MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· O trasmallo. Tipos de tramallos e lugares onde eran utilizados. Estaba composta por dúas crases de redes, laxas e chouzas. Traballa na rompente para coller peixes de caste. Quedan de postura
· A Antallada era unha rede mui longa, de centos de metros. Montábase coa marea chea nas beiradas. 0 baixa-lo mar o peixe quedaba mallado en seco. Collíase muxo e solla
· Forma de faenar co boliche. Gardar as postas. E necesario faenar con dous homes como mínimo.
· 0 bou era unha arte semellante ó boliche pero traballa no fondo
· Anécdotas de pescar gran cantidade de bruños e luras
· Anécdota da venda de 30 k. de luras sobre o ano 43 ou 44
· 0 mediomundo é unha arte para pescar o xurelo. Consta dun aro con ventos amarrados a un garrucho e fechado por unha rede a modo de ganapán
· A liña para colle-lo polbo era de cáñamo e componse de grabeta, pateiro ou galla, liña e anzol
· Forma de pesca-lo polbo. Agárranse a liña e non arrían nunca
· O palangre é un aparello para pescar a palometa e congro maioritariame
· Alístese o palangre na patela e logo móntase no barco para faenar
· Como se prepara o follaco para pesca-lo bonito e forma de capturalo
Outro día
· Como se asenta o boliche abordo para largalo. Detalle de como se usa
· Si hai pedra debese traballar en boca, e dicir, contra corrente
· A jareta, xeito de armala, usala e traballala
TRASMALLO
P: O trasmallo ese ¿que se usaba para coller tamén. ?
R: O trasmallo é outra cousa.
P: Ahora estamos falando do boliche.
R: O trasmallo é peza de coller, pero hai trasmallos para muitas maneiras, hai trasmallos fijos, e hai trasmallos que son para facer lances nada mais seguido, coma por ejemplo o difunto de Colillo ¿ti coñecechelo?
P: Colillo o...
R: Señor Manuel.
P: Non será o pai, o pai non.
R: ¿Non conoceches?
P: Eu o Colillo conocín pero a Pepe o que morreu.
R: -Non este é o pai. -
P: O pai non.
R: -E a muller tampouco. - Pois mira ese home andaba muito a eso e mais andaban algúns de Cangas, O Sastre, Os Pirinoles, ¿os Pirinoles coñecichelos?
P: Sei quen son pero non os conocín.
R: Eses tamén iban, e eses iban á costa a (inaudible) fóra da illa, ó róbalo, rabaliza, collían dese peixe bo todo.
P: A serrán, maragota todo iso o peixe que hai na pedra ¿non?
R: Pero eses xa son outra clase, son trasmallos tamén, pero xa é de outra maneira. Entonces trasmallos son tres clases de rede, tres non, dúas, unha laxa por un lado e mais por outro, e outra máis chouza no medio, entonces o peixe ven e pásase pola malla laxa e bota e sale pola outra, e xa queda alí amarrado, xa non sale, despois canto máis traballa máis se enlea. Por iso lle chaman trasmallos, porque malla tres veces, non malla, queda.
P: ¿E como é o aparello?
R: É como unha peza.
P: É unha peza rectangular, e ten tres mallas diferentes.
R: Tres mallas diferentes non, as dúas dos lados de fóra son iguales e a do medio é máis chouza.
P: Pasará polos lados e cando veña polo medio é donde queda mallado ¿non?
R: É donde queda mallado despois, non malla, queda embolsado, quero decir, a rede do medio inda é máis chouza que non lle deixa mallar ó peixe, o único que sea un peixe pequeniño.
P: Queda embolsado.
R: Queda embolsado, entra por unha rede e sale pola outra, pero queda alí xa amarrado, despois xa non da volta para atrás.
P: Non entendo, entonces o trasmallo que teñen tres redes que as poñen paralelas ou...
R: Paralelas así, - arman tres pezas- Arman tres redes nunha misma tralla, a ver si entendes.
P: Si ahora entendo, eu pensei que eran tres redes encanadas.
R: Non, despois levan.. encanadas as que queiran, nunha peza poñamos por ejemplo trasmallos, este é o corcho e este é o plomo, entón levan esta é a do medio, e leva unha máis laxa por aquí, encanada tamén á misma tralla e outra máis laxa por aquí, entón entra nesta e tropeza nesta e bota por ela para escapar, ¡ah! Pero chega aquí e queda alí embolsada, como a rede xa non da máis, xa queda alí.
P: E ten bolsa ou non, o trasmallo non ten bolsa ¿non?
R: Non, non ten.
P: Eles ó botar xa quedan en bolsa.
R: Xa quedan embolsados. Embolsados quere decir amarrados, e despois van halando e despois a bordo cando chega o peixe, xa van apartando, e xa teñen o costumbre, tiran polo aquel, e sacan o peixe.
P: E aquí que teñen que tirar polo colcho tamén.
R: Non, despois ven todo xunto.
P: Tira todo xunto.
R: Todo xunto, pero é peligroso ese oficio ¿eh? Que cando hai mar vivo... nada máis que traballaban con mar chan.
P: Traballan nas rompientes todas.
R: Nas rompientes, canto máis rompiente máis vai a ir.
P: Collía peixe bo, collían a rabaliza, o congrio ¿non collían tamén?
R: Congrio, de todo, nese oficio cóllese de todo.
