MAR VIVO

 

ENTREVISTAS CON :

ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS

PARROQUIA DO CARMEN

· Os barcos que están nos mortos aproan máis polas augacións que polos ventos

· Anécdotas dun contramaestre e un comandante

· As marcas e referencias tomadas no mar. Enfilamentos que se deben tomar para entrar na ría de Vigo

· Enfilamento para entrar pola boca Norte

· Orientación co compás tora da illa e durante a faena

· Antes sondaban a man cun cordel e un ferro amarrado na punta

· Non tiñan sextante para orientarse

· Para establecer unha marca na ría, debíase coller como mínimo dúas enfilacións

· Pola noite valíanse das luces para mellor orientarse

· O cego de Vidal tiña un ouvido especial para orientarse polos ruidos da batentes do mar durante os días de néboa

· As estrelas so son válidas para levar un rumbo

· A frecuencia con que sondaban viña dado pola profundidade. Canto menos brazas, máis veces se sondaba

· Os faros emiten destellos diferentes. Cada un ten unhas frecuencias propias

· Hai un luceiro que sae as catro da mañán

· O carro sae sobre as 3 ou 4 da madrugada no inverno

· Só mirou unha vez unha tromba de auga

· Na illa sur fanse muitos remuíños de vento

· Un remuíño pode darlle volta a una gamela

· Anécdota de cando os colleu un remuíño

· Anécdota de cando colleron catro milleiros de bogóns

· As illas da Ría: Samertolameu, Ratos, Cies, Toralla, Estelas, Os Viños

· Os cons: Pedra do Pejo, Rivas, Sevilla, Corveiro, Centoleira, Aferróns da ría e do mar. Bote, Punta da Mosqueira..,

CORRIENTES

P: E decía entonces iso que aproa máis... ou coas corrientes sin...
R: Se a corriente é fuerte... Nunha ocasión estando eu no servicio había un oficial, un teniente navío, que era mui amigo de Ozamiz, de Ozamiz o que hubo aquí, que tamén estaba aquí no barco, Don Félix Ozamiz ¿Non sabes?
P: Non sei non.
R: Que era de Cangas, que vivía... que estaba casado en Cangas
P: Eu como fun por terra non...
R (María): Non pero este... este apareceu morto na... -Ese matouse el, despois. (María): - Disque se matou. -Bueno entón estaba aí e era mui divertido ¿Sabes? Sempre falaba con retranca.
P: Si.
R: Era andaluz pero tiña retranca máis que un gallego. Entonces cando se está fondeado a fóra os botes amarran nun tangón. Un tangón é unha vara que sale do costado e vaise por ela e alí ten varios sitios pa amarrar os botes ¿Non?
P: Si.
R: Si se han de amarrar a tal non, amarran ó tangón. E ten tres sitios: ten no medio, ten na escala e ten na punta do tangón e vai un cabo desde o palo hasta... dez metros ou cinco do tangón. E alí aguanta nel, pero despois donde está esa corda pa diante hai que ir con equilibrio ¿Non? Hasta o último chicote. E resulta que había muito noroeste, muito noroeste, pero, entón tiña que estar o barco aproado a Cangas. ¡A! pero como iba a agua muito po mar, pois estaba aproado a videira, poñamos por algo alá. Estaba atravesado.
P: Si, si.
R: E os botes en vez de estar ó bandar do barco estaban así contra Tirán tamén, que o levaba a corriente para alá, que levaba a corriente pa fóra e había que embarcar nun bote pa ir a terra non sei se a levar o correo, o carteiro... El tiña que facer un viaxe a terra no bote e os que están de guardia nos botes están a bordo mentras que non hai que facer ¿No? E despois o oficial de guardia dille ó contramestre " Don fulano embarque en tal bote", que embarque pa ir. Entonces o contramestre co pito xa saben... Coas pitadas xa saben que bote é ¿Non sabes?
P: Si.
R: E foron corre, corre, corre e embarcan no bote pero como o bote estaba desviado non... por que hasta o cabo que aguanta no tango vai unha corda desde o costado e cunha man vas e corre... pero de alí pa alá. E como o bote estaba desviado a punta chegou un pero despois pa baixar pa baixo se estaba así tirando, tirando, tirando. Entón claro tardaba o bote ¿Non? E el púxose a mirar e díxolle el ó contramestre "Don Manuel, Don Manuel aquellos que están haciendo, cogiendo la cucaña o que están haciendo". Tiña así unhas salidas "aquellos que están haciendo cogiendo la cucaña que están haciendo".
P: Claro.
R: E ese Don Félix era outro tamén moi recto, moi recto ¡Mi madriña! Cando mandaba facer unha cousa. E un día tamén, o alto era o bote dos oficiales e mais do comandante e estábamos aquí en Vigo tamén. E tiña orden de que estaba en terra o comandante que non viña a bordo, entón claro, o outro como era... era media mañán, eran cerca das doce, sabía que... e marchouse por alá o patrón plantouse por alá a falar cos amigos, a andar por aí e andar alí..., e nisto ven unha orden, chamaron por teléfono ou por... banderitas, veu unha orden de ir a buscar ó comandante a terra, quería vir a bordo. O contramaestre ¡Ti, ti, ti, ti!, nada, nada, estaba o proel, o popel, o motorista estaban os tres a bordo pero o patrón non aparecía, e non estando o patrón non había quen levara o bote. E ese estaba amarrado pola popa que é o único que amarra pola popa o dos oficiales e mais dos jefes e... ¡Ti, ti, ti, ti! E un bote antes de salir pa terra ten que vir a saber as ordenes ó costado atraca no portalón ¿Sabes? Pa saber, pa que lle digan vai a buscar a tal sitio, e alá a tarde mal e arrastro apareceu. Apareceu e veu, embarcou e atracou e dille ese Don Ozamiz, Don Félix Ozamiz dille el "Tribiño donde estaba Usté" e alí a disculpa máis grande que hai no servicio é o water, o jardín chámanlle o jardín. "Estaba en el jardín" dice e alí o outro quedouse sabes, por que non se lle pode ir a unha persona a evacuar, entón díxolle el "Para la próxima se caga Usté por los calzoncillos pero cuando pite embarca al bote ¿E?" Era ¡Pu! Mi madriña.
P: Bueno vamos a falar entonces...
R: Bueno. A ver.
P: Un pouco do noso.
R: Do noso.
P: Do noso. Onte me estuvo falando de unhas referencias que se miraba para pescar alí a altura da Guía, había que enfilar o mellor dúas...
R: Non é para pescar era pa pasar.
P: Pa pasar.
R: Claro pa salir. Quero decir se son barcos destes coma chalanas e... barcos destes pequenos non, pero por exemplo un barco un costero, eses xa teñen que buscar o canal.

