MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· Nome das partes das embarcacións: trancanillo, tapa regala, carramuxas, quilla, roda, timón, abanico, caña, buxina . . . Descrición dunha poutada. Especie de rizón que non sirve para traballar na altura
· Para traballar na pedra, colocase unha barbeta ó rizón para libralo cando faga firme (Outro día)
· A diversificación do traballo. Os mariñeiros pedían traballo ó patrón ou armador, sen máis contratos
· A xeifa é a temporada completa da pesca da sardiña. Comprende dende a primavera ata o inverno. O escuro e o período duns 28 que abarca as fases luares e se caracteriza porque destaca a fosforescencia do mar que os mariñeiros chaman ardentía ou lampasía. Cando hai lúa de forza non se nota a ardentía
· 0 boliche pescaba de luns a sábado. Polo regular nos oficios baixos descansábase os domingos
· Os cangrexos aguantan muito tempo vivos. No inverno ata meses fora da auga
· O traballo xa estaba distribuído de tódolos días. Os fixos eran os dos motoristas e rodista. Os mariñeiros do colcho, calón e xareta non montaban guarda e eran cáseque fixos
· Os barcos levaban chalana abordo e na popa. Os chalaneros facían a función de boia. Descrición con detalle dun lance.
· O patrón apenas dirixe o lance; os mariñeiros xa sabían ben o traballo
· Anécdota de cando pescaron muito no día de san Xoán Tiveron que abocalo peixe
· A función dos rapaces. Anécdota dun rapaz para encender as velas de carburo
· Cando empezaron os motores de gasolina era de 7 ou 8 cabalos, logo viñeron os de gasoi, A anécdota dun bo motorista
· Non había barcos para ir a Leixós. Tiñan que contratalo en Vigo ou Cangas
· A Leixós levábanlle sete ou oito horas. Anécdota de cando pescaron con cotas imposta durante o Movimiento
· De volta, proa a lonxa, os mariñeiros durmían onde podían
· A veces había que vixiar ós que estaban de guarda
· O chegar a lonxa, o listeiro leva unha cesta de mostra para subastar. Descrición dunha subasta
· Logo de vende na lonxa, lévase o peixe a fábrica. Os do envase meten o peixe en caixón para sacalo do barco
· A tirada era o pago por levar os queixóns a fábrica. Esta entraba no changüí
P: Entre o carel e o corredor, a veces, para que solte auga leva unha abertura que se chama
R: Leva unha abertura que lle chaman o trancanillo,
P: E encima do carel leva.. donde vai a remadoura igual leva outra tabla máis plana non
R: Despois si home o carel porque o carel é o de arriba e despois leva a taparregala esa que vai por riba e donde se pega a remadoura. Tes ti razón eu xa non me daba cuenta, é a taparregala, e nos barcos da ardora teñen tamén tapa regala e nos galeóns que tamén levaban carel, ¿non sabes? que non era tan alto, levaban un carelsiño tamén, tamén esa é a taparregala.. todos teñen un nombre.
P: E donde se amarraba o mellor as anillas ou donde se facía firme o....
R: Cornamusas, chámase cornamusas.
P: As cornamusas. As veces levaba anillas tamén.
R: Non. Anillas non levaba, anillas pode levar unha chalana á proa.
P: As cornamusas e unha forma de T
R: De T, unha forma de T, pero.. non sei como che explicar, pero as patas da T moi pequenas ¿non?
P: Si, sería así, vamos unha cousa sí, unha especie de T cuns lazos que tiña a cada lado.
R: Aí está, esta era a que ia pegada o . e outra poñamos por exemplo e esta aquí, estas iban pegadas e despois sobraban estas e mais estas de aquí de proa, entonces viña o cabo do mar, viña poñamos por ejemplo, este era o rizón, e viña así, ¿non? E dábaselle a volta por aquí, e aquí e viña aquí outra vez e aquí terminaba ¿non sabes?
P: E ibanse facendo cotas en forma de oito.
R: E sempre unhas por riba das outras, para que a que porte é a de abaixo pero a de riba é a que non deixa correr eso.
P: E despois que outro nombre podería haber así, nunha trainera ou nunha chalana.
R: Eu creo, xa non habería máis o rededor.
P: As veces
R: A quilla, o pinchón a roda de popa, pinchón de popa pero xa é a roda
P: Onde iba o timón e mais a caña.....
R: O timón iba na roda de popa, ahora que nos barcos deses da ardora, Antes gastaban abanico era a popa redonda, entón aquilo que salía un pouco para fóra chamábanse o abanico e abaixo onde vai o hélice ¿como se chaman Dios mio?, alí vai despois a caña do timón que vai para riba, e ¿como lle chaman donde.... ? a buxina é a que sale o eje do motor onde se pon o hélice (4. 22) Alí chámanlle a buxina que vai un prense por dentro e outro por fóra, pero despois vai a outra que é donde ven a caña do timón para abaixo, que por alí é por donde van máis veces os barcos ó fondo, pola buxina e mais por esa, como se chama? A buxina non, a esa donde ven o timón para abaixo, Inda me ha de acordar.
P: Pois cando se acorde, pois dimo.
R: Preguntoo e despois xa che digo como é.
P: E despois o rizón que se amarra, todo este tipo de traineras e chalanas, todas teñen rizón.
R: Todas teñen rizón, e esa que me dixeches antes a poutada, esa usabase pouco.
P: Pouco. Usabase en Tirán.
R: En Tirán, porque a facían porque alí a area era moito máis blanda, entón aguantaba.
