MAR VIVO

ENTREVISTAS CON :

ANTONIO JOSE BERNARDEZ VILLAVERDE 92 ANOS

PARROQUIA DO CARMEN

· Os arenques xa viñan preparados das fábricas

· A elaboración dos arenques

· Os sábados facíanse as cociñadas

Día 10

· Os mariñeiros caían en contradicións ó votar contra a Igrexa e logo rezaban

· Filosofía persoal da vida: Ter saúde, ter sorte e saber perder

· Tanto dicían tacos contra a virxe do Carmen como a veneraban

· Formábase unha comisión para facerlle unha festa

· Na ponte solía colocarse unha estampa o icono da virxe

· En máis dunha ocasión aconteceu que despois de votar contra a virxe, vántase unha fría de vento que logo acaban por implorala

· Cando se estaba enfermo grave o cura ía dende a igrexa a casa do enfermo (viático)

· Durante os enterros era costume parar nas encrucilladas de tres camiños para rezar.No cabo do ano facíase o mesmo

· Solíase pasarse unha imaxen dun santo polas casas

· Facíanse ceremonias nas embarcacións para espanta-las bruxas

· Polo san Xoán había que ir as bruxas

· Todo o malo era cousas de bruxas, nunca de Deus

· Polo san Xoán, varaban os barcos coa proa para terra e as doce da noite vareaban o barco de proa a popa e cubríanno de cardos

· A auga do cacho era como auga bendita

· Había quen se bañaba esa noite sete veces. A auga estaba purificada

· A menudo o patrón bendecía o barco ó saír para o mar

· O caldeo saían para o mar as 3 e 4 da mañán e voltaban ó meterse o sol

 

A ardora saían as 3 ou 4 da tarde e voltaban de noite (ó mencer)

· Unha botelliña de caña non faltaba na patela do mariñeiro

· O barco levaba un barril de auga

· A menudo xuntábanse nas chabolas esperando para saír a pescar

· Solían discutir para mirar cal era a millor embarcación

· Os primeiros en chegar ó barco collían os millores postos agás o piqueiro

· Había quen levaba barallas para xogar a brisca ou subastado

· O solo foi un xogo que desapareceu

· Había pouco interés para seguir aprendendo e facerse patrón

· O día de reparto sempre había un cabazo de vino e caldeirada que en multas ocasións remataban a trompazos. Deixábanse pelexar ata que non podían máis, logo esparcíanse e ían beber a taberna

