MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· O peixe de talla pequena vendíase por centos ou milleiros
· Venda do peixe salgado
· No Real había unha salazón
· A preparación dos arenques (arengues)
· Na Praia houbo un almacén e fábrica de conservas
· Non había contratos.
· As normas do reparto económico partían dunhas "Bases de Traballo" que se fixeran cos sindicatos republicanos
· A Bajada e a Tirada entraban no changüí
· A diferencia entre os escabicheiros e os do pau. Os primeiros abocaban o peixe na fábrica e os do pau eran quen portaban os queixóns Deducíanse os gastos xerales do recaudado e logo repartíase según a norma
· A maioría dos barcos andaban ó medianil agás os grandes que andaban a 20 por 24 partes
· Dentro do sistema do reparto, os chalaneiros tiñan un incentivo maior.O patrón cobraba do armador
· Houbo unha temporada que non había rapaces e tiñan que face-la función os propios mariñeiros. Anécdota dun home que facía de rapaz
· Anécdota de cando colleron cen cestas e un mariñeiro protestaba porque levaba pouco de quiñón
· Non había un mínimo garantizado. Se non pescaban non cobraban
· O reparto do changüí era diario, sempre que houbera
· Anécdota que lle pasou en Cangas no reparto do changüí durante o Movimiento
· As ganancias de anda-lo caldeo repartíanse os sábados e os da ardora ó fin do escuro
· Os pagos facíannos no casete
· Houbo unha temporada que vendían directamente a fábrica sen pasar pola lonxas.
· Anécdota de cando foi cobrar a varias fábricas
· Anécdota de cando foi cobrar a Vigo recen iniciado o Movimento
· Poucas veces se pagaba nas tendas en especies Anécdota dunha casa de Vigo que daba comidas e cobraba por "ollos" de aceite
· O lingueirón era marisqueo de a flote. Antes non había croques
· As ameixas fan buracos diferentes na area.A fina fai tres separados. A cadela fainos xuntos e o croque xuntos e pequenos
· Cando o mar ven de repente para arriba dícese que o marisco abre o buraco e o lingueirón e ameixa soltan a auga que teñen para renovala
· A ribeira aféctalle os cambios de tempo
P: Quedaramos nas medidas e nas pesas que había.
R: Nas medidas e nas pesas.
P: Non lle acorda ningunha máis.
R: Non. Non había máis, despois da medida da cesta e mais do queixón, daquela había o cento ou a ducia, por ejemplo o peixe pequeno e o bogón vendíase por cento, ou por milleiro. Viña unha muller e decía bótame catro centos ou bótame cinco centos, ou bótame un milleiro, ou bótame dous, iso depende despois.
P: E si era peixe seco era igual.
R: Peixe seco ó mellor había... o pulpo vendían os remitentes, alá tiñan os seus, diso non sei porque nunca.
P: As sardiñas secas e iso
R: As sardiñas secas non sei non andaba.
P: ¿E o congrio e anguila secábase tamén?
R: Ese tamén eles aquí non se comía iso.
P: Non se estilaba iso.
SALGA
R: Non se estilaba. Non, despois tiñan eles, coma por exemplo peixe salado vendíase na plaza, por ejemplo había casa que salaban unha cesta ou dúas de xurelo, e despois no inverno iba vendendo, pero vendían na plaza aquí por ducias ou por... tamén por pezas, a tanto cada xurelo ou cabalas, salaban cabalas tamén, a cabala salada tamén está mui ben e vendían, pero despois si eses que mandaban para fóra para Barcelona ó mellor podían ter alá os seus trapicheos, nós non. Aquí antes o que viña era salado era o arenque, a sardiña metíanna como viña do mar, en vez de ir para a fábrica, para a mesa, iban para o salazón que eran os verdadeiros almacéns, o portal do almacén, o nombre de portal de almacén, é que había aí unha salazón, e chamábanlle almacéns ¿non? E a finada da miña sogra ten, na illa tamén hubo almacéns deses, salazóns deses, e cando contaba contos de ir e vir, decía ela "Ibamos traballar ó almacén da illa levábanos un barco", o almacén da illa e o nombre do portal do almacén ven porque aí ¿ti nunca te fijaches na entrada que ten abaixo? Cando se vai para alí, enfrente había como un alpendre e había así como unhas pedriñas pequenas alí era donde estaban as prensas.
P: Donde no...
R: No Real.
P: No Real.
R: No Real, ó entrar polo aquel para arriba hai un muriño así e ahora non ten tellado.
P: Eu sei que abaixo, o que é debaixo da casa do Real.
R: Nunca estuven debaixo.
P: Debaixo había como uns silos grandes na terra, ó mellor era...
R: Os pilos.
P: Os pilos.
R: Eran eses.
P: Ah! Aí si había.
R: Aí era donde salaban, viña o peixe do mar e salábanno alí, facían unha moura.
P: Eran enormes, eran como piscinas grandes.
R: Claro, había pilos deses que levaban máis de cen cestas.
P: Eran enormes coma se foran...
R: Máis de cen cestas levaban, entonces facíanlle unha moura ¿non? Unha moura que era agua e sal, e revolvían e aqueles grados de salubre eles marcaban fora con termómetro ou... tiñan unha cousa para medir os grados de salubre que lle daban, outros disque con unha patata, cando a patata aboia xa xa estaba a moura ben feita, despois había experiencias, bueno, entonces iba alí, e despois cando había pedido ou cando era empezar a escoller, había uns cascos que eran redondos, que facía un carpinteiro, xa tiñan eles.
P: De madeira si.
