MAR VIVO

ENTREVISTAS CON :

ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS

PARROQUIA DO CARMEN

· As correoles e os carrumeiros son algas de pedras

· Destreza para pescar un polbo cando se agarra a un carrumeiro

· Descrición das correoles, bochas e sebas

· Os caramuxos, lapas e arneiróns son mariscos que producen as pedras

· Un corte producido polo arneirón tarda muito en curar. Para sandar antes debe machacarse o arneirón cunha pedra

· Anécdota de cando a súa muller cortouse cun arneirón

· As peneiras e sarténs son mariscos de escasa abundancia

· O mar produce un tipo de algas encarnadas, a. xeito de esponxas que lle chaman pan de gaivota ou merda de gaivota

· O coral é a comida encarnadas da nécora femia

· O verdello son algas planas como follas grandes de verduras

· O pelo castaño é unha alga mui fina e tupida. E perxudicial para o aparello pois faise difícil escolle-lo peixe. O verdín críase nas pedras de terra

· A seba foi mui usada para as camas do gando. En Coruxo secaban o carromeiro e facían palleiros para estercar

· A bocha foi usada para sanda-las negras como cataplasmas

· Anécdota de cando lle reventaron unha negra

· Nos areeiros de fora do mar, dábanse os xuncos e cardos

· Tipos de peixes que produce o mar

· Diferencia entre o rubio e o berete

· Continua a relación de peixes do fondo

· Como se lle saca a comida a un corno de mar

· Na illa collían lapas, púñanas cara a baixo e toxos por riba. Logo prendíanlle lume para asalos

· Os camaróns cóllense con ganapán ou raste. As nasas viñeron a finais dos anos vinte. Só había as fanequeiras

· Os de Meira collían camaróns co mediomundo

· Os queimacasas desapareceron practicamente da ría

· Os felpudos e a seba tamén desapareceron

· Os demos viñan a morrer no outono. Demos ou bochas era un tipo de babosas do mar negras e con cornos

(Outro día)

· As bochas eran os demos (voz da filla Regina)

· A lenda do Buraco das Pombas en Liméns que dí cando hai mar rixo, oise en Coiro

· A pantasía de Manuel Barros

· No medio do sebal criábase o lingueirón. Cando non ten valo, sae da area ata chega a deitarse

· As redes non podían traballar nos sebales porque encronga os chumbos

· O choco desova nos sebales

· Os mexacáns son brancos como os vidros

· As molcas son estrugas redondeadas como bolas de pan pero con filamentos . Son todo auga

