MAR VIVO

ENTREVISTAS CON :

ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS

PARROQUIA DO CARMEN

· Polas festas do Carmen facíanlle promesas. Para sufraga-las separaban unha parte do monte maior.

· A virxe do Carme celébrase en xullo dende que fixeron a parroquia abaixo Antes celebrábase sempre no outono, ó día seguinte de san Martiño

· A promesa de ir a misa do Carme en roupas daugas

· Murga que lle dicían ós emigrantes chegados da Arxentina

· A san Bieito ofrecéselle aceite para saca-las espullas. A san Lourenzo tamén. A san Antón ofrecíanlle o primeiro pendón do millo. Si llo levaba unha solteira había a crenza de que non se casaba

· Co mal tempo un bo patrón debe impoñerse para que non cunda o nervosismo Anécdota de cando anegouse o motor

· Samertolameu era para quita-lo medo. Pasase tres veces por debaixo do santo dicindo: "Samertolameu dame teu medo e eu douche o meu"

· Toques da campaniña para distinguir un anxeliño dun difunto adulto

· Antes como morrían moitos anxeliños, facíanse promesas de levar na procesión, caixóns valeiros portados por rapaces

· Os días de san Martiño e Carmen facían procesións arredor da igrexa. Houbo anos en que baixaba ata a Praia e a imaxe da virxe quedaba nuns baixos mentras duraba a festa

· Relación dos presidentes da Confraría de Pescadores (Pósito)

· Cando empezou a vir a virxe do Carme para a Praia empezaron as procesións polo mar. A veces a festa non se celebraba o mesmo día do Carme, senón que a facían coincidir cunha luada e así non perdían de ir ó mar

· O leva-la virxe para a Praia, chegou a orixinar grandes disputas cos de Abelendo, incruso éstes últimos chegaron a cantarlle coplas

· Antes a ETEA chamábase a Base Naval. A ETEA foi cando sacaron a Escola de Marín para Vigo

· Don Donato traballou para traer a virxe para abaixo. O terreo da igrexa foi doado pola casa de O Rosal

· Na capela de O Rosal facían misas os domingos

· Polos anos 50 empezaron as procesións polo mar. Entre os barcos facían puxas para levar a virxe

· Un ano foron a facer a misa a Base Naval de Ríos

· Si o barco que portara a virxe era grande, podía levar tamén a múseca.

· Moitos mariñeiros levaban cadeas con medallas e escapularios da virxe do Carme e na ponte tampouco faltaba unha estampa da virxe

· Os do "Vaticano" rezaban moito nos barcos cando ían a faenar

· Facían promesas por todo

· Anécdota da ofrenda dunha espulla da neta a san Lourenzo

· Nas casas era costume colocar as imaxes nas cabeceiras das camas. Había unha santa que se pasaba polas casas dos socios, cada 24 horas.

· Os que queimaron a igrexa de san Martiño no 36 foron perdoados polo cura

· Na procesión de Corpus solía levarse mollos

· As carracas soaban durante o Gloría na misa de Xoves Santo

· O día de Corpus dábanlle chocolate e pan os rapaces que facían a primeira comunión

· Naide quería casarse nun martes 13,e si empezaba o oscuro deixábase a saída do mar para o mércores

· Os corvos negros e as pegas, son de mal agoiro

· Cando miraban unha labandeira durante a semente das patatas, dician: "Anda a labandeira é boa sementeira"