P: E nécoras e bruños non.
R: ¡Ai non¡ iso non eso despois son trasmallos tamén pero xa largan noutro mar, eses xa quedan de postura, ó mellor toda a noite ou X horas según onde pesque, eses xa son de postura. Tamén hai trasmallos aquí, tamén largan aquí ás veces ós chocos, os chocos tamén se collen con trasmallo.
P: Pero ese son tres aparellos tamén ou non.
R: Tamén.
P: Son tres aparellos tamén igual.
ANTALLADA
R: Son tamén iguales pero son máis baixas, bueno, de altura serán iguales ¿non?-Por aí serán. - O que é que, claro, non se pesca o mismo peixe, - e mais non pescan sempre- aquí collen sollas, e despois había tamén antes aquí a antallada, poñían unha antallada, largaban unha rede na pleamar, e o peixe de noite sempre ven á (inaudible) o peixe, toda a clase de peixe de noite, sea na ría, ven a embestir na terra. Entonces largaban unha antallada daban un chicote nunha punta e largaban...
P: ¿Cantos metros podía ter?
R: Eran mui largas. -Mui largas, dende Meira chegaba a Moaña. - E desde Moaña a Meira, entonces despois poñíanlle os chicotes en terra, quedaban os chicotes en terra, e despois poñíanlle unhas varas, para que non saltara o peixe para arriba, porque o muxo saltaba muito para arriba, ahora o muxo xa nadie o quere, ahora perdeu a conducta -non, non, haino por aquí, a saltar- e collían muxos, collían sollas, collían outro peixe que viñera.
P. Iso esperaban á baixada.
R: Ó baixar o mar collíase o peixe todo. -E iba a xente, quedaba nas pozas e iba a xente a coller. -
P: Eu a antallada inda teño participado, inda teño ido. Despois prohibíronna.
R: Non. -Despois xa marchou, quen a tiña aquí era o Manuel ese o meu... o sogro da miña filla. -
P: Si porque ese ó mellor iba desde a rambla de Ramona e atravesaba hasta a Xunqueira.
R: -Do sur viñan varias. - Despois viñan os do sur e viñan os de alá de arriba.
P: Esos como se organizaba a antallada, tiña ¿o armador tiña o aparello?
R: -Era como a altura dunha peza despois moi larga, e plomo polo redor. -
P: ¿Cantos homes traballaban mais ou menos?
R: Dous ou tres, ou catro ou cinco.
P: Unha chalana iba largando o aparello...
R: Largaban e despois xa... hasta a hora de coller xa nada. Despois de espichar as varas había que esperar a que baixara a marea.
P: A que baixara a marea.
R: ¡Pasábase máis frio!
P: E cal era, porque aí podía ir todo o mundo, pero logo...
R: Despois iban a roubar.
P: Porque esa xente tocáballe o peixe pero non era todo, había algunhas normas que dictaran, que o peixe que estuvera cerca do... ¿había unha distancia así reglamentaria?
R: -Había veces que roubaban na rede. - Había veces que lle iban á rede tamén.
P: Si porque se era tan larga.
R: Cada un facía o que podía ¿non? Ahora que estaba prohibido ir á rede,
P: ¿Había unha distancia máis ou menos da rede?
R: Había pozas de agua e o peixe quedaba naquela poza entón aquel podía collerse.
P: Si se miraba saltar.
R: Pero había quen iba alí e quen iba... -Moitas veces había quen collera por terra que na antallada misma, había que collera a caldeirada máis que a entallada se ascaso, muitas veces. - si porque muitas veces quedaba muito peixe arriba, -E arrastaban co sacho porque as sollas enterranse- e as sollas enterrábanse, a solla é o que ten, entérrase, entón iban co sacho e donde estaba.
P: Collíase muita solla, era o que máis se collía, muxo e solla.
R: Muxo e solla, nada máis. Pero ahora o muxo...
BOLICHE
P: O boliche, vamos a falar do boliche que nos quedou algo atrás. O boliche, non acabamos de ver como se faenaba.
R: ¡Ai o boliche¡ ¿Como se faena?, según ó que andes. Si andas ás luras, por ejemplo, os que andan ahora por alí, e ó mellor non queres ir ó mar tan pronto chegas, e ven outro e dache polo costado, pero ti sempre tes a vez para largar e largas de donde queres, ó mellor máis para alí ou máis para alá, como che conveña a ti, pero ó acabar ti despois vai o outro, se lle convén ir, senón levanta o rizón e marcha, pero ó mellor ti non tomaches nada, pero tes esperanza de que veña e dices ti non vou a deixar este que me quede para... porque miras o sol, sempre á caída do sol sempre atracan máis, voume a apurar para que vaia ó mar tamen para despois quedarme a primeira vez a min, entón "¡Que vas ou non!" entón el non ten máis remedio que ir senón tenche que deixar ir a ti, e por si acaso el tamén vai, e se había tomar tanto toma cuanto, ó mellor pero... despois depende donde sea, largas un e larga outro e larga outro, hai veces que hai sitios que se está nunha posta cinco ou seis e todo o mundo vai por vez.
P: E o boliche normalmente o mínimo para traballar que necesita, dous homes ou tres.
R: Dous ou tres.
P: Porque eses teñen que tirar...
R: Un de unha banda e outro doutra.
