MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· A principal función da muller relacionada co mundo do mar era atar e vender.Na época do caldeo era corta-la raba
· Forma de pica-la raba. Din que había algo de "sisa" cando a picaban
· As atadeiras era por cargo do armador. Solían reparar no barco, enriba do peirao ou na mesma caseta
· A muller solía mariscar de todo. Os homes so ían ó lingueirón
· Teñen faenado nos oficios baixos o mesmo cos homes
· Anécdota de cando unha muller bogaba máis co seu home
· Aínda agora hai mulleres que seguen enroladas
· As mulleres tamén axudaban a tender e colle-lo aparello
· Na Ribeira de Vigo, as mulleres alistían o palangre para ir a castañeta
· Xeito de alistir o palangre
· As funcións caseiras
· As comidas máis frecuentes eran as do peixe cocido.
· Para pasa-lo inverno salgaban o peixe. Para asar púñase en moura como o arenque
· O viño de tinta femia
· O chincho secábase para comer cáseque ó momento
· O sal mercábase por fanegas: Medida que todo o máis que podía levar era uns dez quilos
· O arenque había que prensalo durante días cunhas táboas e pedras enriba
· As caldeiradas eran maiormente do peixe que se pescaba. Algunha vez vendido o peixe para mercar outro millor
· Anécdota de cando xantaron unha caldeirada de congro por menos de 20 pesos
· Cando o armador puña un cabazo de vino para as caldeiradas, éste descontábase do monte maior
· O cabazo das regatas tamén se sacaba do monte maior. Apostábase o cabazo para mirar quen chegaba primeiro a Vigo ou a casa
· Os mesmos mariñeiros axudábanse a prepara-la caldeirada
· "O peixe ven a terra para busca-lo aceite . Para auga xa ten o mar"
· Durante a caldeirada repartíanse as ganancias
· Nas tabernas tamén fritían moito
· A súa nai non alimentaba o porco con prebe cinco ou seis meses antes da matanza
· O cocido botábanlle feixóns , pemil, touciño, unto, porco e carne de vaca si a houbera
· O día de festa mataban o galo, un carneiro ou ouvella e ían ó forno
· Os cocidos facíanse tódolos domingos de inverno. Pola semana comían o caldo
· Facer anchoas leva moito traballo
· "Andar co forno" chamábanlle ó día que cocían o pan para toda a semana. Ese día sempre había unha empanada. Os domingos do vran sempre había empanada de xouvas, cabala, bacallau etc.
· Chámalle empanada terciada a mescla a partes iguales de fariña triga e millo
· A rascalla era unha bola que se cocía a carón do forno ou debaixo da borra
· Polas navidades facían bochos o lado do forno
· O peixe asado que comían o espeto era a sardiña e xurelos sardiñeiros
· As verduras acompañaban sempre ó peixe
· Antes de ir a Leixós , salgábase o peixe no barco agás o último lance para que aguantase máis fresco ata chegada a lonxa . O ano pasado prepararon un cento de "arengues" para enviar a Montevideo
P: Vamos a tocar un tema.
R: A ver.
P: Se quere súa muller tamén que é quen sabe ¿que función facía a muller no mar, a función da muller como... ?
R: A función, a función coma muller era...
P: ¿Que tipos de labores facía e que importancia tiñan?
R: Os labores pa atar...
P: Atadeira era...
R: Atadeira, e mais despois e... ir a vender peixe.
P: Andaba de vendedora.
R: De vendedora, ou compralo, e cando era do caldeo de pica-la raba, porque a raba sabes ti que son güevas de bacalao.
P: De bacalao, si.
R: Viñan en barriles.
P: Viñan completas, aplastadas ¿no?
R: Aplastadas todas, e había que cun machete...
P: Había que picalas.
R: Facelas gran, as guevas do... porque son guevas despois, son granos.
P: Si, o que chamamos nos a mirilla dos...
R: A mirilla! Esa! Entón cun machete daban e esas eran...
P: Había que facelas como fariñas.
R: Como fariña.
P: Separar as güevas todas.
R: As güevas quedaban todas unha por unha, ¿non sabes? pa que o peixe despois fora comendo, porque si as botan xuntas non e...
P: E esa función ¿que a facían as mulleres?.
R: As mulleres.
P: Nas casetas dos armadores ¿non?
R: Nas casetas dos armadores, e cobraban un tanto por barril, un tanto por barril.
P: E aí, parece que teño entendido, de que se sisaba algo porque a raba descontábase do monte maior.
R: ¡¡ah!! Iso e outra cousa (risas), iso e outro...
P: Descontábase do monte maior.
R: A raba iba do monte maior, os gastos, todos cantos hai no mar, neses oficios, non sendo os deles, pero o que se gastaba no mar, todo iba de monte maior, raba, salvado, cociñadas, changüises, as picaduras da raba, todo iso, o que non iba era o que pagaban ás atadeiras, o encascar e iso era gasto deles.
P: Si, por iso, que había de certo si os barriles de raba, o armador compraba os barriles, pero despois resulta que as mulleres ibanlle sacando de cada barril o mellor ata completar un ou dous máis.
R: Ahh!
P: ¿Había algo de sisa por parte dos armadores?
R: Había algo de sisa por parte dos..., dicen que había, eu nunca o mirei, pa que o vou a decir, eu nunca o mirei, pero bueno tamén non vivín aquí hasta despois de... porque non é o mismo ser de Moaña ca ser de Tirán, porque os de Moaña saben máis o que pasa na plaia de Moaña que o que saben os de Tirán, oes, pero non podes asegurar. Dician, que as amas, as amas era a muller do armador, a ama que iban a os barriles e que sacaban unha patela de guevas, ¿non sabes?, e asi si o barril había de dar dúas tinas acogoladas berraban, pois daba as dúas tinas pero arrasadas, e entonses claro, unha patela deste, outra patela doutro, e o mellor de tres barriles facían outro.
P: Facían outro claro.
R: E despois a eles cobraban, gastamos catro barriles, porque claro, foron catro e catro oito tinas pa bordo, dúas tinas era cada barril, gastaronse catro barriles, pero vai ti, el iba a aventura e pagaballe tres, e os outros eran dezaseis duros daquela, antes habian ser menos, pero cando eu acordo dezaseis duros, pero dezaseis duros daquela, era tanto como agora dezaseis mil pesetas.
P: Rendían, antes os cartos aqueles rendían. E súa muller nunca lle contou de que chegou a traballar na raba ¿non?
