MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· Como se fai o lance da ardora. 0 tirar pola gareta
· Como se fai a ensauga e se salabardea o peixe
· 0 ensai era o compartimento da traíña onde se botaba o peixe
· Para saca-lo peixe da traíña con patelas había que ablandalo previamente con auga do mar
· A lonxa levábase unha patela de mostra para vender, logo había que levalo as fabricas compradoras
· A femia, chámanlle a un sistema de pesca-lo choco- Amarrase unha femia viva de choco e ponse pola popa da embarcación. Cando acude o choco a femiar dánlle coa fisga
· A chuva constante fai abafa-los chocos e polbos. Descrición da fisga
· A femia do choco cando sinte ó macho ponse de moitos coores.
· Hai nasas de nécoras, chocos, fanequeiras etc. Descrición das nasas
· Antes as nasas eran de bimbias. As da nécora teñen a entrada por enriba
· Antes engadaban as nasas enleando o peixe con alambre. As do choco colocanlle ponlas de pino. As das anguías son máis estreitas e altas.
· Anécdota de cando pescou tres lumbrigantes
· Anécdota de cando foron ós palomitos e picáronlle as fanecas bravas
· O currican.é unha liña para pescar o corvelo
· Comparación entre as redes antigas e actuais
· Mercaban a rede en Vigo, logo era encascada,curala e igualala
· Os trueles era como salabardos para meter a bordo o peixe. Antes tiñan un mango ou man, agora son redondos. A forma de truelar a man e coa maquiniña
· 0 salabardo usábase para levar os quiñóns que lle daban cando a arte
· Coa liña péscase faneca, rincha, buraz . . Diferentes tipos de liña
· As piteiras era para as luras. Son como unha coroa de alfileres doblados e amarradas con fíos de coores
· A pesca da anguía con canas
· Cun cacho de colcho e catro anzois facíanse piteira para as gaivotas
· As gaivotas axúdanse muito. Cando cae unha na piteira logo acuden as demais para tentar salvala.
· Anécdota do Pitán que colleu unha gaivota anelada
· Tamaños dos anzois según o tipo de pesca
· Utilización da fisga na pesca do choco, solla e lenguado
· Presentación da muller Sra. María Pérez Chapela que falará do marisqueo Antes non había croques.en Moaña, trouxeronnos en dornas de Rianxo que os vendían. Os compradores facían viveiro
· Lugares principais de marisqueo
P: Estábame decindo como cantaban os jareteros.
R: Vaise largando o aparello e o jaretero o vai cantando unha dúas tres hasta as nove, as nove despois o que vai levando dereito e mais o que vai mandando o patrón porque o patrón anda a proa, pois vai facendo o cerco hasta que chega ou a boia ou á chalana, si é boia co bichero cóllese a boia ponse a un lado e empézase a halar, e se é coa chalana chámase a galleta, ten así un cabo así enleado de malla e despois trincaba todo e tira e os de abordo xa collen e tiran por aquelo hasta que ven xa o tiro, e despois como ven a jareta posta no tiro, pásase ó medio do barco que leva unha pasteca e mais ven a jareta de popa a que queda a bordo do resto que queda a bordo, e pasan á pasteca que ten unha roda aquí e outra aquí entón tira a jareta de popa para acá e a de proa para proa, antes era a man todo pero ahora hai maquinillas, entón ven a jareta, a jareta de popa xa non se hala.
P: Entón nos barcos da ardora ¿tamén se lle metía a jareta igual?
P: Si, na ardora todos e cando non había maquinillas viña a man uns a halar polos calóns e outros a halar uns pola jareta de popa e outros pola jareta de proa claro alí dábaselle tempo pero daquela como había muito peixe pois pescaba tamén.
P: Sempre se pescaba.
R: Pero ahora non, ahora ven a maquinilla e hai quen ale aínda as dúas anillas e hai quen ale por unha sola pero normalmente ahora pola jareta de proa, -Tamén teñen o radar ahora. - hai bueno, os radares é outra cousa, xa falaremos despois dos radares, ahora vamos mirar como se traballa. Bueno nesto despois, bueno virando as jaretas, virando as jaretas hasta que chegan arriba, ó chegar arriba pásaselle unha bosa con un estrolo e enganchase nun aparejo do palo e inzase un pouco máis para arriba e dáselle máis para proa e alí quedan colgadas alí ou amarradas unha boxa tamén ó barco e despois vai metendo un o plomo que é ó que lle chaman ó que está ó plomo vai metendo o plomo, facendo o montiño aquel do plomo e os outros desde o plomo hasta o corcho halando polo aparello para adiante, e ven vindo hasta que despois o do plomo ó chegar todo, ter todo asentado, cóllese o cabeceiro de proa que está amarrado á proa tamén todo xunto onde termina o calón que lle chaman o cabeceiro, xunta a peza aquí arriba do plomo, e váiselle dando sempre os paños para popa hasta a enxagua, que a enxagua vai no alto do corcho do último arrente ó calón ¿non sabes? porque a enxagua ten que ser un pouco máis firme que é donde queda o peixe todo.
P: Donde queda todo o peso.
R: Todo o peso do.. ten habido lances de cen cestas e dúascentas cestas según, e entonces vaise halando e así como está a enxagua feita vaise correndo para popa, porque polo regular os barcos eses que hai ahora todos cargan a popa, teñen as caixas na popa, e se non era como os que había antes se metía a medio pois corrían de popa para o medio, despois levala a donde queres, despois da enxagua feita o aparello levalo a donde queres, porque tamén se hai moito peixe, hai que cargar o aparello, cargas primeiro de popa e despois hai que correr a enxagua pa proa e vaise con ela pa proa, e alí veña a salabardear outra vez. E a meter a proa, e co que ten a ardora, é iso.
