MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ANTONIO JOSE BERNARDEZ VILLAVERDE 92 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· Como sinalar as marcas para localizar un punto concreto
· Fora das illas téñense que orientar polo compás
· A estrela do norte é un luceiro vivo que sinala o camiño de casa
· Coas néboas orientábanse polo compás
· Relación de praias
· A reuma é unha enfermedade propia do mar
· Os zoques de Porriño, era o calzado máis habitual cando non ían descalzos
· A tuberculose tamén era producto do mar
· A cada paso mareábanse os mariñeiros
· Os homes ían gañar unha peseta para pagar a contribución
· 0 perigo máis grande no mar é a néboa
· Na costa da vela morreron tres homes e o patrón
· Na costa da Vela a leva ven a través(as olas)
· 0 naufraxio do Ave del Mar foi motivado por ir a traballar con mal tempo
· 0 Centoleira embistiulle un mercante
· 0 uso dos pistón tamén ocasionou algún accidente
· Na illa sur colocaron un cruceiro e en Cabo Home outro en memoria dos naufraxios
· As mulleres dedicábanse ó marisqueo e tamén facían a función de atadeiras
· As atadeiras ganaban seis reás de sol a sol As mulleres chegaron ir ó bou cos homes
· A raba era picada por mulleres
· 0 que máis se comía era o peixe cocido e asado porque apenas había aceite
· A sardiña secábase para o inverno
· 0 xurelo e as rinchas salgábanse
· 0 escabeche é de última hora
· A caldeirada facíase cando as contas, ó fin de semana.
P: Para orientarse para distinguir as pedras para poñer unhas marcas, ¿Normalmente cómo facían?
R: Este... vamos ahora a ba... hai algunhas persoas que se dedican a pescar, non collen nada, a faneca.
P: Si. A faneca, a liña. Si.
R: Van adheridas a unhas pedras que hai na ría, soltas.
P: Están no fondo e nadie saben donde están ¿Non?
R: Como unha baliza, como un morto nunha batea que morre afogado ¿Non?
P: Si, si. Si.
R: Entón hai quen se dedican a localizalas e balizalas, contan cos guías de terra dun lado máis outro e collen a dirección, aquela con aquela e aquela por aquela e vanse orientando.
P: Normalmente eles que se sitúan nunha chalana encima de ó mellor dunhas pedras que sean fanequeiras ¿Non? Por terra collen tres referencias, collen unha referencia o mellor un poste da luz...
R: Polo menos collen dúas referencias, o lado sur e polo lado norte. E con esas referencias marcas no lado norte un pau aquí e outro aquí. Un pau quere decir unha casa.
P Unha casa. Unha casa que destaque ¿Non?
R: Si que destaque. Mais ben quere decir esta por esta e vas aquela e o mismo marcas esta por aquela e chegas a aquilo e tes o cotío marcado.
P: Por exemplo unha colle o Pirulí en Vigo de referencia, outra colle a Guía e outro colle o monte JaJán o mellor.
R: Non, para alá non. Máis para acá. Colles o muelle.
P: Ou a fábrica da Guía ¿Non?
R: Podes coller por exemplo ese que dixeches ti ahora pero despois pos o muelle, o muelle...
P: Si.
R: Por unha cousa máis alta de aquí de Quintela.
P: Si, si.
R: Unha cousa que sea saliente tamén, unha por outra ¿Non?
P: Si.
R: E a outra de alá xa a tes marcada e ves mismo a dar encima da pedra.
P: E isto sirve tanto para buscar un...
R: O cotío
P: Unha pedra ou para evitar pedras que estean no fondo que poidan ser perigosas ¿E si é fóra da Illa, fóra das Cíes?
R: Se é fóra das Cíes cóllese as marca tamén.
P: Tamén se collen marcas.
R: Claro.
P: Sempre e cando mire as Illas ¿Non?
R: Ti as Illas poste polo sentido contrario e poste para marcar desde fóra por terra. Senon non podíamos entrar, tes a boca das Cies que apenas caben dous barcos, dous barcos solamente. E ten unha barcada completamente tes mismo dez mil por un arado, pero tes que marcar por Vigo. Ti marcas por Vigo porque por fóra tes o mar e non podes marcar.
P: Claro.
R: Chegas alí e dis a entrada, chegas a entrada e pos a dirección, pois aquela porta, aquela ventá, aquela tal. Hai que preguntar aquela porta, pois por aí tes que ter a orientación do compás. O compás é a base principal da fixación duns obxetivos que te vas a marcar. Senón... ¡fallaches!.
P: O compás que colle sempre o rumbo, márcalle o norte sempre ¿non?
R: Tes marcado todo o rumbo, só co compás e unha roseta. Todo o rumbo dun lado a outro está marcado polo compás.
P: E cando sale pa fóra co compás fan anotacións os patróns ou non lle fai falta xa saben de memoria. Xa o saben de memoria ¿non?
R: Sabendo o compás de memoria xa... pero hai moita xente que non o sabe de memoria, non. E apuntan nun papel, nunha libreta, apuntan en tal rumbo, en tal sitio.
P: Si, iso é o que lle preguntaba eu, si.
R: Cada vez que pescas pois oriéntaste, marcas antes de ir pa terra ¿E? Pescaches.
P: Si.
R: E despois marcas, fas as anotacións da embarcación para mañá cando volvas...
