MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· Os panos de arrente as augas traballan máis cos do fondo
· A Xunqueira como secadeiros de redes
· Como recollían o boliche entre dous ou tres homes
· Anécdota de cando recollía o aparello co seu cuñado
· A requisa das rapetas. Tipo de peixe que capturaba. 0 bou traballaba no inverno. 0 uso do boliche estaba regulado con vedas.A arte foi utilizada
· Coa marea chea non se podía atravesar para ir 0 Con
· A sardiña collíase co xeito. Os trasmallos lárganse coa marea chea. As rascas pescan o peixe que malla
· Ir ó valo, siñificaba chapar cos remos na auga para que o peixe asustado mallase na rede
· O bolo péscase co aparello da ardora e de malla chousiña 0 que anda ós oficios baixos soe ter unha rapeta un boliche,un bou pezas dos bogóns,nasas etc
· Chegou a facer un aparelliño de 15 a 20 brazas en forma de rapeta.
· A mellor época da nécora é o inverno. Opina que as novas medidas das vedas son incorrectas e asegura que acabará coa nécora
· As chalanas viñeron para auxiliar ós barcos e logo evolucionaron para a pesca meténdolle corredor, panetas, talme, etc. As lanchas de antes para ir ó boliche eran do tipo das traíñas
· Descrición dunha gamela de procedencia de Coruxo que tivo unha gran influencia por Tirán
· Os galeóns eran os balandros de carga que navegaban a vela ou a remos. Solían levar leña a vender a Vigo e traían mercancía para os comercios
· Os de Berducedo traían sacos de leña ó lombo para vendelos en Vigo
· Enchían os galeóns con area en monicos de carachas
· Os comercios principais de Moaña eran os de: Ventura e Namorado
· Bogaban nos balandros cando non había vento
· Os croques foron traídos en pimpóns dende a ría de Arousa. As dornas usaban remos en cruz e a pá era curvada . Bogaban de puxa
· Os das dornas dormían no barco. Tiñan viveiros e vendían o peixe vivo
· A instalación das bateas son recentes
· Os nomes da partes dunha embarcación: Talme, corredor, cadeira, ensai pana, paneta, carel, remadoura, talete, madeira, bance, pinchón etc
PAÑO, TENDIDO DOS APARELLOS, ENCASCADO
R: Había paños que salían malos, nunca todos salían, ou traballaban máis, por ejemplo arrente ás aguas xa traballaba máis que os de abaixo, e sempre había averías, e botábanlle un paño novo, en vez de estar...
P: Algún xa estaba tamén cascado e curaba ¿non?
R: ¡Ai¡ si os paños xa había que curalos, os paños así que os traían, xa tiñan dous ou tres paños curados ou catro ou cinco, un coma Pepe Fanico tiña dez ou doce.
P: E cando se traía esa rede ¿a donde se levaba a secar? á Xunqueira máis ben.
R: Os aparellos, os paños por aquí, todo isto por aquí era area ¿non sabes?, aquí, arrente aquí, donde están os coches aparcados desde a plaza para acá hasta a Casa do mar todo era area, despois donde empeza , poñamos por ejemplo ese verde, de aí para abaixo xa era area fina, chamabamoslle nos a area fina, xa era como a que hai ahora alí abaixo, xa non era blanca como a de arriba, e aí xa nunca secaba, entón había que botar -aí chegaba o mar. - había que botar na area gorda, chamábamoslle nos a area gorda á de arriba, como por exemplo nas plaias anque é area fina pero era area gorda, a fina é a outra donde baixa o mar.
P: E cando levaban para á Xunqueira entonces as atadeiras xa miraban todos os descosidos que había ¿non?
R: Xa o sabían. -Os aparellos grandes tampouco os podían tender aquí ¿eh?- Non cabían aquí, non. - E os outros os pequenos e todos iban con carretas a... - Con carretas.
P: Con carretas.
R: Con carretas a tirar.
P: ¿E os carros de bois non se usaban tamén?
R: Os carros de bois eran para os grandes, para os barcos como o que tiña Pepe Fanico, José Dalonso, Lestón e eses, que eses eran aparellos de cen ou cento e pico de brazas, despois os dos barcos pequenos eran de 50, 60 brazas de largo entón esas iban na carreta, pero ó chegar á area alí á Xunqueira, donde está o campo ahora, porque o campo está arrimado ¿eh? Mira que había unha rambla para baixar para abaixo e inda para traer a carreta para arriba inda... e despois na area todo, todos a tirar coas cordas.
P: Si que aí incluso coas mareas vivas ten entrado agua dentro.
R: Ten, montado o monturro. O monturro tenno montado, e entraba máis alá por Meira, pola parte de Meira era por donde entraba máis e mais polo río.
P: Polo río, por donde está o matadeiro.
R: Por alí, por alí tamén montaba muito, pero cando había mal tempo. - Donde están os colegios dos rapaces ahora, no de Reibón había o que chamábamos o pozo das ranas, moitas veces había un aquel para ir para abaixo, un camiño así ancho, ¿non sabes? Había xunco, todo era xunco, entón había veces que cando viña o mar polo río arriba pois non podías pasar porque o pozo das ranas quedaba todo cheo da agua. - En mareas vivas anegaba todo, eran as marismas que había por aí. -Chegaba o mar case a unhas veigas que..., nos tiñamos unha veiga alá en Meira e non podíamos pasar porque anegaba todo, toda a Xunqueira quedaba bañada, chegaba o mar as Raíñas. - Bueno, o camiño alto nunca o montou. -¿Cal?- O camiño que iba pola casa aquela arriba. - ¿Polo matadero aquel?- Non, polo matadero pero o matadero está máis para acá. -Bueno pero non montaba todo aquilo Enrique, todo aquilo quedaba bañado, muitas veces hasta lle bañaba o campo de Lestón. -
P: E os días de temporal tamén.
