MAR VIVO

ENTREVISTAS CON :

ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS

PARROQUIA DO CARMEN

· Con marexada tamén faenaban

· O mar de fondo prodúcese cando hai vento de mui lonxe e chega producir maruxía ou mar rixo

· A forza do mar chegou a levar unha varilla de ferro

· Cando se alaba a man, aproveitábase os movimentos da maruxía para introducir a bordo o aparello

· A ardentía é a fosforescencia do mar e nótase máis co calor. Coa lúa de forza non se nota

· Dicen que as mezclas das algas co plancton favorece a lampasía ou ardentía

· De marea a marea van seis horas e cada marea vaise retrasando uns tres cartos de hora. A lúa inflúe nas mareas

· As mareas máis altas son as do inverno e as que máis baixan son as do vran. As máis altas son das da lúa chea de setembro e as máis baixas a s chamadas de coresma ou de ramos

· Anécdota de cando foi a Cangas remando achegado a terra

· O vento do norte é malo para traballar. O do sudeste é bo para pescar

· O xurelo cóllese ben con vento do norte

· O vento máis frío ven do leste e chámase lestía

· O vento do noreste chámase de travesía. O do sudoeste non mete tanto mar

· A perrilla chámase o vento do nordeste (norte máis leste)

· Anécdota de cando pasou muito frío con vento do sur

· A neve pode vir do norte ou do leste. O granizo sole vir do oeste

· A maraxe é vento de vran. E unha fría que ven do sudoeste ou oessudoeste

· Os ventos da mañan van da terra cara o mar, e os da tarde o revés. E o que lle chaman a brisa

· Descrición de como se arma unha vela según a velocidade do vento e rutas de regreso a Moaña en caso de muito norte

· Sueste é o vento entre o sur e o leste

· Descrición dun compás e forma de coller o rumbo

· As nubes indican o cambio de tempo según a experiencia

· As nubes de temporal son máis negras e compostas e veñen do oeste. As de tronada poden vir de calqueira sitio; son brancas e gordas. Xeralmente veñen do leste e o Miñoanlle "chuva de pernas largas"

· Antes non se ía ó mar os días de lúa porque non miraban o peixe

· A influencia do ciclo da lúa. No crecente o peixe non estaba tan cansado No menguante o oscuro víñase máis a mañan e iso era bo porque se chegaba co peixe máis fresco a lonxa

· O isco é a carnada que se pon no anzol ,. O engado é a carnada que se tira ó mar para que acuda o peixe

· Polas mañanciñas péscase mui ben

· Chámanse augas cegas as que brillan pouco . e dicir que non hai lampasía

· Non notaba as correntes de auga quente procedentes do golfo de México

· Cando están fora da illa e miran o refrector do faro de Fisterra dende o barco indicaba chuva . O mesmo para os faros de Ons , Sálvora etc.

