MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ENRIQUE PARCERO CHAPELA E MARIA PEREZ 81 E 79 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· E natural de Tirán e naceu o 19/10/11
· Explicación da súa alcuña "O Carril"
· A arte. Largaban betas. Cada beta tiña de 16 a 30 brazas. Cada braza ten sete cuartas, e cada cuarta equivale a 22 cm. As postas para traballar estaban no Latón, Arroaz, Praia de Moaña, O Real, A Mosqueira e o Con. Os mariñeiros era fixos de parte e os voluntarios que portaban polas betas recibían o quiñón
· O aparello da artes estaba formado por: Bandas, calóns, gola e cope
· Explicación da expresión "Hai que armala"
· Descrición do traballo do barqueiro
· Tipo de capturas
· A medio real a ducia de piardas (anécdota)
· Os faluchos ían pescar a fora da Illa ó pincho ou ó palangre
· O cerco de gareta trouxéronno os santanderinos
· Antes caldeábase a popa: Os da barranca aguantaban a traíña e lanzaban macizo da raba. Cando acudía o peixe a comer era cando se largaba
· A rede do cerco ten colcho e plomo. Descrición da gareta
· Hai que contar coa aguación para arma-lo aparello no mar. Alan dende o medio do barco hacia a popa e por babor
· Descrición dun salabardo
· Descrición da ensauga. Rede máis tupida e forte onde se xuntába-lo peixe
· Cando lle puxeron os motores as traíñas, traballaban como si fora a ardora
· Caldear por atrás. Deixar preparado o aparello para outro lance
· Durante a Guerra Civil puseron cupos de pesca
· Os pimpóns eran botes grandes que andaban ó xeito e ó boliche
· As tripulacións facían regatas apostando cabazos de viño
· Descrición do xeito. Pezas de cinco brazas con calzas nos colchos e chumbos. Largábase ó aceso, a xeito de volante
· Co boliche pescaban xurelo, buraz,lura,etc. Descrición do boliche: Calón , bandas, menas, golas e corona
· Descrición da coroa e xeito de cose-lo cope (ou copo)
CARA A
R: Do de Pontes que sacaron e puxéronlle ó mismo barco xa lle puxeron o motor a bordo era de remos e puseron o motor non foi barco feito para motor
P: Si aproveitaron
R: Si e eu tamén xa anduven no do teu abuelo tamén de remo ou digo de motor xa, cando eu fun po mar xa todos eran motores, -Non era o abuelo- Román o vello era o abuelo. -ah, sí
P: Uste que naceu en Tirán.
R: Eu nacín en Vilela, ti sabes onde é o forno,
P: Si
R: ¿Sabes a casa de Elena, a taberna que hai, indo pa Cangas na casa...
P: Na curva
R: Na curva ó pasar a curva alí nacín eu, frente con frente a casa vella que había arriba porque a casa que hai indo para alá para a esquerda, foi feita nova pero a principal estaba arriba que ahora reformaronna fixeron unha de dous pisos ou tres, ou non sei.
P: Que dixo en que ano nacera no doce.
R: No once, o dezanove de outubre do once.
P: E tamén é Parcero
R: Eu son Parcero
P: Enrique Parcero?
R: Enrique Parcero Chapela. Pois os Parceros era meu pai que eran os Carriles chamábanlle os Carriles porque o nombre de Carril veu por isto, meu abuelo, o paterno, o pai do meu pai casouse tres veces e de todos tuvo moitos fillos e a última muller que era miña abuela xa non a conocín nin a meu abuelo tampouco. Tuvo trece e os dous últimos eran gemelos meu pai e mais un que se casou en.... Castrelos, e mira como se parecían que cando morreu miña tía de Castrelos nos xa estabamos casados e fomos ó entierro a Castrelos e foi meu pai tamén e xuntouse co hermano e empezaron a falar e empezaron os homes a chorar ¿non? E decían as vellas dalí de Castrelos "mira como se parece, canto se parecen hasta no chorar son iguales"
P: Choraban igual
R: Decían que hasta no chorar eran iguales. Entonces claro, de rapaces cando eran pequenos viñan á arte, á arte porque era o que había máis aquí, entón a arte sabes ti que estaban os que halaban a arte en terra que vamos a falar diso tamén, si queres falar de....
P: Si. Non podemos empezar por aí e falar xa.
R: Pero bueno espérate do nombre do Carril. Isto é o que che quero decir porqué ven o apellido o mote de Carril, entonces eles iban e había os vellos que lle decían vaime buscar pitillos ou vaime buscar unha galleta ou vaime e iban a correr sempre, iban e viñan entón había un vello, naquel tempo era cando veu o tren a Vigo das primeiras veces, entonces decía un vello, cargaba un pouco na "r", e decía "estes jodidos corren como carriles" porque iban sempre a correr onde queira que foran "estes jodidos corren coma carriles" e de aí carriles, carriles e carriles son, e todos son... eu tiven catro homes catro hermanos unha muller e tres homes e ningún foi carril namais ca eu, un era Benjamín o outro era Lisardo o outro é Burriquinto que aínda vive e eu o Carril.
P: ¿Quedoulle a Usté?
R: Como era tamén Enrique coma meu pai pois Carril, si home, e ahora a ver pregunta o que queres,
TIPOS DE ARTES
P: Empezar por tipos de artes que existiron e desapareceron.
