MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· O polbo fai casa e refúxiase debaixo das pedras, grechas etc.
· A solla e o lenguado entérranse na area
· O muxo é o peixe máis porco do mar
· Para pescar o corvelo, o mellor é o camarón vivo. Para a faneca, e buraz son boas as magas de sardiña ou miñoca
· Para que a miñoca dure un día ou máis debe conservarse con area fina e seca
· Os peixes sempre comen contracorrente, por iso os patróns sempre se fixan no sentido que teñen a cabeza para larga-lo aparello
· Os chinchos e bogóns son peixes que andan moito entre augas. Relación doutros peixes
· Diferencia entre pinto e serrán
· Especies que se crían dentro da ría. Anos en que se colleu muito chincho
· Ano en que se colleu muito bucareu
· A rabaliza é migratoria. Os bolos críanse nos areeiros. Sigue a relación de peixes
· Diferencia entre alcrique e agulla
· O peixe azul distinguise do branco en que ten máis sangue
· A sabenlla non é comestible
· Anécdota de cando foi vender sabenllas a lonxa
· O arroaz ensina a comer ós fillos. Os arruaces fan muitos estragos nas redes. Parece que tiñan o vicio de romper aparellos.
· Anécdota de cando lle engancharon nas redes
· Especies que se collen durante a seca
· Anécdota de cando pescaron un congro e comeron a mitade entre 10 ou 12
· O peixe menudo é máis rico que os adultos
· A morea e perigosa, pois chega a trabar. Ten o corpo resbaladizo
· Andando ó bou, chegou a tomer muitos escarpóns
· Os demos ou fumadoras non son comestibles
· O espadín era o peixe de maior abundancia no inverno, esta case extinguido
· Peixes de inverno
· Parece ser que os chispolbos, cornos etc. desovan pouco por iso desaparece
· Diferencia entre coruxo e rodaballo
· As aves do mar: gaivota, pardela, pitorro, mascalo chirla, corvo...
· O pitorro debe reproducirse mui pouco
· Anécdota acontecida cun pitorro
· Había patos migratorios que chegaron a criarse solos
· Dende hai tres ou catro anos para acá apareceron unhas zancudas (garzas)
· Os biluricos óense chiar pola noite pero non se miran
· As labandeiras andan ás miñocas. Cando se mariscaba aparecían muitas O martiño pescador (san martiño) anda muito polas pedras
· A pardela e o mascato eran aves benefactoras que dan moito peixe. Os corvos de terra graznan de noite e ventaban a morte
· Tamén o mirar a algunha persoa podía se considerado como símbolo negativo
· O pitorro daba peixe
· Diferencia entre xarabal e almeiro
P: E así peixes máis de fondo que poida dar, o congrio tamén.
R: O congrio, o congrio xa falamos, o congrio é de fondo ademáis que é de laño, métese de laño, no laño, por ejemplo como che vou a decir, o pulpo tamén é de laño tamén fai a casa el, o pulpo fai a casa el se non ten donde meterse busca calquera unha cousa que haxa no fondo para meterse, unha roda de un neumático, un porrón, téñense tomado dentro de unha botella, téñense tomado os pulpos dentro de unha botella, dentro de un porrón, dentro de unha bota vella que cae ó mar, de calquera objeto, el fai a casa en calquera sitio.
P: Como as lorchas tamén, se collen así nas...
R: Tamén, lorchas tamén.
P: Nos cacharros, botas...
R: Tamén a lorcha tamén debe ser un peixe que busca o abrigo. Bueno o abrigo debeo buscar todo o mundo ¿eh? Todo ser viviente debe buscar o abrigo. Non sei que era o que che iba a decir, o pulpo tamén fai a cama el porque se non ten donde refugiarse busca cunchas e fai el un laño, quero decir, un laño dun pulpo, entón cúbrese con todo aquilo, e fai el mismo un niño, si non ten donde refugiarse busca o niño, e na pedra onde haxa pedras métese debaixo das pedras, porque andando a pescar a el, o que anda alí o pulpo nótase, ó mellor atacouche a liña dices ti, é pedra ah, que se meteu na grecha, pero sin embargo vas e... non, este é un pulpo, nótase.
P: E a serrán tamén fai niño ¿non?
R: A serrán fará tamén coma todo, o que é que iso non o notas porque como é un peixe que...
P: Eu téñome fixado a veces no muelle andar a serrán faino, colle con seba e cunchas e fai o niño, e métese dentro.
R: Pode ser, pódese meter, porque a solla e o lenguado entérrase na area, porque eses que andan á seca coa fisga non lle miran máis que os ollos, ¿non sabes? Quero decir que están namais cos ollos fóra, o resto está enterrado todo, e eu creo que todo o que che dixen antes, todo bicho viviente busca refugio.
P: E dos peixes que máis abundan nas beiradas, que veñen sempre coa marea para arriba, eses, temos o muxo prácticamente ¿non?
R: O peixe que ven coa mare para arriba ven todo, pero uns máis que outros, o muxo bueno, ven a embestir porque o muxo xa é un...
P: Xa se mira saltar.
R: Dispensando a palabra é un merdeiro, non come máis que basura, porque é o peixe máis puerco que hai no mundo.
P: Come todo.
R: Come todo, ese non perde nada, entonces ese ven sempre a donde hai cloacas, onde hai desembocaduras está el, e despois cada un ten a súa maneira de comer, ti vas a pescar por ejemplo corbelos e bótalle camarón, vivo, que morto xa non o queren, vas a pescar fanecas pois lévalle sardiña ou... pero si vas ó buraz leva miñoca desa, a miñoca case é para todo o peixe.
P: Para todo si.
R: Pero para o buraz é o principal, para o buraz se non levas miñoca, podes levar tamén home pero...
P: Buches ó mellor.
R: Buches de sardiña ou majas de sardiña tamén podes levar, pero como a miñoca non, tamén, non habendo máis remedio a miñoca tamén sirve.
P: A miñoca para a faneca tamén é mui boa.