R: O Lestón tiña un campo alá donde ten as casas ahora, tiña un secadero con postes e pinos enriba ¿non sabes?, tiña un secadero para el, tiña un secadero alí que lle comprou a Agripina todo. -Non arrendoullo. - Arrendoullo ou comproullo home. -Comproulle o de arriba non sei a quen llo comprara, donde ten ahora as casas tamén era matadero, donde ten as casas Marucha, donde vive Marucha, tamén era secadero. - Tamén era secadero sí, pola parte de abaixo era secadero. -Despois había tamén postes pola parte de abaixo, donde está o campo ahora. - Despois fixeron, iso fixoo Obras de Puerto, que inda levaron os postes despois de que viñeran as obras, cando viñeron as obras estas, o aterro este, inda trueron para aquí...
P: Eses da plaza todos eses.
R: Eses que había aquí na plaza, inda viñeron de alí da Xunqueira. -Onde está ahora o Salitre. - É verdad. No Salitre non, no Salitre non hubera nada. -Alí tendía... - ¡Ai¡ a tender, tendían os pequenos.
P: E despois de tender e armar volvíase outra vez ó proceso do casqueo.
R: Despois cando se facía o aparello novo era que xa estaba curado, quero decir curado, era que xa podía ir po mar.
P: Xa podía ir po mar, ¿non lle daba outro casqueo? Dáballe...
R: Danlle despois de traballar, danlle cada 15 días ou 20 días - O mar lávalle a casca. - Lávalle a casca, queda blanco outra vez, blanco de todo non.
P: Eu acordo de sacar polas ventanas que tiñan no medio unha especie de rodo, de rodo que iba no aparello para as carretas ou para os carros.
R: Para as carretas para ir po mar, ou o ser da casca para ir para tender.
P: Ou metelos para tender tamén.
R: Para tender da casca, porque a casca había que secarlla porque senón non pegaba.
P: Manchaba muito as mans.
R: Manchaba, bueno, inda manchaba despois de seco.
P: ¿Despois de traballar con ela no mar?
R: Despois non, despois non manchaba, pero ó vir da casca manchaba. -Sen embargo o nylon nin casca nin nada. -
P: O nylon unha maravilla.
R: O nylon ahora... ademais outra cousa, nos cos boliches aquí e cos bous e coas rapetas e pezas do bogóns e todo iso había que secar todolos días, porque se non secabas todolos días enseguidiña pudría, e ahora non, ahora xa vas por aí por e miras unha peza alí as nasas alá todo tirado alí.
P: Si porque antes mirabase pola area cantidad de... de boliches que prácticamente collíanno un home ou dous solos ¿non?
R: Namais.
P: Namais, metían no lombo...
R: E nada máis. - Nunha banda un noutra banda outro e no cope outro, tres. -
P: Iban tres.
R: -Para cargar iban tres- E para traelo dende a pedra da Cousela que é na punta do muelle, está alí, hasta aquí arriba.
P: ¿A pedra quedou debaixo?
R: Non, ahora está a flote, está pola parte de fóra, está mismo arrente, arrente á punta mismo, bueno e para traelo desde alí hasta aquí xa había que... xa o lombo caía, e ás veces traía eu e mais meu cuñado Fanchuco solo, eu unha banda e el a banda e mais o cope, eu collíalle a gola namais así no brazo, e el o resto do cope todo ó lombo, e viñamos.
P: Con el todo mollado claro.
R: Con el todo mollado.
P: Iso pesaba muito.
R: Unha vez non sei se ela se dará cuenta, viñamos do mar, viñamos de Samil xa fartos de traballar e de vogar, e chegamos aquí e xa estaba casi pleamar, e el xa quixo cargar o aparello sen vestir o pantalón de aguas, ou o chaquetón de aguas, tuvemos unha discusión os dous "¡Eres coma un señorito!" díxome el, "¡Micago no mar, pero costa tanto vestir un chaquetón!" porque el era, meu cuñado era un safallas, era fuerte pero safalludo eh¡, temos berrado coma cans e sempre eramos amigos, ó acabar de berrar xa eramos amigos. -E despois había que ter conta de que non lle chegase o mar. - E despois había que ter cuidado de que non chegara o mar. -O mar estaba á rambla e tiñas que collelo antes de que chegase o mar cando eran marés mortas non chegaba tanto arriba pero case, case chegaba sempre arrente. - Casi casi sempre chegaba, - Casi, casi, sempre chegaba- Aquí non se facia outro oficio, non se facía outra cousa: "A ver que ven o mar hai que coller o aparello e botalo abordo" -Despois para botalo a bordo así como traías as bandas abocabas alí e xa quedaba listo para cando marcharas po mar, xa non tiñas que facer outra cousa. -Era un traballón iso. - E despois cando veu a requisa das rapetas que non te deixaban andar coas rapetas, había que vir a tender as veigas para que non mirara o contramaestre.
P: Eso xa foi ahora ¿non?
R: E salir con noite... xa hai tempo, - Non foi ahora- salir con noite po mar e vir con noite para casa para que non te mirara.
RAPETA E OFICIOS BAIXOS
P: ¿E a rapeta que pescaba?
R: A rapeta nada, a rapeta é a cousa máis inútil que hai, e o bou tamén pero... o bou xa parece que rastrexa un pouco máis, -Ainda pescaba bastante-pescaban peixe claro, ! pescaban home¡, a rapeta pescaba palomitos pequenos, chocos pequeniños e nécoras tamén algunha pero xa non era o mismo.
P: E iso tamén o pescaba o bou, ou tamén iba máis á nécora, máis a...
R: Máis á nécora, máis bruños...
P: Máis bruños sí, marisco en si ¿non?
R: De marisco de cuncha non, dese de...
P: De pata ¿non?
R: De pata, choco grande, pulpo, porque xa vai máis a fóra, a rapeta é para andar por aquí por baixo namais, por donde andan os boliches das luras para terra aínda.
P: ¿E a rapeta usábanna todo o ano ou por temporadas?
R: Andábase por temporadas, hai quen anduvera todo o ano.
P: Na época en que hubera as palomitos pois andábase...
R: Aí está as palomitos é por este tempo, pouco máis ou menos de aquí en diante, hasta por San Bartolomeu moito, hasta noviembre.