P: A poutada debía ser moito máis antigüa que os rizóns.
R: Máis antigüa que os rizóns, si a poutada....
P: Debía ser dos primeiros rizóns que se deberon usar ¿que forma tiña a poutada?
R: Tiña pois coma, e . eran de madeira, era como che digo eu así, facían como che vou a explicar.
P: Tiña unha vara.
R: Non. A verdadeira poutada, as uñas da poutada eran así como..
P: Unha tabla ¿ten algún tipo de madeira en especial?
R: Non. A maioría eran de carballo e xa as collían coas ponlas que xa tiñan a feitura esa, era...
P: Facía como unha especie de arco ¿non?
R: Como un arco, pero....
P: Acabada en puntas ¿Eran planas como tablas?
R: Non. eran como tablas, eran redondas, ou cuadradas como puntóns e despois na punta redondeabanlle, pero eu queroche decir a feitura que eran así como un ángulo obtuso, a modo dun ángulo obtuso, o obtuso é o máis aberto ¿non? o recto é cuadrado
E da feitura dun ángulo obtuso, nunha parte do vértice para alá e outra parte para acá facíanlle uns furos de dentro a fóra ou de fóra a dentro entón pasábanlle dúas varas por aí, de madeira, no medio desas dúas varas poñían unha pedra, un cacho dun poste despois apretaban as varas e amarrabannas ben amarradas e aquilo xa facia de caña, de caña do rizón, ¿non sabes?, se habían de amarrar arriba na punta non, pasaban un seno para abaixo e traian o cabo amarrado tamén, e dábanlle un cote arriba na vara e xa facía de caña, esas varas xa facían de caña da poutada, pero non servía para traballar a fóra, eh, podías, ir as veces cando se iba as fanecas ou así podían largar tamén pero si houbera que tirar pon un aparello como o boliche ou como o bou non aguantaba,
P: Antes me explicou do rizón cando quedaba ó mello preso.
T: O rizón había que poñerlo ó traballar na pedra había que poñerlle a barbeta.
P: Que é a barbeta?
R: Chámamlle a barbeta pásaselle un seno as uñas e amarrase á anilla con que xogue eh, a barbeta ten que xogar senón despois ó mellor non rompe, se queda moi.. non rompe ten que xogar, e se ataca o rizón.. senón ataca tiras para riba e ven outra vez, pero se ataca pois daslle uns tiróns hai veces que nin a tirar rompía o cordel aquel, eh, e non se lle poñía nada fuerte, había que armar os 4 remos ou 5 ou 6 e a ver, voga, forza, forza, e o patrón a popa dábale volta e por veces rompía e outras veces había que darlle dous ou tres tiróns, si señor, e ó romper o sentir que rompía "Non, así, así xa. " para non tirar porque podía atacar de revés
P: Si se rompía ¿que rompía a barbeta o cordel ese que se lle poñía?
R: A barbeta, o cordel ese que se lle poñía, entón el despois quedaba amarrado polas uñas, entón a romper a barbeta se estabas o pique, si a rompias tí ó pique, non había cuidada pero si estabas de largo, cando se lle daba o tirón alí non se lle podía tirar, había que esperar, si era para atrás, hasta chegar ó pique.
P: Despois xa se levantaba polas uñas.
R: Despois xa se levantaba polas uñas viña, en vez de vir coa caña par arriba viña do revés, viña como o paraguas cando o levas.. ¿non sabes? E por iso ó romper a barbeta si volvías tirar podíase meter noutra grecha coas uñas entón non. Había que arriarlle, porque non, que non se movera de onde estaba para despois tirar, e viña e viña.
P: Bueno, por hoxe penso que xa está ben.
ORGANIZACIÓN DO TRABALLO
P: Vamos seguir a conversación do outro día, vamos empezar, vamos falar do traballo e a diversificación do traballo que había dentro do mar.
R: Aí está.
P: Primeiro, para ir ó mar ¿quen chamaba a xente, ós mariñeiros, se presentaban eles?
R: Para ir ó mar. A xente, había que ir, por ejemplo, empezabase ó mar un día, entonces o que quería ir... ó patrón eu iballe a pedir sitio, poñamos por ejemplo "que fulano ¿non me levas ó mar?"
P: Que falaba co patrón ou co armador.
R: Co patrón ou co armador, según pero polo regular o patrón, porque daquela os patróns eran os armadores. A maioría sí, a maioría os patróns eran os armadores, pero despois non. Despois tanto metía o patrón como o armador, según quen fora non por exemplo aquí, cando veu Calderetas gobernoulle a Benito de Lemos e Benito de Lemos ó mellor na xente non se metía, metíase máis el, non sabes, e así outros, ou o armador decíalle: mira fulano veu fulano e pediume un sitio, hai que levalo o mar ¿non sabes?, aínda que fora con un de menos ou de maís ¿non sabes?, entonces había iso tamén, pero bueno vamos ó asunto. Entón antes de empezar a seifa ou o escuro..
P: ¿Que diferencia hai entre a seifa e o escuro?