R: A arte é esa esa que che digo eu largaban daban un cabo en terra e iban largando veta, veta pa fóra según as vetas que foran, doce ou catorce vetas.
P: ¿E canto tiña cada veta?
R: Pois cada veta...
P: Aproximadamente.
R: de 26 a 30 brazas. Que unha braza é metro e non sei que, non me acorda e sabíao e son muito, sete cuartas¿non?, unha braza eran sete cuartas, e a cuarta ten 22 cm., así que eran metro e medio por aí unha braza metro e medio pouco máis pouco menos entonces largaban según as vetas onde quixera o patrón largar.
P: Había postas non?
R: Había postas, había unha posta no Latón, había unha posta no Arroaz había unha posta aquí no muelle donde está o muelle na Mosqueira no Con había máis po mar, frente ó Con e despois iban a Barra iban á Illa tamén as praias, os de Redondela viñan pa Illa o lunes e non marchaban hasta o sábado.
P: ¿E facían noite alá na illa entón?
R: Xa facían día e noite, alí durmían, alí comían e cando marchaban pa Redondela levaban os chamizos, os feixes de chamizos, había moito toxo na illa antes, todo era toxo, e aquel queimado despois arrancabanno e levabanno pa leña, bueno, pois esas artes largaban. Entón había uns que lle decían que eran os de... os que eran de parte, eran os que andaban a largar e a vogar e eran os que iban a vender a Vigo e os que estaban en terra, eses namais que andaban polo quiñón do peixe que lle daban, eran os de portar, entonces ó chegar viñan de volta de largar o aparello, viñan co outro cabo e uns poñíanse a tirar de un lado e outros de outro, tiñan uns cintos e un chicote de cabo con un nudo e dábanlle volta á veta e despois naquel nudo... e así facían forza e tiraban para atrás pa atrás, ¿non sabes? e despois estaba o patrón a fóra nunha chalana e había unhas e... tiñan un barquiño pequeno que corría a veta por riba por culpa de.. de que non enfangara moito o aparello. Levantaba as vetas máis no aire.
P: O aparello ¿como era? Circular.
R: Era de banda e copa. Non era... de largar de cerco, non era de cerco era de copa.
P: Está feito por tres...
R: Era de arrastre -era coma o boliche así unha cousa-
P: ¿Que tiña un calón antes?
R: Tiña calóns e bandas e despois encanaba o copo a gola. Cando falemos do boliche habemos de falar da gola tamén e mais...
P: A gola
R: A gola é a boca
P: Era así ¿non?, tiña tres partes unha era o calón que ó tirar iba cerrando
R: Non.
P: ¿Non?
R: El viña aberto sempre iba si facendo, pero mentres viña a gola viña así namais-
P: O copo o cope que era tipo... bolsa.
R: O cope era tipo bou pero -tipo boliche máis- si pero máis grande porque era un aparello máis grande, entonces despois para que non embarrara o patrón vigilaba cando o barco non... entón decíalle eses barcos "ala hasta as boias", quere decir que se acercara máis ó aparello entón iba tiraba pa levantar un pouquiño máis o calón para que non collera ou "ala tira a terra" que miraba que viña muito no aire, pois entón tiraban para a terra.
P: Ese que viña dentro o que lle facía o cerco viña dentro ¿non? A lancha
R: A lancha non.
P: Viña por fóra.
R: O aparello viña solo despois ó chegar a terra viñan halando, halando, e conforme ibanse acercando ¿non sabes? Pois calaban máis pola dereita ou pola izquierda pola ría ou polo mar como lle chamamos nós. A ría é pa dentro e o mar é pa fóra, quero decir ahora estamos mirando pa Vigo os da ría son os da esquerda e os do mar son os da dereita.
P: Ou están pa illa ou están pa...
R: E se estamos en Vigo é ó revés. Bueno, entonces víñanse acercando e o aparello iba xuntando as bandas hasta que no sitio de rapar, rapar chamabanlle chegar á terra, xuntábanse case de todo, entón despois no mar antes de chegar a terra os da lancha collían ás bandas e entón metían as bandas a man e o peixe xa viña por alí, se viña muito co salabardo a salabardear e si viña pouco....
P: Metían na lancha xa
R: Na lancha para ir a vender, e despois os que halaban, os que estaban en terra pois dábanlle un quiñón de peixe e iban a repartilo ¿non sabes? poñíanse todos arredor -os que traballaron-e iban a repartir e iban poñendo puñados ou cunha patela, facendo montes.
P: ¿E sorteaban ou non?
R: Despois non. cada un xa lle poñían os seus. E ó mellor sortearían, iso eu e que non sei pero había veces que o peixe era pouco e todo o mundo quería máis e había uns cuantos pillos empezaban uh uh armala uh uh armala e empezaban e alí o que tiña mans, tiña mazáns hubo algún que nin a probaba.
P: E cando había pouco era como a repañota ¿non?
R: E cando había pouco era como a repañota.
P: Se non daba tempo.
R: Vamola a armar e xa empezaban e dahí quedou o refrán ese "hai que armala", bueno e esa era a arte.
P: E nesa arte había dous tipos de traballadores ¿non? Os que que iban nas chalanas que eses eran fijos
R: Eses eran fijos e mais o...
P: Quen contrataba...
R: Había o barqueiro, o barqueiro era o que andaba cos barcos sempre a levar dicialle o patrón "haber vamos esta noite a"... porque ademais había que coller as postas ¿non? o que primeiro chegaba era o que primeiro largaba e despois iban largando según, coma...