· No bodegón de Fontes e na Churrería había pelexadas tódolos sábados

· Non ían os baños porque sempre estaban mollados

P: ¿Preparábannos aquí ou comprábanse?
R: Comprábanse, viñan da fábrica.
P: Viñan aplastados en caixas de madeira ¿non?
R: Aplastados coa prensa e esa prensa aplastabaos (inaudible) (00. 18) así ó redor ¿non? tres ou catro centos, porque levaban tres ou catro (inaudible) (00. 24)para os comercios de pintura, magdaleno e tal...
P: A xente na casa non os preparaba.
R: Non, viñan a compralos así preparados das fábricas ¿non? E poñíannos así á porta, e muitas veces decías "home vou a buscar aquí dous arenques", e nun papel, encendías o papel poñías o arenque a quentar e xa comías o arenque.
P: ¿Enriba do papel mismo?
R: Enriba un pouquiño do papel para quentalo.
P: Quentalo e nada máis.
R: Un pouquiño.
P: Sin cebola e sin nada, así salado como estaba.
R: Cando ibas ti de chulo, pois botáballe cebola, botáballe aceite, botáballe vinagre, eso xa era unha boda.
P: Xa era unha boda (risas)E comíanse muitos ¿non? E despois tirábase polo viño que nin Dios.
R: Claro, dábase a coincidencia que no muelle de madeira, atracabas alí no muelle de madeira, e se había un armador que estaba a facer casca, para encascar o aparello xa cheiraban os arenques, desde alí sentías os arenques a asar na Seara.
P: Na Seara.
R: O cheiro que botaban aqueles arenques.
P: ¿E que os comían con pan de millo?
R: Con pan de millo, o pan de de millo aquel levabas o estomago enganado.
P: ¿E si se pescaban os arenques comíanse frescos non?
R: Os arenques.
P: Si cando se pescaban.
R: Eran sardiñas si se pescaban. Eran sardiñas dos barcos.
P: Os arenques...
R: Porque eses arenques traíanse para o inverno.
P: Si, por iso.
R: No verán curábanse e comíase muito arenque. A min gustábame.
P: ¿E deses arenques despois non facían anchoas?
R: ¿Anchoas?
P: Porque hai os arenques salados e despois as anchoas, ¿non se facían na casa?
R: Na casa non se facían, eran da fábrica.
P: Si, viñan da fábrica.
R: E o peixe de conserva, porque na fábrica facían latas de conserva, anchoa, bocarte e facían o arenque.
P: Eso o arenque e a anchoa sacábanno do bucareu.
R: Anchoa é bucareu, o arenque era sardiña. Canto máis curada a base de sal, de sal moura. Viña un barco de sardiña, comprou unha conserva, e ahora para a fábrica pois tiñanna en sal moura dous días, así fan unha sal moura con agua e sal e téñenna alí dous días, despois tráenna enteira así como ven do mar, aplastan con un molde que tiñan eles de apretar, como cando fan o viño.
P: Si, como unha lagareta ¿non? que vai aplastando para que solte a...
R: A salitre que tiña toda. E despois bótannas no queixón e póñennas alí dentro.
P: E tiñan un color afumado, ¿non se afumaban?
R: Tiñan un color máis así amarillo.
P: Amarillo si amarillo, ou era da sal moura...
R: Era da sal moura.
P: ¿E facíanse empanadas así?
R: Empanadas cociñadas.
P: Con pouco aceite claro.
R: O que máis se facían cando era o reparto das ganancias era os sábados. E os sábados, pois era cando se facía contas e facíase cociñada, e tiña asignado un cuartillo de viño e unha barra de pan para cada mariñeiro, eso salía do monte maior todo, e mai-lo cabazo, o cabazo que non faltara.
P: O cabazo que non faltara ¿non?
R: O cabazo que non faltara.
P: ¿Facíanse votos, o que eran votos marinos?
R: Votos.
P: Votos sí, votos religiosos.
R: Facíanse según a creencia de cada persona, se as personas non creían...
P: Maioritariamente antes todo o mundo creía ¿non?
R: Vouche a decir unha cousa, antes a partir de 50 anos para atrás os mariñeiros eran máis (inaudible) (6. 00)contra a religión sin conocemento de causa, que non tiñamos conocemento de causa por calquera cousa xa nos cagabamos en dios, ahora que temos máis conocemento do que é a personalidad (corte) vivía aquí nesas casas, antes de chegar arriba, el tamén andaba conmigo ó mar e por calquera tontería era o máis (inaudible) (6. 35) que tiña abordo contra as sociedades, porque por calquera tontería de nada xa empezava, e un día así díxenlle, bueno, el non creía en nada da religión, pero como tiña sete ou oito a bordo, que eran da sociedad, e sempre tiñan reunións e o que máis atacaban era a religión e deciame el "mira, ti eres creiente", "eu creo" e se eres creiente entón como... " "eu nesa porquería non creo". Eu nesa porquería non creo.
P: Polos curas máis ben ¿non?
R: Bueno "si non crees nesa creencia ¿quen é a tua nai?, ¿quen é a tua nai?". "Miña nai é miña nai que está aí" "e ti porque sabes que é a tua nai, ti non te miraches nacer, quen che dixo que eres fillo dela, díxocho túa nai ou o teu pai e vas a creer nunha cousa que non miraches, e ti as cousas que non miras non as queres creer, se ti te estás metendo mismo na contrariedad da discusión, ti crees nunha cousa que miras, para creela tesna que mirar, e eu pregúntoche ahora a ti quen é a túa nai e mais o teu pai e dícesme ti que é fulano e fulana, e ti porque o sabes" "porque mo di a miña nai e mais os meus abuelos e tal" "pero ti sabesno mirachelo ti, non porque é unha cousa que che din, non miraches, non pasaches por alí".