P: Nas lanchas deste tipo de traineras ¿donde se metía o peixe?, tiñan uns departamentos.
R: Tiñan uns apartamentos chamábanlle os ensais na pana, chamábanlle a pana, o ensai, o amedio, porque había varios departamentos e despois entre banco e banco xa había unha pana
P: Claro había que ter cuidado de non pisalos e non andar...
R: Ai non non porque despois había que andar por riba dos bancos e por riba das...
P: Había que andar polas bancadas.
R: Polas bancadas, e había que andar polas bancadas, os pés abaixo despois non se podía meter.
P: Non se podía meter.
R: Métese cando vas a envasar si, pero botas agua, primeiro agua ¿non? porque senón podes encher e botaselle agua a ver quen lle toca de agua vai por veces tamén botar agua porque hai que estar... ahora xa non hai bota agua ahora hai a bomba, ahora nos motores ven a bomba e achica pero antes había que ir con baldes, eran tres a botar agua os de unha tanda polas tandas eran tres, e tócache de envasar e haise que meter na pana, hai que ir coa roupa de aguas vestida porque senón pódeste mollar, porque e ó ter peixe vas coa patela, porque se non lle botas agua non podes meter a patela, hai que ablandar o peixe para que... e despois vas metendo e a patela mismo xa vai ablandando, coa agua xa vai ablandando e daslle arriba ou na man según onde estea o peixe, se está na caixa aille que dar ó que estea na cubierta, se está o peixe na cubierta ou na bancada como era antes xa lle dabas ó que estaba na bancada ¿non? E iso vai por veces, e despois...., ahora non, ahora vai todo ó camión, xa se mete no camión e xa vai para a báscula e xa pesa, pero antes había que ir a acarrexar ó lombo ás fábricas, e dependía donde estaba a fábrica.
P: Claro porque vendían na lonxa en Vigo.
R: Vendiamos na lonxa e decíanche vai para tal fábrica, ahora ibas para... como lle chamaban aquí unha que había en Guixar ¡Dios mio¡, -Alfageme- Non, non que era a que estaba.... fíjate donde estaba, que pasaba o tranvía pola banda de abaixo dela aínda, aquí en Guixar, - A Rial pareceme- a Rial inda... tamén estaba por alí pero era outra máis arriba unha das máis vellas que había, - Alfageme era en... - Alfageme estaba en Bouzas, en Buozas estaba Alfageme estaba... chamábanlle a Cristalera, a Cristalera, paréceme que era, ás veces ibas co peixe ó lombo e tiñas que parar para que pasara o tranvía, senón atropellábate, e había unha area alí todo eran latas, abocaban as latas, os recortes das latas de conserva abocaban alí había cortazos nos pes! mecago na mar ui mimadriña¡.
P: Iban descalzos claro.
R: Descalzos, no verano non ibas a... no inverno si, pero ademais para sacar do mar había que arregazarse e había as veces hasta a cintura para tirarse, porque o barco viña cargado e non iba en terra, onde había un muelle sí, ibas pa Massó ou ibas para Cervera para Cangas encantado da vida, alí non facía falta nin descalzar, ibas en zapatillas, porque había muelles ¿non comprendes? ou ibas para Alfageme tamén con pleamar, con pleamar si ibas ó muelle, pero ó estar baixamar xa non ibas ó muelle.
P: Diso tamén habemos falar máis adiante, ¿e esqueceu algo máis así dos sistemas de pesca?
R: Non o único o bou tamén que dixen... tamén che dixen que... -E porqué non lle falas da femia. - ai bueno a femia si, a femia era un... para coller os chocos, collían os que andaban ó bou ou nunha arte ou así un choco femia ¿non? porque hai femias e machos, e amarrabannas por atrás, porque o choco anda para atrás e levábannas e iban vogando así dúas ou tres femias
P: Iban vogando ou ciando.
R: Ciando ou vogando, pouco a pouco...
R (María): Ciando, ciando, a femia é ciando Enrique.
R: ou vogando depende María, - vogando cando veñen para calquera sitio pero.... - Non cando andaban femiando o mismo vogando porque se cian quédalle por debaixo do barco María, e eles teñen que miralas pola popa para despois... despois paran de vogar e ó mirar que o choco ven a femiar, que ven a femia, entón danlle coa fisga e se ven pola proa non lle poden dar que non miran, nin miran a femia quedalle por debaixo do bote María, pensa un pouquiño, ¿non é lógico?, se vogan ou si cian, como era a popa donde as tiñan amarradas, elas quedan por atrás e quedan por debaixo do barco ¿non?
P: ¿E con que as amarraban por atrás? con un anzuelo enganchábannas ou...
R: Con unhas... tiñan uns cordeles, pero tiñan unha agulla para meterlle ¿non sabes? Nunhas latiñas que teñen, teñen unha agulla e despois dábanlle un nudiño alí e quedaba agarrado. -Despois tiñas que fondear ¿eh?- Despois había que deixalas no mar para que non morreran, porque si as traían para terra morrían, entón había que fondealas, xa as tiñan cada un...
P: Entón unha femia duraba muito tempo.
R: - ¡Ai¡ si duraba, ¿non sabes co que morría? Con agua dulce. -Dependía do tiempo, era o que che iba a decir, se había muita chuva, non duraban muito, porque o choco a agua dulce... e o pulpo tamén ¿eh? Eu acordo en invernos fuertes de muita chuva, pero daquela porque había muito, e polo Niño do Corvo, pola illa dos ratos, e por aí, de iren os chocos á terra, abafados coa agua dulce, e os pulpos, a collelos en terra e inda estaban vivos, pero viñan casi mortos, e levávanse para casa para comer, porque estaban vivos pero o que estaban era afogados da agua dulce.
P: E a fisga esa ¿que era parecida á que se usaba para as sollas. ?