· Cando hai vento do sur caseque nunca chove . trae muito calor

R: Da o vento ó mar, pero o vento pois é forza tanto forza cuanto. Hai brisa, hai ¿como lle chaman a outra Dios mio? Ahora, ahora ós vellos non nos acorda nada. Hai a brisa, hai a... e despois ven a galerna, o huracán según a forza que teña ¿Non sabes?
P: Si.
R: A galerna, o huRacán, a brisa é pouco vento.
P: Coa marexada inda soen faenar.
R: Si ¡oh!.
P: Si.
R: Bueno...
P: Cando...
R: Depende do sitio que sea e da embarcación que sea. E aquí pois inda... aquí por exemplo a estes oficios baixos pois con un pouco vento algún inda traballas despois teste que vir si se che apura un pouquiño teste que vir pero inda se traballa con algún vento inda, e a ardora inda... ¡Carallo! As veces andabas o xurelo a fóra e a sardiña a Leixós e... (María): - O maraxote- Había que poñerse... O maraxote é a clase de vento (María). Nordeste, maraxote, noroeste iso é a clase dos ventos.
P: E o mar de fondo.
R: O mar de fondo é cando hai vento mui lexos entón bota o mar non chega máis que a maruxía ou chámanlle aquí mar rixo, cando é mar rixo.
P: Si.
R: Ese é o mar de fondo, o mar rixo. É mar que ven de lexos. Pode estar calma e sin embargo haber unha rompiente aquí na plaia ou na pedra do Pejo ou na Illa xa non poden ir..., inda ahora esta noite pasada non a outra, en Sobrido un naseiro que andaba alí a..., morreron os dous estaban nunha chalana as nasas. Aí conocese que se arrimaron ó cabezo veu un golpe de mar e... ou estrellóunos contra o cabezo ou botounos ó fondo ou como fora. Ese chámanlle mar rixo ou mar de fondo. (María): - Ou mar picado- Ou mar picado que todo é un, todo é un. (María): - Mar picado é... -. É o mar que ven de lexos que empuxa o vento que hai a fóra no outro lado.
P: E eses xa se notan nos barcos as veces hai muito vento pero o barco senón hai mar de fondo o barco anda ben.
R: Aí está. Hai muito vento pero é no momento.
P: Si, corta.
R: ¡Eeee!
P: Corta a mareta, corta...
R: ¡Eeeee!
P: O barco vai, pero mar de fondo o barco bambolea máis ¿Non?
R: Bambolea e mais sube e baixa.
P: E baixa, si.
R: E maís ven o mar e ¡pom¡ dache.
P: Que traballaran máis as aguas do fondo.
R: Máis, máis. Si señor, máis. Andando a pareja, pois habendo así muito temporal hai que largar en popa e hai veces que non pescas porque ven o vento ou ven o mar e suspende o barco e mais suspende o aparello
P: Si.
R: Ven os saltos porque o mar ven desde o fondo hasta arriba e donde fai daño é arriba non é no fondo. O que che dixen antes un barco rompen da obra morta pa riba, pero o de abaixo o único que escache.
P: ¿Cheo?
R: Ó dar o golpe que se descache.
P: Ou colle unhas pedras.
R: Non, do resto o mar non rompe. Sempre rompe en cubierta ou rompe... E non se sabe a forza que ten o mar ¿E ? Mira que eu mirei unha barra de ferro, da gruria dun vento, que se pon nas parejas para cando hai un aparello que non che toca de largar a ti, para que a malleta non vaia por riba do aparello que hai a popa asentado ¿Non? Porque senón rompe. E poñense alí para que desvíe aquela varilla e posta na cubierta e vir o mar e levantala, mira que unha varilla de ferro que non tiña máis espesor que un dedo. Levántala e levala polo aire po mar. Fíxate que forza ten o mar. Unha varilla de ferro, digamos que era unha plancha que a colleu ¿Non? Pero unha varilla de ferro.
P: Entonces a maruxía é o que fai o mar de fondo.
R: Aí está. Esa é maruxía, é un mar vivo. Hai unha maruxía grande porque ven de fóra e ese é o mar de fondo.
P: Normalmente que é do sudoeste.
R: Do vento que sea.
P: ¡Ai¡ do vento que sea.
R: Do vento que sea. (María): - Bota máis marea a do noroeste que aquela - Claro, vamos a ver. Se ven do sudoeste é vento oeste e entra máis pa dentro. (María): - Vento oeste. - Pero en outro lado haio facer o norte. Vai a costa de Asturias a ver quen bota máis maruxía se o sur ou o norte. Porque están de cara ó norte quen che bota é a cara do vento. Nos estamos cara o este e botannos todo pa aquí. Pero vai a entrar ti en Gijón ou en Avilés ou por aí con ventos de norte a ver como entras, con vento leste tamén pero xa non é tanto.
P: E coa maruxía os barcos de ardora iban a pescar, salían a pescar.
R: Ibamos... dependía do carís do...
P: De cómo estuvera ¿Non?
R: De cómo estuvera a noite.
P: Se estaba así cerrado.
R: Se estaba calma é o mar era alto que viña de lexos íbase igual, iso saltaba. Porque despois o que había que ter cuidado era meter o aparello ¿Non? Largabas entonces aí é donde entra a finura do que está halando coa maquiñilla ou... e cando era halar a man axudáballe. Porque cando viña o golpe do mar aguantabas firme que non salira pa fóra e despois cando baixaba aproveitábas de...
P: Si, si.
R: Porque traía o aparello pa riba non sabes. Entonces aproveitabas de...
P: O traballo máis grande era o salabardear¿Non?
R: O salabardear, si. O sabalardear. Pero...
P: Con maruxía.
R: Pero tamén, pero tamén se...
P. A maruxía tamén se chamaba así mar rixo ou mar picado.
R: ¿E?
P: Mar rixo ou mar picado é o mismo que maruxía.
R: É o mismo esas son palabras que se lle añaden, que se lle añaden. É o mar rixo é o mar picado é o mar... ademáis é outra cousa, por exemplo un mar mui fuerte é un mar de brisa. (María)- É un mar de fondo. - Que é un pouquiño máis apicado.
P: Si.
R: E o mar de fondo pois xa che ven un máis descansado ¿Non sabes? Xa che ven máis descansado. Quere decir que anda máis lexos o vento.
P: Si, si.
R: E o mar picado pois xa está máis cerca o vento. ¡Uuuu!. E xa notas as veces ¡ei xa anda cerco este cabrón xa non podemos largarnos muito pa fóra¡ e tal e tumba porque se te colle....
P: ¿E a que chamaban ardentía?
R: Ardentía é a fosforencia que ten o mar.
P: O mar.
R: Esa é a ardentía. Porque coa luna sácalle ese esplendor ¿Non?
P: Si o...
R: Non mira pero co escuro...
P. Sí, co escuro.
R: O mar ten o placton ese.
P: Si.
R: Que lle chaman o placton entón afervecen e aí a ese plactón é a donde vai a comer o peixe, a sardiña, o xurelo...
P: ¿E mírase case sempre o escuro da ardentía, nótase sempre?
R: Nótase non habendo luna e mais no inverno non arden tanto... no vrán
P: Si.
R: Éste mes de agosto é onde arden máis as aguas. Si é onde hai máis. E se hai luna xa non chaman, hai veces que inda se nota ¿Eh? Con toda a luna. Sí, pero depende... e canto calor máis. Canto máis calor haxa máis.
P: Daba gusto mirar de noite cortar as aguas co barco ¿Non?
R: Faille luces...
P: Parece que botaba as luces por...
R: E si vai peixe, e si vai peixe no medio e miralo correr. ¡Buuuuu!
P: ¿Sí mírasno?
R: Miras e se vai polo fondo xa non se mira tanto e cando se lle dá pandullo ¿Non?
P: Si, si.
R: Entón ó sentir o pandullo dá o lustre entón o patrón que mira e dice "Coño vai peixe".
P: ¿Ese que é unha luz como as das luciérnagas, coma as luz sen cú? ¿Non?
R: Si son como as luces sen cú, si.
P: Soen ter así unha luz...
R: Si, luz.