ALGAS

P: ¿As correolas?
R: Os correoles.
P: Os correoles eses danse nas pedras, medran nas pedras ¿non?
R: Nas pedras.
P: Non é coma... a barbela.
R: Non, eses outros non sendo a seba que é pegada na area, os outros eses todos son da pedra ¿eh? Son da pedra, o correol, o carromeiro, o que che dixen antes...
P: Os carromeiros son anchos.
R: Os carromeiros si son eses que teñen coma unha cousa ó redor.
P: Si parecen cornos que se van desarrollando como cornos de ciervos, como astas, ¿non?
R: Eh! Ó redor. -Teñen un cano gordo. - Con un cano gordo, o cano é gordo, vamos según medre. -E despois na punta aquelas largas. - Unhas follas redondas, como un paraguas pero do revés. É da feitura dun paraguas do revés.
P: Si porque cando rompe nótase que arranca a raíz.
R: Morre a raíz. Trae o cachupo coas raíces pequenas. Porque ese fai como toda a planta, ven na primavera, e está todo o verano vas por aí adiante todo, miras carromeiro, e ó vir o inverno vai morrendo, vai morrendo, e despois ven o marrixo ou o vento e arrancaio ¿non? Perde a forza da raíz e ven, algún xa ven sin folla, namais que veñen os canos.
P: Aí é malo para traballar cos aparellos porque se enganchan nel ¿non?
R: Non, ademais os aparellos na pedra xa non traballan. Xa non traballan, na pedra ningún aparello traballa.
P: Deben producir cantidade de peixe ¿non? Polo medio dos carromeiros.
R: Anda peixe, dese todo clase pequena canta hai, faneca buraz...
P: Serrán, maragota.
R: Serrán, maragota, pinto, toda esa clase de peixe, porque ese carromeiro tanto hai dentro da ría como hai fóra nas cabezas do Biduido, nas cabezas da Agoeira, nas de Carallóns, en todos hai carromeiros, e o pulpo tamén se cría por aí, ás veces neses cabesos estás buscando o pulpo e coa misma tiras por el e ven, ven, e coa misma agárrase a un carromeiro, e a piques de agarrar a un carromeiro non podes tirar, porque si tiras arría, ¡ah! Pero que fas ti, arríaslle en banda, entón el pensa que xa non, quere escapar para abaixo e despois tiras e xa non se agarra a ningún máis, eh¡ nin escapa ese xa non escapa máis, como faga esa maniobra xa non se lle bota a man, xa se lle fai así, e xa cae a bordo, como faga a maniobra de agarrar o carromeiro xa non marcha máis. Ese é seguro, débese cegar de que lle marchaba, porque ó agarrarse ti arríaslle entón el pensaba que lle marchaba a comida ¿non? E arría para coller, e dice, non ti aquí xa estás ben.
P: E os correoles eses son delgados.
R: Son delgados.
P: Parece que teñen o pasto dos carromeiros, así un pouco máis anchos.
R: Teñen as raíces igual que os carromeiros pero menos fuertes, e é do color do carromeiro tamén, pero a cinta é coma a da seba case, pero máis gorda.
P: Máis gorda e mais amarillenta.
R: e mais amarillenta, aí está, a seba é da gordura coma da lámina dun papel, non é máis, mentres que a do carromeiro xa é un pouco máis, un centímetro, ou un milímetro ou dous máis de espesor, porque a seba nada un papel, unha cinta de papel cortada, por ejemplo que cortaras así isto, pero muitas xuntas ¿non? E mui largas, largas asegún tamén donde sea, arrente a terra xa non son tan largas porque ó baixar o mar xa non medran tanto e...
P: ¿E os bochos?
R: Ai a bocha.
P: A bocha.
R: Esa está pegada á pedra.
P: Eso normalmente dase nas pedras de terra ¿non?
R: Nas pedras de terra sí, afora pouca hai. -Xa ahora hai por aquí un mundo delas -Desas crías arrente os muelles sempre hai.
P: Nas pedras que lle dá o aire, que baixa a marea, porque no interior non hai ¿non?, máis adentro da ría non hai.
R: Non, afora nunca mirei eu, non sei, pode haber, pero non creo, esa paréceme que lle debe dar o sol para que medre ou para que se pegue, esa que feitura ten, ten coma unhas cabeciñas así, non sei como.
P: Ten unhas globiñas no medio que explotan.
R: Que explotan ás veces. -Ese é moi bo abono. - É un abono para a planta de terra. -Donde se cría muito ¿sabes donde é? Nas pedras do Con. - E na illa dos ratos, todo ó arredor da illa dos ratos, todas as pedras de Tirán teñen bocha.
P: Isto antes de ter o recheo e todo esto había... ¿non?
R: -Aquí había tamén. -
P: Había cantidad delas.
R: -Alí no muelle había cantidad delas. - No muelle, en todas as pedras hai, e nestas pedras mortas que se botan, como por ejemplo como as que botaron aquí nos muelles e aí toda cría enseguida. Onde lle dea sol ó baixar o mar.
P: E no medio cría cantidad de caramuxos.
R: ¡Ai¡, caramuxos. -Hainos bravos e mansos. - Pero hai algúns que son bos para comer, vamos, cómeos a xente, que outros non valen, hai que conocelos. -Estaban a 20 duros. E ahora os bravos son máis fáciles de coñecelos polos cornos. -
P: Si que os bravos son de muitas formas e colores ¿non?
R: -Sí de muitas formas, hai tamén coma caracolas iguales eses tamén son bravos. -
P: ¿E como lle chaman?
R: -Chámanlle caramuxo bravo. - si son máis grandes.
P: Hai uns que son máis espatelados, son mui bonitos.
R: -Son máis bonitos, despois hai a lapa tamén. - A lapa xa falamos dela o outro día. -E o arneirón. -
P: Si o arneirón tamén se produce na pedra.
R: Pero o arneirón é unha cousa que non se come.
P: Iso corta muito.
R: Corta e o corte é malo de sanar ¿eh? -Mui malo de sanar. -
P: O arneirón.
R: O arneirón sí ¿E sabes como sana logo?, tes que saber donde te cortaches, e coller unha pedra e matalo, eu téñome rido, "pero como lle vai... "
P: Coma se fora unha aireada do animal.
R: -Sí do aire, hai que matalo. Eu un ano por San Martiño alí na punta onde está Don Amancio mismo, que ibamos ás ameixas alí, e escorreguei nunha pedra e rachei toda a rodilla nun arneirón, rachei toda a rodilla, mirábaseme o hueso adentro, e despois inda teño unha marca, unha tapa para arriba, e non me dei cuenta de matar o arneirón pero aínda fun a misa maior, se fora hoxe non sei canto tería que poñer naquela perna, era peligrosísimo- E amarrou un trapo e foi a misa. - Á misa maior con aquel trapo, ¡mima¡ mira que se me miraba o hueso, os arneiróns son mui malos. E si vas descalza por unha pedra dos arneiróns, ¡mimadre¡. -
P: E outra cousa que producía tamén que non se miran, era o que lle chamaban... as orellas de mar ¿non?
R: As orellas.
P: Si, que son mui bonitas. Teñen forma de orella e despois teñen uns buraquiños por riba da cuncha.
R: -¡Ai¡ aqueles chamábanlle as pineiras, pero non se crian. -
P: Sen embargo eu teño mirado, teño collido.
R: No Con pineiras hai poucas. - Pero algunhas había. -Tamén había unhas que lle chamaban sarténs.
P: ¿As sarténs como son?
R: As sarténs tamén eran así da feitura de unha sartén, e tiñan unhas raitas, eran unhas raiñas, aquelas chamábanlle sartén. E tamén, o mar tamén producía unha cousa que salía como a modo... e chamábanlle merda de gaviota, unhas cousas encarnadas que había ¿non sabes? Unha pasta, había muito, cando era o mar vivo salía muito diso, merda de gaviota chamabámoslle nós, encarnadas. - ¡Ai xa sei cal é¡.
P: ¡Ai¡ encarnadas que se liaban muito nas...
R: Eran así largas. - Eran coma unhas tiras de esponxa. -De esponxa sí, chamabámoslle nós merda de gaviota. - O pan de gaviota chamabamoslle nós.
P: O pan de gaviota si.
R: Pan de gaviota, nós chamabámoslle pan de gaviota.
P: ¿E quen o producía iso?, non se sabe.
R: Eso producíase no mar. -Todo no mar. - Pero non andaba a flote, viña abaixo.
P: Pois había un tipo de herbas tamén así encarnadas, que se enleaban muito por medio dos bochos.