R: -Sí era parecida. - A fisga si era, era como un.. ¿non sabes? -Era como un taquiño de madeira. -
P: Que tiña varios arpóns.
R: Que tiña varios arpóns, teñen cinco ou sete ¿non? -Sí-
P: Sempre número impar ¿non?
R: E unha vara metida... nunca miraches unha poda co mango de ferro, pois metíase alí, -inda ten o meu xenro. - si e os que andan por aí aínda á solla e todo eso inda as teñen. E ó mirala que andaba remodeando o choco, dabanlle e.. algún en vez de coller o choco collía a femia varias veces, e a femia xa non valía -A femia cando sentía ó macho.... - ai si ponse colorada -poñíase moi bonita de moitos colores. - O que anda á femia, xa sabe cando vai a vir o choco sen miralo, porque ela xa se pon colorada.
P: Ai si ¿ponse colorada?
R: Ponse colorada, de varios, -de uns colores mui bonitos-, eu nunca anduven pero - eu si tenme levado o defunto do meu pai, e decir, "mira, mira a femia como está ahora, mira" bonita estaba, tiña uns colores como o arco iris, moi bonitos, en azul en encarnado en todos, entonces o choco sentía a femia e coa fisga, cando estaban cerca. - Xa estaba a avizor e ó miralo dáballe e... - Hai veces que traían.... - Porque daquela había. -Ahora xa non hai.
P: ¿E non se collían con nasas os chocos daquela?
R: Daquela non había.
P: ¿Non había nasas?
R: Non se daban por facelas, había nasas, os da Ribeira de Vigo andaban á faneca, iban ás fanequeiras chámanlle as fanequeiras ás pedras.
P: Andan os de Meira tamén muito.
R: Eses andan máis ás pezas ca a outra cousa pero antes os da ribeira de Vigo andaban todos con nasas á faneca.
P: ¿Que tipos de nasas pode haber? Hai varias ¿non?
R: ¿Ahora? Hai varias home. Hai a da nécora.
P: A da nécora que sirve para o camarón tamén.
R: Sirve para o camarón, e hai esas que poñen para o choco, que quedan aí, esas entran elas en voluntario, o choco vai desovar sempre ós objetos, entón póñenlle ramas de pino, e vai a femia a desovar alí, e como entra xa non sale.
P: E a de choco ten a entrada lateral ¿non?
R: Tenna... non pola boca tamén.
P: Pero por un lado.
R: Non, enfrente.
P: A nasa de...
R: A nasa do choco tenna enfrente tamén... o que é que en vez de ser redonda como as outras, é redonda arriba pero abaixo é cuadrada.
P: É coma se fora medio bidón.
R: Aí está.
P: Cortado, entonces éntralle polos lados, polo frente vamos.
R: Entra polo frente.
P: En medio tubo entran..., por arriba non.
R: Por arriba non, entran polos lados.
P: Si.
R: Queda por ejemplo así deitada, esta poñamos por ejemplo é a nasa, entón entran por aquí.
P: Si, ten unha especie de embudo.
R: Ten unha especie de embudo para que despois non poida él..., entrar entra ben pero ó salir tropézalle entón van polos lados e non salen, algúns salen eh?
P: Na entrada da boca está aberto ou ten algunha trampilla.
R: Non, non, está aberta, non hai trampilla. Tampouco as nasas non levan trampilla, levan a tapa, pero a tapa non lla poden poñer que senón non entran, a nasa ten a entrada libre, pero como mete para abaixo.
P: A nasa da nécora, esas son redondas.
R: Son redondas.
P: E teñen a entrada por arriba.
R: Teñen a entrada por arriba, e antes non eran así, eran redondas pero non tiñan a entrada así, porque eran de bimbia, entón a entrada tíñanna por abaixo, quedaban tumbadas, e a tapa donde se lle poñía a encarnada iba tapada cunha lata, e tiñan unha entrada así, coma un... coma un embudo, feita no cu da nasa, e entraban para adentro e quedáballe aberta pero xa non salían tamén, como a que leva o choco.
P: Si pero por abaixo.
R: Pero polo lado, ou vamos, ese xa era polo cú, polo cú da nasa, quero decir, e levaba unhas pedras para que non aboiara e quedaba tumbada, e ahora leva as mismas pedras, ahora xa non leva pedras, xa lle poñen uns cementos dentro, e levan a porta arriba, e por alí entran e xa non salen, despois para collelas teñen un cordel que lles abren a porta, e meten a man ou sacuden, porque arriba non salen porque a entrada é coma un cacharro sin tapas, entón arriba está arrente a rede, pero abaixo pasa máis, a nécora baixa e despois non pode...
P: Baixa porque está acostumbrada a andar para os lados...
R: Porque lle cheira a comida e vai comer, e como a única entrada é aquela, pero despois para salir non, porque non topa a salida.
P: Perde a orientación, andan para os lados. Non vai para arriba.
R: Aí, e ó camarón pásalle igual, antes entraba igual tamén por fóra, nas de antes, pero esas de bimbia non pescaban coma estas. -Teñen coma unha rede chouza para... - Pero ahora pódennas facer de esas de rede, porque a rede que hai ahora non se pudre ¿non?
P: Non, e ademais leva estructura de metal, xa vai soldado, non fai falta cemento...
R: Non fai falta nada, xa ahora xa vai todo.
P: Veñen protexidas con un plástico para que a ferruxe non pudra.
R: Pero antes mira, tiñan que comprar as bimbias, o que non as tiñan, facer as nasas, poñerlle as pedras, levaban máis tempo en traballar... ahora que non andaban como ahora a diario ¿non? porque ahora... namais que andaban na veda, ou vamos cando estaba....
P: Cando abrían a veda.