P: E ó bou tamén.
R: O bou é no inverno, polo regular andaba no inverno, ahora andan todo o ano.
P: Si, ¿e o boliche?
R: E o boliche, pois o boliche no verano, no tempo da lura, no tempo do chincho e do buraz, quero decir, o boliche... - Este ano namais que dende julio. - Ahora sí, ahora puxéronlle unha veda, ó boliche puxéronlle unha veda, ahora empeza de julio, pero antes cando non había esas vedas pois empezaban xa... por ejemplo, a últimos de Abril empezaban a vir catro buraces ou catro chinchos que ahora buraces non os hai tampouco, viñan catro chinchos e ibas a buscalos, e ó mellor xa empezaban a haber catro barbos, o barbo tamén se pesca ben co boliche.
P: ¿Había bastante?
R: Antes había, había algúns, había que saber buscalos ¿non? As postas, porque ese hai que saber as postas.
P: Falando de postas, ¿cando usaban a arte? tamén durante toda a época.
R: A arte, antiguamente era toda a época.
P: Toda a época.
R: Toda a época sí, porque se non era un peixe era outro, sempre había, no inverno era o espadín, polo verán viña... -Toda a época tamén pero traballaban á mañan solo. - Á mañan e mais á tarde según.
P: E usábanse as postas que había tres ou catro en Moaña ¿acordase máis ou menos de... ?
R: Si as postas eran no Arroaz, eran na Mosqueira, aí no muelle - Onde teñen os barcos os mexiloneiros, alí era. - Alí era a Mosqueira.
P: ¿E alí non había muita pedra para traballar?
R: Non, porque a pedra queda pola terra, si hai pedra, pero despois ves a rapar donde hai area ¿non sabes? ó rapar viñas...
P: Hacia o muelle.
R: Aí está, hacia un lado ou hacia outro, entón rapabas donde había area, a pedra quedaba polo lado. Non, o muelle antes era aquí frente ó Vaticano, que alí era donde estaba o muelle de madeira e mais donde tiña o café...
P: Meu abuelo.
R: Teu abuelo, era mismo na esquina de José Dalonso, donde ten a casa ahora Antonio.
P: Si Antonio donde está a entrada do Real.
R: A entrada do Real, alí era o muelle, e inda ese muelle acordo eu facelo, inda no había o... ter que baixar por escalas para ir po vapor, e mais para ir para O Con, para O Con con pleamar non se podía ir.
P: Había que ir con marea baixa.
R: Había que ir con marea baixa.
P: Pola area.
R: Pola area, donde vai ese... o ramal ese que vai hasta o Con dende o muelle todo era area, onde están as casas era donde iba o muro, o muro da Graña, por alí adiante.
P: E o xeito que se usaba prácticamente no verán ¿non?
R: O xeito é para a sardiña.
P: Para a sardiña.
R: Para a sardiña, o xeito é para a sardiña.
P: Sardiña xurelo e este tipo de peixe.
R: Xurelo non. -Algún chincho colle. - Bueno ben peixe perdido, tamen colle un cabalucho, entendes.
P: Si o xurelo xa me dixera que era medio mundo.
R: O xurelo é para o medio mundo e mais hai que ir fóra, aquí colle un chincho que veña a fóra ou un xurelo que anda na illa perdido, iso si.
P: E o trasmallo tamén se usaba durante todo o ano?
R: O trasmallo andaban eses que andaban á rabaliza e iso tiñan que aproveitar os mares chans, que non fóra mar vivo, tiña que estar o mar coma...
P: Si que no inverno prácticamente non se usaba.
R: No inverno casi pouco, había días, pero... o defunto do Colillo iba a mirar o mar alá ó Aguieiro desde un monte que hai aí no Aguieiro miraba alá Balea ou aquilo.
P: O Aguieiro é donde está a Pandiña.
R: Alá pola Pandiña, bueno, pois iba alí a mirar e según o que mirara iba ou non iba, e muitas veces ir e ter que dar volta, vogar hasta Sobrido ou hasta a Illa e coa mesma vir para casa sen... -Tiña que ir mirar por terra, ahora hai catalejos, pero daquela... Tiña uns o Señor Manuel e pediallos para ir mirar o mar sempre- Uns prismaticos- Unha vez fóronlle os ladróns á casa e roubaronllos pero despois superon onde os puxeran e colleronnos. Naquela casa deronlle un cento de timos. Como estaba sola non sei cantas veces foronlle á casa.
P: E as pezas prácticamente se usaban para coller a pescadilla, a carioca, o peixe que andaba volante no mar.
R: ¡Ai¡, despois hai pezas desas sí, rascas chámanlle ou... e pescan pescadilla, e pescan faneca, e pescan... de toda a clase tamén, despois hainas.... esas máis laxas, eses trasmallos de dentro da ría dos que che dixen o outro día, dos que collen chocos, sollas, esas hai varias clases delas.
P: Chegan casi hasta o fondo para coller.
R: Si esas quedan postas, esas son de... e as do bogón tamén son de...
P: ¿As do bogón tamén son pezas?
R: Tamén son pezas.
P: Son pezas de malla máis pequeniña.
R: Aí está, xa son de 14 e 15 a cuarta.
P: O bogón úsase máis alá sobre o inverno.
R: Esas úsanse no inverno. No inverno, antes de..., poñamos por exemplo, de enero para adiante, ou de diciembre a últimos de diciembre, cando se acaba toda... pois vaise ó valo, o valo quere decir, faslle un cerco pouco máis ou menos donde mires ti e (golpes) aválalo para que mallen.
P: Dase con canteos ou con... Aválase o peixe.
R: Aválase o peixe
P: Así con unhas pedras redondas que se amarraban...
R: ¡Ai¡ ese é o pandullo, ese é para o boliche e mais para a ardora.
R: Entonces o valo que dice ¿con remos?
R: Cos remos, a chapar.
P: A chapar cos remos.