R: Cascos de madeira, de madeira de pino, con fondo e despois a tapa non, pero a tapa poñíanlla despois, e uns arcos de madeira tamén ¿non? E iban as mulleres, sacábanlle o peixe para arriba e poñíanlle a escoller, e iban poniendo un por un así todos igualitos ¿non sabes? todos ó redor, e por ejemplo podía levar un cento ou cento cincuenta ou así según a medida do casco, o diámetro do casco e a altura e todo iso.
P: Esas prensábannas.
R: E despois prensábannos, prensábannos que despois para sacar un arenque de alí había que movelo ben.
P: E cando prensaban salíalle toda esa...
R: A salitre toda, todo eles quedaban secos.
P: E tiñan un color coma se estuveran afumados ¿non?
R: Coma se estuveran vivos, non, afumados non, afumados era outra maneira tamén afumaban despois, os afumados tamén era outra cousa, pero o afumado tamén afumaban sardiñas, pero máis era o espadín, o espadín estaba mui ben afumado, sabía mui ben con loureiro, afumábanno con loureiro.
P: Igual que os chourizos.
R: Igual que os chourizos, e eses almacéns era a fabricación que había antes.
R: En Domaio hai tamén un sitio que lle chaman tamén o almacén, posiblemente...
R: Pois é deso, en Liméns hai unha casa que había alí e inda lle chaman hoxe o almacén, e tamén era un salazón.
P: E acórdase aquí na plaia donde te Garrochas, donde tuvo o Gato Negro a tenda.
R: aí tamén. Aí houbo un almacén e tamén veu unha fábrica tamén de conservas, esa casa era de Primitivo o vello.
P: Primitivo, si.
R: Aí está,
P: ¿E o Galo chegou a ter conservas aí?
R: Tuvo e mais...
P: Pero pouco tempo.
R: Tuvo, de primeiro debeu ser almacén, como dices ti, e despois veu a fábrica para aí veu un fabricante pero estuvo pouco tempo, alá polos anos...
P: ¿30 ou antes dos 30. ?
R: Despois, e despois do 40 tamén. Si home sí, que inda traballou alí un pouco tempo nela, ti non sei se o conocerías, bueno conocer conoceches pero non te darás cuenta, un que lle chamaban o "Chises" que era... pois era dos Villaverdes tamén pero non, o home de Salvadora do Real ¿non conoceches? -O home de Salvadora do Real-
P: Si.
R: Aí traballou inda el un pouco.
P: Claro, polo "Chises" non o conocía, conocía por Jesús.
R: A el como lle chamaban, xa non me acordo. -Chamábanlle Jesús. - Jesús é verdad home, Jesús.
P: Como non o vou a conocer se inda fomos veciños na Canexa.
R: -Traballaba muito na Areamilla, traballaba a nai máis unha irmán, María. - Pois ese inda traballou aí uns días ou así como de salador ou na fábrica esa, porque a el gustáballe muito chourizar así desas cousas.
P: E a salazón do Real que pertenecía a...
R: Esa eu xa non me acorda traballar alí, pero debía ser do Real do...
P: Dos marquesados.
R: Dos amos antigos, non sei se era dos marquesados se non. Porque, sería claro, Méndez Núñez -os marquesados tíñanno arrendado a calquera. - podían ter arrendado digo eu. -Eu penso que non debían ter arrendado a calquera. - Teríanno arrendado.
P: Porque arriba no almacén eu acordo os portalóns grandes que había.
R: Os portalóns que había.
P: E baixando nada máis baixar unha mina pequena.
R: Había a fonte.
P: A fonte era mina que suministraba agua abaixo.
R: Era unha mina.
P: Por iso non acordo o almacén.
R: Desde o portal do almacén todo por donde van ahora as filas das casas, arriba todo era un castañal que chegaba alí, e por riba do muro donde están as casas de arrente ó muelle que ia hasta o Con, era canaval, canaval todo ti inda acordaches tamén.
P: Si acórdame canaval. Acórdome antes de dividir, de parcelar.
R: Antes de aparcelar claro.
DISTRIBUCIÓN DA PESCA
P: Que ía muito ós niños por alí. Bueno vamos a falar algo do sistema de cobros e pagos, ¿como se facían as partes como se facía o changüí?
R: Xa falamos antes.
P: Si falamos antes.
R: Xa falamos do changüí e das partes ¿non?
P: En principio non había contratos, a xente lle iba ó patrón ó armador...
R: Había... non había contrato, había unhas bases que se fixeron no sindicato, unhas bases de traballo que era iso, de dez cestas... tomando de dez cestas para abaixo, que eran os changüises, unha cesta ó amo e outra para a dotación. A dotación ademais dese changüí tiña a bajada, que era dous reales que había polo día, desa bajada tanto se ganaba que tomaras unha cesta coma se tomaras cen, eran os dous reales de bajada, se non se facía venda non había bajada tampouco.
P: A bajada máis ben era portear o peixe ó destino ¿non?
R: Despois os acarreos, había que botar para a fábrica, eses tamén se repartían entre a xente, o amo xa non levaba porque era de quen acarreaba, claro non iban todos a acarrear pero os que non estaban a acarrear estaban a encher...
P: Si sempre estaban traballando.
R: Sempre estaban a traballar.
P: E tamén tiñan parte.
R: E o patrón, tamén tiña parte, e o motorista tamén tiña parte, porque eramos todos uns, bueno e despois o día de cuentas, despois de vir de cobrar de Vigo, sea o dueño, sea o que levaba as contas, a persona que fora a cobrar, traía na factura que lle daban traía os cartos que viñan libres despois e alí quitaban as vendas, os impuestos da lonxa.
P: Do que se vendía, do bruto da lonxa, da lonxa sacaban parte do que era do que se subastaba.