P: E había muita creencia en canto ó mar, no mar realmente a patrona era a virxen do carmen.
R: Si, os pescadores non tuvemos creencia ninguha, nin mala nin boa, porque ahora te cagas na virgen, e de alí a un pouco, virgen santísima, pedíndolle protección.
P: Si por iso.
R: Invocabas a virgen para que te proteja. Válgame dios, e acabas de cagarte en dios e deches golpe.
P: E xa entrabas en unha contradicción.
R: Unha contradicción eu quedaba parvo muitas veces dígocho de corazón que quedaba parvo no modo de explicarnos a vida, non tiñamos un fundamento, porque o político vai coa política ¿non? pero nesta creencia da vida que ven así, que non sabemos como ven ou como non ven, porque eu na vida hoxe, necesito unha persona sea home ou sea muller tres cousas sen esas cousas non pode vivir, e refierome a (inaudible) (09. 57) para vivir hoxe fai falta, primeiro ter salud, a salud non hai quen a pague, se non hai salud nin a leva o demo nin a leva dios nin a leva nadie, se se perde non hai forma de recuperala, a segunda cando ven o peligro de andar pola vida a traballar para vivir, ter cuidado, ter suerte a non tropezar na vida, a non dar tropezóns, porque os tropezóns que se dan, sean na vida particular sean na vida social se se dan mal dados arruína a vida para andar polo mundo adiante pola vida, e a terceira é saber perder, na vida hai que saber perder, ese era o consello que me daban a min moitas veces, o saber perder muitas veces e canta máis razón teñas, e perdes, eles saben que tes razón e non cha queren dar, iso vale moito, porque na casa particular, muitas veces a muller sea o home, sea o fillo, sea tal, pero hai esa palabra, saber perder, e xa non hai discusión, porque se ti queres ganar e o outro tamén quere ganar, ganar solo pode ganar un. Ten que ter un fundamento non se rompe nunca, sempre se está discutindo e despois chegase ó que se chega, o divorcio ou se é particular as trompadas ou os paus ou os tiros.
P: Mire, e entonces por parte de esas tres filosofías que ten Usté da vida que son mui boas, o que estamos falando de antes, se os mariñeiros tiñan pouca creencia por un lado se estaban en contra e soltaban tacos contra a virxen e contra dios e contra todos sin embargo solían facerlle misas ¿non?
R: Misas e festas.
P: E festas por iso, e facíanlle ofrendas incluso.
R: Porque namais botaban contra a virxen ou contra a relixión soamente polo hecho cando lle iba mal. Ahora viña a dirección, íbase as festas organizábansse as festas procesións e muita devoción, entráballe a devoción.
P: Por iso facíanlle muitas misas ó ano ou solamente o día da patrona.
R: Non, a patrona, a patrona de cada parroquia, a religión ten varios patróns.
P: Si, o mar prácticamente tiña a virgen do carme.
R: E despois tiña o patrón de cada un, de Moaña o San Martín...
P: Si, cada parroquia tiña o seu patrón ¿E facíallese ofrendas aparte de... ?
R: Si home.
P: ¿Que tipo de ofrendas lle facían?
R: As ofrendas era a organización, organizar o momento que ven, este ano para o ano que ven.
P: E non lle regalaban ó mellor litros de aceite, un ano que tiveran bo de pesca.
R: Eso era aí atrás.
P: Ou galiñas ou iso ¿non lle ofrecían?
R: Iso era antes, mui atrás. Non, había romería ou deste santo que se organizara por aí por Moaña, que non houbera esa ofrenda, algúns hasta donaban cerdos, animales.
P: ¿Pero a virxen do Camen tamén? Os mariñeiros que é o que máis lle donaban.
R: A todos os santos.
P: A todos os santos, pero eu me estou referindo ó mar.
R: O día da virgen dábanlle unha... un calquera de velas.
P: Dábanlle velas, dábanlle cera.
R: Cera, muitas veces era máis cera que outra cousa.
P: E cartos tamén, cando salía en procesión ¿non?
R: Salía en procesión, muitos había os adeptos alí, e cando salía en procesión pois tiñan a donación de cartos, un dáballe unha peseta, outro dáballe un duro, outro dáballe un real, e esa era a donación particular, ti ahora estás donado a virgen do Carmen, a San Martiño pero viña a virgen por aquí, pois unha virgen calquera.
P: E cando se facía a procesión da virgen do carmen ¿non viña hasta abaixo hasta a plaia?
R: Non.
P: Non, facíase polo redor da iglesia.
R: Cando fixeron esta iglesia.
P: Non antes de facer a iglesia aquí.
R: Aquela iba arredor da iglesia, cando fixeron esta chegaba hasta Moaña.
P: E non lle facían ofrendas ó mar, ou non tiraban unha corona polos finados, os mortos que houbera.