R: A miñoca tamén, a miñoca é para todo.
P: Si para todo. Porque xa miras que en Vigo están a vender a miñoca. Antes viñan aquí eses a buscar miñoca que non quedou ningunha ahora xa...
P: Ahora nin miñoca queda.
R: Hai algunha aínda porque sempre se cría, pero... antes viñas aquí e en media hora levabas miñoca para tres ou catro días, ahora hai que andar medio día para coller para unha hora.
P: E como se conservaba a miñoca para tantos días, porque senón morría ¿non?
R: Morría pero escollíala toda, sacábaslle a morta e botábaslle unha area seca, non quería area mollada, area desa fina e alí estaba e aguantábase, pero non muitos días, non muitos días. Había que sabela coidar, ahora que o peixe cando ten gana de comer come calquera cousa ¿eh?
P: Ó ter fame come todo ¿E os peixes que andan así entre augas? Dende a superficie prácticamente van a comer, non hai peixes que digamos...
R: Van a comer si. Veñen a comer, o peixe ven a comer, todo o peixe ven a comer. Porque ademais outra cousa, sempre comen contra corriente, porque a comida levaia a corriente ¿non? Entón eles están, e xa comen contra a corriente, por iso a explicación que che dei o outro día, o patrón cando anda á sardiña, sardiña, xurelo e... no cerco ten que ter a vista de mirarlle a cabeza do peixe, para largarlle á cabeza, o tiro que leva, e como anda a corriente, para cercar sempre, deixarlle un pouco de rede que lle chamabamos o cabeceiro que lle ven enriba ou... ¿non sabes? para que como el está a comer para alí, entonces ti poslle aquela rede para adiante porque para atrás non vai ¿sabes? Para atrás o peixe non vai, vai sempre para onde ten a cabeza, si finca moito, como o porco, o porco en vez de andar para adiante anda para atrás pero este é ó revés, vai para adiante sempre. Porque muitas veces ó estar a pescar, por ejemplo pois pesca o de proa, ou pesca o de popa, e os outros pescan sí, pero si el pesca tres os outros pescan un, porqué, porque ven a corriente de alí e o peixe a primeira liña que topa é a del ¿non sabes? Ou a de proa ou a de popa. A primeira, e o peixe o que fai é come xa o primeiro que toma, ou o que topa para comer, o primeiro que topa xa come. ¡Coño ti estás pescando¡. Non é porque sepa máis, é que caíulle de aquela hora aquela corriente para alí, e come.
P: Que peixes son así de entreaugas, non son do fondo nin da superficie ¿As troitas por aquí había?
R: Troitas....
P: De vez en cando mirábase algunha ¿non?
R: Nos ríos hai muitas, vamos, aquí había antes había.
P: Por aquí tense mirado algunhas polo mar.
R: E despois salían ó mar, a troita vai ó mar despois. E téñense tomado tamén troitas. Ó andar aí a calquera oficio tense tomado, unha, dúas, ningunha.
P: Esas son de entre aguas non son de...
R: Son de entre aguas. Esas son de entre aguas.
P: E os chinchos e os bogóns tamén.
R: Os chinchos e os bogóns tamén, ahora que cando teñen que recollerse tamén van ó abrigo de calquera unha cousa.
P: E que máis peixe tomaban así.
R: Por aquí por dentro pois mira, chinchos, bogóns, fanecas.
P: Bolos.
R: Bolos, os bolos eses son de fondo ¿eh? Eses están enterrados na area, eses entérranse na area tamén coma a solla, eses hai que tomalos no areeiro. Fóra do areeiro tamén se toman pero é raro.
P: Si antes eu acordo coller bolos coa marea baixa na plaia do Con, escarbar na area e topar cantidad deles.
R: E por alá polo Niño do Corvo e polo Canaval ibas andando e iban escapando eles, ibas ti entre o mar e a area e ó sentirte iban eles....
P: ¿E as luras?
R: As luras iso si que é malo de saber pero eu creo que é tamén de entre aguas.
P: De entre aguas ¿non?
R: De entre aguas tamén, paréceme.
P: ¿E a pescadilla esta pequena?
R: A pescadilla é de fondo.
P: Esa é de fondo.
R: A pescadilla é de fondo.
P: Se colle con pezas, esa é de fondo.
R: Si porque ó collelas despois coas pezas é cando se levantan para comer, pero ti vas á pareja e leva unhas cadenas para a pescadilla, bueno e para máis peixe de arrastre tamén como para o sapo, e para todo iso, pero se non fora para a merluza non levaba tantas cadenas.
P: ¿E raia tense collido por aquí?
R: A raia tamén, tamén hai raias por aquí.
P: ¿Raias e sapos tamén se collen, ou sapos xa menos?
R: Sapos non, pouco, pode vir algún, un nada, pero raias sí, e canto máis pequeniñas mellor saben, esas rallitas pequenas saben... ahora fóra cóllese cada unha....
P: ¿E rapantes hai?
R: Rapantes por aquí por dentro non, rapantes é á altura, o rapante é na altura.
P: En que se diferencia un pinto dunha maragota, dunha serrán e dun...
R: Pois eu che quero decir que casi non sei diferenciar, pero diferenciase pola feitura da cabeza, pola feitura da escama, polo color da escama.
P: Si hai unhas que son máis verdosas ¿non?
R: Aí está, as serráns...
P: Son as serráns.
R: As aserráns xa son un pouco mái verdosas.
P: Valen menos.
R: Valen menos. E despois o pinto xa é tamén como que medra máis, o pinto medra máis que a serrán, faise máis grande. Colles unha serrán grande, poñamos por ejemplo é coma unha man, e colles un pinto grande e é coma desde o codo para abaixo. É máis grande, o pinto é de máis tamaño. E despois hai o...
P: O cabalucho tamén.
R: Esas son cabalas, son rinchas, esas tamén é como a sardiña, de entre aguas.
P: De entre aguas son máis ben migratorios, non son...
R: Son migratorios si.
