MAR VIVO

ENTREVISTAS CON :

ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS

PARROQUIA DO CARMEN

· Un día que foron a mariscar a Toralla, tiveron que remar bordando a costa

· A praia de Moaña daba maioritariamente ameixa e lingueirón. Este podíase coller coa man, sacho e o ameixó

· 0 bou con vara chamábase bidrines. Levaba unha vara para que non se xuntaran as redes ó alar

· Descrición e uso do raste para o camarón

· O croque chegaría sobre o ano 28 e a súa semente debeuse espallar pola Xunqueira

· O lingueirón de man tamén lle chaman carabela e navalla. Vendíanno directamente as fábricas. O croque vendíase maiormente na feira de S, Xosé

· Anécdota dunha muller de Meira que ía vende-lo croque a Cangas en burro Vendían os fletes de camarón a 3,50 pts

· Anécdota do pai cando ía a seca e enchía as cestas de vides de nécoras

· Os chispolbos era como bois pero máis pequenos e oscuros

· Os pistóns era explosivos que se usaban muito.Anécdota de cando emplearon dinamita

· Nunha ocasión estourou unha casa ó facer pistóns

· As redes mercábanse nos efectos navais de Vigo, logo dábanlle sete cascas para curalas. (outro día)

· Enchían a caldeira con auga e logo botábanlle caracha de pino ou de salgueiro e tamén algo de tanino. Logo dun día ou dous de mollo prendíanlle lume para comenzar o proceso do casqueo.

· Despois da curación de sete ou oito casqueos, collíanse os panos cambiando as cabeceiras polos costados para cortalos. Para face-la ensauga cortaban as mallas chousas

· Cosido da calza a cañete ou a malla

· Cando se dicía que se cosera a cinco o calón, quería dicir que por una malla do calón debía levar cinco mallas da peza

· Cosido do chumbo e colcho entre encola e encola

· Colocación dos garruchos para mete-la xareta

· Como se usa a xareta durante a maniobra de pescar

· Anécdota de cando o peixe colábase por debaixo do aparello

· Explicación do secado dos aparellos e o encascado con chumbos e colchos

MARISQUEO MULLER

R: -Unha vez fomos á Toralla, e veu meu cuñado Fanchuco con nós. Fomos nunha lancha que tiña o defunto de meu pai que lle chamaban "Mª del Carmen". Bueno, ir fomos ben, pero ó chegar cando viñamos de volta, aí ó alto de Cabo de Mar ¿non sabes donde é Cabo de Mar?-
P: Non.
R: -Non sabes donde é. - ¿Non sabes donde é Cabo de Mar?, -para acá de Toralla, - antes de chegar a Samil, onde hai ese farolín, -que hai unhas boias moi grandes, hai unhas boias no mar. - En Arcade.
P: Si eu esa zona conózoa pouco, e ademais como no mar anduven pouco.
R: -Era no mes, había de ser o mes de agosto, levantóusenos unha ventorrada, meu cuñado solo no medio de 10 ou 12 mulleres. - Era norte. -Cada vez que nos viña a mareta... "¡Ai Fanchuquiño Dios mio!" Eramos unhas irmáns destes, estes, as Xacintas, eramos dez ou doce naquela lancha metidas, e bogábamos nós tamén, alí tiñan a popa ó remo. Chegamos, tuvemos que arramblar en Coia, alí a 1-28 "A Pesca da consolación" mollados pingando, alá nos puxemos nunha rambla a pescadera arriba arrente en baixo tamén, e tuvo que vir un barco por nós, "O Celta". - Foi "O Celta" que era do Vinagrero, ti non conoceches ó Vinagrero. -O home de señora Carmen, o primeiro home. -
P: Ai o primeiro non.
R: O primeiro home, non porque claro morreu xa movimiento, ti xa naceches de alí a uns pouquiños anos. - E despois cando ibamos por terra, despois viñéronnos buscar alá, cando viñemos por terra toda a praia de Samil, todo eran uns montes de area todo, había cardos había todo por alí, alí botabamos a tumballazos, foramos por terra todo, foramos no barco todo. - Aquilo era máis bonito Samil daquela do que está ahora. -¡Ai! Mimadriña querida, aquilo era unha maravilla, ¡Ahora como está! Aquilo era todo montes de area.
P: Si, eran areeiros. Teño mirado fotos antiguas de Samil.
R: Todo, todo era areeiro. Hasta había unhas veigas que botaban tomates que case case estaban na area. Tiñan uns tomates la mar de xeitosos. - si casi na area. -Quéroche decir que despois pasábamos ese río, ese río Lagares hubo quen a pouco máis morrera, porque esa area da illa non é coma esta de aquí de Moaña, esta area da Toralla e a area da illa e esa, é unha area máis móbil, ¿non sabes? Móvese máis, entón o río, ó pasar o río dígoche a miña verdad que marchábache aquela terra de debaixo dos pes, hai veces que tiñamos que pasar coas saias levantadas hasta arriba, cando viñamos de volta xa enchera o mar a Toralla, cando ibamos para alá estaba o mar abaixo, entón baixabamos.
E a Toralla ibamos a buscar un quilo ou dous de marisco, tampouco non había gran cousa, pero como aquí tampouco non había. - Non sei se non haberá máis hoxe ca antes. -Non, non hai tampouco. -
P: E aquí a praia de Moaña que daba ¿ameixas?
R: -Ameixa si ameixa. - Ameixa, pero ameixa desa babosa. -E lingueirón tamén. - E lingueirón muito.
P: E o salabardo úsase ahora, antes non se usaba.
R: -Antes non se usaba, levabamos ó mar cando ibamos ó lingueirón levábamos sacos. Puñámoslle unha abertura para que dese ben para botar dentro do saco, despois abriamolo nos, cosíamolo polo lado e entón con dúas trenzas amarrábamolo, e ibas agachada e ibas botando por aquela abertura, porque senón tiñas que levantar muito a man, e mollábaste pingando, porque andabas no mar a eles tamén. -
P: ¿E o lingueirón cómo o collía?
R: -Collíao co sacho tamén. -
P: Co sacho.
R: Facías o buraco e méteselle o sacho e envaras e despois coa outra man colles.
P: E cando estaba coa seca tamén, collía co sacho.
R: -Co sacho. -
P: E non usaban o... ¿como lle chaman? O arpón ¿non?
R: -Ese é para outra clase de lingueirón, chámanlle o can. -
P: O de can.
R: Ese é para o do can. -Ese é máis torpe ¿non sabes? non ten tanto valor como o outro. - En Cangas usában ese o arpón tamén.
P: ¿Chamábase arpón?
R: Chamábaselle ameixó, e en Cangas usábannos para iso, para coller os bos, pero destraga muito. -E máis en Cangas usaban o cuchillo tamén usaban cuchilo, pero nós aquí sempre usamos o sacho, e mais hai quen os colle tamén a man ¿eh?-
P: E usábanse tamén daquela o que é o angazo ou a vara.
R: Daquela non, eso veu despois. -Non había iso, veu despois. - Iso veu despois do... non sei se non viría despois do movimiento. - Non porque ibamos nos a Domaio ás babosas, como é o nombre cadelas, chamábamoslle cadelas, que alí criabanse muitas, muitas, en Domaio criábanse muitas, viñamos cargadas a andar todo. Ibamos de noite ós lingueiróns, e mais todo a andar, toda unha noite tranquila por aquí non había coches. - 6-06 Pois os coches nin (inaudible) había canto mais... -Non había coches daquela. -
P: E o can tampouco había entonces.
R: ¡O Can! O can aínda veu onte, iso do can é novo. Antes non había nada diso home, quen arrastraba un can.
P: Claro, porque o can arrastraio un motor.
R: Inda antes, inda veu tamén unha vez que viñamos eu e mais o Fanchuco do mar dos bogóns, e atopamos aquí un can con un molinete ¿non sabes? Tiñan un cabo de alambre, alambre...
P: Trenzado dese.