R: Do que se subastaba, e mais dos escabicheiros.
P: ¿Os escabicheiros que eran?
R: Os escabicheiros eran os que cando se botaba para terra traían un queixón para medir, e eran os que abocaban, abocaban nas cestas ou nas patelas, se levaban para as mulleres na patela e si era para o remitente nunha cesta, que levaban dous queixóns cada cesta, e había uns señores que lle chamaban os do pau, xa estaban por parexas formados eles, e traían un pau e mais uns estrobos entón metían os estrobos nas asas das cestas, metían o pau e levaban, e decíalle o remitente "Para fulano de tal" ou o que estaba alí ó cargo, e eles xa sabían para onde iban ¿non? E para chamalos chamaban "¡do pau!".
P: ¿E eran os escabicheiros?
R: Porque.. non eses eran os do pau os escabicheiros eran os que abocaban e os que tiñan que levar cuenta do que abocaban e mais a quen lle vendían, para quen era, porque ó mellor o barco traía cincuenta cestas e compraban tres remitentes e un levaba 20 cestas, outro levaba 25 e os outros levaban 10 ou 5 ou... según ou senón todas el, pero... comprando de barco en barco para lle dar tempo ás mulleres empaquetar porque iban en caixas tamén para mandar para Madrid, empaquetaban poñían a neve enriba, uns fentos e despois había tamén no remitente, no almacén do remitente os que clavaban as caixas e mais os que acarrexaban para o tren para facturar, baixaba o tren desde a estación todo hasta a Ribeira e alí había unha factoría entón iban almacenaban e despois metíanno no vagón, baixaba o tren a buscar o peixe, e inda vai ahora hasta a lonxa nova ¿eh? Porque ti xa sabes, inda vai ahora.
P: Pero eses non levaban nada por parte do barco eses eran...
R: Eso era gasto de quen compraba.
P: De quen compraba ¿E os escabicheiros?
R: Pero os escabicheiros tiñámolos que pagar nós, cobraban non sei se era peseta por cesta ou peseta por queixón, ganaban máis ca nós. Nós eramos os que traballabamos e eles nada máis que por abocar quen lle debía pagar era o vendedor ¿non? Porque o vendedor cobraba o tanto por cen da venda, pero non, pagábamos nós todo, eran uns ladróns todos, e entonces claro iban (corte) tanto de raba andando ó caldeo, temos tanto de salvado, temos tanto de cestas túas, temos tanto de changüí nosos, suman tanto os gastos, veñen líquidas tanto, restándolle tanto, quedan libres tanto, ese que quedaba libre había que partilo ó medio si era de medianil o barco, se era de medianil, que os máis deles aquí eran de medianil, de partes namais que había o Lestón, Pepe o Fanico, despois veu o José Dalonso co barco del tamén paréceme que levaban a 24 partes, e sendo a partes eran o barco 24 máis 20 da xente 44 había que dividilo entre 44 e despois multiplicar por 20 e despois xa era do amo todo.
P: Vamos a ver entonces cando se fai o bruto faise a monte maior.
R: Ó monte maior. E o bruto...
P: É o monte maior.
R: O bruto non, bueno si o bruto era o monte maior.
P: Todo o que se vendía de aí se descontaba...
R: De aí íbase descontando todo. Íbase descontando primeiro o que cantaba o peixe ¿non?
R: O que vendía. O vendedor, chamábanlle o vendedor.
P: O vendedor, cobraban un tanto por cento.
R: Un tanto por cento. Pero ese xa cho desquitaba el ó cobrar.
P: El ó cobrar no vale xa descontaba el, ese estaba seguro, ese cobraba sempre.
R: Ese xa se curaba el en salud.
P: ¿Que porcentaxe cobraba máis ou menos?
R: Pois mira que ahora non me acordo e sabiao.
P: Dous tres por cento.
R: Por aí o dous ou un e medio ou así, porque, como despois se pagaba tamén a lonja, a lonja levaba dous e medio entón...
P: Tamén se descontaba do....
R: Tamén, xa pagaba el alí, xa el se encargaba de pagar despois.
P: El descontaba o del e mais o da lonja.
R: e mais o da lonja, e mais os dos escabicheiros. O dos escabicheiros pagáballe el.
R: Ai pagáballe el.
R: Si porque o escabicheiro chegaba e en tal barco tantas cestas, ou tantos queixóns para terra, e dáballe a nota, tanto para fulano, tanto para mengano e apuntaba, bueno xa estaba o representante do vendedor alí ó acabar de botar xa viña tamén para tomar nota ¿non? Entonces tantas cestas, aí vai para os escabicheiros, xa lle pagaba el, e os escabicheiros despois repartían entre eles porque eran varios.
P: Si despois xa fan conta
R: E eles xa tiñan un trato tamén, e eles tiñan o seu trapicheo para zafarse, entonces claro ó chegar os cartos a Moaña ou a Cangas ou donde se partira, sacábase todo iso, o que viña libre de Vigo, bueno temos tanto libre ahora vamos a desquitar, cestas de barco tanto, changüíses que se pediron tanto.
P: Había gastos fixos que había que sacar antes de repartir ¿non?
R: Iso todo iba antes de repartir. Eses que che estou decindo todo iba antes de repartir. Si se tendía o aparello con carro, carretos tanto. O gasto que che daban unha peseta para tomar un vaso despois de facer contas era un tanto, cantos somos, tantos a como a peseta ou a dúas, tanto.
P: ¿Había un gasto máis abordo?
R: Había despois ó mellor outros gastos non se poden falar ahora.
P: Si pero ó mellor había gastos a bordo como eran levar viño ou...