P: Pasan, entran na ría...
R: Pasan, entran e salen, e van.
P: Migratorios como poden ser, o xurelo.
R: O xurelo.
P: O chincho é migratorio ou críase aquí.
R: O chincho é xurelo. O chincho é xurelo pequeno.
P: Si é xurelo pequeno ¿Pero críase aquí?
R: Críase, vense criar aquí. Entra a semilla, como a xouba pequena, a sardiña tamén se cría fóra, ó melllor desova fóra, pero entra a semilla dentro e críase dentro. As veces, ti non sei se terás mirado os xarabales ir algún día no vapor e fiuuu!!!
P: O xarabal si.
R: De xoubita así pequeniña. Pois é que ven a criar aquí, e despois ó ser grande marcha. Se non ven para a Ribeira do Berbés marcha. E o xurelo tamén, o xurelo máis pronto. E o chincho vense criar adentro, un ano, ¿que ano foi? Foi aquel ano que no latón fixeron muitos barcos para Cuba¿Non sabes?
P: Camaroneros pequenos destes.
R: Camaroneros. Barcos pequeneiros, eran todos pequerrechos. Aquel ano por aí por riba tomouse chincho canto se quixo, ibas alí e ese peixe, decíaslle ós guardiáns, porque en cada barco había un guardián, daquela ganaban muitos cartos, "encéndenos a luz", porque tiñan a luz de terra a bordo ¿non sabes? Encendíanche dous ou tres focos daqueles, e alí os viñan eles.
P: Viñan á luz.
R: Viñan á luz.
P: Acudían á luz.
R: Home, e facías un lance, e ibas ó muelle de Domaio estaban as luces, facías outro lance tomabas tamén tres ou catro patelas deles, ibas despois ás canteiras, alá na... en Cabanas, e ibas ás luces de Povisa, por onde houbera luz había chinchos, como houbera luz xa estaban alí.
P: Na Copiva dirá.
R: Na Copiva sí, e mais en Rande no cargadero, como houbera luz, había chinchos, aquel ano.
P: ¿E os bucareus tamén entraban?
R: Os bucareus tamén entran ás veces, pero xa moito de tarde en tarde. Houbo un ano tamén a nos unha vez, con meu sogro e mais meu cuñado eramos novos aínda no oficio do bogón, e viñamos para casa, xa de facer a noite, pero sempre se tomaba uns bogóns alí no muelle de...
P: Meira.
R: De Meira, á luz, e o non saber ¿eh? Ó ignorar aínda nós do oficio, sabiamos pouco e empezamos, e miramos "!Ai¡ como salta, como salta, canto bogón hai mimadriña, arría larga", e dáselle valo ¿non sabes? E empezamos chaf chaf, cando nisto, bucareus así, bucareus de a cuarta cada un "!Ai¡ son bucareus vinde acá a popa", e todos a ver mallar, e estabamos desmallando e eles xa santando, os outros que non mallamos xa saltando por alí, ó acabar de desmallar unha peza volvemos a largar vamos a meter pola outra, sin darlle valo sin nada, non sei se non cargaríamos o barco, estuvemos a desmallar hasta a outra vez ó acabar, larga outra vez, outra vez valo, desapareceron. Pero sin embargo si non lle damos valo estaban alí e iban mallando porque andaban para un lado e para outro, porque cando saltan é que non están quietos, e ó andar como non ten ardente a rede, que a luz tápalle a ardente da agua eles mallan coma se nada. Pero démonos cuenta despois "!Ai¡ que fixemos Dios mio, o valar", que, valamolos, claro botámolos fóra nós de alí, ibamoslle levantando a rede e despois eles escapaban, pero si non lle valaramos eles estaban alí, ó non valalos estaban sempre alí e iban mallando, inda así tomamos dúas pateiras das peixeiras deles, canto máis se non...
P: ¿E que outros peixes hai así migratorios, que pasan por aí? a rabaliza non son ¿non?
R: A rabaliza tamén é migratoria, tamén porque tamén marcha, pero xa se aguanta un pouquiño máis, porque hainos migratorios que se quedan máis, ¿non sabes? Non é coma... a sardiña cando marcha, marcha toda.
P: Marcha toda, e a pescada, a carioca igual ¿non?
R: A carioca tamén, cando marcha marcha toda, pero esas outras, a rabaliza e esa pois van e veñen, xa é outra cousa de...
P: ¿E os bolos críanse aquí?
R: Os bolos críanse no areeiro.
P: No areeiro, eses non son migratorios.
R: Eses non son migratorios, non.
P: ¿E os bogóns?
R: Os bogóns tamén se crían dentro, tampouco non é migratorio. O bogón desova na pedra, fai o apousento como lle chaman, o apousento, e alí desovan alí e críanse aí e están todo o ano aí, despois no verán veñen así por este tempo arrente ós muelles ás veces míranse pequeniños así, parecen cucharas daquelas pequenas que andan, non se lle mira namais que a cabeza e o rabo.
P: ¿E as agullas?
R: A agulla ven de fóra tamén, esa tamén é.... dentro da ría a agulla é mui rara.
P: A agulla ven como a rincha ¿non?
R: Ven como a rincha, e ven como o xurelo e ven como todo iso, si. Pero tamén algunhas quedan dentro, porque hai todo o ano dentro da ría rinchas, ou agullas tamén. Sin embargo hai os outros, o alcrique, ese non, ese non ven adentro, ese non acordo alcriques dentro da ría.
P: ¿A agulla non é o mismo?
R: ¿Eh?
P: ¿Non é o mismo a agulla que o alcrique?
R: A agulla é unha cousa e o alcrique outra. O alcrique non é máis que aquela marca, e mais ten menos espiña que a agulla. A agulla ten máis espiña.
P: Son mui parecidas entonces.
R: Son iguales, a agulla ten o pico máis largo. Ten o pico máis largo. Pero o resto a feitura é igual, non ten máis nada que a agulla desde pequena xa é máis grande, ¿entendes o que che quero decir? Desde pequena xa é máis grande que o alcrique. Miras un alcrique pequeno e unha agulla pequena e xa hai diferencia...
