos tiñamolo parado muito pa facer.... que nos contara poesías que tiña.
R: Tiña, tiña muitas, sí, si.
P: Debía ter moita memoria non.
R: Moita memoria.
P: O que pasa que nos facíamos burla del, claro eramos rapaces, e a el non se lle entendía...
R: A el non se lle entendía.
P: Non se lle entendía o que facía o que decía. Sabía poesías ó mellor estaba un cuarto de hora media hora cantando seguido.
R: Seguido sen parar. Si. Tiña moita memoria pero era iso, despois claro dábaselle por cantar e o home cantaba coma min pouco máis ou menos: mi caballo murió esas cousas e o Zíngaro puxeronlle o Zíngaro por iso porque cantaba: Baja sin descansar (inaudible) vive siempre feliz, el mundo entero estará" e cantaba con quen máis se fastidiaba era coa Pandiana, disque foi mozo da Pandiana de San Adrián ou San Lourenzo, San Lourenzo, era unha muller que... disque unha vez que foron a buscar ladrillos para unha casa, e levaron a ela e mais a un burro, e que ela levou un ladrillo máis co burro, ó burro lle meteron cen ladrillos e ela levou na cesta cento un, e despois que indo pa San Lourenzo no monte que lle quixo facer as cóchegas e disque anduveron ós tombos ¿quen era un que lle decía?, "arrasastes catro ferrados de toxo, non medraron máis catro ferrados de toxo (risas) e despois, estes son carallos ti estasme jodendo sabes (inaudible)"
P: Decía que ós baños iban os fillos máis ben, os rapaces ¿non?
R: Os rapaces.
P: Estabasme decindo que alá en Tirán bañábanse nas pedras.
R: Bañabamonos e ibamos a ver quen chegaba a aquela pedra, quen era capaz de aguantar hasta aquel sitio, e despois a tirarse a bucear, quen aguantaba máis debaixo do mar, e ás veces tirábase unha cuncha ou unha pedra, quen a collía, eu non collía nunca nada porque eu non abría os ollos, tiña medo, pero había quen collía un pataco, unha chica, unha peseta.
P: ¿E eso era pa el?
R: Era pa el, quen lla botaba, como non a botara el.
P: ¿E antes facían excursións ós domingos?
R: Non, non.
P: Non iban ás Cíes, ó río Verdugo ou a San Simón.
R: Non namais que a enredar. Non iso veu despois.
P: ¿As festas?
R: As festas pois ibas a Darbo, ibas ó Cristo de Cangas, ibas a San Salvador de Coiro, ibas a Meira a San Bartolomeu.
P: E a Meira e a San bartolomeu que iban andando.
R: Andando.
P: ¿En barco non iban?
R: O tren de pernas sempre, nada, á Peregrina.
P: E San Bartolomeu a veces cando enchía o mar ¿había que esperar a que baixara?
R: Nunca montou, montaba no inverno pero o camiño por moita maré que haxa..., no inverno sí, montaba o camiño, pero o camiño sempre estaba libre, no inverno viña... cando había vento había veces que montaba, pero no vran non, ahora que si estar a par sí, non te descuidaras senón ibas, a par muitas veces.
P: ¿E ten ido ó mellor ás festas a Domaio, a San Adrián en barco?
R: ¿A Domaio? En barco non, eu nunca fun a Domaio sempre por terra, a andar ou na linea, despois xa empezaron a vir as líneas.
P: E a Chapela e iso ten ido tamén.
R: A Chapela tampouco nunca.
P: E as zonas de Vigo de alá de Baiona, de Bouzas.
R: Nada. Eu non, sabes quen iba muita xente tamén, a que festa iban aí ó sur, a Toralla a este como lle chaman, que é o día de Darbo tamén, os Liñares, a festa dos Liñares.
P: ¿Donde é iso? Nos Liñares había xente.
R: Muita xente.
P: Que iba en barco en excursión.
R: Iban no barco, iban no vapor e despois collían o tranvía en Vigo, pero despois pa ir...
P: Eu sei de vellos de Coruxo que decían que iba xente de Moaña de Cangas alí.
R: Os liñares moitos, moita xente, ós Liñares si.
P: ¿Os liñares que era o patrón do liño?
R: Non sei chámanlle a virgen dos liñares non sei porqué é, eu nunca fun alí, ahora a Darbo si moitas veces, ás vísperas maiormente a Darbo sempre, porque alí botaban..., foi onde empezaron a botar por aquí, os fuegos de artificio, chamabamoslle nos o combate, ¿non sabes?, o combate de fuegos de artificio.