R: As ofrendas fixéronse cando viñeron aquí, fixéronse máis polos mortos.
P: ¿E facíase desde San Martiño facíase unha procesión?
R: De San Martiño arriba. Desde que fixeron esa iglesia...
P: A iglesia de aquí, a do Carmen ¿E a virxen do carmen tiña unha cofradía feita, había cofrades?
R: Non.
P: Non había.
R: Había a iglesia. Entre o cura e os poucos que se xuntaban para facer a romería.
P: E solían facerse promesas ó mellor, por ter capturas boas que non tuveran ningunha desgracia nin ningún naufraxio.
R: Non, facíanse peticións.
P: E promesas, de ofrendas vamos.
R: Se tomabas tal tomabas cual, dábaslle tanto, dábaslle cuanto, porque muitas veces, viña ahora a virgen do Carmen, faltaba se acaso un mes e non hai nada para organizar as festas de ofrenda a virxen, e xuntáronse 14 ou 15 ou 20 entón eses 14 ou 20 veñen polas portas a ver se dan algo parar a festa, entonces os armadores e mais os mariñeiros durante eses tempo que falta dónanlle unha parte, unha parte entre todos os mariñeiros do que ganen, unha parte para a virgen, entonces son 20 partes e unha para a virgen sale do monte maior, e despois o armador dá o que el particularmente mira ¿non? como mariñeiro que anda no barco dona o que lle toca por mariñeiro e mais dona...
P: ¿Esa parte que era dun día ou dunha semana?
R: Do tempo que falte para a virgen.
P: ¡Ah! do tempo que falte.
R: Si falta un mes, un mes, si falta 15 días...
P: Desde que se fai a comisión para facerlle a festa...
R: Os mariñeiros ó acabarselle este ano, como era xente que era fija, era tempo fijo, pois 3 ou 4 meses e xa empezaban a donar disque se terminou a ofrenda, terminouse a ofrenda vamos para o mar, pois ahora vamos ó mar e a pagar outra vez, así como se iba ganando íbase pagando a cota, impoñíanse eles mismos os mariñeiros unha cota. Pero aí non impera a religión, non impera a religión.
P: Que iban máis pola festa que polo sentido relixiosos ¿non?
R: Non, nin pola festa tampouco. A xente por ser...
P: Si porque nin usaban a veces nin sequera escapularios...
R: Algún raro mirabas escapulario
P: O escapulario da virxen non se usaba ¿non? Prácticamente, había poucos.
R: Moi poucos, moi pouca xente, antes toda xente tiña o da virgen do Carmen ou calquera, e hoxe parece que lle estorba á xente.
PISTA 2
P: ¿E nos barcos había así algún lugar para dedicarllo á relixión, ou para levar iso, un escapulario ou para levar a figura da virxen no puente, ou algo así?
R: Muitos barcos levaban un cuadro deses coa virxen.
P: Un cuadro. No puente ¿non?
R: No puente. E muitas veces si te mirabas en peligro ias a pedir protección á virxen, muitas veces.
P: Muitas veces, cando había así temporal.
R: Si se acababa ahora de botar contra á virxen e ós cinco minutos de andar, topaches unha tormenta de vento e xa empezas a pedir, que che parou o motor, que te miras en peligro, que topas un barco que te remolque o teu sentido xa anda voando pola cabeza, pedíndolle a Dios, pedíndolle á virgen, pedindolle a todo en general, e chegamos a terra e imos á iglesia a aplicarlle unha misa ó Carmen, eso é ser analfabeto.
P: E aplícase o refrán aquel que solo nos acordamos de Santa Bárbar cando trona ¿non?
R: Iso é verdad.
P: Si, cando sentía apuro entonces imploraba á virxen.
R: E teño visto completamente ateos, cando había a sociedad aí, descarado completamente, en hechos, querían dar a cara en ese sentido que eran socialistas, pero no momento que pasaban os feitos eran os primeiros que botaban as mans á cabeza pedindo protección, eran ignorantes completamente.
P: E dentro das casas tamén había algun sitio para ter un lugar para o culto para ter a imaxen da vírxen.
R: Iso había antes.
P: Antes pasábase tamén unha vírxen polas casas ¿non? Unha virxen do carmen que iba metida nunha caixa de cristal e poñíanse unhas velas, esa pasaba botaba 15 días nunha casa, iba de casa en casa.
R: Antes, cando un individuo estaba enfermo, cando un individuo se poñía enfermo, estaba enfermo e poñíase máis grave, entonces a familia trataba de traer a casa al Señor, e viña alumbrado e viña unha campanilla diante tocando, era el Señor que iba a visitar a un enfermo, si morría o enfermo antes de chegar xa o cura, non facía a ceremonia, ahora salía da iglesia e iba tocando a campanilla e a xente acudía á campanilla porque sabía que iba o Señor alí, e cando chegaba á casa do enfermo dáballe entrada porque non podía entrar se non estaba vivo, se estaba vivo podía entrar, ahora que se morría xa non podía dar entrar. Entonces el Señor daba volta e si o recibiu iba tocando á volta.
P: Eso como lle chamaban ¿o viático? ¿Era o viático iso? non