P: ¿Eses son peixes azules non?
R: É peixe azul. A agulla, o alcrique, a sardiña, o xurelo, ¿qué máis? todos eses son peixes azules.
P: ¿E en que se distinguen un peixe azul, dun peixe blanco?
R: Pois un peixe azul é que ten máis sangre, ten máis sangre, o peixe blanco, a merluza pouco sangre ten. Á solla case non llo notas.
P: A faneca tamén.
R: A faneca tamén ten pouco.
P: Distínguese no sangue.
R: O peixe azul é por ter máis sangre.
P: ¿Quédanos así algún peixe atrás destes que poida haber na ría?
R: Aquí da ría pouco che pode quedar, porque como son migratorios os máis deles. A lorcha, a lorcha tamén é de aquí das pedras.
P: Si, pon a mirilla debaixo das pedras.
R: Desova por dentro tamén. O camarón, o camarón tamén desova dentro. e mais desova fóra ¿eh? si o camarón tamén desova fóra, e tamén desova dentro.
P: Hai un tipo de peixe que non se come prácticamente, como é a sabenlla.
R: ¡Ai¡ as sabenllas non, esas non se comen.
P: Esas son aplastadas e grandes, veñen coma a sardiña ¿non?
R: Si son aplastadas, son máis aplastadas que a sardiña aínda, son casi planas, é como unha man, e así aplastada.
P: Máis aplastada que o espadín.
R: Máis que o espadín.
P: e mais grande.
R: É máis ancha. É máis ancha tamén que a sardiña, porque a sardiña anque ten aquela feitura, a sabenlla ven máis de maior a menor, ¿entendes? É da misma feitura pero máis ancha no medio, no medio do corpo máis ancha.
P: A sabenlla esa aparece cos xarabales comendo.
R: Esa anda tamén a comer por aí, tómanse en varios sitios, e nunca mirei eu que comeran... unha vez collemos ó boliche unha tercia delas, e fomolas vender a Vigo e había un que canta alí coma os que cantaban os... levas ti a vender e decía el ¿como lle chamou Dios mio? sabenllas non lle chamou, decir "vendo non sei que para facer parir ás preñadas", esas fan parir as preñadas, e non me acordo se as venderon ou non, se as venderon de aquel tempo todo máis que puderon dar un tercio delas foron dúas pesetas ou así, si as deron, porque daquel tempo quen quería se sobraba peixe de todas as maneiras, e iba un quilo de luras a catro pesetas, ¡fíjate ben¡.
P: ¿E os arroaces?
R: Os arroaces eses tamén é peixe de fóra.
P: Eses entraban a comer.
R: Eses veñen a comer. E ahora paréceme que están alá para arriba, no Lazareto. Eu, paréceme que andan por aí, porque as veces cando se miran vir ahora sempre os miro vir do arroaz para acá, eses mira que teñen... eses si que teñen instinto. Eses si que teñen instinto.
P: ¿Canto pode medir un arroaz?
R: Pode medir dous metros, dous metros, tres. Todo o máis. Ahora que despois teñen unha pouca de circunferencia ¿non?
P: E son pesados.
R: Bueno, ¿como non van a ser? Ha de haber algún que pesará 70 ou 80 quilos. De calquera maneira, un grande. E despois hai pequenos tamén, pero que instinto teñen, como enseñan ós fillos a comer, andan por aí saltando e como os enseñan, e andando ó mar, ó caldeo, ven o peixe ¿non? E viñan os bichos e... coa misma non caldear e marchar, e poñerse a caldear outra vez, ¡a ver temos o peixe, mirades os bichos¡. 15 ou 20 homes ou 25 a mirar, mira para aquí mira para alí, en cada barco ¡non se mira un¡, Mecangondiez, indaben non arriabas o calón xa estaban eles na cala, "¡mete a bordo! ¡Que nos van a comer!"
P: Esos facían estragos no aparello.
R: ¡Mimadriña¡, cando se daban eles por romper, porque deben ter vicio tamén como a xente, porque había veces, porque parecía que iban nada máis a romper, porque salían da cala e iban ó aparello ou era porque miraban unhas malladas ou non sei porque era, porque eu non me explico, non salían de arredor do aparello, para dentro para fóra para outro lado.
P: E como enseñaban ós fillos a...
R: Ós fillos cando van andando fanlle saltar o peixe para que o vaian eles a comer, enséñanlle a comer e enséñanlle a todo, nunha ocasión andabamos ós bogóns, eu e mais o meu cuñado Fanchuco, e andaba unha arte no Arroaz ó mar, e nós fixemos un lance, largamos alí no Arroaz de fóra, na punta, chamámoslle nós Arroaz de fóra a aquela punta que hai, e coa misma aí veñen os bichos á arte, "¡Veña!" e por fin sacáronlle se lle chegaron mui pouquiño lle puderon chegar, pero ó vir de volta deu a vida que non había peixe mallado, había 15 ou 20 bogóns por aí habería, en cada sitio seu chinchazo, coma se lle foran comendo pola rede adiante, chao, chao, chao, nen entraron nen saliron pero comeron o peixe con rede e todo. Teñen un instinto que é un caso.
P: ¿E durante a seca e entre os laños e as pedras, grechas e todo esto que se solía coller?
R: Collíase do marisco deste de aquí de dentro, nécoras.
P: Nécoras, bruños.
R: Bruños, chispolbos...
P: Lorchas debaixo das pedras.
R: Lorchas tamén debaixo das pedras.
P: ¿Anguías e congrios tamén?
R: Anguiachos pequenos e congrios pequenos, e mais grandes, o que sabía o laño, os que eran aficionados a maré tiñan unhas varillas así de largas como unhas varas de castaño, de dous ou tres metros, e na punta poñíanlle un anzuelo, un riñón como lle chamaban eles, un anzuelo grande, e os que coñecían o laño...., se estaba o congrio fóra iban e se estaba dentro enganchábanno e sacábanno fóra.