R: Quere decir a seifa é cando se empeza a ir ó mar de novo, por exemplo, terminouse o ano e dice, ¡coño¡ pois hai unha parada, por exemplo, de decembro a marzo ou a febreiro, antes era en febreiro porque cando viña o caldeo xa se empezaba ¿non? entonces dice, sabía o rapaz, xa sabía quenes eran os tripulantes e iba a avisar polas portas: "Que mañán que baixen a tal hora", a tal hora, daba unha hora para salir, ¿non? Si era para o caldeo ó mellor as seis da mañán ou as catro, ou as tres, según o tempo. No verano había que salir máis temprano porque é mais pronto día e no inverno había que salir máis tarde porque é máis tarde e ademais outra, onde se iba a pescar si os peixes eran aquí pola illa de Cies ou así, dábase unha hora menos pero si había que ir alá donde dixemos hai un momento a ría de Marín había que madrugar máis e tense ido a pescar a Barrosa a remo.
P: E donde queda A Barrosa.
R: A Barrosa queda por detrás un pouquiño de Ons, pero para o outro lado, ti non sei se sabarás, ¿ti sabes onde é O Grobe? Sabes na espalda do Grobe, porque na punta de San Vicente que lle chaman e por onde se entra para a ría de Arousa, ¿non? E elí detrás da punta esa de San Vicente está o Grobe é pola parte do norte e pola parte do sur está a Barrosa.
P: Si, sí, entonces estaba explicando a diferencia que había entre seifa e o oscuro a seifa empeza practicamaente coa temporada.
R: Eso, e o escuro empeza porque a ardora hai que mirar o peixe no mar e si hai luna non fosforece a agua e non miras, podes mirar oir saltar ou como no vran sempre ten a.. pero no inverno coa luna non miras nada, non e como si fora día non ten fosforescencia a gua porque o peixe donde se mira andar e..
P: E ten fosforescencia todos os días a agua.
R: Non no verano ten máis que no inverno, no inverno casi pouco arden as aguas. E polo calor e mais porque esa fosforescencia da agua é o que lle chaman ese...
P: A ardentía é
R: A ardentía pero a ardentía o que a fan é o polen ese ¿como lle chaman Dios mio? que é o que comen os peixes tamén, os peixiños pequeniños o..
P: O planton, bueno.
R: Ese, ese o planton.
P: ¿Antes como lle chamaban? o isco.
R: Non nos aquí chamabamoslle a lampasía, e unhas veces ten máis forza que outras, cando brilla moito hai moita lampasía, eso tamén é malo para pescar, eso tamén é malo para pescar porque o ter moita lampasía o aparello fai máis luz ¿non? Mírase máis e o peixe tamén lle escapa e outras veces é bo porque ó halar así pola jareta faille e si había de vir para alí non ven, arrimase máis o aparello.
P: Entón o escuro prácticamente iba de luna a luna.
R: De luna a luna e cando había luna alta que había toda noite luna xa non se iba ó mar, era para descansar uns días facer contas faciase contas ó escuro e todo iso.
P: Pois aclarado que a seifa e o escuro...
R: Bueno, e despois andando o boliche, entón era de lunes a sabado, o domingo non se iba o mar, e o xeito as veces ibase e as veces non, pero polo regular os oficios pequenos os domingos descansabas, porque antes tamén todo era a remo e había que descansar un día a semana que boa falta facía, ó pulpo tamén pero o pulpo tiña unha cousa que descansaba o patrón pero dous, o rapaz e outro mariñeiro había que ir a buscar os caranguexos para ir a semana seguinte ó mar.
P: E collían caranguexos para toda a semana?
R: Colliase, si e no inverno duran aínda que sea un mes.
P: Si, ¿Na chalana?
R: Non na caixa, nun queixón en seco, canto máis en seco máis duraba. O caranguexo ten moita vida, moita vida unha semana e mais un mes pero no inverno no verano non, ¿sabes o que teñen? Que lle hai que sacar se algún morre sacarllo. Si hai que, de vez en cando darlle un repaso e si hai algún morto sacalo para fóra senón morren os outros.
P: Como as mazáns podres.
R: Infectanse.
P: Entonces o patrón o armador escollía, chamaba a xente para ir ó mar.
R: Chamaba a xente. Dáballe o recado para que viñeran, e despois andando ó mar xa daba ordenes o patrón, según para onde quisera ir. As catro a bordo, ou as cinco daba a hora, e todo o mundo viña a aquela hora despois chegábase ó muelle "que estamo todos", "!ai¡ falta fulano", vamos esperar media hora ou un cuarto de hora, se non viña "vamonos, vamonos" e quedábase en terra e outras veces non esperar e vir corre, corre, corre, e canto así se o collías no muelle ou ir xa polo Con chegabas ó muelle e "bueno hala adios".
P: Claro si tiña unhas normas senon había que esperar sempre pola xente ¿non?
R: Hombre, claro porque senón cada un viña cando quería e tiña que haber un aquel do que mandaba.
P: Entonces ó salir collendo rumbo para fóra das illas xa se empezaba a distribuir o traballo
R: O traballo xa estaba distribuido de tódolos días, todos os días era a misma cousa.
P: Traballos fijos, ¿que había? O motorista.
R: O motorista e o ruedista.
P: O ruedista era o patrón de pesca?
R: O patrón de costa, é o patrón de pesca, despois había os mariñeiros que tiñan o puesto o do colcho, o da jareta e o do calóns eses xa non montaban guardía.
P: Eses eran fijos casi sempre.
R: Eses eran fijos, en varios barcos, noutros iban por vez, pero na maioría eran fijos e despois eses xa non montaban guardia senón se traballaba, senón aparecía peixe para traballar, estaban toda a noite a durmir, ou no rancho ou na pana ou donde tuveran sitio, si iba a chalana ó mar ou se miraba peixe tiñan que estar anque sea, toda a noite alí e os da chalana había barcos que o escurecer xa iba a chalana o mar aparecera peixe ou non aparecera.