R: Si, era o viático. Era o Señor cando iba a visitar. E resulta que despois desapareceu todo, o cura mismo, morría un individuo, sabes que iba pasando polo camiño co morto ó lombo, e todas as encrucilladas poñía a caixa na encrucillada, a encrucillada eran esas cruces que hai nos camiños ¿non? E rezaba, rezaba, acaba de rezar, levanta o cadaver hasta tropezar con outra encruzillada, hasta que chegaras ó cementerio, á iglesia.
P: En cada encrucillada que facía...
R: Morría, enterrábase facíalle unha misa e tal, e cando viñan de volta, viñan rezando as mulleres co Señor no alto para acá, cando lle facían o funeral de cabo de ano facían a misma operación, o que non andaba era o viático, o viático namais que iba cando o individuo estaba o enfermo, acudía a facer a celebración.
P: E aparte diso do viático eu sei que antes había unha virxen que a sufragaban entre varios e a levaban por casas, facían unha especie de caixa con un cristal adiante...
R: Xa me dou cuenta. Eso é unha (inaudible) (pista 2-06. 19) de pedir, a levar a virxen tapada a pedir polo pueblo.
P: Pero quedaba na sua casa unha semana e despois Usté cando acababa coa virxen aqueles días pasáballe o outro.
R: Porque é unha protección do municipio, xuntábanse sete ou oito ou dez casas a pedir para a virxen do carmen, collían unha caixiña ponían a virxen do carmen, e iban pedindo polo barrio, non podían salir a outro barrio.
P: ¿E entonces a virxen que era de aquelas 7 ou 8 ou 10 casas que xuntaban ou de toda a parroquia?
R: Non de cada un, de cada parroquia, do grupo.
P: Do grupo que financiaba ese tipo de virxen.
R: Pódese facer dentro da parroquia, bueno como a... Meira ou quen sea, vamos a poñer unha, e Tirán pode facer outra, e Meira outra, pero todas da virgen do Carmen, cando é a virgen do Carmen en Moaña tamén é a virgen do Carmen en Tirán, é todo, usábase moito.
P: Despois facíase algún tipo de votos marinos, facíase pinturas ou postales das vírxenes, dentro de ese tipo de creencias había muitas supersticións de decir que iba a dar mala suerte, por exemplo o martes e 13, o refrán nen te cases nin te embarques, si cadraba en martes e 13 era signo de mala suerte, ¿había algún patrón que non quería salir ó mar ese día ou salían todos?
R: Salían todos. Ahora que hai cousas como as bruxas, cousas como que ibas ó mar e non pescabas, pois hai que ir ás bruxas, "se non vamos ás bruxas... " e disque había unhas mulleres que andaban pola cabeza, polo corpo ó patrón ou iban ás embarcacións ás lanchas a facer unha ceremonia, entonces pasaba eso.
P: E ó mellor se miraba un gato negro ¿non? ¿Non era señal de mala pesca? Igual que o páxaro agoreiro.
R: (inaudible)
P: ¿Non había páxaro de mal agoiro?
R: Eran creencias de...
P: Acordase así de algún tipo de creencias.
R: Porque na pesca muitas veces... en Cangas levaban un obxecto calquera os do barco para levarlle á bruxa a facer a ceremonia.
P: ¿Que tipo de ceremonia, sabe?
R: ¿Que sei eu?
P: E levaban allos ó mellor para espantar ás bruxas? Allos ou eu que sei, ¿cardos, non levaban ou toxos?
R: Había por San Juan en todo ¿eh? eso xa non era...
PISTA 3
P: ¿En San Juán?
R: Había que ir ás bruxas.
P: ¿E como se iban ás bruxas?
R: Ás bruxas eran esas mulleres que se dedican a facer ceremonias, un fillo que lle dera un golpe, un fillo que non come ben, porque o outro non come ben, esas cousas que teñen os fillos pequenos, entón collían a esas mulleres e era unha ceremonia que facían elas, según a súa creencia botábanlle unha cabeza de allo, ou unha folla de (inaudible) (00. 43)
P: Si, un exconxuro ou unha cousa desas.
R: E os rapaces, había unha condición cando había cataquesis o cura mismo dábache cando era a doctrina, sempre os curas sempre saltaban un pouco nese error, porque todo o malo que facías na vida particular non era cousa de Dios, era cousas de bruxas e había que botalas fóra, e decíanos a nós, porque decíanlle ó noso abuelo a víspera de San Juan, "que entón que, ai que ir ós cardos e ás silvas" e rodeábamos todo o barco, rodeábamos todo o barco ó redor, todo ó redor decindo... levábanse os barcos coa proa para terra, "¿entón porqué?" " é cousa de bruxas, ti non sabes aínda, non entendes aínda" e despois ás doce da noite iba o meu abuelo con unha vara, a varear o barco de proa a popa para se estaba a bruxa escondida a bordo para que escapara.
P: Para espantala. E os cardos era para que se pinchara e non pudera subir ó barco ¿non?
R: E para que non subira ó barco, e como a proa estaba máis alta que a popa non podía subir, porque decía que foi feita polos homes, porque eles levaban os barcos de Moaña para o outro lado, decir "bueno, a vispera de San Juan, vamos a levar o barco de Moaña, vamos a levar para Redondela, entón claro, faltou o barco de aquí leváronno as bruxas, o barco apareceu en Redondela, mira o levaron para Redondela.
P: Ó final, foi para alá. E había así máis...
R: As creencias muitas creencias.
