MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· As tuniñas son os delfíns. Cando entra un correo, as tuniñas saltan diante, como si lle indicaran o camiño. Si se cercaban con redes choraban
· Os bascos comían muitas tuniñas
· Cando comes tuniñas, o mexo sae verde
· Os cornos eran usadas polas peixeiras nas aldeas para chamar pola xente
· Nos barcos tocabanno para avisar ós mariñeiros
· En principio non había lonxa. Había compradores directos en Baiona.A Guarda ou onde atoparan. Para vende-lo peixe a bordo tocaban o corno
· Cada barco tiña unha pitada diferente para identificarse
· Definición da lienza
· Diferencia entre baurel e boia
· O mesmo que en terra os fondos mariños teñen montes, cantiles,areeiros , etc.
· As correntes traballan muito, especialmente as das mareas
· Anécdota de cando fixeron choferes ós conductores dos autobuses de Barros
· As pedras que sobresaen a superficie chámanlle cons. Si son fondas e planas son as laxes. Nelas críanse nécora, bruños, polbos etc.
· O peixe percura a quentura das augas de terra. Chámase a mallenta
· Os patacos, sargos, mugardos, bocareus etc. son peixes dos carrumeiros.
· Fondóns son desniveis do terreo onde se cría muito peixe.
· A cuncha do mexilón desfaise enseguida
· O mexillón acude a comer de todo, polbos, sargos, rabalizas etc
· Os vertidos das cañerías transforman os areeiros en terreos fangosos
· A poza de O Con
· Cando o mar esta devalado ata o cantil, o reducio do río dos Ladróns leva a area para unha poza. E perigoso bañarse porque fai o que se chama 'gorgoso'
· Definición do cantil que vai dende Tirán ata a Praia de Moaña
· Os lances feitos no mesmo cantil daban muito máis peixes que no resto
· O burgal é un tipo de area gorda e pegada unha a outra que se engancha nas redes e a engruñan
· Os peludos e jaivas cóllense nos areeiros e burgas
· Tesales son os terreos areeiros sen fango nin pedra pero de area grosa e máis negras
· A lenda da formación da ría
· Estados do mar: Calma chicha, brisa, maretas, ondas, golpes de mar etc.
· Un barco rompe sempre polas partes que están fora do mar. Da liña de flotación para abaixo e difícil, agás que encalle
R: Ahora que paréceme que hai dúas clases de delfíns e mais de tuniñas pero eu creo que é a misma, polo menos a misma raza é, e cando viña, entraba un correo, mirabas vir un correo e elas na proa sempre. Chup, chup.
P: Sempre na proa.
R: Sempre na proa.
P: Como enseñando o camiño ou querendo facer unhas regatas.
R: Eu que sei. Como unha regata ou acompañando ó barco. Cercándoas no aparello choran, choraban coma... mirábalas... iiih, iiiih.
P: Non facían como o arroaz.
R: Non, o arroaz non, leva todo... elas non...
P: Deixabanse acariciar deixaban chegar coa man as tuniñas.
R: Despois, para collelas, porque había quen comía algunhas para comer, eu xa comín tamén carne de tuniña, ós vascos gústalle que é un caso, xa levaban o arpón, indo para a pareja xa levaban un arpón para cando se poñían na proa a arponazos, gústalle muito a tuniña.
P: ¿Está rica?
R: É unha comida un pouco tal, muito sangue, despois de troceala hai que botala na agua, e aquí vai perdendo sangue. Vai perdendo sangue, vai perdendo sangue.
P: É un mamífero, é de sangue quente.
R: É un mamífero, é de sangue quente é. A tuniña é mamífero como a...
P: A ballena.
R: A ballena eso. Sin embargo o arroaz non debe ser mamífero.
P: Penso que tamén.
R: ¿Tamén é?
P: Respira.
R: Respirar respira.
P: Respira, ven a respirar a fóra o arroaz.
R: Si o arroaz respira.
P: Iso é tamén é mamífero.
R: ¡Ai! é mamífero. Pois será, pero a tuniña é mamífero e sabe ben a carne dela. Sabe ben, pero ten iso, que ó comela ás veces vas a mexar e parece que mexas...
P: Sangre.
R: Sangre. Non sangre, verde completamente. -Foron chamar polos vecinos entonces marcharon, os tres cabalos marcharon, foron roubar a Paxarín, porque Paxarín naquel tiempo era... -
P: Era unha casa fuerte en Moaña.
R: -Era unha casa fuerte que había, entón elas traballaban alí de.. ¿Sabes a como? A real e a pataco por cada.. muitas veces traían millo, traían.. en vez de xornal dábanlle millo, son lendas que hubo sempre aí. - En vez de cartos iba a especie.
P: Pero según me contan unha gavilla así de...
R: Unha gavillar quere decir, unha banda de ladróns chamábanlle unha gavilla.
P: Si, pero estaban ben organizados ¿non? Para andar a cabalo e todo.
PISTA 2
R: Si, sí, ben organizados
P: E dos cornos faláramos que se facían toques con el tamén ¿non? que tocaban as peixeiras cando...
R: ¡Ai! iso era para tocar.
P: Para tocar si.
R: e mais nos barcos.
P: Nos barcos que muitas veces...
R: Para pitar, en vez dunha bocina facían un corno e era como unha bocina, facíase coma unha bocina. e por ejemplo porque antes non se viña sempre a Vigo como se ven ahora a vender ¿non? tanto se vendía en Toralla como en Panxón como na Guardia, como era a remo todo, donde se encontrara mellor, e xa se quedaba alí.
P: ¿Pero había lonxas alí non?
R: Non era lonja, había uns compradores, unhas personas para... entonces tocaba o corno, tocaba o barco.
P: O barco levaba un corno ¿non?
R: Levaba un corno, tututu, entón acudía a xente.
P: E tiña diferentes sonidos, diferentes tipos de...