R: Cando abrían a veda. -O marisco da nasa non é tan bo. -
P: ¿O marisco da nasa non é tan rico como o outro?
R: -Nin o camarón tampouco. - Nin o camarón tampouco porque sabe máis ó peixe, como comen peixe... -Ti comes unha nécora do bou e comes unha nécora das nasas... vai moita diferencia. - O camarón do rastre, pero como dice o outro andan á moda esa.
P: Claro porque ó ir a engadar, ó comer o peixe igual lle afecta na comida.
R: Muito. -Sabe ó peixe. - E despois depende tamén, depende muito do tempo que se lle dea, porque antes todo o mais que traían eran 25 ou 30 nasas, non podían traer máis porque eran muitas e pesaban muito e non eran chalanas, pero ahora levan 30, 40, 50 nasas, e claro...
P: Van apiladas todas.
R: Van todas apiladas e a primeira que arrían a primeira nécora se había comer unha sardiña come tres, e xa non é o mismo, e antes non lle daba tempo nin a comer a sardiña.
P: E o engado en que o levaban para que non se... o engado levábanno amarrado para que non se...
R: -O engado póñenllo eles colgado. -Ahora teñen unhas bolsiñas.
P: Unhas bolsas plásticas como de malla plástica.
R: Aí está, e ahora xa non comen tanto as nécoras porque van tapadas con esas bolsas, pero antes tiñan uns alambres, e no fin do alambre tiñan un palillo así, entón enleaban aquí o alambre, ¿non? E despois metían a sardiña así doblada polo alambre para abaixo e ó chegar alí xa non corría, ó chegar ó palito aquel non corría, e metíanna dentro da nasa e amarrábanlle a un lado. Metianna por... e daballe unha volta o alambre
P: ¿E a nasa do choco tamén a engadaban?
R: A do choco non leva engado, non leva mais que a rama esa para que entre a femia a desovar, e detrás da femia vai o macho, se vai algún, se non vai... porque esas poden coller ou non poden coller depende, pero estando no mar algo collen.
P: Casi sempre se colle
R: Casi sempre, porque por aquí o choco ven de fóra e ven ás noites e ven atracando e sempre collen.
P: E aparte do choco e do camarón ¿hai outro tipo de nasas que se usaran por aquí?
R: -A anguila tamén. - A das anguilas que é parecida tamén á da nécora, as que tiñan Cándido Rogelio, e mais as que tiñan antes, eran mais... non eran tan redondas como as das nécoras, eran máis estreitas e mais altas, ¿non sabes? ahora non sei que hai mellor, quen andaba muito con iso eran os de Redondela, a anguila muito por Redondela, por aquí había pouco, había un en Meira, o sogro do meu fillo Manolo, anduvo un pouco tempo aí, o "Bora", chámanlle o "Bora", ese anduvo un pouco.
P: E nasas para lumbrigante acordase?
R: Nasas para lumbrigante teño oído que había pero eu nunca as mirei, téñenme sonado.
P: Son grandes.
R: Son mui grandes sí, para o lumbrigante eran nasas mui grandes, nunca me cadrou a mirar.
P: O que pasa é que desapareceu o lumbrigante normalmente...
R: -Aparecen na peza ou no boliche. - Lubrigantes sí, e ó bou...
P: Estaba contando cando andaba co pai de Baiona.
R: De Baiona, xa viñamos para casa, viñamos de alá de Liméns donde che contara que tomaramos os bruños aqueles.
P: Os bruños si.
R: E hai unha plalliña alí antes de chegar a Balea, vindo para acá, e indo para alá despois de pasar Balea.
P: Areamilla.
R: Na Areamilla, que está mismo o matadero de Cangas, daquela estaba alí arriba, non sei se está aínda no mismo sitio se non, bueno, e de alí un dia tomamos tres de un lance tamén, tres lumbrigantes, que daquela levounos a muller a vender a Vigo, que andaba no trato deso e non sei que poderían valer, daquela ¿que valerían, 6 duros ou 2 duros cada un, e hoxe valían dúas ou tres mil pesetas cada un. Había un que a pouco mais cómelle un dedo, non sei como llo sacou da tenaza, tiña unha tenaza coma esta man.
P: E colleulle o dedo.
R: Apenas, inda lle raspou un pouco.
P: Coa forza que teñen...
R: Lle raspou un pouco, aquel home era malo de levar ó mar, para salir ó mar... pero despois no mar, mimadriña, todo lle parecía pouco, para acabar logo, e foi e lle meteu man e hi! "Que é isto", e xa se deu cuenta, el coas tenazas e coa cola do.... tras tras, os outros dous non eran mui grandes pero aquel era un señor lumbrigante. E acórdame unha vez, aí o ven el, "a ver, vamos a ir á rapeta" "porque hai algo ou que" "Déronme notas que en Chapela hai palomitos", "E quen che contou" " Díxomo un amigo que miraron muitos palomitos"
P: O palomito é o choco pequeniño ¿non?
R: Chocos pequeniños, e valían muito ¿sabes? E valen. E alá vamos, chegamos a Chapela, pouco máis ou menos a un muelliño que hai alí ó fondo, e mete a man, ven unha faneca brava, picoulle, Auuuuu! Choco ningún, voga, a ver na Copina outro lance, ven outra faneca e traca.
P: Tocoulle todo a el.
R: Porque metía muito a man, non tiña cuidado, ¿non sabes? Nada tampouco, ¿e ahora? Pois ahora hai que ir a Domaio a ver se damos con catro en Domaio, voga para Domaio, ó chegar a Domaio, a misma operación, xa había choco, pero ó meter a man xa lle picou tamén a el, pero Manolo todas son para ti.
P: Tiña iman para as fanecas.
R: E xuntamos unha venda grande de chocos aquela noite, en Domaio ¿eh? Donde lle dixeran a el non había nada.
