MAR VIVO

ENTREVISTAS CON :

ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS

PARROQUIA DO CARMEN

· O naufraxio do Ave del Mar foi na víspera de San Martiño, do ano 56. Descrición do accidente

· Na súa opinión foi abocado por un golpe de mar

· O mar picado obrigou ó abandono do rescate dun cadavre

· O día que rescataron a catro. Nada máis movelos xa frotaron

· O final quedaron dous ou tres sen localizar

· Como recoñeceu o cadavre do seu cuñado

· A un identificáronno polos remendos

· A solidaridade dos barcos. Paraban para deixarlle peixes os que seguían buscando náufragos

· Localización doutro náufrago enriba dunha pedra

· Antes dos anos 20 había moitas embestidas, especialmente cando empezaron ir a Leixós. Algún foi ó fondo

· En Moaña non había barcos para ir a Leixóes. Tiñan que alugalos en Vigo

· O naufraxio do "Aferron". Foi embestido e morreron dous ou tres mariñeiros

· O naufraxio do "Centoleira". Foi na víspera de Reis. Deulle un bou pola popa. Salváronse poucos

· Relación de algúns náufragos (cita as alcuñas)

· Un naufraxio andando ó boliche. Salvouse o máis parbo de abordo. Quedou debaixo do barco con aire

· O naufraxio de Pirinol cando andaba ó trasmallo na costa da Vela

· Na costa da Vela o mar traballa contra a costa

· A lenda do accidente do Con. A cruz debe ser do século pasado

· Na illa puxeron un cruceiro polos mortos do "Ave del Mar"

· O naufraxio dun barco de Bouzas en Cabo de Home

· Accidente dunha familia de Meira en Cabo de Home sobre a década dos 70

· As néboas producen poucos accidentes porque se navega con cuidado

· A morte de seu fillo foi por culpa da néboa

· O accidente do río Verdugo. Morreron catro ou cinco, salvándose un home inválido que ía nunha cama ou colchón