P: E despois a Meira.
R: A Meira.
P: Á peregrina.
R: A Coiro, á Peregrina, á Peregrina fomos un ano os de alí de Vilela, porque antes poñían nas bicicletas un concurso, poñían unhas cintas chamabanlle o concurso de cintas, e colgában así ¿non sabes?
P: Unha gincana desas.
R: Unha anilla. E o que iba na bicicleta levaba unha varita e o que collera máis anillas daquelas.... e fora Pardo, Pardo o que se casou aquí con unha filla de Ventura que era...
P: Que era de Ferrol.
R: EH?
P: Era de Ferrol el.
R: Non. Era...
P: ¿Antonio Pardo non era de Ferrol?
R: Antonio Pardo non era de Ferrol era, fillo da maestra que había en Tirán.
P: El cando se jubilou marchou para Ferrol, foi veciño meu que tiña na Canesa a taberna ¿non?
R: ¿Marchou para Ferrol?, serían de alá de Ferrol, porque a nai veu de maestra, e o pai non era nada era o home da muller e quen era a maestra era a nai. E estuveron na granxa donde está ahora Castroviejo ó que lle chaman de Castroviejo, eles tuveron a escuela alí, e de paso el cuidaba a granxa, non sabes, e dábanlle.... se había pagar tanto pola casa pagaría tanto e, entonces el tiña bicicleta e inda estaba solteiro e estuvo, bueno índa era un rapaz, entón viñemos a mirar como collían o... e fomos a... eu, Ninao, Ninao non o conoceches, foi un xogador do Deportivo da Coruña.
P: Non non cheguei a coñecelo.
R: Non o conoces, un irmán que lle chamaban o cativo e outro que morreu na guerra que lle chamaban o Gaucho, a pandilla de alí de Vilela, viñemos todos acá, a mirar, e foi a única vez que fun á Guía tamén, era alcalde de aquela Ernesto Carballo.
P: Ernesto Carballo foi alcalde durante varias veces.
R: Varios anos, varios anos.
P: Iso foi coa dictadura de Primo de Rivera foi alcalde, e despois foi dos primeiros alcaldes durante a República.
R: Paréceme que tamén estuvo na República sí, ¿sabes onde era o Ayuntamiento? Donde vive Ernesto o de Pazos ahora, alí na subida de Fondicán para arriba na primeira casa, donde fora o cine antes de ir palí, alí era o Ayuntamiento, estaban, non había máis escribintes ca un irmán del que lle chamaban Ramón que despois...
P: Que o botaran.
R: Botáronno e non lle pagaron e despois hubo que pagarlle non sei canto.
P: E despois ¿hubo que pagarlle?
R: Si despois hubo que pagarlle, e mais era este que era de aquí de arriba como lle chamaban que era o que facía todo, era o amo do Ayuntamiento, Costas, Pepe Costas ou José Costas ou como se lle queira chamar, eran os dous únicos escribintes que había e todo a man, non había máquinas de escribir nin nada.
P: Aínda non había máquinas.
R: Daquela aínda non había máquinas.
P: Si que había.
R: Pois mira que eu paréceme que alí non había ningunha, eu vin varias veces aí e nunca mirei ningunha máquina.
P: No trinta e tantos había máquinas
R: !Ai¡ no trinta e tantos, pero iso era antes do trinta e tantos, mira, mira, cando se inagurou a primeira luz eléctrica aquí...
P: Foi no 25.
R: No 25 foi no 25 ¿non? pois xa estaba aí, xa era alcalde ese.
P: Carballo
R: Carballo, ese día fíxose tamén a festa do árbol, aqueles árboles que había no grupo, alí plantados.
P: Si os plátanos todo eso.
R: Un deles axudeino a plantar eu, eu e mais ese Ninao.
P: E todos estes árboles que había por aquí.
R: Por aquí, eses viñeron máis tarde. Aqueles foron os primeiros, bueno, e acórdame que despois viñemos a inaugurar a luz, aquí abaixo, de todas as escuelas, nos como a casa de Paleta non sei que tiña que... primeiro estuvemos en Tirán, tuvemos que ir á escuela ó grupo, desde Vilela ó grupo, con ese maestro, e despois viñemos aquí diante da casa de Manuel de Fanico, puxeron o palco pa donde falou, falou primeiro o cura de Moaña Don Enrique inda era mozo e acórdame que falou sobre o árbol, e dixo: "el árbol de la cruz" non sei que acórdame aquelas palabras ¿non? "que era el árbol porque Jesucristo fue clavado en la cruz, hai que respetar el árbol", e despois falou o alcalde, ese Carballo e como era a inaguración, "el señor párroco que el árbol de la cruz pero también hay otro árbol, los árboles donde aguantan las bombillas no hay que tirarle piedras", acordame eso. Eu despois de alí logo deixei a escuela, o Ninao inda seguiu e o irmán cativo tamén, o irmán ese cativo é abuelo dun concejal que hai do PP ahora aquí que é diputado que é de Meira ou que vivía alá ou casouse en Meira, como lle chaman este... Santomé.