R: Si, cociñada, por ejemplo...
P: Se iban a illa ou así e quedaban alí un día.
R: Si si se quedaba fóra do puerto, ó mellor en Villagarcía ou en Santa Eugenia ou en Marín ou en Bueu, pois a cociñada da cena tamén, pagaba o patrón pero apuntaba e despois íbanse sacando ¿non? Xa do monte, esto para esto, isto para isto, ou todo xunto e despois o amo repartía a quen lle tiña que pagar, bueno os gastos suman tanto, ahora resta do monte maior, quedan catro mil pesetas libres, poñamos por ejemplo, ó medianil a cada dúas, dúas para o armador e dúas para a xente, e o armador levaba tamén as cestas que lle pertenecían a el, xa se apartaban antes.
P: Si xa se...
R: Así como se iban apuntando así se iban apartando ¿non? Bueno e despois dice bueno, están as contas feitas pero ahora hai que repartir, entre os mariñeiros, ó mellor tí todo o escuro ó mar ou toda a semana ou todo o mes, o que fora, pero eu perdín unha venta, aquel perdeu dúas, o outro perdeu tres que non veu ó mar, entón o que leva cuentas, o día que aquel xa lle botou a conta a todo, ós gastos que ten no día, fulano tal día perde tanto, e fulano tal día perde tanto, suman as perdas tanto, entón añades e pártese por añadidura, son 2. 000 máis 130 que hai de perdas 2. 130 a dividir entre 10 ou 20 ou 30 ou os que anduveran no barco toca a tanto. Toca tanto ¡ah! Pero ahora a Carril tal día perdeu 10 pesetas en vez de ganar 100 gana 90, fáiselle un monte de 90. O outro perdeu 25 en vez de 100 leva 75, e xa se desquitaban aqueles cartos que se aumentaban sen sacalos, disminúyanse, e despois as partes eran polo que non perdía nada, porque as partes por ejemplo dos patróns que non eran amos, ganaban tres ou catro partes que esas tíñallas que pagar o armador, ademais da parte del, por ser patrón ganaba 3 partes 4 partes según fora o patrón.
P: ¿El entraba igual con toda a tripulación nas partes?
R: El nas partes o que iba ó mar ganaba todo o mundo igual disde o rapáz hasta o patrón.
P: E o maquinista igual, todo.
R: E o motorista e todo.
P: ¿Quen entraba nas partes?
R: Pero despois as partes que ganaba tíñallas que pagar o patrón, o motorista ó mellor ganaba unha ou unha e media, o ruedista ganaba unha ou unha e media, e iso sí, ahora poñamos por ejemplo os que andaban na chalana os chalaneros, como eran fijos, pois por andar na chalana ganaban por ejemplo 5 duros cada un no escuro, ou 20 según fora o aquel, entón eses había que desquitalos dos cartos da xente ou do monte maior tamén, eses había que sacalos do monte maior, ahora as partes do patrón do motorista do ruedista, e dalgún que lle quixera dar o amo tamén por facerlle un traballo, eses non entraban, eses tiña que pagar o armador.
P: O armador.
R: O armador era quen pagaba.
P: ¿E os rapaces cobraban o mismo?
R: Os rapaces non, ganaban unha parte coma un home, os rapaces ganaban unha parte coma un home, despois aquí hubo unha temporada que non había rapaces, non sei por que era non había rapaces entón había un home que facía de rapáz, e ese ganaba media parte máis, ¿non sabes? ese si esa tiñaa que pagar a xente, como non había rapáz.
P: Facía a función de mariñeiro e de rapáz.
R: Pero houbo un aquí que unha vez quedou en terra, quedou en terra e claro, perdeu 20 duros aquela noite, e perdeu 20 duros pero como ganaba media parte o das contas apuntoulle 30 duros, non era así, apuntoulle 30 duros, e el que non quería, entón ti ganas media parte sen ir ó mar, ti non miras que ganas parte e media, hai que apuntar na perda parte e media, ¿e así ou non é?, e el que non, que non quería, hasta que tuvo que facer contas e díxenlle mira aquí tes esta é a túa parte, ti poñamos non perdeches nada, fágoche unha parte como os outros ¿non? E ahora perdeches unha noite ¿non? Eu sácoche o que perdeches aquela noite, perdeche 20 duros sácoche 20 duros, e sácoche outros 10 da media parte, despois convenceuse. Pero de primeiro que non quería convencerse.
P: Porfiaba.
R: Bueno porfiaba e mais o tempo que se perdeu na discusión, que non é solo a discusión é o tempo que se perde nunha discusión desas.
P: Había muitas discusións.
R: Había dos que decían, "eu non perdín tanto porque tomastes pero non vendestes" pero home ¿non están os números aquí?, como lle decía eu a algún, "eu levo os fondos pero se roubo, non roubo para min ¿e ti pensas que eu che vou a sacar a ti un duro para tocarme dous reales? O que teño con ese duro non levo eu, témolo que levar entre todos, ¿e eu vouche a sacar un duro a ti para levar eu dous reales? si me tocan aínda, iso que non se che meta na cabeza nin a ti nin a nadie", e había que convencelos así con cousas porque. -Era o traballo que levaba el, el en todos os sitios levaba contas e dábanlle pouca cousa de todo. - Non pagaban nada daquela. -Non pagaban nadiña, ¿ti sabes o traballo que era?-
P: Si o andar cos números e despois xustificarlle á xente.
R: Despois de ter o costumbre acabas logo home, pero é que chegas a casa e teste que poñer a facer todo iso, e parece que non e leva, e si non tes un pouquiño de cuidado que se che olvida unha cousa, despois...