R: Non ela a raba nunca anduvo.
P: E iso como facían ¿que iban no casete?
R: No casete si.
P: No casete.
R: Tiñan... e...
P: ¿Tiñan un apartado?
R: Tiñan o barril, poñíano alí, abríallo el o amo, e tiñan unha tapa.. unha como... esta mesa como... un picadeiro.
P: O barril ¿que estaba clavado?
R: O barril viña clavado si.
P: Ou había que desfondalo.
R: Había que.., traía un fondo pero... os arcos eran de madeira, enton, ... e viñan clavados cuns clavitos pequenos, e despois xa tiñan un martillo, un gancho ou algo e iban desclavando, e despois ela ia collendo, e a raba había que ablandala ¿non sabes?
P: ¿Coa man?
R: Viña mui aprensada, entón pa picala mellor había que ablandala.
P: Se ablandaba coa man antes.
R: Coa man antes, e despois poñían asi, unha ou dúas güevas enriba e cun machete, plas plas plas, a que tiña costumbre bulía e, plas plas plas plas(golpes na mesa) e despois dábanlle voltas, e ó mirar que estaba tal, a tina, despois outra.
P: Xa se esfarelaba sola.
R: Exacto, e xa lle dicia, pica unha tina ou pica dúas e según, ou pica tres, según o gasto que se gastara e que se miraba que había o peixe no mar para levar... se se habían de levar dúas tinas levávanse tres ou catro, non se fora a quedar sen raba ¿non sabes? Sempre levaban de máis.
P: De máis claro.
R: Por ejemplo levaron tres hoxe, e non se gastaron máis que dúas, pois dúas, pa facer as tres, ou tres pa facer catro según iso despois dependía do... do que o patrón que quixera levar, pero, apunta, eu o que eu che dixen antes, de tres facían catro ou de dous tres.
P: E logo, logo xa como atadeiras normalmente ¿xa avisaban o armador?.
R: As atadeiras o armador.
P: Xa tiña as súas atadeiras?
R: Iso era del, o cargo del.
P: A veces se viña unha racha grande no aparello mismo ó barco xa iban a....
R: Non sendo mui grandes xa se arreglaba no barco.
P: No barco.
R: Ou enriba do muelle, botaban o aparello a terra e quedaba o aparello amontonado, e o rachazo, o roto apartábase po lado, hai que deixar sempre con... bastante paño o lado pa poder moverse ¿non? elas porque se deixas namais que... non poden traballar hai que deixar margen de paño, pa poder mover e igualar o aparello, porque pa atar ten que ir a malla mui igual, ¿sabes? Hai que igualar o aparello mui igual.
P: Si que hai unha figura mui curiosa que é a atadeira descalza co pe, amarra na punta do dedo gordo, e despois tira.
R: E despois tira.
P: E mete parte da rede debaixo do cu.
R: Debaixo porque esa e... unha orilla ¿non? e a outra orilla ben na man, e vai igualando malla con malla, vai metendo, vai igualando malla con malla, e fia a do costado coa da man. E na pareja, que é o que se dice, na pareja dícese no, o quen ata ós contramaestres e mais quen sepa atar, e vanlle as xentes os homes a aguantar, en vez de poñer iso alí, como hai que traballar de pé que non se pode un sentar entón hai que ir un home ou dous a aguantarlle, un por diante e outro por detrás, e xa dicen eles, o aguantador fai tanto como o que esta a atar, porque si non lle aguantas ben tenche que andar a dicir eh!! Tira máis pa aquí ou tira máis pacá e o que sabe xa lle trae el e pin pan pin pan pin pan e listo.
P: E... bueno despois tamén a muller traballaba no marisco.
R: No marisco, si a muller no marisco, en terra, no marisco.
P: O home o marisco iba pouco.
R: O home o marisco... o lingeirón iban muitos homes eh? Muitos homes, o lingeirón iban muitos homes.
P: Pero a ameixa non. Á ameixa normalemente...
R: A ameixa non, a ameixa esa xa era pa muller, si iso o de cuncha pequena, eso era pa muller, despois o home empezou a ir cando veu o croque, cando veu o croque aquí porque como era... de muito...
P: ¿De muito peso?
R: De muito encher, e de muito peso sí, pero á ameixa e o andar co... porque a ameixa hai que ter un lombo mui agachada, e parece que non e andar co sacho, é traballoso, e o lingeirón, en seco, tamén é malo, tamén dá muito traballo, no mar non, o home no mar porque como iba coa man.
P: ¿Enterraba a man na area?
R: Aí si.
P: Non lle quedaban as uñas entonces.
R: As veces, e cando o mellor miras o buraco e vas a meter a man, e pensas que vas polo lado e vas por arriba e corta...
P: E corta.
R: E corta o dedo. Algúns xa levaban unhas dedeiras desas, que hai nas farmacias coma pa poñer por riba, e xa van pero... como dicía o outro, gato con guantes non caza.
P: Non caza ratos.
R: Non caza, non.
P: E sen embargo nos oficios baixos a muller tamén ten ido...
R: Hai algunhas si oh.
P: Nas chalanas e nos botes ¿no?
R: Bueno home e cos homes o mar.
P: Facían a mesma función.
R: O mismo, o mismo,
P: Largaba...
R: Largaba, vogaba e... as veses...
P: E achicaba agua e todo.
R: E achicaba agua e todo. Unha vez había un equí que andaba sempre... era de Meira e andaba sempre coa muller, chamáballe a el, a ela chamáballe Hermelinda e eu non sei como lle chamaban a el de nombre, despois marcharon pa Ramallosa, morreron alá na Ramallosa, e os fillos deben estar alá tamén, e claro, un día puxeronse a vogar por aí, e ela vogaba máis ca el, vai el levanta de man, e dalle paf (risas) unha muller non ten porque virar a un home (risas). E unha vez, unha prima da miña muller, María a nai de Baiona, estaba tamen aí pola plaia e... e miroulle pegar ¿non? e chamoulle a atención "¡oes!, non lle peges a muller que tal e que tumba" e vai ela e dille, "¡oes!, a ti que te importa, si me pega é porque eu tamén son boa ¿sabes?" (risas) defendía o home aínda, e disolle ela "hai muller xa non che digo máis nada, que che pegen ben forte".
P: Normalmente cando axudaban ó home ¿que eran? tipo chalanas familiares ¿non?
R: Si, si unha chalana, unha gamela, un botiño deses que había antes, deses pimpóns pequenos.
P: Inda había así bastantes mulleres que...