P: E as veces collíanse tamén os zafiros.
R: Os zafiros son congrios pequenos.
P: Congrios pequenos.
R: Congrios pequenos. Zafiros ou anguiachos, nós chamabamoslle anguiachos, outros chamanlle zafiros.
P: Son de color máis azulado, non son tan oscuros como os...
R: Non, son o mismo, o que é é que son pequenos e ó ser pequenos non teñen o mismo color claro.
P: ¿Canto pode chegar a pesar un congrio?
R: Un congrio, eu á pareja xa os cheguei a tomar de 18 ou 20 quilos. e mais a pescalos á liña. Collelos no saco e mais a pescalos á liña. ¡Fíjate como serían¡, que daquela nos anos 44 e 45 en Cadiz non había unha patata nin anque deras un millón por unha patata non a había, e non había máis que levar para o mar máis que garbanzos e arroz e iso.
CARA B
R: Eramos 10 ou 12 a bordo, e cortado do embigo para arriba, o rabo tirábase ó mar, e comiamos os 10 ou 12 e inda sobraba comida. Inda sobraba comida, ahora fíjate.
P: O congrio chega un momento que non crece máis, anchea ¿non?
R: Non che podo decir, eu sei que eran ben largos, aqueles eran ben largos, non sei se non terían máis de catro metros de largo.
P: Catro metros é que crecen bastante entón.
R: Crecen muito. Crecen muito pero eses son de altura ¿eh?
P: De altura si.
R: Aquí dentro da ría... o outro día colleu un o meu xenro aí nun laño que hai aí, e que poden ter eses, metro, metro e pico todo máis.
P: Metro e pico que pode pesar catro a cinco quilos.
R: Catro a cinco quilos por aí, xa é muito. Ahora eses de fóra, eu teño axudado a tomar cada un...
P: E nos laños tamén que outro tipo de... había un tipo de lorchas antes que eran así, que eran grandes, lorchóns.
R: Pode ser que medren, poden medrar home.
P: Eu na Punta da Mosqueira teño collido así algúns enormes, pero non son tan ricas como as pequenas, non son tan sabrosas como as pequenas.
R: Porque o peixe pequeno é o que sabe mellor sempre ¿eh? O peixe canto máis pequeno... os chinchos saben mellor que o xurelo grande.
P: E as xoubas que as sardiñas.
R: E as xoubas máis que as sardiñas. Pois é o mismo peixe. Os chinchos xa son para tapa, e as mismas pescadillas...., as cariocas, aquelas que dicen hai que fretilas co rabo na boca, aquelo é un piperito pero...
P: Aquilo é un manjar.
R: Pero vas a comer e nunca che afarta. Mentres que colles unha rebanda daquela merluza daquela, unha que pese tres quilos a ver, unha rabanda de aquel peixe xa comes por 50 cariocas.
P: Nos laños dase tamén un peixe que non se come, que é a morea.
R: ¡Ai¡ as moreas tamén, esas tamén se topan nos laños. Esa hai que ter cuidado con ela que traba.
P: ¿Traba? Sin embargo hai zonas que si que a comen ¿non?
R: Hai sitios que a comen.
P: Creo que polo Mediterráneo que a comen muito.
R: Por aí polo Mediterráneo paréceme que comen toda clase de peixe.
P: A morea máis ou menos fai a vida parecida ó congrio tamén.
R: É mui parecida ó congrio pero ten a cabeza de outra feitura.
P: Si, máis estreitiña así finiña.
R: Máis estreitiña,
P: Máis pequena ¿non?
R: Máis pequena.
P: Pareceme que o corpo que é grasiento.
R: Ten máis grasa, resbala máis.
P: É máis gelatinoso.
R: Máis gelatinoso, aí está. Despois claro, esa clase de peixe como non o colles non sabes moi ben como é, porque ó miralo que non é xa tiras con el ó mar.
P: ¿Antes tirábanse cos escarpóns tamén ó mar?
R: Tirábase e inda se tira pero ahora, despois... había xa quen os aproveitaba para comer, por ejemplo tomabanse moito andando ó bou por aí ou andando ó bedrines como lle chamabamos nós, tomábanse muitos aí por Tirán e había quen os aproveitaba xa para comer, a min tamén me gustan.
P: Teñen a carne algo máis dura ¿non?
R: É carne dura, pero ó cortarlle a cabeza é o que che dixen antes, non lle queda máis que a espiña do medio.
P: Si, pásalle como ó sapo.
R: Como o sapo, é verdá, non lle queda máis que a espiña do medio, pero da gusto mascar aquela... saborear aquela comida ¿non sabes? Non están malos non.
P: E as fumadoras porqué non se comen, ou demos son parecidos.
R: Non sei porqué é.
P: ¿A carne é dura tamén?
R: Non sei se é porque teñen a carne dura ou porque saben mal, non mirei comelas nunca nin nadie as comeu na miña casa, non se sabe. Porque as cousas para sabelas hai que manealas, eu sei como sabe un escarpón porque teño comido algún e miraba comer.
P: ¿Que outros peixes poden quedar así do mar?
R: Único os de altura.
P: Os de altura non, eu falo do da ría, o cazón na ría non había ¿non? Non se daba.
R: Cazón algúns cóllense pero poucos. Son cazóns... non sei se son cazóns tamén se non, é unha cousa parecida ó cazón, como lle chamabamos nós aquí a eses, bueno son cazóns pero pequenos, os grandes cóllense a fóra.
P: O marrajo ou eso.
R: Non o marrajo é outra cousa, o marrajo é parecido ó tiburón.
P: Ó tiburón.
R: Ó tiburón si. O marrajo é parecido ó tiburón.
P: Esos non se collen aquí son de...