R: Ó mellor terían, iso é o que non sei.
P: Pitadas cada barco, para distinguir un barco de outro.
R: Podían ter, non che digo que non, iso non sei.. O corno era para chamar á xente, para que viñera a comprar ou a acudir a algunha cousa. Por ejemplo como para pedir auxilio se naufragaban, non había bocinas nin telegrafía nin nada, eran as señales que tiñan, e terían as súas señales despois no mar tamén cando un iba largando e lle iba a estorbar outro dáballe unha pitada, digo eu e creo que sería así.
P: Para distinguirse dos barcos ás veces cando tiñan pito xa pois ó chegar ó porto daban pitadas, si era unha corta e dúas largas e xa tiñan identificados os barcos.
R: Xa o armador sabía quen era e quen non era. Na maneira de pitar, e digo eu que o corno sería tamén.
P: E cando iban para ó mar tamén tiñan...
R: Tamén.
P: Ó chamar pola xente.
R: Ó chamar pola xente. Se por ejemplo o patrón quedaba nunha... como che dixen da outra vez cando iba o rapaz a avisar, ó mellor era tempo de Leixós deciamos nós que era no inverno ¿non? E viña mal tempo, e estaba parado pero hubo unha calma, que se quedou calma de noite, e o patrón vigila e dice, "pois vamos a salir ahora que se quedou calma a ver se non topamos vento no mar", entón antes xa avisaba á xente, mirar que se pita o barco, entón dáballe unhas pitadas fuertes e ó mellor xa tiñan un acuerdo de decir de alí a media hora ou a unha hora da pitada o que non estea queda, ¿non sabes? Dáballe un margen de tempo para que baixaran, e virían da Ameixoada, virían de Berducedo, virían da Fraga, cada un donde estuvera.
P: Xa tiñan uns pitos...
R: Digo eu, xa tiñan un pito.
P: Diferente para saber o barco que era.
R: ¡Aí está!. Xa tiñan unhas señales, tiñan unha señal para eles, decir unha pitada, dúas pitadas, un punto ou dous puntos, por ejemplo unha pitada larga tuuuu e despois tu, tu, tu dicen "coño ese é o noso barco".
P: Si, cada barco tiña diferente, ¿cos cornos farían o mismo non?
R: Cos cornos digo eu que farían o mismo claro.
P: Eu acordo, non sei se o facían por xogar os rapaces ou non pero ó mellor desde un barco que estaba metido no morto, tocar polo corno para chamar pola chalana ó mellor.
R: Si para chamar pola chalana, ou ó xeito, ó xeito xa sabes ti que se larga unha peza larga e levan os boureles porque as pezas do xeito non van ó fondo, quedan entre aguas según á altura que queira largar o patrón. Dalle á lienza, a lienza é os boureles eses que leva así de dez en dez brazas ou de oito en oito según como sea a rede levan uns cordeles, e según a altura que queira largar unha braza, braza e media, media braza, según a experimenta que teña el do peixe, si vai muito ó fondo máis lienza e si vai aboiado menos lienza, ¿non sabes? porque ó ir máis aboiado non anda tanto polo fondo entonces menos lienza e a rede ven máis arriba.
P: ¿E a rede quen aguantaba os boureles?
R: Os boureles, quen aguanta son os boureles. Despois ven o corcho que aínda lle aguanta a rede na agua.
P: Arede na agua o corcho mantenna.
R: E mira aínda así, despois de bourel en bourel leva aínda... a rede aínda engruña, quero decir que aínda se fai, por ejemplo ¿está así non? Pero despois así como vai levando tempo a rede vai facendo isto.
P: Si fai unha curva con dous pes.
R: O peso do medio chama dos dous lados e fai coma un puente.
P: Si, si. O bourel que eran dúas tablas máis ou menos de...
R: Son un corchos.
P: Dúas tablas cruzadas, así clavadas en cruz e ó arredor un alambre que se metía o corcho.
R: Non, esa é a boia, esas son boias. Esa xa é a boia, o bourel son corchos metidos nun cordel, e despois doblado ¿non sabes? Por ejemplo isto é o cordel, e esta é a outra parte, xúntannos así e amárrannos por riba ben apretados e quedan os dous corchos así, ou corchos largos xa, todos uns encima de outros, tablitas de corchos, tabletas de corchos uns encima de outros, ou ben corchos destes de rede metidos e amarrados ou unha tablita de corchos xa feita. Hai moitos, ou antes había máis deses de tabletas de corcho, xa había, ahora non, ahora máis corcho e ahora como ven o corcho...
P: Moitas veces usábamos os rapaces para aprender a nadar, como flotadores metidos polo corpo.
R: Unha cousa parecida así doblado para que teña máis peso, non tantos corchos pero... para que teñan ancho. Se habían de ter a tableta así, pois iban os dous e xa facían a modo da tableta.
P: ¡Ah! entonces o que digo eu que son dúas tablas cruzadas e ó redor corchos e no medio a veces poñíaselle un loureiro ou así.
R: Un loureiro sí, esa é a boia. Hainas tamén de corcho cuadrado, cuadradas de corcho, xa non levan a cruz esa, porque a cruz é para ter o cuadrado donde meter o loureiro, e despois facíaselle como un dis ti, a modo de un salvavidas dese.
P: Dun flotador.
R: Dun flotador, e íbaselle clavando polas puntas da cruz esa, e xa aguantaba, esa é a boia. Esa úsanna no chicote, no primeiro chicote que arrían, porque despois no de abordo queda amarrada ó barco. Esa sí, esa tamén leva, pero para arriar a primeira. E despois ó boliche, a rapeta e todo iso é a boia que fai a que aguanta no cabo donde larga ¿De que estabamos a falar?
TIPOS DE FONDOS
P: Podemos falar dos fondos do mar, hai diferentes tipos de fondos e según o tipo así produce ¿non?