ORIENTACIÓN NO MAR

P: Si por iso vamos a falar sobre iso, sobre o que é a orientación no mar.
R: Bueno.
P: Cómo se orientan, normalmente suelen coller cando están no mar, depende claro do sitio.
R: Depende.
P: Suelen ter sempre unhas referencias ¿Non?
R: Unhas referencias.
P: Ben pa entrar, ben pa buscar un sitio pa pescar...
R: Pa entrar e pa salir, pa salir xa é máis fácil por que aquí ti vas a examinarte pa patrón, ou pa capitán, ou de pesca ou do que sea e non che preguntan nunca polas salidas, pregúntache polas entradas polas enfilacións das entradas. E todas teñen unha enfilación, a do sur antes namáis que tiña dous farolíns, que era o farolín que hai en Monte de Ferro e o farolín que hai en Cabo de Bicos e eses farolíns teñen dúas clases de luces verde e blanca. Bueno, entón ti enfilabas á entrada, que ahora xa é mellor, pero vouche explicar como era a de antes. Collías o centro da entrada e mirabas as luces blancas a de un e mais a do outro, e ti tiñas que vir sempre coa luz blanca sempre para dentro. Se mirabas que empezabas a vir a encarnada tíñaslle que dar un pouquiño po sur por que senón xa ias ó peligro. E se miras a verde tíñaslle que dar un pouquiño po norte por que senón xa ias ó peligro do sur. Hasta... e viñas sempre con aquela dirección hasta que abrías a Guía, hai que abrir a Guía. O faro da Guía despois de estar dentro da ría proa a el xa ves libre de todo, pero bueno. Entonces ou abrías a Guía, proa a Guía e xa quedas pro... desde Bouzas e desde Rodeira po mar tamén hai unhas boias, as da banda norte son encarnadas e as da banda sur son verdes, que esas son as salidas. A luz verde sempre é a banda da izquierda por onde vai o barco a banda izquierda, e a encarnada é a dereita. Por iso xa hai un refrán que dice "Ambas luces son babor e estribor roja e... se ambas luces de un vapor por la proa se ha avistado dejate caer a estribor... tu cae a estribor dejando ver el colorado" ¿Sabes? Pa que che miren a verde.
P: E despois hai outros puntos de referencia.
R: Bueno, espérate.
P: ¡A!
R: Eses son os farolíns e depois na de entrada hai as marcas de terra ou de día hai marcas de terra. Ahora na entrada do sur xa está mellor por que xa hai alá... antes de chegar a... no remate de Cabo Estai, que é alá en Pliegue ou por alá, xa hai dúas, dúas torres, e enfilas unha coa outra se ves máis polo sur veñen así ¿Non? Míralas así pero si ves pola liña míralas así.
P: Máis enfiladas.
R: Entón o vir con elas enfiladas xa ves dereito anque non te fixes pos outros, xa ves dereito a entrada. Bueno despois a do norte, hai esas dúas ¿Nunca mirache alí en Sobrido, non tes ido ó Monte de Sobrido que hai uns faros altos?
P: ¿O monte de Subrido donde, na Illa?
R: Non en...
P: ¿En Nerga?
R: En Nerga.
P: En Cabo Home, si alí.
R: En Cabo Home.
P: En Cabo Home hai dous faros sí
R: Dous faros altos.
P: Si.
R: e mais un encarnado despois abaixo.
P: Si hai un abaixo si.
R: Bueno ese era o que había antes e mais outro no... que eran cousa parecida ós que che dixen antes. Pero ahora non, ahora hai esas dúas enfilacións de fóra, arriba.
P: Si.
R: E desde alí xa ves dereito a el, a el, a el sempre dereito hasta que descubre o Monte de Ferro e o descubrir o Monte Ferro xa descubres tamén o do Peito, que lle chaman que é o verde que está co encarnado pequeno ese que había que me decías ti de Cabo Home.
P: Si, si.
R: Bueno xa tes a entrada lista. Ti ven sempre proa a el sempre enfilado hasta que tes... que miras as luces de Monte de Ferro e da Abra, e todas aquelas luces e xa tes a entrada alí. Dereito tamén pa dentro hasta descubrir tamén a Guía, ó estar a Guía, proa a Guía hasta o fondeadeiro, ves o fondeadeiro o mismo e tes esa referencia. Ahora, despois pa navegar por fóra, todo fai o compás, todo fai o compás. A rosa dos ventos.
P: Si, si.
R: Como lle chaman os que non son mariñeiros, os mariñeiros chámanlle o compás.
P: A rosa dos ventos é o que se estudiaba na escola ¿Non?
R: Hai quen o estudiaba na escola ou sin a escola.
P: Si.
R: Por que a rosa dos ventos, xa sabes ti, é unha circunferencia.
P: Si, si.
R: Dividida en 360 graos ou grados.
P: Grados, si.
R: Que é o que ten a circunferencia. Cada... E en trinte e dúas cuartas que xa o falamos antes.
P: Si, si xa o falamos.
R: Cada cuarta ten once grados con trinta... once con trinta. Son... as outras son décimas, trinta décimas. E dice por exemplo vamos pa fóra, vamos pa fóra, poñamos por exemplo con niebla, cando hai... cando está claro xa miras os faros todos ¿Non? E xa sabes donde están, miras o de Cíes, miras o de Ons, miras o de Sálvora, miras o de Sobrido ou digo de Sobrido de... ¿Dónde che dixen antes?
P: Monte Ferro.
R: O de Monte Ferro non, o outro que hai a fóra.
P: O de Cabo Home.
R: O de Cabo Silleiro.
P: Cabo Silleiro.
R: Miras Cabo Silleiro. Hai veces que si está unha noite clara, clara, clara e si estás un pouquiño... non muito po sur miras Fisterre. Hai veces que se mira Fisterre. Cando se venta chuva.
P: ¿Sí?
R: Cando se mira os faros máis claros é cando vai a vir chuva. ¡Ui que clara está a noite!
P: E chegas a mirar Fisterra hasta...
R: ¿E?
P: Desde o mar chegas a mirar Fisterra, o Cabo de...
R: Non a mirar o cabo, o destello.
P: ¡Ai¡ o destello.
R: O destello do faro.
P: Si, si.
R: Que non se mira sempre ¿E?
P: Pois inda...
R: Por que inda hai unha tiradiña.
P: Inda hai unha tirada boa.