P: Eses largan o aparello, fan...
R: Primeiro dase fondo, que lle chaman a pombeira, para aguantar o barco.
P: Pombeira.
R: Chámase a pombeira, pónselle unha boia, arríase e vaise largando, na boia está o cabo amarrado que vai ó aparello largas, a veta, hai que largar veta ¿non sabes? entón despois arrías o calón, e vas facendo o cerco.
P: E despois volves a...
R: E despois volves coa outra a coller a boia, colles a boia e pasas a banda de estribor e ó medio do barco faise a pombeira como se dice, amárrase e se fai a pombeira.
P: E quédase firme no medio do barco.
R: E queda firme no medio do barco, entón van halando...
P: E teñen que halar á vez, os dous, para que veña o aparello.
R: Todo igual, o bou que tamén se hala así, pero como se larga máis veta xa se leva de dez en dez brazas unha marca, ou un trapo ou calquera cousa metida no medio da veta entonces din "¿marca?" e o outro dice "Inda non" ou tamén marca, e aí tamén leva, algún tamén hai quen teña marca, outro namais leva as dez brazas do calón, tiro chámanlle, "tiro", ou xa se mira como é de día as luras se traballa de día que as luras trabállanse de día tamén se traballan de noite pero... mais de día que de noite. "Teño tiro" "Ai eu inda non ¡concho¡" "non hales tanto ou tamén, según hasta que chega o calón, vaise halando e despois si hai un máis si son tres, o do medio colle o corcho, vai collendo o corcho, ¿non sabes?, colle o corcho e vai tirando, e o que está halando o aparello vai hasta que chega a corona, trae peixe ízase para abordo, abócase ou escóllese.
P: E si hai muito hai que meter salabardo tamén.
R: Si hai muito hai que meter co salabardo tamén, xa hubo quen metera. Eu axudei a tomar.., tamén foi o lance máis grande que fixen de luras, 85 quilos de un lance solo, non tiñamos salabardo tuvemos que meter a patela, 85 quilos, pesamos no outro día, que se fora no intre non sei se non pesarían 80, pero no outro día, foi de asexo, nos Castros, cerca de Barra.
P: En Nerga.
R: Si alí por Nerga, nos Castros. Alí axudei a tomar nun lance 80 quilos, 85 quilos.
BOU E RAPETA
P: E que outros aparellos lle acorda máis aparte, falamos do xeito, do boliche, do trasmallo, da entallada, do bou, o bou que andaba máis ó marisco ¿non?
R: O bou anda á nécora, tamén toma...
P: O peixe que hai no fondo.
R: O peixe que hai no fondo, despois tómase tamén bruños, centolos, se hai, iso depende. Antes había ahora non, ahora desapareceu todo. Antes aí en Samil cando daba o centolo.. Ahora que falamos do centolo, nunha ocasión non había nada á ardora e andabamos á rapeta que é cousa parecida ó bou, a rapeta é coma o bou pero é máis pequena, en vez de ser bou é... ten a rede máis chouza, e andaba na chalana de Manolo o pai de Baiona, ti conoces a Baiona.
P: Si.
R: Bueno pois o pai, e andaba meu cuñado Fanchuco e eu, os tres, como non había nada á ardora andabamos así á... e chegamos a Liméns que collíamos alí de día uns pulpos, sempre se tomaba porque o pulpo tómase mellor de día que de noite, entonces madrugamos, era no mes de maio, o último día de maio, o 30 ou o 31, acórdame porque despois xa veu a veda enseguida, e chegamos alí a Liméns, ó Buraco das Pombas, e alá frente Nerga mismo, había unha chalaniña de tres a catro homes, tres traballaban e un estaba sentado á proa, unha chalaniña pequeniña que non cabían, aquel estaba alí porque estorbaba, e estaba sentado á proa, e ese Manolo o pai de Baiona tiña muita vista era mui... miraba que... mirábamos todos pero el máis, e decíanos el "Ese aí está tomando algúns ratos", chámalle ratos ós pulpos pequeniños, "Ese tamén está tomando algúns ratos" pero claro nos tamén estabamos tomando tres catro, cinco ou seis non ibamos deixar seis por tomar tres non? e decía Fanchuco "Menos mal se vamos así tamén xuntamos unha venda" e tal pero nisto aí os veñen voga voga, o outro sentado á proa e dinos o que viña á popa "Oes patrón, ¿ustedes non toman bruños ningúns?" díxonos el, díxolle el "Nos non estamos aquí catro ratos namais" "Nos viñemos, que vamos para o bonito mañán e viñemos buscar unha caldeirada e xa non queremos máis xa marchamos" inda había sol, "Xa marchamos non collemos máis, vaian para alí que hai" e fomos á noite, cando fomos xa estaban balados, xa se enterraran, xa non se tomaban, pero despois de noite, a chalana era como un galeón veu cargadiña a plan, tuvemos que traer a rapeta as vetas todo enriba, viñemos a botar todo a Moaña, as vetas e a rapeta e coa misma fomos a Vigo a vender por patelas, ¿entendes?
VENDAX
P: Tuveron boa venda entonces, fixeron...
R: Daquela nada, daquela que pudemos ganar a cada un 20 ou 30 duros nada máis.
P: Bueno.