R: Non, esos hai que collelos na altura. Eses ahora a tanta altura van que ahora van alá a Africa, ó mar ese de Marruecos, ¿como lle chaman?, non me acorda ahora o mar como lle chaman a ese. Que hai que facer a guardia, non veñen vender a Vigo, van a vender a Algeciras e a Cádiz fíjate donde están. Lévalle catro ou cinco días de camiño para alá e catro ou cinco días para chegar á terra.
P: Si o Sahara.
R: Aí.
P: O banco canario sahariano.
R: Aí van aí. Van aí ahora a pescalos, e sin embargo antes pescabanno por aquí.
P: ¿Que peixes desapareceron da ría prácticamente?
R: Da ría...
P: Un que andaba muito era o espadín.
R: O espadín ese foi un peixe que desapareceu.
R: ¿Que era dos que máis abundaban non?
R: Era do que máis abundaba o espadín, antes aquí no inverno era o peixe do inverno, andaban as artes a el namais.
P: Cal era o que máis se daba o espadín e mais a finais de inverno o bogón ¿non?
R: O bogón, si ese é peixe de inverno, e mais...
P: Algo de bolos tamén.
R: Algo de bolos, e despois ó bou, a nécora e ese era ó que se andaba no inverno. E había veces pois que entraban catro chinchos tamén xa... non no inverno de todo pero ó empezar febreiro e marzo xa viñan para dentro. Xa viñan vindo, coa primaveira xa viñan vindo, xa as corrientes dan para dentro entón xa viña a semilla e xa viñan eles tamén.
P: E que peixes se acorda máis ou menos tamén que foran desaparecendo ¿Había cabaliños de mar?
R: ¿Ai deses, os caballitos deses?
P: Os caballitos de mar si.
R: Si que había algúns sí, pero collías un de vez en cando.
P: Eu o ano pasado andando ó camarón collín tres ou catro.
R: Si pode ser, poden vir, deses había, e debe haber aínda digo eu, eu ahora como xa hai dez ou doce anos que non fun ó mar ou máis.
P: E que outro tipo de peixe que espera que desaparezca.
R: Eu non miro que desaparezca, porque bogón hai, pulpo hai, sardiña hai, chincho hai.
P: Si o que máis desapareceu foi o marisco.
R: O marisco si porque ese xa é...
P: Os chispolbos...
R: Eso si.
P: Os cornos.
R: Os cornos, pero iso críase, aí conócese que non desova tanto, ¿non sabes? E entón por iso vai desaparecendo.
P: Raias que ahora prácticamente xa non se topan.
R: As raias por dentro tamén xa son poucas, antes tomábanse algunhas maiormente raitas pequenas.
P: E lenguados cada vez menos.
R: Bueno, ahora os lenguados xa os van a buscar a fóra.
P: Que diferencia hai dun coruxo dun...
R: ¿A un lenguado?
P: Non. De un coruxo a un...
R: A unha solla.
P: Non.
R: A un rodaballo.
P: A un rodaballo iso.
R: Pois porque o rodaballo é da misma familia pero medra máis. O coruxo non medra máis que aquilo tamén, ¿non sabes?
P: E ten a piel máis áspera ou...
R: Ten un pouquiño a piel máis áspera.
P: ¿E máis oscura ou non?
R: Iso ¿quen se fija niso? Pero nótanse ¿eh? Un coruxo dun rodaballo nótase.
P: ¿E das aves do mar?
R: ¡Ai¡ as aves do mar é que...
P: A que predomina é a gaviota.
R: Aquí é a única que predomina ahora, a gaviota e a pardela, a pardela xa non é tanto coma antes, ahora despois os pitorros eses desapareceron.
P: ¿A pardela como é?
R: A pardela é como unha gaviota máis pequena pero e mais un pouquiño máis oscura, non ten tanta pluma blanca por debaixo do peito, porque a gaviota ten case, non sendo as de arriba que son grises o resto todo é blanco ¿non? Ou case todo, e aquelas non, aquelas a blancura é máis por baixo o resto é gris.
P: ¿Distingue unha gaviota macho da femia?
R: Eu non as distinguía nunca. Para min todas son unha.
P: A pardela considérase como unha gaviota pero máis pequena.
R: Máis pequena sí, e doutra maneira de voar. Sí, un voar máis lixeiro ou...
P: Non planeaba tanto como a gaviota.
R: Non planeaba tanto como a gaviota non. E sen embargo daba máis fe de mar de peixe, vamos porque cando andas a mirar, a gaviota descrubre máis ou...
P: A pardela.
R: A pardela descubre máis o peixe, á sardiña maiormente que a gaviota, porque a gaviota é vagamunda, come do que escapa ou do que morre, come aboiado, e a pardela...
P: Busca.
R: Busca, súchanse para buscar. E os mascatos, que ahora por aquí non se ven, eses miran o peixe canto máis alto vaian, canto o mascato máis alto vaia máis o peixe vai ó fondo, porque despois ven e chuuf e despois de alí a un pouco mirasno saír coa sardiña.
P: Atravesada.
R: Canto máis alto vai para coller máis forza para abaixo. Deben ter unha vista... bueno, vista tamén teñen as gaviotas, porque ti estás a mirar ahora aí e non miras unha gaviota e coa misma empezas a tirar unha maja e de alí a un pouco outra, e coa misma aí ven unha aí ven outra, todas cantas hai na illa están aí, como lle botes, enseguidiña.
P: Chaman unhas por outras e todo.
R: Chaman unhas por outras.
P: ¿E a cría da gaviota chamase chirla ou non ten nada que ver a chirla coa gaviota?
R: A chirla non, a chirla é outro paxaro tamén máis pequeno, inda é máis pequeno que a...
P: Que a pardela.
R: Que a pardela. E tamén andan muito iu iu iu.
P: Andan máis en zig-zag.
R: Andan máis en zig-zag e mais revoltosa.
P: ¿E ten o piteiro máis largo? ou non.
R: Iso si que non me fijei eu nunca, pero parece que sí, que ten un piteiriño fino máis fineiro sí, pero é diferente a chirla.
P: E aves así do mar tamén, ou o que chamamos nós un arao.