P: Ahora xa non está.
R: ¿Ahora xa non está?
P: Non me parece que non.
R: Bueno pois, ese era abuelo do Santomé, porque ese é Santomé Rodriguez.
P: ¿E ós Remedios ten ido á festa tamén de romería a comer empanadas?
R: !Ai bueno¡ nas merendas, ou ir á misa maior por ejemplo a Darbo, ou ós milagros ou iso entón a empanada era a que andaba máis.
P: A que máis andaba.
R: !Mimadriña¡, ó Cristo de Cangas iban as de Berducedo e xa mirabas ir as mulleres coa empanada na cabeza, e pulpo, despois o pulpo tamén, eu nos milagres gustábame muito comer un platiño de pulpo, póñennos eu non sei como fan aquel pulpo está blandiño e póñennos nuns platos de madeira
P: De madeira con aceite e sal por riba e un pouco de pimentón.
R: Que ben sabe, que ben sabía aquel pulpo rico, eu na casa xa lle teño dito, ¿pero como non me sabe a min como me sabía na romaría?
P: Si. E así de festas ou de tempo dos domingos, que soían facer máis ou menos os domingos.
R: Os domingos pois e...
P: Aparte de ir á misa así pola tarde.
R: Á tarde ó baile ou as romarías según non tempo que fora.
P: E a xogar na casa as loterías.
R: E a xogar na casa
P: Nas casas.
R: Non, nas casas había casas que se xogaba e había casas que non, pero os homes pois iban á taberna a botar a partida e unha partida de brisca ou de manilla e estaban a falar alí, e a contar contos e a contar cousas de vellos, a comentar.
P: Estaban cheas as tabernas¿E deportes así tipo marítimos?
R: Deportes...
P: Natación non había nada.
R: Había regatas de traineras.
P: ¿Regatas de chalanas e botes?
R: Pouca cousa, despois si cando empezou a vir o fútbol, nos xa de rapaz xa empezamos a xogar á pelota como lle chamabamos, xogar á pelota, xa berraban as nais que se rompían as zapatillas, era o primeiro que !mimadriña¡, xa foches a xogar a pelota ¿non? Mira rompía ela porque estaban as uñas largas e furaban o aquel. "Xa foches a xogar a pelota".
P: Se non xogaban na ribeira e chegaban cos zapatos mollados todos.
R: !Ai mimadriña¡.
P: E daquela non había cine prácticamente ¿non?
R: O cine despois veu máis tarde, aquí antes de haber o de aquí, había un alá nas chabolas de Pereira, nas de Pereira non nas outras máis dalá, non me acorda como era.
P: Na Gorita.
R: Antes de chegar a Gorita sí, despois da de Ramona palá había unhas chabolas alí.
P: No banco santander alí.
R: E facianna con bombo de carburo, non había luz aínda, a máquina traballaba con carburo.
P: Entón cada dúas por tres había descanso.
R: Había que apagar. E en Cangas eu xa fun de rapáz.
P: ¿E como lle chamaban ós cines?
R: Os cines chamábanselle os cines.
P: Non tiñan nombre.
R: Non tiñan nombre.
P: ¿Que tipo de películas botaban, mudas?
R: Botaban de vaqueros, botaban de risa e botaban así series tamén, hubo unha serie que lle chamaban a de Polo, Polo era o fuerte e despois había o bandido que era Satán, e Satán era o demo era o que facía a trampa, e despois viñan a dos vaqueros (inaudible) a domar cabalos, a matar ós indios e...
P: ¿Eran mudas as películas?
R: Mudas, había que ler. E despois había as de risa, había Charlot o outro como lle chamaban aquel que tiña cara de cabalo, bu bu bu
P: Buster Keaton.