P: Xa sabes que o peixe estaba por alí.
R: E fas igual que sempre.
P: E non é a primeira vez que chega alí e marcha o peixe.
R: E case non hai peixe. O peixe ten rabo para marchar ¿Non ?
P: E valíanse tamén das estrelas para marcar rumbos.
R: Moito
P: Moito, de noite especialmente.
R: De noite, as estrelas márcanse de noite.
P: ¿E para pescar dentro da ría tamén ou non?
R: Para pescar dentro da ría non porque xa marcaba o porto.
P: Xa había luces ¿Non?
R: Non porque xa había luces en terra e xa marcabas coa orientación da vista, porque si estás dentro da ría de noite miras as luces. Miras moitas veces, si é de día, o pobo todo, e cando estás fóra na illa tes que te orientar polas estrelas.
P: E os patróns ¿Sabían ben as constelacións ou sabían que estrelas eran?
R: Había a estrella Nórtica (inaudible).
P: A Norte.
R: Si, la estrella Nórtica que era un ser vivo ¿Non? Completamente...
P: Si.
R: Cando está claro e navegas con claro é o que máis miras, esa mirasna fixa.
P: ¿E como lle chamaban?
R: A estrela Polar.
P: A Polar, era o nome. Non tiña así popularmente non tiña outro nome ¿Non?
R: Non tiña outro nome. E despois o Sul.
P: O Sur.
R: Sólo marcabas, sólo sabías cal era a estrela Sur polo compás. ¡Non lucía tanto!
P: Si. Claro.
R: Porque a estrela Norte luce como un...
P: Destaca sobre as demais.
R: Si destaca, está fija. A veces calquer nubiña pequena que veña xa a tapa e a estrela Norte non a tapa, corre a nube e xa se destapa. Pola orientación do Norte do compás e guía oriéntome e vou dereito. Tes unha cousa que é esta gorra que é un compás e tes todo o mundo enteiro, o mundo enteiro. Esta gorra é onde están todas as marcacións aquí dentro. Aquí está o mundo enteiro. Con tal rumbo vas a buscar o mundo enteiro alá, pois tal sitio o norte o sur. estás ó norte e dis ó sur está tal pobo e tal pobo que che leve tres días ou catro días con tal rumbo, e marcas o rumbo porque hai unhas cartas que están marcadas polo compás.
P: Si os cuadrantes todos.
R: A navegación ten que ver coa aviación. A aviación xa miras que no aire marcas o rumbo tamén.
P: Si, si.
R: Pero o mismo o mismo. Cando ahora aquí en Santiago e marcha pa Italia xa sabe onde está Italia, xa sabe o rumbo que ten e que rumbo lle dá.
P: Si.
R: E xa marca desde alí xa marca o rumbo.
P: E cando había néboas ¿Cómo se orientaban?¿Polo compás sólo?
R: O mismo, o mismo polo compás.
P: Porque entón coas néboas xa tapaba as luces, non se miraban as estrelas.
R: Ti marcabas cando salías. Si salías de Buenos Aires e viñas a Vigo, e ti xa sabías polo compás, marcabas e dis Vigo está aquí pero tes que recorrer todo, e tes desvíos, de ventos que te desvían, tes caídas. ¡Esas desviacións que tes! Se vas ó mesmo rumbo e te tira os ventos como no mar as correntes tes un desvío de unha cuarta ou de media cuarta. Despois aí é onde tes que orientarte.
P: Pero tes que localizar algo para orientarse ¿Non?
R: Claro.
P: Porque senon desvíaste e non se da conta.
R: Daste conta cando chegas ó punto, porque ahora chegas e vas directamente ó punto e sabes que ese punto son tantas millas e tes andadas aquelas millas e non viñeches ao cotío. Tes que parar alí porque estás cerca, e tes agora a variación dos puntos eses. Paras e sacas unha carta dun terreo todo e dis non, o cotío non está alí, está máis po Sur ou máis po Norte porque hay esos desvíos dos ventos que tiran máis pun lado ou pa outro como no mar as correntes.
P: E se os collían dentro da ría con néboas ¿Cómo se orientaban?
R: Non porque na ría non o usabas.
P: Non, por iso. O mellor iban nunha chalana o nun bote e collíano unha cerrazón de néboas pa volver pa terra ¿Tiñan así unha orientación especial ou iban ó rolo?
R: Aquí primeiro os pescadores sempre encontraron o rumbo. Ó sair para o mar, a sardiña, nos barcos de redes e sair de día e traballabas de día pero ó vir a noite cerrousenos de niebla. Cerrousenos de niebla pero temos compás que é a arma da navegación. Pois ó ter compás oriéntas, dis ti: "escoitar a ver, escoitar a ver si oes un ruído aí. Coño tocou a campá aí, pois parece que a campana esa é a campá de tal sitio, ou o pito".
P: Si.
R: Entón debo estar na ría de Vigo. Hay que coller unha orientación.
P: Polo sonido.
R: Polo sonido ¿Non? Polo sonido. Deuse o caso, tíñase dado o caso, que... está aí, sabes se cuñaba o rumbo aquí en Moaña porque non tiñamos compás, e ó andar quince minutos volvías ó mesmo sitio, ó andar quince minutos...
P: Si, claro.
R: Como un vogaba máis que outro e non tiñas esas cousas.