R: Así produce claro, por ejemplo no mar hai, por ejemplo pola illa e por aí chegan os cabezos, son coma montes, chegas a un sitio que hai dez metros e dez máis para o lado hai cincuenta, ou 60.
P: Si é todo pedregoso, é todo...
R: Todo pedregoso, hai sitios limpios.
P: ¿Hai zonas donde hai areeiros?
R: Hai areeiros sí, como nunha plaia igual.
P: E os areeiros normalmente que son...
R: Donde traballan os barcos de arrastre, parejas, bous, eses de Pescanova e todos eses aparellos de arrastre. Aí teñen que ir en liña.
P: Pero iso xa a fóra ¿non?
R: Si muito a fóra, pero aí fóra da nosa illa tamén, porque se van a donde hai pedra embarran e non poden traballar, perden o aparello.
P: ¿E aquí suele haber así areeiros?
R: Aquí tamén hai, aquí na ría.
P: Aí ó lado da Consela todo é...
R: Un areeiro hasta o cantil. Por ejemplo desde..., entre a area gorda e a delgada chamabámoslle nós cando había a area blanca e despois viña a outra, iso case todo hai... un... pouca diferencia hai, na pleamar todo o máis que pode haber é dous metros de diferencia, de terra aí, hasta donde están fondeados os barcos pouco máis ou menos.
P: Si, por donde están os mortos e polas bateas.
R: Esas aínda están no baixo, as bateas xa están no alto, e despois ven o cantil, que lle chamamos nós o cantil, entre o alto e o baixo, aí entón xa empeza a caír, aí xa estás aquí e tes dúas brazas e no outro lado xa tes seis ou oito.
P: ¿Vai baixando o terreno non?
R: Non. é que no cantil xa baixa.
P: Coma se houbera un corte
R: Coma se houbera un corte.
P: Un corte que fai...
R: Coma se houbera un valo. O mismo. Pero despois claro canto máis para a fóra vaias, máis agua ¿non?
P: Despois haberá outros tipos de areeiros, por San simón e...
R: e mais por fóra, hai sitios que hai máis... por ejemplo a punta da Guía, alí non hai pedra ningunha.
P: ¿Na punta da Guía mismo non hai?
R: Na punta da Guía non hai pedra ningunha, hai aquelas alí, de terra o cabrón e todo e mais a que está... pero sin embargo despois hai un areeiro que se queres vir, non con un barco pequeno pero con un barco un pouco mediano xa, se queres vir de dentro para a fóra ou de fóra para dentro, hai que levar as torres da iglesia de Vigo abertas pola Guía, que como as leves tapado, ti pensas que vas alá por fóra e vara o barco.
P: Esa é de referencia ¿non?
R: É a referencia.
P: ¿As torres da colexiata?
R: Si, unha enfilación, as torres da colexiata pola Guía, teñen que ir abertas, como vaian tapadas xa non pasa o barco, e mira que aínda hai unha distancia que parece que ¡coño e a Guia... !, pero ó vir para acá vai moito.
P: ¿E o areeiro máis ou menos que tipo de peixes produce, ou de marisco?
R: Producirá creo eu coma en todos lados, depende...
P: Se colle máis de.. porque aí ó ir o arrastre aí que traballa máis o bou neses tipos.
R: Aí xa é muita altura xa para o bou. Aí xa tiña que traballar un bou de arrastrar pola popa como unha vaca.
P: ¿E que tipo de aparellos suele usarse?
R: Aí non traballa nada.
P: Non se traballa nada.
R: Xa é moita altura, é coma se vas a traballar aí por fóra das bateas, nas bateas inda traballan os bous, pero ahora claro, porque ahora co engado do mexilón, aí atraca moito pulpo e van a comer muitos peixes, pero antes nadie traballaba por aí como ahora.
P: Non traballaban por aí.
R: Nada..
P: Polo medio da ría nadie traballaba.
R: Nada, non se traballaba, había que traballar máis por terra porque senón...
P: Que por certo aí no medio da ría ¿non hai corriente do río?
R: Ademais outra cousa. Non, pode haber cando as marés son altas a corriente é a da maré, aquí a corriente que máis traballa é a da maré.
P: ¿A do río non inflúe non?
R: A do río non lle afecta, afecta, afecta muito, pero como a da maré non é. Porque a da maré parece que non pero... eu teño experimentado porque teño andado muito no inverno por aí, por Domaio, por San Adrián polo Lazareto e por aí, ¿non? E coller vento do sudoeste alá arriba e dices bueno hai que marchar, aquí hai muito vento e non podemos traballar, e poñerse a vogar e en vez de ir para adiante irse hacia certo sitio, ibas abrigado da agua, por exemplo se estabas en San Adrián viñas hasta o Forno do Cal ¿ti sabes donde é o Forno do Cal? unha puntiña, hubo un forno alí que facían cal viva alí, ó pasar Domaio, ó pasar despois o estreito de Rande unha puntiña que hai máis para alá, antes de pasar para San Adrián, alí hai un...
P: Donde está o castillo na punta.
R: Eh, máis para arriba do castillo.
P: A punta Baliela chámabase máis ou menos por alá.
R: Baliela... xa non me acorda ¿Xunto ó castillo non? Pero non, tes razón ti, é na Baliela paréceme que é, alí é donde é o forno do cal, había un forno que facían cal viva nos aínda acordamos andar nel, non sei se conocerás ti, hubo alí en Domaio uns chavales que fixeronse todos chóferes, anduveron nos autobuses cando os tiña O Ferreiro e fixeronse chóferes do camión iban alí a axudarlle ós obreros e todos se fixeron chóferes alí cos camioneros que andaban a acarrexar a pedra para facer cal.
P: Si de prácticas.