R: Chap, chap, entón el vai e malla. E despois de marzo en diante ven o desovo, o apousento, o apousento é onde vai el a desovar, porque o peixe cando está a desovar, ese, traballa muito para un lado e para outro, pero así como vai, malla, fíjate ben, o peixe o que é, por exemplo está aquí nunha pedra, poñamos por exemplo na pedra de Rivas, con baixamar sabes ti que queda en seco, case toda, e a xente sabe que está alí o apousento, e ven un, larga unha rede por aquí, ven outro xa encheu un pouco máis por dentro del, e ven outro... hasta que por riba, despois no medio, xa enriba, ó estar pleamar queda toda tapada enriba da pedra e ven o peixe entra para dentro, para donde ten a semilla, que lle chaman o apousento donde el fai o niño, porque o apousento é un niño, e alí ven a desovar ó niño, como os páxaros ó niño, e cando entra non malla, malla ó salir, ó salir malla, ¿e como vai por toda a rede e vai alí?, e a última que larga que é a que está alí é a que máis pesca, a que está enriba de donde está o niño. -E ven toda a rede chea de semilla. - Bueno a semilla é deles de fregarse tamén,
P: Claro primeiro desova e ó quedar presionadas arría a semilla.
R: Claro arría a semilla.
P: A mirilla toda quedaría nas redes.
R: A mirilla toda claro. -Que traballo daba. -
P: ¿E non debía estar prohibido collelas nese momento?
R: Non estaba, debía estar pero non estaba.
P: Porque é semente para outro ano ¿non?
R: Pero arría muita semente ese peixe.
P: Non desde logo si.
R: ¡Mimadriña! Ahora non hai. - AhorA quen as colle son os... -antes andaban catore ou quince bogoneros e todos traian-.
P: ¿E para coller o bolo que aparellos se usaban?
R: O bolo hai que collelo con un aparello da ardora, coma ese, pero ten que ser chouziño, unha malla xa de... malla do bolo.
P: ¿Aquí na ría tamén?
R: Si, anda el en xarabal tamén os hai despois grandes que os toman tamén á arte ou á rapeta pero unha ducia ou un cento pero esos xa son así, pero cando era ese que tomaban o bolo ese era cerco de jareta, gastaban os de Meira pero unha malliña moi pequena para que non lle marcharan, senón marchábanlle todos ¿Quen ata nun aparello deses ¿oh? Non hai agullas para atalo. -antes había unhas agullas cortas, tiña que ser unha agulla corta. -
P: E todos estes aparellos usábanse sempre na misma lancha ¿non? No mismo, un bote ou un barco ese servía para todo.
R: Si, sirve para todo, despois, poñamos por exemplo, o que tiña un boliche xa tiña un bou tamén para cando se acabara a del, tiña unha rapeta, tiña unha peza de bogóns, tiña... porque había que aproveitar todo canto... o que andaba ós oficios baixos tiña que aproveitar todo canto...
P: Entón según a temporada tiña o seu aparello, o tipo de aparello.
R: Aí está, según para o que se usara... -Nos fixeramos como un aparello de ardora... - Espera, despois viu, prohibiuse o andar cos boliches, e aquí hubo un home antiguamente que disque fixera unha rapeta de anillas e eu claro estabamos aquí non podiamos ir ó boliche e como elas, ela e mais a miña cuñada eran atadeiras, "coño fagamos unha rapeta" e fixemos, fixemos un aparelliño de... ¡ai¡ tiña 15 ou 20 brazas de largo ¿non? - Inda está aí. - Inda está aí sí, pero fixémola dunha maneira, na primeira botámoslle seis brazas de alto, noutra nove, e despois no medio xa tiña doce, ¿non sabes?, e fixémola así e puxemoslle sete anillas e andabamos un pouco coma bou e despois ibamos por baixo e pescábamos. E despois Uva vigilou e xa fixo a toda a altura, un trociño pequeno para o bote, pero xa non fixo coma nos. -Da feitura dos da ardora ¿sabes?- Da feitura dos da ardora, igual, pero xa non fixo coma nos, máis alta a un lado e mais... xa fixo xa toda a altura, e bueno se pescaba, pero nunha cuarta de agua ¿non?, un pouco fóra xa non chegaba, non era o mismo. -Pescábase de todo. - Pero pescaba de todo temos andado ós barbos con el, porque os barbos van ás beiradas a fozar na area, unha clase de area que hai ó lado das pedras, entón hai que largar en aquelas posturas a donde vai el, anque non mires tes que traballar a hachar, si están tómalos senón...., pero hai que ir sempre a aquelas posturas, vas largando arrente ás pedras, arrente arrente, para que non prenda, e si están tomas, si non están...
P: E logo outro tipo de aparello, como as nasas, as nasas úsanse depende tamén de...
R: As nasas depende do que haxa.
P: Si é do camarón é a partir de...
R: E verdad, a nasa largas por donde ti pensas, por ejemplo, para as nécoras pois na pedra, onde haxa petóns ou pedra grande ou como sea.
P: ¿E cal é a mellor época para a nécora?
R: A mellor antes era no inverno.
P: No inverno.
R: No inverno pero ahora é todo o ano.
P: Ahora van todo.
R: Ahora hai todo o ano, porque ahora mismo, porque eu non sei que quere esta xente de ahora non sei que quere, ahora mismo lle pediron ós da Xunta, que lle deran a veda neste tempo, se neste tempo é cando está criando, disque lle deron palabra de as blandas tirar con elas e as que tiñan pampillo tamén, ¿ti cres que tira alguen con algo? bueno hombre bueno, o que non vale catro vale dous e todo ven pa bordo, e han de acabar con elas ¿eh? Han de acabar coas nécoras.
P: E eso que as nécoras se reproducen moito.
R: Ahora é cando cría, neste tempo, porque os que puxeron as vedas antes, sabían por que as puxeron.
P: Tiñan unha experiencia.