NOU DE VARA - BIDRINES

R: Dese trenzado ¿non? e largaban a ciar para atrás entón arriaban o can e co molinete aquel iban tirando, como os... ti non sei se mirarías, os mineiros para traer cando están facendo un pozo, que tamén teñen así. -Aquel rodillo que teñen. - Como un rodillo e eles iban enliando. E tamén eu anduven ó bou de vara, que lle chamaban o bidrines en Tirán e tamén gastaban iso.
P: ¿Os bidrines?
R: O bidrines, o bidrines era un bou, pero levaba unha vara para abrir as bandas ¿entendes?
P: Si para que non xuntara ó tirar logo.
R: Para que non se xuntaran ó tirar. Entonces aqueles pois ibas, largabas a ciar e ó terminar o cabo arriabas o aquel e veña.
P: E iso usábase máis ben por Tirán, ou usouse en todo.
R: Usouse en Tirán, iso máis en Tirán que en ningún lado.
P: E chamábanlle o bidrin.
R: Chamábanlle o bidrín. - O defunto de meu pai tamén o tuvo, e traballaba el solo con el. - El solo e a man. O pai dela gastouno pero xa non halaba con molinillo, xa halaba a man, e debía costar traballo. E ó rastre álase a man todo, o rastre do camarón, do raste do camarón non falamos tampouco ¿non?
P: Non do raste non.
R: O raste do camarón é unha plancha de madeira. -Ahora hainas de ferro. - Ahora hainas de ferro e de tubo... pero bueno, como eran os antigos ¿non? unha plancha de madeira e facíanlle no ferreiro unha man, chamábanlle unha man que é a modo dunha plancha de ferro así, que se clavaba na madeira aquela, e tiña así como un brazo.
P: Como medio arco.
R: Ah, como un brazo para arriba que facía así unha cousa, alí era donde amarrabas a veta para tirar, e tiñan unhas varas, facíaselle un buraco en cada esquina da tabla e unhas varas en redondo.
P: ¿Varas de bimbias?
R: -De salgueiro ou castaño. - De salgueiro, castaño.
P: Unhas que doblaran ben ¿non?
R: -Unhas que doblaran ben. - Unhas que doblaran ben, entonces amarrábanse por riba, e despois iba a veta un viento desde a man un viento tamén á vara, e coa misma largábase a vaciar a veta toda, dúas ou tres veces. O camarón hai que buscalo está sempre no esterco.
P: Si no medio do...
R: Aí está, no medio do esterco, entonces hai que ir a (inaudible) donde está o esterco, e hai sitios que non miras, poñamos por ejemplo, na boia de Rodeira, que se traballaba na boia de Rodeira muito e collíanse muitos, porque hai alí uns fondóns non miras, pero hai que probar, si dabas con eles...
P: Dase muito por alí por Rodeira ¿non?
R: Si bueno, por alí tómase muito.
P: ¿E de Tirán ata o Con?
R: E de Tirán todo, e despois vas facendo onde tes que marcar, porque ó mellor fas un lance aquí e tomaches, pero despois tampouco, vamos a facer máis dalí da porta, na porta cubre e entón marcas e si pode ser sempre o mismo laño, pero despois hai que ter o cuidado da corriente, porque as corrientes ata con eses aparellos tiran, porque ó mellor se vai ou para fóra ou para terra, si te desvías daquel camiño pescas pero xa non é aquilo.
P: Eles están metidos parece incrible ¿non? Que estén....
R: ¡Eh! Naquel, ou será porque teñen máis comida, ou porque teñen máis abrigo.
P: Tenme pasado a min cantidade de veces.
R: ¿Tenche pasado?
P: Cantidad de veces, de coller un lance cargado, dous ou tres quilos e despois no mismo sitio xa nada.
R: Despois nada, pero se marcas entón se non é tanto en cuanto, sempre tomas algo, e cando hai que ter máis cuidado é por aí, pola altura porque no baixo están máis espallados eles, ¿non? por exemplo vas aquí a detrás do Con, alí pola terra do Aferrón, alí na praia do Con, ou na praia da Videira, alí xa están máis ciscallados eles e se non é tanto e cuanto sempre pescas. -Pois os marisqueiros si filliño sí, o marisqueiro ese croque non o había aquí.
P: ¿E sobre que ano veu máis ou menos, sobre que anos se empezou a traer?
R: -Ese marisco debeu de vir no ano... máis ou menos, vouche a decir, tería eu por aí, teño 79 tería eu por aí 14 ou 15 anos. - ¡Ai! xa habías ter máis.
P: Pero foi repoblándose dos viveiros que se facían ou houbo unha campaña que se truxeron.
R: -Non, non, debeu nacer, ou poida que se asentou o que había. Antes non había un croque, viñan de Rianxo, facíamos un viveiro aquí diante da nosa porta, outro viveiro miña tía e outro viveiro outra fulana alí. Comprabas tres caixóns, o que quixeses tí, se querías comprar caixóns e botabas e despois aquel terreno quedaba para tí, sabes que van a ir pero ninguén lle daba a importancia que lle dan ahora ó croque, e viña aquel fulano cunha dorna de Rianxo, de onde veu a semilla do croque e despois levou para Meira tamén muita cantidade, e despois en Meira iban unhas mulleres a vender a Cangas.
P: E os croques ustedes cando facían o viveiro tamén era para vender, claro.
13-50R: Ibamos á feira con el, non se exportaba para a fábrica ¿eh? Non había fábrica.
P: Vendíase por centos.
R: -O único que iba á fábrica era a carabela. - Para comer, nada máis que eran para comer. -E a ameixa tamén sempre levábanna os remitentes para Vigo. -
P: ¿A carabela chamábanlle?