P: Anda ó rolo
R: E moitas veces viñamos así con niebla e o andar un pouco tempo escoita: "!ai¡, coño, aí ladra un can". Ladra un can e sabes que estás cerco de terra. Había esas orientacións que tiraban así da cabeza.
NOMES DE LUGARES
P: Hai unha serie de nombres o mellor, de zonas, de lugares que significan algo ¿Non? ¡Cómo lle diría eu! As praias, o mellor algunhas xa desapareceron, hai un sitio de praias onde se pescaba ou onde se metía unha entallada. De Domaio pa cá hasta Tirán sabe máis ou menos como lle chaman as praias que había. A praia aquela de Domaio que estaba frente a Igrexa ¿Cómo lle chaman?
R: ¿A praia... ?
P: De Domaio que estaba frente a Igrexa.
R: De esa non.
P: Non sabe. E despois que coñece a praia de Meira, a da Xunqueira...
R: A Xunqueira, a do Con.
P: Esta praia de Moaña.
R: A praia de Moaña hasta Rodeira.
P: Rodeira, pois por Tirán hai a Fiunchado.
R: A punta de Rodeira que ten o arenal de Cangas. Despois xa tes Liméns. Despois xa tes Liméns e despois xa tes un montón de pedras que hai aquí que lle chaman os Castros.
P: Si iso é en Nerga, xa alá.
R: Si esa é a zona de Nerga toda. Despois tes outra zoa que lle chaman Barra.
P: Si un pouco máis pa lá.
R: É unha praia grande ¿non? E despois xa tes...
P: ¿E por aquí ? ¿Por aquí que hai? Hai o Fuxón ¿Non? A de Vilela.
R: Todas esas zonas desapareceron todas, desapareceron os nomes ¿Sabes?
P: Sí ¿Qué nomes recordas que desapareceron? Como era a Punta de Mosqueira que xa desapareceu. E esta que me dixo o outro día a pedra Couxela...
R: Esa está enterrada.
P: Está enterrada, está debaixo do aterrado. A praia de Moaña tamén desapareceu xa non queda nada. Antes era un areéiro todo ¿Non?
R: Agora cando está baixo o mar é un areéiro todo, cando baixa o mar non a praia, o areéiro non. Pero era moito máis e estaba balizada toda, e estaba balizada con palabras ¿E?
P: ¿Sí?
R: Si, si. Toda esta costa hasta Sargallás estaba balizada. Os ramos que había estaban onde tiñan o nome.
P: ¿E que nomes?¿Acórdase?
R: Que sei eu con tantos nomes. Quenes se acordaban eran os rapeteiros. Os homes que ían a rapeta, os rapeteiros dábanlle nome a todas as pedras e os buracos e todo.
P: E Usté non se acorda así de nomes que desapareceran. Había un que desaparecera no Con que era a pedra Cú de Frade. Esa fai pouco que a destruiran cando fixeran a traída de augas, que a dinamitaron. Había outra alí nas Cortes que lle chamaban a pedra do Bote ¿E así non se acorda de máis tipos de pedras que tiveran así nomes moi característicos que identificaban os mariñeiros?
R: Si bueno era o nome dunha época. O que nace agora unha persoa poñenlle o nome.
P: E que nos pa identificalos tamén.
R: Desaparece o terreo, desaparece o nome. Eses aportábanse cando se traballaba no mar con barcos pequenos.
P: Si.
R: Porque utilizábase a praia máis. Agora coas embarcacións desas de motor xa non se usa tanto a praia. Úsase máis un sitio de muelle, o sitio de puente. Antes nunha aldea pois había unha embarcación.
P: Eses nomes perdéronse todos, non se acorda.
R: Eses nomes perdéronse todos.
P: E de illas así en Moaña a parte da Illa dos Ratos e de San Bartolomé.
R: Tes aquí o que se lle chama o Buraco dos Toxos.
P: O Buraco dos Osos.
R: O Dos Toxos, o Buraco dos Toxos.
P: Dos Toxos.
R: Onde está o varadero ese de aí.
P: Si alá no Borna.
R: Si. Na Borna non.
P: O, na Borna. ¡No Cocho!.
R: Si no Cocho. O buraco do Cocho.
P: E que máis ¿Ese é o Buraco do Toxo ou do Choco?
R: O Buraco dos Toxos.
P: Dos Toxos. A parte das illas de San Bartolomeu e dos Ratos non había así unha pequena illa máis por Moaña ¿Non?
R: Os Ratos había... As embarcacións así con señais que había antes, así como Quintela non... estaban bautizadas. Agora no mar perdeuse porque non se anda como se andaba antes a remos e descalzos polo mar.
P: Claro porque antes coñecíase todo, se inundaba todo por iso lle preguntaba algunhas ramblas, alguns sitios que se conoceran.
R: Si, has de conocer ti tamén a rambla Pereira.
P: Si.
R: Xa cando fixeron hai anos, xa fixeron a rambla de Pereira cando fixeran a carretera xa fixeran iso.
P: Xa fixeran a rambla de Pereira.
R: A rambla de Pereira. Agora é a rambla de Ramona.
P: Si porque está próxima Ramona. E así pedras que houbera polo medio, pedras importantes o mellor que correran o riesgo de embarrancar nelas.
R: Embarrancar embarracábase...
P: Tiña nomes tamén.