R: -Despois do arneirón tamén hai o carrasco. -
P: Eran fíos así coma estes pero encarnados tamén, que se liaban muito polo medio das sebas e das...
R: ¡Ai¡ ¿como lle chamaban a ese Dios mio?
P: Eran delgadiños.
R: Eran delgadiños.
P: Eran máis malos de sacar que se enleaban muito.
R: Enleabanse muito si. -Que se enleaban ó sachar, como lle chaman, carrasco. - O carrasco non, o carrasco era como o verdadeiro carrasco coma un pau, unha planta coma a do monte, porque o carrasco do monte é unha planta, e o do mar era igual, pero ese o dos fíos era... como che vou a decir, coma unha liaza de fío que se enleaba.
P: Si si que se enleaba muito.
R: Pero non me acorda ahora.
P: As veces andando ó rastre igual se collen algúns, veñen metidos.
R: Veñen coma ó monte, pero non sei que nombre tiñan, como non se lle daba importancia, ahora que eses teñen que ter un nombre científico, pero vai ti a saber.
P: Non, un nombre popular, me interesa máis saber como lle chamaban os mariñeiros que...
R: Non sei como lle chamaban. -Chamábamoslle carrasco. - O carrasco é o que ven arrancado do mar, o carrasco ven arrancado, ten raíz. -O carromeiro era o que lle chamaban o carrasco. - Pois por iso.
P: E os corales, o que era parecido ó coral. Coral había poucos.
R: O coral é... nós chamabámoslle corales a unha clase de comidas que tiñan as nécoras e as centolas dentro, que era en vez de ser blanca era encarnada e mais duriña. -Tennas as femias. -
P: Si eses son os corales, e mais as centolas.
R: -E o pampullo chamabámoslle á semilla que ten a nécora pegada, ás femias. - O coral ese aquí non se cría ese coral, é neses mares.
P: Non por aquí non había destes son láminas...
R: Que vale tanto, ese por aquí nada, eu pensei que preguntabas... ese é alá no pacífico e nos mares de coral e todo por aí.
P: Si, e esta seba larga como follas de verdura grandes ó mellor, un tipo de esterco de algas que son planas son largas, ó mellor teñen tan grandes como... son planas, son follas verdes.
R: Esas son follas verdes, eso chamámoslle nós verdello.
P: É o verdello.
R: Aquí chamámoslle verdello, non sei como lle poden chamar noutro lado, iso críase muito coa calor, e hubo un ano aquí, aquí criou moito. - Despois hai outro que lle chaman.... máis tupido que lle chaman pelo. -
P: ¿O pelo?
R: Hai outro que lle chaman pelo, ese tamén é mui malo, que é mui tupido.
P: É mui tupido si.
R: É mui tupido e é castaño, castaño oscuro.
R: Si que ese cando vas ó camarón é mui malo de levar, que se pega nas mans, ese é o pelo ¿non?
R: Ese é o pelo. Chamámoslle nós pelo.
P: Da muito camarón pero...
R: Da muito camarón, e muito palomito.
P: Pero é mui malo de traballar.
R: É mui malo de traballar nel.
P: Porque sempre está pegado.
R: É mui malo de limpiar do aparello, malo que non che deixa salir a agua para fóra da rede, malo para escoller despois o peixe no medio del, é malo para todo, tan malo é que é para todo. Ese xa non ten perdón de Dios como dicen os vellos.
P: E este verdín que se dá nas ramas, nas pedras, que escorrega por el, ¿chámase verdello?
R: Verdín. O que está pegado á plaia... o verdello críase afora, na area, e mais o pelo, o verdín, críase na pedra, que hai que ter cuidado ó resbalar, que resabala muito. Vas coma nun patín, hai que ter muito cuidado co verdín, ese é verdín, ese nace el na pedra.
P: Si é o primeiro que nace.
R: Máis que a bocha. E a bocha tamén nace ela.
P: En dous ou tres días xa aparece o verdín.
R: Si enseguidiña, o primeiro que cría é o verdín, senón vas aí a ese aquel.... e sin embargo donde lle dá o mar donde non lle dá o mar non cría, as pedras non lle dando o mar non cría, iso debe ser unha semilla que se pega á pedra e medra.
P: ¿E que outro tipo de algas máis acordase?
R: Despois poucas pode haber máis, porque xa nombramos unhas cuantas ¿eh? Non sei se por outros mares haberá outras.
P: O que interesa son as de aquí. E iso aparte de facer abono ¿en que se usaba?, tamén me dixo que a seba que a usaban muito para as camas.
R: As camas do gando e despois xa salía abono, e o carromeiro úsanno ou usábanno tamén antes alá por Toralla e por Nigrán e por aí, viñan a collelo...
P: Por Coruxo e por toda esa zona.
R: Por Coruxo e por aí, viñan a collelo nas mareas altas, e secábanno, e despois facían palleiros coma se fora de palla, coma se fai a palla do millo ¿non sabes? Facían palleiros, e despois levábannos e en vez de ser folla ou esquime do monte ou toxo, botaban aquel, e despois salíalle un abono, ¡bueno¡, das camas dos bois, ese tamén o secaban, e cortábanlle para que non lle roera ó gando, cortábanlle os canos e non lle botaban máis que a folla esa de arriba esa que dices ti.
P: E usábase a veces en propiedades curativas, ó mellor.
R: Do mar pouco, pero de terra había muitas desas.
P: Pero o bocho.
R: O bocho poñían muito para cando había así...., porque antes había negras.
P: Negras, bisocas
R: Había curas, a negra poñíase por aquí polas muñecas ou por as pernas e despois no pescozo salían...
P: Eran uns granos gordos.
R: Uns granos gordos que había veces que estaba... unha vez andando ó mar con teu abuelo, tiña un que era aquí e andábamos a enredar e teu tío Manolo, o que foi para Buenos Aires, ¿morreu?
P: Si morreu ahora.
R: ¿Morreu non?
P: Si que fai pouco viu a muller, tía María.
R: Bueno, pois andábamos así a... eu a escapar e el meteume a man tanto apretou no outro día xa estaba san, tanto que apretou.
P: Reventoulle todo.
R: Reventou. Arrancouno para arriba, a correr ¿non sabes? Tiñamos 15 ou 16 anos cada un, el era un ano ou dous máis vello ca min, Paco era da miña quinta e el era máis vello ca Paco, e sería dous anos máis vello, máis non era. !Mecagona... ¡ Entonces claro as curas poñíanse esa a que falamos antes.
P: A bocha.
R: A bocha. Non aí, nas pernas, porque as curas viñan máis nas pernas.
P: Cortábase ó mellor e botábase.
R: Facíase unha cataplasma ¿non sabes? Unha cataplasma...
P: ¿Quente?
R: Quente, e despois amarrábase cun trapo alí e aquilo debía ferver ela ou como fora, ou chamaba e se habías botar..., porque era para chamar ó pus para fóra ¿non sabes? E se había estar co pús que lle decíamos nós "está collida". Se habías botar catro días botabas un ou dous.
P: Si, e ablandaba e reventaba o pús.
R: Ablandaba, e arreventaba e ó botar a basura fóra, a materia como lle chamabamos nós, chamábanlle antes "quei tes materia aí mimadriña", entoces botaba fóra e viña xa outra...
P: E usábase a bocha solamente para facer cataplasmas ou había outro tipo dealgas
R: Despois había outras, cada un despois tiña a súa.
P: Si bueno, eu digo do mar, porque despois en terra había centos de herbas curativas.
R: Aí está, do mar pois non recordo eu, porque claro, ó haber en terra vaise máis a de terra que a de mar, ahora que do mar...
P: ¿E para os herpes e iso non se usaban tamén?
R: Para os herpes, que era o que se usaba para os herpes Dios mio.
P: Os croques.
R: O leite dos croques paréceme que era, ou o leite non sei de que, non sei que peixe era.
P: Os herpes.
R: Pero despois, pero como non sanara el de por si, os remedios eses pouco facían ¿sabes? Os herpes eran mui malos tamén.
P: E todo eso prácticamente facían como en terra ¿non? Donde máis empezaba a crecer era no verán.
R: No vran si.
P: No vran e despois...
R: O vran cría todo, xa hai un refrán que dice, o vran cría todo.