P: Incluso na noite de San Juan había unha creencia tamén do baño das sete olas ou das sete maretas. Que facían para mocedad¿non? Máis ou menos.
R: Para a mocedad. Ben sabes que a mocedad na noite de San Juan nas casas mismo, cada un nas súas casas, facían unha agua para lavarse.
P: Si, agua do cacho.
R: Agua do cacho. Como agua bendita ¿non? E muitas veces os mozos en San Juan iban ás mozas donde tiñan os cacharros, porque tíñannos que ter nunha ventana ¿non? Iban o cacharro a.... a facer a... e collelos e tirábanos por aí. Andaban de noite as voltas con eles.
P: Si a xogar con eles, a veces mexábanlles ou cagábanlles dentro, e facían trastadas.
R: Eso se facía na noite de San Juan, a agua esa que a consideraban como agua bendita para facer a ceremonia, usábase muito.
PISTA 4
P: E había unha creencia aquí de que era bo bañarse ou mollar os pés nas sete olas ou nas sete primeiras maretas da noite de San Juan. Había que tomar sete olas, ou había que tomar sete maretas, ¿porque?
R: Habíase que bañar sete veces.
P: Había que bañarse sete veces sí, e eso que era para purificar os males ou as mulleres eran fértiles as que non podían ter fillos ó mellor podían fecundar.
R: As mulleres tiñan o uso de que se non se bañaban na noite de San Juan non eran puras porque a agua na que se bañaban esa noite era agua purificada.
P: Fora do mar, fora de río, non importaba de donde fora a agua. O normal é que fora do mar ¿non?
R: Do mar ou do río, os caldeiros de agua que poñían nas ventanas, canto máis alta a ventana... se tiñan ventana de arriba, poñían na ventana de arriba, para que non fora a bruxa a sacar a agua e despois, era purificada, creiamos que o aire frio da noite de San Juan, que aquela agua viña purificada, así como ven purificada cando sale do manantial, digamos que esa creencia se purificaba nese día, na noite de San Juan.
P: E había a creencia ó mellor de que había as aguas malas, como o bañarse o día de San Antón, decían que non era bo, que era peligroso, ou algún outro día así concreto, ¿non había unha fecha señalada que era malo bañarse tal día?
R: Non porque bañarse ás plaias non se iba, bañabase nesta area que había por aquí bañábanse por aquí, a xente bañábase cada un donde se encontraba.
P: E si un mariñeiro ás veces tiña un mal presentimento non iba ó mar, porque soñou ou mirou algo e dixo ai vaime a dar mala suerte e non vou ó mar.
R: Non che digo que non, comentábase sempre muitas cousas, pois claro porque dábase a coincidencia de que saliamos para o mar ou salían para o mar, e mentres estaban en terra non saben quen faltaba, e muitas veces de ir un barco sen un mariñeiro. Muitas veces os tripulantes querían bendecilo antes de marchar para o mar, ó estar a tripulación a bordo, pois bendecir o barco coa xente a bordo, ó salir o barco, "bueno está todo o mundo a bordo", "está", amarras, tira, pero antes o patrón botáballe a bendición á xente.
P: E había corazonadas a veces cando había boa pesca. Miraba ó mellor un páxaro destes.
R: Nada, iso todo é o tiempo, cando estaba malo xa o peixe non...
P: Antes de salir para o mar normalmente salíase á noitiña ¿non? Ó mar, ou depende según o peixe.
R: Según o oficio, se se andaba ó caldeo salíase sempre ás tres ou catro da mañán porque era no vran, e ás tres ou catro da mañán case rompe o día, e había que estar ó romper o día no mar, para poñer...
P: Traballábase con luz entonces, traballábase coa luz do día.
R: Tan pronto viña porque é cando o peixe deciamos que viña para arriba a comer, porque mentres era noite o peixe estaba comendo no banco, estaba durmindo entonces ó mediodía o peixe ven buscando as calorías do sol, moitas veces ó meterse o sol xa marchaba, así como despois ó revés, á ardora salíase ás tres ou ás catro da tarde e víñase á noite.
P: Cando se salía de madrugada ¿cando se volvía?
R: Ó meterse o sol.
P: Ó meterse o sol do día seguinte.
R: Si porque non mirabas peixe, non pescabas peixe nada.
P: A xente chegaba cansada prácticamente.
R: Chegaba cansada de non traballar. Así como moitas veces salías de aquí pois á mañán, ás catro da mañán, e chegabas á casa ás catro da mañán do outro día, pescabas, non pescabas pola mañán, pescabas pola noite antes de meterse o sol e chegabas alí a vender o peixe e pasaban as doce da noite. E mentres botabas o peixe e non botabas o peixe xa viña o día do outro día. Porque pescaches muito ¿non?
P: E antes de ir po mar normalmente, cando se salía ás tres da mañán, a xente que iba da casa xa directamente para o barco, ¿non había tascas nin bodegóns abertos non? ¿a esa hora había?
R: Si por cousa dos pescadores, viña algún que sempre compraba máis que nada caña. Mais que nada, irían sin comer, irían sin pan e sin comida pero a botelliña de caña...
P: A caña que non faltara.
R: Da terra.
P: Normalmente que era caña blanca.