R: Ahora que xa era un xornal ¿eh? Daquela ganando 20 duros xa era un xornal, porque ganando cinco duros xa se facía algo, e ahora vale un quilo de sardiñas dúas mil pesetas. -Non tanto-
P: Si pero nunca foi tan cara a sardiña e o chincho, antes era o peixe máis barato que había na plaza.
R: Un deses que tomaches que valía ahora dúas ou tres mil pesetas-Mira canto vale un quilo de luras ahora, o menos 1000 pesetas, ¿cantos quilos vendín eu a menos de a duro? Non che acorda cando chegabamos a Vigo e viñeches non sei se ti e mais túa irmán ou túa irmán sola a vender, a axudarnos a vender, Fanchuco eu, Rique e Pepe, de Samil, e chegamos non había quen as levantara, de tanta lura que había non había quen as levantara, e fomos a un remitente que lle chamaban Botas e deunos a 14 reales, a 3. 50 o quilo, pisamos unha lata que tiñamos do gas, que eran 18 quilos aquela lata, e pesa 13 quilos "Ai señor estas latas levan... " "Si queren botan e senón vaianse" a onde ibamos a ir.
P: Claro roubáballe no peso e xa lle pagaban pouco inda por riba.
R: Tuvemos que botar 13 quilos que eran 18 a 3. 50 se fora hoxe aquel día facíanse máis de 20. 000 pesetas en luras, sen embargo despois había algún home tamén razonable, doutra ocasión, era o ano... aquela foi o ano 44 ou 43 inda non había a lonxa nova, inda era a lonxa vella, e ibamos con un queixón delas que habían ser 30 quilos, e na porta da lonxa había un home e díxonos "Eh a onde van, ¿que levan aí?" "Luras" "¿E a como venden?" "Nos xa levamos vendidas" "¿A ver a como llas pagan?" "A duro" "Doulle eu a seis pesetas, bótenmas a min" "Non señor que xa as levamos vendidas" e vai e non llas demos, e aí ven, aí ven, e era o pai de Botas, estaba o fillo a comprar que era coxo, e decíalle el ó fillo, "¿Estes señores que?" "Estes veñen todos os días" "Bueno, e a como llas vas a pagar" "A duro, que é a como llas pagamos" "Non dalle a seis pesetas" porque eu dáballe a seis pesetas e non mas venderon pero eu deille seis pesetas así que ahora ti págallas a seis pesetas, pero outros...
MEDIOMUNDO
P: ¿Que outras artes se acorda aparte das que falamos? ¿O mediomundo estaba considerada como arte?
R: O mediomundo houbo, pero nunca anduven a el ¿eh? Pero sei pouco máis ou menos como traballaba, o mediomundo era un aparello que era para o xurelo, iban a fóra, á illa.
P: Exclusivamente para o xurelo.
R: Para o xurelo e mais para aquí tamén á faneca.
P: A faneca si.
R: Á faneca tamén andaban con el. Ese é un aro, ou unha ballena, ou unhas varas de aceiro ou así, e doblan e fanse un aro.
P: Soportan uns ventos
R: E póñenselle uns ventos ten un sitio para rachar e hai que ter un pau para despois tirar para arriba, bueno, entón arríase para abaixo, despois hai unhas bolsas...
P: ¿Méteselle engado dentro?
R: Engado, vaise con unhas bolsas engadando e alí ven a comer o peixe, e tes unha liña e claro de paso que o peixe ven a comer tira unha liña con unha miñoca ou con unha maja é mellor que o engado que lle botan, entón sabes que hai peixe. Ou mírase botar a burbullada, porque o peixe ó moverse bota a modo dunhas globas, pero se pescas antes, por ejemplo vas a facer unha mañan antes de que brille o sol ou de que se mire o día pois non miras a burbullada entón tes que ter a liña para saber se tes peixe.
P: ¿E que diámetro podía ter o mediomundo?
R: Depende, dependía do barco.
P: Do barco, dous metros ou algo así.
R: Máis. -Como esta mesa ou máis. - Máis. -Según o barco coma fora Enrique. - Andaba Cándido Rogelio nunha chalana e tiña por dúas, catro mesas destas, e eses do mediomundo da Ribeira que iban a fóra da illa ó xurelo eses bueno era... máis que esta mesa. Cándido Rogelio pescaba alí nas bateas chinchos e mais fanecas, daquela había moita faneca por aquí, ahora non hai nada, ahora todo se acabou, viña muito peixe, ¿e pulpos?
LIÑA, GARABETA
P: ¿Que usaban para coller o pulpo?
R: O pulpo liña.
P: A liña.
R: A liña.
P: Que era unha liña de tanza ou de...
R: Daquela antes eran de fio, de cordel
P: De cáñamo.
R: Facíanse en Meira. A liña do pulpo componse de tres cousas, garabeta, pateiro e liña. A garabeta é unha pedra que se fai a propósito, xa se lle toma o peso pouco máis ou menos, para que vaia ó fondo, en vez de plomo, e o pateiro é para amarrala, por ejemplo este ponse así e despois amarra.
P: O pateiro que é de madeira.
R: É de madeira, e había un pateiro e mais había a galla unha así con dúas e quedaba así, entonces despois enriba da garabeta esa ponse un caranguexo.
P: Unha lona desas.
R: Un caranguexo.
P: Si era coma un caranguexo.