· O mascato, a pardela e o pitorro eran boas sinais de peixe

· Hai unha garza que aparece a comer cando está o mar devalado

· As amas dos barcos solían ir a espanta-las bruxas

· Anécdota de cando o "Gorrión" o Vello foi as bruxas a Vigo

· Levábase a unha "individua" cun cristo para facer un esconxuro

· Na noite de san Xoán tomábanse as sete ondas nas Areas Gordas

P: Facíanse o que eran votos e ofrendas a...
R: Ofrendas, promesas como lle chaman aquí, promesas por ejemplo viñan vindo á festa do Carmen, e ó mellor había un a bordo ou xuntábanse dous ou tres, si ganamos tanto esta semana facemoslle unha parte ó Carme, ou a San Juan ou ó que fora, ou levámolle, ou vamos alá cunha caldeirada e facemos a cociñada no adro e bebemos un cabazo de viño, según como fora a promesa, porque a promesa había un aquí que contaba un conto, que disque que un que foi ós milagros e a promesa que levaba que era a que iba no cesto, a promesa que levaba era a que iba no cesto, foron comer ós milagros alá e iso tamén era unha promesa.
P: ¿Os milagros iban andando?
R: ¡Ai¡ daquela iban andando non, iban a coller o tren a Vigo e iban hasta Portas e de Portas subían todo alá arriba no monte, disque tiñan que ir toda a noite andando para chegar ós milagros á mañan. Ahora non, ahora, eu aínda fun un ano, cando vin da guerra, que había que parar abaixo, porque os milagres están... é despois de Moraña ¿non?
P: Si en Amil.
R: Están en Amil, bueno quedaba no baixo de Amil, entonces había que subir aínda por un camiño todo hasta o monte, despois de alí a dous anos fomos outra vez e xa se foi arriba en...
P: Ahora hai autobuses.
R: Autobuses. Sí, sí
P: Explanadas enormes.
R: Pero xa fixeron hasta a iglesia hasta a capilla. E eso dos votos que facían, e despois tamén facían bueno pois e... de levar a virgen ou de levar o santo ou así esas cousas.
P: Eses votos normalemente claro facíanse a Virxen do Carme que era a patrona do mar.
R: Esa era a que máis tiña.
P: ¿Celebrábase o mismo día da Virxe do Carme o 16 de xuño?
R: Aquí o día do Carme celébrase ahora desde que fixeron patrona á parroquia.
P: A parroquia abaixo.
R: A parroquia de abaixo sí, antes era coma arriba, o día de San Martiño e noutro día o Carme
P: Claro facíase o día de San Martiño, claro.
R: Primeiro era San Martiño e despois o Carme.
P: ¿E non se facía festa o día 16?
R: Esperate, pero a festa mellor era a do Carme, a ver se me entendes, San Martiño era a modo dunhas vísperas, pero a festa maior era o Carmen, esa era... viña a mellor música, botábanse máis fogos e todo porque xa había unha comisión ¿non? Para pedir, e despois inda iban as promesas, tamén me acordo eu, máis de oída que de outra cousa, aquí hubo unha vez e paréceme que foi un rapaciño ou un fillo de Manolo "Faneca" que non sei que lle pasara no mar e que fixeron unha promesa de ir todos á misa maior coa roupa que tiñan vestida aquel día, como estaban a bordo do barco, e quen daba un dalá arriba que viñera de Buenos Aires, cando chegan todos de arriba el de corbata e como estaba algo de chuva paraguas de bastón disque se colle a el: pero ti non miras como vimos nós non quedamos de vir todos... ai che eu vin en corbata e que faloulle o Argentino sabes porque antes los que van a la Argentina echan allá medio año llegan diciendo che vos como llaman al burro llaman al cerdo marrana no conocen ni el angazo esa era unha murga que hubo aquí tamén, bueno despois a xente pero isto é dos mariñeiros non é...
P: Bueno pode entrar de todo tamén
R: A xente a San Benito aceite para as espullas sabes as verrugas -A San Antonio o primeiro pendón que viñera dábaselle a San Antonio-
P: O pendón de millo.
R: -Quen levaba o pendón quedaba solteira-
P: O pendón de millo.
R: Mira con iso das promesas hai varias cancións. O pendón dábaselle ou a San Juan ou a San Antonio pero si llo levaba unha moza solteira que non se casaba ¡ai¡ levoulle esa xa non se casa bueno hubo así que se casarón e algunha que estaba para levala e non levou quedou solteira.
P: San Antonio era o Santo dos mozos
R: -San Antonio é o Santo dos mozos. - San Antonio é o santo dos mozos. -E nos milagros non sabes que facían, o primeiro ano topamos unhas xestas con muitos nudos, as mozas que decían que para o ano a ver se iban casadas se non iban solteiras entonces- a que iba solteira collía unha xesta e tiña que facer un nudo pero cunha man sola nunha ponla...
P: Si nas ponlas esas.
R: Ti non sabes como son.
P: Si sei como son.
R: Bueno, pois nunha pola tiña que facer un nudo, porque para ver se o ano iba casada xa - pero eso hai muitas cousas desas- había, antes había moitas creenzas así.
P: ¿E do mar?
R: Do mar, no mar eso tamén, despois...
P: Ofrecíanse polas capturas.
R: Ofrecíase polas capturas, ou vamos, por canto tomamos, ou colleuno un temporal
P: E facía...
R: Porque no mar habendo mal tempo, hai que ter moita serenidade, como o patrón non teña respeto non meta respeto cada un fai o que quere non sabes e hainos que saben o que teñen e outro que polo medo fan calquera barbarida.
P: Póñense nerviosos e non...