P: Cambiaron de sitio. E outro tipo de pesca que usaban, ¿usábase pouco aquí o curricán non?
R: O curricán usábase algo para.... quen andaba muito con el era para pescar ó corvelo, e as rinchas tamén.
P: As rinchas.
R: Pero máis o corvelo que nada, quen pescaba muito o corvelo era Señor Fanchuco o da Viúda que está casado no Con, un tio do meu xenro Manolo, xa é vello, xa ha de ter ochenta e tantos anos, ese ten pescado muito corvelo, e quen ten pescado corvelos tamén muitos é Jesuita, pero Jesuita non andaba tanto ó curricán era máis á liña.
P: Á liña.
R: Máis á liña. O curricán tamén é liña ¿sabes? O curricán é liña, pero ven a remolque, vas vogando e ela ven...
P: E usábase de forma así individual ¿de forma familiar non se usaba..?
CARA B
R: O que facía un par de duros ou cinco duros era unha picada, xa ganaba o día ben ganado, ganando de un par de duros para arriba xa se ganaba o día, e ahora hai que ganar un par de mil pesetas.
P: Si, e inda así... ahora os gastos son muitos máis.
R: Senón non chega.
P: Home claro, ademais os gastos de ahora son muito máis, antes na casa con pedramol e xabón xa chegaba, para limpar a cociña, hoxe tes que ter cincuenta productos, si scot brite, se unha rasqueta si xabón si champú si todo.
R: Xabón e algo máis que xabón. E mais sosa e algo máis que sosa.
P. Quen lle anda ahora con un pantalón remendado.
R: Bueno, pero tes unha cousa que ahora compras un pantalón e xa non o rompes mais, desgástase, porque eu deixei atrás un porque se desgastou pola cuada de estar sentado mirábase o día por el, pero roto non, desgastouse.
P: Ahora xa hai a mentalidade de comprar por cada temporada, chega o inverno e xa a comprar roupa, chega o verán e o mesmo.
R: Ahora aquí, -A rede, a rede de nylon ahora mismo, antes pasabas a noite enteira co encascador, para encascar, secar todos os días, como viñera tempo de chuvia e todo eso xa non podías secar a rede, as redes de esparto. -As redes de esparto había que secalas tamén, e encascalas para que duraran un pouquiño máis. -As veces temos levado nos alí arriba a donde vivía Maruja a Gorriona porque a rapeta prohíbianna muitas veces e temos levado nos arriba para secala. Hoxe van os bous e levan e traen e metennas nun saco - Foi o que non falamos tamén, cando che dixen como se compraban as redes do boliche e iso, tiñas que ir comprar a rede a Vigo, traela, encascala, igualala, porque a rede ven tumbada, hai que igualala, poñela como ha de ir no aparello, despois había que curala, había que lle dar sete ou oito cascas.
P: Si de iso imos falar mañan ou pasado, de iso vamos falar máis adiante tamén, do mantenimiento das redes, ahora vamos acabar coas artes, estabamos falando do curricán que era unha pesca máis ben individual, o palangre xa falaramos onte, o truel se usaba para...
R: ¿O Truel?
P: Si.
R: O truel son os salabardos de meter o peixe abordo.
P: Non se usaba para pescar, usábase como un accesorio para...
R: Ese era unha peza máis para meter... por ejemplo, o peixe na enxagua, hai que metelo despois... está dentro do aparello, hai que metelo abordo, entonces metíase o truel. antes habíaos de rabo, ahora xa son todos redondos, xa non teñen mango, antes tiñan mango, era un ferro redondo con un mango.
P: ¿Tiñan muito diámetro?
R: Según fora o barco e según fora o amo, como quixera, habíaos de un diámetro como a mitad desta mesa, habíaos máis pequenos, iso depende, no boliche facíase dunha bimbia, porque ó mellor tomabas moito peixe e non podías inzar a boucela, tiñas medo a romper a boucela, entón dábaslle un par de rapichazos, chámalle un rapichazo a meter, metías dentro e teñen como un calcetín, pero máis ancho, e teñen abaixo chamábanlle a estribeira, unha cota, ou sea un cacho de veta, que lle chamaban a estribeira, entón collías o aro, metías o aro dentro e tirabas pola estribeira e xa aboca, bueno, o salabardo ese ou digo o truel, eran eses de ferro con mango, entón iba ó estar a enxagua feita, poñíase un á popa, coa estribeira de tirar, e o outro o mango, que chamaban o que truelaba era o que tiña o mango na man, e outro estaba coa estribeira de abaixo, para levantar para que ó botar non collera debaixo, que non levara debaixo, entonces iba e tiraba de popa, iba tirando, e o que tiña o mango na man ó chegar a pique que había que tirar para arriba, dáballe un pouquiño para abaixó ó mango para que en vez de ir así, que puxera para que o peixe caíra, porque o peixe iba endiante un pouco, non entraba, moito entraba, pero algún quedaba diante, entón ó facerlle e o outro tiraba para arriba e todo iba para dentro, e coa misma despois, ou ben se inzaba a man, ou despois viñeron estes barcos cos aparejos, estaba un ó gancho e enganchaba, porque xa tiña nos vientos aqueles de tirar, tiña unha...
P: Unha argolla.
R: Eso, un garrucho calquera deses, e enganchaba e veña: ¡vira¡.
P: Cunha polea tirábanse.
R: Tirábanse, con unha polea, antes era a man, ahora xa vai a maquinilla, ponse un motón deses aparellos, a un costado, e ven o outro ó outro costado, e ven todo alí máis á proa, e vai a maquinilla, ¡Vira! ¡Arría! E a estribeira de abaixo, despois ó arriar cóllena un para librar, ese é o truel, e si non ten mango, chámanlle salabarda, que o truel veu despois do salabardo, e na pareja, inda lle chaman salabardo ou cando fun nos anos cuarenta ou cuarenta e tantos, inda lle chamaban o salabardo, os do norte, os de Pasajes inda tiñan o nombre de salabardo, e era truel, e inda lle daban o nombre de salabardo.