HERBAS DOS AREEIROS

P: E os areeiros, os areeiros que estaban cerca do mar, non chegaba o mar pero prácticamente o producto do mar era nos areeiros, entonces producen unha serie de plantas, de herbas.
R: De herbas, había o xunco, que xa son as xunqueiras, tamén hai na desembocadura do Lagares en Samil tamén hai a xunqueira, hai xunco, despois había uns que son coma cactus, que había aquí donde había o talller antes de Casqueiro, donde está ahora o café ese ¿como lle chaman? o Beiramar ou... alí había uns que picaban que non podías andar polo medio, chamábanlle...
P: Tipo cardos ou algo así.
R: Cardos, chamábanlle cardos,
P: Cardos hai cantidad na Xunqueira.
R: E no monte, no monturro como lle chamaban, onde está o campo de fútbol, a parte que hai de fóra alí era o monturro, e había deses cardos tamén.
P: E había outros.
R: Porque o tendal estaba máis baixo que o monturro, ahora está igual porque rellenaron ¿non sabes? Porque antes para baixar coa carreta para ir a tender alí, había unha rambla que tiña un desnivel, non sei se non tería un metro de desnivel.
P: Ou máis.
R: Ou máis. Ti debeches acordar.
P: Si.
R: Si, un desnivel de un metro ou máis. E alí era donde era o tendal, e despois o monturro era donde che digo eu, cando eran as mareas mui grandes ou o temporal, ¡mimadre¡ hoxe monta o monturro, decíamos nós, monta o monturro, e tenno montado, pero non por aí por donde está o campo, máis por alá por donde está o jardín aquel de árboles, alí había máis un baixo e viña por alí e viña para acá.
P: Viña por alí e mais entraba polo río.
R: Polo río. Pero case case entraba máis pronto por alá. Porque o río entraba si o mar subía, pero é que alí entraba cando viña a mareta, ¿non sabes? Pero ó río non chegaba a mareta, chegaba nada máis que a agua e iba crecendo, entón tardaba máis en entrar, ahora que despois cando chegaba iba como un verdadeiro río.
P: Si, e ás veces producíanse unhas plantas, había varios tipos, pero non se acorda máis ou menos, non sabe como...
R: Non, porque non se lle facía caso ó que había, pero si o xunco, os cardos eses, e despois había herbas como hai ahora tamén.
P: A mayoría tiñan pinchos ou eran unhas herbas gordas, de talle gordo e follas gordas coma se foran da familia dos cardos ou unha cousa así.
R: Si pero claro non te preocupabas desas cousas.
P: Claro normal bastantes preocupacións tiña como para andar preocupándose desas cousas.
R: E iso apréndese de rapáz como dice o outro iso hai que aprendelo de rapáz pero de rapáz non lle fas caso a esas cousas, e despois de grande non se fala diso, despois de home xa se falan de outras cousas, non se fala diso.

PEIXES E FAUNA MARÍTIMA

P: En canto ó mar, vamos a falar de todos os tipos de peixes que pode producir o mar, entonces vamos a clasificalos, son peixes de fondo, das beiradas...
R: ¡Mimadriña! Que clases de peixes hai. Hai cantidade e calidade.
P: O fondo, o que é o fondo do mar máis ou menos, vamos a intentar recordar os que hai, a lorcha é peixe de fondo.
R: Ai por aquí peixes de fondo. Por ejemplo: a lorcha, congrio, a lorcha o congrio...
P: A solla.
R: A solla, o lenguado, o rodaballo, o escarpón, bueno eses, rodaballo e lenguado eses son dos finos, escarpón.
P: Os beretes, os rubios ¿eses tamén son de fondo?
R: Os rubios tamén son de fondo.
P: Os rubios son mui bonitos que cando se miran no mar, abren as alas de colores preciosos ¿non?
R: Hai de dúas ou tres clases. Hai rubios, hai beretes...
P: E non é o mismo. O berete é un pouco máis pequeno.
R: É da misma familia pero xa son diferentes, casi, vas a comelos son o mismo, vas a collelos son o mismo, pero xa teñen se acaso... o berete ten a ala, aquelas aletas que teñen ó lado que son mui bonitas e o berete xa é un pouco máis pardo, bueno, despois teñen por aquí unhas... a modo dunhas riscas de escamas, e tamén xa son diferentes.
P: Ó largo do corpo.
R: Ó largo do corpo, unha xa é a barriga máis blanca e outra xa non é tanto, por iso se diferencia así.
P: Eu pensaba que era o mismo o rubio que o berete.
R: Non, non, ademais outra cousa, o berete non pasa de aquela marca, por ejemplo, pode ser de dúas cuartas, pero é que o rubio pode ser anque sea de medio metro.
P: Por iso eu pensei que os beretes eran rubios pequenos.
R: Aí está, os beretes son os rubios pequenos pero...
P: Teñen tamaño único.
R: Cando son grandes son rubios, chámanlle beretes mentres son pequenos, pero o verdadeiro berete xa non medra como o rubio, medra tamén, pero non como o rubio, por ejemplo se o rubio chega a medio metro el pode chegar a dúas cuartas, ou tres ou unha, non medra máis que aquilo, claro que todos chamabámoslle beretes, é o que dices ti, mentres son pequenos, todos son beretes.
P: ¿Que máis había?, as anguías tamén son de fondo.
R: A anguía tamén é de fondo, o pulpo tamén é de fondo.
P: O pulpo tamén.
R: O pulpo tamén é de fondo.
P: ¿A faneca?
R: A faneca tamén é de fondo, o buráz xa non é de fondo, si anda ó fondo, tamén anda a sardiña, pero non é peixe de fondo, xa aboia máis.
P: E a serrán, tamén é...
R: O a serrán...
P: Tamén é de entre aguas non é...
R: Tamén é de entre aguas, pero case case se pode tratar de fondo.
P: ¿A martilonga esa.... ?
R: A martilonga de fondo tamén.
P: De fondo tamén.
R: A martilonga, xa non me acordaba eu da martilonga e cantas teño comido, a min gustábame muito.
P: A min tamén, é peixe blanco.
R: É peixe que non ten máis que a espiña do medio. Non ten máis espiña que a do medio.
P: ¿E o corvelo tamén é como unha faneca? Non.
R: O corvelo tamén é coma a faneca.
R: O corvelo é coma a faneca. Ese tamén hai que botar a liña ó fondo, pero sin embargo cando aboia.... porque claro, son peixes do fondo todos, pero despois para comer veñen arriba ¿sabes? Comen máis no fondo pero si a comida anda por arriba veñen arriba, e o choco, o choco tamén se toma co aparello do arrastre, tamén é do fondo, pero sen embargo cando é a femia ven...