· Os golpes de mar teñen levado a moita xente

· Houbo accidentes por uso dos pistóns pero procuraban silencialo

· Fai dous anos morreron dous mariñeiros en cabo Estai

· Descrición de zonas perigosas en Cabo Estai

· O seu cuñado Fanchuco era moi precavido. Tiña medo e traballaba seguro

· O accidente do Sibonei

P: Hoxe por falar do, dos peligros que causa o mar, o mar as néboas, mal tempo e os naufraxios. Aquí, en Moaña por desgracia, pois é unha terra donde apareceu moito naufragio.
R: Aquí hubo moitos naufragios, hubo muitos e grandes, tiñamos por ejemplo o da Gata, o vir do mar eses foron todos, vinteoito, vintesete ou vinteoito todos enteiros.
P: Estaban faenando na...
R: Viñan pa dentro.
P: !Ah viñan pa dentro¡.
R: Viñan, xa traballaran, viñan pa venda.
P: E había temporal, ou.
R: Foi unha noite de muito vento, era víspera de San Martiño. San Martiño é o 10 de Noviembre.
P: O once.
R: O once si. O motorista era hermano da miña señora, Manolo, ti non sei se o coñeceches, non te debes dar cuenta porque os meus fillos si danse algo de cuenta, pero xa... aínda eran ben pequenos tamén. -Lolo tiña tres anos e Martín tiña dous por aí. -
P: ¿Por que ano foi?
R: Foi no 56.
P: No 56.
R: O dez de diciembre do 56.
P: De noviembre.
R: De Noviembre, había moito vento, e todos estaban, vamos, non vamos, e meu cuñado estaba casado coa nai de Rúa, porque Rúa, firma con Rúa pero é Pérez Rúa, ¿Sabes?, el era o pai, e vivían na... Xeira, nunha casiña de alquiler elí, entonces, ó vir po mar sempre viña por aquí, pola casa da nai, e estaba aquí na porta esperando, e dicindo, non sei se iremos, non sei se iremos, porque hai mal tempo, e moito e tal e tumba, en Moaña é o que pasa ¿sabes? Empezou un a salir, e vai un e vai outro, e foron todos. E claro, despois o estar foron pescar pa fóra da illa, todos barcos, á altura da porta, dunha hora a hora e media, todo máis lonxe, non estaban moi altos, moi altos non estaban pero o máis que foi era a maruxía, o mar moi vivo, o mar moi fuerte, moi alto, e casi casi todos viñeron a entrar polo norte. O pai do meu xenro, Manuel da viúda, gobernáballe a Benito Rogelio, a Benito Rogelio un barco pequeniño que tiña, e tamén entraron, á altura do lado donde pescaban eles, e en vez de vir pola porta, dábanlle volta ó cabo, como lle chamaban o puente de, o cabalo, fóronlle dar volta ó cabalo, se veñen pa terra sendo o mar vivo, entonces déronlle volta máis po norte a enfilación que che dixen o outro día, dos dous montes, dos dous faros do monte, e viñeron e entraron e entraron todos. E el veu pola porta, e conócese porque viñan todos, morreron todos a durmir, agachados, namais que foron os dous, non viñan máis ca en cuberta co patrón de costa, ou sea o roedista e mais o de guardia que foron os dous primeiros, eses xa deberon morrer de golpe. Xa os colleron no primeiro día.
P: ¿Falloulle o motor ou non?
R: Non se sabe.
P: ¿Que foi, un golpe de mar?
R: Desconfío e coma min hubo moitas opinións da mesma maneira, porque apareceu todo o barco xunto, cos homes xuntos e todo, traían oito ou dez cestas de peixe, según as pescas que hubo.
P: Non era moita caixa ¿non?
R: Non era moita caixa, pero traíannas todas en cubierta, todas en cubierta e á banda de estribor, porque bótase nun encaixonado que hai, e sempre o barco, aquel peixe sempre pesa máis que o aparello, entón o barco ven derreado, e vindo por aí o mar vindo así o barco sempre tira máis contra esa banda, non sabes? Sempre tira máis. E eu desconfío en que viñeron, e aí collera a enfilación da porta moi ben, e deulle un golpe de mar en popa, deulle agua ó timón non gobernou e tirou con el, porque donde apareceu era no outro lado da illa do sur, e eu pa min abocounos, o mar abocounos, e os outros como iban no puente ó barco rompeulle o puente e a eles matounos o mar, e desapareceron todos, fíxate se estaban xuntos, porque eu fun moito tempo alá eu, o sogro, o Rúa, que era sogro do meu cuñado e Manuel. Moita xente a buscar. E viñeron os ranas, e dunha vez estabamos co rana a buscar a ver se atopaba, e disque colleu un, pero que non podía con el que estaba moi pesado e tal, estabamos na chalana, mira estaba o Rúa ós remos eu sentado á proa, e Manelichi á popa cunha liña pa que o rana darlle señal, pero nisto empezou, estaba tamén o fillo de Romero, Manolo Romero, na chalana estabamos os catro. E nisto empezouse o mar a picar, e deulle unha seña pa que se viñera pa riba, veu e disolle ¿que pasou?, o mar pícase é peligroso estar aquí, non mira como levanta o mar, enton díxolle el "¡Como teño un aquí e quixerao traer! Pero mira, a ver, ide alí. Trueron unha lienza tralla larga, amarrouno por aquí e puxémolle unha boia, unha boia de corcho, para outro día vir buscalo. Chegamos alí, o mar calmara, pero a boia non estaba, nin a boia nin a tralla nin nada, desaparecera todo, coa maruxía levou todo.
P: Levou todo.
R: E coa mesma, tirouse el ó mar e dixo: aí ten que estar, namais ca tirarse xa deu con un así agarrado co brazo dereito, a traelo, collemolo no costado, botamo-lo abordo, e viñemos a Vigo para buscar unha caixa, e nesto tiña o carné de identida aquí.
P: Entón estaba irrecoñecible, ¿non?
R: Xa estaban todos irrecoñecibles.
P: Xa pasaran moitos días.
R: Xa pasaran oito ou dez días. Despois eiche contar como recoñecemos tamén ó meu cuñado. E nisto dixemos, pois é ó que amarrou onte, e tal e tumba, pero collemoslle o carné, e era un de Berducedo, inda era pariente de miña tía Constantina, a que era panadeira ¿sabes? Porque o home dela era de alá arriba tamén era un sobriño, fillo dunha cuñada, casouse e cando foi o último día que collemos a todos, había catro no fondo namais, os outros xa desapareceran, e foronnos movendo e xa flotaron, así que os moveron xa flotaron, e fomos, ó cal un era o de Meira o cuñado de... como lle chamabamos de Esteguido de Meira ou de alá -sería Isaac- Que estaba o cuñado tamén o de... Ese coñecemolo pola ernia, estaba erniado, bueno coñeceuno o cuñado. E despois vamos a coller outro e miramos o cacho de tralla que lle amarrara que rompera.