R: Entonces moitas veces facía o patrón xa mismo virgen do Carmen se me salvas desta... para que a xente se amodere, non sabes, mira que xa fixemos a promesa, non era por outra cousa máis que por amedentrar porque non, no mar, non todo o mundo é igual o mar hai que ter moita hai quen ¡mimadriña¡ con nada xa... e o outro xa... nunha ocasión na pareja estabamos a durmir todos tranquilos, había un pouco, un pouquiño de vento nada máis e non sei como foi e empezou o motorista a decir que o barco facía agua que se lle a agua na cala e que lle montaba xa por riba das pernas a agua, claro como non iba a montar pero o que tiña que mirar non mirou namais que se acordou de dar a alarma, namais que se acordou de dar a alarma pero de mirar o que tiña non paroulle de picar a bomba de achiquee cos remollazos que viñan foi aumentando el non se deu conta e cando mirou xa lle montaba por riba das pernas o que iba eu que sei non sei se iba durmindo, se como iba e deu a vida que despois empezaron había a bomba de man e empezaron a picar na bomba de man ¿non? e a agua baixaba, a ver como a ti montouche a agua e ahora a agua baixa, e claro e coma despois muitos mariñeiros ¡mimadriña¡ xa querer botar o bote ó mar e querer coller o salvavidas non. Primeiro hai que mirar o que hai, eu case non me levantei do catre dixen eu bueno estaba ben aquí porque cando é unha via de agua cando é así nun temporal non da tempo a mirar a agua vir para arriba así pouco a pouco non ou ben rompe xa. - San Bartolomeu é para o medo ti nunca pasaches por baixo de San Bartolomeu-
P: Si pasei.
R: Si tamén San Bartolomeu era para o medo.
P: Hai que pasar tres veces.
R: Levaban ós rapaces para pasar, San Bartolomeu dame o teu medo e levame o meu, non sei como era.
P: Si, dame o teu medo e douche o meu.
R: Que eu douche o meu, dame o teu medo que eu douche o meu -todos os santos teñen así uns... para quen teña fé-
P: ¿E San Juan de Tirán?
R: San Juan de Tirán era...
P: ¿Que atributos tiña?
R: Ese de mar non, porque era, San Juan evangelista ou digo San Juan Bautista ese era San Juan Bautista entón despois había tamén quen facía unha misa pagáballe ó cura para que lle fixera unha misa. Unha vela despois.. antes había tamén a varios santos a muitos, levaban tamén a un rapaz, porque antes había nos rapaces había moitas enfermedades, sabes non é como ahora que ahora non hai un ahora os rapaces todos son sans antes morrían muitos anxeliños.
P: Si morrían muitos.
R: Muitos, non había día que non se sentira a campanilla "tilín tilín", porque os anxeliños levaban ós rapaces e rapazas e iba unha campanilla a campanilla era a que anunciaba, se era grande o morto iba "blin blin" e se era anxeliño "dlin dlin dlin dlin" era outro, e muitos votos muitas promesas desas de levarlle unha caixa, e detrás da procesión catro rapaces, a caixa libre, pero catro rapaces a levala igual e o que era da promesa detrás no medio dos dous de atrás.
P: ¿E eso en donde?
R: -Moito máis nos Milagres- Nos milagres, ese xa é aparte, nos Remedios tamén en San Juan tamén e en San Martiño tamén iso despois dependía da temporada dos que hubera nun ano ahora nos milagros un ano hasta iba a individua dentro da caixa, -da caixa- era unha moza
P: Aquí non.
R: Aquí non, aquí o que che digo iba un caixón canto máis barato mellor porque a promesa non se decía de canto iba a ser, e iban detrás do santo e aqueles catro rapaces a levar, e el o individuo ou individua ou o que fora, detrás deles tamén.
P: Entón o dia 16 de julio non se lle facía festa grande a Virxen do Carmen.
R: Non
P: Se facía...
R: A misa do día.
P: O día 12.
R: O día 12 porque era aquí ten vido o regimiento de Murcia a tocar aquí e todo.
P: E facíase procesión o día de San Martiño e mais o día do Carmen.
R: O día de san Martiño e mais o día do Carmen.
P: Entón o patrón, e outro día, a patrona.
R: Na procesión despois salían xuntos.
P: Salían xuntos.
R: El diante e ela detrás. Eses salían ó redor da igrexia.
P: ¿Non viñan hasta abaixo?
R: Non, veu despois cando empezaron a facerlle aquí, a...
P: Si, cando se dividiu a parroquia.
R: Antes de dividir xa a parroquia xa viñan.
P: Xa baixaban.
R: Baixaban a aquel e nunha bodega calquera metíanna dentro e adornabanna e alí facíase a misa maior tamén.
P: ¿En bodegas?
R: En bodegas
P: Ai non no baile eu acordoa.
R: e mais no Con.
P: No Con sí, pero no Con ven de Tirán.
R: Si ven de Tirán porque é de Tirán, pero aquí viña de alá arriba, un ano na de Lestón aí-e máis na outra casa que tiña- tamén outro ano, despois foi cando se fixo a iglesia aquí, e cando se lle puxo o nombre do Carme, e cando se... despois pediuse para comprar a imagen, unha comisión, eu tamén estuven nela.
P: Facíase unha comisión, non se facía unha cofradía.
R: Non daquela hubo unha comisión para comprar a vírgen ahora non sei se hai cofradía do Carmen...
P: Si, ahora hai.
R: Si ahora hai ¿non?Bueno daquela fíxose unha comisión, veu Don Donato, a min fixérame, daquela que foi o ano que morreu o "piringandiña" que lle chamaban este... José Costa.
P: ¿Costa Alonso?
R: Si. Costa Alonso que era... foi sempre o presidente.
P: Un poseedor do pósito si.
R: Eu estaba aquí un día aí á porta e querían facer unha cofradía nova, ¡coño¡ ti home eu e tal e tumba pero con él xa non fixen relación ningunha, xa non fixen con él reunión ningunha, xa morreu antes deulle un mal non sei como, e morreu enseguidiña, e despois quedou Lis que era o delegado sindical que había en Moaña e no sitio del quedou Lis, e despois a quen puxeron, puxeron a... ó do Con, a Emilio, Emilio...
P: ¿Emilio Pena?
R: ¿Emilio Pena? o pai dos Emilios dos que hai ahora, que era o armador máis grande que había aquí en Moaña, tiña daquela vacas, despois hubo máis pero quedou él hasta que despois botouse fóra tamén por un lío que hubo unha amañada que querían facer e a el non gustoulle e despois deu achaque de que... porque era enfermo ¿non? Padecía un pouco do estómago e deu achaque de que estaba enfermo e non quixo se... e despois viñeron outras eleccións e xa non me presentei e boteime fóra tamén.