R: E entonces viñas e como enchera aínda o mar de alí non pasabas, ah¡ pero esperabas un pouco a que o mar baixara e viñas con traballo, sí, pero viñas volado, antes ibas para atrás pero despois xa ibas para adiante, porque a agua axuda.
P: Prácticamente o sudoeste é da misma dirección que ten a ría ¿non?
R: Está. Desde a porta para vir a Ribeira de Vigo viñas a leste 5 a sur, si está a leste casi. E o sudoeste pois é medio vento máis do sur e dache de boca case, ahora o sudoeste dá a ría, ves dereito así pola ría, ou queres salir o sudoeste, sales.
P: ¿E a zona donde había carromeiros e iso?
R: A zona dos carromeiros.. o carromeiro está na pedra.
P: Está na pedra. Nos fondos prácticamente non se podía traballar.
R: Nos fondos hai eso, o pelo o esterco o verdello e toda esa, a barbela esa, a barbela que falamos tamén dela.
P: E as pedras estas que salen sobre o mar ¿a iso chámanlle cons?
R: Cons sí, son os cons. Esas salen para fóra, un con. Pero esos veñen desde abaixo, ¿eh? E despois hai outras que lle chaman as laxes que están pegadas ó fondo.
P: Si. Aí cóllese cantidad de marisco ¿non?
R: Aí hai.
P: Na laxe inda se traballa algo.
R: Algo trabállase. Según, hai unhas...
P: ¿Que laxes conoce así por aquí?
R: Hai varias porque hai que marcalas moito e non che podo dar explicación pero hai unhas aí en Rodeira, un pouquiño antes de chegar a Rodeira, que mira, prendes coa agua para a ría, quere decir cando, se rastrexas para a ría prendes e non fas avería ningunha. Casi non prende. ¡Ai! pero como prendas para o mar xa non se salva o aparello. Deben estar as grechas todas cara á ría.
P: Si inclinadas para...
R: E deben ter..., porque xa podes despois ir cando cambia a agua para zafar, porque moitas veces prendes e picas e deixas alí unha baliza e vas para sacar a rede ¿non? Para aproveitala, e en sitios aproveitas pero alí non sale, aparello que vai alí xa queda alí, deben cortar como cuchillos, débense meter alí dentro, eu non sei, non me explico, e outras téñennas para o mar outras téñennas máis ó redor, depende, e despois aí nesas é donde se crían as nécoras, críanse á altura, donde se crían os bruños, os bois grandes e todo iso, todo porque todo o mundo busca a súa casa, os pulpos tamén se meten así en laños.
P: ¿Hai meros aquí dentro?
R: Meros non, o mero é peixe de altura.
P: Peixe de altura pero dase fóra, nas rompentes fóra da illa hai.
R: ¡Ai! bueno sí, despois veñen, pero si ven é coma a rabaliza, ese tamén é peixe de altura, pero despois ven a (inaudible) (21.00) o peixe busca todo a quentura da terra.
P: Falando de peixes, onte estoume acordando de uns que deixamos atrás, que eran os patacos, as choupas e...
R: ¡Ai! si choupas pequeniñas e patacos, esos son peixes como che vou a decir...
P: ¿Son de pedra? ¿De fondo non? Mais ben.
R: De fondo. De pedra si.
P: ¿E os sargos e iso?
R: Sarguiños, sargos pequenos, pero eses son crías que veñen a criarse dentro ¿eh? É coma por ejemplo a xoubiña que ven para adentro.
P: ¡Ai! sí, o sargo vense criar dentro.
R: Si ven. Véñense criar adentro.
P: Pero non é de xarabal como as xoubas.
R: Non.
P: E parecidos ós sargos tamén son, como lle chaman... as choupas hai outros que son mui parecidos como son, a boja e todo isto.
R: A boja xa é... -A mugarda é parecida ó sargo. - A mugarda si é parecida ó sargo.
P: Mugarda chámase.
R: -Mugarda si. - si que son tamen así, é outra clase pero son da misma familia, mugarda digo eu, que debe ser da misma familia, porque son mui parecidas as mugardas, xa non me acordaba eu, ela ten máis memoria ca min.
P: E a boja esta que é migratoria ¿non? Esa non é de fondo.
R: A boja é... -Un carromeiro máis. - Aí é donde hai moito carromeiro, esa críase en fondos de carromeiro, na pedra, e o sargo e mais a mugarda tamén ¿eh? Son peixes de carromeiro. - debebse criar moito no carromeiro. Cando traen a mugarda eles saben ó carromeiro. - Comen eles. - si comen, saben o carrumeiro.
P: Si saben a maruxía.
R: -O carromeiro e traen unha cousa verde no estómago, ¿non sabes? O carromeiro. -
P: Ese vale pouco.
R: -Non se traga cando traen esa clase de carrumeiro non se traga. -
P: A boja vale pouco tamén ¿non?
R: A boja vale pouco o sargo inda vale.
P: Despois hai un parecido á boja que son máis alargados, ¿non? Un peixe parecido a boja que é un pouquiño máis alargada.
R: Non, a boja... -O buraz. - O buraz é buraz.
P: ¿E un sargo dunha choupa en que se diferencia?
R: ¿Un sargo e mais unha choupa? Da feitura e mais do color. E un pouquiño máis...
R: As choupas teñen unha mancha na cola, unha mancha negra na...
R: Teñen, se non se fija un ben non se lle nota ¿eh? Pero parece que teñen sí, o sargo é un pouquiño máis redondo que a choupa.
P: Teñen unhas raias negras así transversales no lombo ¿non?
R: O sargo si.
P: E falando de fondos ¿o fondón para que son?
R: Os fondóns son unha extensión de terreno a unha misma altura ¿non? Poñamos por ejemplo a vinte brazas vamos, ou a vinte metros, coma se queira chamar e topas un que ten a trinta, eso chámanlle un fondón.
R: Que é coma contaba antes aquí ó pasar de...