P: Rompeulle a tralla.
R: Rompeulle a tralla e escapou co vento ou coa maruxía, mira o que traballa o mar. Pudo ser un barco.
P: Que pudo romper a el non.
R: Que va se el estaba morto.
P: Xa pero así como rompeu a traia podía desgarralo, destrozalo a el.
R: Pero aboiou despois cando o moveu o rana ¿eh? Fíjate ben o que traballa o mar, rompeu a tralla, e non moveu a el de alí, e despois apareceu coa tralla posta.
P: Claro polo menos hubo a tranquilidade de saber que non no levara o mar ¿E aí apareceran todos ó final?
R: Namais que faltaran tres ou dous ou tres, o patrón non apareceu.
P: Un fillo de Berta, ese non apareceu non
R: Ese non apareceu, el e mais seica un ou dous. E o meu cuñado xa o collera afora do Gaiado, xa marchaba tamén. Pero colleuno unha gamela de Coruxo deses que andan á rabaliza e andan a ese peixe altos o congrio.
P: O Gaiado que é.
R: O Gaiado é unha pedra que hai entre a Goeira e a illa, un baixo deses que temos falado. Chámanlle o Gaiado porque e así unha pedra así, dúas pedras xuntas ten unha Gaia, e unha vez con niebla andando no barco do Gorrión xa nos metemos alí, pero era o mar chansiño, metemola para dentro (risas) Porque cando é así con niebla andas dun sitio o outro, andas a todo-lo menos canto se move o barco, entonces e, quero decir, que como se recoñecían, porque eran irrecoñecibles. Chegou unha noticia que había que ir a buscar un morto que o collera unha gamela de Coruxo, e fomos no barco directo, e ó chegar a fóra de Liméns xa miramos vir a lancha da comandancia coa chalana pola popa. Paramos nós, pararon eles. Arrambla de tal, e subo a bordo do barco, e todo o mundo a mirar para el, e este quen é, quen non é, tiña unha camiseta, por ejemplo, unha camiseta coma esta, entonces de estar no fondo tiña coma... parecía que era de algodón e tal e díxolle este é o meu fillo porque esa camiseta compreilla ou deilla eu ou unha cousa, pero a min non sei se me parecía polo pantalón e a Rúa tamén non sabes, díxenlle eu, e xa que estaban conformes que era o fillo de Berta, que era o patrón. E díxenlle eu, Rúa que che parece, e el púxose mirando para min, e mirou po morto outra vez, vamolo a saber ahora mismo, e non sabes que os pantalóns tiñan antes unha petaca.
P: Levaba o reló.
R: O reló, o mechero, bueno, e non me dixo que iba a mirar, namais que me dixo, vamolo saber ahora mismo, agachouse, mete a man, saca pa fóra, tres objetos, e dime el mira, estas son as chaves do motor, esto un mechero que llo truio de Portugal (daquela era daqueles de martillo, que había que traelos encargados ou da Guardia ou dos que iban a Portugal, e esta e unha navalliña que tiña así de pequeniña coas cachas encarnadas, era un cortauñas deses pequenos, que llo regalara o chaval que era un da Xoaneira, que casouse aquí e marcharan para Vigo, tan alá.
P: Tuvo un fillo que lle morrera ¿non?
R: Si.
P: Ou fillo ou sobriño.
R: Ou fillo ou sobriño si.
P: Manolito, si. Tiña unha filla que era maestra de bailes ¿non?
R: -ese non era do Con esa e o chaval ese-, o chaval ti xa sei por quen falas, o chaval era o amo de donde estaba o regueiro ese, a nai dese rapaz estuvera alí a servir, e o amo fíxolle un fillo, e puxéronlle o chaval, coma era fillo dun chaval, puxéronlle o chaval. Pero era de aquí do Xuaneiro era neto do Xuaneiro. Entonces dixen eu, este é meu cuñado, e fomos alí adonde estaba o Xuez, que viña o Xuez da mariña, díxolle el, este e o meu xenro señor Xuez. Que probas ten ustede. Mire Usté, as chaves do motor, este mechero que llo regalou fulano de tal, ou trouxo de Portugal, fulano de tal, deulle todo o nombre, e esta navalla que lla regalou fulano de tal que está en tal sitio. E este esta recoñecido completamente, senón xa iba no nombre do outro.
P: Claro, e non iría así algún que outro.
R: Non porque todos se reconoceron.
P: En todos hubo algo que os identificara.
R: En todos hubo algo que os identificara, e o pai dese, dese que conta os contos, como lle chaman...
P: O Caramuxo.
R: O do Caramuxo tamén morreu aí. Bueno, ese cando o collemos tamén marchaba, avisounos que xa nos nono mirabamos ir, xa doblaba a punta de...
P: Que iba flotando xa.
R: Xa iba, xa flotara el e xa marchaba, e así polas estas horas ou máis cedo, máis cedo, porque ahora e no vran, e iba ó sol como vai ahora, pero daquela serían as catro da tarde, había os obreros que estaban a plantar os pinos na illa, porque antes na illa non había pinos, namais que era toxo, e fóronnos plantar alá os obreros, e entonces viñeron ehhh!! Mirar que vai alá un aboiado, e fomos coa chalana e collémolo e metémolo a bordo, e estaba o fillo o máis vello tamén a bordo, e despois collémolo por un remendo !ai si home si¡ este remendo...
P: E coñeceuno?
R: Púxollo miña nai non sei para que era unha cousa que coñecémolo por aquilo porque, nas mans parecía que tal, pero xa lle empezaba a marchar a carne porque estaba así na cara xa non tiña nada, nin ollos nin nada.
P: ¿E colaborou muita xente na búsqueda dos chavales?
R: Si muita xente, pero despois nos primeiros días, despois ó ir todos alá ibamos familiares namais. Ahora que si, ibas palá e viñan os barcos do mar e xa paraban para darche peixe para comer, se quixeramos do que nos daban se o levaramos a vender, ganabamos cartos, pero ó ter a caldeirada xa non queriamos máis.
P: Iban a comer á illa.
R: Si ibamos a terra, a casa da negriña, e alí facíannos de comer, había que pagarlle ¿non? Pero. E dunha vez fomos un domingo tamén, que non viñeron así os Sordos, veu os Palomos, os Palomos son uns, uns que lle chaman, a un chamanlle Verísimo a outro Manolo é do Con, os pais eran de aquí de Quintela e tiña un motorciño e fomos nel, e démoslle volta, aquel día estaba o mar chan completamente a volta a pedra e non topamos nada, dada, a noite, se non topamos nada vamos que ahora xa non facemos nada, pero dixo un, !coño¡, e unha vez que marchamos, entraba a baixamar, e unha vez que marchamos, nós vamos dereitos xa palá, vamos tocar un recorrido así a dar unha volta a porta e ós viños e tal e así como ibamos indo !ai mira alí¡ ¿que hai alí en terra? Estaba nunha barronca unha pedra así plana, e enriba un individuo dereito,