P: Despois chegou Pepe Currás.
R: Pepe Currás.
P: Ese xa máis para acá.
R: Cando entrou ese que está ahora no pósito quen o enchufou foi Pepe Currás que era para poñer porque xa estuvera outro antes, e abandonou, e despois ponían a puxa a quen daba máis e apareceu unha carta escrita que era fillo dun socio fundador que o pai fora fundador do pósito que tal que estaba enfermo todo por Pepe Curras e mais por Lis daba daquela 20. 000 pesetas cada mes e xa non era para ir a quen dera máis, xa non se fixo, xa se lle concedeu a él e fóra, quen quería tamén era Benito Rogelio.
P: Quería o pósito o bar ou...
R: O bar.
P: O bar. O que ten verde ahora
R: Era pa verde e inda verde inda está desde aquela alí, entrou pagando 20. 000 pesetas ahora non sei o que pagará, bueno, e Benito Rogelio quería, porque Benito Rogelio tiña un cuñado que era de Meira, que era o que tiña a plaza, tiña a plaza el cobraba el e o Ayuntamiento pagáballe un tanto e el cobraba -non é de Meira que é de Moaña- pero el nacera en Meira-nada diso- ou a muller- a muller é de Meira que é a irmán da muller de Benito Rogelio-confundínme era el, era a irmán da muller de Benito Rogelio.
P: A muller era Liberia ¿non?
R: -A Liberia é a que era de meira- A Liberia era de Meira, confundinme eu pensei que era el de Meira, non era ela, entón Benito quería que tamén era da Xunta, entón pero como xa estaba todo falado, o único voto que hubo en contra foi o de Benito e mais o meu os outros todos (inaudible) ganou a maioría porque xa estaba todo o conto feito, e non volveu a arriar hasta aquela.
P: ¿Cofradías para organizar as procesións, as misas, as ofrendas para a virxen do Carmen?
R: Despois xuntábanse uns cuantos, cando había a festa, dise bueno uns chavales ou un poñíase ó frente
P: E facían unha comisión.
R: E facían unha comisión de festas, cando era aquí abaixo, enriba xa sempre hubo a comisión de festas.
P: ¿Non había cofradías arriba con maiordomo, cofrade e todo iso?
R: Había unha xunta, uns cuantos tamén, pero despois aquí cando viña para abaixo entonces xa se xuntaban uns cuantos e tiñan que ir a buscar a virgen arriba, traela abaixo e despois a festa e a procesión e foi cando se empezou a vir ela para abaixo xa se empezaba a facer a procesión polo mar, pero non iba como vai ahora todo arredor, iba unha volta por aquí e...
P: Antes de ir para arriba non había procesións polo mar o do Carmen?
R: Arriba, cando era arriba, cando veu para aquí sí, cando empezaron a traer a Virgen abaixo xa lle facían.
P: ¿Iso que sería sobre os anos 60 ou algo así non?
R: Si por aí.
P: ¿Empezabanse a facer as festas aquí? Non. Seguianse facendo arriba.
R: A festa era aquí despois, pero igual era o día do Carme como era nunha lunada cerca. E despois facíase igual arriba, como inda se fai hoxe, inda se fai ahora nestes tempos tamén se fai arriba ahora
P: Si sobre os anos 50 que inda non había iglesia aquí traíase a virxen abaixo.
R: Iban os mozos os da comisión que se poñían para facer a festa xa buscaban uns cuantos ¿non? Xa os tiñan de man e íbase arriba a buscala, e despois o sábado siguiente ou o domingo siguiente había que levala para arriba tamén e ós de alá arriba non lles gustaba nada que lle trueran a virxen para abaixo e despois foi cando se xuntaron cando veu...
P: ¿E non chegou a haber problemas e discusións por iso?
R: -Mimadre muitas- Muitas -Hasta unha vez armáronlle unha a virxen do Carmen (inaudible) e a levan agora á guerra -e levanna pola trela-foi unha vez pola pandiña ¿non sabes? E a virgen do carmen é moi pesada e non podía vir pola e tuvo que atravesar pola pandiña ¿entendes? -
P: ¿E que a traían ó lombo?
R: Si, sí, viña ó lombo iba e viña -pero os de alá arriba non lles gustaba nada- e cando veu de novo aquí non había o carro que hai ese ahora, viñan os marinos da base, viñan muito os mariños da base e viña o comandante de Vigo a veces.
P: Normalemente os marinos eran de Moaña ¿non?
R: Si habían de Moaña de Moaña da E. T. E. A. Si da base antes non era a E. T. E. A era a Base naval a E. T. E. A veu despois cando sacaron a escuela de Marín e veu para aquí- pero ós de alá arriba non lles gustaba nada porque xa sabían que Don Donato que quería vir para abaixo e non lles gustou nada que viñese Don Donato para abaixo, ós de arriba. -
P: Porque era dividir a parroquia.
R: -Non sei, non lles gustaba nada. - e el traballou todo iso porque o terreno donde estan non lle custou chica, ese terreno era do (inaudibole) e aquí había un moito máis grande -O home de doña Adela- O home de Doña Adela.
P: Si, (inaudible).
R: Tiña muita confianza cos do Real.
P: Cos do Rosal.
R: Cos do Rosal. Convenceron e regaloullo, e os (inaudible) como eran tan (inaudible) tamén.
P: Eles no Rosal chegaron a ter unha capilla, unha iglesia tamén.
R: Tiñan unha capilliña alí.
P: Que era dedicada a San Gregorio.
R: San Gregorio.
P: Esa que facía misa particular.
R: Para todo o mundo, a miña filla nova casouse alí.
P: Os domingos pola mañan facíase... as dez da mañan.
R: As nove ou as dez, e viña o capellán de alá, cando estuvo Don Donato foi o que máis fixo aí, e se non tiñan pois algunha vez pois tamén o fixo-outros- o que hai en Tirán ahora como lle chaman... -Labiche-
P: Labiche.
R: Labiche tamén ten... -tamén ten vido, había capelláns que na iglesia-
P: ¿E San Gregorio ese que atribucións tiña?
R: -Alí non lle facían festa ningunha, había outro santo que lle chamaban San Bartorio-
P: Que lle facían misas nada máis.