P: Íbanse turnando
R: Ibanse turnando, aí está, porque había muitos e poucas postas entonces ó barqueiro decíalle o patrón "mira leva po Arroaz" e iba e fondeaba alí o barco, ou leva pó Real, e aquel despois outro que viña detrás quedaba detrás, e aquel que primeiro chegaba era o que largaba, e tiña tamén que coller as vetas todas pa terra ou digo, pa abordo pa tendelas e había que secalas e todo iso tiña moito traballo, o barqueiro tiña moito traballo, pero ganaba parte media ou dúas partes, según o trato que tivera e mais como valera porque claro non todos somos iguales no mundo non somos todos iguales os homes en homes sí, pero en saber e en valer non todos somos iguales eu xa non valgo pa nada, xa valín.
P: Cantos homes estaban polo mar, que traballaban a chalana ¿que había unha ou dúas ?
R: As chalaniñas iban un home en cada ela para aguantar na veta, namais. A tirar a terra pois os voluntarios que houbera.
P: Aparecían voluntarios ¿non se chamaban sempre había voluntarios?
R: Iban eles para ganar un cupo de peixe.
P: E non había quen controlara.
R: Non, iso.
P: Porque habería algún que querería máis ós que chegaran de últimos ó mellor quería o mellor quinón e non traballara...
R: Aí si tamén e deses si que había discusións dos que chegaban tarde e decían uns ti queres largar e mais as de tirar pa terra o que viña despois decíalle ti non viñeches a largar viñeches a portar pa terra namais e queres as de largar e mais as de botar pa terra e non pode ser.
P: E cando estaban en terra tiraban homes todo ou tamén tiraban mulleres?
R: Algunha podía ir pero poucas, pero algunha sí ¿Sabes onde iban muitas mulleres? a comprar de, era muito pa levar pa casa pa comer entón iban as peixeiras a comprar e despois vendían elas collían, ou o mellor vendíalle a unha dous ou tres centos o outro vendíalle outro cento e ela iba a vender polas portas- porque eses non eran sardiñas, eran espadíns- eran espadíns e mais sardiña -non sardiña non- cando había sardiñas na ría tamén ahora que claro a sardina non entra tanto, ahora o espadín sí, espadín había moito. o espadín era máis no inverno, o espadín era no inverno, e as sardiñas xa non, e tomaban, despois viñan castes, chamabanlle castes por exemplo o choco, pescadillas, había muitas pescadillas dentro da ría antes, e viñan cabalas viñan así peixes raros.
P: ¿Tamén eran de caste?
R: Eses eran castes, e eses eran bos tamén ¿non?
P: Xa estaba repartido
R: E ese é un dos oficios....
P: ¿Usté acorda de traballar a arte?
R: Algunha pero apenas, apenas, inda si vivira por aquí si. A miña irmá e mais nova ca min inda acordan pero eu como vivía alá, eu vivía alá, e non necesitaba porque a miña nai traballaba moito, moito a terra, e collíanse patatas e millo de arriendo todo ¿non? de noso nada pero arrendado e collías unha fecha de viño entón non facía falta andar a vir a arte nin nada de iso, traían peixe de Cangas, porque daquela o peixe.. fíjate ben acórdame unha cousa sempre unha vez cando eu non sei que estaba facendo e viña unha muller de Cangas da plaza e había o costumbre de decirlle ¿ves da vila? Ir a Cangas era ir á vila
P: A vila si.
R: Dolores, ¿ves da vila? "Veño" e ¿a como iba o peixe? "ai mira iba algo cariño iban as piardas a medio real".
P: Medio real
R: Eu pensa, pensa, pero isto non me acordou máis nunca, pero despois deime cuenta que as piardas eran bogóns, ¿non? Pero daquela eran bogons así e díxenlle eu "a medio real a ducia" pois eran vintecinco, un real ¿sabes? vintecinco un real e si era unha ducia pois eran tres chicas quince céntimos, e si levabas os vintecinco, dúas ducias era un real por iso era a medio real a ducia (risas) fíjate ben tería eu pois ¿que tería? dez anos ou once por aí -sí porque antes o peixe vendíase máis por... - mais polas aldeas- non, máis por cento- cento e ducia, unha ducia media ducia vintecinco cincuenta-levabas un milleiro tiñas que contar dez centos, non era por quilo - nos anos 50 aínda- eso inda hai pouco-
P: Falando da arte o aparello de quen era dun armador
R: Dun armador.
P: Do armador.
R: Si do armador.
P: Entonces el xa tiña de man os mariñeiros e mais o patrón.
R: Os mariñeiros e mais o patrón. O patrón...
P: E cantos eran máis ou menos.
R: Non che podo decir, pero como despois os de terra eses non contaban, según o que acudira había veces que non tiñan quen lle tirara pola arte tampouco, pero a veces sobraballe.
P: ¿Tiñan que ir os mismos mariñeiros entonces a tirar?
R: Pero non che podo decir cantos eran ha de haber quen sepa aquí sabes pero -A bordo podían ser moi poucos- e o que che expliquei antes, ¿non? pero muitos muitos non- o difunto do meu abuelo era barqueiro porque era cuñado deste conselleiro era barqueiro era o que andaba a Vigo co peixe- O barqueiro era o que iba a largar e todo iso e o patrón tamén iba a largar pero levaba dereito e era o que mandaba despois nos tripulantes.
P: ¿É o que iba co peixe a Vigo?