R: Eh, pero ademais pode ir por todo o nivel, desnivelando un metro, pero chega a sitios que desnivela 5 ou 6 ou 10 ou 20 entón eses son os verdadeiros fondóns, e neses fondóns é donde se cría máis todo o peixe, donde vai desovar máis.
P: E cando hai nortada, ¿cando hai ó mellor mal tempo? Aí nos fondóns practicaente, debe haber de todo ¿non? deben ser ricos porque nos fondóns...
R: Nos fondóns hai de todo. E a fóra donde traballan as parejas e buscan os fondóns.
P: ¿E aquí na ría conoce así algún fondón?
R: Pois eu que queres que che diga, eu non os conozo pero ha de haber quen os conoza, porque hai algúns, eu sei que hai algúns.
P: A altura do Cocho entre a Guía e...
R: Aí debe haber un fondón grande.
P: E debe ir case hasta as bateas, porque aí lanzando o rastre sempre colle algún palomito ou unha martilonga.
R: Nas bateas ahora están máis altas do que estaban antes, antes estaban...
PISTA 3
R: O cantil é donde empeza a vir o alto, pero despois é o que se dice, van eses fondóns, hai eses fondóns, que hai que sabelos muito, hai que ir con unha sonda para miralos, ou hai quen o sepa.
P: Así identificados na ría non...
R: Identificados non creo que haxa, pode haber, eu nunca mirei un plano da ría ¿non? Poden estar identificados porque anduveron por aí.
P: E tamén hai terrenos que son fangosos, que é todo lodazal.
R: Claro, aí onde están as bateas ahora xa é fangoso.
P: Si ¿as bateas crían fango coa basura que bota o mexilón?
R: O mexilón xa ten unha ventaxa, que a cuncha do mexilón móese enseguida, no mar moese enseguida.
P: Si descomponse enseguida si.
R: Vólvese area.
P: Area si.
R: Volvese area. E eu creo que tanto botar como botan, ahora xa non botan tanto, antes traballaban a bordo, cando desdoblaban e cando facían as cordas e ahora xa non traballan e entón xa reparten máis pola ría, como van os barcos no saliente ese que teñen, a basura que habían botar alí, antes tíñanna que botar alí porque como traballaban a bordo da batea coa pala xa tiraban todo ó mar baldeaban coa manga ó lavar a batea e xa caía todo alí, ahora non, ahora ó mellor xuntanna na cubierta do barco e vanna a ciscar máis pola ría. Pero antes aí había, ¡mimadre!, aí un ano hubo muitos pulpos aquí, e viñan de todo, viñan as botas para arriba enganchadas, ou eles dentro das botas xa hasta viñan cubertos de basura. E aquí ahora a esa comida das bateas vai todo, hai nécoras, hai...
P: ¿Non fai uns fondos de lodo, fondos fangosos?
R: Os fangosos...
P: Pouco a pouco non se vai sedimentando debaixo das bateas, ¿a comida non se transforma?
R: Ten que ser.
P: ¿Non estropeará algo o fondo?
R: O único é porque despois
P: Porque aí mira no muelle donde traballan os barcos todos e tiran a basura ó mar do mexilón e esa xa o fondo xa están...
R: Tapados.
P: Tapado todo escuro.
R: Pois aí ten que pasar o mismo, pero claro, ó mellor despois cando ven mal tempo muito sudoeste, moito vento oeste e mar vivo, vai ciscando ¿non? Ó mellor cisca por toda a ría, pero resulta que tanto hai bateas en Moaña como hai en Chapela, como hai en Domaio, como hai en San Adrián, como hai en Cesantes, e todos, marcha de un lado pero xúntase no outro.
P: Todo contribue vamos, contribúe a facer fondo fangoso.
R: Eu creo que aquí si. Ahora veñen muitas anécoras e muitos pulpos, moito peixe a comer buraces hubo un ano aquí que hasta viñan os sargos, a comer aquí a criar, hasta quedaban aquí enleados os sargos, e rabalizas, si viñan aquí, un ano viñeron os de Beluso aquí e pescaron centos e miles de quilos de rabalizas.
P: E viñan coas dornas ou...
R: Viñan coas dornas.
P: E pescaban ó currican ou con liña.
R: Con liña, case case ó curricán, poñíase un a aguantar cos remos e eles tiraban a liña con bolo vivo, sen embargo os de aquí como non tiñan bolo iban a pescar con miñoca ou con camarón e iban de noite. E hubo quen pescara ben, de noite aquí.... quen pescara ben. E eu creo que eso aí algún día chegará..., eu non sei, como non haxa mal tempo como non hubo este ano non sei o que se volverá aí, porque é muito.
P: É muita basura que vai ó mar, xa mira aquí donde están todas as cañerías eso todo xa... xa non se renova esa area, xa son lodeiras completas.
R: -Alí no Con todo é fango, hasta a parte de abaixo era fango pero tiña algunha area gorda mezclada, pero ahora chega a abaixo, a aquelas pedras de abaixo que sale un caño e fórmase unha poza aí que para traspasar de un lado para outro..., alí si que é todo fango, se te descuidas caes- Eu non sei como poden, nunca traballei aí entre as bateas, pero os que traballan ó bou aí, non sei como se poden zafar, porque é muito o que ten que haber - e sen embargo nas pedras do Con sempre hubo muito mexilón. - ¡Ai! si a cría si. Eses cando desovan ciscan a cría igual, porque ahora ti están sacando o mexilón para a fábrica ou para a venda ou para o que sea, e están gordos completamente, ven un desovo e para, desovou xa non se pode sacar, queda namais que a punta, aquela punta que teñen pegada é o que queda dentro da cuncha, o outro todo é semilla.
P: Pero as pedras do Con xa criaban antes de que viñeran as bateas.