R: ¡Ai! Había, por aí... por aquí pola plaia xa non tanto, pero por aí por Meira, Domaio... moitas e Rande e por aí moitas e Redondela, sí, aí moitas, moitas.
P: E iban de noite igual.
R: De noite non sei, pero de día moitas, ¿sabes a onde non iban moitas? ós pulpos en Tirán non. Muller eu nunca mirei, eu nunca acordei.
P: O boliche e eso si.
R: O boliche, e a rapeta e aquí sí, inda andan ahora ¿eh? ahora todas, ahora como os homes, enroladas, ahora enrólanse teñen rol ou teñen libreta, e algunhas despachan o barco, de patronas, sí, hai esa, eu pareceme que despacha tamén, a que é a presidenta da cofradía, dos marisqueiros, non sei como lle chaman eu, aquí falana pero eu non lle fago caso, non lle sei o nombre ahora. Esa din que despacha ela o barco, xa é dela.
P: Alicia chámase me parece.
R: Alicia. O barco disque xa era do pai, e quedoulle a ela, e ahora despacha ela
P: Tuvo que sacar o título de...
R: Sacou o título de patrona, e cotizan como mariñeiros, e despois cando se jubilen cobran como mariñeiros. O outro día eu estuven con un en Meira, que collín moita confianza con el, unha temporada que fun o xeito co meu xenro, Manolo, o home de Maruja, e andabamos mui xuntos, é un bo home non.... fala muito pero é un bo home, e topeino eu en e... fun a dar unha volta hasta o campo de Meira, por alí polo relleno de Meira, e topeino, estaba cargando un carro de cuncha de croque de que botaran en terra, disque para botar nunha lagoa, que se lle enterraba na lagoa e el que lle botaba aquilo para facer seco ¿non? Pa poñer camiño "¡ Sr. Enrique! ¿a que anda por aquí?" "Home, ando a dar unha volta por aquí", eu xa non o miraba, "¡coñe! ¿e Lolo?" "Lolo andache por alá e tal. "
P: Si que Lolo casouse en Meira, claro.
R: Non o....
P: A o cuñado, o xenro.
R: Non, o xenro.
P: Si home, si estaba pensando no seu fillo.
R: O Lolo casouse pero aquel foi alá no latón. Bueno, e empezamos fala fala fala fala e díxome "mira home, eu ahora pouco me falta pa jubilarme, e despois, pago muito. pagamos muito ahora que, subiron ben as cotas, pero teño unha chalana e enrolei nela a muller". Mira se son pillos ou se non son pillos! ¿eh? "Porque hoxe ou mañán, eu cobro como patrón do barco, e ela despois cobra pola chalana. " Despacha a chalana a muller, e despacha el o barco, e a muller despois vai a cobrar da chalana máis vai a cobrar da fábrica que anduvo... en Guixar á fábrica, mira ti como as toman todas ¿eh? como as toman todas, e dicíame el "Sr Enrique tres sueldos vivimos coma reis despois" (risas) me di el, "por pouco que sea son tres sueldos ¿sabes?" (risas) é que é normal.
P: E outras funcións que tiña así a muller, que era xa me dixo de vendedoras que iban a vender o peixe.
R: Andaban de peixeiras ou a comprar a vigo e a vender coma ahora, como ahora, chámanlle, en vigo chámanlle e mais por aí adiante "as pescantinas".
P: As pescantinas si.
R: Esas son as pescantinas.
P: Si, nos son as peixeiras.
R: Nos chamámoslle peixeiras.
P: Que na plaza o único que hai son peixeiras
R: Son peixeiras.
P: Non hai homes vendendo peixe.
R: Hai homes tamén, se chaman peixeiros tamén, pero...
P: Non se miran.
R: Pero non... a peixeira e quen anda.
P: ¿E que outras funcións facían máis así cara ó mar, a muller?
R: Podíache facer, axudar a tender, coller ou habilitar.
P: E cando era a época do palangre ¿non enganchaban a man os palangres?
R: Aí si, na ribeira de Vigo, maiormente, porque na ribeira de Vigo cando andaban ó ollomol, tiñan que gastar muitos palangres, ¿non sabes?, e antes era o día, o día, marchaban a mañán e viñan a tarde, a estas horas xa estaban todos no (inaudible), entonces había que avistalos, pa despois encarnar, porque había que... porque o palangre métese e despois enlíase moito, entón hai que preparalos naquelas cestas que teñen, e vanse poñendo anzuelo por anzuelo para que cando o largar, que vaia todo dereito...
P: E xa van soltando eles.
R: E non se enlee, e xa van soltando eles, e non sei canto valía cada listadura.
P: ¿E iban as mulleres de Moaña?
R: De eiquí non irian, pero cando hubo aquí tamén había quen alistía, pero na ribeira de Vigo todas.
P: Pero non eran de Moaña claro.
R: Non, de Moaña non eran.
P: Non eran.
R: Despois viñeron aquí, veu "Marujín" tamén anduvo á castañeta, non sei se non anduvo tamen o "Ave sin puerto", non sei se anduvo ou se non anduvo pero aquí hubo alguns barcos aínda que anduveron, e tamén, algunha muller pareceme que alistiu tamén, eu pareceme que alistían algunhas mulleres tamén, pero hai que saber, pa listir tamén hai que saber, si porque as veces... e o que sabe logo acaba, e coma en todas cousas.
P: Pero o que esta aprendendo...
R: O que esta aprendendo...
P: Non da acabado porque (inaudible) e os na cesta ¿que iban tumbados, ou iban enganchados á corda que bordeaba a cesta?
R: Iban postos así tiñan e... unha cesta, e en media cesta había unha corda encima, mentres non estaban encarnados ibaos poñendo alí medios pinchados ¿non? pa que se aguantaran, pa que se aguantaran, pa que non se moveran porque o moverse un si encarna un por riba do outro, xa leva dous ou tres arrastro, ¿sabes? entón despois o encarnar empezaban polo arremate e iban poñendo un, despois iban poñendo outro ó lado, e ó non ter...
P: Iban poñendo de lado.
R: Si de lado, sen espichalo, porque coa encarnada despois xa non se movían, como pesaba máis ca o anzuelo xa quedaban alí postos, ¿non?, entón despois ó largar xa iba un por un, e todo iso hai que... é como asentar un aparello, hai que empezar sempre por baixo, o primeiro que sale po mar é o que ten que ten que quedar por riba, o primeiro que marcha, ese é o que ten que quedar por riba, sea no aparello, sea no palangre, sea no cabo dos risóns, todo porque si o pos por baixo, fai lío.