R: Iban a vender a Vigo.
P: A enviada chamabanlle.
R: A enviada, vai a enviada en Vigo, e el era o que iba ó cargo.
P: Iban a remos palá ou a vela?
R: A vela, a remos según. Si había nordeste desde aquí pois vela arriba en popa xa hasta a ribeira
P: De cantos remos sería esa.
R: Según fora o barco, os remos é según fora o barco había de dez por banda había de oito e había hasta de quince -eran lanchas grandes- e despois cando iban ó caldeo máis, cando iban ás rabas a pescar sardiñas á Illa, ou á ardora tamén iban de noite.
P: O caldeo coas lanchas estas grandes.
R: Tamén
P: Usté acordase cando chegaron a Moaña ese tipo de traineras, como lle chamaban faluchos
R: non os faluchos eran, polo que teño oído eu, xa non me acordo, os faluchos eran os que iban a pescar a fóra da illa ó pincho, o pincho era como a modo de uns palangres á merluza, e o congrio, o pincho chamábanlle o pincho, compraban de encarnada pulpo.
P: ¿Pulpo?
R: Pulpo e hai un refrán que decía e chamábanlle os faluchos, ós barcos chamabanlle faluchos, e hai un refrán que dice que como iban a comprar as veces non había encarnada para todos e decía vale máis un falucho ben encarnado que dous mal (risas) ese refrán decía máis vale un falucho ben encarnado ca dous mal.
P: E chamábanlle traineras daquela xa ou...
R: Si. Ás traineras chamábanlle lanchas de remo pero despois a trainera porque aquí o cerco veu porque o trueron os santanderinos, aquí viñeron os santanderinos...
P: Santanderinos ou asturianos
R: Santanderinos. E viñeron a facer aquí o.... cando implantaron por aquí o cerco de jareta, que antes, ahora os aparellos de cerco de jareta teñen calóns, antes non tiñan calóns tiñan o que lle chamaban pancillas, pancillas era unha tira que se amarraba no primeiro cabeceiro que se botaba ó mar e iba largando, largando, largando co aparello tamén ¿non sabes? e despois ó chegar á boia collias (inaudible) e aparecía o calón, o aparello era igual cuadrado entón aquela pancilla iba metida.... e iba cerrando e cerraba coma...
P: Ó tirar por ela cerraba.
R: Ó tirar por ela...
P: ¿Que tiña as mallas muito máis largas?
R: Aí está. Tiña as mallas muito máis largas e iba cerrando.
P: ¿Máis largas aínda que o calón?
R: Que o calón, non, por aí serían, digo eu, eu xa che digo non as acordei esas eu xa non traballei con pancillas. Mirei despois en Santander que estando no servicio, eu como facía a guardia no portalón un día mirei inda xa no ano 31, !fijate ben¡ inda largaron eles con pancilla inda non gastaban calóns, alá e xa eran de motor e iban alí por dentro da ría ó costado do barco e largaban, e coa misma e quen estaba alí tamén no servicio con nos era Manuel da Viúda o pai do meu xenro, de Manolo-un irmán de Sr. Cándido do pósito - un irmán de Candido do Pósito, e aquel sabía máis de mar que era un ano máis vello ca min e mais era de aquí, era patrón foi patrón na casa de Benito Rogelio moito tempo, foi patrón na casa da... -da Manca- da Manca, e foi en varios sitios, entonces pregunteille "oes Manuel como eses barcos... ¿non miras?, "son pancillas oh" porque eu xa oíra falar delas non? Das pancillas
P: A pancilla non é todo o aparello¿non?
R: Non non.
P: E o que faría de calón máis ou menos.
R: Eran os calóns, iban postas nos calóns ahora que aquela había que largala para collela despois para tirar entón levaban o charango posto e o aparello iba por aquí e a pancilla iba así por aquí, e iba largando e quedaba fóra do aparello.
P: E facía o cerco.
R: Despois tirabas en vez de coller... non gastaban boia xa tiraban desde a bordo, e xa quero decir sacaban do aquel e xa corrían a proa e xa tiraban.
P: Eses iban en traineras ¿non? E xa engadaban o peixe coa raba daquela.
R: Coa raba si.
P: E despois facían o cerco todo.
R: E despois facían o cerco ¿E como collían o aparello como halaban desde a popa ou distribuíase a xente?
R: Despois distribuíase polo costado de babor, porque antes caldeabase a popa no barco cando se andaba a remo, e estaban os da barranca chamábanlle os da barranca aqueles eran os que aguantaban máis pero sempre eran dous vellous ou tres porque estando calma para aguantar ¿non? e había un piquero que tiña un remo á proa unha pica que lle chaman unha pica, e entón o barco tiña que estar sempre alí tiñan unha cuña unha boia pequeniña de unha cuarta de altura feita e un plomo colgado abaixo, entón tirabas aquela distancia entón había que ter aquela sempre...
P: Manter aquela dirección¿non?
R: Manter aquela dirección.
P: Aproar aquela boia sempre.
R: Aí está, e, porque o caldeo levábase salvado e mais raba o salvado era para facer o que lle chamaban o masagote porque despois ¿cómo lle chamaban onde quedaba o masagote todo?, Dios mio, vanse olvidando as cousas, o macizo, todo aquilo o salvado facíanno papas e iban botando e quedaba todo xunto non sabes e vai coa corriente, iba indo coa corriente entonces hai que levar esa cuña sempre coa corriente e o piquero é o que ten que ter cuidado del. había que estar sempre a aquela altura, entonces claro, aguantando a corriente.