P: Coma se estuvera tumbado nunha laxe.
R: Coma se estuvera deitado na caixa, na caixa, boca arriba. Vamos a mirar, desde a bordo non sabiamos o que era, vamos a mirar desde alí, e fomos tres ou catro a terra, un home, e sabes por que o coñecemos, o pantalón de augas vestido aínda porque os pantalóns de augas non eran a medida o que eran un pouquiño máis cortos e a roupa de augas tiña dous paños, un por dentro e outro por fóra, e na perneira o pano de dentro era máis largo, entonces a el como lle era un pouco largo, a muller na casa, e era novo tiña dous ou tres días, a muller meteullo e encolleullo un pouquiño e coseullo cun fío branco, e como aínda nunca levara máis aceite aínda era novo non levara ningunha man de aceite pois o fío apareceu blanco e por alí foi polo que se identificou. A min tocáronme todos non sendo os primeiros sete que colleron. Naquel día non fora eu.
P: Estaban todos durmindo, se conoce que estaban todos durmindo.
R: Coñecese que viñan todos durmindo ou deitados. Bueno abrigados.
P: E aparte dixo que outros accidentes tamén hubo.
R: Despois aquí de barcos xa, por ejemplo embestidas, cando era de Leixós, hubo un ano cando empezou a ir a Leixós, hubo moitas embestidas, porque os homes tamén, antes debían ser medios carneiros, debían trucar moito, porque mira, había moito peixe aquel ano, que foi dos primeiros anos que se inventou,
P: ¿Que ano máis ou menos podía ser?
R:. Pois... era por alá antes do vinte, e entonces claro cando viña ibas po mar e topabas por fóra da ría, ou na ría mismo, topabas un barco, e ibas a acercarte a el a preguntarlle de donde viñan, se viñan moito do sur ou moito do norte, e tan tercos eran que ningún cedía iban a embestir e embestían, hubo moitos así. Aquí unha vez andaba ese barco, quen poñían os aparellos eran os armadores de Moaña, poñían o aparello e iban a Vigo os que eran do ollomol, os que andaban ó ollomol, e traían o barco para esa cosecha.
P: Como se alquilaran así
R: O barco levaba trintaedúas partes, pois repartían, non sei como farían o reparto, pero eles partían. Ese que che digo eu unha vez foron ó mar a e viñan eles pacá e foi outro e dixo" Enrique! vainos a dar¡" e deunos, outro xa foi alí e inda lle colleron a xente eles. Pero resulta que viñeron para dentro e o barco facía agua, e o maquinista e mais o Fonero escaparon parriba, pero Milio o que era fillo de Enrique, inda non estaba casado, inda estaba solteiro, Emilio o do Con,
P: Que era primo do meu pai, primo do meu pai.
R: Primo é si. Ese díxolle ó pai, vamos abaixo, el e mais non sei quen foi, o defunto de..., e foron e botaron o barco a andar, !ai! pero non aguantou máis hasta ca..., non chegaran nin hasta cabo Estaia, empezouse a ir, e alá a emborcar todo o mundo na chalana, tiñan unhas chalanas grandes, todos abordo, uns abordo, outros agarrados polo costado da chalana e así iban, e iba cas luces encendidas, nadie apagara as luces, e disque decía Enrique, mira ese vai cos ollos abertos. (Risas)
P: Iba po fondo.
R: Iba po fondo, e como levaba a carga na popa iba de popa. Ala, ala que esa vai cos ollos abertos.
P: E menos mal que os colleu aquí dentro da ría.
R: Dentro da ría. E foron así coa chalana de remolque hasta Toralla.
P: ¿E houbo moitos acidentes?
R: Daquela moitos accidentes. -O do Con-Esperate…despois do da Gata, daquí os máis coñecidos o do Con.
P: O da Gata cal é.
R: O da Gata esa que che contei antes donde morreu meu cuñado, que era o "Ave sen porto"
P: "O ave do mar".
R: -"O ave do mar"- "O ave do mar", o ave sen puerto era...
P: de Avelardo
R: De Avelardo aí está, era home de mar. E despois foi o Centoleira foi antes o de Aferrón, o de Aferrón que era o de Daniel, non foi antes, cando lle moveu a maquinilla, o Aferrón, chamabanlle o Aferrón, e o Daniel, o que se casara no Con..., como lle chamaban, Daniel ou Ezequiel, Ezequiel.
P: Ezequiel.
R: Que el tamén foi alí e morreu, o Roxo, non, o Roxo foi unha embestida, estaban atravesados e morreron dous ou tres, morreu tamén un que lle chamaban o Trovisco que era do Espiritu Santo, e estaba casado en Broullón, e morreron seica dous ou tres máis.
P: ¿Iso donde foi?
R: Iso foi fóra da illa.
P: ¿E que barco era?
R: Era ese, o Aferrón.
P: E era de Ezequiel.
R: Era, Ezequiel.
P: ¿Pero chegou ó fondo, o barco foi ó fondo?
R: Foi.
P: E perdeuse tamén o Centoleira.
P: O Centoleira foi na víspera de reis
R: Foi na víspera de reis, eses andaban no inverno polo regular do asexo que era ás tardes á mañan, entón fixeron unha venda á tarde
P: Chámase de asexo.
R: As vendas da noite é o asexo, e as da mañán e o manexo, pero polo regular unha mañán, ahora últimamente fixemos a mañán antes era o manexo, pero non nos deu tempo a facer o asexo e mais fixemos o manexo, e... viñeron a vender, e iban indo po mar outra vez, con todas as luces encendidas, pero salía un bou da Ribeira e eles levaban a luz encendida a de guía, e con todo, pero o de guardia iba dentro do puente tamén, quen iba en cubierta que nunca se metía abaixo, era un irmán de Leston que era así medio..., Ti non coñeceche que lle chamaban Arturo.
P: Non. Non sei.
R: Non te das cuenta. ese tiña moito medo, era moi, non sabes, e era si o home medio aquelado, tiña moito medo, e non se metía a dormir, menos que fora con moito aquel, e iba a popa, sentado na chalana, e empezou a berrar que ¡ ven un barco, un barco, que ven un barco! Pero non lle fixeron caso, como era Arturiño non lle fixeron caso.
P: Co ruído do motor.
R: E deulle pola popa, e abocounos, e foron todos ó mar e aínda se salvaron algúns, inda hubo un pai e o fillo, o pai salvouse e o fillo quedou.
P: Quixo axudar e non foi capaz.
R: Non foi capaz de collelo.
P: ¿En que ano sería?
R: Ese xa foi mais acá, foi despois da Gata e a Gata foi no 56,