P: Porque o nombre a veces non son de aquí, truel, e bourel son palabras catalanas.
R: Si, pode ó mellor de cando viñeron os cataláns,
P: De cando viñeron os cataláns aquí.
R: Sin embargo os Vascos e mais os Santanderinos era salabardo, e o salabardo tamén eran os que iban á arte, para trae-lo peixe dentro do salabardo, en vez de levar patela no salabardo iba mellor.
P: O que lle tocaba de quiñón.
R: O que lle daban de quiñón eso é.
P: Traían en Salabardo non levaban patela.
R: Traían salabardo, non levaban patela. Daquela.
ARTES MENORES
P: Despois en artes menores, vamos a considerar artes menores, como as liñas, que se pescaba a man.
R: Si había un... o pulpo xa che dixen como era.
P: E anzuelos así de liñas para pescar, nos muelles ¿non?
R: Non, nos muelles non, íbase a pescar ó mar tamén, á faneca, o buraz....
P: En chalanas.
R: As rinchas, na pesca da rincha xa era outra diferente ás outras liñas, por ejemplo, para a faneca poñías un plomo e despois...
P: No extremo.
R: No extremo de abaixo, un plomo porque a faneca hai que pescala arrente abaixo en todo, e despois tres anzuelos arriba, na misma liña empatabas o anzuelo na tanza, unha tanza que era...
P: ¿Usábase tanza daquela xa?
R: Si tanza. Tres, despois para o buraz era diferente, xa se poñía a misma liña pero en vez de ir as tanzas postas na liña, non. Facíase de tanzas tamén unha madre larga, e os ramales os outros tres anzuelos xa iban na tanza, e xa o plomo quedaba entre o anzuelo de abaixo e o do medio.
P: Non é como a faneca.
R: A faneca iba polo plomo, polo fondo de todo, bueno, despois a da rincha, para ir ás rinchas ou ás cabalas como se lle queiran chamar, levaban unhas bolsas para o engado, había que levar engado, levábase espadíns ou peixe e había que facer un engado de iso, e levábanse unhas bolsas feitas de lona, eu non sei se non haberá algunha aínda na casa, unha vez fixemos tamén, e enchíase aquel engado alí, e dábaselle media volta, e esa bolsa levaba un plumiño no fondo entonces tirabas ó mar e iba no extremo como levaba o plomo da faneca ¿non sabes? no último, e despois viñan os anzuelos da... arriba viñan os anzuelos e xa tiñan que ser as tanzas máis largas, xa non estaban arrente, estaban máis largas, entón ó chegar a aquela altura que querías, había que darlle unha altura suficiente, nin muito abaixo nin muito arriba, a tantas brazas, para engadar todos as mismas brazas, porque senón se engadaba un máis arriba e outro máis abaixo o peixe escapa, entón ibas e librabas ¿non sabes? e o engado ó ir indo coa corriente pois iba chamando ó peixe, porque o peixe sempre se pon, sempre come contra a corriente, porque a corriente leva a comida ¿non? Entón o peixe xa espera e xa come, entón ó estaren alí en aquel engado como a encarnada que levaba no anzuelo era mellor que o engado, iban a comer e o que estaba a pescar, e despois, se metía peixe abordo, volvía a encher a bolsa, para engadala e se non se pescaba, mentres non se pescaba había que ir de vez en cando engadando, todos tiñan que engadar.
P: E para pescar tamén o corvelo tamén se usaba a liña.
R: O corvelo liña.
P: Que era parecida a da faneca
R: A da faneca sí, e mais a do buraz, esas despois xa todas levan...
P: As veces nas liñas xa lle metían unha petera ¿non? De varios anzuelos.
R: A petera esa é para a lura.
P. Porque hai petera de lura e despois hai petera de tres ou catro anzuelos que se usaba para pescar as anguilas ou para pescar os buracitos cando...
R: Non. Pode ser que poñamos por exemplo, se hai se acuden muitos pode ser, porque a petera tes que maniobrar, ¿non sabes? darlle tirón.
P: Esa a da lura.
R: A lura aí está. E iso tamén podes enganchar algún, podes pero non. Ahora dicen que hai unha clase de peteras dicen, que eu non as mirei nin sei como son, que disque se tira todo o peixe a elas, que se tira todo o peixe a el, polo visto brillan moito ou non sei como é. -A da lura sempre foi moi brillante e moi bonita. - si pero a da lura eran feitas con fio e ahora non son feitas con fío. Con fíos de colores.
P: De colores ¿non?
R: -Fíos brillantes. - Encarnados, azules verdes. -A da lura era moi brillante, moi bonita. -
P: E cantos anzuelos tería máis ou menos unha pitera.
R: Ó arredor, non son anzuelos, son coma agullas dobladas, agullas como dobladas.
P: Si non teñen o arpón aquel. (14.30)
R: Non tiñan arpón nin nada, tanto é así que a lura estás tras, tras, tras, ¿enganchaches?, hala, hala hala, chegas a bordo, faslle así, xa cae, non lle tes que meter a man para desenganchala faslle así, porque xa cae, fas así e xa cae, cae enriba do costado.
P: Coma se foran alfileres doblados.
R: Unha corona, coma se fora unha corona de alfileres.
P: Levarían vinte ou trinte ó mellor cada petera ¿non?
R: Si por aí, vinte ou trinta, ou vintecinco, todo ó redor. Todo ó redor da peteira. E que sería unha peteira do gordor dun dedo, pois aquela corona de abaixo toda iba así ¿non sabes?
