MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· As pedras e cons: Asa do Pote, Consela, Pegal, Caiauga, Muelle Caido, Picacho, Punta Moa, Telleira
· Lenda sobre o topónimo Moaña (incompleta)
· As pedras: Baliela, Castillo, Corveiro
· Identificación da división entre Cangas e Moaña
· As praias: Canaval, Niño do Corno, Regueiras, Ribeiriña, Alemán, Punta da Gorita, Videira, Os pans. Río de Tirán, Detrás do Con, Muelle, Praia, Xunqueira, Meira, Baliela, Tella, Os Castaños..
· Puntas: Niño do Corvo, Do Con, da Mosqueira, Arroaz , da Moa e A Tella
· Lugares desaparecidos: Punta da Mosqueira, praia de Moaña, A Pequena, Pedra da de Ramona, pedra do Regueiro
· O traballo do mar sole producir, reumas e negras
· Había máis mariñeiros descalzos que con zoques
· O corpo aclimátase a todo
· O gripe chegou polos anos vinte. Non se daba abasto a enterra-los difuntos Cando se tiña muita febre facían unha sangría, con "anguixuelas". Para as doores solían por parches de linaza ou ventosas
· Para os collementos había cataplasmas e pomadas
· O seu pai facía cataplasmas con hervas, aceite, xabón, auga quente. Machacaba todo e logo servía para curar as chagas e negras
· Anécdota de cando Sra. María cravou un cravo no pé
· O cucurujú ou consellos, celedonias e sabugueiro curaban as chagas, erpes e espullas
· A bocha e o auga do mar tamén se usaba para sanda-las feridas
· Para os doores de barriga tomábanse lavativas e purgantes
· Cando ían para o mar, había que levaba un anaco de pan, unha fecha de viño, pero o que non faltaba era a caña
· Antes era pouco alimento e muito alcohol. Non se almorzaba ou si se facía era na taberna
· A roupa daugas era de lienzo e curábase con aceite de linaza
· As vellas facían fío de lan nas rocas para logo calcetar xerseis gordos
· A máis da xente andaba descalza
· Había un home que sempre dicía: "Cando a muller entre pola porta para dentro, ten que sair-lo gato pola ventana"
· Os nomes de algúns barcos e chalanas: Somos Muitos, Cinco Primos, Vou si Podo, No Me Rindo, Nin máis Nin Menos, Por Fin Foi (Anécdota), Punta do Con, Niño Jesús, María del Carmen etc. etc.
· Dice que ían o mar para pagar a contribución e outras rendas que tiñan
· As casas grandes de Tirán eran as de O Fixón e a de Castroviejo
· A figura dos feirantes (triquillón)
· Nas feiras vendíase peixe, croques... vendíase de todo
P: A ver, e despois?
R: Viña, viña unha pedra que hai aquí donde esta, José D'Alonso pouco máis ou menos chamabanlle a... a...
P: Espera un momento, había unha en terra.
R: En terra.
P: ¿Sí?
R: Si.
P: ¿Sí?
R: ¿A fóra non hai?
P: A fóra non.
R: A fóra non hai. en terra chambanlle a a "Asa do Pote" no onde esta a rambla de Ramona daquela que habia antes asi antre...
P: Na Ramona había unha e outra donde estaba o muelle do abuelo alí había outra tamén
R: Alí tamén, e alí por aí chamanlle...
P: E cal dice ¿a de Ramona?
R: A de Ramona e "a Asa do Pote", a de alá non me acorda como lle chama, pero a de Ramona era, a de Ramona, máis po mar, un pouquiño era "a Asa do Pote" chamábanlle a Asa do Pote, e despois viña aquí a pedra de Consela e ata Meira xa non hai ninguna máis.
P: E de Meira así palá, había máis ben hacia a Guia ¿non?
R: Despois na Meira.
P: A punta do Arroás.
R: A punta do Arroás, e como lle chaman alí debaixo mismo da, da illa de, a punta do Arroás e alá fóra pero debaixo da illa de San Simón mismo como lle chaman o Pegal.
P: ¿San Simón?
R: Eh?
P: San Simón ¿ou San Bartolomeu?
R: -no esa e San Bartolomeu- San Bartolomeu.
P: Si.
R: San Bartalomeu, alí e o Pegal mismo donde está o clube náutico alí por fóra
P: O de remo sí, si.
R: Alí había... chamábanlle o Pegal.
P: Ah.
R: E despois aí xa empeza a Canteira, o outro van, xa empeza a canteira toda e por terra toda e de pedra arrente o monte todo é pedra e despois hai unhas a punta do... chamabamoslle nós "o muelle caído" porque cando sacaron a pedra aí da canteira fixeron eses muelles entón un caiu, entón chamabamoslle nós quedou así inda está namais que o puntal onde o puxeron, e despois ven outra pedra todo que non chega a pedra, chamalle a laxe, a laxe non sei de que pero vai todo hasta o Arroás.
P: Alí era perigoso andar tamén ¿non?, acercarse a...
R: Acercarse a...
P: Ó atravesar o arroás indo hacia Domaio ¿non?, non hai unhas pedras que son perigosas, que estan case a flote.
R: Que están case a flote que quedan ó aire cando...
P: Cando a marea baixa.
R: Cando a marea baixa.
P: Si.
R: Como lle chaman alí, o Arroás o..... o Picacho non?, -tamén hai alí outro- aquel é en agua e aquel é en terra.
P: Ese é antes.
R: Aquel é en agua e aquel é en terra - tamén hai pedras alí-, alí chámanlle o Picacho !home¡.
P: O Picacho.
R: O Picacho.
P: E despois indo hacia Domaio palá...
R: E despois palá, hai tamen moitas.
P: As que falou alí no latón aquelas.
R: Todo todo- a da Moa-
P: ¿A da Moa?
R: A punta da Moa e aí mismo onde se acaba a praia de Meira quero dicir a praia do Latón.
P: Si, a da Borna esa.
R: A da Borna.
P: Si.
R: Alí é a punta da Moa, ¿vas pa alá? aquela punta.
P: Alí tamén lle chamaban "o Forte " ¿ou non se acorda que lle chamaban?
R: Eu, nunca lle chamamos máis que a Moa,
P: A Moa.
R: A Moa a punta da Moa. Si me dixeron a min unha vez.. porque eu agora lin ese teu libro.
P: Si.
R: Do nombre de Moaña e non me acorda quen foi que me dixo que Moaña ven polo nombre de "a punta da Moa", moa que alí acaba en ña a Moaña a mona a punta da mona.
P: En Tirán.