CARA B

R: E amarráballe o cordel para que ó cocelo, despois el metíase dentro co cordel amarrado, e despois tiraba do cordel e salía para afora porque senón non había quen lle sacara a comida, porque nin con martillo tan duros eran aqueles cornos que nin con martillo se rompían.
P: Eses cornos...
R: E os caramuxos, había quen os comía tamén, cocelos e comelos, entón había que levar unha agulla para comelos, e enganchabas e comías coa agulla levabaos á boca.
P: E os caramuxos tiñan unha laminiña diante, que pegaba muito e era mui fina.
R: ¿Tiña?
P: Unha lámina diante.
R: Ai sí, unha lámina diante como unha chapiña, si esa era a tapa deles, cando se metían.... e o corno tamén a tiña, esa ó meterse dentro tapaba, e alí non entraba nadie, esa laminiña que dices ti tan fuerte era que non... ahora si despois...
P: Non sabe si tiña algún nombre esa lámina.
R: Non sei, non sei como lle poderían chamar, un nombre tería claro, un nombre científico pero iso había que ir...
P: Non un nombre de tipo popular.
R: Tipo popular non sei.
P: ¿Os mariñeiros como lle chamaban?
R: Non sei. O que é que claro, e esa ó cocelo había que meterlle a agulla, por iso lle metías a agulla por dentro dela para sacarlle a comida, senón non eras capáz de sacarlle a comida.
P: E en viveiros, que era o que contara a súa muller, de viveiros que se facía, croques, ameixas.
R: De ameixas e...
P: De mexilóns non.
R: De mexilón non. O mexilón aínda...
P: Dábase na pedra.
R: Dábase na pedra, e hai pouco tempo que.... Antiguamente o mexilón...
P: Non lle facían caso ningún.
R: Non lle facían caso ningún. E ahora é un marisco riquísimo.
P: ¿E as lapas?
R: As lapas había a quen lle gustaban e había a quen non.
P: Eu as como crudas.
R: E eu tamén as comía crudas, sin embargo cando antes andaba na illa ó caldeo, si non aparecía peixe ibas para terra a tender o aparello ou a facer calquera cousa, e había quen iba ás lapas, ibase ás lapas e despois traiasnas e poñíanse nunha pedra coa boca para abaixo toda, e uns toxos, que alí na illa había muitos toxos, secos, plantábaslle fogo.
P: Así, xa se asaban así.
R: Xa se asaban así. E despois ó queimarse aquelo, abanabas cunha roupa ou cunha gorra para sacarlle a ceniza, a ceniza de arriba, e xa ibas collendo a...
P: Coma quen lle saca o fuciño ó porco.
R: Xa ibas collendo a lapa así coa man e xa lle sacabas a comida, porque se as poñías coa boca para arriba, a ceniza quedaba nelas entón poñíanse coa boca para abaixo para que a ceniza non aquelara. E sabían moi ben ¿eh? A min gustábanme. E meu pai iba alí en Tirán e iba ás lapas e non quería ameixas, traía ameixas e traía lapas, e as lapas para el, e os reloxes, os reloxes con arróz, gústabanlle que era unha barbaridad e eu non me entraban, nin na casa os demais tampouco, el nada máis, sin embargo as ameixas con arroz ou as cadelas coma queira que fora encantado da vida, pero os reloxes non, e a el gustábanlle os reloxes.
P: ¿E os camaróns como os collían, con nasas?
R: Os camaróns co lastre. Co lastre ou co ganapán, co ganapán polas pedras ó redor dos carromeiros, vaslle botando e aí en Tirán hai unhas pedras que teñen unhas grechas entón poslle o ganapán por un lado e cunha varilla, cunha bimbia ou calquera cousa vas buscando e van indo para o ganapán, que donde hai os máis grandes é aí nesas pedras. Pero ahora dende que viñeron as nasas lárgannas por todos os sitios.
P: Si ahora por riba das pedras todo non queda nada.
R: Porque as nasas van ás pedras.
P: ¿Antes non había nasas de camarón nin de nécora?
R: Nada, nin nasas de camaróns nin de nécoras, as nasas viñeron polos anos 28 ou 29 ou por aí. Antes non había, antes deses anos non había. E empezaron alá por Cabo de Mar ou por alá.
P: Nin para o choco.
R: Nin para o choco, nin para nada. Había sí, unhas para as fanecas, pero eran feitas a propósito xa, gastábannas na Ribeira de Vigo esas iban á fanequeira e poñíanlle dentro unha maja calquera, e entraban e xa non salían. Esa era a nasa da faneca, pero de camarón, nin de nécora nin de nada diso non había, e do camarón empezaron despois da nécora ¿eh? Porque miraban que algúns camaróns collían, entón despois dixeron, eh! Nada ¿Antes sabes como se collían camaróns muitos? Os de Meira con mediomundo, un mediomundo deses pequenos, andaban coma os que traíamos nós para os caranguexos iban por aí arriba por San Adrián, por Domaio e por Lazareto e todo por aí traían moito camarón, pequeneiro porque o camarón de aí por riba é un camarón así pequeneiro.
P: Si de ríos e todo son...
R: E traían muito camarón. Hai un que lle chaman o Caimán de Meira chámanlle o Caimán que ese fíxose riquísimo, ó camarón namais. Pero foi o primeiro que anduvo por aí arriba, traía os fletes del, canto camarón quería, e polo regular como traía xa a rede dos mediosmundos era laxa pois xa non lle quedaban nada máis que os grandes, xa non tiña que escoller nada, xa así como abocaba xa iba para o saco para vender.
P: Si, e falando do tipo de marisqueo que desapareceu, marisqueo tanto de patas comestible como non, de patas ou de area, os queimacasas prácticamente desapareceron.