P: Tamén estaban a proa vogando ¿non?
R: Vogando máis a proa ca....
P: Máis a proa pa deixar a popa para traballar.
R: E coa misma despois iban muito pa avante" non vogar tanto", "aguanta máis", "non aguantar tanto" aquel é o que tiña que estar sempre mandando.
P: O piquero, neste caso facía de patrón dirixindo a...
R: De patrón, entre os dous.
P: De timón, coma si fora timonel.
R: Coma timonel e que despois veu o timonel, bueno, e despois viña o peixe, o peixe viña a comer aquel macio como dixen eu entón xa había que botarlle máis raba para que viñeran máis a flote e ó mirar o patrón.... el miraba que o peixe estaba como para largar porque había veces que ibas a largar e despois marchaban porque se asustaban.
CARA B (AUDIO)
P: Si ¿A jareta que é?
R: A jareta é un... vouche a decir, mira, o aparello ten o colcho, e despois ten o plomo...
P: ¿Quere debuxalo por aí máis ou menos?
R: A ver se son capáz.
P: Unha cousa simbólica.
R: Si simbólica -pon as gafas as outras-
P: Non fai falta.
R: ¿Así non? Este é o cerco do aparello, entón, este é o colcho, este é o plomo, entonces aquí mides, por ejemplo, tiña nove garruchos, nove por nove ochenta e unha, nove por oito...
P: Setenta e dúas.
R: Nove por oito setenta e dúas, por ejemplo, tiña setenta e dúas brazas, entonces medías desde o calón, os calóns viñan así, disde aquí setenta e dúas, entón empezabas aquí, nove, un, outras nove, dous, tres, catro, cinco, seis, hasta nove anillas.
P: Hasta nove anillas, si.
R: Nove anillas.
P: ¿E os garruchos, chámase?
R: Os garruchos. Entón claro, pasabas a jareta por aquí, poñamos por ejemplo, esta é a popa, e viñas así como se vai asentando o aparello a bordo do barco vaise metendo ó chegar ó garrucho, metía hasta as nove, e despois...
P: ¿A jareta é o cabo que iba polo medio?
R: É o cabo que vai polo medio dos garruchos, chámanlle a jareta. Bueno, entonces despois, según a altura que tuvera o aparello aquelas brazas alí arriba, e ó arriar dice arría larga tírase con todo, co calón xunto e mais a jareta de arriba, e despois vaise largando, vai o jaretero (inaudible) de man e unha, dúas, cantando hasta as nove ¿non? e o que vai facendo o cerco daquela cando era a remos era o piquero, vai mirando, porque ademais hai que ter en cuenta de a agua sempre hai que tratar de que veña un cabeceiro sea de abaixo ou de arriba un pouquiño encima, non moito, porque se deixas en boca de todo, voa o aparello e queda o peixe atrás.
P: Hai que contar a aguación toda ¿non?
R: Hai que contar coa aguación. E entón deixándolle un cabeceiro enriba, sempre vai arrimando un pouquiño ¿non sabes? marcha un pouco, pero non é o mismo non é coma en boca, entonces sempre vai, entonces vai os garruchos vanse, como halan as dúas jareta s de proa e de popa, vanse xuntando e fan copo. O plomo xa ven case xunto. Queda o corcho igual e despois van halando polo aparello empezan...
P: E a parte de abaixo está cerrada.
R: E a parte de abaixo está cerrada. Cerrada de todo non, queda así... poñamos por ejemplo isto ¿non? pero está así, algún sempre se marcha por aí, porque sempre queda o que vas halando o plomo, sempre queda outro que está colgado, mentres non ven o outro garrucho, pero xa non... por aí pouco marcha.
P: En principio decía que iso iban halando desde a popa.
R: Desde a popa do barco, desde medio barco.
P: Desde medio barco a popa, e halaban uns homes a babor e outros a estribor.
R: Non, todos a babor
P: ¿Todos a babor? ¿E como se aderezaba a chalana, o barco para que non... ? se van todos pa un lado.
R: Non da a volta.
P: Non da volta.
R: Con aparello e con todo inda non da volta, claro algo, porque quince ou vinte homes e o peso do aparello e todo.
P: E se viña muito peixe ¿como se metía a bordo?
R: Despois había uns chamabanlle trueles ou salabardos. Os trueles son os que teñen mango e os salabardos non tiñan mango tiñan e... e entonces iba o que salabardeaba, xa era un, metía e eses salabardos eran coma... coma che vou a decir, un aro con un fondo de...
P: De unha rede.
R: Unha rede, e no último levaba, chamabanlle a estribeira, unha tralla, entonces o que estaba a salabardear collía poñía o aro no costado e coa estribeira aquí o home que nunca, que mellor salabardeaba era según decían, o defunto de Enrique o Bonifacio, o pai de Ezequiel e de todos eses, ese era pa meter peixe abordo e non me acorda como lle chaman, e que metía e despois dous por cada costado, un pola proa (inaudible) e outro pola popa a meter, botaban cinco ou seis cestas cada barco.
P: Cinco ou seis cestas
R: Cinco ou seis cestas. Que son cinco ou seiscentos quilos.