R: En Tirán, e non me acorda quen mo dixa a min. Que viña o nome de Moaña e que viña da punta da mona e mona e mais a moa, moa e mona moaña. E que puxeronlle a ñ que antes non era moaña era moana ¿ah?- E despois e cando e a Telleira-e despois en Domaio toca- a Telleira e onde iba eu- ah
P: A Telleira é antes de chegar ó muelle.
R: -Despois do muelle- ó pasar o muelle aquelas pedras que veñen... que ven o rio por alí abaixo aquela toda alí é a Telleira.
P: Pero aquela zona chámanlle a Tella tamén.
R: A Tella, pois a Tella, a Tella uns chámanlle a Tella outros a Telleira.
P: A Tella é a parte de arriba e a Telleira son as pedras entonces.
R: - Alí todo é pedra- alí todo é pedra-todo é pedra- hasta que despois ven a...., ven despois de pasar as fábricas aquelas- ven a Baliada- ven a Baliada.
P: A Baliada.
R: A Baliada, pero esa é unha plaia -é unha plaia con pedra- ten un muelle onde coller a agua -alí tamén hai moita pedra na Baliada- e despois ven o Castillo do Norte.
P: O castillo aquel, alí tamén lle chamaban o Corvaceiro, o Corveiro.
R: O Corveiro Aquela pedra alta é o Corveiro do castillo si señor, o Corveiro
si hai varios, varios porque corbeiros hai varios, a Tirán tamén lle chaman o Corveiro e chámanlle iso por seren altas ¿non?
P: Si porque o mellor ahí púñanse os corvos daí lle dan o nombre.
R: E danlle o nombre. -tamén hai o Niño do Corvo- o Niño do Corvo esa bueno... pero esa é a praia.
P: Si e praia e pouzas, así.
R: -E non ten pedras tamén o Niño do Corvo?- !mimadriña¡ !mimadre¡ pero sin embargo a punta que hai ó pasar o Niño do Corvo hacia Rodeira que vai todo así pa fóra, aquel chámanlle Os Pans -é o Canaval tamén - alí o Canaval tamén.
P: O Canaval que divide ¿pertenece a Cangas ou a Moaña?
R: O Canaval xa pertenece a Cangas.
P: Xa é de cangas.
R: Si, ti non sei se te daras cuenta, hai un camiño que ven desde Rodeira.
P: Si.
R: Sabes a casa do contratista, que é unha que hai indo pa abaixo a man izquierda mui grande, cuadrada, ¿sabes a volta de... (inaudible)?
P: Si, ¿non?
R: Que esa casa era...
P: ¿Iso que é baixando da costa do cuco ou antes?
R: Antes.
P: Antes de baixar.
R: Antes de baixar a Rodeira si. Sabes era esa casa fixo ahí sabes quen foi?, o contratista que fixo esa carretera que ven de Vilaboa a Cangas quedaron aí. Ti pasas por [eldeleva], e entras en Rodeira hai unha curva ó pasar aquela curva esá esa ¿sabes onde había a farmacia vella que había antes?
P: Non, non, non me acordo deso.
R: Bueno pois...
P: Pero sei. Si ese camiño...
R: -Non está a farmacia vella- está a casa da farmacia a farmacia non-a casa da farmacia-.
P: Ese camiño vai dar o cocedero que tiña Pilo non?
R: Antes, antes, antes, antes, o cocedero donde estaba Pilo, vai polo Santo Domingo, no Santo Domingo entras pa abaixo, entra pa abaixo, pero antes, antes, antes uns.... ¿eh? cento e pico de metros ou... ou, ou dousentos, que é onde esta esa.
P: Había outro camiño que iba o Romires.
R: ¿Non sabes a casa de Enrique o que tiña a taberneira de Enrique, o que tiña unha taberna?
P: Enrique? Inda a ten alí. Alí e a fronteira case ¿non?
R: Bueno pois, alí mismo ó pasar está o camiño que vai pa abaixo que é o que divide Tirán de Coiro, ou sea Cangas de Moaña.
P: Cangas de Moaña si.
R: Si na curva esa.
P: Si, si.
R: Onde está mismo a curva ó lado hai a casa que fixo Xacobo que foi donde morreu esa rapaza que viveu alí, bueno, pois por alí ó baixo vai o camiño que divide, e despois por riba tamén, que divide moaña de Coiro, ou de Cangas.
P: ¿De cangas?
R: De Cangas, Moaña de Cangas ou Coiro de Tirán ou Tirán de Coiro
P: E na plaia
R: E na plaia e o mismo donde termina o camiño, e ali empeza donde termina o camiño empesa a plaia do Canaval pala
P: E despois paca
R: E despois paca é Tirán todo. Está o Niño do Corvo, o Niño do Corvo está mais acá, arrente o portiño
P: Xa é de Tirán.
R: Xa é de Tirán. Chamanlle as Regeiras que ven unha regeiriña de agua por ali abaixo
P: E despois
R: E despois antes de chegar o Niño do Corvo inda hai unha praíña moi pequeniña, que lle chaman, ah, chamabamolle nos a Ribeiriña Pequena e os de aquí chamanlle o Niño do Corvo, pero o verdadeiro Niño do Corvo é o outro mais grande.
P: E a praia dos alemans cal era?
R: A praia dos alemans, é esa Canaval.
P: é o Canaval.
R: É o Canaval. Con todo iso non sei -pero non hai en Tirán o que lle chaman O Porto tamen-¿que?-non hai en Tirán o que lle chaman O Porto tamén?-o Portiño e dentro -dentro- o Portiño e mismo donde termina o camiño que baixa de Vilela, porque alí hai unha feitura que é como un muelle así redondo, e na pleamar, e mais cando había mal tempo metíanse os botes dentro por alí hai, que vir buscar unha boca.
P: E despois viña na plaia da ribeira como era esta a do...
R: Espérate, a dos alemáns nós chamámoslle o Canaval pero non sei se non será a dos alemáns, a que ben o pasar a Illa dos Ratos non sabes que hai uns pinos alí? antes de chegar a punta da Garita, non sei se non será aquela a dos alemáns ¿eh? aquela plaia, elí para moito bañista tamén eh?
P: Si, si. O que pasa que son as seis da tarde alí xa se mete o sol.
R: Si, sí, elí hai moito zumosol vaia. (risas) Alí hai de todo, alí hai de todo.
P: E ó vir pacá, ó vir pacá donde esta a plaia da Ribeira, que lle chamaban eles o Fuxón..
R: ¿O Fuxón? a Ribeira chámanlle.
P: Ben, a Ribeira dá ó muelle, detrás do muelle hai unha plaia pequena.
R: Aí detrás do muelle hai unha plaia pequena.
P: Unha plaia pequeniña.
R: ¿Máis pacá?
P: Non indo palá. Eu estoume situando no muelle da Vieira.