R: Si inda hai unha tirada boa. Entonces claro se está por exemplo cerrado de niebla ou si se che cerra a fóra... vamos... dice por exemplo que o máis que se vai a fóra, ó xurelo, a buscar o xurelo, a pescar o xurelo e diche o patrón dalle pa fóra, e sair pola porta, rumbo oeste, rumbo oeste. Entón o patrón de costa pon rumbo oeste leva aquel rumbo hasta que unha hora, dúas horas, tres horas según a donde se queira ir.
P: Si.
R: Bueno, ahora dalle máis a estribor máis po norte, vira e marca rumbo.
P: El vai anotando todos eses rumbos novos no...
R: Debía anotalos pero non dá tempo, tenos que anotar na cabeza.
P: Pois despois pa volver ten que acordarse de todos.
R: Aí, aí era o que ia eu. Hai que anotalos na cabeza pero é unha anotadora pouco máis ou menos. Por que nos barcos grandes por exemplo parejas, e costeros e iso, iso todo vai a bitácora ¿Non?
P: Si.
R: Todo se anota e todo se... e pola sonda despois xa se sabe donde está. Pero nestes barquiños pequenos todo ten que ir a cabeza por que non che dá tempo nada. E ademáis outra cousa que despois por exemplo se topas peixe hai que andar as voltas pa...
P: Si, si.
R: Pa buscarlle a cabeza o peixe, pa mirar... e non podes estar a notar a todos momentos. E ó mellor pensas que... por que vas a decirlle " Dalle, dalle, dalle a babor, dalle a babor que vai peixe aí" e "Dereito, dereito ahora". E non sabes canto... "Ahora dalle a estribor, dalle a estribor".
P: Non sabes os grados de rumbo.
R: Aí está. "Dalle a estribor un pouco". E coa misma das e "a ver arría". E despois a corriente que te move. Ahora que, faise un cálculo dixo como sabes con que proa largas, sabes como che traballou a corriente, se traballou po norte, se che traballou po sur, ou se traballou po oeste ¿Non sabes? Entón vas facendo un cálculo, a mañán ou tal barco... ten peixe é a hora de vir pa venda. "¿Que che parece que?" "Home nós debemos estar, polo que anduvéramos e tal, debemos estar a fóra do cabalo ou tal" "Bueno e... " Entón "Pois pon tal rumbo", alá entre os dous "a ver se vamos co leste, con cuarta sureste. A ver si vamos tal". E unhas veces vas a un lado e outras veces vas a outro. Iso depende. Ahora xa hai outra cousa, ahora os barcos todos teñen sonda eléctrica, desas que hai ¿Non? O radar.
P: Si, si.
R: O que lle chaman o radar. Antes non, antes non había sonda había que andar cun cacho de ferro amarrada nun cordel e sondar a man. Había que parar hora sí, parar o barco, sondas hai xa sabes, e cando chegas a unha agua baixa.
P: Si.
R: De pouca agua paras o barco, escuitas "Coño pois non se oe romper o mar. Inda debemos estar tal, ou inda estamos cual. A ver dalle máis pa terra".
P: ¿E cantas brazas soe ter unha sonda máis ou menos?
R: As sondas esas non teñen fin.
P: Non teñen fin.
R: Non teñen fin.
P: Calculabas o mellor... chegar cuarenta ou cincuenta brazas xa non seguías andando ¿Non?
R: Ai, ai si. ¡O! En cuarenta e cincuenta tamén, e en vinte tamén. ¡Hombre! Ahora que despois claro, e como vai traballando sempre, porque ahora vai a sonda esa, vai traballando sempre.
P: Si vai.
R: Entón xa sabes cando... Igual chegas a un cabezo "Ei para" "Tuvemos dez brazas e ahora xa temos quince, pasamos por enriba dun cabezo hai que ir pouco a pouco. A ver, vai a ver se aguantamos esas cinco, a ver, a ver, a ver" E senón topas ou non miras o faro ou non topas... hai que aboiar e estirar a que clareé ou buscar.
P: Eso os días de néboa ¿Non?
R: Con niebla. Ahora estando claro xa miras o faro. Xa miras desde lexos os faros e dices "Aquel é o faro da Illa ou... ".
P: Si, si.
R: Proa a el e xa ven dereito. Estando claro non hai cuidado.
P: Entón non se facían anotacións ningunhas.
R: Non.
P: ¿E non levaban unha carta marina tampouco?
R: Eles levan pero non dá tempo. Donde fan as anotacións é nesa, nas parejas, nos troles...
P: Si.
R: Barcos que andan días.
P: Si, si.
R: Por fóra. Aí sí, aí o patrón de costa xa sabe a observar tamén co que leven co ese ¿como lle chaman... ? eu chámolle telémetro pero non é o telémetro. É o que toma a altura, xa saben en que grado está, en que non grado está...
P: Polo sol o...
R: Polo sol, as doce do día hai que observarlo o patrón de costa, chámanlle o...
P: O sextante.
R: O sextante. ¡Vaia oh!
P: Era o sextante, a min me sonaba.
R: Aí está. Algo de porco tiña.
P: Si.
R: É o sextante.
P: O sextante.
R: Ese é o sextante e toma e está onde non se mira o mar no...
P: ¿E o sextante máis ou menos como funcionaba? ¿Sabía como funcionaba?
R: O sextante é un aparato con...
P: Si.
R: Con dous espellos.
P: Si.
R: E miras por un ó sol e ten o mismo, ou digo eu que terá por que nunca o mirei, mireino de lexos na man nunca.
P: O sea nunca se usaba.
R: Na man nunca o tuven.
P: Usábase pouco nas embarcacións o sextante.
R: Nestes de aquí nada.
P: Nada.
R: Nada. Nestes de aquí de ardora nada. Eses sextantes despois cando se foi ó Gran Sol, e a Cádiz, e alá ó mar do Sahara e todo por alá.
P: ¿E aquí non?
R: Aquí nada, muitas bacas que andan aquí xa traballan pola marca de terra. Fíjate ti, xa antes xa non gastan sextante estes de que andan por aquí ó día, en Marín e antes había en Vigo tamén, e xa non gastaban sextante.
P: ¿E iso máis ou menos como funcionaba por espellos?
R: Si o sextante é un aparato cuns espellos e miras a altura e vas anotando cuanto. Ten que facer tres ou catro anotacións ¿Non sabes? Entón anota tantos grados de altitud, tantos grados de longitud e apunta, e apunta, e apunta. E despois van e aquelas anotacións fan o seu traballo ou restan, ou suman...
P: Si, si fan unha operación e...