R: Era mellor que había, come muitas cousas pero o mellor para o pulpo é o cangrexo, é o mellor que hai, amárrase con un cordel e despois tírase ó mar e vaise arrente, ese ten que andar arrente o canalón.
P: Si vai rasteando.
R: Vai rastreando, e ven o pulpo pica no caranguexo e o que sabe, xa sabe se é un pulpo ou se é un carromeiro que andaba...
P: Que quedou enganchado. O pulpo tira para abaixo ¿non?
R: Non o pulpo é coma se colleras un monte de lán que está así, ou ben atacado porque por aquí pola ría ándase polo limpo muito.
CARA B
R: Aí é pedra, entón hai que saber tamén as pedras teñen grechas, van as garabetas e métense e quedan atacadas, e ti tes que saber si é pedra ou si é un pulpo ¿sabes?
P: Porque se meten no laño despois é mui difícil de sacalos ¿non?
R: Si pero hai que saber tamén o que é. Entonces por aí case case sempre hai que andar ó borde da corriente, porque andan moito as corrientes, entonces polo regular andando a fóra, o menos que truien eran dous homes o menos había que vogar muito para alá e para acá, e si non tres, si van tres anda un ós remos, polo regular era o rapáz, o rapáz era o que andaba ós remos, e un á proa e outro á popa, cada un catro liñas, había que safarse con catro liñas, hai uns taletes e uns espichos tamén que se poñían así para darlle volta porque tiñas que andar... por ejemplo, había que disparar a liña para que non se enliaran e mais por si caía un pouco largo, pois algún que viñas ibas chamando despois podía vir algún non sabes? Buscabas, e aguanta para adiante rapáz, aguanta que teño un, ó mellor estaba atacado había que darlle e ás veces viña xa á primeira pero ás veces xa...
P: Había que deixar confiar ¿non?
R: Había que confialo coma quen que non... entón de repente aí o ven.
P: ¿E queda preso polo anzuelo?
R: Non. ven agarrado.
P: ¡Ai ven agarrado. ¡
R: O pulpo ven agarrado,
P: E non solta.
R: E non solta. E canto máis tires máis ven. Hai veces que sí, cando andan malos ó mellor ó mirar un pouco de claridad ou tal.
P: Escapan, déixanse ir.
R: Arrían, pero cando non, cando veñen non fai falta meterlle man ó mar, aquí por dentro si hai que meter o bichero ou collelos coa man, pero alí xa se dice con garabeta e todo, ¡ai¡ aquel meteu un con garabeta e todo, hai veces que veñen malos e...
P: ¿Non lle mete un anzuelo abaixo?
R: Levan no pateiro e mais na gadaña levan anzuelo, pero case nunca se enganchan porque eles cando veñen é agarrados, eles polo anzuelo é cando escapan, si ó mellor non escaparan pois como está así el aquí ven agarrado aquí ¿non? ó caranguexo, e ó mellor resbala por aquí e enganchouse, pero si vai un pouco para adiante xa non se engancha ¡mimadriña¡, escapan máis dos que se enganchan, con levar muitas veces a galla ¿eh?
P: E despois cando os meten a bordo mátannos.
R: Hai que matalos,
P: ¿Trábanlle nos ollos ou?
R: Nada, nada de trabarlle nada, hai unha espicha un pau afilado entón cóllelos pola capeleira así, e aprétaslle ben os ollos e méteslle na boca, na boca que lle chamabamos nos o cu, pero é a boca, e teñen aquí na capeleira mismo uns huesiños e como lle des alí, alá vai, xa quedan. Eu non sei se foi unha vez un o tío do meu xenro pouco máis o come un. - ¡Ai son malos¡, son mui malos, o pulpo como te amarren os raxos a tí... e sen embargo mira ti, como poidas non che fan forza ningunha, porque o pulpo sempre tira para o mesmo lado, e ti, el tira para alá, e ti tiras para acá, e non eres capaz, xa arría a capeleira, arría un raxo, arría... pero el o aquel non o arría, ah. pero el a tirar para alá e ti para acá faslle así a favor alá vai, el mismo se solta, el tira para alá e ti tiras para aquí e coa misma daslle ó son del, xa se soltou, pero como lle leves a contra, non se solta nunca.
P: Fai firme e non se solta.
R: Porque está firme que non a solta nunca.
PALANGRE
P: E outras artes así menores que non sean de rede como podía ser o palangre.
R: O palangre pois é tamén, hai palangres da castañeta.
P: Eso xa eran barcos ¿non?
R: En barcos, eses iban a fóra, e hai palangres aquí que andan ós congrios aquí tamén.
P: Ós congrios e anguilas.
R: As anguilas, non, as anguilas xa máis a pescar, as anguilas é unha liña como outra calquera, na Ribeira, ou na Ribeira no muelle do Con, cando eu estuven alí a facerlle o descuento ós mexiloneiros viñan moitos alí a pescar e largabanas poñían a liña con unha pedra por encima, ou amarradas hasta que miraban que tiraban as anguilas, pero o palangre que andan aquí ó congrio, collen congrios grandes e congrios pequenos, é unha tira de liñas, de muitas liñas encanadas unhas con outras e póñenlle de braza en braza ou de media en media braza unha lienza e un anzuelo enganchado, entón póñenlle unha encarnada e van largando, langan nas pedras.
P: Nos laños todos.