P: Por iso, todo de salabardo ou (inaudible)
R: E despois claro, como a outra xente que non está a facer nada, porque pa ese momento namais que os das estribeiras e namais que os do salabardo, e mais os dos cabeceiros, ós cabeceiros chámanlle a donde termina donde está (inaudible) eses tamén axudan muito a meter o peixe, os do salabardo tamén como sean finos tamén, porque o de popa antes de meter o salabardo dalle pa proa, e despois ó meter o salabardo vai o de proa levanta un pouquiño tamén e xa o peixe xa se mete dentro
P: A enxagua que lle chama, ó final cando...
R: Ó final, cando queda o peixe xunto, está a enxagua feita, -xa é unha rede máis fuerte- xa é unha rede máis fuerte, máis gorda ca outra, xa ten un cuadro o aparello (inaudible) puñamos... por ejemplo, este é o cabeceiro de arriba ¿non?, pois este cuadriño así hasta aquí era o cabeceiro xa (inaudible)
P: A rede máis tupida.
R: Aquí arriba arrente o colcho, xa era máis tupida e mais fuerte, esa é a enxagua, e ahora despois cando veu os barcos de motor, xa non se facía a barranca, ibas con unha chalana.
P: ¿A barranca que era?
R: O aguantar no barco para caldear, entón iba a chalana iba o patrón, e mais un chalanero que supera tamén, había que saber eu por culpa, e entón despois el mandaba largar, entón xa se largaba coma se fora á ardora, e xa se traballaba por todo ó costado do barco, por todo non, do medio pa proa, a proa sempre quedaba libre, non chegaba á altura dun puente, o plomo á altura do puente do barco un pouquiño máis pa proa, un pouco máis pa proa, pero a proa sempre quedaba libre.
P: ¿E cando halaban que metían xa o colcho para un lado e o plomo pa outro? Pero...
R: Xa quedaba preparado para largar outra vez, e despois collíase ó acabar de meter o peixe abordo, se se tomaba e se non se tomaba había que asentalo outra vez, collíase o calón de proa e pasábase pa popa e vaise asentando outra vez e collelo a popa outra vez, e xa queda listo para largar, xa queda listo para largar outra vez se fai falta. cantas veces de estar o patrón a "acabar que xa me come o peixe, acabar" e inda ti estabas a medio meter o aparello, e veña muchachos e veña...
P: Porque xa, o mesmo tempo que se estaba xa halando e collendo, volvíase outra vez a...
R: Xa se quedaba por detrás.
P: ¿A engadar o peixe?
R: E no de remos tamén, chamabanselle caldear por detrás, e como veñas había que apurar para ó acabar largar xa.
P: Para non ter que esperar a que viñera outra vez entonces mentres se collía o peixe xa...
R: Claro porque senón, o peixe estando a comer ó apartarse... entón había que apurar para... e téñense feito lances grandes ¿eh? Non sei se foi Pepe Fanico se foi o Quisque dunha vez tomou ó caldeo na... xa era cos barcos grandes, xa non era con barcos pequenos, xa non era de remo, parece na costa paréceme que tomaran dun lance 60 ou 70 cestas ó caldeo. E á ardora bueno...
P: ¿A ardora?
R: Buf. O ano do movimiento, o ano 36, eu andaba en Cangas, aquel día, aquel ano aparteime de abocar peixe ó mar, ou apartámonos todos cantos andábamos a bordo daquel barco, era como non había xente para traballar nas fábricas nin había salida, a única salida era para os da guerra, porque estabamos no movimiento na guerra e non había quen o comprara, entón puxeron unha cota, e os barcos de carbón de Cangas dábanlle 105 cestas, e non podías traer máis, porque se as traías incautabanse delas, non chas pagaban, vendíannas eles e encautábannas eles, e os outros tiñan 80, 75 según fora o barco, así tiña o cupo, e nós naquel ano na costa de Portugal pois hasta sempre sobraba.
P: Había muito peixe ese ano.
R: !Mimadriña¡.
P: Que outros aparellos, que outras artes había aparte do cerco, a arte. Aquí o que máis predominaba que era o xeito.
R: Despois o xeito. O xeito xa é máis antigo que a ardora ¿eh? e mais que o cerco de jareta.
P: Por iso, que me dixera antes que viñeran os de Santander aquí co cerco.
R: Esos viñeran despois co cerco, si.
P: ¿E truxeron as lanchas tamén eles a vender?
R: Empezaron a traer as traineras, porque aquí antes eran ¿como lle chamaban? era a feitura de bote pero... -pimpón- pimpóns.
P: ¿Pimpón se chamaba?
R: Uns botes grandes ¿non sabes?, uns botes mui grandes.
P: Estas que son as que andaban ó xeito ou ó cerco.
R: -Estas son as que andaban xa ó xeito-
P: Ó xeito
R: As lanchas -E que a feitura do pimpón porque na da miña abuela había un bote así, eran o pimpóns, chamábanlle o pimpón- si si -Eran así da feitura de bote-
P: Non ten nada que ver cos faluchos.
R: -Non eses eran botes- Non os faluchos eran outra cousa, - eses eran un pimpón grande- eu non acordo non che podo decir tampouco, -eu inda me dou conta de... - o pimpón si, porque eran os que andaban os de Redondela con eles aínda, que andaban na Illa, porque tiñan sitio pa durmir, tiñan sitio pa traballar, tiñan pa todo.
P: E estes pimpóns ¿que andaban ó xeito?
R: Ó xeito.
P: Ó cerco non.
R: Porque inda non había cerco, - ó boliche tamén- e despois algúns irían ó cerco tamén cando veu.