R: Xa criaba, pero era unha cousa mínima, pero é que ahora hai por todas. - A plaia do Con desde logo era criadeiro de todo. - E por Tirán tamén se criaba algún mexilón. -Porque no Con, aí enfrente daqueles edificios que fixeron ahora, hai unha poza, que aquela non queda nunca desbarrada, chegue o mar hasta donde chegue, pero aquela poza xa lle chamaban a poza do Con. - Na Punta da Mosqueira. - Aquilo era unha poza e despois métese polo ó redor, por fóra un areeiro e ten como a modo dunha entrada para salir a agua para abaixo pero aquela poza nunca quedou.. - Aí está eso é a modo do que falamos antes, dos altos que hai a fóra. Esas pozas. -Aquí o mar cando hai unha boa maré que dicen, baixa o mar hasta o cantil hoxe. - Hasta o Cantil, porque xa non baixa máis. - Claro porque alí despois tamén é acantilado, é o cantil o que - e métese o reducio do río, aquel reducio non se tapa nunca, como te metas nel, o reducio que desemboca do río despois de salir ó mar queda aquel reducio que aquilo como caia unha persona alí xa non se move. Onde cae o río, onde para o río despois do cantil. -
P: ¿Que río?
R: -Este de aquí. - Calquera un río, cando chega que baixa o mar hasta o cantil vai levando a area no momento que o mar baixa, vaina levando porque parece que a agua que ven de un río que non anda nada, pero anda moito, ¡puf mimadre!, -había cando ibas ó mar ós lingueiróns había que ter cuidado non te meteras no gorgoso, chamábanlle o gorgoso.
P: O gorgoso?
R: O gorgoxo, donde acaba o río ¿non sabes? Iso para abaixo despois é mar todo, alí donde desemboca do areeiro, da terra, pois fai cantil fai o gorgoso aí, ¡mi má! tense metido algún home e costarlle traballo salir, muito. Porque antes aquí viñan muitos ríos, xuntábanse os ríos estes do cuartel, xuntábanse os dous ríos, este do cuartel e mais o de Pontillón, xuntábanse os dous ríos. - Inda se xuntan ahora tamén. -Inda se xuntan ahora, pero ahora están un pouco máis desviados porque... -
P: Si, esa plaia da Xunqueira é un exemplo de areeiro.
R: É areeiro.
P: Porque isto ten que andar metros e metros cando a marea baixa, para topar un metro de agua.
R: Porque está o cantil, ven vindo así, desde a pedra do... mira ben, en Tirán ti sabes donde está a pedra do Pego, miras que está ben a fóra, bueno pois para chegar ó cantil co boliche hai que dar fondo máis que de aquí ó paseo, para a fóra.
P: Para fóra da Pedra da Pega aínda.
R: Para chegar despois co aparello ó cantil. Sen embargo despois aquí, frente a iglesia de Tirán, tes que poñer a marca a Pedra do Pego ó farolín de Monte Ferro, mira canto tes que andar para terra, tes que deixar a espalda túa máis de trinta metros e mais de cuarenta, pola terra, e sin embargo despois hai que poñela ó farolín de Monte de Ferro, mira canto tes que... porque para chegar a facer enfilación con Monte Ferro tes que estar por aquí porque se estás por aí ven á illa.
P: Si porque senón non se colle.
R: Non se colle, entón tes que vir para atrás, e canto máis veñas, canto máis veñas, canto máis veñas, máis lle hai que ir dando máis para terra, porque ven a morrer mismo alí a fóra do Fiunchau, alí xa tes despois xa tes que poñer casi, casi a pedra do Pego case case a... acá a Toralla ou máis e despois xa tes que cambiar de man, xa tes que mirar aquí ó cuartel, ahora xa non se mira tanto porque fixeron ese muelle e hai que facer marcas novas, despois ó chegar alí frente ó ese donde che dixen, o chalet ese
P: Si o do Fiunchau.
R: O do Fiunchau ese cantil corta así para terra, así ¿eh? Casi recto, hasta chegar a fóra do Aferrón, o Aferrón é aquela pedra que hai ó pasar o muelle do Con, que está alí frente a plaia de detrás do Con ¿Non sabes que hai unhas pedras coa baixamar que se miran alí.
P: Donde estaba o Cú de Fada, aquel que dinamitaron fai uns anos cando puxeron a traída de agua.
R: Non, máis para alá un pouquiño aínda, o que dinamitaron é a punta do Con, porque a traída de agua veu mismo arrente ó muelle ¿non?
P: Aquel non é o Aferrón.
R: Aquel non é Aferrón, aquel é a punta do Con.
P: Aquel é punta.
R: Aquel é punta, despois un pouquiño máis para adiante están os Aferróns eses.
P: Ah! Sí, que descubre o mar cando está a marea baixa, si.
R: Pois aí ven case que aí, inda tes que... inda se larga o boliche e inda chegas á beirada, xa chegas, pero xa chegas a beirada... aboia xa no Aferrón, non o rizón, aboia, aboia case no Aferrón, e inda chega hasta a beirada, sin embargo o mismo muelle do Con case vai a raspar, xa che sobra veta, dás fondo, o rizón nas pedras do muelle e xa che sobra veta, xa hai que arriar antes veta xunta para non pasarse por fóra da beirada. Porque ó pasarte por fóra da beirada, podes pescar pero xa non é o mismo, hai que deixar que quede a boca do aparello, as bandas maiormente que non pase de media banda para fóra, media banda pola terra e outra media banda para a fóra, e despois por aquí, que se vaia escollendo porque o peixe está no cantil e vaise xuntando para que entre dentro da boca do boliche, e nós tiñamos cando andabamos aí ás luras mayormente, e díxolle "mecagoen" xa non tomamos nada, este lance fomos muito de fóra porque ó chegar o calón tiña que xurdir a boia, a corona, o corcho da boca.
P: Tiña que xurdir aínda.