R: Uns cuantos así, e en Cangas o cine estaba un pouco máis arriba da iglesia, e sabes ti que a calle real antes iba a saír á carretera que vai a Bueu, bueno, entonces tiña a porta da taquilla mismo para esa calle, pero despois estaba así, contra Coiro así ó largo, era unha casa ó largo contra Coiro, e íbase por aquela outra carretera que iba para alá, por un camiño que había, unha entrada, e por alí donde estaba a taquilla entraban os de butacas e por alá entraban os de general, o general inda era terreño e estaban os bancos así ó largo e despois a sala aquela facía unha esquina porque a outra era máis estreita, entón así como nunha esquina desas había así bancos tamén así ó arredor que lle chamaban o galiñeiro, alí era donde iban os golfos, mentres non empezaba o cine había algún que chegaba desde alá arriba hasta abaixo, !bumba, bumba¡ e había un home vello que sempre iba ó cine, sempre, costaba 30 céntimos tres patacos o cine, en general eh? Ahora en preferencia ou en butaca ou como lle chamaran xa costaba unha peseta, entonces aquel home viña ó cine sempre, e non sabía ler e sentábase ó lado teu ou doutro, ¿sabes ler, sabes? Non, marchaba, ¿sabes leer? si leme de alto ¿eh? Había que lerlle de alto para saber o... para levar, que despois en Cangas por aqueles anos veu unha misión, antes había misión viñan os curas a predicar entón disque veu un cantar que decía, al cielo, al cielo, al cielo quieres ir, si quieres ir al cielo bla bla os mandamientos e todo iso ¿non? bueno, e despois en Cangas como veu o cine,

"ó cine, ó cine, ó cine quero ir
si queres ir ó cine
axunta tres patacos,
alí mirarás macacos
e botaraste a rir.
Ó cine, ó cine, ó cine quero ir".

P: Xa fixeron murga os de Cangas son terribles.
R: Por nada xa a collen, por nada xa a collen.
P: Bueno, pois hoxe deixamos tiña outro tema pero como é un pouquiño largo deixamolo para mañán.

REGATAS

P: Vamos a falar das regatas, ¿Como empezaron?
R: As regatas empezaron no club náutico.
P: Non. Pero antes de haber as regatas...
R: Espérate, espérate. A cousa das regatas era o que falamos antes, das apostas, de vir do mar, a quen chegaba primeiro, a quen vogaba máis, e todo iso, despois no clube náutico foi cando puxeron as regatas, pero non había...
P: Organizadas xa.
R: Organizadas namais que nas festas, pero non había aínda de estas lanchas, nin clubes, nin nada, non había nada aínda, namais que anunciaban o club náutico de Vigo poñamos por ejemplo, ou a comisión de festas de Moaña ou de Cangas ou de Meira, do caso que fora, un concurso de regatas, entonces xuntábanse catro de Tirán, catro de Meira, e nombraban un patrón, e coa misma empezaban a entrenar, e íbanse a apuntar ¿eh? tiñan que ir alá a apuntarse, e despois regateaban, o primeiro patrón que recordo eu de aquí, antes xa de teu tío ou do teu pariente
P: Da miña nai de Fanchuco
R: De Fanchuco, e mais antes de Matacristos como falamos, despois foi cando se organizou iso, era un que lle chamaban o Cantero.
P: Non sabe o nombre ¿non?
R: Iso si que o nombre non. Era conocido, cantero era o apodo que tiña.
P: ¿E de donde era?
R: Era de Tirán, era pai que non sei se coñecerías, un que lle chamaban Rotilio, aquel era sogro dese que lle chamaban Rotilio que era da familia de aquí-dos Gadés- ¿que dixeches? -dos Gadés- dos Gadés dunha... dos de Fosa pola nai, dos de Fosa non, dos de Abelardo, e era o sogro del, se vivira ahora tería pois 130 ou 120 anos.
P: Xa era maior entonces.
R: !Ai¡ era vello daquela fíjate e era eu rapaz. Xa o Rotilio ese, morreu ahora habrá cerca de un ano, e xa morreu de 85 anos o xenro, e a muller aínda vive. Túa nai haia coñecer que lle chaman Natividad, eran veciñas, túa nai vivian alí e elas vivían un pouquiño máis arriba -na costa- donde empeza a subida aquela que vai hasta o Fuxón alí mismo, nunha casiña pequeniña que había alí, alí vivía, e despois buscábanse xa os vogadores. Pinete, inda empezaba Pinete a vogar daquela fíjate ben inda era mozo vamos empezaba, xa levaba vogado muito tempo, pero inda empezaba e vogaban muitos de alí que xa morreron, un que lle chamaban Fanchuco...