P: Os barcos cando iban rumbo á pesca levaban a chalana a bordo.
R: A bordo, na popa, e cando se salía para o mar según se mirara o patrón tivera pesquisa de que, pois por aquí apareceu peixe ayer ou anteayer o tal ou dixerome, entón botaba a chalana ó mar senón, se había que buscar moito tempo, a chalana iba a bordo namáis que iba o patrón e mais os dous de guardia a proa mirando ó mar.
P: E a chalana ¿que a levaban tres chalaneros?
R: Tres ou dous, según fora o barco e mais a chalana, pero polo menos tres,
P: ¿Que función ten o chalanero?
R: O chalanero, a chalana, quere decir en vez de ter boia para aguantar no tiro de popa, non estaba a chalana e tiña a galleta esa que lle chamabamos nós e ó chegar... entón vai amarrada pola popa e van dous homes a bordo e si se mira peixe, "a ver xente arriba, xente arriba", e o patrón fai a maniobra de mirar para largar o aparello según mire e tal e o momento de decir "arría".
P: ¿A chalana, cos homes a bordo xa?
R: Cos homes a bordo, os homes teñen que andar a bordo sempre. Estando a chalana no mar os homes a bordo.
P: ¿Pero cando se arría do barco xa suben os homes ou suben despois. ?
R: Cando se arría... ah, suben despois, sí, si tirase primeiro coa chalana e despois atracase ben, párase o barco, ¿non sabes? E aínda que sea pouco a pouco van dous ou tres homes, aguantanlle ben na boza para que eles embarquen, porque non se embarca así como así, e cando hai vento menos, cando hai mar e vento hai que ter cuidado non vaia a cair un home o mar entón embarcan "xa estamos listos, xa pode ir avante" dille un vocero, o vocero é o que manda despois "ala darlle avante que xa están a bordo", ala xa apareceu o peixe e o patrón di listos, listos, e según el mire, "arría" o da boza arría a chalana, o que anda o calón tira co tiro e despois co calón e xa vai salindo.
P: E o tiro queda na chalana. E o tiro queda xa amarrado na chalana.
R: Na chalana xa vai un a popa que é o que aguanta en todo, e o do remo ou os dous dos remos...
P: Van vogando para aguantar a..
R: Para aguantar, xa vai mirando por onde ven o barco e sempre vai aguantando mellor para dentro que para fóra. Porque se lle abres para fóra hai que salir a moito tiro e así mellor para dentro xa vai cerrando un pouquiño despois o chegar.
P: O barco dá todo o cerco...
R: O dar o cerco arría despois o calón de abaixo e ven alargando o tiro, o tiro de abaixo, hasta que chega cerca "para" mandan parar e o barco vai pouco a pouco, pouco a pouco, e o chalanero que ten o tiro na man, na man non ten o tiro debaixo do pé, nas mans ten unha tira que hai, mais libre para poder tirar, tira a bordo ¿non? e os de abordo xa a collen e xa empezan a tirar por ela entón o empezar a tirar por ela, el solta e corre e xa sale pola popa do barco.
P: E queda por detrás do colcho.
R: E queda por detrás do colcho entón os outros tiran e collen a jareta de arriba e xa a pasan para a maquinilla e despois xa siguen tirando polo calón e os de abaixo van tirando polo calón e mais pasan a outra jareta de popa, a pasteca tamén, e halan hasta aquela.., hasta onde chega o giratorio, porque a jareta nova leva un giratorio para sacarlle as voltas ¿non sabes porque esa clase de materias sempre ten voltas, entón para sacarlle as voltas, aquel giratorio vai... poucas saca ¿non? algunha que salga... despois hai que sacarllas a man as que queden sen salir e coa misma xa chega o aparello arriba.
P: Mentras tanto na chalana que fan por fóra.
R: Están mirando, as veces cando hai moito, "ala veña muchachos", e outras veces que non falan que "andan aquí catro lagañosos", según hai e despois aguantan no colcho se había de poñer o charango non se pon, non habendo chalana ponse o charango colgado, xa o falamos tamén, ahora poñen unha tralla, porque ahora non hai chalanas, ahora poñen unha tralla na botavara do palo, entón aguantaban eles na chalana ou no colcho e habendo moito peixe, moito peixe, atravesabase a chalana, porque se facían dous moños collíase... porque se colles solo nada máis que... seguido o peixe pesa moito na enxagua hai que apretalo para despois meter o truel e collelo ben, e si é un lance grande pesa, entón haille que facer... colles unha braza ou dúas de colcho e fas un muñón, enlealo, para que todo aquel peso esté alí, e fincalo na chalana e alí sentaste enriba ou poste de rodillas enriba, e aquilo aguante, e si atravesas a chalana, fanse tres ou dous según os que anden na chalana, un a propa outro a popa e outro no medio da chalana e canto máis xunto estea o aparello mellor, porque máis aguanta, e despois según se vaia sacando o peixe, pois vaslle arriando colcho, arriando colcho hasta que non quede nada, se leva todo o barco, e hai veces que non o leva, entón arriase xa e xa queda polo mar aboiado.
P: E a xente que está arriba no barco, que se distribúe ¿a todo o costado?
R: Ó costado despois cada un xa ten, xa hai un costumbre, están alá máis a proa, outro gustalle estar máis a popa, outro gustalle estar no medio.
P: No medio, tirando polo paño.