R: Fan unha operación van a carta...
P: E sitúanse.
R: Buscan aquela operación poñen o ¿como lle chaman? que é cousa é un semicírculo cunha liña ¿Non? E a liña é o medio, poñen o punto alí marca o rumbo que sea hasta aqueles... marcan e despois xa saben donde están. E despois se hai que arrancar pa terra dice "Estamos aquí ¿A dónde queremos ir? A Lisboa" Marca e hai que ir a tal rumbo.
P: E iso sempre polo sol. Claro collen as orientacións polo sol.
R: Non. As orientacións polo sol as doce do día. As doce do día de Greenwich ¿Eh?
P: Si.
R: Por aquí é de Greenwich. Despois máis po sur non sei por donde a toman, non sei pero aquí de Greenwich.
P: Si.
R: Non é pola hora que temos nós é pola de antes, da dos vellos.
P. E dentro da ría tamén había outros puntos de referencia como son...
R: Había, chámanlle as marcas.
P: As marcas.
R: Pa saber onde está un baixo, pa saber...
P: Coma a Pedra do Pejo que ten...
R: Aí... Ou otros que non saen arriba.
P: Que non están señalizadas, si.
R: Que non están señalizadas.
P: Pero entonces por iso...
R: Na carta si.
P: Si.
R: Na carta están señalizadas pero non tes un plano ti. Nun barco destes pequenos non...
P: Por iso.
R: Non vas a traer no couro.
P: Claro. Os que van a fóra...
R: Aí está.
P: Se van orientando polos faros.
R: Aí, aí está.
P: Sin embargo os que andaban aquí o...
R: A dentro.
P: Por dentro.
R: Por marcas
P: Por marcas e por experiencia.
R: E por experiencia.
P: Que sabía...
R: Máis por experiencia pero as marcas son o tal pa todo ¿E? Ti chegas a un lado e dices hai que buscar aquela fanequeira.
P: Eso.
R: E pos, mira a Pedra de Pejo polo campanario de Coiro...
P: Van enfiando. Colle a pedra, o faro...
R: Hai que coller dúas enfilacións.
P: Como mínimo.
R: Como mínimo.
P: Si.
R: Unha así e outra así, unha ó largo e outra atravesado.
P: Outra atravesada.
R: Si. E ó coincidir aquelas dúas marcas alí é donde está o...
P: E normalmente soen apuntar as marcas nunha libreta ou tiñan...
R: Hai quen as apuntaba, hai.
P: Ou tíñanas na cabeza.
R: Os máis deles tíñanas na cabeza pero había quen as apuntaba por que ó ser muitas... Sabes quen sabía muitas, por que llas apuntaron tamén, o fillo de Pepe o "fanico" o que estaba casado en... como lle chaman alá no areeiro.
P: ¿En Cangas?
R: En Cangas, si no Espíritu Santo.
P. Si home, si.
R: ¿Como lle chaman. ?
P: Inda mo dixo o outro día no...
R (María): Claudino. -Claudino.
P: Si.
R: Chamábanlle Claudino. Ese sabía muitas por que llas enseñou un vello de alí do Espiritu Santo. Non sei se era o sogro, si un tío, si... eu sei que lle explicaba muito. E ese sabía muitas por que na (inaudible) (27. 12) de Cangas, o sea o que fai desde a punta de Rodeira hasta alá de Massó ou hasta a Borneira todo ese mar hai muitos baixos destes. Hai o As de Bastos, hai o... ¡quen sabe¡ que hai unha chea aí de aqueles que a min xa non me acorda. Eu algúns sabía tamén, pero moi poucos. Pero eses sabía muitos que despois foi cando empezou a andar as nécoras, as nasas, e como sabía tantas ia alí, por que a nécora xa sabes que está muito na pedra. A nécora é peixe da pedra.
P: Si, si.
R: E tomaba muitas. E despois tamén colleu muitas, pero outra cousa cando empezou a vir o submarinismo.
P: ¡A! Meteuse...
R: ¡A!
P: A pesca submarina tamén, pero alí mirábanse.
R: Alí mirábanse.
P: Había outras formas de orientación ó mellor por luces de noite.
R: De noite tamén
P: Se estaba aquí na ría por as luces xa sabía.
R: Aí está. Tal luz con tal luz, ou tal luz...
P: Ó mellor a luz do Monte Faro.
R: ¡Ai, aí, aí! A luz do faro de Cangas pois pola... ou o reló de Massó, a luz da fábrica de Massó, porque sempre vas...
P: Si.
R: Facendo ti mismo. O mellor fixeches un lance nun sitio e cubriuche, pescaches máis do que pensabas pero foches a achar ¿Non? E dices ti "Mi cago vouno a marcar este lance por que..." Entón, pois ¿que era de noite? aquela luz con aquela e aquela con aquela. Fun unha vez as fanecas co meu xenro con Lolo e sempre largabamos alí, na de Massó contra Cangas sempre unhas luces que había entre... Por que antes Cangas tiña aquel muelle non tiña este muelle que ten ahora desde...
P: Si a escollera toda esa que ten.
R: A escollera esa nova.
P: Si.
R: Namáis que tiña aquel muelle donde atracaba o vapor.
P: Si.
R: E alí é coma unha entrada así despois
P: Si.
R: Polo Forte pa riba, antre o Forte a un lado e Cangas ó outro, había aquela entrada.
P: Si.
R: E alí por aquel camiño que vai polos... por donde era o Cristo pa riba antes, que ahora hai a casa... a calle Marín pero é...
P: Si, sí, si.
R: Dentro da granxa que había.
P: Si. Onde estaba...
R: O que había polo Forte.
P: O río aquel.
R: O que vai polo río arriba. Alí había tres luces, entón sempre largabamos con aquelas luces, mira, non mira
P: Sí
R: Mira, non mira ¿Non sabes? Acercándose un pouquiño pa terra non as mirabas, e indo un pouquiño para fóra abríanse muito pois naquel mira non mira e sempre colliamos fanecas alí. Conócese que algúns restinga de tetóns ia por alí, ou un fondón ou algo.
P: Si, si.
R: Por que claro, largaches un día e cubriuche e ti marcas, e ti marcas por que che convén.
P: ¿E por sonidos?
R: ¿Por?
P: Por sonidos cando hai névoa normalmente a veces igual se guía muito polos sonido ¿Non?
R: Os sonidos e... os barcos.
P: Os barcos se están cerca da rompente.
R: Si, sí, si.
P: A ver se escoitan algo.
R: ¡E! Si se escoita. Ves, cando ves así cando era antes que non había ou inda ahora con...