R: Tiñan unha experiencia, e sabían por que a puxeron, entón vimos nos os sabios ahora, a sacar.... porque xa a ameixa e o croque ¿non tiñan veda xa? ¿Por que é? -O croque no mes de maio desova, o podes coller xa. - Desova, e a ameixa tamén desova. -Son sete meses de veda, cando con tres meses chegaba. - Ahora xa está bo, non é cando está bo, ahora é cando está mellor, despois xa empeza a perder, e a nécora é o que se dice, quedan sin nada, quedan sin nada. Porque mira, nos, eu e mais meu cuñado anduvemos muito ó raste, e aí donde está a boia de Rodeira cando había camaróns, cando era tempo de camaróns, collíase muito camarón, e había veces mira o que cria a nécora, porque nadie sabe o que cría a nécora.
P: Cría muito.
R: Buf, eu seino por iso, porque aí, ibas a meter a man para coller o camarón e comíanche os dedos as nécoras, e necoriñas así.
P: Si pequeniñas.
R: Pequeniñas así, comían os dedos, xa estaban a mirar cando metías ti para trabar xa, e como teñen a tenaza tan pequeniña, collen pouquiña carne ¿e ti sabes o que doe aquilo?
P: Son peliscos.
R: Porque como collen pouquiña carne, si colleran muito non podían apretar.
CARA B. EMBARCACIÓNS
R: Que van a quedar sin nada, e son eles ¿eh? Claro como veñen os turistas e este ano ou por este tempo, válelle moito, pero ¿E despois? Que van a quedar sin... que non van a ter que coller.
P: Están tirando pedras sobre o seu tellado porque se esquilma o mar despois a ver.... Vamos a falar un pouco entón, ¿que tipos de embarcacións houbo máis ou menos ou había en Moaña?
R: En Moaña namais que botes e...
P: Había botes, ¿as chalanas?
R: As chalanas eran para auxiliar.
P: Para auxiliar os barcos, viñeron despois ¿non?
R: Dos barcos, pero despois viñeron despois e despois fixeron chalaniñas, porque as dos barcos xa eran de outra feitura ¿non? Ó mellor non tiñan corredores, nin tiñan talme, nin tiñan nada, namais que a paneta de proa a de popa e a de proa. E despois xa fixeron de esas chalaniñas para ir a un bou, para ir a unha rapetiña, así un home e un fillo, un pai e un fillo, ou dous, e foron facendo desas pequeniñas xa con corredores, con banquiños e con todo iso ¿non? E despois viñeron estes barcos pequenos do... estes motores que empezaron a facer ahora. Antes viñeron tamén as lanchas do boliche, unhas lanchas xa iban ó boliche con oito ou dez rapaces ou homes.
P: Que era tipo bote ou máis...
R: Tipo trainera.
P: Tipo trainera si.
R: Tipo trainera pero... se habían ser de 20 metros pois de 10 ou de 5.
P: ¿Chamábanlle traineras ou traíñas?
R: Chamábanlle traíñas porque traían o nombre de trainera de alá do norte e aquí era traíña.
P: Aquí eran traíñas, e alá cando truxeron eran traineras.
R: Eran traineras.
P: E as gamelas, o que son as...
R: As gamelas, esas viñeron de Coruxo.
P: ¡Ah¡ viñeron de Coruxo.
R: Esas son de Coruxo, porque esas por exemplo ós costados das lanchas de esas traineras son... os bances son pequenos non todo máis que teñen é media cuarta ou por aí, hai que facelo e atascalo ben, apretalo ben para que non faga agua, mentres que a gamela o costado xa é de arriba a abaixo, e todo unha tabla, e o plan todo máis dúas.
P: E a proa é igual que a popa.
R: E a proa é igual que a popa, e ademais teñen outra cousa, o plan vai de proa a popa tamén, que as chalanas é atravesada, a baranda da chalana e de proa a popa, pero a da gamela é de proa a popa non é atravesada como o plan da chalana.
P: ¿E que era máis práctica a chalana ou a gamela? ¿según para o que se usara?
R: Eso, según para o que se use.
P: Porque aquí inda había bastantes, inda foi... porque se veu dende Coruxo inda...
R: ¡Ai¡ por aquí non houbo moitas, por aquí non, pero en Tirán, no Canaval, no Canaval eran todas antes eran todas gamelas, no Canaval, en Cangas, no Espírito Santo vamos alí no Forte, no Forte muita gamela tamén, en Balea, muita gamela.
P: E cal era a diferencia así para traballar entre a gamela e a chalana, cal era máis práctica, a gamela ou a chalana.
R: Era a máis práctica é a gamela porque é máis grande un pouco, e ó mellor máis liviana, con ser máis grande ó mellor é máis liviana porque non leva tanta madeira, tanta...
P: E pode traballar tanto na proa como na popa.
R: Traballa, bueno e aguanta tamén bastante ó costado.
P: Pero sin embargo despois para remar é peor ¿non?
R: Para remar é o mismo tamén.
P: Non corta tanto as aguas como a chalana de proa.
R: ¡Ai¡ sí, chapa, chapa e mais aguantaban vela tamén, ahora que tiñan un timón que... era coma esta mesa, timón muito timón, pero andaba en vela ben.
BALANDROS
P: E embarcacións que se usaran así aparte para pesca había outro tipo como eran os balandros.
R: Andaban os galeóns para acarrexar area e carga antes...
P: Que eran máis anchotes ¿non?
R: Eran.. ¿ti non miras eses que hai para o mexilón?
P: Si.
R: Eran desa feitura, coma as do mexilón, chamaban galeóns pero era a vela, ou a vela ou a remo, cando estaba calma vogaban, e aquí tiñan os muiñeiros José o Muiñeiro e mais Manuel o muiñeiro.
P: Eses eran motor xa.
R: Despois, pero antes xa os tiñan antes do motor, despois púxeronlle os motores claro, eran os que traían a mercancía de Vigo para aquí, para os comercios. -Ademais que levaban a leña. - E levaban a leña dos de Berducedo, e as piñas e todo iso, porque Berducedo sempre tratou muito na piña, iba para ir a vender a Vigo.
P: Como estaban máis cerca do monte, tiñan o monte por aí e aproveitaban ¿E a zona de Meira e... ?