CARA B

R: Pois polo 64. Pero tamén morreu moita xente, cántos non me dou cuenta ahora, salvar salvaronse poucos
P: Isolina.
R: Esa era filla dun deses que morreu no Centoleira.
P: Morreulle un cuñado a tio Paco tamén.
R: ¿A quen?
P: A tio Paco morreulle un cuñado.
R: -O cuñado aquel, o da olla- e verdad o que lle chamaba Da Olla- o que está casado co de Barreiro- mira como falando as cousas como van acordando.
P: Topouno el mismo.
R: Topouno el.
P: Non sei se foi con unhas redes ou cun garampín.
R: ¡ai¡ si que despois foronno buscar que o colleron máis tarde. - e o motorista que lle chamaban señor Leonardo, que era ¿sabes o Juan Carlos?, está casado cunha filla dese de Leonardo, a outra filla é a que estaba amigada con este co do correo... - O don Mario. -A amiga que tiña tamén era filla dese señor o Leonardo- dese que morreo no....
P: E o patrón ¿que era de Botina?
R: O patrón era este... chamabanlle o Cabesiña-era fillo dunha Petisca-Era fillo dunha Petisca e mais dun que lle chamaban.. o... ¿como lle chamaban o pai?i, ese era moi coñero tamén.
P: Eses quizas foran os de consecuencias máis graves no que morreu máis xente.
R: Chamábase Florencio, ó pai chamábanlle Florencio, si.
P: Ese "Centoleira" e o do "Ave do már" quizais foron os accidentes máis graves que hubo.
R: Os máis grandes que hubo aquí en Moaña.
P: Despois hubo outros que foron máis pequenos.
R: Despois máis pequenos. Tamén morreu o pai, o home de esa Constantina, tamén morreu no boliche, no peito, na illa, deulle volta o barco.
P: ¿E na costa da vela tamén hubo moitos accidentes?
R: Na costa da vela tamén hubo moitos accidentes, tamén. -no barco que andaba meu tío salvouse o máis parvo de a bordo- o máis parvo de a bordo, morreron todos non sendo el. - Chamábanlle José da Pola-
P: ¿Pero en que accidente foi?
R: -No boliche- Do boliche-foi antes da Gata, era eu pequena- hai moitos anos, era o boliche, os xurelos, e estaban facendo o lance, e deu como traballaban cerca dos cabezos, ¿sabes?, e veu un golpe de mar e deulle volta, deulle volta e ese quería a gorra, cando o colleron pedía a gorra que a perdera. El quedou debaixo do barco e non se moveu e como o barco colleu aire...
P: O barco claro non se afundiu.
R: Cando deu volta, deu volta, non foi o fondo, quedou aboiado, e colleu aire e el respirou, e cando o colleron pedía a gorra, que perdera a gorra, fíjate -quedaría enleada nunha pedra- e os demais morreron case todos -morreron case todos- salvouse el e mais outro-salvouse paréceme que el solo-.
P: ¿Cómo se chamaba o barco, non se acorda?
R: Non, era un barco de remos. -Unha lanchita- Unha lancha desas pequenas, sete ou oito eran.
P: ¿E o da Costa da Vela? Foi donde morreron os de Almas me parece.
R: E ese, foi ese.
P: Ah, o mismo.
R: -¿Quen?- os de Almas é ese, os de Almas non morreron alí morreron na costa, ese que falamos agora. -Dun golpe no peito- Sabes quen despois morreu na costa "Pepe o Pirinol", ti non sei se o coñecerías, os trasmallos, fora con... -Iso foi no Cabo de Home- Pois si xa era dentro da costa.
P: Si, dentro da costa, o que lle chaman a Costa da Vela.
R: Mais palá, xa pasou pa Costa da Vela. -Un home de andar toda a vida- Toda a vida anduvo a eses oficios, e nunca lle pasou nada, e despois foi morrer aí, e foi con Niceto Bellador, para enseñar como quen dice, e foi morrer. Xa tiña máis de 70 anos.
P: ¡Vaia por Dios¡.
R: Porque eses é o que falamos falamos, o que andaba co Lirio a ese oficio, andaba o... Pajuelas de Tirán, os Canteros de Tirán, entonces eses cando era, pero había que ir, co mar chan, o defunto do Colillo daquí, o pai deses Colillos que hai ahora, tamén eran moi finos para iso, ¿e sabes onde iban mirar o mar antes de saír?, o Aguieiro.
P: O Aguieiro, si xa mo dixo. O Aguieiro, sí, cando falamos dos trasmallos que iban ó mar ó Aguieiro.
R: Pero o mar é o que ten, iso.
P: Porque aí se cadra na costa da Vela o mar traballa ó través.
R: Traballa contra a costa.
P: Hai que emproalo coa lancha.
R: Aí está, quero decir, por ejemplo, na illa tamén vai contra a costa, pero xa lle da un pouco máis de margen, por ejemplo, ti tropezas con esa parede, pero non é o mesmo tropezar así de chaflán, como de cabeza palá ¿non? Ó mellor se vas palí podes dar así de lado e resbalar, pero se tropezas de frente, aí e o que pasa na costa, vai lévate de frente, xa te mata contra as pedras.
P: Xa te aplasta contra elas.