R: Nos laños, van largando, van largando e despois o congrio ven, come e xa queda enganchado, se non se solta, que hai algúns que se soltan e marchan, e a palometa igual, tamén largaban alá fóra muito eses levan 25 e 30 palangres, e largan a toda marcha.
P: Eu teño mirado armar os palangres, armábanse nunha cesta ¿non?
R: Nunha cesta.
P: Ou nunha patela.
R: Ou nunha patela, iso depende despois...
P: E nunha patela que tiña polo borde todo un cabo.
R: Un cabo para poñer os anzuelos.
P: E van todos colocadiños ó redor.
R: Todos colocadiños e hai que colgalos todos ben un por un ó lado para que cando vas largando que vaian salindo por vez, se ti posnos por diante dos outros ó mellor despois fas un lío, si pos por ejemplo ó que lle toca salir primeiro por detrás do outro pode levar o outro enganchado con el, e fas un lío que non te zafas. Entón por iso hai que ir por vez para que salgan por vez, van salindo por vez.
P: Están amarrados a unha corda principal e cada metro máis ou menos levaban un.
R: Chámanlle a lienza do palangre.
P: E esa tiña que estar ben armado tamén na patela¿non? Para que non se fixera nudo,
R: Xa lle chaman alistir, hai que clarealos porque despois ó metelos abordo zafallanse ¿non? entón hai que alistilos e encarnalos, preparalos.
P: ¿E con que se encarnaban? Porque eu acordo de ver follaje tamén.
R: Ese é o bonito, o follaxe é o bonito. -Eses encarnábanse con bolo. - Eses encarnábanse con bolo e con alcrique. -Pero máis con bolo. - E con... o mellor era o bolo claro.
P: O bolo vivo.
R: Non, morto. Hasta o salaban e todo, espadín tamén muito, e xouba, pero o bolo era o principal. O bolo xa o gardaban cando había muito para despois para cando non había ningún.
P: Para ir á palometa.
R: A palometa, xa os metían nos frigoríficos para gardalos. Ahora para aquí, para estes que andaban ó congrio aquí, un cacho de raia...
P: Ou unha sardiña.
R: Ou unha sardiña.
P: E como armaba o aparello no barco, como armaban o palangre.
R: O palangre xa van alistados de terra.
P: Van en patelas ¿non?
R: Van en patelas, e despois poñen en unha mesiña que tiñan para largar, e arrían a boia, e o barco xa vai a toda marcha e xa vai largando.
P: ¿Pero eses que van amarrados a outro cabo?
R: Un cabo a outro, xa teñen un chicote ó lado e xa van e ó acabar xa poñen a outra patela, que están a fila, xa van poñendo e xa vai salindo.
P: E amarran o cabo ó palangre ou xa está amarrado, ¿cando van para o mar xa o amarran?
R: ¿Como?
P: A ver se me explico, as patelas van soltas ¿non? Cada home leva a súa patela preparada, armada.
R: Si e despois xa poñen nun sitio donde van a ir gardadas.
P: De paso que van para o mar xa a colocan no sitio, ¿e amarran ó cabo principal?
R: Non, despois cando é hora de largar, cando chaman para largar, porque nadamais que vai o de guardia, os outros van durmindo, entonces chaman ¡ala vamos a largar¡", entón veñen para arriba e empezan a preparar, e despois lárgase.
P: Soltan varias como lle chaman trallas, cordas.
R: Muitos palangres, chámanlle palangre. En Vigo alistan máis as mulleres que os homes, -Alistaban máis as mulleres que os homes. - As mulleres cando andaban que ahora xa se acabou iso. -Ahora acabouse, aquí en Moaña tamén- E en Vigo era o mellor oficio que terían, ganaban máis cartos. -Á castañeta. - si porque tiñan ó alistir, tiñan o par de castañetas cada día que iban ó mar, tiñan despois non sei que en cada cento que traían, ganaban máis que o armador. Ganaban muitos cartos. Ganaban eles, ganaban as mulleres por alistir, ganaba case todo o mundo na Ribeira co palangre.
P: E despois cando collían, traballaban co barco en marcha ¿non?
R: Despois non, iban collendo pouquiño a pouco o barco e halando, había que saber, non sei como lle chaman.
P: ¿Que halaban a man?
R: A man, si. -Sí porque elas sentadas. - Ahora xa hai quen ale con maquinilla pero daquela antes non se levaba.
P: Pero si nun palangre collen varias castañetas non hai forma de tirar por elas ¿non?
R: Si pero antes era a man todo. Iba pouquiño a pouco o barco. -Ahora todo se fai a maquinilla. -
P: Un palangre cantos anzuelos podía levar.
R: Non sei se non levaría dous ou tres centos ¿eh?
P: Claro pois coller dous ou tres centos de castañetas non podería con elas.
R: Mimadriña, se é que claro o pendón nada máis que é o primeiro, como o barco vai sempre naquel andar pois entonces non tes que tirar muito, namais que vas tirando dende o fondo hasta arriba.
Ó BONITO
P: ¿E non se usaban varas?
R: As varas é para o bonito.
P: ¡Ai as varas para o bonito. ¡
R: As varas para o bonito, o bonito antes, ahora xa se perdeu ahora péscase de outra maneira, ahora péscase ó tangueo, ahora lévase encarnada para lle botar xouba ou así, antes eran con varas, levaba unha vara a un lado e outra...