R: -Mira para cargar o barco cargaban aquí arrente da nosa casa, na de Primitivo, gardaban alí e despois viñan polas tres da mañán a cargar o barco. -
P: Viñan con carros de bois cargados.
R: -¿O que, con carros de bois?, os carros de bois eran eles. - Traíannos ó lombo.
P: ¿Traían os feixes ó lombo?
R: Ó lombo, os carros -Feixes non, que eran sacos. - Sacos, pero a leña en feixes, claro. -A leña era para vender aquí, para Vigo pouca iba. - Pero... para Vigo iba máis piña si. -Iba máis piña e mais achas, para as cociñas e iso, e levaban en sacos, había un home que lle chamban o raposo alí en Berducedo, aquel traía un saco. -Aquel traía unha tonelada de peso ó lombo. -E madrugaban as mulleres naquel tempo con faroles por alí abaixo por Berducedo, e deixaban así por donde había os quinteiros aquí, antes deixaban gardado acarrexaban para alí. - Bueno e en Domaio, e en San Adrián había eses galeóns tamén, e iban a buscar area ós areeiros e mais ás plaias para levar para as obras para Vigo. Os homes con monicos, ¿nunca miraches un monicos de cachas?
P: Si.
R: Bueno, andaban un sete ou oito homes, tiñan unha plancha de 15 ou 20 metros, e gorda, e poñíanna os barcos encallábannos de popa ¿non? Proa para fóra e popa para terra e sabes que tiñan a popa cuadrada, os galeóns tiñan a popa cuadrada, e poñíanse un ou dous con unhas palas a encher e 5 ou 6 a carrexar, e levaban por ejemplo se eran 6, 8 monicos, dous a encher e un axúdaballe ó que viña e tira, coa misma...
P: Po lombo.
R: Po lombo.
P: Descalzo subido...
R: Descalzos e arregazados por aquí arriba.
P: Subindo polo tablón ¿non?
R: Polo tablón e iban pan pan pan, ¡que costumbre tiñan muchacho¡, porque o tablón ó ir movíase ¿non sabes? - O tablón tamén tiñan que poñelo para embarcar tamén. - Bueno tamén.
P: Tiña banda ¿non?
R: - Era un tablón gordo. - E coa misma despois cargaban o aquel, ó encher o mar mete a bordo e para Vigo, xa, se había vento vela se non había vento con dous remos a vogar de pe, vogaban de pe, pero polo regular sempre había unha brisa de vento ¿non sabes?
P: Si, e eses galeóns...
R: E pedra traían a pedra.
P: Eran como as traíñas eran huecas polas cuadernas ou tiñan por riba xa para...
R: ¡Ai¡ tiñan, eran cubertas.
P: Estaban cubertas ¿non?
R: Estaban cubertas, a area e mais a pedra levaban todo enriba da cubierta.
P: Todo enriba.
R: Todo enriba da cuberta, e o galeon da carga tamén, sin embargo, en Tirán había unha que era ou do abuelo ou do bisabuelo de túa nai, chamábanlle os de Román e mais había outro que era o Fixón, o Román era patrón da do Fixón... bueno, eu sei que había, era a lancha da pasaxe tamén, aquelas xa traían a carga abaixo, levaba a carga de Vigo para o Con iba un comerciante a Vigo ó almacén e catro sacas de patatas, unha de azúcar, unha caixa de xabón, outra caixa ou dúas de...
P: ¿E traían bocois de viño tamén?
R: Bocois de viño se non había viño por aquí, antes pouco viño había, aceite traían ¿non? E despois iba un carro, cada un collía o seu e levaban e xa sabían de quen era ¿non? Esta para fulano esta para, xa traían un vale. -Despois viñan os carros a buscar a mercancía, pa Berducedo. - Para Berducedo ou para donde fóra, pa Abelendo e pa todo iso, e ós muiñeiros xa lle descargaban a Ventura aí, cando estaba pleamar xa poñían o... porque Ventura era donde está o Banco de Galicia ahora...
P: Si, estaba aí.
R: Bueno, pois ahora donde está o... donde embarcan os viaxeiros do autobús alí xa descargaban alí, dabanlle un boleazo e xa lle entraba dentro da casa.
P: Si porque o comercio máis grande de aquí era o de Ventura ¿non?
R: -Era o de Ventura, Namorado tamén era pero... - O máis rico era Namorado, -Pero tiña máis mercancía Ventura. - Pero Ventura despois veu e puxo máis negocio, fixo máis negocio, truio o negocio máis moderno, e meteuse na raba, meteuse na gasolina tuvo a gasolina aí tamén, sempre anduvo por diante, - tostaba os cacahuetes tiña unha máquina dos cacahuetes ¿Sabes en donde? donde está ahora a casa de Jarís, alí poñía a queimar... - O tostadero, e o Namorado atacaba máis ó campo e ás veigas, tiña máis... era outra cousa, era outro comercio, Ventura era máis comerciante, Namorado era un taberneiro, era un taberneiro de pouca monta.
P: ¿Entonces os balandros aproveitaban o viaxe para alá para traer a mercancía para acá outra non?
R: Para alá levaban namais que os sábados, a leña e eso, pero despois a mercancía para acá, iban todos os días, e se non tiñan mercancía palá levaban... porque antes os barcos de carga eran poucos os que atracaban os muelles ¿eh? Non había muelles para atracar, entón levaban as fábricas un galeón tantos centos de caixas para mandar de conserva para Barcelona ou para Cádiz ou para Canarias ou para donde fóra, (corte). Falaramos que os balandros que tiñan a carga en cubierta ¿non? Que levaban a carga en cubierta.
P: A veces non levaban puente.
R: Pero inda levaban o timón á popa, pregutáraseme antes como vogaban, vogaban cando estaba en calma, cando non había vento entón vogaban.
P: Iban todos a vela.