P: E despois xa claro axudaban nas faenas da casa, os rapaces e casa e si ten algo de eido tamén.
R: A casa, e mais se había algo de campo tamén, as galiñas, o porco, daquela levábase muito iso de ter un porquiño, pa o ano ou pa vender pa axuda de comprar algo, galiñas pa ter un guevo pa lle dar a un fillo e... e así, había quen tiña unha cabra pa sacarlle leite, pa non comprar o leite de vaca, e tomaban leite de cabra e... e ovellas, pa sacarlle a lan pa despois facer as almuadas ou...
P: Ou colchóns.
R: Ou colchóns ou jarsés, fiala, porque antes había a roca, fiaban con roca as mulleres e... había de todo, había...
P: E nas comidas ¿que era o que máis abundaba? nas comidas.
R: As comidas...
P: O frito, o gisado, o asado.
R: Aquí o máis, o máis era con patatas.
P: Cocido.
R: Cocido con patatas.
P: Cocido con patatas.
R: Cocido con patatas, iso era...
P: Si, porque o aceite iba caro ¿non?
R: O aceite poñíase a man por dentro, por diante do bico, o que che dixen antes había que mirarlle os ollos, ahora que, era aceite, ¡eh¡ era aceite.
P: Era aceite, cheiraba...
R: Cheiraba ¡bua¡
P: Cheiraba... tiña moita graduación, era mui fuerte ese aceite.
R: Bueno, viña, viña virxen, sí, si virxen, namais que era como o viño, feito e coa misma a envasar e listo, e ahora ven refinado, ahora hai non sei que...
P: De aceites de girasol de...
R: Girasol, ¿quen quería o girasol, paqué?
P: De millo... aceite de todo ahora. A maioria das comidas que predominaban era o cocido, e o cocido peixe cocido claro.
R: Peixe cocido con patatas e despois, ou aceite en blanco, se era salado acite en blanco, e si era peixe fresco, rustido con pemento, aceite cebola e pemento, o pemento era pa darlle color, para outra cousa non, porque pemento molido que é, e despois levaban na cocida pementos de... aquí
P: Da casa si.
R: Da casa tomates, a cebola.
P: Si, que se cultivaban no campo, da horta ¿non?
R: Da horta, o que a tiña, o que non compraba na plaza tamén.
P: E secábanse muitos peixes para...
R: O secar tamén por exemplo...
P: Pa pasar o inverno facíase ou....
R: Salábase. Para pasar o inverno a maioría era salado, xurelo salado.
P: Era salado.
R: Rincha salada, pero a maioría xurelo, e sardinas, e tamén se poñían en moura pa asar, esas xa eran máis pa asar, como o arenque, o arenque do casco dos que falamos antes que eran os almacéns, ese pa cocer non valía, valía pa asar e por aí polo interior comiano crudo, ¿e sabes como lle facían?, poñianno por ejemplo enriba da mesa e co puño, plaf(golpes na mesa).
P: Mazábanno.
R: Mazábanno pa que arriara a... pa que arriara a escama, porque o peixe iba con toda a escama, entonces arriaballe a escama e despois...
P: Xa estaba curado e xa se comía.
R: Xa estaba curado e xa iba así, sin quentar, nin fretir, nin asar, nin nada, xa iba así crudo e comiano coma un bocadillo, coma quen come un cacho de sandía así, zas, zas...
P: ¿E non lle botaban cebola daquela?
R: Nada! non lle botaban nada, aquí si aquí pois agavase un aranque, ou dous ou tres, entonces collías e poñías nun plato, picabas unha pouca cebola e un pouco aceite en crudo, regabasno de aceite, aquela grasiña do arenque, e o aceite así por riba e aquela ceboliña en cruda, sabía que era un caso.
P: Mui fuerte, mui picante.
R: Mui fuerte pero había que ter estomago así temos o estomago os vellos que non había nin úlceras nin...
P: Despois tiraban do viño ¿non?
R: E despois, unha taza del... de aquel tinta femia que... ¿ti miras o champan ahora? así facía aquel viño que había antes o sacalo da villa, ou do torno, na casa de labradores non se levaba villa levabase muito torno, e estaba o viño (tsh tsh tsh)
P: ¿Iso?
R: Burbujas como o champán.
P: ¿Non estaría gaseado o viño? ¿non se dicía que estaba gaseado o viño?
R: Nooo! Cantas máis agullas tiña mellor era, íbalo a beber e parecía que facía cosquillas por aquí, por dentro da garganta, aquelo era un viño, ahora chámanlle champán, os franceses chámanlle champán, os cataláns cava e hai unha propaganda na radio e aquí burbujas casaldans ou non sei que... eiqui en...
P: Champán non poden chamarlle senón teñen que pagar o royalti
R: Claro.
P: Igual que o coñac, aquí chámanlle brandy non poden chamar coñac, teñen rexistrada coma o champan.
R: Son de marca, xa lle chaman viños de marca.
P: Si.
R: Pero aquí, aquel viño de tinta femia.. ah¡ daba gusto¡... e despois aquelas bodegas que había antes, como eran paredes tan gordas, non entraba o calor.
P: Si mantiñan o viño fresco sempre.
R: Mantiñan o viño fresco, claro.
P: Os que estaban arrente a parede...
R: Aquí xa diciamos, bótame do da arrente a parede.
P: Estaba máis fresquiño.
R: Era o máis fresquiño, e mais.. o mellor.
P: Entonces o secado do peixe, a maioría do peixe seco, ¿que me decía que era o xurelo?
R: O xurelo... seco non, salado.
P: ¿E seco, que secaban?
R: Seco tamén se secaban os chinchos, pero eso era para comer xa case na hora, non era para o inverno, non era coma pa comidas, era coma pa un... momento.
P: Si para ter unha variación diferente do cocido ¿non?
R: Eeeh! Namais, namais. O peixe do inverno era peixe salado.
P: ¿Todo?
R: Xurelo, sardiña ou bacalao.
P: ¿Tiñan salgadouros grandes entonces, para aguantar todo o peixe durante todo o ano, non?
R: Si home xa habia quen tiña un salgadouro como pa...
P: Entre o porco e o... peixe.
R: O do porco era aparte ¿eh? onde iba o porco o peixe non o podía tocar.
P: Non o podía tocar.
R: Nada nada nada, nadiña nadiña.
P: ¿E donde compraban o sal?