R: No muelle da, do Portiño, da punta do Niño do Corvo, alí donde está o muelle chámanlle a punta do Niño do Corvo, a que cae alí é a plaia do Niño do Corvo.
P: Aí é a plaia do Niño do Corvo.
R: E despois hai outra pequeniña máis abaixo, que é, é pequena de todo, e chamanlle a ribeiriña pequena, e aí antre esas dúas plaias hai unha respinga, coma un arrecife de pedra.
P: De pedra si.
R: Aquel chámanlle Os Pans.
P: Os Pans.
R: Os Pans, porque todas son redondas.
P: Son redondas coma bolas o mellor.
R: Eh!! Aí chámanlle Os Pans.
P: E o que falamos o outro día. E despois, vindo hacia aca despois da Ribeira que ven por alí, bueno por debaixo do cementerio non hai nada non hai plaias.
R: Non hai plaias, é todo así desa pedra ata chegar ó rio de Tirán que aí hai unha plalliña tamén pequena.
P: ¿Donde está a Cova da Londra? A Cova da Londra está debaixo do cimeterio na esquina.
R: Na esquina, bueno, Pois desde a esquina do cementerio ata alí que hai unha subidiña pequena pa riba...
P: ¿Esa plaia cal é?
R: Esa é... chámanlle a plaia do rio de Tirán.
P: Do rio de Tirán:
R: Do rio de Tirán. A plaia do rio de Tirán.
P: Non sei se era da ribeira que lle chamaban tamen.
R: Non.
P: E despois a próxima plaia vindo hacia acá é aquela pequena das Cortes.
R: A das Cortes, e despois xa ven a de detrás do Con.
P: Despois ven O Con, ven a do muelle, aquela pequeniña, e despois ven esta que desapareceu xa.
R: ¿Eh?
P: Que é o nombre da plaia.
R: Ese é o nombre verdadeiro.
P: A Xunqueira, Meira.
R: Despois ven a Xunqueira, ven Meira e ven a...
P: A da Borna...
R: A da Borna.., non, ven antes a de, a verdadeira de Meira porque.
P: Si.
R: A plaia de Meira é esta de aquí de a xunqueira, e despois ven a Meira a que hai do muelle palá, a que había antes do muelle palá, ahora...
P: Que é a entrada toda.
R: Ahora está....
P: A dársena de Meira toda.
R: (inaudible) Ahora dividironna, Ahora casi a taparon tamén.
P: Si ó facerlle a escollera toda.
R: O mar chegaba arriba, antes de facer o relleno, pasou coma aquí rellenaron tamén, senón chegaba o mar arriba, pa vir a aquela praia había que ir a atravesar o rio alá a xunto a volta da carretera de arriba, por alí non podías baixar.
P: E agora igual.
R: ¿Ah? ¿Como decías?
P: Ahora igual.
R: Ahora non, ahora está todo rellenado ahora pasas, ahora pasas ben, ahora pasas ben. -o río de Meira era mui perigoso (inaudible)- ¿En donde?-o río de Meira é perigoso ese río do Santo- Si non che dixen que alí había moi bo ollo -alí había un rio grande- un rio grande ese xa botaba máis ca os de aquí -sí xa botaba máis ca os de aquí-.
P: E despois tirando hacia Domaio, xa que viña, a de Videira ou a de Videira a de Baliela ¿non?
R: A de Baliela.
P: A do Porto que está alíi no muelle ¿como lle chamaba?
R: A do Portiño, a da Baliela, ¿cal e Dios mio? (risas).
P: ¿É a que esta frente a iglesia?
R: Ah... -Os Castaños, tamén lle chaman alí onde a iglesia-.
P: ¿Onde a iglesia?
R: Onde a iglesia chámanlle Os Castaños, Os Castaños e... -da iglesia palá da fábrica hai unha fabriquita alí, alí chámanlle Os Castaños, aquela punta que hai alí é Os Castaños-.
P: E puntas, a do Arroás, a do Niño Corvo, esa...
R: A punta do Niño Corvo, a punta de Orbeira, pero mira de Cangas pacá a punta de Rodeira, a punta de Niño do Corvo, a punta do Con, son os salientes máis grandes, a punta do Arroás, a punta da Moa -a mosqueira tamén. -
P: A Mosqueira.
R: A Mosqueira a mosqu... Si a Mosqueira tamén era unha punta pero -tamén era unha punta- tamén -agora desfixéronna os barcos- o que é que a desfixeron claro -alí era onde traballabamos antes- sí, sí, sí, a punta de Mosqueira tamén, a punta de Meira, despois viña, a punta do Arroás, despois viña a punta da Moa despois como lle chamaban a aquela punta que hai antes de chegar o muelle de Domaio tamén era unha punta... non me acorda como lle chaman -a Tella- a Tella, a Tella e no río -no río para acá- no río pacá pero é a punta da Tella claro pero é do río pacá pero xa non é tan punta salida xa é máis llana -máis llana máis llana ten...
P: E Isamil ten punta ou é dentro.
R: ¿O que?
P: Onde é Isamil?
R: Isamil é en Meira.
P: É en Meira.
R: Isamil é en.....
P: Na Peregrina por alá, polo Cocho.
R: -Isamil é no Latón-.
P: ¿É no Latón?
R: É no Latón, Isamil é no Latón -chámanlle Isamil. -pero chámanlle arriba.
P: Arriba, abaixo non.
R: - Non é Samil coma a outra é Isamil, sí- Isamil, Isa é arriba, arrente á carretera, abaixo é o Latón, e mais despois bueno como fai a curva donde está o astillero non sei se irá tamén, porque o astellero está do Latón palá e ó mellor chega o nombre tamén abaixo.
P: Por aquelas casas xa non lle...
R: Pode ser o barrio aquel é o Isamil, e o outro é o barrio do Latón - e a Fanequeira tamen lle chaman aí onde fixeron esa escuela-.
P: Si.
R: -A Fanequeira-.
P: ¿A Fanequeira?
R: Fanequeiras hai ma varias hai muitas- claro claro- hai muitas pero, tamén lle chamaban a fanequeira onde esta a punta do Castillo do Norte, tamén hai unha fanequeira alí -e Caiagua tamén alí tamén lle chaman... ten outro nome tamén Caiagua embaixo tamén caia muita agua tamen- Caiagua porque esa era a agua cando viña da chuva- da chuva e mais do río de Caiagua que hai un río moi grande- pero o río pouco traia cando chovía- quen che dixo bota máis que o Fundican o río de Caiagua?
P: Si máis que o de Fandican pode botar.
R: Máis que o de Fundican unha fonte grande coma de Fundican, ti nunca o mirache vai metido embaixo.
P: Máis que o fundican pode ser.
R: - Onde fixo as casas ahora o de gemio ó fondo onde fixo as casas...