P: Ademais antes que había que facer as contas a man, ahora con máquinas faise seguido, antes había que contar todo, levar...
R: Antes había que levar todo a man.
P: Cando se equivocaba a sumar no mismo número e non se da conta, repite 50 veces a misma suma e...
R: O malo era que como te enganaras a primeira vez despois para buscar o carallo de donde estaba a falta non te zafabas, hoxe non, hoxe hai desas calculadoras pequeniñas e xa fai todo. E non falla ningunha, eu aínda mirei eu o outro día o meu fillo Lolo e aquí con un fillo del tamén non sei que carallo de cuenta fixeron aí, a ver trae acá sacou a calculadora, mira é tanto e ala, dous minutos, e aquela cuenta a min levábame media hora.
P: E o changüí os que collían máis de 11 cestas eran dous.
R: Antes máis de 11 cestas eran dous. Disque lle chamaban changüí doble.
P: ¿E o quiñón?
R: O quiñón ese era o peixe de traer para casa.
P: Era o peixe de traer para casa.
R: Si ó mellor decía "Eh, ¿que peixe deixamos?" "Deixar ese da esquina" había patrón que decía, mirade que... porque unha vez, eiche contar un conto, unha vez Ezequiel paréceme que inda non estaba casado, e si estaba casado era de pouco aínda, aínda era novo, andaban no Dornier que era o barco do pai, de patrón, había pouco que empezara el a ser patrón, e tomou cen cestas de xurelos.
CARA B
P: Estabame decindo...
R: De que tomara cen cestas, entón lavaran o aparello, e cando era un rachazo así que había que salir non botaban o aparello en terra, quedaba a bordo, e mandaban chamar unha muller ou dúas que foran abordo, quedáballe o rachazo apartado e facían a bordo a avería ¿non? E mandou a un da Ameixoada que é moi amigo del que lle chaman Hector, inda vive, e díxolle como era de lexos e chegaran tarde aí polas 11 ou as 12 do día, de botar o peixe, e que viñera a darlle o recado ó pai que lle buscara dúas mulleres ou tres, que lle foran a facer o rachazo a bordo que querían salir cedo po mar e tal e tumba, e veu e traía na patela co peixe cinco ou seis xurelos e a el xa lle sonara que tomaran muito peixe ¿non? Porque bueno, os armadores aquí sabían máis pronto eles o peixe que traían que os mismos mariñeiros de abordo, e mirou para a patela e díxolle el "¿E que tomastes?" "Tomamos cen cestas, cento unha, cen cestas Tomamos cen cestas. " "E de cen cestas ¿namais que levas ese peixe?" "Non señor porque botamos... " "Mira vaite para casa e se che preguntan en que barco andas dille que non lle sabes o nombre. " Dille que non lle sabes o nombre, porque de cen cestas levar seis xurelos é unha vergonza. Sin embargo outros o que lle daban parecíalle muito. Había barcos, bueno hombre, que daba gusto, había outros que non. En Cangas, bueno daquela era tamén porque se tomaba muito peixe e ademais era cando había motor, nos barcos grandes, coma no que andaba eu era unha cota de 105 cestas, non podías tomar máis, se o tiñas no aparello había que dalo ou arríalo ó mar. !Cantas veces temos arriado ó mar.
P: E normalmente ¿canto era o máximo que se podía pescar?
R: Según o que cercaras. Cargar un barco de 300 cestas e mais deixar aínda, e mais abocar, eiche contar outro conto máis que me pasou tamén a min con iso de tomar peixe. Bueno, despois había deses patróns tamén que todo lle parecía pouco, ou muito o que daban.
P: ¿E non iban con uns ingresos mínimos pescara ou non pescara, non tiñan un mínimo de ingresos?
R: Non.
P: Non. Primeiro collían a tarta e despois repartíanna.
R: Aí está. As bases eran esas, se non tomabas non ganabas. Pero si tomabas ganabas, anque fora muito anque fora pouco, canto máis viñera mellor, máis ganaba tanto o amo como a xente, porque se ganaba o amo ganaba a xente, e si non ganaba un non ganaba o outro tampouco, ahora que tamén había destes que decían "deixa ir home, si eu perdo un duro o amo perde 20" pero como lle decía eu, "pero el sen os 20 come e ti e mais eu sen o duro non comemos". Pero diso non se daban cuenta muitos tampouco ¿eh? "Se eu perdo un duro el perde 20. " "Sí home pero el come sen os 20 e ti sen o duro non comes. "
P: ¿E cando facían o reparto os sábados? O changüí facíanno a diario ¿non?
R: O changüí diario ó vir do mar xa, iso xa había que ter un sitio donde cambiar os cartos, porque á xente gustáballe muito os cartiños xuntos, ¡mimadriña¡, ás veces non tiñas calderillas e xuntabas, por ejemplo ganabas 3 pesetas, dábaslle un duro e mais unha peseta seis pesetas e xa non lles gustaba, pero non había pesetas para cambiar, cambiadas, ás veces si pero había veces que non, había que ir muito ós fornos, nos fornos era donde había máis cambio pero ó mellor cando chegabas ti xa estaban tres por diante, porque habendo 25 ou 30 barcos... ¿sabes quen tiña cambio sempre? Era Benigna aquí. Benigna tiña muito cambio, eu sempre viña a cambiar aquí, maiormente en duros tiña muito cambio, e cando anduven en Cangas viña ó forno do forte, ó forno do forte viña eu desde Cangas ó forte a cambiar.
P: Un tirón bo.
R: Inda era un tirón bo, pero como despois donde partíamos era na taberna aquela do... donde vende o marisco ¿como lle chaman?, ou vendía de aquela, a do Pote e a do Pote alí está cerca, alí frente mismo ó cuartel da Guardia Civil que fixeron novo.