R: Os queimacasas, desapareceron e mais non se comían tampouco.
P: Non se comían, era un caranguexo cuadrado, negro, estaba muito nas pedras aquí detrás da plaza había toneladas.
R: ¡Uf! ¡Mimadriña¡, e por aí por Tirán, e ahora non se miran tantos.
P: Non se miran.
R: Por Tirán había.
P: ¿Porqué desaparecería?
R: Non che sei.
P: Algunha comida que eles...
R: Algo, pudo ser...
P: Porque é raro, todos os queimacasas.
R: Si, os queimacasas desapareceron todos.
P: Ahora topa un de vez en cando por alá por fóra, tirando para Udra, para Aldán.
R: Si pois aí en Tirán había, como tiraras unha maja alí xa viñan douscentos.
P: E que máis que desapareceran, os cormos quedan poucos tamén.
R: Os cormos tamén poucos se deben tomar ahora, antes inda se tomaban ó bou algúns, de vez en cando, á ardora tamén.
P: Si á ardora teño ido.
R: Cando se traballaba no oficio baixo a achar por ejemplo fóra de Samil ou fóra de Barra ou así, no sitio que calaba o aparello, tomabas algún tamén, e ó bou por aquí tamén se tomaba algún, aquí polas plaias.
P: E os patelos e o felpudo, ¿o felpudo non tiña outro nombre?
R: O felpudo non creo que tuvera outro nombre.
P: Sempre lle chamaban así.
R: Ese tamén desapareceu algo tamén.
P: Era marrón era tamén tipo boi pero máis peludo.
R: Máis peludo si.
P: Era peludo.
R: Si, tiña pelo maiormente aquí nas patas gordas, aquí no muslo de arriba porque sabes que as nécoras teñen o lado das tenazas e mais o outro, e eles tiñan o pelo na parte do corpo.
P: Iso habíannos muito por debaixo das pedras tamén, cando na agua seca.
R: Debaixo das pedras, debaixo das... si. Desapareceu moito peixe de aquí, e antes aquí había a seba, eran unhas algas que lle chamaban as sebas, desde a pedra do Pego hasta alí afora á punta do Con, todo era un sebal, e aquí desde a pedra de Cousela hasta chegar ó río, tamén todo eran sebales, e foron desaparecendo.
P: Desapareceu ¿a seba como era, era de distintas formas?
R: Era coma sebas, pero cuadradas, quero decir, planas.
P: Planas si.
R: Non eran redondas, non era talla redonda, era talla plana, e aí era donde desovaba moito o choco, aí desovaba, porque a semilla do choco pégase, e despois quedan como unhas bolsiñas negras e de alí sale o choco, ó estar cumplido sale. Aí criábase muito choco, muito muito. E desapareceu, hai unha planada dela ahora aquí, ou había cando terminei de andar ó mar, aquí na canteira, ¿non sabes que hai un muelle caído? Un muelle roto para un lado e despois outro donde cargaban a...., pois alí, xunto o caído pola parte de dentro hai unha planadiña aínda bonita, ou había de seba, había tamén despois dúas ou tres manchas alá en Rodeira polo mar da punta do Niño do Corvo, pero xa máis pequenas, máis pequenas.
P: Si antes de falar deso da flora do mar, o que é a flora quedaba atrás ¿Que tipo de marisco ou crustáceo destos que eran os demos. Os demos normalmente aparecían cando viña o outono, son feos eles, que están cubertos por unha...
R: Sóname a min esa palabra do demo.
P: Son feos, pequenos coma se foran babosas do mar, que teñen uns cornos e que botan coma se foran fideos.
R: Si home si ahora doume cuenta.
P: Que botan coma se foran fideos.
R: Son negros ¿non?
P: Negros.
R: Espérate, ahora si que me meteches nun compromiso, eu paréceme que sei o que eran pero non sei explicalo ahora. Eses...
P: Eses aparecían case sempre polo outono.
R: No outono ¿non? Pode ser.
P: Entonces viñan cubertas por un... aparecían aboiados en terra cantidad deles que deben vir para terra a desovar ou...
R: Si ó mellor morrían coa agua dulce. Poden morrer coa agua dulce.
P: Teñen a piel por fóra coma se foran iso, lesmas, babosas. E teñen uns cornos pequenos.
R: E son negros.
P: Negros si.
R: Con uns cornos grandes ¿non? E unha cabeza ancha. Si paréceme que me dou cuenta eu diso. Pero non sei explicar ¿eh? Parece que me dou cuenta pero non sei explicar.
P: E logo soltaban que era coma se foran fideos.
R: Non che podo decir. Iso non cho podo decir. Pero sei que ahora me dou cuenta de que había algo diso.
(corte-outro día)
R: Son lesmas, <As bochas son lesmas. >
P: ¿Como lle chaman?
R: <As bochas. Aquelas que son coma bochas. >
P: Bochas negras si.
R: <Negras e teñen os cornos, esas non son lesmas, non lle chaman lesmas, as do mar non lle chaman lesmas. > Entón que son. <Son coma bochas. >
P: Nós chamámoslle demos aquí ¿non?
R: <Non sei, pero é coma unha bocha gorda ou sea unha cousa gorda con cornos, con unha cabeza, é como o caracol pero de carne todo. Pero máis grande>
P: Carne como as lesmas.
R: -¿Como lle chaman?-
P: É agrimosa ¿non?
R: <Sí, é agrimosa. >
P: Despois soltaba coma se foran fideos.
R: <Esas, non sei como lle chaman. >
P: E viñan a morrer á plaia.
R: <Viñan a morrer aquí. > Viñan coa maruxía, co mal tempo a terra.
P: Si hai muitas.
R: <Miña abuela contaba que chegaba a Bueu e que antiguamente que a usaban cando viñan os barcos a asaltar e iso. > Os bandoleros. <Os bandoleros e aqueles. >