P: A curva perigosa de Fundican, ou de.. de caiagua.
R: Si, sí, sí a curva a curva si..
P: Inda leva auga.
R: -Alí o terreno chamabase vou a Caiagua, pa mariscar e pa todo Caiagua-
P: E lugares que desapareceran a plaia de Moaña xa desapareceu a punta de Mosqueira meteron Moaña enriba e xa desapareceu.
R: E esas son as que desaparecen claro, non desaparece a punta de Rodeira porque non se pode obrar alí, non desaparece porque non hai quen vaia tampouco nin o Arroás tampouco desaparece, o de fóra que o de terra xa igual xa desaparece.
P: A Pedra de Cousela ¿non chegou a desaparecer non?
R: Non, desapareseuse un pouco pero ahora deixaronna ó aire outra vez.
P: Enterrouse coa area ou enterráronna.
R: Botaronlle as pedras encima.
P: !Ai¡ si.
R: Pero ahora sacaronllas, ahora está mismo na punta do muelle, está mismo arrimada ó muelle pero está como estaba -antes tamén había outra- había outra a que lle chamaban a pedra pequena, a pequena.
P: Había unha alí ó lado do deposito ¿é esa?
R: -Non aquí mismo- aquí mismo- aquí mismo, había unha, frente a nosa casa mismo, había unha que lle chamaban a pedra pequena- a pedra pequena- estaba arrente a....
P: Si alí frente ó regueiro tamén había outra.
R: No regeiro tamén.
P: Esa tamén quedou enterrado si.
R: Esa era a verdadeira Asa do Pote.
P: A Asa do Pote.
R: A Asa do Pote.
P: ¿Entonces non era a outra a de Ramona?
R: Como eh eh....
P: Si parecidas.
R: Igual unha era Asa do Pote da ria e outra Asa do Pote do mar.
P: A de Ramona diante estaba.., tiña coma se fora un vaciado que alí era donde se botaba a auga e topabase cantidad de camarons ou lorchos o mellor
R: Si.
P: Mentres que nestas non
R: Había coma unha pociña que quedaban alí encerrados alí, si desas posas hai en varios sitios donde hai pedras así hai varios sitios ¿non? e alí solo, vas por Rodeira aí polo Niño do Corvo e por aí hai moitos desos.
P: E aí sempre se topa algún...
R: Sempre hai algo.
P: Sempre hai algo.
R: Sempre hai algo porque algún sempre queda descuidado, sempre hai descuidados, como hai humanos tamén hai animales que se descuidan (risas).
ENFERMIDADES
P: E o traballo do mar orixina enfermedades propias? O mellor de dolor de espalda por traballar moito.
R: ¡Hombre!...
P: Reumas.
R: Reumas disque se collían moitas disque porque...
P: O contacto de estar coa auga xa.
R: Principalmente por iso, porque os máis deles todos eramos millonarios os que andabamos o mar, e a roupa de aguas era a que non tiña catorce remendos tiña vintecinco, e por aqueles remendos a agua non entraba, chupabase pa dentro e nas rodillas, nas canillas, no.. ó mellor por non vestires un chaquetón que estabas agachado tirando polo aparello ou vogando pola veta o resio e metíaseche na columna, e todo eran reúmas, daquela os homes, un home de setenta anos era velliño completamente -e negras había muitas-e de ronsar a roupa de aguas nas pernas e viñan eses que falamos o outro día ¿non? Falamos das negras e mais...
P: E iso que era por ronzar.
R: Por ronzar o máis del era por ronzar, era tamén mala sangre que había no corpo non despois o ronzar era máis - mala sangre porque era ronsador porque a roupa de aguas era de aceite (inaudible) e despois dabanlle nunha cuba con aceite e quedaba teso e despois rompíase e botábaselle un parche enriba - un parche enriba e despois viña outro parche aceite outra vez (inaudible) había veces que pesaba máis a roupa daguas que a carga que traias ó lombo- hoxe hai botas e todo pero daquela levaban zocos, zoques-o que os levaban.
P: Senón iban descalzos.
R: Senón iban descalzos-e os zoques pesaban unha barbarida- había máis que iban descalzos que calzados-meu pai nunca lle acordei de zoques ningún toda a vida anduvo descalzo e mira que era fuerte- e José María -ssí- e José María.....
P: Colleria muitos catarros e todo ¿no?
R: -Non vaias a pensar -
P: ¿Non?
R: -Non non o contrario- o contrario- catarros non. Collías reúmas e todo iso, pero catarros non porque xa o corpo acostumbrase o que sea, porque nós cando fomos pa gerra diciamos ¡como vamos a durmir enriba da terra, e como vamos a durmir cos piollos!
P: E habendo sono dúrmese.
R: !Mimadriña¡.
P: Durmese nas laxes.
R: Non, habendo sono todos ós lados uns dos outros co frio, a neve a cair por riba da manta e.. e non había frio dabamonos calor os uns os outros e non había frio e o corpo humano afaise a todo.
P: E o que me decía antes de que ós setenta anos eran vellos, ese envellecemento eso que muito, a veces o sol ó traballar co sol non curte máis a piel non fai máis vello a unha persona.
R: Si vaia. O sol e... o traballo e quen che fai máis
P: O sol e o frio, todo.
R: Si o sol e o frio.
P: ¿E as veces non collían insolacións?
R: Había de todo pero todo pasaba -había o que che dixo o costumbre todo é- todo fai o costumbre -todo fai o costumbre- o corpo afaise a todo, aclimizase a todo, e os homes que van pa fóra ou que iban pa Buenos Aires e Rio de Xaneiro e por aí e non... e sin embargo tíñanse que aclimatar a aquilo.
P: Tiñan que aclimatarse claro.
R: Aclimatarse a aquilo. O home aclimase a todo.
P: E cando se iba normalmente nos barcos da ardora, ¿non había moitos mareos non se mareaban muito os mariñeiros?
R: Algúns se marean outros non.
P: A maioría non.
R: A maioría non. E despois algún que se mareaba ó empezar a andar ó mar despois xa non se mareaba.
P: Despois xa nada despois xa se adaptaba.
R: Había outros e eu non sei se non sería un deles, que ó botar moito tempo en terra ó ir de novo xa empezaba a cabeza a aquelarse pero coa misma agarrabas se non se traballaba ibas un pouco pa o catre ou pa pana ou pa donde fora dormias un pouco e cando despertabas xa pasaba todo, xa pasaba todo.
P: E que outros tipos de enfermedades producía, así, aparte das negras.
R: Dspois había reúmas había pulmonías e según e había gripe. O gripe cando veu xa foi nos anos dezaoito ou dezanove, vinte ou vinteun.
P: ¿Porque antes non había gripes aquí?