P: Esfluoréscente coma...
R: Pero hai veces que hai máis que a outras ¿sabes? Onde dice que hai lampasía é porque a agua debe de levar máis mezcla, máis mezcla. Porque muito é da mezcla das algas tamén ¿Eh? Iso disque é da mezcla das algas. Eu non son técnico niso pero oio falar que disque se mezcla os micróbios ou o que soltan as algas co placton ese e entón o peixe que ven a comer aí, e ese son os que fai arder a agua que o que lle chamamos nós, arde a agua.
P: ¿E a lampasía que era?
R: A lampasía é iso ardente da agua.
P: Ardente da agua.
R: Algunhas veces quere decir, chamánlle lampasía, hai muita lampasía, que arde muito.
P: Si, si.
R: Que é mui fuerte o... eso. Do resto é a mima cousa, hai un ardente tal, un ardente pero hai unha lampasía que é muita ardente.
P: Si, sí, si.
R: A lampasía quere decir muita ardente. E miras vir un barco, estás aquí e míralo vir pola Illa.
P: ¿Si? Nótalo.
R: ¡Bu!, ¡Bu!, ¡Bu!
P: ¿Que ciclo ten a baixamar? A baixamar e a marea chea ¿Canto dura unha marea máis?
R: Pois pareceme... non sei se son nove horas...
P: Non.
R: Se once horas.
P: Seis horas paréceme.
R: Seis, ¡Ai claro! Pero...
P: De marea a marea. Da marea baixa...
R: De marea a marea son seis, claro.
P: Son seis
R: Son seis.
P: Non son seis horas xustas ¿Non?
R: Non.
P: Creo que hai...
R: Hai uns e...
P: De unha marea a outra hai tres cuartos de hora de diferencia.
R: Tres cuartos de hora de diferencia, máis tarde vai tardando máis cada vez vaise facendo máis tarde. Por exemplo hoxe preamar as nove, mañán as nove e media ou as nove e cuarto ou as nove... ou as dez
P: As dez menos cuarto.
R: As dez menos cuarto.
P: Si.
R: ¿Entendéches?
P: Baixa.
P: E a baixamar igual. Que hai que ir os croque as nove é baixamar e mañán as dez, ou as dez menos cuarto ou as dez a baixamar. (María): - Tamén influe muito a luna.
P: Despois vai a influir, claro despois.
R: Por iso é pola luna, tamén a luna cada día sale máis tarde.
P: Inflúe a luna e según...
R: Hai está.
P: E así vaia a luna.
R: A luna é...
P: A luna...
R(María): No cuarto chega ó cuarto os sete días xa morre de todo a marea. -Claro, por que non ten tanta... (María): - Os sete días xa morre de todo. - Por que é a atración da luna.
P. ¿Esas que son mareas mortas?
R(María): Mareas mortas, si. Mareas mortas.
P: ¿E con que fases lunar soe coincidir?
R(María): Pois hai un ano
P: ¿Cos menguantes?
R(María): As mares cambian de luna chea pa luna nova. - Ai sí, e... (María): - Ahora xa cambiaron aí no mes de Octubre. - Eeee... (María): -Disque no mes de Agosto son as mellores mares pero esta no mes de Agosto non lle valeu nada. Que cambiou. Cambian as grandes a luna e despois si escaso ó chegar ó medio do ano cambian as pequenas por... -Pa luna, pa luna. (María): -Pa luna nova- As mareas máis altas de baixar maís son as do inverno. (María): -Si. - As máis altas, as que máis baixan. Sin embargo as que máis suben son no verano.
P: ¿E no inverno cando suben cando son mares vivas non suben tanto como no vran?
R: Non. Suben máis. No inverno suben... no vran suben máis. (María): - Suben máis.
P: Pero tamén...
R: As mares máis altas, máis altas chegan máis ó sur...
P: No inverno...
R: Son ahora en Septiembre.
P: Pero no inverno se veñen con temporal solen subir máis ¿Non?
R: Si.
P: Se veñen con temporal...
R: Aquelas é que as empuxa o mar. (María): - Empúxanas o mar.
P: Si.
R: Pero é que estas son elas as mares máis altas que suben máis o mar é en Setiembre.
P: En Septiembre.
R: As mareas da luna chea de Setiembre, en Setiembre. (María): - O mar antes... no inverno anque sean mares mortas- Sin embargo... (María): - O mar bota igual- Sin embargo para baixar son no inverno. (María): -No inverno, si. - En Marzo non, en Abril. (María): - En Abril, na Pascua. - Na Pascua si. (María): -As mellores mares... - A últimos de Marzo e a primeiros de Abril son as máis baixas, as que baixan máis. (María): - As que baixan máis, xa lle chaman as mareas de Ramos. -Eeeee.
P: As mareas de Ramos, si. Coinciden con ramos ¿Non?
R: Por ese tempo, por ese tempo. (María): - Por ese tempo. - Por ese tempo porque as pascuas sempre andan coa lunas¿Eh?
P: Si, todos os anos coinciden coas lunas, si.
R: Eeee.
P: E nos menguantes e nas lúas pequenos son mares mortas.
R: Os menguantes chámalle as mareas mortas. (María): - As mareas mortas si cadra-¡A!(María): - Si cadra. - María depende do tempo xa che dixen antes. (María): - As marea mortas si cadra. - Pode ser as mareas de Ramos como dices ti e haber un suroestada como ten habido outros anos e non baixar da area gorda. Porque o vento no deixa salir ó mar non fai máis que empuxar e así e todo... (María): - Polo regular sempre, no inverno sempre inda que sea con sudoeste baixa o mar- Pero non o que debía. (María): - Non o que debía. -Aaaa. (María): - Non o que debía. - Pero ponlle ti esas mares que van a vir ahora en Setiembre que viñera sudoeste. (María): -Sí- Montaban o relleno tan altas que son, porque eu un ano andando as luras en Cangas salimos de aquí e claro cando hai maraxote pois estando pleamar vas por Tirán adiante terra a terra para abrigarte, e un ano tanto en terra fun que eu na miña volvín a ir tanto, tocaban os remos de estribor no monte, na carballeira. Meu sogro sabía e iba todo por alí, e eu nunca fun tanto a rente a terra hasta Cangas hasta Rodeira, hasta a garita, nunca fun tanto como aquel día porque xa che digo ibamos por riba do monte.
P: E tanto. Entonces afectalle os ventos non. E cando hai vento do norte.
R: Cando hai vento do norte baixan un pouquiño máis.
P: Baixan un pouco máis.
R: Baixan un pouquiño máis.
P: Tira as aguas pa...
R: É que as tira pa lá. Si señor.
P: E normalmente non se vai ó mar cando hai vento norte ¿Non?
R: Depende.
P: Así unha nortada como lle chaman unha garroada.
R: Unha garroada. (María): - Por que non pescan tanto, co norte non pescan tanto. - Non vaias a pensar que o vento do norte é dos máis malos é malos pa traballar pero pa ir e vir non era dos máis malos.
P: E que pasa cos peixes cando hai norte non...
R: Porque non... Teñen frío.
P: Desaparecen.
R: Polo que sea, desaparecen non lle debe gustar ese vento a eles.
P: ¿E hacia onde se refugian?
R: Sin embargo co sudoeste raro é a vez que non pescas ¿E? De sudoeste e de vento oeste aí pescas, non podes pescar pero se pesca ben. (María): - Debense enterrar na...
P: Iran pos fondóns.
R: Irán pos fondóns, iran.
P: A buscar o refuxio ou...
R: Terán frío hasta.
P: Non, frío non por que son animales de sange fría e non soen ter nin frío nin calor.
R: Non sei pero eu que sei.
P: Pero, si.
R: Eu que sei pero...
P: Non lle gustaran as correntes ou...
R: Non lle gustaran as corrientes ou...
P: Ou... (inaudible) (17.58)
R: Algo a naturaleza algo fai neles porque o norte non lle gusta nada ¿Sabes quen era un peixe que se daba muito co norte? O xurelo de fóra.
P: Si.