P: As traineras eran máis estilosas, máis finas que estas.
R: As lanchas despois das traineras, cando viñeron as traineras, eran máis máis largas, máis... doutra feitura, e tiñan velas tamén, - tiñan velas sí-, e había regatas, as regatas viñeron por iso quen chegaba máis pronto a Vigo e quen chegaba máis pronto ó mar, había apostas, un cabazo de viño ¿eh?
P: Eso cando, xa é máis reciente
R: Cando andaban ó xeito, ó caldeo, ó xeito xa andaban neses barcos
P: E o caldeo sobre que ano empezaría así o caldeo, sobre o 30 ou así ou...
R: Antes do 30.
P: Antes do 30.
R: Antes do 30, e antes do 20 tamén. Porque eu xa de rapaz no vinte tiña 10 anos e xa había caldeo.
P: ¿E xa había regatas daquela?
R: Regata quero decir, entre eles, ó ir po mar e ó vir, a ver quen chega primeiro a Vigo, a ver o que chegue primeiro a Vigo paga ou o que chegue máis tarde paga o cabazo, e veña.
P: Xa falaremos deso diso xa falaremos que imos a falar das regatas de traineras. Estaba no xeito.
R: Do xeito xa sabes cómo son, son pezas feitas e malla (inaudible) largas levan uns boureles para que queden flotando ¿non sabes? Arriba, non van ó fondo, o xeito é volante.
P: E é largo, é rectangular non é como o boliche nin...
R: Nada, nada é largo
P: Son pezas como...
R: -Son pezas sí- Son pezas e van encanadas unha na outra, e levan uns boureles pa aguantalas a flote.
P: ¿Levan muitos boureles máis ou menos?
R: Levan de.. bueno iso ahora, menos de oito ou dez brazas ou así.
P: Un bourel pequeno
R: Un bourel, con que aguante no...
P: Aparte o colcho.
R: Aparte o colcho sí, aparte o colcho, e mais o plomo.
P: e mais o plomo.
R: Ese é para que por ejemplo, ¿onde vamos a largar? A fóra da illa, porque antes iban a fóra da illa, pois vamoslle a dar catro brazas de... pero onde vamos a largar, aquí a fóra da ribeira, entón xa son dúas ou tres brazas, según unha altura ¿entendes? según a altura que teña o mar así lle hai que dar do bourel ó colcho.
P: Ó colcho si.
R: Estes que andan por aquí ahora, como anda meu xenro, como anda o... eses que andan por aí -o Carnisa- o de Felix o Carnisa, pois eses andan cunha braza, braza e media e ademais as pezas verdadeiras do xeito, teñen cinco brazas, e estas teñen dúas e media, de unha fan dúas, córtannas ó medio, e despois colcho e pum póñenlle unhas e... calzas, porque a calza non é, é máis chouza é máis gorda ca - é de máis aguantar- pa aguantar, é un refuerzo, e leva arriba e abaixo, no plomo e no colcho unha cuarta por aí desa calza, e entón a tralla ponlle o aquel, o bourel, de dez en dez brazas ou de cinco en cinco según sea.
P: E as pezas estas do xeito que se deixaban no mar.
R: Non, non largabas e collías.
P: ¿A non se deixaban horas no mar para... ?
R: Non, largabase poñíamos por ejemplo do asexo, de asexo é á tarde, largábase por aí antes de poñerse o sol un pouco hasta que escurecía ou un pouquiño antes de escurecer, según se mirabas porque estás no barco ¿non? e non sabes se mallas ou non, porque o peixe anda por baixo.
P: O aparello hai que deixalo alí quieto.
R: Non. O aparello está largo e ti estás amarrado ó chicote, e el vai indo coa corriente, vai volante.
P: Vai volante non está...
R: Vai volante.
P: ¿E non ten que halalo?
R: Non ten que halado, non, por iso leva os boureles, entón vai volante, entón ti para saber se hai algo, unha, ningunha ou nada, pois hala voga outra vez !ai! parece que malla.
P: Síntese polo peso ou...
R: Non mira.
P: Mirase.
R: Vai halando e se miras que hai que meter a bordo que non vai a dar tempo si malla muito despois non da tempo -eso e como se veñen malladas-veñen malladas, entón hai que ir sacando unha por unha, hai que ir sacando unha por unha da malla.
P: Entonces ese é un aparello máis ben tipo familiar non era para muitos homes ¿non?
R: Aí antes eran tamén, que era o primeiro aparello que hubo seica, e para a sardiña, e despois había o boliche, o boliche para os xurelos, e iban a fóra da illa tamén (inaudible) -a lura-
P: Prácticamente os aparellos que máis había o boliche e o xeito.
R: E o xeito eses xa son os máis antigos o boliche, o xeito, a arte.
P: A arte sí
R: A arte é un dos máis antigos, e despois empezaron a vir eso, o cerco de jareta disde que viñeron, entón xa se empezou a andar, pero eso veu...
P: ¿E o boliche?
R: O boliche xa é moi antigo tamén, é tan antigo como a arte ou...
P: É parecido.
R: É parecido á arte.
P: O que pasa que se usaba no mar e a arte podíase saber.
R: O boliche non queda no mar tampouco, tamén é largar e halar.
P: Pero¿no era de terra o boliche? ou tamén.
R: Non tiranno ó mar.
P: Tiran no mar.