R: Sabes quen e... quen...
P: Quen.
R: Tiña muito oído pa isto.
P: Pois ruídos. Si.
R: Era o cego de Vidal. Ti non conoceches, un irmán... Vidal o...
P: Si.
R: O de aquí o de... o sogro de Davilio ¿Conocécheno non? Señor Vidal, a muller inda vive.
P: Si vive. Vidal el non se chama Vidal ¿Non?
R (María): Chámase tal Vidal, vamos chámanlle. - De apellido era Vidal.
P: Era Vidal.
R: De apellido.
P: O que é cuñado de Pepe o Fanico.
R (María): Exacto. - ¡Eeeeh! É o cuñado de Pepe o Fanico. Ese tiña un irmán cego.
P: Si.
R: E andaba con el, con Pepe o Fanico ó mar, toda a vida porque andaban a compañía, Vidal e mais Pepe o Fanico tiñan o barco, a compañía pero despois desfixéronna a última. Eso xa. Bueno entonces ese... e conocía o sitio onde estaba polo aquel. E andaba con el tamén un home de aquí ¿Cómo lle chamaban a aquel que ia avisar o carro, María? (María): -¿O carro, o carro de quen?- O de aquí, que era baixiño el, que andaba con Pepe "fanico", e era o que viña a avisar o carro sempre. E que dí non oía muito, decia que..... facía o sordo, facía o sordo. (María): - Mingos. -Mingos, un que lle chamaban Mingos e decíalle, como lle chamában ó cego de Vidal home ¿Fanchuco non? Non Fanchuco non era, bueno o nombre que fora. Decialle el "Mira, ti escuita que mirar miro eu" ¿Eh? Tiña muito medo tamén sabes. E decialle el "Mira, ti escuita que mirar miro eu".
P: Miro eu.
R: Cando había cerrado de niebla os dous xa non ian abaixo, xa non se deitaban. Algúns deitabamos e iamos tan tranquilos coma se nada pero...
P: Claro.
R: Pero outros e... había algún que no saía de cubierta.
P: ¿E ia cego ó mar e todo?
R: Cego ó mar e comía e baixaba a Berducedo todo, e fritía o peixe el na casa. Quedou viudo e non lle fixo falta nadie.
P: ¿E no mar que faena facía entonces?
R: No mar xa tiña un destino pa estar alí e...
P: Si.
R: E facía o traballo, de tanto costumbre facía o traballo coma calquera. E decíanlle: a ver escoita... ¿como lle chamaban Dios mío?
P: Entón era boa referencia, claro por que el xa estaban máis...
R: Xa estaba...
P: Sensibilizouse máis cos sonidos.
R: Tiña o oído, o oído. O cego é o oído o que ten. Entón decía pois estamos na porta, ou estamos... este ruído é o cabalo ou é...
P: Si.
R: Sabía, sabía, sabía, sabía todo. Todo, todo, todo, todo. Máis ca non mirar ningún.