R: Aplasta barco e todo, coma eso ten pasado, o mar é así, ten iso que ahora está coma ese plato en un minuto, xa non podes saír de alí. Cando ven xa ven de fóra, o mellor xa ven un eh e xa o primeiro xa te( inaudible)¿que teu tío? pois é o que che digo eu. (inaudible) -ese morreu fóra- ¿Quen oh?-O teu fillo_ Rique, ¡ai¡ Rique, pero ese non é, ese foi alá moi lexos.
P: ¿Ese non foi aquí?
R: Ese foi alá moi lexos -Foi moi lexos, foi- Ese foi, ese non foi aí que foi no Mediterráneo, donde non hai peligro ningún. Ese foi morrer onde non hai peligro ningún.
P: Tiña entendido que o Ave de Porto, tamén chegou a ter algún naufraxio, pero parece ser que non.
R: O Ave de Puerto non creo, non sonou. Bueno, pode haber un día un abordaje, nada de morte, pero iso como se dice aquí, non habendo morte non hai mala sorte.
P: Alí no Con hai unha cruz que indica un naufraxio.
R: Aquela cruz eu non acordei, eu cando acordei foi cando a mirei, pero dice a lenda, que viña un matrimonio de Vigo, non sei si de vender peixe, ou de comprar un porco, sí, viñan do arraste e foran vender o camarón, a muller foi co home a vender o camarón, entón viñeron en vela, unha nortada grande, e viñeron hasta alí, e ó arriar a vela, deron volta, veu unha fogada, porque ¿sabes?, cando estás en terra, ven unha fogada dun lado ou doutro, deulle unha fogada deulle volta o barco e morreron os dous alí. Despois de vir desde Vigo, a toda vela hasta alí, foron a morrer alí, -esa cruz debe ser de máis ca eses- a min téñenme contado diso, eu non acordo, e do siglo pasado, ten unhas letras alí, eu linnas unha vez.
P: Non hai forma de lelas, de entendelos non. Seica aquí llacen non sei quen.
R: Llacen e coma che vou a decir, a"d" antes eran pa decir "b" é a "b" pero non ten a "e" despois...
P: Meten unha raia no medio.
R: Meten unha raia no medio por iso, debía ser o castellano que había antes.
P: Pa aproveitar, pero iso facíano moito, precisamentes para labrar na pedra.
R: Para non poñer moito letreiro.
R: Pode ser por iso, eu desconfiei, daquela, cando o lin eu, que era un rapaz aínda, desconfiei que era por iso, que era o castellano antiguo.
P: e mais usan moitas abreviaturas.
R: -Eu penso que esa cruz que ademais dese matrimonio é de máis xente- Eu creo que no. - Aquelas letras se entenden- E despois hai outros cristos que os poñen por promesas ou así.
P: E cando foi do Ave do mar puxeron un cruceiro alá na illa ¿non?
R: Na illa.
P: ¿Ou foi pola Centoleira?
R: -O Centoleira foi entre Cabo de Mar e aquí. - Donde puxeron a cruz tamén foi polo Ave do mar que a puxeron por alá arriba, e sabes tamén donde hubo un naufraxio grande, no Home, onde está o farolín encarnado.
P: Cabo Home si.
R: No Cabo Home, donde hai o farolín encarnado, aí tamén hai unha cruz. Alí foi un barco, de pareja, que lle chamaban o "Arlans" ou..., eu ahora non me acorda como lle chamaban.
P: ¿Non era de Moaña?
R: Era de Bouzas, era unha pareja, viña de remolque, traía o cabo no hélice, unha malleta enleada no hélice, entón tiña que vir de remolque de outro, e había moito mar, e cando hai mar por moi largo que leves o remolque, sempre da tiróns, ás veces póñenlle un peso no medio para que non de tanto tirón, pero para entrar por alí, rompeu e había moito temporal do vento oeste, e foi alí a investir, e salvouse un solo, que foi nadando desde alí, deu volta arredor e foi a plalliña aquela de Sobrido, non sabes que hai aquela ensenadiña dentro do Sobrido, donde ten o muelle pa ir po... naquela plalliña que é redonda.
P: ¿Hai unha plaia alí en Cabo Home, a última que lle chamaban, era Melide me parece.
E: Pois esa, a plaia de Melide, el nadou todo desde alá de fóra, veu nadando hasta alí e despois subiu polo monte, chegou a Cangas, non se conocían as pernas todo era sangue, de ir polo medio dos toxos, mollado.. e cando chegou a Cangas.
P: Non foi por Donón.
R: Nada, nada. Colleu polo monte, e despois claro baixou a Barra, pero el co medo que tiña ó caír foi polo monte todo
P: Estaba asustado claro.
R: E cando chegou a Cangas desangrado case, e salvouse el solo tamén, despois hubo outro tamén, na outra plaia que hai máis para fóra, en Melide, un de Meira, que lle chamaban o... hai tantos nomes que despois non e. Que andaba aquela vez con nós que a muller chamábanlle a Simona, como era aquel, que non lle gustaba aquilo que sabemos nos, non sabes que cando ibamos á lura en Samil comía con nós alá, ¡Dios mio¡.
P: Pero que ¿iban nun barco?
R: Andaban a mar á ardora, e alí iban unhas rabalizas un día e foron cerca de terra, era o mar rizo, veu un mar deulle voltas e morreron. Morreu o pai e o fillo, o fillo era patrón e o pai...
P: ¿Era un bote pequeno?