R: Dase fondo e amárrase a estribor, e ven vindo como o bou, é unha cousa parecida ó bou, pero non raspa tanto aquela máis a...
P: Anda máis entre augas.
R: Anda máis entre augas penso eu.
P: O boliche que ten cope tamén, ten un calón e despois ten un cope grande tamén fai unha cousa...
R: -Ten dous calóns. -Ten bandas, unha banda de arriba e outra de abaixo, como lle chamamos, a de proa e a de popa, bueno, e está dividindo as partes, laxos e chouzas, quero decir, media banda desde o calón, o calón é donde se emboza a veta, hasta media banda e unhas cuartas máis son a rede dunha... son de tres a cuarta non? Os laxos, chámanlle os laxos, tres a cuarta, unha cuarta tres brazas, e despois ten outra parte que encana nesa que lle chaman os chouzos, vai hasta a gola, esa xa ten unha malla máis... xa é máis pequena a malla, bueno, despois ven as golas, as golas é o que se chama onde empeza a boca, ten tres clases de malla, ten a de arrente ás bandas que é tres a cuarta, despois ten a segunda mena que son catro, e despois ten a terceira mena que son tres, tres, tres ou si acaso...
P: Que é a parte final da bolsa.
R: ¿O que? Esperate, eso xa é o que lle chaman o redondel da gola, da boca. Despois encana o cope, o cope que é de rede desta chouza como a da ardora pouco máis ou menos, son de vinte a cuarta, vinte mallas unha cuarta ou vinte tantas, e ten outra cousa, espérate, e despois ven a corona, a corona é un cuadro, que tiñamos por ejemplo, o boliche é poñamos por ejemplo, de 800 mallas -era o que tiñamos nós- é dos máis pequenos, hainos de oito de dez e hainos de seis tamén, pero oito é o máis regular, 800, entonces a corona leva esas oito centas.
P: Oitocentas mallas.
R: E un cope ten que levar desaceis centas, mil seiscentas, porque é chouza, entón pa pegar na gola, unha malla da gola leva dúas do cope, entón despois ben a corona, a corona tes que facer un cuadrado -un cuadrado coma o pano da cabeza igual- un cuadrado coma un pano da man, poñamos por ejemplo, por aquí é a cabeza, leva catrocentas mallas e aquí son os costados, chámanlle os costados, e leva outras catro, entón son catro e catro oito, e catro doce e catro dezaseis, que son dezaseis centos que leva o cope, entón agarras o cope despois para pegarlle a corona, halle que poñer, por ejemplo, aquí un punto, aquí outro punto aquí outro punto
P: Búscase o centro dos catro lados.
R: O centro dos catro lados, e aquí outro
P: ¿E como se cose?
R: Espérate, e á corona fanlle a misma maniobra, outros catro puntos, entón esta parte que é a cabeza, porque a rede ten cabeza e costado, as mallas teñen cabeza e costado, por ejemplo, si esta é a cabeza este lado é un costado, entonces colles para pegar a corona no medio e medio da boca da gola que xa está armada, xa hai que armar antes de poñerlle o cope e todo xa para pegar a gola e todo, entonces colles pos as dúas, e colles a malla do medio, hasta o quinto cope, e alí daslle o primeiro punto, entón xa quedan os catro puntos e colles a corona faslle o mismo, entón atas, primeiro o punto do colcho co da cabeza da corona, despois outro punto do plomo, e despois os dos costados, entón ahora para pegar a corona a atadeira ou quen a faga, pega no punto e ven malla e malla metendo, xa non lle dan nudo, hasta esta esquina, ó chegar a esta esquina teñen que coller o revés, que lle chaman o revés (inaudible) e ven hasta este punto, despois ata este punto todo aquí ó redor hasta este outro.
P: Hasta os lados.
R: Hasta o outro lado e aí quedan.
P: Empeza na cabeceira primeiro vai cosendo hasta un lado e despois vai cosendo hasta o outro lado.
R: Despois queda coma un... aquí chamanlle os cornuchos, porque vai así.
P: Na esquina si.
R: Fai así non sabes -ten que ir na misma, no revés que no dereito entonces sabiamos todas facer iso- Inda non eran todas as atadeiras que sabían facer iso- eu inda o aprendín despois namais porque aquí o traballo nós facíano o defunto do meu pai no boliche - e pegaba el, entonces despois aquí vai cabeza con cabeza pero aquí xa ten que ir cabeza con costado, por iso lle chaman os reveses, porque este fai un cornucho así, entón ven dobla así e así non sabes -queda como un gorro- queda como un gorro-e como un pano de cabeza ten que quedar como un gorro- entonces por si hai un engano, ó chegar aquí é onde rematan e entonces despois empezan hasta aquí, empezan así e despois hasta aquí, porque si hai un engano dunha malla ou dúas, chámanlle faltas e sobras ó plomo, ó fondo, por arriba ten que quedar malla e malla, e si hai unha falta de que hubo un engano, unha malla ou dúas pois ó punto.
P: En seiscentas é normal que haxa algunha falta ¿non?
R: Pode haber. -¿Que hora é?-
P: Son as sete menos dez pasadas.
R: Son as sete... Eu teño menos cinco.
P: Van a ser menos cinco sí, entonces isto queda así dentro do cope, fai así, fai coma un refuerzo
R: E porque despois a corona é máis -A corona queda así, vouche decir, un cuadro este, queda así-
P: Iso quedaba ó final
R: O final de todo, é o que lle chaman a corona.