R: Non veu cando veu a pesta do gripe foi polo vinte ou así pero cando veu aquí, buf, as casas enteiras iban eh?
P¿Morria xente?
R!Mmimadre¡ non se daba abasto a enterrar difuntos-e as mulleres que andaban encinta inda lles atacaba mais-
P: ¿Si?
R: Sin embargo mira ti, na casa miña donde eu nacin non sendo a meu pai e a min, que non lle deu deulle a todos, pero unha cousa pasaxeira
P: Si non foi fuerte.
R: Ós oito días todo o mundo estuvo san.
P: Daquela inda non había penicilina inda non se...
R: Pois aí foi donde... quen curou o gripe foi a penicilina, o gripe e outras enfermedades máis, a penicilina barreu todo o que era de pus todo o barreu (inaudible) mal de mulleres.
P: Sin embargo ¿como se curaban este outros tipos de enfermidades como se previñan?
R: Pois había tamén.
P: Para o dolor de espaldas ¿que había remedios caseiros?
R: O que tiña moita fiebre poñíase... dábanlle unha sangría ou ben unha sangría con bisturí ou ben ponían.. había uns bichos que lle chamaban sanguijuelas e chupabanche a sangre.
P: Non eran de aquí esas vendíannas na farmacia ¿non?
R: Na farmacia. As vendian na farmacia.
P: ¿E vendíannas vivas?
R: Si.
P: E eran coma unha especie de miñocas que tiñan dúas ventosas
R: Ehh¡ si tiñan ventosas -nas veijas así-
P: A ¿si Chegou a haber sanguijuelas aquí?
R: -Criábanse sanguijuelas criábanse- eu non acordo- eu si alá en Meira había-do que acordo, o que acordo é de ir a buscalas a farmacia pa poñerlle a enfermos e as veces cando tiñas un dolor en calquera sitio poñíanche unha ventosa tamén -unha ventosa e mais parches de liñaza- parches de liñaza pero o que máis andaba era a ventosa -a liñaza tamén- a ventosa poñíanche unha mariposa ardendo e o vaso enriba e seica iba consumindo aquel aire ou aquilo e despois pa sacar o vaso disque sacaba o dolor pa fóra disque, e despois había tamén pa cando había collementos. Había pomadas pa extraer o pus pa fóra había cataplasmas.
P: E así remedios caseiros derivados do mar.
Cara b
P: Estaba dicindo iso que raspaba coa navalla no xabón.
R: Coa navalla no xabón.
P: No xabón.
R: E facía aquela cantidad que el miraba, despois iba a unhas plantas que había ou ben estrugas ou ben herba de san juan, chopo e machacaba todo co xabón e co aquelo e despois aceite e despois revolvia e aquilo poñiao nun trapo e poñía encima da llaga, si era pa curar pa curar, si era pa sacar o pus pa fóra pois pa fóra e despois da que rebentaba, follas de chopo pegabanas, pegaban ¿sabes? E despois viña o pus todo pegado e agua quente canto máis quente mellor pa desinfectar. Bueno, e rabiabas pero sanabas logo.
P: Limpaba todo.
R: (inaudible) mira non sei se se notara aquí non parez que teño aquí cortes limpos?
P: Si, si.
R: ¿Non miras? Isto quedoume así tumbado pa abaixo, en vez de pa riba (risas) e coa misma déronlle pa arriba un remedio deses eiqui e era por este tempo pouco menos, e... os oito días de ir os baños coa auga salada sanou.
P: E sen puntos nen nada.
R: Nen nada nen puntos nen nada, el sanou el ahora que quedou así esta feitura ¿non miras? Quedou -eu clavei un clavo que iba descalza e clavei o clavo así de punta así pero todo quedou namais que a cabeza, todo o clavei entonces miña irmán tuvo callo e sacoumo, tiña muito callo porque claveino ben e entonses un fulano que había alí disolle "ó chegar a casa batelle o dedo ben batido batello ben batido ben batido que arrie o sangue" -pa arriar o sangue morto ¿non sabes?- aceite a ferver - aceite a ferver- e así me fixo e non me colleu infeción nen me pasou nada.
P: E quedoulle o buraco onde meteu o clavo ¿non?
R: -Onde meteu o clavo-
P: Soltou todo o sangue.
R: -Mazou díxolle "mácelle ó chegar a casa, mácelle ben cun pau, mácelle ben" deume canto quixo e así curabase así, ben e os flemóns... a difunta da miña nai, ¿sabes como facía? pois amasaba cunha pouca fariña milla e despois botáballe pemento picante.
P: ¿Na fariña milla?
R: Na fariña milla, amasada así e despois poñia na cara todo aquilo quente a ferver saíache o pus pola boca.
P: E que me ia dicir dunha planta o "cucuruju" ou...
R: Cucuruju lle botamos os pementos tamén o cucuruju non sabes que haino nos muros que son así unhas cousiñas redondas e gordiñas.
P: E verdes.
R: Son conselos.
P: Couselos.
R: Conselos.
P: Couselo.
R: Conselo.
P: Cou...
R: Nós chamábamoslle consellos.
P: Bueno couselo tamén se chaman.
R: Estaban pegados ós muros, eran redondos e verdes tamén curaba ou disque curaba - a folla de salgeiro con aceite- e as follas de sabugeiro tamén curaban.
P: E esto outro que se lle bota... o que eran as herpes, como lle chaman esta herba que ten a savia amarilla ou o leite amarillo.
R: - A celidonia iso é pas espullas-pas espullas e mais pos herpes.
P: Pas espullas, pos herpes.
R: -E máis pos herpes tamén-.
P: E pos herpes ¿non se lle botaba a veces tamén croques?
R: ¿A quen oh?
P: Croques ou ameixas ¿non se frotaba pos herpes?
R: - Non nós non lle botamos máis ca iso ca desa celidonia- cada maestrillo tiña su librillo ¿non sabes? Cada un - había herbas mui curandeiras-
P: Si, e do mar ¿que se usaba para curar?
R: -Do mar pa curar infecións o bocho, a bocha- a bocha esa era moi boa para a infeción ¿eh?.
P: Despois as lapas e croques e ameixas ¿e iso non?
R: -Nada pero a bocha e a agua do mar tamén para baños e así tamén cha daban a agua do mar tamén- ¿a agua do mar debía curar moito?
P: Si porque tiña iodo e tiña....
R: Porque eu... fixéronme unha vacuna púxoma unha mullere e aínda se a notar aquí que hai unha aquí e outra aquí e eran así.
P: ¿Prenderonlle as dúas?
R: E non curaban, nin curaban, nin curaban, hasta que viu o tempo dos baños e os oito días sanou.
P: Santo remedio¿non?