R: Era un motor xa de 10 ou 12 metros. Deulle volta, e morreu o pai e o fillo que era patrón, e o pai que foi con el ó mar por acompañalo, e mais non sei se morreron máis... eu seino.
P: ¿Eso sobre que ano?
R: Eso foi, Eso foi máis cerca do 70 ou despois do 70-ou máis, non hai tantos anos ese tamén morreron catro ou cinco- e houbo moitos pero claro ahora non me acordan, hubo muitos naufraxios.
P: As néboas produciron así algún naufraxio?
R: As néboas tamén producen, porque hai, pero xa vas con máis cuidado, xa non hai tanta aquela. Se encallas, encallas nun sitio, que tes máis confianza que te deixas ir máis, si é investida, todo o mundo vai pouco a pouco.
P: Xa estás preparado por se hai outra chalana...
R: Sen embargo o meu fillo morreu por culpa da niebla, con radar e con todo, miraron vir o barco pero eles desviáronse pero o outro non se desviou, o outro deixouse ir, e non lle deu tempo a escapar, miraron vir o barco no radar, "coño ese barco non se desvía, dalle a estribor, dalle, dalle" pero non lle deu o suficiente. O outro como non se desviou e andaba máis, e foino tronzar, foi a dar no mesmo sitio onde estaba a durmir. Salvouse hasta o can salváronse todos menos el. Despois de estar todos a bordo doutro barco, sentiron ladrar o can e dixo un "abaixo a buscalo", pero el non. Dicen, dixo o meu xenro que andaba con el, que lle foi dar mismo a donde estaba el, el xa morreu alí espotexado, desconfían que morrera de golpe, sen embargo o que facía guardia con el, que durmía unha camareta, dúas camaretas máis pola popa, saliu por donde doblou... non saliu pola porta da camareta, saliu polo costado do barco, non saliu pola popa.
R: Saliu despedido.
R: Doblou o aquel e el saliu por alí.
P: E no Rio Verdugo tamén ten habido accidentes, dunha excursión.
R: No Rio Verdugo eu non acordei ningún, pero pode haber leyendas.
P: Non fai moito eu acordo o fillo de Alonso que anda de patrón nos barcos, que tuvo un accidente, alá no Rio Verdugo, e inda morreron varios, morreron tres ou catro. Que iban de excursión.
R: Igual non estaba aquí eu, igual estaba en Pasajes ou en Cádiz,
P: O mellor acordase a súa muller.
R: Non sei. ¡Ai xa sei cal é. ¡xa sei cando foi home!, ese... iba de excursión.
P: Iban de excursión houbo polo menos dous accidentes.
R: Eu sei dese, dese si que morreu un home que estaba inútil.
P: Si. Me parece que si.
R: -Non ese salvouse- De quen era o barco do Lardeiro ¿non?- Non, non era do Lardeiro, ¿De quen era o barco?. era de aquel.. José o de... -
P: Eu sei que iba un fillo de José Alonso.
R: -Iba un fillo de Jose Alonso e mais a muller.
P: Que se salvaron.
R: -Levaban o pai con eles, o pai estaba inútil, estaba nunha cama. -
P: O pai da muller, vamos.
R: -Quen morreu... morreu a muller do que esta casado ahora coa Lalala, morreu. Aquela muller morreu. Morreu outra de alá de arriba que era cuñada, morreron catro ou cinco ou máis daquela. -
P: E eso como fora ó baixar o rio.
R: O baixar o Rio non se deron cuenta de unha pedra que había no medio, o viren para abaixo, van indo ca maré parriba, e despois hai que baixar, senón non podes baixar, e tes que vir vindo Para abaixo, e non se deron cuenta ó mellor non miraron a pedra, e déronlle, e el salvouse. -Iban varios, era un motorcito pequeno -É un río pequeno. - Iban varios matrimonios ¿non sabes?, ese o da aquel que tamén lle morreu a muller, que disque sabía nadar coma unha... esa que se casou co de Valada, esa disque sabía nadar coma un peixe, e a corriente debeuna levar-.
P: A corrente e os nervios.
R: E os nervios.
P: E traicionan máis os nervios ó mellor que a corriente, e na corriente aínda que se manteña a flote.
R: Porque a corriente.. se non te das conta, a corriente é mala, a corriente hai que levar con ela e irlle dando sempre con ela, se te pos contra corriente... O Quisque andando ó bonito, tamén unha vez veu un golpe de mar e levoulle un de aquí de Berducedo, como lle chamaban, que era home daquela moza que ten a perna gorda. Dios mio -Sí, era o home dunha que ten unha perna gorda.
P: E moitas veces decían que o levara o mar e as veces era por culpa dos pistóns, igual reventaba un home que outro...
R: Tamén disque hai aquí un que é o quisque...
P: Tenme sonado un de Manoliche.
R: É verdad Manoliche que é concelleiro Pero mira, nadie o pode decir.
P: Xa, pero a nivel popular se sabe.
R: - Tamén que lle morreu tamén a Troncoso-. E despois de golpes así, de levar do mar a pareja...
P: Cantidad...
R: De levar do mar cantidad, a pareja moitos, aí no Gran Sol, moitos, inda ahora hai pouco, o ano pasado, foi un barco enteiro tamén.