R: Ó lingueirón sí, o outro era o lingueirón do can chamábanlle, e ó lingueirón chamábanlle navalla, carabela, chamábanlle de todas as maneiras, lingueirón, este era o manso o bravo é ese que che digo eu, o do can. Entonces esa a carabela, o lingueirón, ese xa iba para a fábrica, eu e mais unha tía miña ibamos levando a esta fábrica que hai (inaudible) a de Estrivela... levábamolo dende aquí en cestas na cabeza a Cangas, e a Vigo tamén, o lingueirón e mais a ameixa, a ameixa iba para os remitentes para Vigo e iba para Madrid tamén.
P: E o croque á feira.
R: -Á feira e mais á plaza. -
P: ¿E vendíase ben na feira?
R: En Meira había un...
P: Ou non se vendía, cando empezou a vir o croque non o quería nadie.
15-10R: O que, dígoche de verdade que ibamos todas á miseria, tiña que ser unha feira de San Xosé, se nunha feira de San José vendías porque iban a tomar os homes o vaso, alí tomaban os croques nos (inaudible) todo por alí, era onde vendías máis na feira de San Xosé porque do resto...
P: As outras nada.
R: As outras pouca cousa. - E mira en Meira había unha muller que tamén tiña croques, e iba a Cangas tódolos días con eles nun burro, o burro aquel xa sabía onde tiña que parar para quen lle compraba, porque había quen lle compraba, ou cando ela iba a facer a gasolina, tamén sabía donde tiña que parar, eu digo que xa sabía o camiño cos ollos cerrados, porque os anos que entrou aquel burro palá e pacá, por moi burro que fora tiña que saber, e levaba o burro cargado tódolos días, se vendía vendía, senón iba ó muelle de Cangas e aboca, o burro para acá sempre viña libre.
P: Entón cando empezou a vir o croque non tiña aceptación, porque si non se conocía...
R: -Non se lle daba mérito ningún, dábaselle mérito á ameixa máis á cadela mui barata, que iba a peseta o quilo, a real o quilo a dous reales, viñamos nos cargadas de Domaio con un caldeiro si acaso botabas 49 quilos para facer 4 ou 5 pesetas, aquilo xa era unha... porque non che daba ese mérito ó marisco. O defunto de meu pai foi un home que anduvo ós oficios baixos, ten traído as nécoras, as cestas de nécoras.
P: Para estercar no campo ¿non?
R: -Para vender se acaso a ducia a... a 5 pesetas a ducia, a dúas pesetas a ducia, se tuvera aquel peixe que ten tomado o difunto do meu pai, hoxe era unha persona rica, porque camaróns vendíallos á abuela do Caco, que lle chamaban señora Mercedes, ¿non te acordas dela?
P: Non.
17-35R: -¿Non che acorda a abuela do Caco? Que quedou... despois non falaba, falaba así. E ela compraba o camarón e cocíao para levar a Vigo, entón chamábanlle os fletiches, que había así como unhas patelas pero eran unha cousa mellor feitiña así máis... - Era un flete. -E un flete a 3. 50, traía 7 fletes bótalle a conta de canto facía, 3 x 7 facía 4 ou 5 duros se acaso, e despois tiñamos que cobrar a (inaudible), cando chegabas alí moitas veces non cobrabas, era unha risa, quéroche decir que aquel flete debía levar 5 quilos, ahora venden o camarón, o pequeno xa non se quería, e ese camarón vai a 6 ou 7. 000 pesetas ahora o quilo, xa che quero decir a ti, o defunto do meu pai que nos aquí estabamos aburridos das nécoras e de todo aquilo estábamos aburridos, pero era o mundo así. Aquí na nosa casa sempre se valeu do oficio baixo, dese de nécoras, de choco, de lura, de..
P: Si según a temporada ¿non?
R: - De temporada en temporada tiña oficio de todo. - Mira, meu pai andaba a navegar nos barcos eses que iban a América e cando estaba na casa pois non iba ó mar, pero cando viñan as marés altas, as marés vivas, collía un saco e unha tranca, a tranca da porta, non sabes que antes ás portas poñíaselle unha tranca, e marchaba para a ribeira, xa non levaba calzoncillos vestidos, nada máis que un pantalón vello, e arregazaba ata aquí arriba, e iba a zuscar por unha pedra e por outra e aí o viña co saco ó lombo cheo de nécoras, había na casa unha olla que lle chamaban de catro asas, aboca saco dentro da olla a ferver, ó estar cocidas... alí había cestas de vides e sempre quedaba unha ou dúas sin estrenar, entonces ó estar cocidas as nécoras, viña a cesta de vides nova poñíase enriba de catro pedras alí para detrás da viña, chamábamoslle nós debaixo da viña, unha viña alta de poste, detrás da alambrada, aboca a olla e a escurrir, despois alí ibas, se querías con pampullo collías con pampullo, se querías un macho, collías un macho, se querías unha femia collías unha femia...
P: ¿O pampullo que é?
R: O pampullo era... as femias tiñan... -¿Nunca miraches?- Debaixo do papo...
P: Ah, onde está a mirilla toda.
R: A mirilla esa, e despois por dentro había as de corales, corales que son esas cousiñas encarnadas, alí escollías o que quixeras. -As femias sempre están máis cheas cos machos, eu non sei que é, Naturaleza ou como sea... - E chispolbos, uns bois pequeniños.
P: Esos desapareceron prácticamente ¿non?
R: Desapareceron, eses desapareceron.
P: Son unha especie de bois que teñen as tenazas máis oscuras.
R: Eran un pouquiño máis oscuros, porque ese boi é collido fóra e está na area e este estaba na grecha da pedra, había que levar unha varilla con un anzuelo deses e sacalos para afora.