R: Era da terra, eu creo que aquela caña debíanlle de botar algo, era a caña que tomaban noite e día. Creo que estaban queimados, unha caña da terra propia, e había esa caña de mar que era mui frouxiña, e iban pescar, decían que iban a pescar e despois... os individuos son a ostia.
P: E levábase máis caña que viño.
R: Viño non se levaba ningún, estaba máis barata a caña e levábase un barril deste de agua cheo para beber, e cando faltaba había que ir á illa a buscala.
P: Coa resaca que produce a caña despois ¿E que facían normalmente na tasca, tomaban viños cantaban ou... ?
R: As tascas, cando iban ó bar e andaba por aí pola area e tal, polo regular a xente que viña ó mar era máis a xente do campo que a xente de aquí da plaia, porque a xente de aquí da plaia o que non iba ó mar, tiña unha rapeta, tiña un boliche, un bou...
P: Viñan ós oficios baixos vamos.
R: Ós oficios baixos. Entonces iban a traballar, entonces iba a xente do campo a buscar un changüí e algo de cartos para pagar as contribucións, as contribucións íbanse a buscar sempre ó mar, a buscalas no vran e a pagalas no inverno ¿non? E eran o motivo ese de... cando viña o inverno esa xente de aquí (inaudible) (08. 47)
P: Ás veces chegaban ó bodegón unha hora antes ou dúas antes de embarcar ¿Que facían nese tempo?
R: Pois na taberna, ahora que muitas veces iban dereitos á chabola donde tiñan... porque cada armador que tiña un barco, tiña un baixo para gardar á xente, e muitas veces xuntábanse, "cantos somos, estamos cinco ou seis ou dez, ¿quen falta? falta fulano e falta fulano". Esperaban un momento se acaso viña outro, viña outro, porque non viñan á hora.
P: Si pero non viñan todos.
R: Sempre quedaban un, dous, tres en terra, hoxe quedou un, mañán ou pasado quedou outro, según os traballos en terra.
P: E en ese tempo de espera de que falaban, comentarios generales que falaban de todo, de que falaban máis, de fútbol, de deportes, de...
R: Daquela non había fútbol.
P: Non había fútbol, e de que se falaba.
R: Daquela sabes de que se falaba, das regatas.
P: Das regatas.
R: Nós andabamos andamos máis que vos, o noso barco e mais liviano que o voso.
P: Entendían muito de barcos, cando un barco tiña máis caballos, que tipo de motor tiña.
R: Aí non, era máis atrás, era cando eran de remos.
P: Ai era cando eran de remos.
R: Cando viñeron os motores xa se traballaba de outra maneira.
P: Cando era de remos falábase de quen vogaba mellor, quen era mellor piquero, mellor patrón, como se engadaba mellor, falaban todo temas do mar ¿non?
R: Todo tema de... nós temos mellor dotación ca vos, o barco ten máis forza.
P: Cambiábase a veces a xente que ahora voga por outro, que normalmente todos estaban do mesmo sitio.
PISTA 5
R: Na embarcación cada un collía o mellor puesto cando viña, o que viña da casa para embarcar, collía o puesto de menos traballo, porque había puestos que había que vogar e mais tirar polo aparello, non había puestos fijos, según embarcabas tiñas que coller o puesto que estaba vacío, solamentes o piquero era o que tiña o puesto fijo.
P: E despois cando viñeron xa os barcos de máquinas, que salían á noitiña, ian a fóra, tamén botaban muito tempo nas tabernas ¿non?
R: Pouco tempo.
P: Estaban pouco tempo nas tabernas, a veces mirábase por todo Moaña xente sentada nas patelas esperando a que viñera o aparello para metelo a bordo.
R: Eso era cando tendías os aparellos, e ibas, eles viñan a casa e viñan as chabolas e deixaban a roupa de aguas a patela e todo, mentres iban a recoller o aparello, entonces iban a recoller o aparello, metíanno no carro e viña o carro por detrás e eles viñan diante, e se iban para a embarcación xa o metían a bordo e xa salían, e se cambian de aparello collían o aparello do barco e metían ese na chabola.
P: E cando estaban xuntos ó mellor xogaban ás cartas.
R: Había barcos que levaban cartas, e xogaban a bordo ás cartas.
P: Ó mellor se levaba a travesía unha hora ou dúas.
R: Ó traballar estaban separados.
P: Tiñan xogos entre eles ou xogaban ás cartas solo.
R: Xogaban ás cartas, había algún que tiña dúas ou tres cartas, o que máis xogaban era ó poxado.
P: O poxado.
R: E a birisca.
P. E non había así un xogo que desaparecera.
R: O único xogo que desaparecera era o que lle chamaban o solo.
P: O solo.
R: Era de tres individuos.
P: ¿E acordase como se xogaba?
R: Daban as cartas, vamos a trece cartas e despois deixaba unha e poxaban polos que tiñan na man, as que podían facer, e cando se quedaba a poxa na túa man, collías a carta que estaba parada.
P: Pero esa é o poxado.
R: É o poxado.
P: ¿E o solo que decía?
R: O solo é entre catro.
P: Ese xogo desapareceu prácticamente.
R: Si, ese solo desapareceu.
P: E como se xogaba, ¿acordase como se xogaba ó solo?
R: Ahora non.