R: A misa do domingo e eles oíanna desde un ventanucho porque a iglesia xa tiña unha (inaudible) e eles poñíanse na ventana da casa e sen saír afora xa oían a misa, como antes a misa era en latín, non se podía contestar, ahora contéstase, e antes quen contestaba era o sancristán. - Santo Gregorio debeu ser obispo porque - e sería -e xente a onde se iba a misa senón había que ir alá arriba- alá arriba tamén se iba pero - íbas alá arriba pero ibas máis á misa maior- alá arriba ás veces iamos algúns a tomar unha taza - era partidario de ir arriba sempre- meu sogro...
P: A tomar viño con xeito.
R: Home - Ó meu pai gustáballe muito ir así á misa maior- A misa das 12 era a misa maior, había veces pois que se viña un pouco contento, depende do changüí que se ganara - el de viño tomaba un cuartín pero non lle facía daño, aguantaba ben- se lle fixera daño ó mellor morría (risas) -aguantaba ben-
P: Un cuartillo ben se bebe e dous cuartillos tamén se beben ben.
R: - Un vaso el non quería un vaso-El se lle daban un vaso disque non lle miraba o largo.
P. Entonces as procesións que se facían en principio eran cortas, sobre cando se empezaron...
R: Cortas. As procesións...
P: As procesións marítimas.
R: En Moaña e mais en Tirán e mais nos Remedios e en Meira tamén ó redor da Iglesia.
P: Ó redor da Iglesia.
R: Namais ¿Sabes cales eran un pouco largas? As de Cangas, que viñan hasta o Cristo aquel que había...
P: Na entrada do Forte.
R: Non, entón viñan pola calle real abaixo e non sabes que despois abaixo hai unha que vai arrente ó mar e outra máis alta non, para cando viñan cando salían viñan pola parte de arriba, dábanlle a volta ó cristo e iban por abaixo e pola calle real arriba e esas eran as máis largas que mirei no resto nos outros todos arredor da iglesia.
P: Cando fixeron a procesión polo mar aquí sobre que ano sería, nos 40 ou 50.
R: O cincuenta e tantos mentres nos cuarenta non, polo cincuenta e tantos
P: Foi cando se empezou a facer a festa no mes de...
R: Cando empezaron a vir, así un pouquiño de ganancia máis porque antes non -pero daquela - para levar a virxen despois facían puxas o barco que dera máis era o que levaba a virxen, e aquel era despois o encargado de adornar o barco e buscar a xente para levala para metela a bordo.
P: E que a levaban por aquí pola rampa de Moaña nada máis ¿non?
R: Si.
P: ¿E a Meira e Tirán?
R: hasta Meira, en Meira daban media volta, facía unha parada e despois xa foi cando empezaron a ir máis hasta Cangas.
P: Hasta Bouzas.
R: Hasta Bouzas, e de cada vez dandolle máis recorrido.
P: Hasta Domaio case.
R: Un ano, estaba... (inaudible) ¿non? e foi cando veu aquel de Ferrol que viñeran os pais de... foron facer a misa abaixo levouno o barco de Lestón a primeira vaca que tuvo, fun eu tamén nel, aquela noite, estaba aquí con un contramaestre que lle chamaban, aquel que era amigo de (inaudible) que lle foches ti a decir á muller se podíamos ir ó mar, Don Juan non,
P: Don José.
R: -Don Jose tampouco- Don José... -ai Don Santiago- Don Santiago, e embarcou no barco do Lestón, fomos nós ó mar ás luras de noite, veu Enrique con nós conmigo saliu de aquí e fumos hasta (inaudible) na boia de Bouzas demos volta e á base. (Espacio sen grabar)
Botar a virgen en terra facer a misa alí, e despois vir outra vez para Moaña, chegouse aquí a unha ou ás dúas da tarde, e antes, ahora, despois ahora, hai que buscar un barco porque a virxen era máis mala de amañar ¿sabes?, nun barco pequeno, Don Donato tamén ten medo que un golpe de mar ou calquera cousa.
P: Si que a leve.
R: Aí está. Entonces, -Don Donato no iba- pero daquela iba, cando era mozo iba.
P: E normalmente no barco da virxen levaba a música detrás.
R: E levaba a música, ou noutro barco, si o barco era grande ou noutro barco. E... que era o que che iba a decir, ¡ah¡ e chegamos alí e bota en terra e despois a bordo outra vez e para Moaña que era a misa no... e viñan sempre, invitábase o ayudante de Cangas, o comandante de Marina, ó mellor o comandante de marina non viña delegaba noutro ¿non sabes? e sempre viñan autoridades á misa maior e mais á procesión. E viñan despois os marinos da base para levar á Virgen, e aqueles tiñan permiso dous ou tres días pero había que levala ó lombo que era unha tirada desde a iglesia hasta o muelle pero como viñan dous ou tres relevos, e ahora foi cando inventaron o carrito este.
P: E o que decía Usté cando fora o follón dos de Meira eso fai pouco.
R: -Eso non hai muito non.
P: Foi alá polo setenta e algo polo oitenta máis ou menos.
R: ¿O que?-Ha de haber sete ou oito anos- ¿Cando veu o carrito?
P: Ou máis.
R: Ou máis.
P: Houbo dous anos seguidos follón cos de Meira que quixeron...
R: - Fixeron un follón-
P: Porque sempre levaron os de Moaña.
R: -Sempre levaba o que máis forza daba que era o que máis grande fora tamén, non iba a ir nun barco pequeno, tiña que ser un barco grande, e neses barquitos xa podían levala- Aí iso foi cando veu o de Meira -O de Meira- Veu máis-Máis o que escapou con...
P: Viña do traballo cando... viña no barco do traballo, que eu traballaba en Vigo, e estaba ese follón no mar que despois non querían embarcar pero ó final fíxose procesión fíxose todo.
R: -Un follón de medo a Virgen deu muitos follóns muitos porque todo o mundo a quería levar.
P: E usábanse a veces así escapularios da vírxen, os mariñeiros.
R: Os mariñeiros e mais sen ser mariñeiro, inda este ano puxeronnos aí na iglesia porque eses impoñennos hai que vendecilos e despois tes que traelo por dentro ou non sei como é iso.
P: ¿Pero así mariñeiros que foran mui creientes?
R: Muitos os que eran creientes...
P: Levaban cadenas ou escapulario.