R: Tirando polos paños, alí é cando entra o ánimo "a ver veña, que hai muchachos, apurar"
P: Eso dá gusto, estar a traballar cando se mira peixe ¿Non?
R: Cando se mira... e senón e cando vai peixe, e anda malo en vez de tomar 20 tomas 10, pois... inda te animas máis, bueno non te animas, desanimastes ti, pero e cando hai que dar máis ánimos uns ós outros par acabar logo e ir dar outro lance, ahora cando hai unha enxagua del, dis ahora xa hai unha venda grande e se vai máis con calma, aínda que con calma no mar nunca se anda, sempre se anda apurado.
P: Nesa maniobra o patrón que se pon a proa, dirixindo a todos.
R: Si, sí, o patrón despois é quen dirixe é quen.... despois xa a xente está acostumbrada xa sabe cada un o que ten que facer.
CARA B
R: O patron tamén, as veces é quen manda porque según como se queira traer o barco, porque xa ten cadrado xente de querer decir.. " botar todo nunha caixa, para que vamos manchar o barco e tal" e despois botar todo a popa e estando lexos, entrar unha fria de vento e despois mirarse apurados, andar a cambiar o aparello para proa e o mellor o patrón según mire, di: "non non esas 20 ou 30 cestas que hai a cambialas", se mira que o tempo... a botar a proa, porque hai que ter cuidado.
P: Por que según estea o día, así se coloca o peixe.
R: Mira, aquí Pepe de Juan o fillo de Juan de Almas, debesno conocer, o pai de Pepilo e deses, ¿conocelo?, bueno, tuveron un barco que lle compraron o Lardeiro que lle chamaban "O Ardilla", el en compañia de Verísimo o pai de Melita, despois fixeron un que lle chamaron o San Juan, aquel barco era maís grande que el, e eu fun nel un... porque eu iba cando non tiñamos nos oficios baixos, e fun uha vez, fixemos un lance a fóra de Carallóns, na boca do sur, e eu estaba o calón, no cabeceiro de popa aguantando na enxagua, no cabeceiro de popa, e estaba o pai de ese ¿como lle chaman? Ramiro o Cancelas que era o pai de aquel que collía moitas gaviotas, ¿como lle chaman?
P: O Pitán.
R: O Pitán, o pai do Pitán aguantando no colcho e eu aguantando no cabeceiro e estaba un da Meixoada, e estaba o Landín o moreno a salabardear, e claro enchemos a caixa de popa, enchemos a outra que estaba arrimada ó motor, que era a máis grande, primeiro esa e despois a de popa e o barco estaba anegado e dícelle o patrón, pregunta "que, que peixe hai aí" e dixéronlle: "aquí, 30 ou 40 cestas todo máis" e díxenlle eu "mira o peixe que hai na enxagua non o leva o San Juan" "home ti non miraches peixe nunca" quen non mirastes peixe nunca fostes vos, porque eu estou aquí aguantando o cabeceiro tendes dúas caixas de peixe cheas e eu teño os mesmos paños na man non me zafa nunca teño o mesmo gordor de aparello na man, entón ten que haber moito peixe, porque senón ¿vos non estades metendo sempre paños a bordo? e eu teño os mesmos paños na man, a min non me safan os paños, vos os paños que metedes a bordo son os que se escapan dos pés co peso do peixe, ¡coño! si se colle peixe, claro que se colle peixe, porque hai moito peixe senón non colliades.
P: O que para que era fondo ¿non?
R: Bueno, cambia para proa, cambia a enxagua para proa hai que ir levando para a proa ¿non sabes? encheron o castillo de popa, ¿e ahora, que queda aí?, 15 ou 20 cestas, o peixe que hai na enxagua non o leva o San Juan Pepe díxenlle eu "mira que non o leva o San Juan" nisto cambia para popa outra vez para botar no abanico, ¡ai¡ que a ides a facer, !ai¡ que a ides a facer, bueno nisto non sei quen deu unha voz, e diso, "hai as pedras aquí, as pedras aquí, unha pedra" mirou unha pedra, e díxenlle eu ¡coño mirastes a pedra ó ollo e o barco non varou o barco cargado de peixe e non varou o barco, entón levantei a cabeza e mirei para o faro de Sobrido e mireu para o faro de Monte do Ferro e todo estaba aberto, ¡pero vos¡, ¿e sabes quen andaba tamén? o difunto do "Boi" ¿o Boi coñecechelo ti, que era o filo de Rodal o máis vello, ¿non te das conta? e aquel era un mariñeiro bo, medio patrón, tamén anduvera tuvera o pai tamén barcos da ardora e el tamén anduvera de patrón, e agarrou o primeiro que fixo foi o desembozar a jareta de arriba e embozar o rizón, e tirouno ó mar, non calou, non calou o rizón quedou colgado e díxenllle eu ¡coño¡ o barco.. agacharonse as pedras, o que mirou as pedras, marcharon aquí, porque o rizón non cala nisto claro o decir vamos a varar todo o mundo arriou nada máis que quedei eu e mais o do outro calón o da propa tiraron cos trueles, deixaron os trueles na enxagua, ¡e ahora¡ ahora había un truel vello pola popa enriba do guardacalor, estaba alí por si acaso, empezaron a meter... e todo era, fijate ben, por non manchar a caixa de proa, fijate ben, non querian enganchar a caixa de popa, entón dali a un pouco, por terra de nós, pasou o barco do teu tio o Pescadillas que lle gobernaba, andaballe de patrón daquela, xa el non andaba ó mar, andaballe de patrón Jesús o concelleiro, andaballe de patrón el, e pasou pola terra de nós e díxenlle eu "mira a ese barco agachanselle as pedras inda vai pola terra de nós, a nós hai media hora que estabamos enriba das pedras e ese barco pasa pola terra de nós, e iban inzando a chalana ¿non sabes? metendo a chalana a bordo, e o patrón chamou ¡coño a ver si lle daban un truel para acabar de meter o peixe, díxenlle eu pero que estás a charmar oh, coa faena que levan o motor andando e os homes a veña, e tal cando e así e unha chafallada ¿non sabes?, como te van oir home e el a dejuro que non lle quixo falar como che vai falar, fomos oprimeiro barco que fomos ó mar e cando nós ibamos para Vigo xa salía o difunto de Gorrión, Pepe o Gorrion, xa salía, xa botara o peixe, xa salía a buscarnos, porque desconfiaban, o San Juan foi o primeiro que foi ó mar, son as 4 da mañán, xa todos estabamos vendidos, xa estamos descargados os máis deles, e el non chegou, a este barco pasoulle algo. Topounos á proa de Bouzas., el en busca de nós e nós para a ribeira, chegamos as 4 da mañan a pouco máis non hai quen nolo levante.