LENDAS

P: Os moros.
R: <Os moros, bueno, a todos lle chamaban moros, e disque a usaban para agacharse para pasar po outro lado e contaba así eu teño oído contar a miña abuela. >
P: Si había quen decía que chegaban a Cabo Home, outros que chegaban a...
R: <Cada un debe contar a súa historia. >
P: Hasta a Cova da Londra en Tirán.
R: Tamén dicen que hai en Liméns, hai unha buraca que lle chaman o buraco das pombas, e disque cando é mar rizo que se oie en Coiro, non sei que parte de Coiro, cantar o mar. Dende Liméns ten que atravesar todo o monte de Aldán e todo Darbo hasta Coiro xa ten... que xa é unha carreiriña dun can. <Son historias todas pero ninguén sabe a verdá, cada un conta.... as conta á súa maneira. > Según lle contaron a eles.
P: Claro pero e a tradición.
R: Alguén puña unha palabra máis.
P: Si sobre todo cando topas con unha persona que ten muita inventiva, e confunde o que é a.
R: <Si oe a Manolo o Ferreiro entón xa... > Manolo Ferreiro ese tamén canta, ese tamén sabe...
P: Manolo Ferreiro porqué, porque sabe muitas ou inventa muitas.
R: -Sabe- <mi madre conta historias de canto aquel hai, mimadre ese home.... Debe saber moitas> De todos os de Meira cantos hubo sabe que era un fuerte a Peregrina que era outro fuerte e despois que poñía as (inaudible) (17.54) alí e que lle quedou o nombre, <e disque os Perez todos son descendientes dos judíos. >Si que todos os que son de apellido Pérez que todos son descendientes dos judíos.
P: ¿E quen é ese home?
R: O Ferreiro, Manolo o Ferreiro, o... <O Barros, o que tiña antes os autobuses ¿non sabes?, os primeiros autobuses que hubo. >
P: Ai os Barros, si.
R: <Aquel home mimadriña conta muitas historias así desas. >
P: Pero ese home ten muita fantasía. Exagera moito.
R: Fantasía ten. -Tamén che contou a ti que en Meira había muitos rubios. - Pero nunca falou unha palabra, polo de pronto ten razón, mira, as mulleres de Meira para preguntarche polo home nunca che dicen "¿miraches o meu home?" Dícenche "¿miraches o noso home?" E teñen esa costumbre ¿eh? Porque de primeiro non me daba cuenta, pero despois cando me falou esa palabra, que sempre a conversación era no banco azul ¿non sabes? Dixen eu ten razón que a min xa non é unha sola a que me ten preguntado, e que empezaron en San Adrián.
P: Os vikingos.
R: Os vikingos, ou non sei, uns deses dos que viñan antes, e que empezaron en San Adrián asaltando, e que todos escaparon para o monte grande e todos levaron ás mulleres, non sendo os de Meira que escaparon eles solos e que quedaron, entonces que viñeron os vikingos e que empreñaron a todas as mulleres, e de aí que veu a raza dos vikingos, porque en Meira hai muitos roxos, e todo ven desa raza dos vikingos.
P: O outro día estaba falando da seba, que había manchóns de seba.
R: Non, non eran manchóns, eran sebales, eran sebales enteiros. -Na illa dos ratos había moitos. - Había moitos.
P: Aquí había moito, a seba que era coma se foran follas de verdura grandes ¿non?
R: -Non. - E como unhas trenzas. -E estreita así como unhas herbas. - Son coma trenzas. -Coma trenzas si. - Ti miras unha trenza dun género, un género cortado en tiras finas, todo máis tan anchos coma este dedo, pero largas. -E tiñan unhas raíces... - Tiñan unhas raíces, metíanse no mar.
P: Esa é a seba.
R: Esa é a seba, esa nacía na area.
P: E son coma trenzas, como fios que... filamentos que iban para arriba.
R: Medraba. Sendo eu rapáz, en verano ibamos a arrancala, secabase e facía un estrume para o gando do mellor.
P: Para abonar.
R: Para abonar e para estrumar, para facer de cama.
P: ¿Para facer cama tamén?
R: Para facerlle de cama ó gando. -Había unha máis delgadichiña. - Esa delgadichiña non servía, esa hasta era pequena, era pequena. -na illa dos ratos chegaba ó Canaval. - Toda a plaia do Canaval estaba desde a Illa dos ratos hasta aquelas pedras do outro lado, todo era sebal, e criábase tamén o lingueirón no medio del, e iba ás veces, claro como o lingueirón daquela non tiña valo salía para arriba ¿non sabes? O lingueirón a repunta sale para arriba, ponse non tendo valo, quero decir, quen lle estorbe, queda a mitad, algún túmbase na area, sale do buraco sale para arriba, e ibas andando polo medio daquela sebas e ás veces poñíaslle un pé arriba e cortábanche os pes. Había cada lingueirón daquela que mataban un home, -Aquí había na pedra de Cousela tamén algunha, pero nos Ratos era muito. - E aquí tamén había, dinde a pedra de Cousela hasta alá adiante, entón eu non teño ido ós caranguexos e ter que andar por ela. Ahora na illa dos ratos e afora, desde a pedra do Pego hasta a punta do Con todo era...
P: E iso criaban muitos peixes ¿non?
R: ¡Mimadriña¡, alí era... porque ademais tiña unha cousa, que muitos aparellos non podían traballar nela.
P: ¿Na seba?
R: Na seba, porque tan fina é, que ó vir o plomo encronga, quéroche decir, envólvese á rede, non sei como fai encrongaba, e non podías estar nela, había que traballar polas beiradas, si te metías ó medio non podías traballar.