R: O xurelo si. Que ten dado boas masaduras co xurelo anda ben canto máis norte máis se encrespa hai veces que vai... ahora que vai rabioso e malo de tomar sempre non vai tan bó como parece.
P: E sen embargo co sur suelese pescar mellor.
R: Pescas si pero e que amodera máis el toda clase de peixe co sur e mais... co sudoeste parece que aínda..., que non se poñen tan bravos.
P: E a que lle chaman o vento de lestía.
R: O lestía é este vento que ven de terra, que ese é o vento máis frío que hai. A lestía...
P: Por que ven do...
R: Ven de ahí de Redondela.
P: ¿E que lle chaman o leste?
R: O leste.
P: O leste que é donde sale o sol.
R: ¿Eeee?
P: É de donde sale o sol o que o...
R: É verdad o e...
P: Este
R: Este.
P: O este chámaselle a lestía.
R: A lestía.
P: En galego é...
R: No argó mariñeiro non é este é leste
P: Leste por iso lle dicía eu. E o norte é norte ou chamanlle norde.
R: Norte, norte.
P: Non lle chaman o norde.
R: Norte, norde non. Vamos único que sea... pero... porque por exemplo os ventos dos compás norte, sur, leste, leste e oeste.
P: E oeste.
R: E o nós decimos leste non decimos oeste.
P: Este.
R: Non decimos este. Sin embargo España linda polo norte tal, en el este tal e el oeste cual.
P: E nós e así os mariñeiros chámanlle leste.
R: Sin embargo ¡Ahí está!.
P: ¿E son ventos fríos e son malos pa pescar?
R: Son malos pa pescar pero hai veces que tamén se pesca con eles pero xa non é o mismo. E por aí pola parte de Francia tamén botan muita mareta ¿E? O leste mi cago en... e mais aquí. Ven unha nordestada unha lestía e aquí fai unha mareta nunca vista pero non é mar a fondo.
P: Si, si.
R: Non ese mar que falamos antes é mareta todo, mareta.
P: Sin embargo son ventos que predominan pouco.
R: Predominan pouco si.
P: Non son como...
R: Pero en Francia na costa de Francia.
P: Si afectalle máis.
R: Veñen as noites ¿Ti sabes que frío ven aqueles cabróns?
P: Si porque ven de alá de...
R: Oe
P: De Rusia, ven de...
R: Eu non sei de onde ven, eu o que sei que alí tiñamos unha... eu andaba cun cociñeiro que así que había leste, e daquela os cociñeiros axudaban a traballar algo en cubierta ¿Non? Non sendo gachar o peixe axudaban a todo, a meter o aparello e a todo, entonces, así que salía ala a virar e había lestes xa viña embufado traía unha toalla ó pescozo, traía o chaquetón de aguas vestido viña como un buzo. Que medo lle tiña aquel o cabrón ese ó...
P: ¿Era frioleiro non?
R: Era. Que frío viña aquel cabrón.
P: ¿O que lle chamou o vento da travesía?
R: O vento da travesía é o noroeste.
P: Noroeste.
R: Noroeste.
P: Eses que son os que traían...
R: Tiña medio atravesado de aquí.
P: Si.
R: Entre norte e oeste porque é entre norte e oeste.
P: Si.
R: É o noroeste. Entón chámanlle o vento de travesía porque ven medio atravesado.
P: Eses son malos ¿Non?
R: Eses...
P: Cales son os que traen os temporales, as treboadas.
R: Os temporales é ese e mais o vento oeste, e o suroeste, esos son os que traen os temporales.
P: O suroeste tamén.
R: Tamén. O suroeste tamén cando ven, tamén ven pero non mete tanto o mar.
P: O suroeste non trae.
R: Trae mar tamén pero non é coma o do vento oeste, nin do noroeste, o noroeste. (María): - Ven da perrilla como di o outro a perrilla chámaselle... - A perrilla é o nordeste. (María): É o nordeste. - É o que falamos antes o leste ese que trae máis frío ca... porque ven dos ríos. (María): - Ven dos ríos. - Ese veñen fríos porque ven dos ríos.
P: Eses veñen do centro de Europa que son...
R: Do centro de Europa.
P: Que son ventos moi fríos.
R: Dos ríos todos, son fríos, todos son fríos. Todos van hacia leste hacia o mar. E veñen moi fríos.
P: E o vento travesía non se...
R: E o vento de travesía ven de alá pero non trae tanto frío. Tamén é frío ¿E?(María): -É frío- Tamén é frío. (María): - É frío. - Pero xa non é, porque ven no inverno pero no vran cando hai unha tardíña de noroestiño floxo. ¡Vamos! Da gusto. ¡Mi madre!.
P: A travesía é vento propio do inverno ¿Non? Que son...
R: Eeee...
P: Traen as tormentas cando ven estes furacáns que levan as tellas e todo.
R: Chámolle eu a fábrica de facer o mal tempo
P: ¿Sí?
R: Porque se poñen por aí sempre, por aí.
P: Eses veñen cortando aguas.
R: E veñen vindo pouco a pouco hasta que se fai o temporal.
P: E as veces veñen eso con granizadas.
R: Bueno home cando ven.
P: E coas granizadas non soen ir ó mar tampouco¿Non?
R: Tamén o vento do sur é moi quente pero sin embargo eu co vento do sur foi o día que pasei máis frío na miña vida. Na desembocadura do... en Samil na desembocadura do Lagares. Do Lagares viña por aquel río abaixo comía a un, a pescar os pulpos e como de vez en cando estabamos collendo un de tres ou catro quilos e non se podía deixar e veña... e. E o fillo do patrón pedíalle "Papasiño por Dios marchemos de aquí que eu morro papaisiño, papaisiño que eu morro. " E nada había que estar, e fíjate que despois chegamos a Bouzas, viñémonos xa porque xa non aguantábamos máis. E inda estaban algúns estaban a sacudir as mans e a min figurouseme que me metían nun forno, que alí non había frío ningún, e estaban a morrer co frío tamén, por que viña tamén de por alí por Bouzas pa baixo. Pero depende o vento é así, depende de donde sea.
P: Si.
R: Sin embargo a neve non é tan fría.
P: Si. Cando neva, poucas veces neva. Cando neva que ven de aquí do oeste.
R: Da neve depende.
P: Ou ven do este.
R: Depende de donde veña.
P: Pode vir do norte, do leste, ou do...
R: Pode vir do norte, do leste ou de onde sea. Iso son nubes que se poñen namáis.
P: ¿Cando hai granizadas normalmente que é?
R: A granizada ven do oeste as máis veces.
P: Do oeste. No suelen ir ó mar por que soe ser no inverno claro.
R: No inverno sempre, sempre. Porque xa é co vento oeste e tronadas.
P: Si.
R: A tronada tamén trae muito granizo¿E?
P: Si.
R: E ese pode vir dun lado ou doutro.
P: Si, e mais a tronada...
R: Depende de onde se poña.
P: Pode vir do suroeste con...
R: Aí está.
P: Con ventos quentes diante.
R: Si, sí, si.
P: Primeiro soen vir os ventos quentes.
R: A min colleume unha granizada estando na guerra que alí non sabía de onde viña porque alí non sabía onde era o norte nin o sur.
P: Claro, estabas desorientado ¿Non?
R: Estábamos desorientados todos pero eran coma patatas ¿Eh? Me cago no mar. A un individuo caíulle aquí unha orella unha e cortoulla así.
P: ¡Joba¡.
R: Que maneira de botarme as flemas aquel home. Xa el non botaba ningunha cando estaba enfadado pero despois ó darlle aquilo non baixou Dios abaixo por que non podía coa tronada por que senón baixaba. Canto chorou aquel home alí, Dios mio, canto chorou, canto chorou.
P: E que outros ventos hai así tamén que teñan algún nome característico a parte...
R: Despois hai isto que dice que decimos que hai ven unha fría de maraxe. Maraxe é vento do vran ¿Non?
P: Si.
R: Que ven de aí de suroeste ou oeste pero que quere decir que é unha fría unha... pouco vento.
P: Si.