R: O sal no..
P: Porque...
R: Aquí en Moaña na de "Namorado", traía de Vigo.
P: Sacas de sal enteiras ¿non?
R: Si, traía en Vigo viña...
P: ¿Ou era a granel?
R: A granel, viña a granel e despois...
P: Que había que comprar por caldeiros ou por tinas...
R: Despois comprabas fanegas, había unha medida que lle chamaban unha fanega, dúas fanegas, a que quixeras.
P: ¿Unha fanega, canto tiña iso?
R: Pois non che podo dicir, porque claro ¿Qué tería? Eu pa min...
P: O peso asi aproximado.
R: Dez quilos, oito, dez, máis de dez non tería, ou eran medias... o que non sei se eran medias fanegas ou se eran... ou a medida aquela, eu sei que esa medida pareceme que era a fanega, todo o máis que podería levar era dez quilos, todo o máis que podía levar, e... entón ibas, comprabas un queixón de xurelo ou traía o fillo ou o pai ou quen fora e alá, a limpiar e a abrir, había que abrir, e despois ibas a donde había sal, "Namorado" aquí era o" Namorado", "Ventura" pareceme que non tiña., e... dame unha fanega ou dame media ou dame eu que sei, cada un o que lle fixera falta, chegaba a casa, sentábanse na banqueta, colle peixe, bota por un lado e por outro...
P: ¿E non facía unha salmoura antes?
R: Facialle... a de salmoura xa facía el despois, o iso de romper o sal xa...
P: O arriar el a salitre.
R: Sin embargo si era pa facer arenque, entonces sí, entón había que facer a salmoura, ¿sabes? Xa lla facían tamén nos almaéns eses.
CARA B
R: Iba a salmoura, despois da salmoura inda lle botaban... pero o ser peixe salado como se dice, ó levar no medio, como o porco, o porco tamén había que facerlle uns cortes pa meterlle o sal no medio, eses entón xa fai a salmoura el despois.
(Espacio sen grabar)
R: Ou o que quixeras eh.
P: Si normalmente...
R: Ó mellor despois acababas e había que ir comprar.
P: Normalmente facíanno pa todo o inverno. E despois, despois..
R: Había quen lle sobraba, eso dependía da casa.
P: Metendoo naquela salmoura, o arenque cando secaba...
R: O arenque había que sacalo e...
P: E prensalo igual ¿non?
R: E prensalo un pouco.
P: Que lle metían unhas tablas...
R: Unhas tablas un queixonciño, unhas tablas postas e unhas pedras encima, e xa iba alí calcando.
P: ¿E había que deixalo muito tempo?
R: Depende, despois ó mirar que non vertía xa...
P: ¿Que pasaban días ou pouco, ou horas?
R: ¡Ai¡ de días, días e mais non poucos ¿eh?, porque iba pouquiño a pouco iba calcando aquel peso, estaba alí aquel peso e o peixe iba arriando a salitre.
P. E cando deixaba de arriar entonces e cando...
R: Despois xa, o mellor xa empezabas a comer antes de estar calcado.
P: ¿E non lle iban os gatos a el?
R: Había que ter cuidado.
P: Tamén lle gustaban os arenques salados.
R: ¡Ai bueno! Algun... se atrapara... ahora que non eran todos, os gatos non todos e.... había gatos finos ¡ai¡ coma en todos lados, coma todas as cousas.
P: ¿Que tipo de caldeiradas...
R: Caldeiradas...
P: Podían facer, ¿que eran de sardiñas practicamente?
R: Cando era dos barcos, todo era do peixe que se tomaba, fora sardiña, fora cabala, fora xurelo, fora o que fora, din vamos a cociñar, do peixe que había, non se iba a comprar outro, as veces sí, vendíase as sardiñas e comprábase un peixe aparte ¿non?, ollomol ou... sempre se poñía algo do monte maior e tal, ou congrio, mira como podía estar a vida daquela, que o ano trintaecinco, andando eu en Cangas como che dixen, un día non collemos nada e estabamos alá, polo sur da Guardia, naceunos o día alá o sur da Guardia, e a bordo non había víveres ningún, como andabamos o día non se levaba... había patatas había e aceite tamén, pero non había peixe.
P: E chupito de caña tamén.
R: ¿Ah?
P: E chupito de caña non faltaba.
R: ¡Ai! bueno, eso xa era cada un levaba a súa, bueno, e coa misma viñamos vindo po norte, viñamos vindo po norte, e dixo o patrón "mecagoen...", se tuveramos cartos abordo ou peixe abordo ibamos pa aquí pa á Guardia, pero ahora non temos nada, e temos que ir a Cangas non dá tempo nin a chegar alá, vamos a perder a noite que ven, e díxolle o patrón de costa, ¿cómo? iamolle pa terra oh ¿o barco non ten nombre e folio? Ten. pois tendo nombre e folio o barco e rol, ten o que queira, chega aí pides, este barco e de don fulano ou de fulano de tal, a cobrarlle alá, e fomos, e claro eu era o das contas e díxome el, "mira vai a taberna e pide... " e díxenlle eu "eu teño vinte duros ¿chegará?" díxome él chega, bueno, eu era solteiro daquela aí van, vinte duros, billete que antes era os billetes máis grandes eran os de cen pesetas, despois había de a cinco, e namais, non había de a mil nin de cinco mil nin de dez mil como hai ahora, cen pesetas e vai que chuta. Bueno, foron a compra...
P: De quinientas había antes.
R: De quinientas non.
P: Bueno o mellor acordome...
R: Despois máis tarde.
P: Máis tarde si.
R: Máis tarde sí, despois foi os mais grandes que viñeron, de quinientas.
P: Si, sí, siga, siga.
R: Bueno, despois xa él lle deu os cartos os que foron a plaza, xa non lle falaron ó taberneiro pa nada. Trueron tres congrios, con patatas, pagaron cociñada, pagaron os congrios, pagaron as patatas, pagaronlle ó taberneiro, e cada un un cuartillo de viño, e inda sobraron cartos, vinte duros, fijate ben. Que un quilo de congrio vale ahora aquí mil quinientas pesetas.
P: Tranquilamente.
R: E daquelas debía ser polo menos, polo menos, polo menos os tres congrios, o menos que debían pesar eran, dez quilos, porque foron tres tarteiras de congrio... cada un comeu o que quixo, cada un comera o que quixo, e inda sobrou, e eramos vintecinco ou trinta homes, e inda se come ¿eh? vintecinco ou trinta, tres ollas, dez en cada olla...