R: Levaban as cintas do escapulario, moitos, moitos.
P: E no barco había algún sitio así que levara algunha imaxen ou algunha foto ou un calendario.
R: Varios, no puente levaban varios a foto, vamos un cuadriño, coa virgen do Carmen, -unha estampa-
P: Unha estampa si.
R: Unha estampa, varios, varios, disde que empezaron os puentes cerrados, que cando eran puentes abertos nadie tiña nada porque mollabase todo. Cando empezaron os puentes cerrados si.
P: Pero non se solía rezar así, soamente cando había temporal.
R: Había quen rezaba e había quen non. Pero pouco, sabes quen rezaba muito pero e eses algún rezaba, pero rezaban eles a xente...
P: A xente máis ben botaba tacos en contra ¿non?
R: Uns poñíanse a rezar pero coa cabeza para atrás, e no mundo hubo de todo sempre non é ahora solo xa antes había desos.
P: ¿E á virxen da illa tamén se lle facían ofrendas para que mirara polos mariñeiros?
R: Si home ¿non che dixen?
P: Xente de Moaña ó mellor.
R: E había antes, o que che dixen antes, facerlle unha parte así para a festa ou era a promesa de irlle á misa maior todos vestidos de roupa de aguas, ou había algún que lle facíanlle unha misa aparte, había de todas, o que desarrollaba despois o patrón, porque aí quen poñía eran os patróns ou os amos, non sabes, patróns ou amos.
P: Normalmente cando iba haber festa casi sempre se facían unha parte todos os barcos.
R: Si, despois sí, ou viñan a pedir os da comisión, e bueno, canto apartamos para a festa e tal, ou unha parte ou un donativo, vinte duros, trinta duros, cuarenta duros, porque daquela cen pesetas eran moitos cartos.
P: E como decía antes a virxen da Guía.
R: Ai as luces esas.
P: Non á virxen en si da Guía non se lle soían facer ofrendas ó mellor? A San Miguel, facerlle a San Campio para que...
R: Si hubo, había, sempre hai quen faga promesas, sempre hai para todo, pero non é solo polo mar, e tanto facían os homes coma as mulleres, as mulleres mismo na casa xa facían -unha enfermedad que teñas ou por calquera unha cousa- por calquera unha cousa que unha enfermedad que teñas, quen sabe por varias cousas, por un "tírame alá esa palla "como dicen os andaluces. -Todos os santos teñen a súa cousa- E despois que, todos teñen a súa cousa, que dicen que dice a xente que ten, entón quen sabe dice tal santo de que é deboto San Benito das espullas, e o outro é de tal, e o outro é de cual -mira, a miña neta Ana, tiña unha espulla aquí nun dedo, xa a queimara non che digo mentira ningunha e un día a San Lorenzo estabamos aquí a comer na mesa e sentíanse os fuegos e ofrecemoslle o que nos pareceu a nos, oes como foi a desaparecer aquela espulla mira que xa deu voltas, hasta levouna a nai a cantos lados pudo e queimaronlla os médicos e salíalle cuns gallos de medo non aquí no dedo, unha cousa fea de todo, pois desapareceulle-
P: A min miña nai de pequeno tamén, tiña sesenta e tantas espullas nas máns, pequeniñas nas mans e nas rodillas e tamén ofreceulle un litro de aceite a San Lorenzo e fomos alá cando se iba a pé e se viña a pé.
R: Sin embargo a nai de Ana tuveronlle - tuvéronlle que queimar porque ó mellor non lle ofrecemos de tanto corazón coma cando foi de Ana porque xa miraches a Ana queimáronlle tamén- si hombre pero a nai fun eu con ela a queimar -non somos todas as personas iguales- acórdame ben que tamén veu unha detras dela, non, antes dela que entrou unha a sacarlle unha amigdala, e choraba a rapaza, ¡ai ai ai¡, entrou o pai con ela pero a nai deixáronna fóra, e choraba máis... a nai, despois fóra, que ela, porque a nena berraba pero a nai choraba, -pero a de Ana non era como a da nai eh?- espérate, e veu un médico a fóra e mirou á nai da rapaza a chorar e díxolle el, "no llore señora no llore, porque cuando grita tanto es que no le duele mucho, que va si le doliera no gritaba, no tenía fuerzas para gritar" (risas) díxolle el que cando choraba muito era porque non lle doía muito que se lle doera non tiña forzas para chorar.
P: Nos lugares das casas tamén había así sitio para poñer unha estampa, para poñer unha imaxen da virxen.
R: Si home si nas paredes colgadas había de todo -nas paredes colgadas, eu aínda teño unha que me deixou a difunta da miña nai, é un cuadro grandísimo para poñer na cabeceira-
P: Normal, os días que había temporal estaba o home no mar xa o lóxico era rezarlle á vírgen.
R: E encenderlle unha palmatoria home, ti non sabes, había unhas...
P: Si as palmatorias o mesmo que as mariposas ¿non?
R: Unha mariposa - había unha santa pola casa-
P: Si iso tamén, antes había unha santa bueno antes e ahora aínda existen ¿non?
R: Si inda ven ahora pola casa.
P: É unha santa que vai recorrendo.
R: Toda a casa, de casa en casa-unha limosna todo o mundo.
P: Exacto iso que se facía un socio entre varias casas ¿non?
R: -Entre varias casas, e despois antes eran 24 inda a tuven ese día aquí namais túvenna aquí que a baixei á mesa namais túvenna 7 ou 8 días porque ahora puxeronna xa desapareceu
P: Vai desaparecendo.
R: Foron morrendo as vellas -eu lévolle a da miña prima Constantina eu e por riba pola carretera de arriba había o corazón de Jesús-
P: Do Carmen
R: -Do Carmen non había máis que o corazón de María-
P: Non había.
R: -Era o corazón de María-
P: Iba metida nunha caixiña cun cristal diante.
R: E abría e cerraba.
P: Tiña un peto alí diante...
R: -E teño unha virgen eu na cabeceira- O perpetuo socorro-O perpetuo socorro que hai na iglesia a difunta da miña nai xa andaba un fulano por aquí a vender a Virxe do Carmen, e... vamos uns cuadros mui bonitos, ahora desapareceu iso porque ahora a xente non quere - e o crucifijo colgado á cabeceira en todas as casas había, na cabeceira do matrimonio polo menos, polo menos na cabeceira do matrimonio había en todos- Ahora hai flores e hai cousas, ahora a xente non quere iso-