EN VELA

R: Pero que che saca o remo da man. A vela xa navega de sempre.
P. Si.
R: E o nordeste a mañán que lle chamamos porque os ventos veñen. Os da mañán van de terra po mar e os da tarde as brisas que é que brisa, a que lle chaman brisa.
P: Si, si.
R: E a brisa e a tarde ven do mar pa dentro pa terra. E cando é nordeste a brisa no inverno é mui fuerte no vran xa é tan pequena pero no inverno hai días que é moi fuerte. Si que temos ido pa Illa en popa e engancharlle unha cabeza ou algo máis a vela para non levar toda a vela arriba. Por que as velas teñen, ou antes tiñan, ahora xa non se usan, unhas fajas así e levaban... chamábanlle os enverges, uns cordóns por un lado e por outro e cando había muito vento había que coser un ris entonces collíase engruñábase aquilo e con aqueles cordóns amarrabas, e se habías levar toda a vela levabas aquela cuarta ou dúas cuartas que tiña menos. Hai que coser dous rizos, entón collías as dúas e xa trababas a mitad da vela según o vento. A min pouco me cuadrou traballar con... ou vir con ris cosido ou con dous pero con unha cabeza ou dúas enganchadas si. As cabezas eran na relinga que se ven hasta a proa do barco e enganchaban nun gancho a última, e despois había unha cabeza que era entre ris e ris ou dúas cabezas que era a do ris a do primeiro ris e engánchala sin coser o ris. Teño vido algunhas veces coas dúas cabezas enganchadas.
P: Era peligroso vir con toda a vela.
R: Con toda a vela...
P: Se hai moita brisa.
R: Había que... Era muito o aparello e vir con norte desde a Illa... Vir mollados pola proa, roupa de aguas metida.
P: e mais co frío que fai do norte ¿Non?
R: ¡Bu!
P: E pa vir co norte que soen vir en zig-zag ¿Non?
R: ¿E? Había que vir as veces as voltas. Si. Según, dependía de cómo fora si era... por que o norte chamámoslle norte e as veces inda era noroeste ven máis alto un pouquiño máis de aquí un pouquiño máis de alá. Cando estando por exemplo na Illa pois como chamara un pouquiño noroeste xa viñas hasta Balea viñas. Ou hasta Vigo, si tiveras que vir a Vigo xa viñas dereito pero para Balea xa che costaba un pouquiño máis de traballo. E despois desde Vigo dabas unha volta o mellor viñas na volta da ría e chegabas hasta aquí hasta ó arroa e despois dábaslle hasta Portiño. E si era máis alto pois xa viñas O Con e alí xa arriabas a vela e xa viñas (inaudible). Iso despois depende do vento.
P: O nordeste que é o norte co oeste ou co leste.
R: O nordeste é entre norte e leste.
P: O norte e leste.
R: Norte e leste.
P: E outro é noroeste.
R: E o noroeste é entre norte e oeste. E o sudoeste é entre sur...
P: ¿Entre sur e o este como lle chamaban? ¿Sudeste?
R: Entre o sur...
P: Entre o sur e o leste como era.
R: Entre o sur e o leste é sueste.
P: Sueste
R: Sueste. E entre leste e norte é nordeste. Por que os compases xa se... O compás ten 180 º, 90º cada cuadrante. O cuadrante é de norte a leste, de leste a sur, de sur a oeste e de norte a oeste.
P: Son 360º
R: 160º
P: 360º
R: 160º.
P: 360º son.
R: 360º.
P: Si.
R: Hai está 360º. Entón empezase a cuartear antes, ahora non, ahora xa van grados todos grados ¿non?
P: Si.
R: Os 360º. Por exemplo antes o capitán dicía... Ti ibas nun barco navegando mira ti pon rumbo a sur diciache antes, pon rumbo a sur e poñias rumbo a sur, pero ahora diche pon 190º.
P: Si vanse perdendo as costumbres.
R: Bueno entón antes pa cuartear cando empezabas a aprender empezaban a cuartear ou así norte, cuarta o noroeste 11'15º, nordeste cuarta a norte 22'30º, nordeste 35º, nordeste cuarta sur, cuarta leste 45'15º e así todos. E despois nordeste 45º hasta o leste 90º e despois empezabas do noroeste o sur e despois de sur a leste outra vez e despois de sur a oeste e despois de norte a oeste. E así era como se cuarteaba todo. Eu sabíanos todos de memoria ahora xa fun perdendo.
P: Claro a non praticar.
R: A non praticar, pero despois xa ó mellor ibas a... Eu cando anduven ó mar inda era todo por cuartas, e por grados inda non. Despois non, na navegación xa empezaban eses que foron a Holanda xa e todos e todos que anduveron por grados pero a pareja inda nos dicían tamén por... pon... había que... de noite non se traballaba a pareja ¿Non sabes? Atravesabase, entón á mañán o patrón pa largar tiña que buscar o fondo que él quería ¿Non? E preguntáballe ó capitán, ó patrón de costa por que o patrón de pesca ahora... despois os fixeron pero antes eran mariñeiros que aprendían.
P: Si.
R: E quen tiña que buscar a plaia e o fondo era o patrón de costa. Observaba e sabía donde estaba. Entón decíalle "que fondo... iban a sonda e miraba tanto tal entón iba a decir el: "no plano que fondo hai en tal sitio", "a tantas brazas, a plaia está a tantas brazas" Entón a sonda pois "Coño temos máis dalle ó norte" por exemplo "Dalle a norte" dúas andadas "Non é... dalle a noroeste, dalle unha cuarta máis a sur, dalle o este, dalle a nordeste" Pa ir buscando.
P: Pa ir buscando.
R: Así que el topaba o sitio decía ala "arte á agua", para barco ibas a chamar pola xente e coa misma a largar xa, e despois xa el levaba aquela agua, aquel fondo, aquel fondo todo.