PISTÓNS, DINAMITA

P: Queríalle preguntar ¿houbo un tipo de artes pódese chamar arte que se pescaba moito, eran os Pistóns, era arte ou non era arte.
R: Eso non era arte, eso era... explosivo.
P: Pero usábase muito ¿non?
R: Usouse muito sí, para o caldeo maiormente, si para sacarlle o brío, disque lle sacaba o brío ó peixe, disque, eu non sei, eu sei que anduven un ano en Cangas que ganei moitos cartos, vamos naquel tempo eran moitos cartos, xa anduven dous anos e unha semana alí nun escuro non dabamos co peixe, non pescábamos. O patrón tiña alí uns sobriños e empezáronlle a romper a cabeza "coño, fulano toma porque disque botan bombas, porque tal..." e el "boh! Non me falar..." pero tanto convencelo e tal e xa levábamos unha semana sen ganar un changüí e unha noite, non sei quen truxo, puxeron unha patela chea de bombas, dinamita, non pistóns, dinamita e busca toda a noite, e non topamos nada, pero ante mañan en todo, xa casi ia vir o día, "Ay que manada de peixe mimadriña", "a ver, arría, veña isto" ¡Bom, borrom, bum! Botáronlle tres ou catro bombas, rapa, rapa, ¡nin para comer! "A ver", disto xa era día en todo, cando acabamos de facer o lance, "que embarquen os homes" os que estaban na chalana, eran tres, iban tres de cada vez, "Que embarquen os homes" e a chalana que viña pola popa xa, nin a botaron abordo nin nada. Tira, tira, xa entramos pola boca do Norte, ó chegar ó medio e medio da verja, entre Subrido e alí a illa, díxolle o rapáz chamábanlle Maiel, "Maiel, vai alí abaixo e trae iso para arriba". Aí ven o rapaz, non podía coa aquela, porque había que amarrarlle unhas pedras para que fora ó fondo, e vai el, agarrou púxose así á proa e dixo el "Teño... " non sei cantos anos dixo que tiña de mar, "teño tantos anos de mar, fun tantos anos patrón, teño pescado coma calquera, e non teño pescado tamén coma calquera e nunca usei isto, e ahora tampouco o vou a usar", así como iba bumba todo pola proa. Non se mirou mais nada a bordo, non quería el e punto.
P: Iso estaba prohibido ¿non?
R: Home claro.
P: E sin embargo había cantidad, ¿onde se conseguía, quen o vendía?
R: Eles non sei quen os traía.
P: Eran de estraperlo ¿non?
R: Sin embargo despois ó caldeo si ¿sabes? O caldeo porque como anda o peixe malo e era de día, eses pistóns, namais que iba o pistón non iba a dinamita, o pistón solo, metíanno así e apretábanno cos dentes, que eu non sei como non tiñan medo que explotara e que lle marcharan os dentes polo aire, apretábannos así ¿non sabes? e tiñan así media cuarta de mecha.
P: Encendían a mecha e iban ó fondo.
R: E iba o pistón...
P: ¿E a mecha non se apagaba?
R: Non, esa mecha arde no mar, porque vai por dentro, e vai ardendo, entonces o peixe ó sentir o pistón vai perdendo o susto ¿non? e despois aínda que miraba lanzar o aparello non escapaba tanto ¿non sabes?
P: Aparte a onda de explosión atontábaios.
R: Aí está, atontábao máis, pero había quen os gastaba de noite, e de noite non daban resultado, e había quen iba a pescar coa dinamita. -Gastábase moito diso, unha vez explotou aquí unha casa, ó facelo na casa, explotoulle ó fulano que estaba a facelos, era unha casa (inaudible) o irmán era armador, entón quen facía a maniobra era el na casa, foi unha suerte non ir todos polo aire. - E non lle tocou nada ¿eh? E a unha sin embargo caíulle a pedra da chimenea ou da cociña ou... -Si caeu pedra da cociña pero a el non lle tocou nada, empezaban estes patronciños novos, quen os usaban máis eran os vellos, pero os mozos usaban ben, non había nombre para eles. - E despois uns por conta de outros, e total cando hai o peixe tómase igual.
P: Tómase igual ¿non?
R: -Ahora está o radar. - Pero o radar é para miralo donde vai home, antes tiña que miralos á vista, tiña que ir aboiado de todo e ahora mírasno aínda que vaia arrente ó mar, anque vaia arrente ó fondo sabes donde vai o peixe. (corte)