AS ESTRELAS

P: ¿E a veces non se guiaban polas estrelas, así de noite?
R: Tamén si mirando as estrellas pero é na máis que pa levar o rumbo ¿Eh? Para saber donde estás non.
P: Si.
R: Si a niebla está baixa miras as estrellas.
P: Si, si.
R: E dices pois aquela é a estrella do Norte, ou aquela é o...
P: A do norte...
R: Ou o Carro...
P: A Polar mirábase ben.
R: A Polar, é Polar. Nós chamámoslle a Polar chamámolle a estrella do Norte, aquela é o Carro, aquela é o tal... entonces pois con este rumbo vamos pa terra, ou... porque aquí o que había que vir é pa terra, e despois ter cuidado co alto, coa altura, coa sonda.
P: Si, si.
R: Non ir arriba dun...
P: ¿E a sonda cada canto o tiraban ou levabanno arrastro?
R: Non, non. A sonda había que parar o barco. Cando era a sonda de man había que parar o barco e arriabas, según, había quen tiña corenta brazas e había que tiña vinte, e iso dependía...
P: ¿E cada canto tempo? ¿Cada dez minutos? ¿Cada día, era por tempo?
R: A según a primeira sonda que dera.
P: Si.
R: Se dabas unha sonda e non topabas fondo, dices ai inda está mui alto.
P: Tiña pa media hora ou unha hora.
R: Media hora e despois para, para outra vez por si acaso outra sonda. Xa hai vinte brazas bueno dalle máis media hora. Para, outra sonda inda levamos as mismas vinte dalle outra hora ¿A?
P. Sí, si.
R: Xa hai dez ¡Eh! Xa o barco non se movía ¿Eh?
P: Por que a medida que viña pa terra...
R: ¡Aí está!
P: Ia subindo a plaia ¿Non?
R: E nisto pode vir un clarón e mirar un faro e polos destellos xa se sabe. "¿Cantos destellos? Contarlle os destellos ¿Cantos ten?" E dice "Ten dous e mais un, tres e mais un. Ten dous e mais un e tres e mais un: Silleiro". "Ten catro seguidos: A porta. "Entón xa dices bueno pois témola a esta altura, pois por aquí vamos e se has de ir con forza vas pouco a pouco, pouco a pouco. Coa misma miraches que estás dentro da boca rumbo e forza ahora.
P: Entonces os faros emitían destellos diferentes cada un que se identificaba igual que os pitidos dos barcos ¿Non?
R: Aí está. Non, non.
P: Cortas, largas.
R: É verdad. Era o destello por que por exemplo... a min ahora xa non me acorda muito eu sabía todos os de... O de Sobrido sí, ten tres e mais dous quer decir... e despois un pasa así o rededor ¿Non? ¡Run!
P: Si.
R: ¡Run! Dúas. E despois pasaba ¡Run! Unha. Despois viña outra vez ¡Run! ¡Run! Dúas.
P: Dúas rápidas e unha lenta.
R: E unha lenta. Entón... E a Guía ten, despois teñen tamén os faros, iso é pa quen o sabe, os segundos que dura...
P: Cada destello.
R: Cada destello. Os segundos que duran e de canto en cantos segundos dan.
P: Si a frecuencia que...
R: A frecuen... ¡Eeee! Chámanlle a frecuencia, ves é a frecuencia de destello. A Guía ten tres e mais dous, ou sea dous e mais tres, e os dous de tres en tres segundos e despois fai unha parada de catro segundos. Dá por exemplo dous, un, dous, e despois dá un, dous, tres. E despois para dous ou tres segundos e despois un, dous, e despois para aquel outro pouquiño un, dous, tres. E senón fíxate un día aí e xa miraras como termina.
P: ¿E despois os luceiros do sur por onde se guiaban normalmente?
R: Os luceiros...
P: Sabía o nombre...
R: Os luceiros era por exemplo pois as catro da mañán "Hai ven o luceiro do día". E estás a fóra da porta e despois" vamos ben", mirabas que che viña a proa. "Vamos vindo. Ven proa a terra".
P: ¿O luceiro que xa se miraba vir o esplandor do día, non?
R: Do día ó mirar vir.
P: Si.
R: Según a hora que fora decía a que hora sale o luceiro de tal ou... Había quen sabía todo e outros non sabíamos nada. (María): - Salía as catro da mañán. Debía salir as catro da mañán.
P: O luceiro sale...
R: Depende do tempo. (María): - Xa ten o refrán "A la una canta el gallo, a las dos la golondrina, a las tres el ruiseñor y a las cuatro sale el día". -Y a las cuatro sale el día pero iso depende no tempo que sea outras veces nin as seis sale o día. (María): -O día pero o luceiro sempre salía antes. - Hai o luceiro sempre salía antes. (María): - Sale a misma hora. -Quer decir non sempre depende da temporada.
P: ¿E o luceiro por onde saía polo este claro?
R: Polo leste, si polo leste. Os luceiros salen.
P. Sí, si.
R: Por donde sale o sol.
P: Por donde sale o sol.
R: Si polo leste. (María): - Despois tamén hai o camiño de Santiago. - Tamén e mais o Carro.
P: ¿O Carro que queda?
R: O Carro tamén sale... no inverno sale as tres ou as catro da mañán e vai a rente ós montes vai indo. (María): - O meu fillo ten calor pero así a todo debe haber frío outra vez, e no mar cóllenos polo medio do mar e hai bastante.
P: E había así nombres característicos así nombres das estrelas que se lle chamaban
R: Das estrelas...
P: A parte da Polar.
R: Había muitas o Carro, o Camiño de Santiago e despois cada un chamáballe o luceiro non sei de que, había... Uns chamábanlle dunha maneira outros chamábanlle...
P: ¿A do Sur como se identificaba?
R: ¿A?
P: A do Sur que indicaba o rumbo do Sur.
R: Non. As do Sur non por que hai despois pasando o Ecuador ven a Cruz do Sur, chámanlle a Cruz do Sur que son tres estrellas, disque son eu nunca chegei alá. Disque son tres estrellas porque do hemisferio norte quen é e a Osa Maior. A Osa Maior é...
P: A que guía.
R: A que guía. É a reina. E despois do hemisferio Sur po sur é esa as tres hermanas ou as tres... Son disque tres estrellas. Non che podo decir por que non naveguei por alá.
P: De aquí non se mira pero sin embargo había... unha estrela que brila muito aí tirando hacia...
R: Hai muitas que miran luceiros hai muitos. Luceiros hai muitos pero claro teñen nombres pero nós aquí non nos interesamos ¿Non sabes? Luceiros hai muitos. Aquí pois a Osa, ese o Carro de Santiago, o luceiro do Alba que ven ou que sempre sale antes de vir o día. aí ven o luceiro ¡Mi madre! Xa está o luceiro fóra e inda estamos acá, ahora temos que vogar hasta alá. Esas cousas.