P: E que outros xogos se facían no barco, facíase algún xogo de nudos, de mans ou algo así.
R: Se non aprendían nada. Muitas veces facía falta nudos, sempre había algúns mariñeiros que os aprendían particularmente.
P: E non facían, non enseñaban os uns ós outros en facer nudos.
R: Non tiñan interes. Non, porque era unha empresa que non tiña máis interés de levar de comer e levar o quiñón e os cartos que lle tocaban, non interes de aprender para despois eles... coller o oficio, hoxe son mariñeiro e mañán podo ser patrón, ou armador, non había esa ambición.
P: Era matar a fame do día e... Sin embargo nas tascas se xogaban tamén ás cartas ¿non?
R: Si, bueno á birisca máis que nada. Á birisca.
P: Si á birisca xogaban muito. E a veces cantaban entre eles ou soamente cantaban cando había caldeiradas.
R: Cando había caldeiradas non se xogaba ás cartas.
P: Non, ¿non facían cantos entre eles?
R: Cando había caldeirada era cando había o reparto se algo había. Despois había a caldeirada e facían o reparto, e muitas veces se había un tripulante que iba dos seis días tres días ó mar, un día da semana o sábado aquel día viña ó bar, porque aquel día había o reparto e mais había o cabazo. Había o cabazo e a cociñada entonces...
P: ¿E ó final despois non se quentaban un pouco cando tomaban a caldeirada e non cantaban entre eles, cancións de tipo tradicional non?
R: De tipo tradicional. Limitábanse a pelexar e sangraban como porcos.
P: ¿Había pelexas entre eles, a veces?
R: Entre eles, desafiabanse entre eles, porque todo o mundo quería ser máis fuerte e había que facerlle un corro e había que deixalos pelexar hasta que se cansaban.
P: ¡Ai! si. Iso despois de estar ben cheos e ben bebidos ou non.
R: Este o taconero o vello destes taconeros o taconero e mais Manuel de Taramallos, eses tiñan unha taberna donde está ahora o banco pastor en Moaña, que ten unha mesa aí fóra ¿non sabes? unha mesa de pedra, en aquela mesa era donde se poñían as tarteiras do peixe da cociñada e ó acabaren de cociñar e poñer as tarteiras desafiábanse, de comer desafiábanse a pelexar e todo un cada un, todo o mundo ó redor no mismo bar.
P: Pero pelexaban a puñetazos nada máis e a agarrarse, sen armas ningunhas.
R: Armas non. A trompada, e cando se cansaban completamente, pois despartíanse e iban ó mostrador a beber, e a discutir porque ti eres máis, ou eu son máis ca ti, e ti eres máis ca min, e volta a pelexar, pero anda que nunha ocasión pola carretera escorregaban muitos e xente a mirar como escorregaban, bueno xa empezamos os escorregados, porque daquela gastábase zoques de pau, non había botas, de pau de Porriño, e unhas botinas parecían uns zoques, e a area hasta que se cansaban un caía para un lado e un caía para o outro.
P: E despois tan amigos.
R: Amigos. Eu non mirei igual. Cada un quería ser un máis ca outro. Era a ambición que había.
P: ¿E o que ganaba despois mandaba na tripulación? Ou non, non tiña que ver.
R: Mandaba o patrón.
P: O que ganaba ó mellor facíase fuerte e quería mandar sobre a tripulación.
R: Na tripulación non mandaba máis que dentro do barco, despois de que saltaran do barco cada un mandaba en si mismo, eu mentres estivera a bordo do barco tiña que dirigirme polo patrón, ahora ó saltar en terra eu era libre.
P: Si pero entre os mariñeiros, o que pelexaba máis ó mellor o que era máis gallito, quería mandar sobre os compañeiros ¿non? Porque pelexadas daquela había cada dous por tres.
R: Nas tabernas era... nas tabernas había todolos días, cando máis pelexadas había era os sábados, cando facían contas e cando máis se emborrachaban, bebían máis. Puñaladas era o máximo.
P: ¿Tamén había muitas?
R: Muitas.
P: As cousas iban a maiores.
R: Na casa donde está ahora alí o banco, chámanlle Fontes.
P: Tuvo unha taberna alí ¿non?
R: Os vellos, hubo unha taberna que era churrería.
P: Churrería ó lado si.
R: Era churrería. Alí sempre había, sempre, todolos sábados había.
P: ¿E non ten habído mortes?
R: Non, mortes non.
P: Nunca chegaron a ese extremo ¿non? ¿E eran sempre os mismos os que pelexaban?
R: Sí
P: Sempre os mismos
R: Sempre había 15 ou 20 en todo o territorio, en todas as ocasións viñan porque nós somos máis que vos, pero individuos particularmente. Discutían por cada embarcación, porque nós somos máis que vos, contando cos outros xa, porque nós ganamos máis que vos, tomaban a cousa como personal deles.
P: Si como orgullo de aquela tripulación. Había outros momentos que se dedicarían a cantar, a meter farra ¿non?
R: A xente que realmente facía eses jaleos era a xente xa vella.
P: ¿E a xente antes iba muito ós baños?
R: Si estaban todos os días mollados, cando se andaba ó mar estaban todo o día mollados.
P: Pero non se iban ós baños como se vai ahora, coller un bañador e á plaia, iba pouca xente ¿non?
R: Non iba ninguén.