R: Cando se embarracaba a lancha de remos non tiña perigo ningún porque era en terra e non tiña quilla iban a barranquilla e non facían nada. O malo cando viñeron os motores, cando viñan os motores pois rompíanse as hélices e rompíase todo.
ENFERMIDADES
P: O traballo do mar por si e polo esforzo que se facía ¿Producíase enfermidades propias?
R: Non
P: ¿Non? O mar non producía así reuma.
R: Reuma, reuma...
P: Polas friaXes e por todo.
R: Polas friaXes. Antes desde a ribeira de Vigo, a ribeira onde está o (inaudible), hasta a Punta de Cabo de Mare non había metro que non tivera nome. Estes botes pequenos que andaban á femia.
P: Si.
R: ¿Sabe?
P: Que me explicara coa fisga ¿Non?
R: Coa fisga. Sabían todos os rincóns, todos os rincóns, todos os rincóns.
P: E Usté non se acorda así.
R: Non, fai moitos anos xa.
P: Por iso. Falábamos das enfermidades propias que xenera o mar como eran a reuma.
R: Era reuma porque realmente no inverno non se andaba abrigado. Ibas coas zapatillas no inverno con néboa e neve coas zapatillas. Despois veu un pouco máis de... cando veu a cosecha de nigrosis.
P: Si.
R: E cando se empezou a emplear botas. Botas de suela ¿Non?
P: Sí
R: Pero había moito frío.
P: ¿Non había botas de goma?
R: Non.
P: ¿E roupa de augas tampouco?
R: De aquela había zocos.
P: Zocos ¿De madeira?
R: De Porriño, chamábanlle zocos de Porriño. Eses zocos de Porriño que despois cando houbo unhas botinas chamábanlle botinas e rompían por baixo e aproveitábase o zoco para poñer a botina, o zoco de pau.
P: Si.
R: O zoco de pau. Despois veu a combinación esa dos zocos de Porriño que rodeu toda a ría de Vigo e o zoco de pau todo e estaba o pé máis quente pero pegaba moito e non era reuma atacaba a tuberculosis.
P: A tuberculosis. Pero eso no é enfermidade propia do mar ¿Non?
R: Pero moitas veces viña con tosío do mar.
P: Si.
R: Muitas veces, si. Porque coa friaxe collíase catarros e collíase de todo.
P: A reuma e a tuberculose ¿Cómo o notaban? ¿Qué sítomas? ¿Cómo lle empezaba a doer?
R: O peito.
P: O peito ¿Non?
R: Hasta que terminaba por expulsar.
P: Si.
R: Pus.
P: E facíase algo, algún remedio caseiro.
R: Non había case remedios caseiros.
P: Ou íban ó médico mais ben.
R: Ía ó médico pero non había medicamento. Todo iso desapareceu coa penicilina, a penicilina matou todo ese bicho.
P: Porque antes o que lle tocaba...
R: Pasaba inmediatamente, arrasaba a unha pesoa con outra. A casa que chegara a ter esa enfermidade case morría todas as casas.
P: Contaxiaban uns a outros.
R: Contaxiaban porque ademais había unha comida sola para comer.
P: E outras enfermidades así dolores de espalda e de riñóns iso...
R: Iso había pero....
P: Iso moito o cargar o peixe para as fábricas e para todo iso a larga resentíase ¿Non?
R: Iso decían é reuma, é reuma.
P: É reuma.
R: Achacábanlle a reuma, todo o achacaban a reuma.
P: E dabanlle, daban algo ou tomaban algo.
R: Nada o que tomaba
P: Pa reumas ou pa...
R: ¿Sabes o que tomaba? A botella de caña que traía po abuelo.
P: Iso curaba todo, ese empezaba a quentar o corpo ¿Non? E coa caña...
R: O abuelo bebía unha fecha de caña e cando lle decían calquer cousa decía él "é a medicina".
P: Era a mellor medicina que tiña. E o mar notábase nos mariñeiros. Producen... o sol, produce máis envellecemento na xente do mar que en terra ¿Non?
R: É que a auga salada.
P: Curte máis.
R: Polo sol collíase sol cando viña moito sol, collías auga salgada e collias todo. Collías o que veña.
P: Si.
R: Pois na piel salía por unha parte por unha perna por un brazo, salía de todo. Todo iso ignorábase. Non había médicos, non había farmacias.
P: A veces había moito sol ¿Chegaban a coller insolacións, dolores de cabeza e todo?
R: Todo. Traballábase de sol a sol e chegaba a coller.
P: E de vez en cando dáballe así algún mareo...
R: Iso era a cada paso.
P: A cada paso ¿non? Polo calor.
R: A cada paso. Moitas veces achacáballe a debilidade. Tes un mareo no tras a bordo e "tes debilidad", tes debilidad non comemos e tal e tumba. Non hai forzas.
P: ¿E cando se mareaba dábanlle algo?
R: Nada.
P: Nada, recuperábase él solo.
R: Si. Provocaba, provocaba e despois tiña o barril da auga dos rapaces. Dos rapaces tiña o barril da auga que se levaba un barril con auga ¿Non?
P: Si.
R: Bebía unha fecha de auga, lavaba a boca e tragaba un pouco para disolver o tema.
P: Si.
R: E esa era a medicina que tomaba.
P: E era a única medicina que tomaba, auga fresca. E catarros e resfriados eso estaban a orden do día.
R: Todos.