FEITURÍA DO APARELLO

P: O outro día falamos máis ou menos dos tipos de artes. Hoxe vamos a intentar falar de como se facía un aparello, e como se mantiña, como era o secado o casqueo, a reparación, e todo eso, podíamos empezar eu que sei, ¿cómo se montaba un aparello? As redes que as compraban os armadores ¿non? ¿Que as traían de Barcelona?
R: Viñan de Vigo en paños.
P: Daquela a que era mui fuerte era Barcelona que suministraba todas as redes.
R: Íbanse a comprar aquí ós efectos navales, os armadores non pedían directo de Barcelona, os efectos navales tiñan todo para a pesca, desde os aparellos hasta os anzuelos, e tanza, anzuelos para todo, ata para as fanecas, agullas, tiñan de todo a vender, entonces un armador por ejemplo quería facer un aparello novo, según as brazas pedía x paños que eran de 100 metros, entonces empezaban a curalos, había que facer casca, a casca é de....
P: ¿De que eran os aparellos?
R: De algodón, ahora son de nylon.
P: ¿E de cáñamos non eran?
R: Non, non, os aparellos eran de algodón todos. E viñan eses (inaudible) para curalos e coa misma secábannos, ó estar encascado seca, ó estar secos outra casca, hasta sete, polo menos hasta sete.
P: ¿Os primeiros ou sempre?
R: Sempre, quero decir, mentres non estaban, aquí curábanse para facer novo.
P: A primeira vez ¿non?
R: A primeira vez, sete cascas.
P: ¿E o casqueo todo eso que o facían en alboios que tiñan os armadores?
R: En casetes, encascadores, chamábanlle encascadores, mira o encascador era así, unha habitación, unha bodega por ejemplo, máis grande ou máis pequena, cada un como podía, estaba a caldeira nun lado.
P: ¿Unha caldeira cantos litros podía levar?
R: Unha caldeira pois podía levar... había de varios tamaños, pero...