P: E era todo cocido, as caldeiradas tamén. Aquí cando facía a caldeirada, o armador poñía un cabazo de viño ¿non?
R: Pero iba ó monte maior eh¡.
P: Ah! iba ó monte maior.
R: Ahh! Ou da regata, ou da aposta, si porque as regatas de traineras veu diso, de bueno pa onde vamos, vamos pa venda, eh!, un cabazo a quen chega primeiro a Vigo, ou vamos pa casa, un cabazo pa quen chegue primeiro a Moaña, entonces iba, ala a bebe-lo cabazo, e xa estaba dentro do balde xa non se repartía, cada un iba coa taza e metía e... entonces, o sábado era o día de contas, porque o domingo non se iba ó mar, chegabase do mar si se facía a primeira maré xa non se iba a noite, chegabas tendías, a facer contas, xa de paso que estabas en Vigo xa iba o de cuentas a o vendedor, ¡ala paganos as contas!, toma, ¡ala xa está! chegaba aquí ¡a ver! ¿quen vai a cociñar?, xa había voluntarios ¿non? porque estaba arrimado a cociña e sempre había...
P: ¿E non se cociñaba nas tascas, nas tabernas?
R: Nas tabernas.
P: ¿E axudaba a xente a cociñar?
R: Iban dous ou tres a cociñar, un par deles.
P: ¿Pero nos alboios non se cocinaba, non se facían caralladas?
R: ¿Nas chabolas?
P: Nas chabolas si.
R: Mmm... pouco.
P: Pouco.
R: Porque non... estaba o encascador alí e tal.. e podía haber... no, no, na taberna, na taberna, pagabase todo, todo iba de monte maior, bueno entonces despois, ala nesas caldeiradas a patata xa non iba, namais ca peixe.
P: Peixe e cebola...
R: Peixe e cebola e tomates había
P: E pementos.
R: E pementos en polvo e aceitiño, xa decía aceite... o peixe ven a terra a buscar aceite, que pa agua xa ten no mar, bueno, ahora que daquel aceite o que falamos antes, un vaso, cuarto litro xa facia, bueno, unha barbarida de aceite, e coa mesma despois ala, a comer, e cada un o seu cuartillo, ou o cabazo ó mellor viña a ver, trae o cabazo, rendía máis ¿non sabes? e cada un enchía e bebía o que quería, e comía o que lle daba a gana, e despois, "a ver, ¿canto é de cociñada?", tanto de cabazo, tanto de pan, tanto de... de viño, ou digo de aceite, tanto de cebolas... ala a facer contas tanto, pagaballe ¡ei vai! E despois sacábanse, as cestas do barco e as partes do barco e as partes do amo e da xente, o amo levaba o del, o que estaba a facer contas repartía os outros que tiña, botáballe a conta ó que perdera, ti perdeche tanto (si había algún que perdera) se non había xa se partía todo igual, e o outro ese.... ala a repartir, toca a tanto, a facer montes, facíanse montes ¿non sabes?, se había cambio, senon ibase dando pouco a pouco, pero polo regular facíanse montes porque había cambio pa todos, ibase cambiar. fulano! Fulano! Fulano! Ibase dando por lista, e o changüí tamén, tamén se repartía así.
P: ¿Freidurías facíanse poucos, fritos poucos non? así os bolos...
R: Fritos... nas casas.
P: Nas casas.
R: Fritos nas casas. porque na taberna xa non che estaban pra esas frituras, na taberna ¿sabes o que se fretía moito? os chourizos, ¡ai! si cando iba unha pandilla de tal eeh ¡veña unha chourizada. ¡
P: ¿E non se fretían en viño a veces?
R: ¿Ah?
P: ¿Por falta de aceite non se teñen feito en viño?
R: Non, en aceite en aceite, aceite ou grasa, o chourizo muitas veces coa grasa do cerdo mismo, disque sabía mellor, disque, non sei.
P: Pero é que non había aceite.
R: Eu nunca os comin, a min gustábanme con aceite, ou crus. Si, na miña casa eu eh... estaban colgados, porque os chourizos fanse ¿non? coa carne, e despois pónselle loureiro por baixo...
P: Pa afumalos.
R: Pa afumalos.
P: E curalos un pouco.
R: E despois xa quedaban colgados enriba da...
P: ¿Da chimenea, da lareira?
R: Da lareira, alí pa que sempre lle fora... i eu iba e... tras un cachiño, cru, un cacho de pan de millo... ou de trigo se había de trigo de trigo senón de millo.
P: E non había problema de colesterol nin nada.
R: O colesterol ven ahora, por non haber deses, aquilo era todo criado a man.
P: Si era todo natural.
R: Miña nai traía o cerdo, e tan pronto chegaba, seis meses antes da matanza, porque sempre xa sabía cando iba a matar, o cerdo aquel non miraba un prebe... namais ca herba, cabazo e fariña, non miraba ni unha espiña dun peis nin... nada nada nada, porque senón estaría aquel cerdiño sabroso e blanquiño nunca se perdeu, outros "Ai, crioulle un sarín", "crioulle un tal" pero era a alimentación do porco, a alimentación, mentras era pequeno sí, comía de todo tamén, os prebes da sobra...
P: Das comidas.
R: Da comida... e todo iso, pero despois, os cinco ou seis meses ou sete antes da matanza, porque según era o cerdo xa sabía cando o había matar, porque o que salía bon pois o ser grande xa se... e o que saía un pouco ruín había que darlle un mes ou dous máis para que se fora refacendo máis, porque os animales son como os homes uns medran moito... senón fijate pahí, un coma ese (risas) pero un coma min pois hai que lle dar un pouco máis de tempo, pa que se repoña, e ese tempo xa non miraban nada de porquería, de prebe, nin de levadura, nin nada, namais ca patatas, verdura, herba e todo iso.
P: ¿E como se facían os cocidos?
R: ¿Os cocidos? Poñíase o agua ó lume, o caldo, o caldo, botábanselle os feixóns e despois botábaselle o touciño, o pernil ou a costilla ou o que fora.
P: E daquela botábase muito o unto ¿no?
R: Espérate, o unto é aparte, tamén se botaba... porque o unto aportabase do porco, o unto era o estómago do porco, enchíase de sal por dentro, e cocíase, e despois alí íbase cortando un cachiño do unto para botarlle ó caldo, dáballe muita sustancia e... botábaselle todo, o cerdo e todo, e na casa que tuvera pois unha libriña de carne... ou según...