P: Eses sempre cada dous por tres ¿Non? ¿E non se curaban non se íban pa cama cos catarros? ¿Ei?
R: Non.
P: Non se tomaban bebidas quentes. Pos catarros botábase, o mellor, un huevo no leite, o mellor pa curalos.
R: Os huevos comíanse moitas veces, moitas veces comíannos crudos.
P: Si.
R: (inaudible) pa outra tomábanos crudos.
P: ¿Crudos?¿A bordo?¿Ou non levaban para usar?
R: A bordo.
P: Porque eles levaban xa comida pa...
CONTRIBUCIÓN E FOROS
R: Non. comida xa levaban o que podía, levaban un cachiño de... comida. Moitas veces ten levado a comida así que levaba, traía unha comida para o home. Despois foise mellorando en todo ¿Non?
Aquelas embarcacións máis que nada, os homes viñan a ganar unha peseta para pagar as contribucións. Coas contribucións.., salían do mar todas e iban a ganar pa pagalas. Morreu un... mantíñanse as terras que tiñan e se vendían os puñados de terra, pasaba fame.
P: As contribucións porque aquelas os terrenos eran arrendados, non eran propios.
R: Moitos eran arrendados.
P: Inda existía o subforo ou o foro.
R: O foro, si. O foro, si.
P: Que era o que pagaban.
R: Que estaban aforados o señor, a Santa Parroquia ¿Non? O cura monseñor pagábamoslle renda todo o ano, se collera ou non collera. Hai outros que estaban aforados co mismo mercancía.
P: Si.
R: Dáballe ó dueño do terreno sete fanegas, ou fanegas o fanegado.
P: O fanegas. Si.
R: E outro tiempo.
P: ¿E os foreiros máis grandes que había en Moaña de onde eran, onde estaban?
R: ( inaudible)
P: ¿Quen os do Rosal?
R: Eran os do Rosal e todos eses. Pois e... por aquí viven muitos.
P: ¿No Real tamén?
R: No Real non. En Tirán
P: En Tirán.
R: En Tirán.
P: En Tirán.
R: Si en Tirán. Despois aí na feira tamén había outro, no Casal tamén había outro. Iso foi perdendo todo, pero ahora quedou o arriendo ¿Non?
PERIGOS DO MAR E NAUFRAXIOS
P: Vamos a falar dos peligros que... os peligros que creaba o mar, que se facían no mar. Normalmente os peligros máis grandes ¿Qué eran os cambios de tempo, non?
R: os peligros máis grandes que había no mar era a niebla.
P: A niebla.
R: A niebla.
P: A niebla consigo non traía mal tempo. Normalmente o que traía era iso que te desorientaba.
R: Exacto.
P: Entonces metíate enriba das pedras.
R: Date conta que che falta a vista.
P: Si.
R: ¿Qué é de ti si che falta a vista? Andas perdido.
P: Andas a cegas. Si.
R: E se botas a andar pois...
P: Despois por aquí o que era na Guía hay unha zona de pedras que creo que é perigosa ¿Non?
R: Ahí no momento que collías o volta era o que tiñas era chegar ó punto, coñecer o terreno.
P: Si, si.
R: Porque si te orientas inmediatamente que chegas alí, dices "ala estamos en tal sitio" o malo é mentras non recoñeces o terreno que non eres capaz de orientarte.
P: Acórdase así de accidentes e naufraxios que houbera na Costa da Vela, pola zona da Costa da Vela de xente de aquí de Moaña.
R: Na costa da Vela hai algúns.
P: Eses que iban... eses que me dixera que iban a traballar co boliche ¿Non?
R: Nese morreron tres homes alí e o patrón que era da de "Almas".
P: ¿As de "Almas"?
R: Tiña un boliche un xenro do de "Almas", tiña un boliche. E ese era o home da parteira, da que recollía os nenos cando nacían, e volcou. Largaron ¡O que é non ter niebla! Pois sabían o terreo onde estaba, pero non viron o mar porque sabían que estaban no terreo alí e largaron o aparello e cando viñan a recollerlle a boia.
P: Si.
R: Sabes que se somos de aquí co aparello vaise largando, e cando ves aquí a coller o aparello ven un mar, unha lévala desas altas e colleu por aquí e revirouno así. Pois o que oes con catro homes a bordo e quedaron todos a debaixo do mar.
P: Alí na Costa da Vela ¿Non?
R: Si.
P: E por culpa da niebla.
R: Claro, porque se non houbera niebla mirabas a lévada do mar ¿Non?
P: Claro.
R: E entón poñialle proa e así colleute de costado.
P: E volcou eles todos e morreron os catro ¿Sobre que ano foi? ¿Non se acorda?
R: Non me acordo, fai moitos anos.
P: E despois que outros accidentes pudo haber así polos nos Carallóns alá houbo algún accidente ou polas Cíes.
R: Alá nos Carallons houbo varios accidentes, hasta de mercantes. Mercantes cando se cerraba de niebla entón embarrancaban nos Carallóns.
P: ¿E tripulacións de Moaña?
R: En esa zona da Costa da Vela e mais Moaña está marcada por muitos.
P: Si. Hai moito naufraxio alí.
R: Muitos, muitos. Porque se traballaba de través. A lévada viña de así, en vez de vir así a lévada.
P: Si.
R: E chocares contra ela ti, poñíanlle rente a lévada.
P: ¡A, a lévada do mar!.