P: E as veces á peteira amarrábanlle trapos de colores, cintas, ¿non?
R: Xa levaba as cintas aquelas que tiña ela.
P: Xa vendían con cintas.
R: Xa viñan así listas, ahora que claro, o novo sempre era novo, ¿non sabes? había algunhas que xa tiñan dous ou tres anos e xa perdían o color, pero as novas sempre pescaban máis que as vellas.
P: E que outro tipo de peteras había, ¿para pescar anguila?
R: Para pescar anguilas anzuelo.
P: Anzuelo.
R: Ou nasa ou anzuelo. A anguila aquí eu miraraa no Con tiraban coas liñas alí viña ela e xa se enganchaba ela, deixábannas amarradas alí ó muelle e viñan elas e xa as enganchaban, cando miraban que tiraba, bueno, aqueles tamén iban por enredar non, eles non iban a pescar por necesidad, iban por divertirse.
P: Eses usaban canas ¿non? os que pescaban no Con.
R: Non. Non che digo, tiraban con elas ó largo e despois amarrábannas alí a un cabo ou calquera cousa.
P: Eu teño pescado con liñas feitas con canas de indias.
R: Esas sí, esas hai os que andaban con caña, a pescar para desviar máis o aquel. Para desviar un pouco, por ejemplo estás nun muelle, e non vas a deixar mismo arrente ó muelle desvías un pouco, ou estás nunha pedra, non vas a deixar enriba do medio do carromeiro ¿non? Porque sabes que as pedras crían carromeiros e algas esas que lle chaman..., e non vas a deixar alí, hai que desvialas un pouquiño, alí ó mellor tamén pescas pero igual che queda enganchada a liña no aquel.
GAVOTAS
P: E das peteras acordase de que había un tipo de petera que se facía para coller gaviotas.
R: Ai si bueno hombre, esas facíanna eles aquí con anzuelos. -Con catro anzuelos e un corcho. -
P: E un corcho ¿non?
R: E un corcho. E facían catro ou cinco anzuelos, según. E amarraban un peixe e a gaviota viña a comer e xa quedaba collida.
P: E ese corcho estaba...
R: Aboiado.
P: Aboiado e estaba enganchado con unha pedra ou con un...
R: Con unha pedra.
P: No fondo.
R: No fondo aí está. E ela iba a comer a sardiña que lle poñían.
P: A sardina amarrábanlle ó corcho.
R: Amarrábanlle ó corcho.
P: O corcho tiña a forma da sardiña ¿E por donde quedaba enganchada a gaviota, polo peteiro ou polas fosas?
R: Pola boca.
P: Polo peteiro ou polas fosas que ten no peteiro.
R: Aí si que non sei, coma eu nunca fun diso, eu sei que estaban voando e se miraras cando quedaba unha presa, as outras que rodeo lle facían muchacho.
P: Para intentar axudarlle.
R: Para axudarlle, coma se foran a axudarlle, e non marchaban de alí mentres non a colleran, mentres estaba ela alí as gaviotas non marchaban. -Chaman por elas unhas por outras. - E chamar chaman. - A maga do peixe botoa abaixo, levoa co caldeiro e botolla ás gaviotas e hai unha sola e empeza a dar voces e a chamar polas outras xa se xuntan 25 ou 30- Ou aínda que non haxa ningunha. Mira ti ves de Vigo nun barco e poste a mirar e miras, non miras unha gaviota, pero tes peixe abordo, empezas... poñamos por exemplo sardiñas, tiras unha sardiña ahora, de alí a un pouco tiras outra, e de alí a un pouco tiras outra, aí ven unha, aí ven outra, antes de cinco minutos xa hai miles de gaviotas, que eu non sei de donde veñen. -E chaman unhas polas outras. - Eu para min é a ave que ten máis vida. - E unha non come sen vir as outras, non come que eu téñome fijado niso. Non come hasta que veñan as outras, e chaman polas outras. -
P: E despois pelexan.
R: E despois pelexan pola comida.
P: E despois pelexan pola comida ¿non?
R: Si. -O ano pasado anduvemos eu e mais a miña filla ó bolo aquí detrás nestas calas que hai aquí, aquí críanse moitas anguilas pequenas, hai moitas anguilas pequenas e unha colleu unha debaixo do esterco e a outra estaba aquí a quererlla sacar da boca, e a outra a arrecuarse e a escondela dentro da boca, dígoche a verdad que aquilo era para sacarlle un retrato a aqueles animales. - E o que se dice, pelexan por unha, primeiro chaman as unhas polas outras despois pelexan pola comida.
P: ¿E comíanse muito as gaviotas aquí?
R: Comían. A min non me entraba.
P: E non sabía a bravuro.
R: -Algo sabía. - Había que facerlle un quanlle, facianlle con allo e... -Eran máis limpas que ahora, ahora hai máis basura, as gaviotas de antes non comían máis que o peixe. -
P: E o mar estaba limpo.
R: Todo era limpo, pero a min non me entraba a gaviota. -Aquí a un chámanlle "Gaviota", un deste de Isolina. - Porque andaba sempre a elas. E o "Pitán" conoce-lo ó "Pitán".
P: Ó pitán conózolle ó fillo, o fillo era un fuerte de aquí de arriba.
R: -Ese non é o que pensas ti non é o Gaviota. - Non pero o Pitán tamén era moi fino para as gaviotas, e unha vez colleu unha con un anillo.
P: Anillada si.
R: E saliu retratado no faro e todo con ela, porque el entregouna, ó mirar que tiñan o anillo e saliu no faro, o pai estaba en Cádiz á pareja, que estuvo moito tempo en Cádiz á pareja, e estaban en terra e aí lle ven un "oes, Cancelas, mira aquí un chaval e é Cancelas tamén", "A ver a ver", "Mira con unha gaviota" "Este é o meu fillo"
P: En Cádiz.