P: O ano pasado ou vai facer dous anos xa, foi o fillo de Lalalá.
R: De Lalalá foi aí en Cabo Estai, foi en terra en todo, -foi en terra en todo-. Pero María por Dios eu non sei, os homes a veces, facemos cousas.., porque alí non se pasa namais que cando é o mar chán de todo, eu teño pasado por aí varias veces pero arrente, cando andabamos ós pulpos, cando había leste, sempre ibamos pa Abra, alá pa plaia de ¿como lle chaman? Pa plaia dos patos, alí chámanlle Abra, na plaia dos patos e entón como ó ser vento do Leste, Cabo de Estai fai moito abrigo, entón viñamos a remos sempre, porque non se pode vir con ese vento, para Vigo non se pode vir en vela, porque non che dá, hai que facer moita volta, e botas todo o día e mais non chegas, entón viñas a remos todo ó abrigo, e metíaste pola terra en todo canto che dera o remo para vogar. Pero tiña que ser o mar moi chán, porque o pai de... o meu sogro unha vez viñeron por alí tamén e deulle un golpe de mar, e tirouno o mar, tiveron que os rapaces mirarse locos pa collelo, alí era moi peligroso, e nos viñamos despois de que nos metiamos dentro, todo por Toralla, todo por terra, pola plaia de Samil, e viñas ó abrigo sempre, donde máis te fastidiaba era aquí en Cabo de Mar, desde onde lle chamabamos nos a casa dos prácticos, que había unha casiña pequena que era donde estaban os prácticos, alí hasta Bouzas, alí fastidiaba un pouco pero como namais que había o muelle de Bouzas que non había este relleno que hai ahora, ahora xa non se pode facer, ahora, ! Mimadriña¡, ahora. Desde alí da Madorniña pois tes que poñer proa ó Con, para vir por fóra do muelle.
P: Fixeron aquilo todo impresionante.
R: ¡Mimadriña¡.
R: Unha terminal de contenedores.
R: E despois claro non ibamos, e despois de doblar o muelle de Bouzas, alí tamén dáballe para terra contra Coia, e xa entrabas na ribeira, con calma.
P: Ó mellor os rapaces eran inexpertos e non conocían....,
R: Foron moi confiados, é o que pasa no mar, iso, é fiarse moito.
P: Non se pode fiar nunca.
R: Eu tamén vouche a decir non sei se non pecaría algo disto.
P: Ten levado máis dun susto por iso.
R: Non porque tiña conmigo un vigilante moi grande, meu cuñado Fanchuco tiña moito medo, moito medo, ¡mimadre¡, canto temos discutido por iso, e mecagoen, estamos perdendo muito tempo, e nada por aquí e había que guiarse por el, tiña moito medo.
P: Traballaba seguro.
R: Traballaba moito no seguro, pero era polo medo que tiña ¡eh¡ non era o cuidado era o medo.
P: Pero eso está ben, de vez en cando..., .
R: Eu despois agradecíallo, non vaias a pensar, que eu son deses que quero levar a razón sempre, non. eu reconozo. E dixen eu, "carallo mira que senón vimos por aquí e tal e tumba". Anque non llo dixera pero eu recoñecíao despois.
P: Pode contar ó mellor todas esas experiencias gracias ó mellor que non tivera ningún riesgo.
R: Si.
P: ¿E así accidentes mais gordos... ?
R: Gordos non recordo máis, porque eses pasan moito de tarde en tarde, os gordos pasan máis de tarde en tarde.
P: É mellor que non pasen.
R: Si é mellor que non pasen
P: Díxome unha colega a min, que salimos hasta no telediario, salíamos en Radio Nacional que daquela non había televisión, no parte das dúas, cando se falaba de Moaña era por desgracias.
R: Por desgracias, en Moaña sí, non se falaba máis das desgracias, acórdome un que morreu, un primo, un fillo dun primo meu, que lle chamaban José de Santos ó pai e ó fillo chamábanlle Lino, que era primo.. da muller que ten aquí o fillo da "Canisada" o que é capitán, ¿non o conoces. ?
P: É armador.
R: Armador non.
P: ¿O fillo de "Canisada" que é capitán?
R: É capitán da mercante, capitán ou oficial da mercante, pero xa ten título de capitán, ¿non sabes non conoces a Canisada?, este que está casado cunha filla de Arturo o de Cerveira, de Isolina, unha irmán de Isolina.
P: Non
R: O mar, o boliche, andaban o boliche con un que lle chamabamos "Finete" que era ese vogador grande, o que hubo, que morreu fai pouco, morreu ós 80 ou cerca dos 90 anos, e ese Finete era o patrón, e viñan por aí por.., tamén vogando con nordeste para casa xa viñan para casa, do mar, xa viñan de botar o aparello a terra para ir a vender o peixe a Vigo, viñan todo polo bando norte, e había nordeste e hai que vir a remos tamén e na punta, pola pedra da Borneira, hai unha punta que das pedras, que antes non che dixen que lle chaman a... "a Pedra da borneira, " está pola terra do faralín, foi donde varou un barco que viña a buscar pasaje pa levar a NovaYork, no mes de agosto ás 12 do día varou un barco que lle chamaban "O Siboney".