P: Pillou moito entón
R: E podiamos cargar de todo e ser os primeiros en chegar a Vigo, truemos cento no non sei cantas de cestas, porque despois na caixa daquela veu mediada nada máis, pero o que botaron no abanico se o botan naquela caixa nós traiamos 200 cestas de peixe e estabamos media hora antes, se se guian por min de botar o peixe na caixa de proa, porque se asi houbo que despois abocalo, senón estabamos hasta a mañán e mais non cargabamos o barco, estabamos hasta a mañán, porque con aquel truel non traias máis que dúas ou tres patelas de peixe, non traias unha cesta nin dúas nin tres, e así estuvemos alí, por iso che digo eu que hai que e ter costumbre para todo e hai que guiarse por todo.
P: Nesa faena cando van os rapaces que fan
R: Os rapaces están alí a chicar agua ou a dar os trueles, todo mundo ten traballo.
P: Ou a encender as luces ¿non?
R: As luces ese e outro conto ahora xa non teñen ese traballo ou xa non tiñan desa porque xa veu o dinamo non as luces e cando era todo de aceite, aquilo era mortal cando era de aceite ou de carburo, anduvemos co Colludo, o Colludo e Manolo o pai dese, bueno, andaba un de aquí de Berducelo que lle chamaban o... ¿como lle chamaban Maria?, aquel, o rapaz aquel que se casou en Domaio, ¡ai¡ Dios mio, non me acordo ahora, bueno el andaba de rapaz e tiña un farol que apagabase as primeiras, andaba todo emborrado de aceite polas mans, polo corpo, de borro, porque non funcionaba moi ben a mecha ou tiñamola apretada ou floxa o como facía, e todo era fume canto botaba, e había que andar a limpar o farol sempre, e eran un faroles destes... que era un barco dun palo que lle chamaban, o Niño Jesús, tiña un palo solo, entón era un farol coas tres luces, a blanca a roja e a verde, mentras que nos barcos de puente levan a roja a un lado, a verde a outro, e no palo de proa o tope a blanca, pero aqueles como non tiñan máis que aquel palo, pois nun farol mesmo levaba as tres cousas, unha por un lado outra por outro, e outra diferente, e cando se apagaba ¡mimadriña¡, canta faena tiña aquel rapaciño e despois encenderono chanchullo con carbón ¡ala encender¡ e cando andabamos en Cangas, cando anduven eu en Cangas, tampouco inda non había... era o ano 35 ou 36 inda non había dinamos nos barcos de pesca, algún xa os tiñan, pero no que andaba eu tamén, inda eran de aceite, e para meter o peixe tamén era o chanchullo e foi cando o outro lle preguntou a ver a Mel chamábanlle Rafael e el chamábanlle Mel a ver Mel encende o chanchullo, xa vou, Mel encende o chanchullo mel xa vou a ver home acaba, e dille... romperase... non sabes que as caixas de mistos tiñan aquelas....
P: Rascaduras.
R: E como tiñan as mans molladas marchouselle e el "Mel acabas de encender ou non acabas", "Non ten descadeira" díxolle que non tiñan descadeira, "a descadeira tiñaa túa irmán" (risas), aquel home era matarse a risa con el e sempre estaba a fastidiar ó pobre do rapaz e era un rapaz que canto máis quería... poñiase nervioso e menos facía, eu cos rapaces sempre me levei ben unha vez anduven con outro, non sei en que barco foi.
P: E os motoristas axudaban na faena ou non
R: Había algún que axudaba pero polo regular o motorista non.
P: Daquela non se chamaba engrasador, era motorista engrasador facía todo o mismo, eléctrico.
R: Todo, todo, era andaba un solo no motor un solo.
P: Un solo facia a electricidade.
R: Tiña todo, tiña todo despois xa empezaron a traer un axudante pero polo regular un solo.
P: ¿De que cabalos eran os motores, máis ou menos?
R: Habíaos de... cando empezaron os de gasolina eran de 7 ou 8 cabalos os de gasolina os kermas, despois xa empezaron a vir os de gasoil, no primerio que anduven eu de gasoil era na casa de Primitivo, andaba de motorista Miranda, Miranda que era o home de Naya, o home de Naya chamábanlle Miranda era o motorista, despois anduvo na última...
P: Eses que iban a Leixos, non?