R: Tiña que xurdir. Porque viña no fondo pero ó coller no calón, unha braza máis unha braza menos, pero como xurdira "este lance non falla", e non fallaba ¿eh? 5 ou 6 ou 7 ou 8 ou 10 ou 20 os que houbera, pero como che xurdira dúas ou tres brazas antes de chegar ó calón xa largaches pola terra e non tomabas nada, se te xurdía despois de ver media banda largaches muito por fóra e tampouco.
P: Tampouco, tiña que xurdir xusto no cantil.
R: Estaban elas alí ó abrigo, o peixe ponse ó abrigo do cantil,
P: ¿E por aquí tamén?
R: E por aquí tamén, non miras que por aquí tamén se larga nada máis, para a fóra de aquel sitio para a fóra nadie vai, pouco máis ou menos, non vas a ser exacto, non é unha ciencia exacta.
P: Si máis ou menos coas referencias que teñen.
R: Coa experiencia xa... porque dúas ou tres brazas non falla ou non aquela.
P: ¿E cando ten os fondos de brugal?¿O brugal que é?
R: O brugal é unha clase de...
P: De area gorda.
R: De area gorda pero que está pegada unha á outra e ten dentes, ten coma dentes.
P: Si terrenos moi calizos.
R: Si coma calizos, e entón aquilo a rede ó tirar por el vaino movendo, e vaise enganchando un a outro ¿e ti sabes o malo que é de sacar iso? Hai que rompelo senón non sale. Engruñache a rede toda, engancha nela, claro se é unha rede gorda como a do boliche ou iso xa non engancha tanto, pero se é unha rede fina como a do xeito e dos bogóns, eso como che tire o brugal vaia por Dios que traballo dá, hai quen o esmaga coas mans, hai quen o esmaga cos pes, hai quen lle dá con un pau porque iso é mui duro de desfacer.
P: E que se suele coller no brugal.
R: No brugal suelese coller... porque o peixe depende do tempo e do aquel, ademais que o brugal pode estar tamén ó lado da beirada.
P: Suele haber manchas de brugal así ¿non?
R: Hai manchas.
P: Non son...
R: Largas aquí e colleches brugal, e largaches alí e xa non o colleches.
P: ¿Sabe que teño collido eu, así rastreando na zona do Con? muitas gaibas.
R: ¡Ai! gaibas andan sí, andan polo claro sempre, gaiba no brugal e mais nos areeiros, non lle gusta muito o fango.
P: E os peludos.
R: E os peludos tamén, non lle gusta tampouco o fango.
P: Están muito no brugal ¿non?
R: No brugal e mais no... donde non haxa fango. -¿Eses non son os queimacasas?- Non os queimacasas son das pedras.
P: Os queimacasas eran negros.
R: Os queimacasas son negros e son das pedras, así que miran á xente xa escapan, e andan biru biru, parece que tocan unhas campanillas ó escapar.
P: ¿E os tesales son o mismo que o brugal?
R: Os tesales é iso que non hai fango, chámanlle tesal a donde non haxa fango. Ese é tesal.
P: Pero non e area é...
R: É area sí, pero é area máis gorda.
P: ¿Que é area máis negra ou máis oscura?
R: Pode ser os colores non os sei pero o tesal quere decir que non hai fango, é tesal, non hai fango, aí podes traballar como queiras, nin brugal tampouco, no tesal non hai brugal, ó tesal chámanlle onde non hai pedra nin fango, é area o tesal.
P: Si como esta mancha que hai aquí ó lado da Consela.
R: Si unha cousa parecida.
P: Eso solía dar margaritas e iso. Chámanlle tesal a iso.
R: Pero claro aquí por terra chámanlle areeiros e por fóra chámanlle tesal. -As sollas algunhas teñen o color de estar no fango. - Porque o peixe colle o color do sitio donde vai criado.
P: O lenguado, a solla, o bolo.
R: -O rodaballo tamén. -
P: E os rodaballos, ese teñen esa propiedade chámase mimetismo, entonces adáptase ó color de donde está.
R: O color de donde está.
P: Ó mellor venlle unha seba por riba, teñen unhas algas por riba e colle o color das algas.
R: O peixe adáptase muito ó mar de donde é.
P: E quédanos algún fondo así, quédanos algún fondo diferente dos que falamos, dos areeiros, dos carromeiros, dos...
R: Do areeiro...
P: O brugal, dos pedregosos xa falamos de case todos os fondos ¿non?
R: Dos pedregosos si. Os pedregosos son os baixos, hai que conocelos, tanto hai pola ría como hai por fóra, xa che dixen antes, pero o que hai hai que coñecelos. Eu conozo pouco porque fun un durmiñón sempre. -Eu penso que é un misterio, porque hai sitios que hai quen diga que iso foi hundido todo, non che sale. -
P: Si hai unha lenda desas.
R: Non é iso home non é así, é que ás rías chámanlle ría, porque depende do río quere decir por aquí antes eran ríos que viñan de alá de Domaio e o de Moaña, facían un río solo todos desembocaban alí pero ahora o mar veu traballando, veu traballando e fixo a ría. -Mira no monte ese indo para Domaio, chegando o monte da Borna, donde topas aquel monte altísimo que hai, alí están as pedras coma de vir unha riada. -Claro viñan polo río abaixo. -Pero aquelo non é río, aquilo era un monte Enrique. Como aquel monte non mirei ningún- Si pero é que por alí viña o río. -Era coma se viñera unha arriada con unhas pedras mui grandes, e ten unha baixada do monte que é mismo ¿non sabes donde é?-
P: É cortado todo.
R: -Sí cortadas unhas enriba de outras, coma se viñeran de altura, e o puente do latón vello, aquel puente que había naquela volta que hai, ¿Non sabes? porque aquel monte chamaba a atención porque é un monte mui alto. -
P: Donde queda Punta Moa alí.