P: Como se arrastrara, como se non deixara avanzar o plomo ¿non?
R: Encrongaba, facía unha veta da banda do aparello que fose, rapeta, bou... ¿sabes quen traballaba? Os bous de vara, eses sí, os que che dixemos o outro día, que lle chamabamos os vedrínes.
P: Bedrines eso que é.
R: Bedrines é un bou pero que tira solo por unha veta, entón como levan a vara así, sempre vai aberta e non deixa encrongar, ese era o único, pero non botarse muito ó medio ¿eh? Porque se se botaba ó medio xa trataba de envolcala tamén, e a liña dos pulpos nada, tamén polas beiradas, porque senón tapabaa e o pulpo non miraba o caranguexo. O peixe alí criábase muito, o choco era donde desovaba máis, ahora non, ahora vai a unha rama de pino que tope no mar, vai a un cacho de veta, vai así. -¿Non lle chamarían boleiros a eses?- Ó qué, ¿as lesmas esas? ¿Ou as demas esas?
P: Boleiros. Tiñan forma de bolo, podía ser.
R: -Eu paréceme que era no medio do corriolo ese. - Viñan así, si ahora xa me dou eu cuenta, ahora non me acordo como lle chaman.
P: Nós chamábamoslle demos, porque eran como demos. Como tiñan cornos e eran negros.
R: Eran negros sí, tiñan cornos e eran negros, ahora tamén xa me dou eu cuenta.
P: ¿Eses non sirven para nada non?
R: Para nada, todo é agua, ó secar despois non queda nada.
P: Non tiña cuncha nin nada.
R: Nada non tiña cuncha ningunha. Todo era piel, e así que morría xa non era nada. -Era así por abaixo e o lomo por riba, pareceme que lle chamaban boleiros, viñan no medio do esterco. E despois tamén había os mexacáns que lle chamaban mexacanes, aqueles mexacanes que había. - Ai, eses eran, como che vou a decir eu, pero non é marisco, é marisco pero non é comestible, era coma...
P: ¿Que se pegan ás pedras?
R: Pegábanse ás pedras e apretabasnos así. -Eran blancos, eran como o color vidrio. - Eses eran blancos, eses chamábanse...
P: Chámanlle anémonas de mar pero.
R: Nos chamabamoslle mexacáns.
P: Ou pixa de rei tamén ¿non?
R: Non as pixas de rei eran uns peixes.
P: Peixes coma serráns máis alargadas. Máis alargadas e con un color así encarnado.
R: E color encarnado, esas eran as pixas de rei. Pero os mixetes eran así con un color como de goma, -color vidrio. - color blanca pero...
P: Tiña cantidad de tentáculos de coloriños, cando abrían no mar facían mui bonito.
R: -Despois tamén hai as molcas de mar. - Ai bueno as molcas. -Son redondas. - Espérate, pero como lle chaman... -Serán esas que di el. - Que pican ¡oh!
P: As molcas ¿que é a estruga de agua?
R: Non. A estruga é peixe, é coma unha raia, a estruga é coma unha raia, esas que che digo eu que andan aboiadas.
P: A medusa.
R: A medusa.
P: A medusa, o que é a estruga, que produce unha urticaria, chámanse molcas.
R: Molcas, esas as molcas.
P: Pois eu chámolle estrugas.
R: Non é estruga.
P: ¿Non?
R: Non, a estruga é un peixe, ó que lle chamamos nós estruga. -Esa tamén estruga. - Bueno, pica, pica na piel, pero non estruga, a molca esa a...
P: A medusa.
R: A medusa, pon granos ó mellor.
P: Si produce urticarias. Esa é toda de agua, é o cen por cen agua.
R: Toda é agua.
P: E ten uns filamentos...
R: Si, según como sea ela. Hai veces que non pica, colles e tiras ó mar, pero hai veces que namais estar...., tomábanse muito andando ás luras, en Samil e así, habendo calor tómanse moitas, e namais que a estar a escoller xa picaban os ollos, pero a estruga é un peixe, que se lle metes a man dache corriente como eléctrica.
P: E é parecida á raia dice.
R: É parecida á raia.
P: ¿E había algunhas, tomábanse algunhas?
R: Buf, cantidad. Según donde traballaras, e cómense ¿sabes?-Teñen unha sustancia- Teñen partes que se comen e partes que non, pero a parte que se come... e as veces arreglala de morta inda lle da... -Ten coma unhas alas, e hai que sacarlle a piel de arriba a abaixo. -
P: É igual que a raia vamos.
R: E outra cousa, á raia rascasna e quédalle piel, a esta non.
P: Faille coma un cazón ¿non? Hai que esfolala coma un cazón.
R: Haille que facer coma o cazón sí, -E despois queda coma unha paloma, con unhas alas. - E nas alas esas é donde estrugaba. Sin embargo collíala polo rabo e como estaba colgada non podía...., había que collela polo rabo, pero si non a mirabas e ibas a meter a man no medio do esterco que viña e como che dera...
P: Daba un calambrazo bo.
R: Coma se fora unha corriente eléctrica. -¿Non sabes o que se collía muito nesa seba? A semilla de choco. - si xa lle estou decindo eu que estaba pegada a semilla do choco, a semilla de choco na seba sí, era donde máis se criaba. E despois hai, na seba ten o carromeiro, bueno o carromeiro ese xa o conoces, despois ven a barbela, unhas que son como plantas tamén, como plantas de terra, se parece a... -Á xunxa. - A xunxa non, a xunxa é máis pequena. -É así, é unha cousa así. - Pero a barbela ven medrando... -¡Ai¡ a barbela negra aquela, a barbela ven encanada unha noutra, é larga. - A negra, son largas, e despois hai..