P: Antes un pouco antes cando fora da república houbo unha campaña en contra tamén...
R: Hubo sí, bueno xa había antes tamén, contras hubo sempre.
P: Contra este tipo de manifestacións relixiosas ¿non?
R: Si, contras hubo sempre, había quen lle gustaba había quen non lle gustaba e había de todas as ideas coma sempre. Había quen se ría, o que había antes era... - os cabecillas mandaron ós ignorantes, e tiñan 6 ou 7 anos que pagar na cadea, e perdonouno o cura tamén, o cura foi un home que perdonou, e mandaron que un fulano dera gasolina para plantarlle fogo- pero iso foi no movimiento.
P: No 36.
R: No 36 -O movimiento, xa foi antes do movimiento- Non -Xa foi antes -Foi un pouco antes sí-Foi un pouco antes- no movimiento foi cando prenderon...
P: Un mes antes.
R: Aí está, un mes ou dous antes.
P: Fora antes que tamén fora en...
R: Fora cando veu, despois da República.
P: Un pouco antes fora en Tirán que lle quixeran plantarlle á iglesia de Tirán antes de plantarlle á iglesia de San Martiño.
R: - si tamén quíxeronlle plantar pero aquí ardeu non moito pero ardeu algo, e o cura perdonounos, foi un caballero que non quixo.. - cando lle preguntaron se sabía se eran aqueles que estaban sentados "que va hombre son los mejores e... -feligreses- feligreses que tengo en Moaña", que eran os mellores feligreses que tiña en Moaña, e aínda así a todo prendéronnos estuveron presos- Pero foi despois Enrique-.
P: Prenderonnos cando foi o movemento.
R: Si despois si cando veu o movimiento.
R: E queimáronno antes e despois cando foi o movimiento...
P: Si queimaron porque foi cando veu a república.
P: E así procesións religiosas da vírxen e...
R: e mais antes era unha procesión que era moi célebre, a de Corpus, e o día de Corpus collíanse flores e herbas de jardíns e botábanse nunha tina de mollo, e poñíanse a noite de San Juan.
P: Eso e San Juan.
R: Si.
P: Eso é facer o cacho.
R: E facer o cacho, pero eran os mollos e despois facíanse os mollos- e despois esas herbas afumabas unha cousa calquera que tuveras afumabano- si queimábanse e facían fume -así o fume, o de San Juan era outra cousa, o de San Juan era pedir herbas a quen as tiña- si tes razón porque en Tirán facíase o día de Corpus o día de San Juan -non sei se levarían os mollos- levaban os mollos coa agua -e tocaba abaixo todas as rapazas cos mollos eses todos-
P: ¿E o día de Corpus era o día que se usaban as carracas na... misa?
R: -Eso era en Jueves Santo- Non as carracas na misa era en jueves santo, eran que é o cantar gloria e en Cangas, rompíamos bancos, quen sabe o que facíamos en Cangas cando era a misa das carracas.
P: ¿Enton o Corpus era cando daban chocolate para os rapaces?
R: -O chocolate para os rapaces era a primeira comunión-
P. Sí, non era o día de Corpus, daban chocolate e un cacho de pan.
R: Pero era para os da primeira comunión-ademais gustáballe muito ós rapaces-
P: E facíase a procesión con todos os rapaces da primeira comunión, e se iba ata cruceiros ¿baixabase hasta Abelendo?
R: Abelendo arriba.
P: Si pero despois daban volta ó cruceiro.
R: -O cruceiro sí, a de corpus sí-
P: ¿Non iba hasta abaixo?
R: -Non iba hasta abaixo. -
P: E falando así do San Juan, había outras creencias que non foran religiosas, que foran así de superstición, como o refrán que dice, o trece martes non te cases nin te embarques.
R: Hai bueno diso había moito o martes non se podía casar nadie.
P: Había así algún patrón que non quixera ir o mar o martes trece.
R: Quere decir o martes trece, si cadraba había que embarcar e había que ir ó mar, pero por ejemplo, vamos a empezar o escuro, hai pero mañan é martes, deixa pa miércoles.
P: Deixábase para miércoles.
R: Deixábase pa miércoles ó mellor, ou outros íbase ó mar.
P: E si ibas o martes trece ó mellor había que facer algún conxuro antes ou algunha fórmula para ir.
R: Xa non se iba, martes e trece xa non se iba.
P: E si se iba ese martes, habería algún mariñeiro que non quería ir, ou quedaba en terra.
R: O mellor habería algún tamén non creo porque -creídos sempre hubo, creídos sempre hai- sempre hubo quen cree e quen non e coma eso que había de noite, o trasno ese, habia quen... outros non, eu nunca crein nada e nunca me pasou nada, e anduven ben de noite.
P: Pero falábase muito aínda que...
R: Pero había algúns que eu topei isto, o outro topou o outro, ó mellor iban durmindo polo camiño adiante e soñar.
P: A imaxinación. Sí, a veces o medo fai mirar cousas que...
R: Eu coñecín a un que iba polo camiño adiante e iba durmindo coma se fora na cama, e iba tan dereito, tan tranquilo, había que decir eh! non falaba e iba tan tranquilo polo camiño adiante.
P: Bendito el.
R: E claro ó mellor iban durmindo así e dixeron ¡ai¡ eu topei o que iban é soñando.
P: ¿E non había paxaros así que foran de mal agoiro?
R: Decían que os corvos negros eses eran malos-os corvos negros e mais a pega- disque se cantaba a pega de noite que non sei que -pero a pega canta a noite- ahora non as hai.
P: Hai hai, é un dos poucos paxaros que aínda quedan.
R: -O cuco tamén ven de ano en ano, se non ven ven o fillo, como desaparecen os árboles sempre por marzo abril viña o cuco-
P: E o cuco tamén de mal agoiro ou...
R: -Non o cuco cantaba así- Era cando viña a sembra era cando se empezaba a sembrar o maíz, o millo.
P: ¿E iso cando miraba un corvo que soía decir?
R: Hai corvos, eu que sei, tiñan mala sombra.