R: Santo remedio a agua do mar tamén cura abondo, moito, e o que dixen antes xa a cura esa que tuvera tamén o baño foi o que me......
P: ¿E se tiña colicos de barriga?
R: Para iso había lavativas ou si e había infeción, pois poñíanche un irrigador para que desaugara.
P: Purgantes e iso.
R: Purgantes chamábanlle purgante.
P: Si purg... pero do mar non sacaba nada non eran de plantas, de herbas ¿non?
R: Plantas de terra.
P: De terra.
R: De terra.
P: E non lle acorda enfermedades propias que foran do...
R: As enfermedades de antes...
P: Cando collía unha insolación, ou muito sol, normalmente ¿que se tapaban?, tapabanse a cabeza ou deitabanse ¿non se teñen desmaiado co sol?
R: !Ai o sol¡ sempre se gastaba gorra ou sombreiro, iso si iban pa veiga as mulleres e levaban un sombreiro deses de palla, pero polo regular eh...
P: A proposito, xa que fala diso ¿o sombreiro de palla o levaban igual as solteiras as casadas que a viúdas, era o mismo sombreiro ou tiñan distintos.. ?
R: Era o mismo. Cando era o sombreiro pa sombra era o mismo.
P: Era o mismo.
R: Si era o mismo.
P: ¿As casadas non teñen un tipo de sombreiro, nin as mulleres non levan un lazo de diferente color?
R: !Ai¡ despois había según o que cadrara, eu cando empecei a ser mozo xa non se levaba eso, de rapaz non che digo que non, despois as mozas xa empesaron a ir en pelo coa trenza e a muller que tiña unha trenza grande esa era a mellor, que lle chegara á cintura polo menos á cintura ou máis corto, canto mais abaixo mellor
P: Si oh¡
R: Había algunha que servía para amarrar un feixe de herba, a cinta aquela a cola aquela.
P: Menudo traballón pa peinala.
E ¿E pa peinalas? Había que estar media hora a peinarse.
P: E pa desenredar a trenza e despois peinala xa.
R: E despois pa amarrar a trenza facer a trenza e todo.
P: E que non tivera cruios pa catar (risas) pa catar todo ese pelo que antes había muitos ¿non? pa percatar os piollos.
R: (risas) Piollos, piollos... e os pés i os rapases andabamos descalzos sempre e as nosas nais a berrar con nós a lavar os pes!! o maestro que tiña eu era o que máis miraba as uñas largas e os pés sucios Don Antonio Fuente Castro chamábanlle, coma chegaras e che mirara as uñas largas e os pés sin lavare, xa andaba a vara que era un caso..
P: O que non falei nada, o que non falamos nada, era da cando iban po mar na patela normalmente ¿que levaban?
R: !Ai¡.
P: A roupa de aguas.... ?
R: Cada un o que tiña a roupa de aguas era a que iba máis
P: ¿Levaban algo de comer ?
R: Un cacho de pan.
P: Un cacho de pan.
R: Había quen levara un cacho de pan.
P: ¿Viño?
R: Había quen levara un vasiño de viño se o tiña na bodega, se o tiña na bodega.
P: E si non nada.
R: E sinon eh.. había agua no barril, que sabía o podrido.
P: ¿Si?¿E a botella de... a botella de caña?
R: !Ai¡ bueno a caña, mmm non che digo que... había algún que non levaría, ben eu non, sabes que non me gustaba.
P: ¿Non lle gustaba?
R: Eu a caña non era capaz de bebela.
P: Pero estilábase muito levábase muito a botella de caña.
R: !Ai a caña! e antes si se salía de mañán, por exemplo po caldeo, saliase de mañan sempre.
P: De madrugada.
R: De madrugada.
P: Si.
R: Pois por ejemplo no Con era Miranda o que tiña alí a taberna todos iban alí
P: ¿E estaba aberto a esas horas as tres ou catro da mañan?
R: Xa abría el que lle conviña, bueno hombre xa el, pouco máis ou menos xa sentía a xente e xa abría, e un un capucho, o outro, dous capuchos o outro, un pataco de figos pasos, o outro un caballito ou dous.
P: Caballito ¿que é?
R: Eran unha unha.. masa, de triga nun molde que facían nun molde era a feitura coma de un burriño pequeno ¿non sabes?
P: Que é o que se vendía despois polas feiras.
R: Eh!!
P: Ou polas festas.
R: Polas festas, os caballitos.
P: Tipo da pasta parisiena.
R: Unha pasta, como cho vou dicir de, de fariña amasada sin lévado e sin nada.
P: Si, si.
R: Sin lévado nin nada e triscaban nos dentes e cando así que ventaban chuva si eran resesos despois parecían moco (risas) que era como me gustaban máis a min
P: ¿Si? Que ablandaban.
R: Ablandaban.
P: Poñíanse gelatinosos ¿non?
R: E xa che pasaban, xa pasaban enteiras pabaixo ablandaban o sentir chuva ablandaban e figos pasos había cada figo !mimadriña¡.
P: Había pasta xa de figos pasos tamén.
R: Pastas non había aínda daquela.
P ¡Ah! aínda non.
R: Aínda non había. Había figos namais, había os grandes, había os pequenos había de a chica cada un, e había de a pataco que eran os grandes.
P: E o capucho de caña ¿como era?
R: O capucho de caña según.
P: Como unha copa máis ou menos ou máis.
R: Aí... como unha copa, pero as copas eran pequeniñas.
P: Si.
R: E despois o capucho xa era como un vasiño pequeno pero máis alto e mais gordo, máis gordo por fóra, por dentro non sei e había quen daballe dous tragos e había quen (srup).
P: Iba todo de penalti como dicenlle ahora ¿non?
R: Non, non!! De penalti de penalti pero de penalti sin paralo o porteiro iso depende todo depende da persona.
P: Iso axudaba moito despois a traballar, traballabas quente despois.
R: Home empezabas a cantar... o primeiro que se quentaba o mellor era a cabeza ensegidiña porque era pouco alimento e muito alcohol, antes pouco alimento e muito alcohol
P: Bebíase muito.
R: Muito, muito, bebíase muito.
P: E antes de ir po mar tomaban un chiquito.
R: Un chiquito había quen tomaba un chiquitón.
P: Un chiquitón.
R: ¿Non che digo? Non che digo que xa o changüí xa se gastaba alí? Vouche a dicir tamén se salía da casa sen desaiunar eh? Non se desaiunaba víñase a desaiunar alí.
P: Non se tomaba almorzo ningún se tomaba un par de.....