P: Na alameda si.
R: Máis para acá da alameda é.
P: Si na esquina mismo.
R: Na esquina, ó lado da casa de Papoucho, a de Papoucho é a primeira casa que se topaba ó entrar en Cangas, a man dereita, a siguiente xa era esa. Que me pasou un cuadro tamén a min alí, nesa taberna, cando do movimiento, estaban eles a lavar o aparello e eu xa fora ó forno a cambiar os cartos, e tíñanos enriba da mesa, e nisto alí fixéronlle unha misa en Cangas a José Antonio ou non sei que, foi cando fusilaron a José Antonio, e veu unha manifestación, e todos "Viva España arriba España Cara al sol.... " e eu estaba na mesa, e a taberneira non se deu cuenta ou non quixo ou como fora, e non cerrou a porta, un guardia que lle chamaban "O Calvo" miroume dentro aí o ven "¡Oiga!" "Mire señor eu estou con este diñeiro que estou... " "¡A la manifestación!" "Pero mire Usté que eu non podo que estou esperando ós mariñeiros que veñen do mar. " Tuven que coller a gorra barrer así para dentro da gorra, e eu coa gorra hasta o cuartel era hasta alí namais, e coa man... e porque había que andar coa man levantada sempre. E coa man e a levar a manifestación tamén, naquel tempo facían cada cousa tamén.
P: ¿E os gastos repartíanos os sábados?
R: Ó caldeo os sábados.
P: O caldeo o sábado, ¿e a ardora?
R: E a ardora a fin de escuro, ou un día que non se iba ó mar por un vento ou calquera cousa.
P: O fin de escuro que sería sobre 15 días ou 14 días.
R: ¡Ai¡ o escuro era de vinte tantos días, é de luna a luna. Son 28 días de luna, son sete cada cuarto, catro cuartos 28, e despois ó mellor uns días máis ou tal.
P: Case un mes.
R: Case un mes.
P: ¿E donde facían o reparto?
R: Según como fora, por ejemplo, no casete donde se gardaba todo e na chabola, en Cangas chámanlle a chabola, e en Moaña o casete.
P: Casete ou chabolas tamén se chaman.
R: Bueno e mais a chabola, pois aí era donde se facían as contas. O changüí non, o changüí na taberna ou no tendal ou polo camiño adiante, ou abordo do barco despois á tarde, porque cando viñas un pouco tarde xa nadie collía changüí tampouco.
P: Durante ese tempo en cada escuro solíase quedar fiado muito nas tabernas, non ¿ou pagábase?
R: ¿O que?
P: A xente...
R: A xente había algún que quedaba, outro pagaba, a xente fiaba.
P: Pero a maioría así dos mariñeiros pagaban ó momento ou apuntaban na libreta, nas tabernas ou nas tendas.
R: Non sei eu como non fixen eu non sei, pero as tabernas apuntaban, tiñan libreta para apuntar.
P: E esperaban ó escuro.
R: Esperaban ó escuro ou cobraban no Banco Pastor ¿quen sabe? Non sabes, hai quen se facía o longis, había quen non podía e non pagaba por non poder, e había quen se facía o longis e...
P: ¿Xa había o Banco Pastor daquela?
R: Non.
P: Aquí non existían.
R: Non, o primeiro que veu aquí foi a Caixa de Vigo ¿non? si foi a primeira. -A de Pontevedra. - A de Pontevedra non, veu primeiro a de Vigo, a de Pontevedra inda veu moito despois da de Vigo, onde estaba a de Vigo primeiro...
P: ¿Na de Abelardo non? No baixo que tiña.
R: -Eu penso que foi a primeira a de Pontevedra. - Foi a de Vigo primeiro María, foi a de Vigo primeiro.
P: Pero eso xa é reciente ¿non? Sobre o cuarenta e tantos ou algo así, ou veu antes.
R: Despois do cuarenta.
P: Despois exacto.
R: Si home, despois do 40 con muito. Antes do 50 viría pero non muito antes, ¿eh? Non muito antes, e a caixa de Pontevedra veu despois do 50. Houbo unha temporada aquí, que vendíase de extraperlo, non sei que había, non sei que tiñan as lonjas entón vendías polas fábricas, que iban ás fábricas porque non sei que lle querían cobrar ás fábricas, unha revuelta que ahora non me acorda a min polo que era. Entonces vendías na fábrica e dábanche un vale, e ibas a outra e dábache outro vale, pero non iban á lonja, entón ibas despois ó cabo do escuro ou da semana ou coma quixera, ibas a cobrar ti, e eu nunha ocasión tiñamos en Cangas tres, dúas ou tres, tres, acá no forte que lle chamaban de Legarda, na de Cervera e na de Massó. Salín ás oito da mañán da casa, a primeira parada no Forte despois á de Cervera e despois a de Massó, e sacábanche a vendaxe tamén ¿non sabes?, entón díceme un fillo de Cervera, foi o que me pagou o máis vello aquel que era... "Mire Usté si lo ven no diga que pagamos en casa ¿eh? Dígale que vendio en la Lonja, no vaya a ser la puñeta que nos vayan a fastidiar a todos. Le fastidian a ustedes y a nosotros. " Porque disque eles quitaban non tanto como a lonja pero desquitaban un pouquiño, e daquela vez fun despois inda embarquei no barco de Cangas, fun a Vigo a Eduardo Vieira que Manuel de Fanico sempre lle vendeu a Eduardo Vieira a decir que me tuveran a conta lista para a tarde, tuven que ir a Chapela a tres, a tres fábricas, despois fun comer alí á calle Real a un bar que había alí que traballaba na casa Vieira tamén o amo do bar e tiña confianza con el, e á tarde á cobrar e despois a vir a facer contas.