R: Eso, iban a vela antes de ter os motores, despois foi cando viñeron os motores, puxeron motores os de Moaña, os de San Adrián, e os de Domaio e todos empezaron a poñer motores, e levaban a carga en cubierta, subían pola rambla ou pola plancha, tiñan unha plancha para subir e baixar, os que andaban á area cargaban a area en monicos e iban correndo abocaban, había dous a encher e a axudarlle e sete ou oito a acarrexar, cargaban o barco e despois en seco, co mar para abaixo e despois cando nadaba o barco cando enchía o mar outra vez e nadaba o barco, iban a levala a Vigo, e en Vigo descargábanna para poñer en montes para o seu destinatario, cada un levaba...
P: En Vigo colocabannas según...
R: Según quen lle fixera o pedido, a quen lle levaban o pedido.
P: A distribuír e para alí iban co balandro e despois...
R: Exacto, e despois os que andaban aquí á mercancía, como os Muiñeiros e... iban polos comercios a... viñan os dos comercios e iban os comerciantes de aquí a facer ós almacéns a Vigo os pedidos, e eles levaban de todo.
P: O traballo era todo ó lombo.
R: Ó lombo. Todo ó lombo porque eso sabes que de grúa nada.
P: Os monicos, os sacos...
R: As patacas iban en sacos e se foran bocois de viño iban a bolear e o viño para Ventura traíanno e boleabanllo arriba, se era aceite viñan en bidóns de aceite tamén, bidóns de ferro, e si eran sacos de patatas ou castañas, ou azúcar, ou arróz, se viñan en sacas, entón iban ó lombo todo, fariña.
P: E sal, a sal eran montañas de sal que traían.
R: O sal xa iban en monicos, o sal había que levalo xa...
R: Falamos das dornas ahora un pouco.
P: As dornas o outro día a súa muller decía que truxeron os croques de Rianxo para aquí.
R: Pero os croques non viñan en dornas, viñan en a modo de galeóns tamén uns botes que había que lle chamabamos pimpóns.
P: Os pimpóns.
R: Chamabanlle pimpóns.
P: Tiñan aquí tamén os pimpóns.
R: Había por aquí tamén, eran uns botes, e vendían... traían a caixóns, traían por caixóns, e collíanlle herbas e despois facían viveiros, facían viveiros e en Meira tamén había.
DORNAS
P: Eu pensei que eran as dornas.
R: Non as dornas non, as dornas son para pescar.
P: As dornas non son propias de aquí da ría.
R: Non, son da Ría de Arousa.
P: De Arousa.
R: Maiormente en Ribeira e en Camariñas, en Santa Eugenia de Ribeira e mais en...
P: De vez en cando chegaban hasta aquí.
R: Na Pobla do Caramiñal, e chegaban aquí si.
P: Chegaban aquí, viñan a unha vela.
R: Viñan a vela e a remos, e durmían a bordo.
P: Era un tipo de vela que non era latina.
R: Non eran velas latinas eran velas de cuadro, e gastaban os remos deses de cruz.
P: De cruz, que eran mui largos.
R: Eran mui largos, e a pala era corveada.
P: Tiña unha pala grande ¿non?
R: Unha pala grande, moi grande, e cando eran dous, vogaba un sentado no banco e vogaban na mesma bancada os dous, e o outro desde popa así de puxa non, chámanlle vogar de puxa, indo de pé e a botar pa diante ¿non sabes? o vogar de puxa era un de pé cara a proa, entón xa miraba e mais vogaba, e como os remos son tan grandes e os barcos son livianos...
P: Que andaba muito ó curricán tamén ese tipo...
R: Andaba ó curricán a pescar, e ademais tiñan, esas dornas tiñan uns viveiros.
P: Si viveiro para o bolo ¿non?
R: Tiñan uns viveiros para o bolo e mais para toda clase de peixe, e andaban con pezas de trasmallo tamén, entonces se collían un lenguado, se collían unha centola, se collían un peixe fino, botaban no viveiro, e chegaban á Ribeira con el vivo, teñen vido con maragotas e pintos así vivos, pero ¡vaia peixes.. ¡ porque daquela había de todo. Pescaban coa liña, según, porque o trasmallo sendo un pouco máis vivos non se pode, porque estes peixes polo regular están sempre nos cabezos, donde hai pedra alta, entón non se pode arrimar tanto alí coa rede, entonces despois pescaban a liña máis a fóra, ahora hai trasmallos que van alá a fóra de Ons pero son máis altos e son de nylon ahora e motores.
P: E decía que esa xente que viña para aquí dormía na....
R: Dormían no barco, tiñan un caldeiro, chamábanlle un caldeiro, unha liña cun gancho alí facían eles, alí levaban as patatas, levaban o sal, levaban o aceite, e o peixe xa o tiñan alí, e comían o que querían.
P: E o peixe que o vendían aquí se o topaban ou non...
R: En Vigo, iban a vender a Vigo, e se lle tocaba vir pa casa porque según á semana ou ó mes eu non sei canto iban, eu sei que sempre había, na illa sempre había dornas, na illa, en Sobrido, nos abrigos, sempre había dornas, entonces cando lle tocaba ir a casa digo eu que irían vender alá, non sei, con todo iso non sei, a Vigo sí, a Vigo viñan moito, e xa traían o peixe vivo, o peixe da dorna valía por tres do de aquí.
P: Eran pequenas ¿non?
R: Eran pequenas.
P: Pouco máis que unha chalana pero de forma...
R: Pouco máis. Pero tiñan máis poder porque tiñan esa sobrequilla que che dixen antes, que facía de orza e andaban moi ben, e habíaas pequenas e mais había grandes, porque tiñan o sitio para durmir, tiñan o seu viveiro, parecía que non... eran cortas de quilla pero despois...
P: Eran anchotas ¿non?
R: Aquelaban de popa, tiñan como un rabo.
BATEAS
P: E das bateas non falamos nada.
R: ¡Ai bueno¡, as bateas...
P: ¿Acordase cando viñeron?
R: As bateas viñeron onte.
P: Son recientes ¿non?
R: Son recientes.
P: As primeiras bateas que se colocaron en Vigo.