R: Non!! Bueno algún ó mellor quentaba o caldo que era o que había o caldo feito de berzas e unto e unha pouca fariña e feixóns e todo, o que tiña un cerdiño que mataba un cerdo inda ó mellor botaballe un cachiño de touciño, inda tiña un pouquiño de grasa, pero outro cun pataco de unto, da vida que aqueles porcos de antes tiñan un unto que... que se las traía e dáballe muita grasa muito sabor e despois levaba a súa fariña os seus feixóns había quen o facía.. había aquí unhas vellas que lle chamaban as Candiñas chamábanlle as Candiñas e poñian, encendian o lume as nove da mañán e botaban facendo o caldo ata a unha ou as dúas da tarde, aquelo iba fervendo pouquiño a pouco, pouquiño a pouco, pouquiño a pouco, aquela verdura aquela fariña todo aquilo e aquel unto facian un puré, facian un puré daquel caldo había outras que non porque había presa pa ir pa fábrica pa ir po campo a traballar e ooooh! e ala coceuse, a verdura está cocida? A comer.
P: E a roupa de augas ¿eso?
R: A roupa de augas era de lenzo.
P: Era de color amarillo ¿non?
R: E despois dábaselle aceite de liñaza e por iso.
P: ¿Cada canto tempo se lle daba o aceite?
R: O aceite según.
P: Cada marea ou según se mirara el que iba secando.
R: Ah como se se miraba como se iba desgastar, ó ser nova dábaselle máis a menudo, un pouquiño.
P: Chupaba máis.
R: Para que fora máis eh¡ curándose máis e facendose máis impermeable e despois ó ser vella pois de escuro en escuro e o ser nova pois o mellor de semana en semana.
P: ¿E duraba muito, duraba..?
R: !Ai duraba¡ porque curabase moi ben e o lenzo daquela era lenzo fuerte ah¡ os generos duraban máis que ahora, eran máis...
P: E de...
R: Máis naturales.
P: E de roupa de faena ¿que levaban pantalóns de mahón?
R: Pantalóns de mahón, o mahón era o preferible po mariñeiro.
P: ¿E tamén levaba chaqueta de mahón?
R: E despois e chaqueta de mahón, ahora que despois había unhas zamarras ou uns jarsés gordos feitos daquela como lle chamaban a roca fiaban as vellas a roca e facian uns jersés.
P: E de que o facían ¿de liño ou de lan?
R: De lan, de liño, de lan, e mais de liño, pero eran jarseses que non sei se non pesarían dous ou tres quilos cada un.
P: Pero iban quentes entre a caña e un jersei deses.
R: A caña era o que quentaba máis (risas).
P: E me dicia que tomaba a agua choca a veces agua...
R: Agua choca queroche dicir eso o caldo.
P: Non, a agua cando tiñana no barril o barco leva un barril de agua.
R: !Ai¡ o barril da agua si.
P: Ese sabía mal.
R: Ese había algúns que eran novos, pero había algúns que tiñan cinco seis ou sete anos e xa estaba podre por dentro e non se podia tirar con ele que a ver...
P: ¿Non se limpaban eses barriles?
R: Baldeabanno o rapaz cando iba a fonte baldeaba un pouco e despois a beber todos pola sacabase a tapa e levantabase o barril e polo mismo sitio.
P: Ca resaca que producía a caña non chegaba a nada despois.
R: !Bueno! Cantas veces estar na illa e alá a buscar agua a illa o rapaz.
P: E me decia que iban descalzos.
R: Descalzos o máis da xente.
P: E senón, usaban zoques.
R: Outros levaban zoques, outros levaban unhas botas xa feitas no zapateiro pero iso despois dependía do... do poder.
P: Do poder ou do que se aforrara tamén.
R: O aforro tamén aí si.
P. Se gastaba o chanüi na tenda na tasca despois non...
R: Bueno home, non, non e cantas vescs, as mulleres sacudir os homes ¿a ver o changüí ? donde esta aí "inda non mo deron"" ven aca" cachea (risas).
P: Cachea que a fulanito..
R: Había de todo coma en todos sitios e mais coma sempre.
P: ¿Sisábaselle muito á muller?
R: !Ai¡ depende dependía de cómo fora o....
P: As mulleres sabían máis ou menos de todo.
R: Bueno.. había algunha que inda...
P: Sabían cantas cestas se colleran a como se venderan....
R: Antes de que chegara o home a casa xa sabía ela xa canto ganaba.
P: Por eso.
R: Había unha (buf) e había un home que lle chamaban "Terín" alá en... en... en Vilela que aquel, chegaba o barco a Vigo, saltaba por alí, saltaba pola proa do barco a lonja dáballe un.. tiña unhas portas por un lado e outra po outro e facía así entraba por esa porta e salía por esa e chegaba o barco xa de volta e di el "fulano tomou tanto, fulano tomou tanto" pero sin fallarlle unha cesta eh? eu non sei como se enteraba aquel home, xa sabía todo namais que dar unha volta así ó arredor da lonja xa sabía todo canto peixe habera antes de chegares ti a venta, xa sabía todo, non sabía dos únicos....
P: Si iban preguntando eu me acordo de estar pescando no muelle na punta do muelle que viñan os barcos alí.
R: Si ¿que tomastes?
P: Preguntaban uns por outros ¿que tomastes cantas cestas a como?
R: A como e todo pois iso.
P: E había xente no muelle que sabía de todos os barcos de Moaña.
R: Ese xa sabía, non lle facía falta preguntar a nadie eu non sei si topaba escrito non sei como facía era un home que na casa... e tiña unha muller e dicía ela nada hombre cando a muller entra pola porta pa dentro ten que saltar o gato pola ventana (risas) si porque as veces, as veces cando non se andaba a ardora ou a sardiña ibase aos pulpos como ela non despertara o home non despertaba tampouco entón había que sacudilo (risas) aí.
P: E nomes de barcos e de chalanas que foran así curiosos como o que falabamos antes "Ni uno más ni uno menos", "Terra de Souto", outra chalana...
R: "Nin máis nin menos" os outros, non nosoutros somos muitos.
P: A súa chalana ¿coma se chamaba?
R: O noso barco era o "Cinco Primos".
P: "Cinco Primos".
R: Porque cando o fixemos era Manuel non, era Regina, Maruja e Regina e Rique o que morreu o... eran tres e era Chuco e mais Pepe, eramos cinco ah! pero despois viñeron o resto (risas) despois viñeron os outros sete ou oito, despois veu Serafin veu Manolo veu... os dous que morreron Lisardiño, Pepiño e todos eses.
P: ¿Que outros nomes de chalanas había?
R: Había varios, había o...
P: O "Vou si podo".
R: "Vou si podo" había un que era "Vou si podo" había outro que era "Non me rindo", había.. había varios ¡eh! eu que sei cada un poñíalle... unha vez un encargou un barco, e o carpinteiro cando chegaba alí, home inda non che puden facer e chegaba outra vez e... pero un día chegou e dixolle o carpinteiro "oes por fin foi" e disolle el "home sacachesme dun apuro, "¿entón porque"? porque non sabía que nome lle había poñer ahora xa lle poño "por fin foi".