VENTO, TROMBA

P: ¿E a veces formábase así trombas de agua? ¿Téñense formado?
R: Eu mirei unha vez unha tromba de agua, foi a única que mirei ¿Onde estabamos?
P: Con refachos, remuiños, e así.
R: Remuiños muitos.
P: De vento que...
R: De vento, sí ¿E sabes donde fas muitos, onde fai muitos? Con sudoeste na illa do sur, en Cabo de Bicos. Estando alí unha vez fondeado ¡Mi madriña! Eu pensei de non salir de alí. Viña así, así como viña pola popa de Cabo de Bicos adiante...
P: ¿Que estaban nun bote?
R: Non estabamos nun barco de andar ó caldeo.
P: ¿E colleunos no medio?
R: Non, non nos colleu nós estábamos fondeados.
P: ¡A!
R: Pero chegaba e o barco andaba, en vez de estar sempre aproado a un lado, andaba tamén pa un lado e pa outro. Nós e mais todos, nós e os que estabamos alí que estabamos muitos. E en vez de andar... andábanse así pa un lado e pa outro según viñera o remolino así andaba. Pero aquel día tamén había muito vento ¿Eh? Muito vento, muito vento.
P: ¿E iso se collía un barco que podía pasar?
R: ¿Ah?
P: ¿Se chega a coller un barco podía aguantalo ben?
R: ¡Ai¡ según, según fora o barco. Eu digo que se collera unha gamela ou un bote que lle daba volta.
P: ¿Sí?
R: Si home coma se nada. E unha vez tamén andando ós pulpos aínda, inda empezaba eu había pouco, tamén salimos de alí e botamos a vela arriba e non nos... pouco vento había pero veunos así un deses, o cheiro dun.
P: Si.
R: E quedou a verga e mais as relingas da vela. A vela era un pouco vella xa, xa había... xa o amo tiña outra nova feita na casa. Pero levouna por riba, tuvemos que vir a remos, deu a vida que o vento era en popa, hasta Vigo. En vez de vir en vela viñemos a remos ¿Levouna, eh? Marchou, quedaron as relingas e mais a veta, o resto marchou todo.
P: E que lle cortei me estaba explicando que unha vez mirara unha tromba de agua ¿Non?
R: Si unha vez mirei un remolino e o carallo é que non sei donde foi. Non me acorda ahora, pareceme que foi alá tamén por aí pola Illa ou así pero durou poco ¿E?
P: Si eu mirei unha vez tamén así na batea un remuiño deses ou...
R: ¿O foi nas bateas?
P: E tamén durou pouco.
R: Pouco.
P: Fixo un recorrido de aquí hasta a Guía e desintegrouse.
R: E coa misma fóra. E cando ven así uns deses..... dunha ocasión estabamos os bogóns aí en Tirán, calmiña chicha, calmiña chicha. E nesto largamos así que lle chamabamos nós así unha postura polo limpo por que era mui cedo pa largar de... pa mallar e saliron os Canteros do Portiño. A ese oficio hai que ter muito cuidado uns dos outros pa donde vai fulano ¿Non? E foi desde o Portiño dereito a Pedra do Pejo. E díxenlle eu Fanchuco aí vai Rotilio, nós chamábamoslle Rotilio por que era o que mandaba¿Non? O barco era dos Canteros pero o cuñado que era cuñado e era o jefe. Rotilio vai pa Pedra do Pejo ¿Saberá algo? Dixo el "¡A! Vamos a mirar". E de alí a un pouco dime el "Xa vai pa terra, xa ven pa cá. Rotilio xa ven pa cá". E eu estaba achicando agua e fun a mirar pa el, por donde viña el e "¡Mi madriña que vento e que chuva". Por Coia adiante, inda non había estas obras en Coia ahora.
P: Si, si.
R: Inda estaba Coia en terra. "¡Mi madriña que ven... mete, mete, aunque sea colle, colle, mete, mete, mete nin sacar peixe nin nada, mete, mete". Xa non nos deu tempo. Xa non nos deu tempo. E coa misma andaba con nós un que lle chamaban Majuel, era un solteirón que o pobre... Bueno, arma remos e voga, e voga, e voga, e voga, e voga, tiraba en terra ¿E? Fanchuco non queria vogar e eu a levar dereito a popa e decía eu "Ti voga sempre dalle coso ó barco, ti voga sempre sinón tira con nós en terra. Ti voga dalle coso ó barco pa non ir pa terra que quen leva dereito son eu. Veunos un remolino así na punta do muelle e non miramos nada, cando despareceu o remolino estabamos detrás da plaza. Estabamos detrás da plaza. De alí non miramos máis nada hasta que chegamos alí. Viñemos en popa co vento.
P: Co vento.
R: Era a dirección que tiñamos. Acórdome ben que chegamos aquí a frente a porta nosa e andaba a pasear por aquí Antonio o "fanico" e mais non sei quen era o outro. O mirarnos vir co vento que había viñeron os dous a baixo e metéronlle man ó bote e xa nos tiraron pa terra con nós a bordo e redes e todo, xa nos encallaron o bote. E Pepe o "Genaro" canto lle deu tempo meterse non Con. Non sei quen foi un, foi a plaia do Con aquel tirou con el a terra a detrás da praia do Con, a detrás do muelle. Manolo Sulbante non foi capaz de remontar o muelle tuvo que meterse detrás do... alí donde é... antre o muelle que hai ahora e mais o que hai da descarga do mexilón, na aquela praia.
P: Na Mosqueira.
R: Na aquela praia tuvo que meterse alí. E así hubo... E despois pasou aquilo calma, quedou unha noite calma completamente. Nós xa non salimos po mar pero inda houbo quen salira despois. Calma de todo. E noutra ocasión o día de San José, era un domingo, e non... rallaran o sábado, rallaran os bogóns e o sábado a noite ó marchar pa alá pas casas, os de Cangas nunhas pedras que hai alá fóra da Illa dos Ratos que lle chaman os Corvelo, o Corvelo fixeron parada e nós vogamos pa alá pero empezaron a meter a bordo, nada non fan nada. ! Mi cago no mar e ahora¡ domingo, e luns era día de San José. Empezamos a falar eu e mais Fanchuco e botamos contas e dices bueno pois onte aqueles fixeron aquela maniobra non estará por alí algo e tal e tumba. E baixaba o mar aí destas horas ou así e saliamos de aquí, e salimos de aquí coa entre a area gorda e delgada. Chamábamoslle nós entre a area gorda e delgada entre a fina.
P: Si.
R: E a Pedra Cousela por aí pouco máis ou menos. E sabes que non había o relleno ningún e o pósito estaba alí, inda non había a plaza feita. Saliu Clemente ¿Clemente non o conoceche?
P: O pai de Tito o que tiña a chalana.
R: ¡Aaaa!
P: "Nin máis nin menos" ou "Eramos muitos " ¿Non? Non me acordo. Un era de Souto outro era de Clemente.
R: "Eramos muitos" era de... (María): - De Souto. - De Souto
P: De Souto e Clemente que era "Ni uno más ni uno menos"
R: Ni más ni menos paréceme que si. Si.
P: Si.
R: Paréceme que era esa.
P: O pai do Tito o zapateiro, o difunto de… ¿Non?
R: O pai é ese, ese.
P: O finado de Tito.
R: Ese, ese. (María): Era da "polinar" e este era de... - E o outro era do "polinar" pero este era Clemente. (María): - Este era Clemente. - Estaba no pósito e o mirarnos ir saíu a fóra e desde arriba aquel muro que había no pósito ¿Non che acorda aquel muro que había no pósito?
P: Si, si.
R: "Home hoxe é domingo" E díxenlle "Oes pero mañán as de ir ti ¿Eh? E eu non. Que va nin mañán, nin tampouco". "Mañán as de ir ti e eu non". Bueno, fomos, proba aquí, proba alí, proba no outro lado, nada, nada. Hai mecá [...] cando chegemos a terra Franchuco, Clemente vaise a rir de nós ¡Mi madriña! Nisto aí veñen os de Cangas, e nós xa fixeramos unha proba... "Largou, largou outro. !Coño¡ Aquí algo debeu haber por que esta maniobra non é boa. E nós empezamos a meter, a meter e ni un, ni un pero no remate de todo había vinte cinco ou trinta e todos de revés. En vez de viren pola cara de dentro mallados viña pola cara de fóra. Franchuco mira cantos e todos por fóra, entonces xa non levantamos o chicote xa arriamos así en redondo, demoslle ó redor e metémonos no medio dos outros.
P: Ó contrario.
R: E metémonos no medio dos outros pero inda non chegamos ben a donde estaba o peixe pero así a todo xuntamos catro milleiros. Catro milleiros eran...
P: Bogóns.
R: De bogóns, era o bogón. Catro milleiros. Viñemos e no outro día calma chicha coma ahora, bueno pos hoxe nós non vamos que vaian eles. E non fomos. E Clemente foi e foron todos. Todos os que non foran foron todos. Bueno. ¡Micá [...]! Calma como estaba púxose unha tronada alá polo... non sei por donde, oe empezou a entrar vento estaban todos largos e a ese oficio uns largan por riba outros por baixo. Ti hai que botar a rede donde malle o peixe, e hai veces que están así unhas redes con outras.
P: Si, si hai aquí.
R: Fíjate que as veces ibas ti tirando pola túa rede e eu pola miña e ibas ou roubándome ti os bogóns a min ou eu a ti. Fíjate como se largaba. Bueno, empezaron a meter, a tropezar uns con outros e a investir non eran capaces de meter a rede. Deu a vida que estaba José de Canelas o pai dese que morreu inda hai un pouco aí, alá en Cabo Estai, que vive alí detrás do Fiunchado mismo. Alí José de Canelas, tiña unha lancha grande e eran catro a bordo e dixo el "Deixarme a mín, deixarme a mín". E meteu canto viña todos meteu a bordo. As que pudo todas meteu a bordo e viñeronas a clarear ó Portiño, a dentro do Portiño. Tuveron cos de Cangas alí todos alí, e Clemente non topou as redes, marcharon, e foinas topar no outro día a mañán a cá cerca da Pedra do Pego. Fíjate ben ¿E?
P: ¿E con que as colleu cun granpín?
R: Non, tiña unhs boias e tiña unhas sextas, en vez de ter loureiro...
P: Si, si.
R: Como tiñan muitos. El tiña sextas e foron a buscalas no outro día que se quedou calma xa enseguida e non as toparon pero ó vir vindo pa cá "Coño mira e aquilo que será, que será aquilo que miramos" voga, voga, voga eran as sextas, e colléronnas pero como viñan aquelas redes cheas de brogada.
P: Si.
R: O brogado que che trae tan xunto. Non sei o tempo que botaron enriba da rambla de Ramona a esmagar cos pés e...
P: E a limpala toda.
R: E a limpiala toda. E despois díxenlle eu "Non che dixen que habías de ir ti, e eu non fun". E estame el "Cala home, cala por Dios. Non che digo máis nunca nada". E o "Genaro", e Pepe o "Genaro", foinas topar a Chapela.
P: ¡Joba!
R: Fíxate.
P: ¿E como as topou alá? Dixéronlle, avisáronlle...
R: Debéronlle de dar un recado ou algo.
P: Unha noticia si.
R: El foinas a buscar a Chapela. Tiñanas en Chapela. Fíxate o que é o vento no mar, e mais o mar e mais as corrientes. Iso todo o fai as corrientes ¿Sabes? Despois ó andaren tanto son as corrientes.