NUBES

P: ¿E como inflúen as nubes na pesca?
R: As nubes...
P: As nubes sirvenlle pa saber o tempo que vai a vir ¿Non?
R: Aí está, o tempo polas nubes pois xa desconfias por que a experiencia fai todo, a experiencia é o todo o mellor mirasnos vir ¡Ui! Levántase muito de tal sitio.
P: Cando veñen así as nubes negras todas.
R: Negras isto non ten boa cara.
P: ¿E teñen algún nombre?¿Chamábanlle algún nombre as nubes?
R: Non.
P: ¿Ou eran todas iguales?
R: Non para o caso eran todas iguales. Hai quen lle por aí polo norte póñenlle muitos nomes. Aquí non, aquí entre nós non había tanto pero había quen... (María): - Lle chamaban o carís. - O carís chámanlle o mal carís.
P: O mal carís.
R: O mal carís.
P: Si.
R: Hai que carís pon aí.
P: Cando viña chuvia normalmente que empezaban a vir, soen vir do sur o do sudoeste¿Non?
R: Si, viña así un vento non sei como, parece que viña a ras. O vento antes da chuva parece que quería voar por riba do mar sen facer daño. (María): -Os vellos tal como meu pai tiñan moita experiencia. - Tiñan porque levaban muito tempo de mar. (María): - Muita experiencia.
P: E sabía según correra o semblante ¿Non?
R: Bueno. (María): - Bueno. - Bueno, o semblante ahora xa se mira. Ahora ven o semblante de tal lado e xa se desconfiaba. (María): - El xa sabía cando era a luna sen aquelas, sabía cando era cuarto, el sabía cando salía o sol que hora era polo sol, que hora era pola luna. Todo.
P: As nubes estas que son de vran soen ser blancas¿Non?
R: Si.
P: E son ailladas.
R: Polo regular no vran non hai. (María): -Cando se poñen negras se lle chaman hai ven o carís do norte, hai ven o carís do sur- si pero no vran pouco temporal hai. (María): - Ahora non hai Enrique, ahora hai uns vrans que non hai. -Pero...
P: Sí
R (María): Hai uns vrans que non hai. -Sí tronada aquí canto tempo hai que non hai.
P: Si había un tipo de nubes que anunciaban tronada ¿Non?
R: Si claro. As nubes anuncian tronada.
P: As nubes de tronada ¿como son?
R: Son máis blancas que ningunha.
P: Como se foran copos impresionantes.
R: Mui gordas.
P: Como copos de algodón grandes.
R: Aí esas son as verdadeiras nubes vran.
P: Mui redondeadas case todas ¿Non?
R: Esas negras que traen o temporal non son de tronada, non vaias a pensar.
P: Suelen ter...
R: As nubes de temporal son as que veñen máis negras e mais compactas pero veñen de aí do oeste.
P: Si.
R: Sin embargo a tronada podeche vir de calquera lado maiormente de leste e aquí en nós... (María): -Máis o Miño. - Sempre por aí por enriba de Rendondela e por riba do Miño. Por riba do Miño.
P: Si.
R: Xa hai un refrán aquí que decía "Tronadas ó Miño pan e viño". Por que as tronadas polo regular cando veñen máis é no verán.
P: Exacto, si.
R: Máis no verán entonces claro traen chuva.
P: E regan o millo.
R: E regan o millo e regan a viña.
P: Si.
R: Por iso decían "Tronada ó Miño pan e viño". E ahora xa hai tempo que non hai tronada por aquí. Xa hai.
P: Antes de vir as tronadas normalmente suelen vir acompañadas nun principio con ese tipo de nubes que as veces teñen un color amarillento ¿Non?
R: Si, ahora que tamén, o vento como veña tronada con vento prepárate ¿Eh? E bota muito vento. (María): - Muito vento. -Cando non bota non bota ningún, bota chuva pero cando bota vento...
P: As veces cando bota chuvas as dos vrans suelen ser unhas pingueiras gordas.
R (María): Gordas de pedraza e todo. -A chuva da tronada toda é gorda.
P: Toda.
R: Toda é gorda.
P: E igual chove aquí e ó lado non.
R: E ó lado non. Inda hai...
P: Pois son nubes compactas¿Eh? Independientes...
R: Por onde pasa, na máis que por onde pasa. (María): - Tamén cando hai unha tronada ponse a cousa mui... - Inda non hai... non sei se foi o ano pasado.. (María): - E hai veces que se poñen os catro ventos ¿E?
P: ¿Sí?
R(María): Os catro ventos ponse- Anda ó redor, si. (María): - Ponse aquí, ponse alá, ponse de riba. - Hai tres ou catro tronadas, hai tres ou catro tronadas. (María): - ¡Mi madriña¡ e non vran son máis secas que outra cousa, que o presagio que outra cousa. Pero mírase todo... -Pero chove por outro lado. (María): Choverá por outros lados. -¡Aaa!. (María): -Pero no vrán xa lle chamaban tronadas secas pero tronaba os catro ventos. - Pero pregear pregean. Bueno
P: Eso claro non iban ó mar cando tronaban ou van igual.
R: Hai sempre nos collía no mar.
P: Ten collido.
R: Bastante. Bueno. (María): A das marujas
P: E non ten perigo que lle caera algún rallo ou...
R: Non
P: No mar...
R: Os raios non. O peligro da tronada no mar é o vento por que non sabes ti de donde che vai vir o vento.
P: e mais ven de improvisto ¿Non?
R: ¡Ei está! E non sabes de onde che vai a vir, non sabes si che vai a vir do sur, se do norte e non sabes onde te vas a meter. Non sabes onde te vas a meter.
P: Cando hai tronada hai que abrigarse.
R: Hai que abrigarse hai que buscar un sitio, un abrigo. Si o tes. (María): -Inda non sabes si che vai vir chuva ¿o circo da luna cando se pon? -¡Ai¡ bueno, ese o circo. (María): -El circo a los tres días lluvia. Pero si lleva circo la luna a los tres días lluvia. -Sin embargo...
P: ¿En que fase? En calquer fase lunar ou...
R (María): Na fase da luna cando está a luna clara.
P: Si.
R: Sin embargo, mira... (María): -E miras o circo é que temos chuva. - Sin embargo os aragoneses decían "Circo la luna lluvia ninguna". E sin embargo aquí circo la luna chuva segura. (María): -Lluvia segura. Queroche decir a ti que cando se mira, que se mira poucas veces que o...
P: Ese circo que solo se ve con lúa chea ou con luna nova.
R(María): Con luna chea, por que con luna nova non se mira.
P: Non se mira.
R (María): Non se mira, empeza a vir... cando empeza a vir a luna nova e si acaso o quince non se mira a luna. Ven o deceseis xa empeza a poñer a luna un fouciño.
P: Si.
R (María): Ven o sete xa empeza a ser o cuarto, é o cuarto. E despois si escaso do cuarto ó vinte, o vinte un é luna chea. Despois xa vai de que parte do día xa disminuie, no outro día xa é disminuie. Nós aquí temos a experiencia, antes de ir a pa plantar calquera cousa, pa botar un alcoubo, hai muito que ande coa luna.
P: Sí
R (María): Muito, muito.
P: Normalmente ¿que sementan co menguante?
R (María): Con menguante, si. Con menguante. Menguante por que a luna disque, as cebolas que grelan.
P: Si.
R (María): As aquelas que grelan e aquí hai muito labradores deses que andan muito pola luna, pa todo ¿E? Hasta pa matar o porco.
P: Pa matar, pa vendimar incluso.
R (María): Pa vendimar, pa facelo viño...
P: Pa facer o viño.
R (María): Pa todo, pa todo. A luna influie con todo -Sí home, si. A luna... aquela en todo, estas cousas do ambiente por que ten unha atracción sobre a terra e... (María)-Ten, ten muita atracción. A luna ten muitas... -Ti fas o viño... (María): -Hasta pa nacer os rapaces. A difunta da miña tía Constantina sabes que era unha parteira.
P: Si.
R (María): E o mar tamén cando decía o mar, coa marea pa riba ou coa marea pa baixo. Tiña ela aquela experiencia.
P: Si, si.
R (María): E na luna tamén.
P: Si que meus fillos tamén naceron en menguante creo, me parece.
R (María): Xa che digo eu que ela tiña muita... a luna métese en todo, eu penso que a luna se metía aquela en todo, en todo, en todo. En todo.
P: As nubes as veces cando van escamentas ou...
R (María): Chuva ou vento dicen alí.
P: Si.
R (María): Ceo escamento chuva ou vento.
P: Chuva ou vento, si.
R: Chuva ou vento.
P: E se son en estratos que son como...
R (María): Son así separadas.
P: Son as separadas, si.
R(María): Coma a modo dun...
P: Coma un surcos separadas, si.
R (María): Non, non é surcos separadas e coma a modo dun bastoncillo así todo ó redor do ceo.
P: Si.
R (María): Todo así.
P: Non teñen así algún nombre¿Non?
R (María): Non. Non teñen. -Eso do ceu escamento. (María)-É do ceu escamento ou chuvia ou vento. Sempre decían. -O ceu escamento. É un refrán que hai, o ceu escamento ou chuvia ou vento.
P: ¿E cando forman estratos?
R (María): Estratos, eso para vir mal tempo.
P: En vez de facer así coma escamas, as veces fan estratos fan regos, parecen regos.
R: Fan regos, si. (María): -Pois unha nortada ponse pa aí po norte si escaso un cangrueiros. Chámanlle cangrueiros.
P: ¿E?
R (María): Cangrueiros.
P: Cangrueiros.
R (María): Si. -Cangrueiros quere decir unha nube moi.. gorda (María): - Moi moi negra. -Moi gorda, moi gorda. (María)- Ven un cangrueiro do norte. -Un cangrueiro.
P: ¿Blanco?Ou...
R (María): Negro, negro- Negro. Blanco ou negro. (María): - O norte cando se pon... - Se é pa cairos do oeste...
P: Si.
R: Son negros pero se é pa norte son blancos. O vento do norte bota a nube blanca.
P: E son cangrueiros.
R: E tamén bota negra pero.... (María): -Bota moi negra tamén. - Pero cando é moi gorda chamánlle hai que cangrueiro ven aí, un chubasco por exemplo.
P: Si.
R: Que vai botar un chuvasco do oeste. (María): -O chuvasco non bota muito- Sin embargo non bota, o mellor non bota. (María): - Se é do norte pouco chove. - Pero o mellor un cangrueiro, hai ven un cangrueiro.