P: Entón claro traía muito carto.
R: Xa traía eu naquel tempo cento e pico de mil pesetas enleadas nun periódico, todos en billetes de a mil, que antes non había. -Eu estaba a tremer-
P: Porque se perdan ou porque llos rouban.
R: -Pero había que abonarllos á xente. - Porque a xente non comulgaba con.... E outra vez, eso foi no movimiento, foi cando lle plantaron fogo a un chalé aquí que lle chamaban o chalé de Cuervo, que Cuervo era un militar ou non sei que era, eu sei que queimaron un chalé aquí por riba de Chapela ou Guixar ou por aí, e andabamos en Cangas, e claro foi un dos primeiros días, e xa levábamos tres días en terra e dime o patrón, "mira non vamos a ir ó mar é mellor que vaias a Vigo e que traias eses cartos que a xente quere comer coño, que levamos tanto tempo", tira para Vigo. No vapor, embarquei en Cangas e tira tira, foi cando empezou a arder o chalé, a arder o chalé pero eu non sabía nada, pero nisto o amo que era de alí da Ribeira, o que era o amo do barco xa facía el de vendedor e todo, miroume, aí o ven corre corre "¿a donde vas?" "Mandoume José acá que disque levamos tres ou catro días en terra e a xente que quere comer..." "vente" Levoume para a casa. "Como viñeches hoxe home, como está este Vigo dios mio. " Bueno voume para casa, e tiñan un radio que daquela apenas... estaban falando como lle chamaban o que foi en Vigo, Felipe... non me acorda.
P: Sánchez.
R: ¿Eh?
P: Felipe Sánchez.
R: Felipe Sánchez, paréceme que era Felipe Sánchez, ou non sei Sánchez era, e decíalle o fillo ó pai, porque o pai estaba alí pero quen facía as contas era o fillo, e decíalle el, isto está na man home, isto xa está home, mire xa están as tropas non sei que e non sei canto, pois despois, deume os cartos, veu conmigo hasta o vapor, o vapor antes nada máis que andaban de hora en hora, non é coma ahora aquí en Cangas andan a todo momento, daquela andaban de hora en hora ou de dúas en dúas, mentres non veu o vapor e non me meteu abordo e non saliu o vapor para Cangas el non arriou o muelle, el non saliu de alí do arredor, co medo que tiña de que viñeran a fastidiar calquera cousa.
PAGO NAS TENDAS - ACEITE
P: Mire, e nas tabernas antes, nas tabernas e nas tendas pagábase en especies, ó mellor...
R: Non nas tabernas con cartos.
P: Con cartos. Non cambiaban ó mellor huevos por fariña.
R: Ai nalgunhas cambiarían, non digo que non, e mais para as aldeas podía ser iso, pero aquí non, máis aquí non. O que había si namais que non era un quilo nin dous quilos nin un litro nin... era ó mellor un cuarterón, un cuarto quilo.
P: Un cuartillo.
R: Un vaso de aceite, un cuarto litro de aceite, non era cuarto litro, era un vaso de aceite, e ó mellor dous patacos de aceite, e poñíanlle as mulleres antes estaba o aceite na botella e poñíanlle o dedo por diante ¿non sabes? Para ir repartindo porque se se lle sacaba o dedo iba todo xunto, e había que repartir. Ahora que o aceite de antes tiña unha cousa, que canto menos botaras máis se miraba no plato, si señor, máis ollos facía porque cada gotiña de aceite enriba da agua queda como un ollo de aceite, por iso había un conto aquí en Vigo que decía, que había unha casa de comidas que decía que non cobraba por plato, cobraba por cada ollo de aceite, e o aceite dábacho a ti para botarlle, entón iba algún e cobraba unha peseta por ollo, e iba algún e canto menos de Vigo máis ollos tiña, tantas pesetas, ai pero chegou un e decíalle, eu isto, agarrou e brru! O outro quedou contento este mimadriña canto vai pagar ¡ai! Pero todo era aceite no plato, aboiou por riba da agua, cantos ollos hai, hai un ollo solo, unha peseta.
MARISQUEO
P: Ahora vamos a falar doutro tema totalmente diferente. Aproveitando que está a súa muller aquí, vamos falar do que produce o mar, da fauna da flora e da... Entonces vamos a falar nun principio do marisqueo.
R: O marisqueo.
P: Que formas, como se capturan, en que se dividen. Antes que había marisqueo de pe, ¿a flote non había non?
R: -A flote había o lingueirón. -
P: Que iban con...
R: Con sacho.
P: Pero enriba de chalanas non se pescaba.
R: O lingueirón non. - A pé todo, o lingueirón hai que collelo a pe. -A mollarse todo o mundo. A mollarse como andan ahora ós croques a xente antes tamén se mollaba ós lingueiróns, ahora que se mollaba máis, porque había que clavar o sacho e coller o lingueirón. E a ameixa tamén se collía a ollo. - A ameixa a babosa.
P: ¿Que tipos de ameixas hai? Había a babosa era a cadela que lle chamaban.
R: -E despois hai a que lle chaman a encarnada que por terra non a hai. -
P: ¿E hai que esperar ás secas non?
R: -Non, aquí non. - aquí non a hai.
P: Ai aquí non a hai ¿Esa é a que digo eu que se colle a flote co angazo non?
R: A encarnada hai que collela co angazo porque salpica fóra. -E antes había outra clase tamén, chamábanlle margarita era mui pequeniña, na había muita margarita. -perdeuse
P: Xa se perdeu.