P: Era un barco ou...
R: Era un bote, un barco, unha embarcacion e dille el sacacheme dun apuro que non sabía como lle había de poñer de nombre e ahora xa sei que lle hei poñer "por fin foi"
P: E aquí barcos...
R: E despois "Punta del Con", "Niño Jesús".
P: Son barcos xa.
R: Eh?
P: ¿Son barcos ou botes?
R: Barcos.
P: Barcos. O "María del Carmen" que era...
R: O María del Carmen.
P: O "Ola".
R: O "Ola".
P: Era o de Benito Rogelio.
R: O despois era..
P: O "Baje" este xa era o último xa, este veu de muros.
R: Oh?
P: O "Baje" o de Lemos.
R: O de Lemos...
P: O "Baje".
R: O "Baje".
P: Baje, Baje.
R: O Baje si o Baje.
P: Dos últimos que...
R: Veu dos últimos.
P: Ese veu de alá, de Muros.
R: Ese veu de por aí de arriba.
P: De Portosín ou...
R: Si de ei ven o "Baje", e había o.... despois había o (inaudible) quen sabe!
P: O dos Quisques ¿como lle chamaban?
R: O do Quisque, o "Cuatro vientos" anduvo un chámabanlle "Catro vientos" que era de Domaio, andaba o Pisque nel tamén.
P: O "Ave del Mar" ou algo así.
R: O "Ave del Mar" era de Benito Rogelio, non, era "A Veleta" o "Ave do Mar" foi o que morreu.. foi o que.. foi ó fondo, donde morreu meu cuñado e despois tuvo outra que lle chamaba..
P: O "Ave sin puerto" que era...
R: O "Ave sin puerto" era de Benito de Bufa porque marcharon de aquí e andaban por Muros, por Portosín e por aí e puxéronlle ó barco "Ave sin puerto" e esí nombres das fillas, dos pais, dos amos, das amas.
P: E nomes curiosos, así os nomes curiosos tíñannos mais ben as chalanas ¿non? e os botes.
R: Nomes curiosos despois e polo regular despois non así coma eses de Ave sen puerto había pouca cousa.
P: ¿E que era "nin un máis nin un menos"?
R: "Nin máis nin menos".
P: Si, "Ni más ni menos".
R: "Ni máis ni menos" de quen era ese Dios mio, si era "Nin máis nin menos" quen era este, era de equi do Con paréceme.
P: Non! home non, non era do Con que estaba aquí frente a de Buza.
R: ¿A de?
P: Tiña amarrado na escaleira esa que había diante da de Buza de...
R: De quen era o "Ni más ni menos".
P: Era...
R: Non me dou cuenta ahora de quen era ¿eh? Sei que había tamén o "Nin máis nin menos" pero no me dou cuenta de quen era, e había así varios, "Flor de Cuba" un que foi a Cuba e veu e fixo unha lanchiña e púxolle "Flor de Cuba" e outra "Isla a cubana" ou "Isla de Cuba" ou "Cubana" unha "Flor de Cuba" que era, era unha marca de puros que había alá, a "Flor de Cuba", e despois o outro non sei que lle puxo, "Cabaña cubana" algo de Cuba tiña tamén.
P: E dos que andaban... e dos barcos de antes que andaban o caldeo a remos, das lanchas non se acorda de nombres ¿non?
R: De nombres non, daquela inda era eu rapaz, eu xa en lancha de remos xa non anduven, xa anduven en motor toda. anduven o remo ó pulpo. Si aí si aí bogei un pouquiño, non muito, pero un pouquiño bogei. Pero nas lanchas grandes xa non, xa é como non vivía aquí, que vivía en Vilela, xa non é, porque eu sei máis de Cangas que de Moaña. Nós os de Vilela ibamos máis a Cangas que a Moaña.
P: Quedaba máis cerco claro.
R: Máis cerco ou polo que fora, non sei. Miña nai non deixaba de ir a plaza non sendo que fora a Cangas non iba a ningún lado a plaza, ou a Vigo ou a Cangas aquí en Moaña namais que viña a pagar a contribución (risas) ou o Ayuntamiento a calquera cousa.
P: ¿E era tanto a contribución entonces que se pagaba?
R: Non era, era pouco pero e que se ganaba pouco tamén, a ver se nos entendemos.
P: Si, si.
RENDAS, FOROS, CONTRIBUCIÓNS
R: Quero dicir iban pa ganar pa contribución e mais despois pagar algunhas rendas que tiñan e...
P: Si foros e iso
R: E compraban un porco compraban unha vaca e pedían, e entonces para desempeñarse desas cousas e algúns que traballaban terreno de fóra, entón había que pagar unha renta.
P: Das casas grandes ¿non?
R: Eeh. as casas grandes.
P: Daquela en Tirán a casa grande ¿donde estaba alí...
R: En Tirán, en Tirán poucas casas grandes, o máis grande era o Pixón e mais a de Castroviejo.
P: A de Castroviejo si.
R: Que antes non era de Castroviejo era de Cangas como lle chamaban os e.., Lagoas tampouco, inda me ha de acordare, como lle chaman a... ?
P: ¿E eses tiñan terrenos que arrendaban?
R: Non arrendaban, traballaban eles, pero despois había por parte outros terrenos arrendados, entón o que traballaba un traballo arrendado tiña que pagar ¿non?, ou ben en especie, había quen pagaba en especie por ejemplo millo, patatas.
P: Tantos ferrados de millo según...
R: Eeee aí esta, ou tantos cabazos de viño.
P: Tantos cabazos de viño según...
R: Según o que era, habiaos de a medias e habiaos de... que xa traballar a medias xa era traballar. Ti tiñas que poñer todo e despois el levábache a mitade do que ti collías, !xa estaba ben, xa estaba ben¡, e despois había tamén estes que lle chamaban trinquillóns, feirantes.
P: Si.
R: E ti ó mellor ti eras o que tiñas os cartos e eu quería comprar unha vaca, ou... unha becerra pa criar pa despois vender pa carnicería, sí, daquela vendíase moito aquí vendíase moita carne pa Vigo e pa iso ¿non?, ibas a feira de Meira, entón ibas a redondela, ibas ti e mais iba el, no barco de Meira, e ali era onde se compraban eran mais baratas pa criar, collias unha beserra do leite valia o mellor trinta duros, e ti pagabas, e eu levaba a beserra, ahora criala e a vendela, mira que vou vender a feira, vamos levar a beserra a feira mañan ibas e vendíala en sincuenta duros ou sasenta.