CHUVA

P: E os tipos de chuva que botan normalmente as nubes que temos a poalla que a máis...
R: A poalla bueno esa xa non é... (María): - A poalla iso xa cando vai a vir niebla- Mira, esa poalla xa non é de nube xa é de ceo cuberto, xa cando todo o ceo é unha nube.
P: Si.
R: Esa xa é poalla. (María)- E despois por donde abre aquel, temos seas caso vento, abre a poalla abre polo norte.
P: Si.
R (María): Polo norte ¿Sabes? Empeza a clarear... a clarear as nubes por donde abra.
P: Si, cando abra...
R (María) Entón decíamos "temos norte", é unha galerna de norte que temos ou unha... - E ademáis outra... cando ven esa poalla, por exemplo ven do mar, veñen as nubes pa dentro¿Non?
P: Si.
R: Veñen do oeste ou do sudoeste.
P: E tapa todo¿Non?
R: E hai vento hai nordeste entonces xa hai un refrán que dice "chuva do mar e vento da ría todo o día de cagarría". (María)-Sí todo o día de cagarría. - Por que ven a chuva pa cá e o vento dalle pa lá e aí e cando chove máis.
P: Non deixa avanzar.
R: Non deixa ni avanzar ni unha cousa nin a outra. (María): -Hai veces que se está sete ou oito días nese pinga, pinga, pinga.
P: Si, si.
R: Está todo o día así. (María): - Nese pinga a pinga.
P. Despois hai outra chuva xa máis menuda que non é tanto como poalla que lle chaman a...
R: O rocío.
P: Non. A... esa é a chuva despois se é máis forte lle chaman cairos.
R: Un cairo. Un cairo quere decir un chuvasco.
P: Un chuvasco, si.
R: Un chuvasco. Ven de... botou muito ou pouco pero pasou. (María)- Despois ven o tempo e clarea. Despois clarea.
P: Si.
R: Non clarea, pasou. (María): - Pasou a clarear - Pasou o chuvasco e o mellor de alí a un pouco ven outro. Sin clarear, ven outro.
P: ¿E se son moi fuertes?
R: Se son moi fuertes a según como sea.
P: ¿Que lle chaman cairos ou así ?
R (María): Si. -Cairo ou chuvasco. (María): - Mirei na televisión e temos claros e nubes.
P: Si.
R (María): E son eses que se poñen algún chuvasco. Aquí falaron que por aí adiante viña algún chuvasco e noutro lado claros e nubes. Nubes e claros
P: E cando está todo claro como está ahora sin chuvas, as nubes non teñen ningún nombre ¿Non?
R: Non teñen ningún nombre non. Esa é unha cerrazón ou así unha cousa. Bueno cerrazón é cando é esa a poalleira, e esa é a cerrazón.
P: A cerrazón sólo trae chuva
R: Si, a cerrazón de chuva. E isto é como un neboeiro que se pon así un neboeiro, debe ser a niebla que anda alta ou algo. Ou nubes que veñen de outras tronadas por que ahora hasta hai tronadas por aí polo interior e o mellor veñen correndo, as nubes veñen correndo pero xa veñen descargadas ¿Non? Porque a nube descarga coma....
P: Si.
R: Ou o raio, ou a chuva, ou o pedrisco ou... e o mellor pasa a nube descargada e non fai tanto daño ou está así trubado pero non chove.
P: O chaparrón que ven sendo o mesmo que o cairo ou...
R: Chaparrón, caiu un chaparrón, caiu un cairo. Ahora que despois... porque iso debe ser o argó de falar en cada sitio ¿Non?
P: Si.
R: Hai en sitios que lle chaman chaparrón, hai quen lle chama chuvasco, outros chámanlle cairo e así ¿Non?
P: Nós normalmente chamámoslle cairos e...
R: Cairo...
P: E poalla a ser fina.
R: E poalleira e tal. E chamámoslle chuva gorda ou chuva fina. Ou chuvia gorda ou chuvia fina. (María): - E sabes tamén que hai que lle chaman a chuva das pernas largas- A chuva das pernas largas. - A chuva das pernas largas é unhas pingueiras gordas.
P: Si.
R: Unhas pingueiras gordas pero raras. (María)- Raras. E a esa chámanlle a chuva das pernas largas. - Das pernas largas.
P: Sin embargo os días de chuva normalmente soen ir ó mar, van con roupa de aguas...
R: Ai sí, sí, si. Non habendo vento ó mar non se pode perder fillo. E se hai que levar a roupa de aguas contigo inda que non chova por si acaso ven a chover.
P: E os días de lúa normalmente iban ó mar.
R: Os de niebla...
P: Non. Os de lúa, cando había muita lúa.
R: !Ai¡ cando hai luna non. Non, antes non se iba, ahora si. Por que ahora quen mira o peixe é o radar ¿Non sabes?
P: Si.
R: E antes había que miralo coa vista. Entonces o haber luna o que falamos antes.
P: Non se miraba a...
R: Non ardía a agua e a non arder a agua non se mira o peixe o único que salte. Podes sentir o saltido, as veces que estás atravesado coa luna e vai ¡Chu, chu, chu! Sintes saltando. Estás separado pa fóra da Illa poñamos por exemplo cando andabamos a sardiña fóra da Illa, entón atravesa, para o barco como non... paras o barco un pouco máis ou menos donde o patrón esperaba topar peixe. Para barco, e todo mundo a durmir na máis que queda o de guardia, o de guardia en cubierta e... ¡Chu, chu, chu, chu! "Oe patrón aquí parece que salta peixe", e vir arriba e poñerse a escoitar e... é pouco coño, ou "xente arriba chalana ó mar" según el mirara ¿Non?
P: Si.
R: E ó mellor pescar así no saltío.
P: No circulo da luna se producían, me decía o outro día, que se producía o oscuro que duraba aproximadamente uns vinte e oito días¿Non?
R: Si. Vinte oito, vinte seis... a mes non chegaba. Non por que era un ciclo da luna vinte oito días ¿Non?
P: Si.
R: Si pero aqueles tres ou catro días de luna chea aqueles non se iba ó mar.
P: Aqueles non se iba ó mar.
R: Aqueles non se iba ó mar.
P: E no escuro había así... coincidindo con algunha fase con menguante ou con crecente que se collera mellor que... nunha fase que outra?
R: Dependía de donde pescaras pero polo regular...
P: Ou non influía.
R: O que tiñas... influía por que por exemplo ó vir o cuarto creciente, empezabas a traballar máis pronto entón o peixe non estaba tan cansado. E despois no cuarto menguante...
P: Si.
R: Xa ven o escuro máis a mañán era bó pa unha cousa pa chegar co peixe fresco a Vigo.
P: E chegaban antes a casa tamén.
R: Pero chegabas máis tarde a casa.
P: ¿Ai chegabas máis tarde?
R: Pero xa o peixe xa estaba máis cansado. Por que o peixe con luna ou sen luna sempre sube a aquela hora a comer, aquela hora. Pero ti non mirabas. Non. Entonces cando miras era cando empezaches a traballar e xa o peixe estaba cansado e xa non morreu tanto.
P: E pa poñer arriba o planton e as outras cousas...