PISTA 2

R: A caldeira tiña unha villa, debaixo da villa había un pío, chámanlle un pío a un cuadrado ¿non? e alí iba a casca.
P: Unha cunca.
R: Unha cunca, e alí iba a casca, e despois corría, alí despois a casca... bueno pero antes de botala polo pío esa caldeira enchíase de auga, despois botábase a casca que traíanna da Guardia ou por aí, tamén a traían...
P: A casca que era a caracha de pino.
R: De pino ou de salgueiro, pero o máis dela últimamente era de pino.
P: ¿E non traían de Ibiza?
R: De por aí viña, pero quéroche decir...
P: Era unha casca especial, non valía esta de aquí.
R: Esta de aquí non valía, e tamén a traían dos efectos navales, viña en sacos de...
P: 40 ou 50 quilos ou...
R: De 60 ou 100 quilos, eran grandes pero claro non eran pesados porque era casca, entón botábanna de mollo uns días en agua fría, e despois había unha clase de casca tamén que lle chamaban tanino, que era máis ben unha cousa como a brea.
P: O tanino que sería máis ben de carballo.
R: Non, non, era artificial, esa xa era unha cousa artificial. -Viña en pedra. - Viña en pedras e botábanlle unha pouca para darlle un pouco de gracia como decían eles. Despois de que levaba un día ou dous de remollo, plantábanlle lume debaixo da caldeira a ferver, dábanlle aquelas horas que sabían eles.
P: Tardaban muitas horas porque ó ser tantos litros.
R: Ferver logo fervía porque viñan os carros de achas cargados.
P: Dábanlle muito lume entonces.
2-18R: De carbón, de carballo todo achóns así de medio metro. -Como os que viñan para os fornos. - Como para os fornos, e botáballe alí e fervía aquilo e despois deixabanno enfriar un pouco.
P: Que pousara todo.
R: Que pousara no fondo ¿non? e por ejemplo si acababan de facer a casca mañán ou pasado, dábanlle un día ou dous a encascar e había con aquela auga quente un home, entónces iban collendo os paños e pasaban enchupábanno no pío aquel onde caía a casca.
P: Onde o grifo.
R: Si, debaixo do grifo, e tiñan un cuadro que lle chamaban ue ese era o verdadeiro encascador, feito de ladrillos e por dentro unhas tablas e iba un home de medio arriba desnudo.
P: Entonces era grande, coma se fora un salgadouro grande.
R: Si coma un salgadouro. -E despois para cargar o aparello tiñan un carro, un carro feito. - si tiñan a modo dun carro pero era coma un pau para rodar.
P: Si coma un rodo.
R: -Un molinete así. - Senón había que inzalo ó lombo, e estaba o encargado do... o que estaba dentro do encascador halaba e o que estaba por fóra axudáballe un pouco, porque despois había que baixar polo encascador todo en xente ¿sabes?, uns enriba doutros, aqueles homes arriaban a piel.
P: E metían no recipiente ese onde estaba a casca toda.
R: A casca iba quedando alí, o que iba chupando ela despois... pero antes diso antes de meter o aparello os paños así como os traían íbannos metendo no pilo este, ou tamén no encascador, e alí estaban ata que enfriaba a casca, despois tendían, despois outra casca, despois a tender outra vez, e a casca que sobraba despois volvíase quentar ¿entendeches?, por exemplo, hoxe encascamos 10 paños ou 15, ou 20, a tender porque se encascan máis muita xente facía falta, porque había que estiralos, collelos ó lombo, estiralos todos ben estirados, volvelos a tender, e despois limpialos e entonces iban así por paños, e entonces collían e ó estaren curados coas 6 ou 7 cascas, era cando se empezaba a facer o aparello, o que che dixen antes de collelos así e ir ó mar, era xa cando estaban os aparellos feitos. Pero despois facían os aparellos e eses aparellos había que tumbalos, había que doblalos porque os paños viñan dunha feitura, viñan de pe, e entón había que tronzar para poñelos... quero decir por ejemplo un paño é un dedo destes, pero había que partir por aquí e por aquí, para despois poñer este enriba deste, poñelos a outro son, cambiarlle a cabeza.
P: Ó mellor eran máis anchos ca altos e había que adaptalos para que foran todas iguales.
R: Máis largos que altos.
P: Máis largos que altos, entonces iban a cortar polo alto e despois...
R: -Despois encanalos cos outros, pero no medio tantas brazas. - Mira a rede ten dúas feituras, chámanlle a cabeza e o costado, entonces claro para poñelos todos de cabeza, como os paños son de 100 metros, pero si vas a encanar de costado todo fasnos máis anchos ca largos, entónces había que cortalos para facelos máis largos que anchos, e despois dábanlle a largura que quixeran, según o barco facíase a largura.
P: E tiñan que contar as mallas despois para casalos todos.
R: -As mallas había que cortar e despois encanar. -
P: ¿Pero contalas todas as mallas?
R: -Contar non. - Neses aparellos non se contaba, vai por...
P: Por brazas.
R: Por medidas, por brazas. -¿Sabes o que se contaba? A enxagua, que iban dúas mallas, e estaba unha cargada e outra libre, de unha en unha, ou de 5 en 5. - Porque eran máis chouza, porque a enxagua era máis gorda e mais chouza, e ó ser máis chouza se lle vas a poñer as mismas mallas, porque como é máis pequena, chouza é máis pequena, entón a donde iba, entonces claro apuntelaban e según daba, si daba a unha libre ou a dúas, porque aquí chamábanlle unha cargada, por exemplo coller unha é en dúas esa chámanlle unha libre outra cargada. -Iso chámase coller un punto, por exemplo, naquel punto tiñas 20 dun lado, tiñas 30 do outro da enxagua, aquelas había que repartilas, e facía uns puntos a armadora, e entón aquilo ti xa ibas repartindo, a atadeira iba repartindo en aqueles puntos, ó que salira ¿non sabes? de cinco en cinco. - Había que tratar de meter naquela enxagua. Despois de estar todo o aparello listo, había que armalo. -Había que poñerlle unha calza. - Poñerlle unha calza sí, aí está, e poñíanlle a calza que era máis gorda, máis gorda e mais larga e tamén había que ir apuntalada, pero eso como xa iba a cañete, porque chámanlle a cañete cando iba a par, sin embargo cando iba cabeza con cabeza tiña que ser a malla, ou matar ou dando rede con rede iba a malla, pero ó ser de costado tiña que ser de cañete, esa xa era outra maneira de traballar. Despois da calza feita, posta era cando se iba a armar. Os calóns había que poñerlle os calóns. -Había que poñerlle unha calza tamén para o calón. - O calón tamén había que poñerlle unha calza. -E despois da calza había que facerlle unha malla para armar despois, aquela calza despois iba con outra malla grandeira así, que che cupera unha agulla das grandes, e tiñas que facer a calza cunha mediana, e despois había a de armar máis grande, había tres clases de agullas.