R: Do mar cando sube a lévada en presencia do mar.
P: Si.
R: Cando fai esa mareta.
P: Si. Si. Hai que collela atravesada para emproar a lévada ¿Non?
R: Hai que collela aproada. Porque se te colle atravesada con ela...
P: Si.
R: Pois e cando te tumba.
P: ¿Que accidentes, que naufraxios se acorda máis? ¿De "Ave do mar" tamén?
R: Do "Ave do mar" acórdome como si fora onte.
P: ¿Eso onde foi?
R: Foi na IIla.
P: Na Illa ¿Na boca Norte ?
R: Na porta, entre as dúas illas. Demasiado mal tempo.
P: ¿De quen era o barco?
R: É de Eduardo de Leta, do do cine.
P: Si.
R: Tropeza unha bola de auga, que cometemos moitas veces os mariñeiros, as barbaridades que cometemos co mal tiempo os mariñeiros queremonos facer moi fuertes e veñen estos acertos.
P: Si.
R: Porque había unha maruxía completa, unha maruxía grande, que estaba o mar elevado e non estaba nada veciña a noite. E inda dous barcos atravesaron o porto, así como veu unha néboa desas pola popa, deulle pola popa cando estaba entrando.
P: Si.
R: E deulle dous ou tres tumbos e levouno as rocas. Así son con xente, aparello e todo a bordo.
P: Si. E morreu moita xente ¿Non?
R: Home, todos.
P: Todos ¿Non se salvou?
R: Todos.
P: ¿Sobre que ano? ¿Non se acorda? Sobre o cincuenta principios do sesenta ou así.
R: Sobre o sesenta sería, sobre o sesenta.
P: Sobre o sesenta ¿A maruxía é un mar de que vento? ¿De onde ven?
R: Ven do Este todo.
P: Do este.
R: O mar máis elevado e de leva máis alta.
P: É do Este.
R: É do Este.
P: Aparte do Ave do Mar houbo outro me parece o de Benito o Ave Sin Puerto ¿Non se acorda si houbera un naufraxio?
R: O Arnar vale pero o Ave Sin Puerto non.
P: Non, non chegou a ter así naufraxios. E que máis O Centoleira.
R: O Centoleira tamén lle investiu un barco de Bouzas. Morreron trinta e cinco.
P: Estaban durmindo todos ¿Non?
R: Non, iban abaixo.
P: Si.
R: O barco era un barco de a baca, un barco que xa salía pa pescar. Perdeu o rumbo e eles andaban por aquí pescando pola ría. Colleuno atravesado e xa o partiu en dous cachos.
P: Partiu e morreron case todos ¿Non?
R: Todos. Salváronse un ou dous.
P: E así accidentes e naufraxios... No río Verdugo xa houbera un par deles tamén ¿Non? Ían de excursión.
R: Ese ían de excursión. Eses ían de excursión.
P: ¿Xa non se acorda como lle chamaban o barco? Eses encallaron e...
R: Eses encallaron nas pedras.
P: O pasar polo río...
R: O pasar polo río. Iso por non coñecer o terreno.
P: ¿O uso dos pistóns ten producido accidentes tamén?
R: Cales.
P: O usar pistóns na xente, por non saber usalos ¿Ten producido accidentes de estoupar na man?
R: ( inaudible) perder unha man
P: Perder a man ¿E chegar a morrer algún home tamén?
R: Morrer non, pero perder unha man.
P: O que pasa que como estaban prohibidos calábase ¿Non? Se decían que foi maniobrando, que foi...
R: Moitos perden unha man o botar un fuego na romería. Son cousas que pasan.
P: Si por iso. E destes accidentes chegáronse a señalizar con cruceiros, con Cristos ¿Non?
R: Iso é un cuento.
P: ¿Non?, ahí no Con hai un cruceiro.
R: Hai no Con, alí na plaia.
P: Si na plaia que houbo un naufraxio ¿Non se acorda como foi ese?
R: Ese non hai... foi no antigo tiempo. Eu oía dicir a Pepe o de Ruperta que era quen...
P: Si.
R: Que sabía muito diso. (inaudible)
P: E na Illa hai un cruceiro tamén que puxeran cando fora de...
R: Cando fora de da de almas. Na illa do Sur.
P: Na do Sur. Pero non se acorda así de máis cruceiros que simbolizaran así un accidente.
R: Cruceiros dese cando foi de...
P: Cruceiros no mar, digo.
R: No mar, na Costa da Vela
P: Si.
R: Tamén hai un cruceiro ahí. En Cabo Home.
P: En Cabo Home.
R: Vamos unha Cruz.
P: Si, sí, si.
R: En Cabo Home tamén.
P: Tamén puxeron. A zona do Facho que divisa toda a Costa da Vela...
R: Toda a costa.
P: ¿O Facho aquel que era? ¿Sabe?
R: O Facho era un nome que lle puxeron a un terreno.
P: Pero ten unha caseta alí media circular. Si.
R: Era dun vixía.
P: Dun vixía. sí
R: Dun vixía porque miraba toda a Costa da Vela, e toda mirábana así, así, así ¿Non?
P: Si.