R: Ai o placton arriba.
P: E a iso non lle chamaban isco, a comida.
R: ¿Nisco?
P: Isco, isco.
R: O isco é o que lle pós no anzuelo a pescar. A ver se nos entendemos.
P: O engado.
R: Non, o engado é unha cousa, o engado é outro que botas, que non come, pa que veña el a fozar en aquilo no engado. Pero o isco...
P: ¡Aaa!
R: Tes o azuelo e levas a miñoca.
P: Si.
R: É o isco.
P: ¡Aaa! Entonces o engado era cando andaban ó cerco é o que se lle botaba o salvado.
R: O salvado ese era o...
P: E o engado era a raba.
R: A raba era...
P: O engado.
R: A comida que selle botaba. O salvado era para facer aquilo, para que el se volvera por alí ¿Non sabes?
P: Si o que sería o isco, entonces o engado sería a raba.
R: A raba. O isco é o que lle botas no anzuelo para comer.
P: Si, si.
R: ¿No? É decir íscame esa liña, se é pos buraces poslle a miñoca, se é pa rincha poslle un que lle fan non sei de que. E se é para a liña dos polbos ponlle un carangexo enriba da garabeta.
P: Si, si.
R: Chámanlle pescar á liña
P. Pescar á liña, si.
R: Pescar á liña.
P: Estábame decindo eso que as mellores épocas pa pescar con tanto escuro era co crecente.
R: Co crecente.
P: E menguante.
R: E co menguante. Claro por que xa é cando hai escuro. Pero co crecente era por que... E ademáis tamén despois á mañán tamén se pesca mui ben, hai veces que perde que é cando a agua empeza a vir a...
P: Si.
R: Clara do día.
P. Si.
R: E a agua perde aquilo.
P: Si a fosforescencia que ten.
R: E como el vai a ser vivo como non lle vaias ben co aparello.. porque o ardente do aparello tamén molesta muito o peixe, e como non lle fai tanta ardente, e tamén morre moi ben, fas lances máis grandes. Quere decir que como cerques o peixe tómase mellor.
P: Si, non se halaba tanto.
R: Non se halaba tanto. E cando xa non... as aguas cegas chámanlle as aguas cegas cando non brilla muito, cando non hai muita lampasía.
P: Si, si. Ese que suele decir coa lúa nova, coa...
R: Ese depende despois do tempo. As aguas cegas poñense ou por que chove ou por que non se arde tanto placton. Hai veces que son unhas máis fosforescentes que a outras, entón chamámoslle nós as aguas cegas cando non hai tanta ardente, ou por falta de luna, ou por que brilla máis a... non brilla tanto a luna. Por algo é.
P: E Usté notaba cando había as corrientes que veñen do Golfo, aquelas corrientes de agua quente, cando traballaba por aí fóra ¿Usté notabaio?
R: Disque se notaban, si. Pero eu nunca chegei a... Nunca chegei a aquela. Si por que veñen según as aguas, eu leín unha vez unha novela do Gran Sol veñen frías e iban hasta Ecuador que son as que aguantan o equilibrio...
P: Si.
R: Dos polos. Pero nunca notei.
P: As corrientes veñen do Golfo de México que son as que veñen nesta... que.. soen ser quentes.
R: É quente.
P: As veces cando...
R: A fría vai desde o polo norte vai correndo vai po Gran Sol ese que lle chaman o Gran Sol...
P: As aguas do Gran Sol...
R: Hasta ese sitio que dixeches ti ahora.
P: Golfo de México.
R: Golfo de México. Aí veñen as quentes despois de volta.
P: Si, esas veñen tamén... exacto. Esas veñen as do Labrador.
R: As do.... ¡Eeee!
P: As correntes de Labrador.
R: Por aí, por aí veñen, por aí. Iso leínno nunha novela ¿Ves?
P: Usté as veces nota cando vai os baños uns días están máis quentes que outros, pois iso pode (Inaudible) pode influir as corrientes que veñen máis quentes.
R: Aquí nestas plaias dalle o sol que quente a area.
P: Hai días que quenta muito e están a aguas frías.
R: E claro pero por que a ver non viñeron arriba no tempo de quentar, e mais muito do tempo tamén ¿Eh? Cando sinten chuvia están máis quentes que cando non sinten ¿E?
P: Si.
R: Parece mentira. Si están as aguas máis quentes.
P: Ó mellor as chuvas veñen do Sur que son quen arrastran esas aguas quentes.
R: Anduven eu cun home de Berducedo ou por aí e decía el que a agua fría por outra pía.
P. Agua fría por outra pía.
R: Si.
P: Por outra máis quente ou como.
R: Por que se viña vendo a agua fría que viña a chuva. E había outra cousa tamén cando se esperaba mal tempo. Cando estás a fóra da Illa, lexos, e se espera mal tempo, miras os faros aínda que sea o de Fisterre mírasno ó costado do barco. Sin embargo o bó tempo tes que andar unha hora ou dúas andando máis pa terra para miralo.
P: Por que faise máis nítido.
R: Clarea.
P: Clarea todo.
R: Clarea máis o ambiente ou como sea.
P: Limpa a atmósfera iso ¿Non?
R: Debe limpiar a atmósfera.
P: Un día ten bruma e non se mira ben Vigo e despois de chover mírase Vigo de cerca.
R: Aí, aí.
P: Dá a sensación de que limpa todo.
R: Debe de ser iso. Debe de dar unha sensación de... ¡Ui, ui, ui! ¡Cómo se mira Ons ! ¡Cómo se mira Sálvora! ¡Ui mi madre! Xa hai que andar coa orella ó cuidado. Mírase mui claros os faros e non é bo.
P: E cando a lúa leva cerco a areola para que venta chuva......
R: Tamén, tamén
P. Influe na pesca tamén.
R: ¿E?
P: Influe na pesca cando ten o cerco a luna.
R: Non, influir non influe pero é pa iso de que despois de...
P: E non se acorda así de máis... de tipos de ventos ou de chuvas que non comentáramos, que...
R: Non por que xa falamos de todo do vento oeste, do vento sur. Os do sur...
P: Os cangroeiros e...
R: Os do sur poucas veces chove ¿E? Poucas veces chove pero as veces tamén chove por que xa hai un refrán aí que dice "Cando Dios quere hasta do sur chove".
P: ¿Si? Os do sur que suelen traer muito calor no vran.
R: No vran trae calor, si.
P: Trae muito calor ¿Non?
R: E muito frío como ese que che contei antes.
P: ¿Si?
R: Sin embargo na parte de alá do País Vasco así que hai sur alí hai que poñerse en mangas de camisa. Non sei por onde ven o calor, disque ven o calor do Sahara.
P: Si pode, pode influir.
R: Disque leva o calor do Sahara e que vai todo polas Castillas. Alí en Pasajes maiormente, así que había sur, coma no vran, coma no vran. E dicían alí que era o vento que iba do Sahara pa alí.
P: O que lle afecta máis é o norte nas entradas pa que... por que o mar é bravo e...
R: Alí... alí estar dentro de Pasajes e desmandarse os barcos coma se fora...