P: Carne comíase pouca.
R: De vaca según o... da cabeza, do fuciño, el sempre levaba algo, maiormente na miña casa sempre se levaba algo, o domingo, o domingo.
P: O domingo ou un día de festa.
R: Ou un día de festa, bueno o día de festa xa o mellor matabas o galo tamén, matabas o galo, ou na miña casa tense matado unha ouvella ou un carneiro, tamén.
R: Ese ¿que iba, ó forno?
R: Ese iba ó forno, tense matado polos remedios ou por San Juan, tense matado un carneiro, se criaban ¿non? e, ese iba ó forno, pero despois os domingos traían unha libra de cabeza, que é a que lle puña máis sustancia, a lengua, a min gustame muito a lengua.
P: A min tamén.
R: Bueno pois mira ti, o fuciño da vaca, que habia que pelalo que tiñan a cousa blanca, e despois aquilo sacábase e a lengua tamén, se lle saca tamén aquilo que ten verde tamén lle había que sacalo, e ¡oh! Iso era comer, e despois o pernil o touciniño...
P: ¿Os cocidos facíanse case todolos domingos, no inverno, ¿non?
R: Na miña casa síi, o caldo, porque xa era para facer o caldo pa toda a semana.
P: Pa toda a semana.
R: Pa toda a semana. Que había casas que desaiunaban tamén co caldo, nos non, nos como había vaca na casa...
P: Había leite.
R: Un pouquiño café con leite e... todas esas cousas. Pero eh... despois o caldo por encima da comida había que come-lo caldo, senón non se andaba ben.
P: Había que encher.
R: Meu pai anque botara a comida pola boca, o caldo tiña que comelo sempre, e o domingo, cando se facía o cocido, se había sobras, apartabanse pa un plato e despois o que quedaba na fuente, el o caldo encima e elí despois comía aquelas sobras co caldo, el sempre tiña que deixar un sitio po caldo, o estomago del sin o caldo non iba ben, si señor.
P: E os arenques, os arenques tamén os salaban ¿no?
R: Os arenques salabamos si.
P. Como as sardiñas igual. Pero non facían anchoas.
R: Pero non facían eh... non eran abertas, porque a sardiña salada había que abrila.
P: E quitarlle a espiña, ou non.
R: Non a espiña lévávaa, a espiña ó mellor sacábaselle despois, ou... non a espiña lévavaa quedaba pa un lado e outra po outro e aí botábaselle o sal, pero o arenque iba na moura, e despois via de sal, via de peixe e via de sal, e alí era donde se quedaban, ata que se sacaban pa calcalo, ¿non sabes? pa poñelos no caso como se dice.
P: O bucareu.
R: O bucareu.
P: Sempre o estou confundindo o arenque co bucareu. o bucareu non o salaban.
R: Non o salaban, ¿sabes quen o salaba? nas anchoas, nas anchoas sí, pero a anchoa leva muito traballo facela.
P: Muito traballo.
R: Muito traballo facela.
P: E se facian nos (inaudible) tamén.
R: Hai que sacar a piel hai que... entonces que poderías botar na moura tamén, botar na moura coma os eh...
P: Coma os arenques.
R: Coma os arenques, pero despois pa sacar xa...
P: É un proceso mais lento.
R: É un... aí está. e ademáis outra cousa, que o bocarte o sea ese o bucareu, non era tan abundante coma a sardiña nin coma o xurelo, ese é peixe máis emigratorio, non sabes, ven namais que por temporada ou viña antes que ahora xa non ven, por aquí non ven, onde teñen sempre e aí o norte, aí os asturianos e os vascos collen muito, pero vanno buscar máis a cerca de Francia que a cerca de España.
P: E as empanadas¿facían, solían facer empanadas?
R: As empanadas, de sardiña ou o que fora.
P: ¿E facíanse muitas?
R: Si.
P: Eso que eran, máis ben do vran ¿non?
R: Nos na nosa casa, cocíase o pan de millo, no forno, antes dicían que a casa que non tiña forno que non tiña goberno, entón moíase a fariña no muiño amasaban o pan e facían o pan pa... segun fora o forno, na nosa non levaba máis, todo máis pa unha semana a dúas non chegaba, porque era pequeniño ¿non sabes? e andando co forno chamábanlle o día de cocer e dicían "andamos co forno", na miña casa había unha empanada sempre, de trigo, e despois foi cando viñeron os fornos... cando fixeron o forno alá, do pan, xa se facían e xa se levaban ó forno tamén, e xa se facían o domingo varias veces, e tanto podías facer sardiñas, de cabala, de bacalao ou doutro peixe calquera que viñera.
P: Normalmente a empanada ¿que se facía, os domingos do vran, cando non se facía o cocido?
R: Eh eh. non habendo cocido había empanada.
P: Había empanada.
R: Había empanada.
P: ¿E eran de millas ou trigas?
R: Había quen facía a maiormente trigas, quero dicir pa comer así, pero había quen lle mezclaba un pouquiño... chamábanlle unha empanada terciada.
P: Terciada si.
R: Terciada, mitad fariña milla e mitad triga, e había quen cuarteada, cuarta parte de milla e tres cuartos de triga, e había quen a facía de triga solo. na miña casa triga solo, triga sola. o que facían sí, cando se andaba co forno, a rascalla. A rascalla era unha bola, que se facía ó lado do forno, non dentro, ó lado, ou dentro tamén pero quero dicir, ó momento xa se facía o momento, non quedaba o forno cerrado pa cocer o pan, ou e.. había quen as facía debaixo da borralla, poñíanlle unhas follas por riba, unhas por baixo e outras por riba, e despois a borralla quente encima, e había a esas roscallas quen lle botaba uvas pasas polo medio, e quen lle botaba especies, aquilo despois sabía que era un caso, pero na miña casa non había desas cousas.
P: Despois era como postre.
R: Despois era como postre ¿Sabes en navidad o que usaba miña nai?, maiormente pa ela, mazán asada ó lado da brasa.
P: Bochos, bochos chamabanse.
R: É o bocho, pero ó lado da brasa, non no forno, ó lado da brasa, e coa misma cortabaa o medio, en dúas mitades, media taza de viño, unha cucharada de azucar, e elí dentro aquela mazán, nin brazo gitano, nin eh... deses que se poñen ahora por navida...
P: Nin turrón, nin pasteles, nin nada.