P: Si unha vara grande, lémbrame ós palangres.
R: E iban as liñas, aí son liñas, con un anzuelo cada unha.
P: A liña e o anzuelo.
R: Con anzuelo cada unha e poñíaselle de encarnada un follaco, que había que saber facelo porque iba o follaco así... por ejemplo este é o anzuelo e o follaco iba así, entón o bonito péscase a toda marcha, lárganse as liñas pola popa levaban tres, ou tres ou catro liñas levan en cada vara, a da punta, as dúas do medio e mais os recodos, nunca anduven pero polo que teño mirado, entonces daba avante, o barco avante e vanse largando as liñas, entón veñen todas así, e o follaco brilla porque vai peinado e parece un peixe.
P: Un peixe vivo si.
R: Parece un peixe vivo, e cando pica un déixase ir un pouquiño, lárgase ¿non? Rompe unha tralla, leva unha trampa, un cordelciño amarrado á liña e ó picar o peixe como dá o tirón rompe aquel cordelciño e lárgase a liña e se non pica máis que aquel amoderase o barco pouco a pouco entón empézase a halar, álase e despois están dous á popa, que son os verdadeiros pescadores, entón cando chega o alambre había que saber codear, había quen codeaba porque senón a man podíacha cortar, e estaba un co bichero, e había veces que pegaban todas pero había que meter un por un a bordo, pero aínda así os centos deles nun día ou máis, porque había veces que comían eles sen levar o barco avante, depende cando o peixe está para comer, depende do peixe. Bueno, que máis temos.
P: Vamos a deixar para outro día, vamos a falar de outros tipos de arte que lle acorden falamos outro día mellor. Como hai muito, mañan falamos das nasas.
R: Mañan, sábado.
P: Sábado é a partida xa sei. Sábado é sagrado. (17.50)
BOLICHE
R: Páreceme que che falei do boliche pero nada máis que falamos de como se fai ¿non?
P: Si.
R: Pero non falamos de como traballa, ¿non?
P: Si falamos un pouco tamén.
R: Pero paréceme que non ¿eh?
P: Pero é igual, si quedou algo atrás conte igual.
R: Paréceme que non falamos como se pon abordo tampouco.
P: Non.
R: Non ¿verdá? Como ten as dúas bandas, unha é a de baixo ou sea a de popa e outra a de proa, e sempre se leva o colcho, o colcho hai que asentalo con que o colcho quede para arriba, non é coma... poñamos por ejemplo o cerco de jareta, vai a largura do costado de babor, entón leva o colcho a popa e o plomo a proa, e xa sale ¿non? Pero aí non, vai todo xunto, entonces hai que empezar a poñer a veta primeiro na pana.
P: Abaixo.
R: Abaixo. A veta de abaixo. Despois embuzar no calón de abaixo, quero decir, estando o boliche así, que é a banda da man esquerda, que é a que ven despois de largar pola popa do barco ¿non? Entonces vaise asentando aí arriba, despois ó chegar, ó terminar a banda, cóllese a punta do copo, a punta da corona e vaise metendo así a un lado e despois ven o colcho da gola e queda alí e mais o plomo, o plomo debaixo do colcho, entón despois lévase a asentar a outra banda a banda de abaixo empézase polo calón, hasta a gola, e a de arriba empézase da gola para o calón.
P: Ó revés claro.
R: Ó revés, para que vaia quedando o calón por arriba, e vaise levando o colcho, porque senón pódelle dar volta ¿non? Vaise levando o colcho e no arremate, ou sea no calón, así como media braza antes de chegar a donde se emboa ou menos de media braza o que se queira, ponse unha tralla amarrada, con un colcho encima que se chama o bourel.
P: Bourel, si.
R: O bourel, entonces ponse a un lado, non se lle pode dar volta, porque despois ó largar estás fondeado, vas vogando vamos facer un lance aquí, fondo, o rizón a pombeira que lle chaman hasta a boia, arrías a boia e despois largas a veta que queiras, vamos a que pertenece, veta e media e tal, e o que vai levando o colcho, vai un a palmear, si son dous nadamais un voga e outro ten que facer pero se son por ejemplo tres ou catro, vai un a palmear ¿non? É o que está a popa, vai levando o colcho, colle polo bourel e xa o outro arría o calón, e xa vai levando o colcho tirando así da man para que salga todo claro, e despois ó chegar ó arremate, o que está a popa colle a gola e tira o plomo por un lado e o colcho por outro e despois tira co cope ó mar, e o cope xa queda aboiado tamén, e xa colle o colcho así como ven da gola outra vez xa vai levando tamén, se non ten quen lle palmee pois el mismo coa man e mirando vai sacando as voltas que haxa, iso depende tamén despois da xente.
P: E o plomo ó ir para o fondo xa vai facendo forma.
R: Xa vai quedando todo, queda... como che vou a decir, como un ángulo obtuso de todo, o aparello queda como un ángulo obtuso, porque vai largando así recto a veta ¿non? E despois vira, vai virando e sempre vai dando un pouquiño, e ó chegar ó medio, que é onde chega o cope, tira entón xa vai dando volta outra vez, en vez de ser os ángulos, ese que che digo eu o ángulo obtuso en vez de ser rectos levan media curva ¿non?
P: Van cerrando pouco a pouco.
R: Van cerrando aí está, van cerrando pouco a pouco.