ILLAS E PEDRAS

P: Mire: ¿cantas illas hai na ría? ¿Cantas illas pode haber na ría?
R: ¿Na ría?
P: Si. Partindo de San Simón pa cá máis ou menos.
R: Hai a...
P: ¿Hasta Samertolameu hai algunha máis?
R: Non. Hai a de San Simón. Despois pode haber así como che vou a decir.
P: A illa de Samertolameu, a dos Ratos...
R: A dos Ratos. E hai tamén un islote así pequeniño, pequeniño en Liméns.
P: En Liméns.
R: En Liméns tamén que se pasa por fóra e mais pola terra.
P: Pero iso xa é fóra.
R: Pero aquela xa é mellor unha pedra.
P: Si.
R: Ca illa, non ten terra.
P: Despois que estaba Toralla, e...
R: ¿Non?
P: A illa de Toralla.
R: A illa de Toralla.
P: E despois...
R: E despois xa hai as dúas alá fóra de... Polo mar de Monte Ferro a fóra de Baiona.
P: Si.
R: Que son as Estelas. As Estelas e as Cíes.
P: E as Cíes bueno xa eso por suposto.
R: e mais a dos Viños. A dos Viños tamén son dous piñascos pero tamén son dúas illas.
P: Eses peñascos e cons e así...
R: Cons hai varios, hai muitos.
P: ¿A Pedra do Pego que lle chaman un con ou un peñasco?
R: Iso é o que non sei.
P: Máis ou menos...
R: Nós chamámoslle a Pedra do Pego e a Pedra de Rivas está un pouco máis pola terra. Eses...
P: Máis pola terra hacia Cangas.
R: Non, non. Hacia Tirán.
P: ¡Ai¡ hacia Tirán.
R: Hacia Tirán mismo así, ó mismo andar.
P: Si.
R: E despois pola Pedra de Rivas hai outra máis pequena que lle chaman as de... ¡Ai Dios mio! Bueno, bueno pois non me acorda as de... As Oliveiras non, as Oliveiras é en Cangas ou en fóra da punta de Rodeira.
P: Vindo...
R: Vindo mismo así todo dereito pa Portiño onde a Pedra de Rivas.
P: ¡A! ¿Aquela que estaba no... que era no Foxón aquela pedra que era?
R: Aquela era a Pedra Sevilla.
P: É a Sevilla si xa me contara.
R: Aquela pedra está en terra.
P: Está en terra si.
R: Está en terra pero despois por fóra inda hai outras.
P: ¿Porque todo aquilo é un pedregal todo, non?
R: ¿E?
P: Toda esa praia toda...
R: Todas son pedregales por fóra.
P: Todas.
R: Todas son por fóra, despois pola terra é o que fai medio portiño en vez de area.
P: E esas puntas que salen alí donde...
R: Na Mona, ou sea debaixo da Igrexa de Tirán, alí tamén todo vai hasta o Monte da Mona, aquel chámanlle o Monte da Mona. E aquela pedra que hai...
P: O Monte da Mona é donde se facía a festa ¿Non?
R: Non.
P: ¿Non ?
R: Non. O...
P: Na festa de San Xuán non era...
R: Na festa de San Juan é no adro.
P: É no adro.
R: No adro.
P: No adro de arriba.
R: No adro, si no adro. E o Monte da Mona despois hai outra pedra máis pa alí chámanlle o Corveiro. O Corveiro, aquela é o Corveiro. E...
P: ¿O Corveiro por corvos? ¿Se decían por que viñan os corvos?
R: Non sei. Polo que sea.
P: É un nome.
R: Eu sei que lle chaman o Corveiro. E outro...
P: E vindo hacia así pa cá hacia o Con que outras pedras hai así.
R: Despois hai a Centoleira está mismo... a centoleira está mismo frente con frente co chalet de...
P: ¿Do Fiunchado?
R: Do Fiunchado.
P: Si.
R: ¿A?
P: Sí ¿E os Aferróns?
R: E os Aferróns están a rente a punta do Con.
P: Si fan a...
R: O muelle está na beirada da ría do...
P: Son os que marcan prácticamente o que é a praia de...
R: A plaia, aí está.
P: Uns os Aferróns e outros a Centoleira ¿Non?
R: E outros Centoleira. A Centoleira é máis larga e os Aferróns é máis... son dúas pedras máis apicoadas. E despois hai outra que lle chaman son os mismos Aferróns pero un é o Aferrón da ría e outro é o Aferrón do mar. É a punta máis a fóra e mais coma un poste pero ancho, un poste ancho.
P: E alí na praia das Cortes hai unha pedra que lle chaman a Pedra do Bote por que ten forma de bote invertido ¿Non?
R: Hai, na plaia do Con hai.
P: En frentre ó Fiunchao hai unha pedra sola tamén redonda.
R: En frente o Fiunchao.
P: Si pero xa na praia.
R: Xa na plaia.
P: Na salida do Fiunchao alí na esquina esa hai unha pedra que está cerca dos Aferróns. Ou cerca dos Aferróns non, da Centoleira.
R: Da Centoleira.
P: Unha pedra gorda parecida a Pedra Sevilla.
R: Non me dou cuenta ahora.
P: Bueno e despois vindo...
R: ¡Ai sí! Pero en terra.
P: Si en terra, en terra.
R: En terra si. Pero esas pedras... ¡ai¡ bueno hai todo, por alí adiante todo é unha escullera.
P: Todo.
R: E arrimado ó monte e arrimado a... hai salidas así pero esas xa non teñen nombre así por que como non están no mar. No mar están, o mar chega a elas.
P: E vindo hacia a cá despois que temos as pedras da Punta de Mosqueira.
R: Aquí a da Punta...