R: Non máis para acá, tirando enfrente do latón aquel muelle que había vello ¿non sabes?, aquel que hai para abaixo pinos, que debeu ser a canteira antes xa, que fixeron aquel puente, pois aquel monte arriba, aquel ven cunhas pedras que viñeron nunha arriada, esto debeu ser... -
P: Iso ten muitos millóns de anos esas formacións,
R: É que ahora ahora xa non hai tanta agua na terra coma antes. -Coma lle chaman os canastos, o difunto do meu pai tomaba o peixe nos canastos. -Sí, por iso ven.. -Pois queroche decir a ti, non se sabe isto como é. - Mira non decían que a pedra de Rivas que era un campo, e a pedra do Pego que era a casa do Pego que lle chaman o Pego, e ahora veu o mar - En Toralla disque se hundira un que se miraba muito o mar. - era a ciudad de Troia. - Era de Troia donde estaba este Gran Hotel, alí disque se miraban unhas escalas cando o mar resbalaba muito. - Porque se hundiu alí, alí era terra, ¿pero entonces namais que se hundiu alí? -Hai que mirar as pedras que hai, empezando do Cón para alá, as pedras que hai- Claro- A Illa dos Ratos, como quedou separado.
P: Si ademais que son unhas pedras mui ben formadiñas, redondas.
R: Mui ben formadas, redondas, aquel caño de terra como quedou alí, porque non podes pasar a menos que estea o mar debalado non podes pasar a ela, e che quero decir isto todo é un misterio. E todo por Tirán todas son pedras. - Claro porque veu o mar excavando na terra María, veu o mar. - Os misterios do mundo non os sabe nadie. - Ahora non chove como antes, antes chovía muito máis que ahora.
P: Eso ó mellor ten muitos millóns de anos a formación.
R: Muitos millóns claro, e cantos millóns terá este mundo. -Despois as baixadas que hai, porque indo por detrás de este monte nós fumos eu e mais Enrique por este monte para arriba, e chegar a trás este monte topamos unha planada tan bonita alí e despois monte, é o que che quero decir, isto é un misterio. -E a planada esa non sei se non será donde están a facer o campo ese de golf. -Non me parece- Non que cadraba máis para detrás.
P: Indo para San Lourenzo no monte había unha explanada que lle chamaban o Pe do Muíño, alí en Meira.
R: Unha planada de terreno e díxenlle eu isto é como nas películas de vaqueros que viñan a facer os ranchos, mira aquí canto gando non comería nesta planada, cerrado todo. -Unha herba tan boa, tan boa. - Aquí calquera a de ir a traballar isto, de Cangas para alá xa ven Balea e xa ven todo para alá e despois chegas a Barra e non hai pedra outra vez hasta ó monte, hasta Sobrido.
P: Normalmente donde se fan abrigos foise decantando a terra, donde rompe o mar quedan as pedras ó descuberto.
R: Aí, todas descubertas.
P: Cangas e Moaña están en abrigo e fan aí media ensenada hacia adentro e quedan...
ESTADOS DO MAR
R: -Isto aquí é como unha valla. -
P: ¿Que tipo de estados, que tipo de formas suele ter o mar? O máis lóxico é ahora como está, na calma chicha ¿non? A calma chicha é cando non se move..
R: A calma chicha é cando non hai vento ningún, que está como un plato, está o mar como un plato. Calma chicha, despois...
P: É o mellor para pescar, é o mellor tempo para pescar, ¿ou non?
R: Non vaias a creer ¿eh? O peixe tampouco quere esas calmurrías, non vaias a creer. Despois hai a brisa, unha brisiña que da fresco, ¡ai! que brisa ven, despois hai máis que as brisas hai...
P: ¿As maretas e as olas é o mismo?
R: As maretas non. A mareta, as olas quen as fai é o vento, según o vento así veñen as olas, e despois a mareta son as olas pequenas, pouco vento, e mareta tamén a fai un barco ó pasar, vai con forza vai apartando a agua e vai facendo aquelas maretas, pero pasou a mareta e xa despois queda calma, eso é que o barco vai empuxando como un arado que vai apartando a terra. -Eso cando andamos no Cón, está o mar devalado, pasa ó vapor e dinde que pasa o vapor inda hai unha distancia, e ven aquela mareta do vapor e xa che trae o mar para arriba. - Claro. -O que ande no mar xa non mira o buraco nin nada deso, a mareta do vapor de donde ven, donde pasa. - si porque xa fai mareta, e canto máis vaia, e canto máis grande sexa o barco máis mareta fai.
P: Esa é a mareta e estas olas que rompen na plaia, pouco a pouco iso tamén se chaman maretas ou...
R: Según a forza que traia.
P: según a forza.
R: Según a forza, chámanlle maretas chámaselle ondas, chámanse de varias cousas, pero é a mareta claro, a mareta quere decir que é un movimiento do mar.
P: Cando ven o temporal e rompe.
R: Cando ven o temporal...
P: Tamén se lle chaman maretas ou...
R: Chámanlle golpes de mar.
P: Cando rompe
R: Ó mellor un barco vai navegando aí con x nudos de vento 12, 14 nudos ou 10 ou os que sean, e veñen esas maretas, eses golpes de mar e danlle donde non o esperaban, dices "pois foi ó fondo porque deulle un golpe de mar á proa ou na popa ou rompeulle tal ou rompeulle tumba" e o barco sempre rompe o que está fóra do mar, nunca miraches ti un barco romper co golpe de mar do casco para abaixo, da flotación para abaixo, sempre rompe pola cubierta ou polo palo ou o puente ou o que sea pero o que está entre mar e mar non lle fai daño, fai por riba, porque o de abaixo xa ampara o outro mar, porque o mar.., a agua xa sabes ti mellor ca min, é unha peza todo.
P: Si parece que ten unha energía, unha potencia.
R: Aí está.