R: As primeiras bateas non sei se non serían alá para Redondela e para Domaio e por aí, as primeiras que viñeron, aquí xa viñeron tarde.
P: Porque en principio á altura do Berbés me parece que colocaron unhas cuantas ¿non?
R: Tamén hubo unha ocasión, pero non deberon de dar resultado porque... debéronnas sacar logo, hai muita altura alí, sin embargo aquí cando as empezaron a poñer puxéronnas aquí cerca.
P: En terra en todo.
R: Casi en terra en todo, tanto que chegaban ó cantil, mira ti que ibamos nos á rapeta e ó rastre ou ó boliche, e tiñamos que ir arrente a elas todas a largar, para que nos caíra o aparello un pouquiño no alto, porque todo o peixe está entre o alto e o baixo ¿non sabes? chamámoslle o cantil nos que por ejemplo, aquí ten unha cuarta de agua e unha cuarta máis adiante xa hai un metro, ese é o cantil, o que hai máis no fondón, e despois foronlle dando para fóra e ahora chegan á Guía, e ahora tamén hai en Chapela, que tamén viñeron tarde tamén para Chapela, inda despois de aquí.
P: E ahora levannas para Tirán.
R: E ahora, non, antes de vir para aquí.
P: Non, para Tirán, para Nerga para alá.
R: Para Nerga, están en Liméns e ahora en Barra paréceme.
P: Si en Barra.
R: Ah ¿tamén hai en Barra?
P: Si.
R: Entón xa empezaron a levar para alá. O primeiro foi para Liméns, cando saliron de aquí que sacaron, tiñan que sacar unha de aquí para poñer unha alá, porque aquí estaban mui xuntas.
P: En Barra cando quixeron levar hubo un follón, un conflicto que non querían.
R: En Liméns.
P: Ah ¿foi en Liméns ou en Barra?
R: Foi en Liméns, non as querían os de Cangas que disque non... e cando ven todo o peixe, á comida do mexilón ven todo o peixe, porque un ano aquí, que eu nunca acordei sargos por aquí, e hubo un ano que se tomaban cantos se querían, sargos e rabalizas, había de todo o peixe.
P: Si.
R: O que é que despois viñeron os de Redondela, e lavaron todo porque os de Redondela a donde van queiman o mar, eu non sei eses homes, onde van queiman o mar, empezaron a botar pandullos aí e a tirar pedras ó mar para que lle saliran, porque estaban debaixo das cordas ¿non sabes?, na sombra das cordas, entón eles botaban os pandullos para abalalos, para que lle saliran e viñeran para dentro do aparello, eses son de medo, os de Redondela son de medo, e... que che iba a decir eu.
PARTES DA EMBARCACIÓN
P: E falando así das partes de un barco, a trainera, a trainera ou unha chalana, ou un bote máis ou menos tiñan as partes tiñan o mesmo nombre en case todos incluso nos barcos.
R: Si o talme, o ensai, a pana e a cadeira e despois...
P: Iso que vai de proa a popa.
R: De proa a popa todo é igual
P: ¿O talme?
R: O talme é donde podes dormir ou donde gardas unha pouca de roupa ou donde gardas calquera unha cousa. Despois ven o ensai que é donde metían o rizón, as vetas de amarrar e todo iso, e despois viña a pana que era donde se botaba o peixe, e despois viña a cadeira que é donde se achicaba a agua, e despois ó mellor nunha lancha desas grandes había se ascaso un apartamento pequeno tamén para botar unhas cestas aínda de peixe, a popa no lado da cadeira ou na cadeira mismo, facíaselle un apartamento e tamén se botaba peixe, ou a popa na paneta, despois dependía ou hasta no ensai, se o barco podía e había peixe para botalo, botábase o rizón arriba e as vetas e iba o peixe alí.
P: E o carel ¿a que lle chamaban?
R: O carel é a barandilla toda que ven despois do corredor para arriba, a obra morta, a obra morta do barco é o carel. E no carel iban firmes as remadouras, as remadouras iban clavadas no carel, e á remadoura facíaselle un buraco no medio e era donde iba metido o talete, e o talete era o que aguantaba no estrobo para vogar.
P: Para facer a palanca vamos.
R: Era o punto de palanca, o punto de apoio, e quen aguantaba o punto de apoio era o talete.
P: E da quilla toda saía o que era a cuaderna da...
R: As cuadernas, que lle chaman as cuadernas do barco, sabía tamén o que son pero...
P: E que... coma se foran as costillas da...
R: Son os madeiros.
P: Os madeiros todos.
R: As costillas, o costillaje do barco é o madeiro.
P: E despois o madeiro iba clavado...
R: As cuadernas claro, despois van as cuadernas, as cuadernas deben ser os madeiros, como che vou a decir, maestros, porque o barco vai repartido según a anchura que lle queiras dar, empezas pola proa e a cuaderna é o... debe ser o madeiro guía, despois máis a popa debes poñer outro según o reparto que lle queira dar o carpinteiro ó ancho do barco ou á fasquia do barco.
P: Que son as mestras vamos.
R: Esas deben ser as maestras.
P: As tablas todas que se colocan...
R: Esas chámanlle os bances.
P: Os bances.
R: Eses van todo a golpe de martillo e...
P: De martillo e íbase vencendo con lume ¿non?
R: Íbase vencendo con lume, e coa agua para que non queimara a aquela, e ademais que dobla mellor, e despois os torniquetes eses.
P: Si son as prensas esas.
R: As prensas, unha prensa e vai martillando, e o lume vai doblando e hasta que vai así, e despois fáiselle o arremate no pinchón, o pinchón xa leva unha canaleta, para despois meter alí o remate do... e como xa o bance xa vai feito a medida, tamén xa se lle fai así un... coma un chaflán, coma un chaflán para que pegue, alí pega alí e vai clavado alí e despois leva un pouco de masilla e tal e xa non entra agua.
P: ¿Como lle chama á parte que hai entre o carel e as bancadas?
R: Ese é o corredor.
P: O corredor todo.
R: O corredor todo, nos barcos de remo.