R: Pero viviu pouco tempo o vixía alí. E daba unhas referencias máis ou menos. Pero o mar estuvo moi abandonado e está. Despois eses ventos que hai se orientan varios puntos que os coñecera. Porque ahora mismo vas desde aquí vas pa Finisterre aquí tes o rumbo desde aquí desde Vigo. De Cabo Home a Finisterre e chegas alá dereito pero antes de chegar xa tes un sonido. E te vas acercando ó sonido fuerte tanto para mercantes como para...
P: Si, si.
R: Pesqueros.
P: Si pero aquí o mellor igual non deixan.
R: Tes sonidos (inaudible) tes sonidos. Tes a boia de Rodeira, tes as pedras de abaixo, pero se estás en terra non podes velo. Se ves de Vigo ahora, o barco de pasaxe ven de Vigo topa un barco ou unha proa que obliga a facer un viraxe, xa se perde a dirección. E cando vaia a coller a dirección non sabe si a colle ou non a colle.
P: Claro.
R: E si tuvera un sonido Cangas, o muelle de Cangas, xa iba dereito ó sonido, a orientación.
P: Claro.
R: Iso era o que lle facía falta a todo o mundo.
P: Pero o mellor a xente protesta porque non a deixa durmir.
R: A si pero...
P: Pero claro é a seguridade.
R: Pero a vida das persoas vale máis que todo na vida.
TRABALLO E TAREFAS DA MULLER
P: Iso si. Tamén é certo, a seguridade hai que pagala ¿Qué función tiña a muller no mar?¿A muller soamente se relegaban ó traballo de atadeiras ou redeiras?
R: Non, non.
P: ¿Ou tiña máis funcións ?
R: Tiña máis funcións que atadeiras.
P: Cando se traían...
R: Ahora que cando hai a recollida de marisco as mulleres van a plaia e marisquean coma homes.
P: Ou máis.
R: En terra.
P: En terra, si.
R: En embarcacións non.
P: A campaña de marisqueo prácticamente as mulleres... claro porque os homes están no mar ou estan cansados entón a muller...
R: Pero bueno era terrestre, así é terrestre.
P: Si marisqueo a pé. O que é o marisqueo a pé.
R: Marisqueo a pé. Despois viñeron a buscar con rastrillos.
P: Si.
R: E quitáronlle valor as mulleres.
P: Que máis facían ó mellor as mulleres. Cando traían as pezas de aparellos pa montalas, eran elas as que se dedicaban. As atadeiras e redeiras eran todas mulleres practicamente.
R: As redeiras tiñan que facer era arReglar os aparellos a encadrar os aparellos que para iso viñan rotos, arReglalos e ali quedarlle o aparello seco nas chabolas as veces no tendal mentras estaba o aparello secando.
P: Si.
R: Iban traballando.
P: ¿Miraban onde estaban os buracos?
R: Si.
P: ¿E iban cosendo, non?
R: Iban cosendo.
P: ¿E cando compraban as pezas para montar o aparello montábanas elas tamén?
R: Todo elas.
P: ¿Os corchos e as plomadas tamén as montaban elas?
R: Todo facían elas.
P: Todo. O patrón e o armador lle decía como quería...
R: Si quería máis corcho ou máis plomo decíanlle a elas metérlle máis plomo ou máis corcho porque os mismos armadores cada un ponlle ó aparello a mellor pescar, se pode meterlle unha máis alto, e mais alto é que se ten vinte brazas meterlle dúas ou tres brazas máis.
P: Si según po que fora.
R: Para que collera marisco ou pa que collera máis... o traballo personal ¿E sabes canto ganaba? Seis reales.
P: Seis reales que comparado cun mariñeiro ¿Que é? ¿Era pouco, muito?
R: Non era nada.
P: Non era nada.
R: De sol a sol.
P: !Ai¡ cerrabase o día. De sol a sol.
R: De sol a sol. Porque de esa quedaban cos aparellos en terra porque as embarcacións tiñan dous aparellos polo menos, e cando viña unha rotura cambiaban de aparello e deixaban o roto en terra e as mulleres pois reparaban mentras... tiñan un remo ¿Non?
P: Sí
R: E pescan co outro.
P: E cando... cando amarraban unha rotura, cando solucionaban unha rotura, elas sentábanse e estaban descalzas apoiában o aparello no dedo gordo dos pés ¿E tiraban por él, non?
R: Metíano debaixo do cú. O outro lado tíñanno aquí debaixo do cú.
P: Pa que estivera tenso ¿Non?
R: Si porque para... tenso para reparar...
P: As mallas. E despois cunha agulla de madeira que tiña o fío ó redor, iba cosendo ¿E tiña varias formas de atar o usaban sempre a misma?
R: Usaban a misma porque as voltas son todas iguais.
P: As voltas son todas iguais ¿Non?
R: Si. Usaban unhas tixeiras.
P: Si.
R: Tixeiras para ir cortando as mallas que estaban rotas.
P: Si
R: E cortar o que facían tamén. Preparar todo o muelle a luz do día senón non podían traballar.
P: As veces tiñan uns panos na cabeza o uns sombreiros polo calor que facía ¿Non?
R: Chupaban o sol e calor tamén.
P: ¿Chupaban moito non? E axudaban tamén nos oficios baixos, as veces nas chalanas iban de noite todo cos homes.
R: Cos seus homes.
P: Cos seus homes, si.
R: Por iso levaban. Hasta iban o mar ó bou ¿E?
P: Si ó bou. Iso xa era familiar, digamos ¿Non?
R: Era familiar.
P: E facía a mesma función que o home
R: Igual que o home, igual.