P: Despois ó cerralos...
R: Ó terminar o calón, ó terminar de largar o aparello vógase e xa vai saíndo a veta de abaixo, xa vai salindo e ó chegar á boia o que está a proa vogando a proa ou si non é máis ca un arría un remo e vai co remo e arrente a boia mete o remo para o fondo, e levanta para arriba e colle a veta, e pasa pola proa, por riba do barco e ven a estribor, e alí faise a pombeira no medio e medio do barco hai un traste ou un talete.
P: Si algo para amarrar.
R: Para amarrar a pombeira, para que o rizón aguante firme o barco ¿non? E de alí xa empezan a halar. A esa pesca da lura trabállase o firme, sempre que non haxa muita corriente porque este boliche parece nada pero traballa muito a corriente nel, se traballas en boca, chámaselle en boca contra a corriente ¿non? A veces levanta o aparello no aire, e reventas o peito, ás veces a corriente aquí anda muito, e hai veces que non anda nada, pero si largas muito en popa igual che ven encima, sempre hai que largar unha banda donde vai a... se ven a agua poñamos para a ría e estamos traballando aí no Con, ou do muelle do Con para o mar todo, anque sea hasta a illa todo, pois largas sempre proa alá, e despois vas virando vas virando e a banda de abaixo que é a que abre, a que lle da, hai que salir a menos veta, sen embargo fíjate ben, isto é para as luras, para que o aparello veña vindo e veña cerrando, sen embargo se andas ó peixe, onde hai pedra, hai que traballar en boca, porque se traballas en popa pon todo o aparello, e ó poñer todo o aparello prende, habendo pedra, prende, entón traballas contra a corrente, pero xa ten que haber, para o peixe hai que darlle co pandullo ¿non sabes?, as luras entran elas, pola sombra do aparello xa entran elas de por si, pero ó peixe nese boliche hai que metelo coma quen o mete dentro dun puente.
P: Hai que abalalo, asustalo antes.
R: Abalar con un pandullo Bom! Bom! E canto máis bule mellor porque... inda a veces non entra ¿eh? Que cantas veces "Dalle que está aí dalle" e ven levanta plomo rapa rapa rapa e ó chegar á corona 5 ou 6, 7 ou 8 unha patela, ó mellor peixe de tomar un queixón ou unha cesta. Muitas veces, mimadriña, cantas. E hai que ir un e cando é así, para levalo así para dentro, chámanlle lascar, a pombeira está un home e vai indo pouquiño a pouco soltándolle ¿non sabes?, e vai indo o bote encima do aparello, porque se se fai firme levanta, o plomo levanta, e o peixe métese por abaixo.
P: Vai ciscando pouco a pouco.
R: Vai ciscando e ti vas co pandullo metendoo, ás veces xa se mete el sen pandullo e sen nada, depende como se encontre o peixe tamén, e mais o peixe que sea, o buraz xa non fai falta a mitad do pandullo, pero o chincho cando vai malo mimadriña, estar aí, aí o está dalle.
P: Anda para os lados non...
R: Porque se mira non sabes mírase ó dar o pandullazo, entón o patrón está a popa ou algún dos que están halando a fóra, "dalle dalle que está aí dalle" pero... e cando quere morrer morre como un burro.
P: Entran sin saber porqué.
CERCO DE JARETA
R: E do da jareta tampouco falamos de como se larga nin de como se aquela ¿non?
P: Non.
R: A jareta é esa dixemoche das anillas que leva.
P: Si a jareta é...
R: Aí está, pásase por alí, e despois según a altura do aparello e a largura do grande que sea o aparello dáselle unhas vetas que lle chaman a jareta de arriba, vaise correndo e amárrase no tiro, os tiros son os que tiran despois polo aparello, o de popa xa vai amarrado ó barco como o da banda de abaixo do boliche, pero o de arriba ou vai na chalana ou vai nunha boia tamén, pero aí non se da fondo aí o barco é quen aguanta o aparello, porque como o aparello é largo e fai cerco os calóns quedan así pola proa e pola popa, entón emparan nel, non o deixan ir a medio, hai veces que se vai a medio ou ven a agua e dache encima pero iso sendo o patrón fino pasa algunha vez pero non sempre, e esa jareta aséntase o aparello chegas co aparello ó muelle e vas asentando, empezas polo calón de abaixo, vas asentando ten unha anilla pasas por o chicote, xa hai un que está e ven outro, as nove, coa misma asentas o calón a popa e o que é o encargado da jareta, o jaretero o como lle chaman, pasa e leva unha tira que vai ó tiro de popa do que queda na boia ou na chalana, ten así unha cordiña delgada métese de alí e daselle unha embozadura e queda alí amarrada. Chegas o mar, miras o peixe, ven a manada do peixe, o patrón búscalle a cara de donde vai a largar, porque hai que mirar para onde anda e como...
P: Para onde van as corrientes e todo.
R: E os patróns saben. Bueno ¿todo o mundo listo?, listos si é con chalana ven a chalana a popa senón o que anda ó colcho aboia e dice "Arría" arría se é chalana co vocero, que vai un vocero a ter cuidado da chalana, arría a chalana, e si é con boia o que xa anda ó colcho xa tira coa boia, e o que está ó calón tira co tiro primeiro e despois co calón, e xa o aparello sale el, xa vai salindo el.