R: Nin nada, ela aquilo, iba como unha reina, "que ben comín hoxe", os gustos, os gustos das personas, dicía ela "que ben comín hoxe", outro costumbre que tiña, ela poñíase o viño na mesa porque habíao, e ela botaba o vaso dela e fora así, fora así, ou fora así, había de beber sempre tres ou catro veses, polo menos según tuvera repartía naquelas tres ou catro veces, gustaballe muito comer e unha fechiña, comer e unha fechiña, e tanto era que fora o vaso cheo coma mediado as veces aquelas había que bebelas igual (risas) era mui metódica, mui metódica, miña nai era mui metódica.
P: ¿E peixes asados?
R: Peixes asados no espeto.
P: Si no espeto si.
R: Sardiñas, xurelos eh... sardiñeiros, quero decir, medios xurelos, estaban mui bos eh.. asados
P: ¿E do que máis comía non?
R: Era do que máis comía, sardiñas e xurelos.
P. ¿E o chincho?
R: O chincho frito.
P: ¿Frito?
R: E tamén asado eh, tamén asado, pero xa, como era no espeto, ahora si na parrilla podías asar, pero ó ser espeto non era como unha sardiña ou como un xurelo sardiñeiro, os chinchos eran....
P: ¿Eso é de parrilla máis ben non?
R: Máis de parrilla, máis de parrilla.
P: E os cocidos e todo iso¿que facían na trepia?
R: Na trepia sí, na olla de barro. As ollas eran de barro.
P: Os cocidos e as caldeiradas todas esas iban...
R: Esas na tarteira de barro, as caldeiradas en tarteiras.
P: En trepia todo, ¿non?
R: En trepia.
R E leña por debaixo.
P: Leña.
R: E xa dicía, había un refrán que dicía, que a muller que quería, cartos na faldriqueira, non sei que máis, e dicía e leña seca na lareira, leña seca, porque se non é seca había que estar, buf buf.
P: Afumaba todo.
R: E afumaba, e así ó botar a leña seca subía todo pola chimenea para riba, cartos na faldriqueira e como era o resto... o remate eu sei que me acorda que... o principio era cartos na faldriqueira e o remate leña seca na lareira, cartos na faldriqueira... non sei que máis e.. cartos na faldriqu...
P: Vaiase acordando muito dos refráns, que máis adiante eille preguntar asi algúns que outros, pero todos os que se acorde así como vaían salindo pode decilos ¿eh?
R: Bueno, bueno.
P: Porque despois se empeza a darlle ó cocote hase de esquencer deles seguro.
R: (risas)O mellor non ven todo a memoria.
P. Si non ven todo, despois vai salindo
R: Acordame, na cama, porque levamos unhas noites que eu non durmo hasta as seis ou sete da mañan, e cando non durmo é, é cando me acordo. Mira non lle dixen isto, mira non lle dixen o outro.
P: Ah pero pode dicilo despois o día siguiente, a min tamén me recordou o outro día que foi o dos peixes, non falamos das escarapotas me parece¿non?
R: Non, si pero despois falamos.
P: ¿Falouse despois das escarapotas?
R: Despois falouse, si. e mais das outras que eran felpudas, como lle chamaban, que saían os cornos, como lle chaman a esas, que eran negras e se lle botaban os fideos.
P: E xa así pa terminar as comidas, ¿cales eran os peixes que máis se deixaban para o inverno, que mo dixera antes?
R: As sardiñas e os xurelos.
P: Sardiñas e xurelos, o sea había épocas que se comía xurelos cocidos, xurelos asados, fritos...
R: Aí está, aí está.
P: A veces mezclábase con verdura ¿non?
R: ¡ Ai! si sí sí, si.
P: Caldeiradas ricas con...
R: Que lle da sustancia á verdura, é como o aceite, o que falamos antes, era tan bo, nada que lle... con todo levara o dedo diante e tal, dáballe unha sustancia a aquela verdura, e non digamos que fora repolo porque se fora repolo entón inda mellor, o mellor era verdura de folla, ¿non?, pero tierna ¿eh? Tierna, porque antes había muito legumbre, muito legumbre, ahora non se colle tanto legumbre coma antes, ¿E herbillas? cantas teño acarrexado eu a Vigo, mi madriña, fabas... había de todo.
P: Había de todo.
R: Había de todo e ahora non.
P: Bueno, pois por hoxe penso que empezamos con un mal trago, dos naufraxios e acabamos con mellor sabor, das comidas.
R: Si eso é bo.
P: Entón vamos a deixalo, mañan seguimos.
P: Onte tocamos as comidas e Usté non estaba, arriquéceselle a agua da boca de recordalo.
R: -Dixo Andres que falastedes dos arenques e todo- si sabes o que conteille falamos dos arenques e porque non lle dixeches que aínda o ano pasado fixen eu uns cuantos que foron a comer a Brasil ou a Montevideo -no a Montevideo- a Montevideo.
P: ¿Si?
R: Si. un matrimonio de eiquí, ti non sei se os coñecerás, uns que viven ahora no Real, ela e de Berducedo el era de aquí, "dos piches. "
R: Dos piches, si.
P: Estuverón alá en Montevideo, e ahora viñeron pacá. primeiro compraron o último piso que hai na casa de... donde esta... de Lisardo, de Lisardo o Chuco Pérez aquel que fixeron alí frente a da miña filla mismo ¿Sabes? -el chámanlle Urbano-
P: Urbano, Non me acorda.
R: El chámanlle Urbano, o que foi a Montevideo, e estuveron alí, despois venderon alí e foron comprar ó Real, entón ten familiar alá, fillos ou -unha filla, que outra morreulle aquí-morreulle unha filla aquí e outra... é verdad tenna alá, fóronlle dar unha visita, e disque lle dixeran que lle levaran arenques, e quen buscaba aquí naquel momento arenques non había, e viñeron a xunta estos, e fíxolle un cento ¿non? Pouco máis ou menos un cento e levaron-unha caixa - e cando veu preguntoulle "¿e que?" "hai señora maria! nin as espiñas deixaron!" (risas) coa gana que tiñan del e mais non- a sardiña non quere neve e esta era da neve era moi grande quere este ano xa vai haber máis- este ano hai muito pero as do ano pasado eran das que viñan por ahí, entón viñan do hielo e non collen tan ben o sal sabes? O vir no hielo non collen o sal, o peixe pa iso, pa arenque e pa iso, hai que salalo xa no momento en fresco.
P: Si en fresco claro.
R: En fresco, ou vir do mar salado porque antes lévavase indo a Leixós, como non se viña o mellor...