R: Non, non. Era por aquí, era un motorciño de 10 cabalos nada máis, era como unha máquina de coser, era como unha máquina dunha costureira, estrenamolo alí, a noite que o estrenou aquel home non supo máis que lle mirar oído aquí, oído alí apalpa cunha man por un lado apalpa polo outro toda a noite levou así, era a primeira noite que andaba con el nunca mirara un motor daqueles e cando foron a montar dixéronlle como tiña que facer e onde tiña os defectos e tal si hai algun defecto, aquel home despois, ¡mimadriña¡ aquela noite ¡mimadriña! aquela noite non parou en toda a noite de mirar para o motor, e despois saliu un bo motorista, eh! E era casi analfabeto, ou sin case pero dábaselle moi ben, e quen era tamén un motorista bo aquí era o Dario, o pai de ese chaval que lle chama o Chano ou ese, ese tamén era bo motorista, pero eses eran motoristas polo tempo que levaban.
P: Pola experiencia que collían.
R: E iban ós talleres cando había unha reparación, ou unha averia e alí aprendía, e fijabanse, tíñanlle amor ó oficio.
P: Entón cando empezaron a ir a Leixós.
R: Aquí non había barcos para ir a Leixós, había que traelos de Vigo, os que andaban a castañeta ou en Cangas, en Cangas había barcos, porque a Leixós había que botar dous ou tres días, ou según, podías chegar e pescar, xa eu anduven eses dous anos en Cangas casi, casi sempre pescamos na costa do sur da Guardia para o sur sempre tiñas a sorte de facer un lance ou dous e xa viñas cargado. Ese ano farteime de acarrexar peixe, eses dous anos canto peixe deu a gana.
P: ¿Cantas horas lle levaba máis ou menos?
R: Según donde estiveras, desde a altura de Leixós oito o nove horas.
P: Xa está ben.
R: E despois... porque andaban pouco, mira dunha ocasión no tempo do movemento había cota, entón eses barcos de Cangas, tocaballe traer 105 cestas, entón claro nós fixemos un lance e collemos e veu outro de Cangas, que lle chamaban "O Mosur", o sogro de, do Ramiro o do almacén, bueno dalí da ribeira era tamén, e o ter nós a cota, porque nós xa sabíamos, a caixa de popa chea e mais un encaixonado que había ó estribor, 105 cestas e abocámoslle a el, e el tamén colleu a cota e aínda lle sobrou, pero como non tiña a que darlle abocou ó mar e nós arrancamos, e el inda quedou a meter o peixe a bordo e tira, tira e tira e ó chegar a Vigo, xa o outro estaba botando o peixe ¡coño xa temos 40 cestas en terra¡, fíjate ben, como botou alí para o remitente, alí en terra estaba atracado ó muelle onde atracou para ir a lonxa e alí xa empezou a botar, cando nós chegamos despois de darlle o peixe a el, e el cargar o barco e todo xa tiña 40 cestas en terra cando nós chegamos, fíjate a diferencia de barco a barco no andar.
P: Claro. Si bastantes máis horas.
R: Como eran 8 horas de camiño.
P: ¿E había moita diferencia de motor a motor, moito máis caballaje?
R: Si, si había moita, por ejemplo o motor de Lestón ó de Pepe Fanico xa lle comía dez ou doce cabalos ou máis ou máis.
P: Na faena cando veñen a vender a lonxa de despois de traballar, ó vir a lonxa os mariñeiros descansan.
R: Os mariñeiros non fan nada, que van facer si hai sitio donde botar unha roñada, botan unha roñada, senón hai que vir en cubierta, si o barco ven cargado de peixe teñen que vir en cubierta, todo o mundo.
P: E donde durmían ¿no catre?
R: No catre o que tiña catre, senón arrasto na pana.
P: Na pana, abaixo.
R: Debaixo en cubierta, e senón en cubierta tamén bótase o chaquetón por riba da cabeza e (inaudiblle) (20.50) e outros cantando e outros falando.
P: E cantos viñan de guardia?
R: De guardia viñan dous son os que teñen que vigilar si ven un barco pola popa, moitas veces hai que vigilalos a eles, había que vigilalos a eles porque durmían máis que os que iban no catre pero os bultos iban alí eles tiñan que ir alí.
P: Tamén eran os que iban mirando si había peixe.
R: Eses tamén vai cando, van co patrón para dar señales e mais para mirar e dar co pandullo, porque as veces o peixe non se mira a menos que lle des co pandullo, a darlle co pandullo o peixe móvese, entón o patrón mira, e hai patróns que lle gusta moito o pandullo e hai patrón que non o queren a menos que eles manden, como lle des un pandullazo sen mandarte xa malo e hai outros que como non lle des pandullo xa dín "oes que fas aí" porque lle gusta que sei eu ese patón que anduven eu en Cangas, como lle deras un pandullazo sen mandarte xa che decía ponte alá a popa ponte alá a popa xa non te quería mirar diante, sen embargo o Lestón había que darlle pandulo sempre seguido, mirarase peixe ou non se mirara, había que darlle pandullo e nada máis.
P: E cando chegaban a lonxa a puerto ¿como facían?
R: Ó chegar a puerto o encargado o que leva contas, colle unha muestra.
P: Ese é o encargado representando ós mariñeiros.
R: Representando ós mariñeiros e mais ó amo, alí na lonxa representas ó amo ahora que despois, quen ten a responsabilidade si o peixe sale mal ou sale picado se hai que facer un arreglo porque non era o peixe como se cantou, eso ten que andar o patrón pero polo regular o de contas leva as contas.