R: Os araos eses eran araos e mais...
P: Pitorros.
R: Pitorros.
P: ¿É o mismo?
R: O arao e o pitorro case case é o mismo, ou é o mesmo, despois hai o corvo de mar negro, son negros, os corvos de mar, eses collen, teñen un pescozo grande e un peteiro grande e collen unha solla e pásanna para abaixo coma se nada.
P: ¿A solla ancha?
R: Débeselle anchear a gorxa. Na illa están ó sol ás mañáns cando nas mañáns de frio póñense enriba das pedras todos ó sol e coas alas así abertas.
P: Abren as alas.
R: Abren as alas así, para que lles dea o sol.
P: Os pitorros muitas veces van nadando ¿non?
R: Os pitorros andan sempre nadando.
P: E súchanse.
R: E súchanse, ó mirar o peixe súchanse. Pero ahora hai poucos tamén, desapareceron de todo.
P: Donde hai algún é pola zona de Ons.
R: Non sei que ahora non ando ó mar.
P: Pasei por alí e hai uns cons, hai unhas pedras.
R: Eu oio falar que hai poucos, poucos de todo.
P: Tamén se fixo unha salvajada con eles, cando se iba... cando abría a veda da caza.
R: Cala a boca por dios.
P: Matábanse a centos. É unha ave fácil de matar, e iban os barcos.
R: É unha ave que produce pouco, non é como a gaviota, a gaviota inda pon cinco ou seis huevos, pero eles deben poñer un namais, e hasta non sei onde poden criar, porque non sei se crían no mar se en terra se donde crían, non sei, sempre andaban "Arc, arc" e unha vez hai un conto que había aquí un home que disque era mui chistoso ¿non? E antes non había patelas.
P: Usaban o salabardo.
R: E levaban un cesto con aro, coma eses que levaban as mulleres á Ribeira, para levar a comida e traer o peixe para casa levaban unha cesta con aro, entonces estaban así ó caldeo e estaba un pitorro deses ó costado e andaba "arc, arc" e vai el e arrancoulle o aro ó cesto e díxolle toma... non, agarrou o cesto e díxolle "toma carallo non pidas o aro solo toma aro e cesto e todo". Unha vez o difunto de Enrique, señor Enrique que era de medo, e díxolle el "voume a cagar na mitad da cona de algúns", e dícelle el "e eu no resto". E eu no resto, el decía na mitad, e el díxolle e eu no resto. Eu non o cheguei a conocer pero oín falar muito del, era de aí de Berducedo.
P: E que lle iba a decir tamén, ¿había patos?
R: Aquí hubo patos si.
P: Aves migratorias que viñan a principio da primaveira máis ou menos ¿Ou viñan no inverno?
R: e mais os patos eses que dices ti sí, eses viñan na primavera pero aquí habíaos fijos.
P: Criábanse aquí.
R: Criabaos Patricio, aí donde está a casa dos (inaudible) (19. 21) ahora, aí houbo unha taberna que era a de Patricio, chamábanlle ó taberneiro Patricio e criaba patos deses.
P: ¿E na de Primitivo tamén?
R: Non aquí, na de mar, na de José de mar.
P: Si, si na de mar.
R: Bueno. Enton... e Primitivo paréceme que tamén tiña aquí, para acá, seica tamén había tamén había, tamén, e cando iban en fila sempre iba a nai diante, e os fillos todos en fila ¿sabes? Entón xa había aquí un refrán que dice ¡ala¡ cando iban as mozas ou os mozos así un detrás de outro "!Ala¡ que ides en fila como os patos de Patricio". E había o falar ese, vamos en fila como os patos de Patricio.
P: Como os patos de Patricio.
R: Como os patos de Patricio. E poñían huevos. E poñíannos por debaixo das chalanas, había que ir buscarlle os huevos á area, había algunha que tiña manada, como non lle sabía o amo o niño e comían os huevos eles.
P: Eran máis grandes que os das galiñas ¿non? Ou máis pequenos.
R: Iso é o que non che sei. Pero debían ser máis pequenos, porque xa eles eran máis pequenos.
P: E criábanse eles solos.
R: Criábanse eles, e botábanlle de comer e despois iban a comer á area. E botábanse a nadar no mar e todo iso si.
P: E patos así migratorios, porque antes na Xunqueira sempre había algún tipo de aves migratorias.
R: Viñan, e ahora non veñen.
P: E viñan algo máis que patos ou...
R: Viñan patos e viñan outra clase, non me acordo como lle chaman. Sin embargo ahora lévase uns anos vindo aquí con estas cigüeñas que veñen aí ou non sei que clase de peixe é que antes non viñan, nunca se miraron aquí estas zancudas que veñen ahora. Antes non se miraban aquí.
P: Non se miraban non. Hai un par delas.
R: E xa hai anos que veñen. Xa hai tres ou catro anos que veñen. E sempre veñen en marés pequenas, nunca veñen cando son as marés grandes, desaparecen e volven a vir e andan a comer por aí, o outro día meteuse un con unha tamén aí xa lle berraron a xente. E as cigüeñas que viñeron a Tui mataronnas. Ou a Porriño ou aí. Tamén hai cada un, ¡que daño lle farían¡.
P: Daño ningún ¿E os biluricos, que me di dos biluricos?
R: Ai os biluricos eses eran os que che iba a decir eu, que non me acordaba, eses tamén andan coma furafollas por aí de noite.
P: De noite.
R: De noite cantaban. Non se miraban. E viñas vogando por Tirán e birubiru non sei se ahora hai se non, pero antes...
P: Esas donde aniñaban, na...
R: Non che sei.
P: Facían buracos na terra ou na....
R: Eu para min non sei donde aniñaban nin nada, eu como namais que os sentía de noite.
P: ¿Os biluricos que son como as chirlas ou máis pequenas?
R: Deben ser coma gorrións pouco máis ou menos.
P: Ten o piteiro máis largo me parece ¿non?
R: Teñen o rabo máis largo, e o piteiro iso eu non....