P: O calón era de malla máis ancha.
R: O calón é o doble, o calón é como unha banda de boliche. -E despois pegabas aquela calza e pegabas o calón tamén naquelas, e entón tamén o calón tamén había que repartir porque o calón tamen tiñas que ir si acaso todas as cinco todas, daquelas mallas que facías enriba da calza.
P: De cinco mallas pequenas iban por unha de calón.
R: -Sí iba por unha de calón, iba o calón posto así. Despois poñíanlle a tralla, e repartías o plomo e si acaso ibas... - Espérate María non corras tanto, estirábase onde hubera un sitio largo para estirar.
P: Iso que se estiraban na area ¿non? na praia.
R: -Na rambla. - Na rambla, polo muro adiante, este muro que había, ¿non te acordas? Por aquí eran maiormente aquí ou senón levábanno á Xunqueira ou ó muelle. -Os de algodón. - Os de algodón, os de nylon xa se preparaban na casa, bueno, entonces despois había unha vara de 10 cuartas, e iban facendo un punto, empezaban donde encana o calón co aparello, entón miraban unha marca, un cordel, un fío, outra, outro fío así ata as que tuveran, 100, 200 ou 50, según fora o aparello aquel era.
P: ¿A vara esa, que podía ter metro e medio máis ou menos?
R: Era de 10 cuartas, 10 cuartas que son dous metros.
P: Case dous metros ¿non?
R: Case dous metros, bueno, e despois había que apuntalar o paño, e o paño xa levaba dúas cuartas menos, o punto do paño xa levaba dúas cuartas menos, porque esas dúas cuartas menos eran... ou digo, dúas cuartas máis, a da tralla, enganeime eu, a da tralla era a de dous metros, 8 cuartas e despois o paño iba a vara enteira, e entón xa levaba 2 cuartas máis, tamén punto e veña, e despois iba a armadora, amarraba na tralla, onde estaba a marca da tralla a marca do paño e xa quedaba así, e despois viñan as atadeiras a armar e no colcho, e levaba despois cada punto según o que quixera, porque iso iba no gusto do patrón, cinco plomos, catro, pero polo regular eran cinco. -E despois tiñas que repartilo. - E despois tiñas que repartir e a atadeira era quen iba repartindo.
P: Ou sexa a atadeira iba metendo os plomos polo medio, os plomos eran cilíndricos.
R: E xa iban metidos na tralla.
P: E despois amarrábannos ustedes ¿como?
R: Os plomos quedaban soltos entre atadura e atadura, quero decir, como lle chaman María... a min xa non me acorda, entre... -Encola. - Entre encola e encola, porque esas mallas que se fan chámanlle a encola.
P: Tanto nos plomos como no colcho.
R: -Cada colcho o seu. - Cada encola o seu colcho.
P: O colcho xa era máis cerrado, o plomo era máis...
R: -Eu desas cousas entendo máis co meu home, ibamos a 30 colchos e eran si acaso 2 ou 300 mallas, tiñas que repartir aquelas mallas en cada colcho, eran 25 colchos a 25 mallas tiñas que ir a 5 mallas en cada colcho, un plomo eran 4 plomos, e tiñas que ir de 4 encolas 1 plomo, levaba cada punto se acaso 4 puntos e tiñas que repartir tamén para facer seguido igual, 5 encolas e 1 plomo, collías 4 ou 5 mallas e aquelas mallas... - Xa tiñan aquel costumbre. -¿Ti nunca miraches un aparello armado? Bueno pois os plomos, ou os colchos iban calzados cada encola seu colcho, pero o plomo non, había que repartir cinco plomos naquelas mismas mallas, na misma largura, entón tiñas que facer 4 encolas libres e despois unha cargada, saíache a 5 ou 6 mallas.
P: Porque claro, o plomo tiña que equilibrar o peso do colcho, porque si había moito plomo igual iba para ó fondo todo.
R: -Por iso os armadores xa sabían e decían botarlle 3 plomos. -
P: Depende do tamaño do plomo e do colcho.
R: -Ai está do tamaño do plomo e do colcho, se era un plomo grande... - Según era o plomo e mais o colcho, xa lle decían ó armador ou o patrón ou como quería ser, xa lle decían 3 libres 1 a plomo, ou 4 libres e un a plomo, quero decir 3 libre e un a plomo era 3 libres e na outra cargada de plomo, coa misma outras tres libres e ás catro plomo outra vez, e se non era para tanto pois 5 libres. -Sí pareados máis ou menos, igual todo, tiñas que facer aquelas encoras e cargar aquel punto naquel sitio, nin unha malla nin para adiante, unha malla inda podías levar pero un plomo non, ó chegar á última cargabas o plomo, despois de catro encolas que levaba despois outro plomo, catro ou cinco, máis de 5 nunca botaron, e o colcho seguido. - O colcho neses aparellos tiña que flotar, porque o cerco da jareta non é de arrastre é de flote.
P: Dependía para o que fora, non é o mismo para o boliche que para os trasmallos...
R: O boliche é oficio de arrastre. -O boliche é outra cousa. - Xa ten que ir ó fondo.
P: Xa se monta de outro xeito e leva máis plomada.
R: O boliche non leva tanto plomo como o bou, fíjate ben, e é de arrastre tamén, pero o boliche ten que flotar un pouco máis. Ademais o boliche ten outra cousa, que traballa muito a corriente nel, entón por iso é máis volandero e o bou non, o bou ven polo fondo e non traballa a corriente, e mais non é tan alto tampouco como o boliche, que o boliche parece que non pero ten 5 ou 6 brazas de alto, e o bou todo máis 2, todo o mais.
P: ¿E logo despois de meterlle o colcho e o plomo?
R: Xa está listo, xa pode ir po mar, ¡ai! pero despois hai que meterlle os garruchos, os garruchos eran as anillas. -7 levaban. - Nove. -Sete e mais nove. - Pero sete son eses pequenos de todo, nove, entonces hai que medir despois tamén...
P: ¿Iso métese cando o plomo ou métese despois?