P: Ó mellor si iba po mar e atravesáballe un corvo por diante do barco pola proa atravesáballe, non decía que iba a ter...
R: Pode ser, pode ser quen habería que decía...
P: ¿Que tuvera mala pesca ou algo así?
R: Ai ben a sacha ou calquera cousa-tamén hai aquí un paxaro a rola e tamén cando porque é o que che digo eu, desapareceron ahora os árboles desapareceron os páxaros- os paxaros desapareceron coas entecidas e ahora xa se vai mirando as lavandeiras algunhas -as lavandeiras xa se van mirando namais cando mirabas unha lavandeira que ten un gris e mais en blanco e en negro- e o rabo moi largo -e entón cando sales a sementar as patatas miras unha lavandeira alegraste, dices ti, anda a lavandeira boa sementeira.
P: Eso é o que decía, dese tipo de refráns de paxaros, e non hai outro tipo de paxaros que puderan ventar boa pesca como pode ser o mascato, era bo compañeiro de mar ¿non?
R: No mar eses son os que... o mascato, a...
P: A pardela.
R: A pardela, a misma gaviota, pero a gaviota pouco é vagamunda, a gaviota haille que poñer na man, pero o mascato a pardela ou mismo... este que desapareceron os... -os cuicos. - non home, eses que falamos nos o outro día.
P. O martín pescador.
R: Non o martín pescador non
P: O arao.
R: O arao, eses eran bos compañeiros.
P: Os ¿como lle chaman? Si.
R: Os pitorros.
P: Os pitorros si.
R: O mascato mayormente...
P: Cando se miraba era bo señal.
R: Por onde vai maiormente o mascato e a pardela, se non é a unha hora é a outra- cando o mar está cando son as marés grandes, entón ven a comer, ten o pescozo levantado, ten o pescozo mui largo -
P: Si que esa fai poucos anos que se mira por aquí ¿non?
R: -Poucos anos que se mira, mírase unha sola eh?-Aí atrás había dúas.
P: E no Con mírase outra, igual é a misma.
R: Igual é a misma que muitas veces ven aquí e ponse neste de aquí sempre mirando a casa mirando a comer.
P: ¿E así algún tipo de peixe ou mamíferos que tamén foran de mala sona como os arroaces?
R: Os arroaces eses comían a rede.
P: As tuniñas eran de boa sona ¿non?
R: As tuniñas sí, xa esas hasta choraban cando as cercabas no aparello choraban.
P: E non había refráns así para definilos, para decir si...
R: Non podía haber algún, que sempre hai algún que lle bota un refrán calquera, pero coma para quedar non, e había máis do tiempo, polo tiempo había máis.
P: E bruxas así que decían.
R: Hai bruxas había quen...
P: Das bruxas que tomaban os barcos, que entraban nos barcos para que non se pescara ¿non se facía así ningún ritual?
R: -Había quen iba ás bruxas-
P: Así pola noite de san Juan non se facía...
R: Iso as armadoras, a amas dos barcos, esas eran as encargadas de buscar todo.
P: ¿E como facían?
R: Facían...
P: Había algún ritual para...
R: Ritual a bordo ó mellor non, pero iban elas despois, para que non lle mirara a xente, o que facían
P: Non se sabía o que facían, bareaban ou metíanlle cardos ou toxos para que non subiran ó barco.
R: Ou un corcho dun barco ou unha silva a bordo escondida donde nadie a mirara.
P: Eso para que era para que se pincharan.
R: A min contáronme un conto unha vez, non sei se e verda ou se é mentira, o difunto de "Gorrión" o vello, o pai dos Gorrións todos Eugenio e todos eses, sempre foi un patrón que pescou, andando ó caldeo era, non dos máis pero tampouco dos menos dos do medio dos bos, bueno, e disque unha temporada que non tomaban peixe, que non tomaban peixe, e que a uns que empezaban ese aparello anda mal, ese aparello non pesca, foron mirar o aparello, armáronno desarmáronno o aparello estaba ben, non pescaba, e empezou un en coña hai que ir ás bruxas hai que tal, hai que tumba, hai que ir por aquí hai que ir por alá e díxolle el pa domingo xa vamos eu e mais a miña muller. E foron, pero foron a Vigo, e foron a dulcería a merendar, e despois díxolle él, tiñamos que ir ás bruxas pero mira as bruxas a temos no corpo, gastaron 16 duros e di el vamos a merendar gratis, colleu unha botelliña e ó chegar a casa da orina, encheuna de orina e a mañan bueno, deume esta medicina e empezou a ciscar todo polo aparello, vale 16 duros ¿eh? a pescar, e que non lle cadraba pescar, e despois disque di el, colleu chegou o sábado e apartou os 16 duros, e coa misma di el, "parvos que me pagastes eu non era os 16 duros é para que era mexo meu, pero os 16 duros tiven que gastalos porque fun a Vigo coa miña muller e fumos á dulcería e gastamos os 16 duros".
P: Pero antes facíase muito así os barcos.
R: Mimadriña, iba a individua a bordo, a desfacer o conxuro, levaba un cristo ¡que sei eu!
P: Non se soían amarrar ó revés os barcos a veces coa proa pa fóra.
P: Había tamén, as veces, desde...
P: Na noite de San Juan, normalmente.
R: En vez de ir de proa pa fóra ir de popa hasta certo sitio-pa casa.
P: Para casa tamén.
R: Para casa tamén sí, muito.
P: E para que non entraran os malos espiritus tamén non lle botaban cardos, toxos...
R: Botábanlle se ascaso unha semana.
P: Meter os balcóns para que non subiran, e rodear o barco tamén, facerlle lume arredor do barco para que...
R: Lume, agua bendita, a bendecir todo ó redor do barco, había para todos os gustos, según fora o médico así quedaba a receta.
P: A maioría destas experiencias que se daban na noite de San Juan ¿non?
R: Asegún, na noite de san Juan facíase a fogueira muito por culpa diso, que disque nese fogueira que marchaban os espíritus, porque como era ese cambio do inverno co vran, ese como lle chamen.
P: Solsticio.
R: Entonces porque todo iso ven dos antigos, e como será que o lume, tamén xa nos indios, porque os indios...