R: En Cádiz. Porque comprou o Faro alí, os gallegos iban ó Faro ¿non sabes?, e eu en Pasajes iba ó Faro tamén.
P: Tamén se vendía alá.
R: Tamén. Entonces, vendían un ou dous ou tres, entonces dice el, "coño ese é o meu fillo". -¡coño é o teu fillo¡-Aquí había rapaces que eran mui finos para collelas, porque aínda quería maña. - Quería maña, o que había que saber é collelas Pero ese era de medo, ese o "Pitán" era máis que o "Gaviota" aínda, o "Gaviota" tamén colleu algunhas pero el colleu muitas, e Pinga tamén colleu, Pinga tamén era fino. -Un rapaz clavou os anzuelos na man para coller unha gaviota, !mi má¡ para sacar os anzuelos da man-.
P. Son anzuelos grandes, case coma os do bonito ¿non?
R: Eran do bonito, si. -Eran catro eran uns anzuelos de bonito. -
P: Diso non falamos dos anzuelos, hai varios tipos, depende, os máis pequenos normalmente que se collían para o serrán ¿non?
R: Os máis pequenos eran para a faneca, buraz, eran do número 15 paréceme, e despois había xa indo para grandes, os que se gastaban o que che dixen eu dos pateiros dos pulpos, xa eran máis que o do bonito, e despois había tamén os do bonito, inda máis grandes para poñer nunhas varillas
P: E o dos bicheros?
R: De bicheros, ahora que despois había os bicheiros de ferro que eso facía o ferreiro.
P: Eso facía o ferreiro. E para o congrio que se botaban ¿os do bonito?
R: Para o congrio tamén eran deses anzuelos grandes, inda hai ahora, pero xa non son mui.... porque ahora para aquí para adentro xa non son tan grandes porque aquí son máis pequenos pero inda hai algún bicho bo.
P: E falando da fisga, aparte de coller o choco para femiar, as fisgas para ¿que se usaban tamén para a solla?
R: Para a solla, para chocos, sollas, para algún peixe que iba volante e tirábanlle e se cadraba cadraba, máis para a solla e para o choco. E collen tamén algún lenguado que anda por aquí, algún lenguadito, unha lengua desas, cuarto quilo, medio quilo, collen algún pero pouco.
MARISQUEO - MULLER
P: Bueno ahora vamos a falar algo do marisqueo que vai a falar Usté ¿non?
R: Vai a entrar a veda.
P: Vai a entrar a veda si. Señora María non lle preguntei ¿como se chama María... ?
R: María Pérez Parada.
P: E que é da misma quinta ou....
R: Non ela é dous anos máis nova.
P: Dous anos máis nova. E Usté que naceu aquí na plaia ou... Sempre aquí.
R: Na plaia, cando veu para esta casa que era de planta baixa, inda debeche acordar.
P: Si acordaba si.
R: Veu de dous anos ¿non? -¡Que va! que vin recién nacida para aquí, eu nacín na casa da miña abuela, aquí detrás. - ¡Ai¡ recien nacida, eu pensei que... -A nos batíanos o mar aquí á porta, chegabanos aquí, cando eran as marés grandes chegaba o mar aquí á porta. Miña nai era de arriba, a defunta de tua abuela era parentesco de aquí de...
P: Miña abuela a da Bouza.
R: -Sí a da Bouza, si era parentesco de miña abuela, era dos Calvar, ¿a ti como te chaman?
P: Calvar era meu pai de segundo. Eu son Villaverde.
R: Claro era Villaverde Calvar e el é Villaverde Román.
P: Miña nai non, meu pai é Villaverde Calvar.
R: A nai é Román Fernández. -Ai eu dígoche tua abuela, era Calvar, era Calvar que era irmán da muller de Primitivo, entón eran primos carnales o difunto de meu pai, eran primos carnales, meu pai era Manuel Pérez Calvar era primo carnal de túa nai, o da túa abuela- a voltas coa nai. -
P: E sempre viviu no mundo do mar ¿non?
R: No mundo do mar en todo.
P: Todo, e mariscando sempre non?
R: Mariscando sempre e mais atando. -Desde pequeniña de todo. - Ten o callo no cu de estar sentada a atar na Xunqueira. -Era atadeira tamén, pero a Ribeira de mui pequena tamén despois cando fun a atar xa tiña 15 anos. Pero á Ribeira desde sempre. Non vaias a pensar que os croques que hai ahora que os había antes. Non os había.
P: Antes non os había, xa me dixeran.
R: -Viñan os barcos de Rianxo, viñan unhas dornas de Rianxo e traían os croques, entón a defunta da miña nai e mais a nai deste, comprábanlle queixóns entonces aquí despois botábanse en viveiros, comprabas tantos queixóns e botabas, en Meira solo había dous viveiros tamén deles, do resto non había. Esta semilla de croque veu despois, veu de...
P: E ese croque que o truxeron de Noia ou de Rianxo.
R: -De Rianxo, si ese croque viña de Rianxo. -
P: E que daba a plaia da Xunqueira.
R: -Daba ameixas, ameixas solas. - E lingueiróns. -Poucas tamén. Tiñamos que ir a Toralla, a Aldán, a Portonovo, a Domaio, a Santa Cristina, a todos sitios. -
P: E que iban en barco.
R: -Non a pe. -
P: ¿E a Portonovo?
R: A Portonovo a pé tamén, aquí por detrás, a Portonovo, aquí onda por riba de Bueu. - Pero aí non é Portonovo, aí é Portomaior. Portonovo é na ría de Vilagarcía. -Aí fun un día solo pero ibamos a Aldán a pé. -
P: E que usaban para coller, usaban un sacho.
R: -O sacho. -Todo, todo.