P: Non sabe.
R: Non sei porque eu de día nunca os miraba. Mireinos sempre de noite, sempre andaban de noite.
P: Mais ben oíannos ¿E lavandeiras?
R: ¡Ai¡ lavandeiras si muitas. Lavandeiras donde andaba terra fresca xa andaba unha ou dúas ou tres, mui rápido tiñan o...
P: Os paxaros pequenos teñen que ter máis largo.
R: Si e as patas largas.
P: Eses comen muito a miñoca ¿non? Andan muito as lavandeiras.
R: As lavandeiras andan ás miñocas de terra.
P: De terra.
R: De terra. Non che digo que como anduvera un labrador a labrar, ou a botar patatas elas xa estaban por detrás do rego, na terra fresca chau chau chau. A comer, eu non miraba nunca nada e elas sempre estaban a comer. Eles miran os gusaniños pequeniños ou como fora.
P: Pero no mar tamén hai muito.
R: Lavandeiras no mar nunca mirei.
P: ¿Non? Cando se abre a veda e cando se empeza a pescar.
R: ¡Ai¡ tamén, tamén me dixeron unha vez aquí que as miraran tamén nunha batea, dunha vez non sei quen me dixo a min, ai mirei unha lavandeira nunha batea.
P: Si míranse bastantes.
R: Pois mira eu nunca... pero por terra sí, por terra muito. Xa había un refrán que decía que se non andaba a lavandeira que non era boa sementeira. Gustáballe muito á xente mirar ás lavandeiras.
P: E destas zancudas que falara o outro día, son garzas, son aves que deberon vir fai pouco, fai 5 ou 6 anos para acá que se miran.
R: Dous ou tres anos que se mira.
P: Antes non se miraban.
R: Eu nunca acordei.
P: Cando a Xunqueira era unha lagoa todo iso non...
R: Non.
P: ¿Non había non?
R: Non, quero decir, eu tampouco me criei aquí ¿non? Eu vin aquí de 20 anos de 26 ou 27 anos para aquí, pero por alá non mirei nada disto. Nin se oía, e cando... se houbera habíase de oír.
P: ¿E conoce así algún paxaro máis ou un ave que estuvera próximo ó mar? O paxaro martiño, o martiño pescador.
R: O martiño pescador sí, ese si.
P: Ese ten un corpo mui bonito e un piteiro largo.
R: Un piteiro largo mui bonito e andan sempre polas pedras. Polas pedras de arrente ó mar ou no medio do mar.
P: Esas súnchase no mar a veces.
R: Non sei se se espichan no mar ou se non pero que téñoas mirado na punta de Rodeira xa na punta de fóra sí, teño mirado alí ós san martiños. Teñen un peito moi amarillo, moi bonito.
P: E unhas plumas que lle brillan azules, verdes, rojas.
R: Si, o martín pescador, si señor.
P: E había algunhas destas aves que foran agoreiras, que se decía que o mirar tal ave daba mala señal ou mala pesca.
R: Bueno diso hai de todo, hai de aves e hai de todo, eu como nunca lle fixen caso.
P: Había un tipo de aves que serían benefectoras ó mellor, a pardela ou o mascato xa sabía... daba o peixe.
R: Daba o peixe, a pardela e o mascato daba o peixe. E sin embargo decía "Gaviotas a terra mariñeiros á merda". Gaviotas a terra quería decir que se poñían a voar aquí á terra entón que viña mal tempo. Pero ás veces viña e outras veces non, eso dependía.
P: ¿E o corvo non era un paxaro agoreiro, non daba mala señal?
R: Os corvos había veces que decía a xente, porque os corvos maiormente os corvos de terra, os corvos de mar nada, pero os corvos de terra tiñan que se poñían nos alcolitos e empezaban de noite uho uho e entón claro e ó mellor morría unha persona e mira xa os corvos anduveron.
P: Ventándolle a morte ¿non?
R: Xa anduveron ventandolle a morte. E que cadraba.
P: Pero na pesca cando ó mellor se iban ó mar e miraban un corvo ou algo así ¿non se decía que iba ter mala suerte ou mala pesca?
R: Había quen decía, había quen de unha persona, "ai hoxe mirei a fulano xa non tomamos nada". Ou unha fulana, ai "mirei a fulana, mirei a Mercedes, xa tropecei con Mercedes". Xa tiña mala fama.
P: Era feiticeira ou bruxa ou algo así.
R: Si, e ó mellor algún por un pouco de risa e despois logo había algun ignorante que decía "e máis foi certo coño", e que ten que ver unha persona para... pero antes había iso. Muito, ¡mimadriña¡. Moito.
P: E así aparte do corvo había algunha ave máis, ¿o pitorro tamén era unha ave agoreira ou non?
R: Non, o pitorro ó contrario, o pitorro daba peixe. Si home sí, o pitorro sempre foi unha ave de moito dar peixe.
P: E os mascatos descubrían o que era...
R: Os mascatos descubrían o peixe, onde andaban mascatos hai peixe, e téñense que dar, podían andar polo aire, pero como haxa peixe xa...
P: E iso como se chamaba cando se daban, xarabal, un armeiro.
R: O mascato non facía nin xarabal nin armeiro, o xarabal chámase cando o peixe vai aboiado coa cabeza fóra da agua case que se mira entón ven a gaviota a comelo, e o mascato é cando vai profundo, entón canto... xa che dixen antes.
P: Canto máis alto...
R: Máis fondo vai. E cando máis baixo, cando se dá a pouca altura é porque vai a flote, ¿e a outra como me dixeras?
P: O armeiro.
R: O almeiro formábase moito era de espadín pero máis tamén se podía facer diferente, o almeiro formábanno as tuniñas, collían o peixe e xuntábanno todo, facíanlle cerco e alí estaba todo o peixe nun monte, e viñan as gaviotas como estaba no monte e comían, entón mirabas ¡un almeiro alá¡, porque mirabas as gaviotas a comer, pero quen facía o almeiro eran as toniñas.