R: Métese despois porque van feitas nuns pedazos de cabo, nun cacho de cabo, van adosadas e levan por fóra uns... como che vou a decir... para meter unha tralla polo medio, unha anilla, e entonces fáiselle unha costura e xa quedan alí sujetos e despois fáiselle unha asa no outro chicote, con que quepa a anilla, entón mides o aparello, pois ten tantas brazas, hai que repartilas en 10, si ten 100 partes, hai que repartir por 10 a 10 ¿non? empezas a medir no calón outra vez 10, anilla, da anilla para acá é o cabeceiro e da última para alá é o cabeceiro tamén, pos na anilla coa misma mides outras 10, outra anilla, así ata que pos as 9 e despois ó último xa queda 10 tamén. -Eso xa ven nos aparellos, xa llo colocan. - Eso xa llo colocan no aparello ó acabar de armar. E hai quen as leva sen colocar e faino abordo. E rompe unha e se non sabes polo sitio onde estabas hai que medir tamén, colles outra que estea ó lado e mides 10 e xa queda. Quedan 10 claros, son 9 anillas e 10 claros un para un cabeceiro e outro para outro, e oito no medio, entre anilla e anilla quedan oito claros. -Por alí metían a jareta. - E despois por aquelas anillas meten as xaretas.
P: Era moi gorda a xareta.
R: Depende do barco que sea, tanto coma unha muñeca non pero pouco menos, inda eran gordas.
P: Inda era gorda, máis ou menos para ter unha idea, non era un cordel, era unha tralla boa.
R: Era unha corda boa xa home, ¿que centímetros, que milímetros tiña? xa non me acordo.
P: Tería 2 centímetros de diámetro máis ou menos.
R: Si tería, ou... se non se acercaba ós tres, digo casi, casi, como a miña muñeca non, pero pouca podía ser a falta, depende do barco, da ardora e de Cangas, eses gastaban máis, estes de aquí os que había pequenos había algunha que era pouco máis que estes dous. Despois poñíase según as brazas que tiña tamén, e había unha que lle chamaban a jareta de abaixo, que aquela xa era un cacho de vella, ¿non sabes? porque aquela salía... porque como vas facendo o cerco ó salir o calón de debaixo ó mellor sales con moito tiro, porque non é unha cousa fija, vas largando e ó mellor miras o peixe e en vez de virar pois o patrón di que dereito, dereito, para coller máis, aunque ó mellor queda atrás, despois sale por debaixo do tiro, pero a vista sempre fai pouco, todo che parece pouco cando estás no mar todo parece pouco, entonces despois vas e colles ou a boia se é boia, ahora todo o mundo traballa con boia antes traballaba máis con chalana, iban tres homes na chalana iban coa galleta que é o tiro que se amarra nos calóns, tirábanche a bordo e ibas tirando, e a jareta iba arriba, vai no tiro de alí a 5 ou 6 brazas máis de donde empeza o tiro, e ó chegar colles así polo (inaudible) e traes a maquinilla ou a pasteca, a pasteca para virar pola maquinilla ou a man, antes virábase todo a man porque non había maquinilla, ahora todo ven á maquinilla porque non hai mans, porque xa os barcos non teñen xente. -Xa hai tempo que hai maquinilla. - Bueno maquinilla xa hai, xa hubo unha huelga aquí.
P: Xa falaremos diso tamén.
R: Entonces empezan a virar ou ben pola de proa ou ben pola de popa, pero polo regular pola de proa sempre, ou antes era así, ahora xa cambiaron de táctica, iban virando pola de proa, esa cando chegaba no fin da jareta levaba un giratorio, é decir, un grillete que gira, un giratorio, e entonces cando chegaba á de abaixo, á jareta de abaixo como lle chamábamos nos, o costado daquela viña case en banda, facíase firme e quedaba o giratorio colgado, porque ó virar sempre vai collendo voltas ¿non? Entonces poucas veces sacaba as voltas pero, algunha que sacaba xa era boa, quedaba o giratorio colgado, hasta que viña xuntando e fai... é o que fai o bulso, esas dez brazas que hai entre garrucho e garrucho, quedaban así os plomos así colgados.
P: Quedaban a par, quedaban xuntos a par.
R: Era o cerco, e o colcho quedaba todo ó largo, arredor do barco, sin embargo o plomo quedaba alí todo, que é o cerco, que ás veces "aí está aí no medio" e ibas e metíase para abaixo, porque o peixe cando non quere morrer... así coma cando quere arrimábase ó colcho e botábase coa barriga para arriba, pero cando anda malo.
P: Escapaban pola plomada toda.
R: Eu non sei por donde se meten. Unha vez con ese teu tío "O Pescadillas", inda andaba o pai abordo tamén, berraron coma cans, mirábase alá ó lexos, "¡Aí vai!" "A ver dalle" quedaba atrás, "donde queda o peixe, xa queda alá pola popa, arría!" e cercabas pero el viña e despois cando viñas á chalana, que viñas co calón de abaixo, xa viñas por lexos para que el entrara para dentro, cando "A ver que está alí que está no medio" alí ó pouco xa estaba por detrás do colcho outra vez. "Alá vai outra vez" viña para arriba outra vez, colábase e coa misma viña para arriba, e así muitas veces, e ahora cando quería morrer pois...
P: E despois de facer a faena toda, ese tipo de redes, de aparellos que era de algodón que había que deixalos secar.
R: Despois había que secalos.
P: ¿Non se podía volver ó mar despois con eses aparellos?
R: Volvíase si.
P: Así mollados como estaban ou había que...
R: Mira, despois aquí había quen secaba tódolos días, había quen secaba de dous en dous días, e había quen secaba de tres en tres. Eso dependía do gusto ou do tempo que tiveras, porque puñamos por ejemplo tomabas muito peixe, chegabas tarde a Vigo, había que botar a unha fábrica a Toralla, ou a Cangas ou a Guixar, e cadrábache unha baixa mar e non chegabas aquí menos da unha, e ás tres ou ás catro había que ir ó mar outra vez, non daba tempo a tender o aparello.
P: ¿E non pudría?
R: Pudría ou non pudría, despois de estar curado... ahora que sí, como viñeras a tempo anque arriaras a piel na Xunqueira habia que ir a tender, porque o secar el despois incorporabase mais non sabes, e despois de cierto tempo, 20 dias ou 15 dias, según o amo como quixera, ou un mes outra casca, entón xa se encascaba xunto, que era o que che dixen eu antes do encascador.
P: Había que encascar todo, con colcho e plomo.
R: Con colcho e con todo, por iso que che digo eu, o que estaba ó pé do pío había que axudarlle ó que estaba arriba a encascar, e despois tiña que enfriar alí e de alí a dous ou tres dias había que sacalo da casca, levalo da casca a secar, e despois se quería ir po mar iba para o mar e senón gardábase hasta que viñera o outro para terra, habia que ter dous ou tres aparellos.
P: ¿E canto duraba mais ou menos un aparellos?
R: Duraban varios anos.
P: Os de algodón.
R: -Varios anos e mais remendaban despois. -