R: -Perdeuse, na illa dos ratos había muita margarita. -
P: ¿E aquí diante non había tamén?
R: Pero non era como o de alá.
P: E que diferenciaba unha babosa dunha... no color, na forma.
R: -Diferenciase nos buracos que fan solamente, os buracos que fan a babosa faino de unha maneira, e a ameixa de outra, porque a ameixa ten como a modo duns cornos e tennos separados, e cando abre, cando bota para arriba, pois quedan tres cornos así, un buraco aquí e outro aquí, e a cadela, a babosa que lle chaman a babosa, xa ten xuntos, fai dous buraquiños xuntos, e o croque tamén os fai xuntos, o croque fainos máis pequeniños, e o lingueirón ten aquela que se chama a mixarela. -
P: Si que mírase botar para fóra.
R: Bota para fóra, aquel a persona ten que ter muito ollo, porque fai o buraco igual ó do lingueirón. Porque hai quen colle o lingueirón a achar, a achar chámaselle sen mirar buraco, pero nós as vellas e aquelas todo é a base de mirar buracos.
P: Muitas veces van petando co cú do sacho na area.
R: Si descúbrense, fan o buraco. - Que eu sepa a ameixa maiormente. -Sí e no mar, cando o mar está, ven de repunta para arriba, e cando abre máis o marisco, cando o mar ten media maré, que ven para arriba, entón o marisco descubre máis, estando en tierra o marisco bota a agua que ten fóra, ¿sabes? porque nós antes facíamos os viveiros, como facía Verísimo antes pero nós era de clase máis pequena, era o que collíamos nós, e botabas así e xa quedaban enterrados, e así que viña o mar para arriba libraba toda a agua canta tiña, estaba a sichar a sichar, porque xa sentían ó vir o mar para arriba.
P: Antes de tocarlle eles.
R: -Antes de tocarlle xa, xa o marisco bota a agua fóra que ten para despois coller outra vez. - Coller nova. -E marisquean tamén, o marisco tamén anda, tamén se cambia. - O marisco tamén se move. Se move de un sitio para outro, porque hai veces que estás en un lado e non topas nada, nós hai veces, cando eramos máis pequenas, faciamos os xeitos, ahora tamén os fan, pero daquela deixabamos os xeitos, como eramos menos xente na Ribeira, deixabamos aqueles xeitos de un día para outro, e cando viña o mar para arriba topabas algo do que había, que non había muita cousa tampouco, topabas algo, deixabas aquel xeito, non había tanta xente, ibas a cavar e non topabas nada, cando cavabas que ven o mar por arriba debía vir o marisco por abaixo e o marisco tamén anda. - Claro porque sale a comer home. -Sale a comer, anda xa deixabamos marcado cunha pedra todo aquelo así, entonces xa non topabas nada. -
P: Porque o mariscar co sacho e eito ¿non?
R: O eito é cavando seguido. -Tes que facer un buraco, e a Ribeira non abre sempre, o ollo non abre sempre a Ribeira, as de Redondela chámanlle abren os ollos, hoxe está a Ribeira aberta cos ollos, e aquí igual. A Rilbeira cando hai niebla, cando hai así unha cousa abre a Ribeira, ou cando venta chuva, ten experiencias tamén, ten experiencias tamén. -
P: Tamén afecta os cambios de tempo ¿non?
R: Si, tanto o lingueirón como o aquel, non miras ningún buraco, despois se ascaso abren cando non abre buraco, está a Ribeira tapada como se dice aí ¿non sabes?
P: E despois ten que andar ó eito ¿non?
R: -Non ó eito despois se queres pero as de buracos andan pouco ó eito. Porque había personas que tiñan muita experiencia entón collían muito marisco ó buraco, o lingueirón tamén. -
P: Era muito menos traballo claro, buscando o buraco.
R: Menos traballo que doe máis ós riñons, cansa máis.
P: Hai que estar máis agachadas.
R: Porque ó eito levántase o lombo pero cando andas ó lingueirón...
P: E o eito van facendo.
R: -Para facer empezas dun lado ou doutro e ves vindo todo ó arredor. - Vaise facendo un rego.
P: Vai movendo toda a area para arriba.
R: Dándolle volta á area. -Tiñamos un estilo e ahora teñen outro estilo que non cavan tanto, montan máis, fan máis encima..
P: Si porque acordo eso, o collían dun lado e iban raspando co sacho, ahora non, ahora sachan. Meten por arriba e arrastran a area.
R: Entón cando nós andabamos a coller, cando era máis antigo era máis ó ollo.
P: E que tipo de ameixas había, aparte da blanca, a blanca a fina a de caste.
R: A de caste esa era a mellor.
P: Esa é a mellor.
R: -Esa é a mellor, e a cadela esa a babosa que era un pouquiño máis... pero o mérito tenno a fina, a fina sempre é máis. Se a fina ahora a grande vai a 3. 000 pesetas, a outra vai a 1. 000. -
P: E esa fina dábase en todos os areeiros ou...
R: -Non, non se da en todos os sitios. -
P: Donde se collían moito era aquí por terra, a veces collíanche cabuchos grandes.
R: Cabuchos grandes sí, pero por terra aquí ó redor do río, ¿non sabes donde criaba muita ameixa tamén e tamén era boa?, alí baixando o regueiro donde viña...
P: Si aí tras do pósito. E detrás da plaza.
R: -E detrás da plaza tamén. E despois viña o areeiro tamén, había por aquí muitas veces... - Aquí había unhas pedras. -Había unhas pedras aquí. Arriba da pedra Cousela. Na area gorda o que tiña vista, cando viña o mar para arriba collíase a ollo ahora non hai eso. -