P: Como lle chamaban a persona.
R: Chamanlle o listeiro uns chamanlle o listeiro outros o de contas, bueno ese colle a patela bota 10 ou 12 ou 15 ou 20 xoubas, ou peixes ou xurelos ou os que sean e ponnos na lonxa, e poñenno á cola ¿non? segun os barcos que haxa e o chegar o vendedor ou o representante do vendedor, que o vendedor non está alí está un representante e xa te conocía ¿non? ¿que traedes? "tantas cestas", canta por tantas, sempre se cantaba por 2 ou 3 máis anque fora de menos, pero polo regular traes 20 cestas cantas por 25 ou cantas por 30 según o que viñera e coa misma ó chegar o teu turno canta e o da lonxa "se venden tantas cestas", e os remitentes xa os conociamos, antes cantaban a voz poñían por ejemplo 100 pesetas, 99, 98, 97 de riba para abaixo hasta que chega o que quere comprar "mia".
P: Si e para a subasta aí.
R: Ahora non ahora teñen un reloj eléctrico e dicen, "se piden tantas cestas" e marca 100 e ven encendendo unha luz e eles teñen un botón, e xa para e xa marca o número ¿quen e? "fulano" ¿para onde vai? "para Cervera ou para Massó", cando era para fábrica e senón para terra, para Botas ou para outro, para o remitente entón xa che decía si era para terra xa che decian "levar o barco para tal sitio" para estar máis cerca do almacén.
P: ¿Para descargar?
R: Para descargar.
P: E quen se encargaba de descargar?
R: Os mariñeiros, había dous ou tres según o barco de tanda que eran os que facían a guardia, a tanda era para todos ese chámanlle os de envase e despois están os que terminan, hoxe estamos de envase ti máis eu, e mañán veñen os que nos relevan a nós e nós quedamos de patela, patela era antes para botar a agua ¿non sabes? pero ahora xa non está iso ahora xa hai bomba ahora ven a bomba do motor ou da maquina. Non tes que andar...
P: Cando ven o barco de pescar colle un día claro de sol ese peixe hai que botarlle agua enriba non ¿ven asi ó sol?
R: Non, non. Tápase cun toldo o sol pouco tempo pode estar.
P: Si, porque normalmente lévase de noite
R: O da agua é para que o peixe ablande para poder collelo coa patela
P: O mellor para descargalo.
R: Para descargalo.
P: ¿Para queixóns iba?
R: O queixón era a medida antes, ahora non, ahora enchen caixas, ahora ven un camión, ahora non se vai a fábrica ahora ven un camión e di "trae tantas caixas" "vendemos 20 cestas ou 30 cestas" e pouco máis ou menos xa saben as caixas que veñen, ven o camión coas caixas pesa libre ¡eh¡, pesa, coa misma carga, carga, está cargado non hai máis peixe, volve a pesar como pesou tanto e ahora pesa tanto, tanto de peixe, ahora vai por quilo non vai por cesta como iba antes, antes non cando viña un camión traia queixóns e había que encher os queixóns.
P: E para as fábricas igual.
R: E despois había que ir a descargalos as fábricas, había algunhas que xa descargaban eles, pero polo regular había que ir a descargalos, e despois tiñas que vir desde a fábrica a pé hasta a ribeira.
P: A ribeira de volta outra vez.
R: Outra vez de volta porque había algúns que te viñan a traer pero outros non, dependía de donde era o camión, se o camión era de alí da ribeira si traiate xa, como viña para a ribeira, ou se tiña parada na ribeira.
P: ¿Cando cargaban en camións iban co camión hasta a fábrica a descargar?
R: Hasta a fábrica para descargar. E pagábanche as tiradas, porque a fábrica tiña iso, dábache un real ou dous, un real en queixón, esas tiradas eran po changüi, englobábanse no changüi, ¿non sabes? por exemplo si tiñas cen pesetas de changüí e trinta de tiradas, eran cento trinta a repartir entre todos.
P: Entre todos.
R: O changüí tanto ganaba o patrón como o rapaz.
P: A tripulación tiña que quedar a bordo mentras... E cando levaban o barco hasta a fábrica.
R: ¡Ai¡ entón había que descargalo na a fábrica, según se tiña muelle, muelle se non tiña muelle e o barco era pequeno, como os que había antes, varabase coa proa, entonces os de sacar do mar arregasabanse e collian o queixón e levábanno a bordo e alí enchían os de envasar e mais os de patelas eses quedaban a bordo enchían o queixón e os de sacar do mar collíanno e levábanno hasta a area seca ós que iban a acarrexar alí collianche a tí e levaban para alá, para a fábrica e o outro queixón para a bordo.
P: Si non calaba o barco tiñan que pasalo a chalana.
R: E si o barco non podía.. na chalana.
P: E xa eran encargados os chalaneros.
R: Os chalaneros son os encargados de andar coa chalana, pero de sacar do mar, non sacaban.
P: E acabada a faena esa, despois volven para a casa para Moaña.
R: Para casa.
P: E durante a ruta ¿fan algo?
R: Durante a ruta nada ¿que vas a facer?
P: Dividirán o peixe que lle toque do quiñón ¿non?
R: Eso é o vir para a casa de... non vindo do mar para a venda.
P: Non, non ó vir para a casa.
R: Ó acabar de botar o peixe, sea na ribeira, sea na fábrica sea onde sea o estar envasando dicenlle ó patrón (interrupción)