P: A vogar, achicar auga, a subir o.. bou.
R: Todo, todo, todo.
P: Desmallar o peixe ¿Facían todo igual?
R: Todo
P: E despois ó mellor en terra se dedicaban a limpiar os botes, a limpiar as chalanas tamén.
R: Os deles.
P: Si.
R: Pero ó chegar a terra a muller collía o peixe capturado e íbano a vender.
P: Ibano a vender.
R: Iba polas casas a ofrecer o peixe que traía.
P: Porque non había plaza, claro.
R: Non había plaza.
P: Iba as casas e os días de feira iba a feira ¿Non? A vendelo.
R: E cando había feira, o día de feira era un día señalado ¿Non? O día de feira pero peixe que viña así de volante e todo de bou e (inaudible) como era traballo deles, iban polas casas si querían unha solla, unha nécora e todo eso. E collíanlle.
P: E dedicábanse a vender así ¿E que máis funcións facían así no mar as mulleres?
R: Facían funcións tamén así similar... era na arte.
P: Na arte.
R: Na arte cando... Esas xentes sabes que traballaban en terra.
P: Si.
R: Cando lle facían o reparto do peixe, había unhas que... chamabanlle pescantinas compraban por cento os mariñeiros que traballaban alí ¿Ti sabías, non?
P: Si.
R: E xuntaban quinientos e seiscentos poñían nunha patela iban por Meira, Meira de arriba e chegaban hasta Domaio. E algunhas non tiñan cartos e dábanlle pan, unha bola de pan.
P: Si, pagábanlle en especie.
R: En especies, sí, en espigas, cebolas... e metíanlle ó lombo (inaudible)
P: Iban cargadas pa lá e pa cá despois a volta. E tamén axudaban a armar os palangres as veces cando era a época do bonito.
R: Non.
P: Non.
R: Non porque xa había homes especiales que...
P: Que os armaban. Había homes que se dedicaban a armar os palangres ¿Non?
R: Mismo os da tripulación.
P: A tripulación, si. As mulleres aí participaban pouco.
R: As mulleres aí usabanas para levar os palangres a bordo do barco porque ese... Os palangres preparábanos nas chabolas, preparábanos nas chabolas.
P: Si.
R: E nas chabolas iban as chaboleras a levar ó muelle os dueños ¿non?
P: Nas chabolas tamén picaban a raba.
R: A raba, claro.
P: ¿E quen se encargaban as mulleres tamén cos machetes?
R: Cos machetes.
P: Era un traballo que facían as mulleres ¿Non?
R: E pagábaselle ben.
P: ¿Sí?
R: E pagábaselle ben.
P: Porque a raba viñan as huevas enteiras aplastadas.
R: Aplastados. (inaudible) Despois co machete coma esta mesa batían hasta que se esmagaba todo.
P: ¿Despois esa raba mezclábase co salvado ou mezclábase no mar ?
R: A raba usábase sola
P: Sola ¿Non se... ?
R: O salvado usábase para segar porque o salvado hai que botarlle na malla, a tapa de arriba tápalle e faille sombra porque moitas veces o peixes está comendo e está mirando pa ti que lle estás tirando raba.
P. Sí, si.
R: Estiras o brazo pa riba e fas así co brazo.
P: E mirase a sombra.
R: E mirache a sombra.
P: E así funcións máis... das mulleres co mar.
R: Daquela as funcións das mulleres co mar era terrible, terrible. O que hai ahora... fai moitos anos a función da muller do mar pois desapareceu ¿Non?
P: Está moi ligada o que era o mar.
R: ! Que sei eu¡.
P: Aparte das faenas da casa.
R: !Era, home¡ e mulleres... tiñan nunha embarcación propia deles desas embarcacións pequenas, pois traballaba o home e a muller e os fillos se eran un pouquiño tal, e saían a hora e pico e pescaba o que viña. Despois cando veu isto das traineras xa veu un grupo e viña a nome de armadores e iso. Entón xa contratas a mulleres, contratabana para traballar un día, ou dous ou tres hasta arreglar as redes.
P: Mais ben para traballos de terra ¿non? Despois os peixes que se capturaban, a maioría, que se preparaban pa comer ¿Cal é a comida que mais predominaba do peixe do mar?
R: Todo o que traía o aparello se non é vendible, aquelo collía o amo, despois de partirlle a parte que lle corresponde ós mariñeiros ¿Non?
P: Si, si.
R: Pero o que fora vendible pois vendíase a parte para... as dúas partes ¿Non? A parte que traía o pescado... O aparello traía un pescado ou se é arte calquera clase de peix.
P: E eso se o comían en fresco ¿Que o comían frito ou cocido?¿Que máis comían?
R: Máis cocido.
P: Máis cocido ¿non? Predominaba case todo cocido.
R: Porque non había aceite.
P: Non había aceite.
R: Iba a buscar un pataco de azúcar, un pataco de pemento, un pataco de aceite... Chegaba cun capucho de caña cando iba polo aire o aceite. O que máis se comía era asado, asado.
P: ¿Asado ou cocido?
R: Asado era o que máis se comía. Facíanse fogueiras de carozos.
P: De carozos.
R: De carozos, as brasas, e logo poñía a parrilla.
P: Ou clase de vides, depende.
R: Había brasa, había vide e a asar.
P: ¿E se o peixe para querelo aguantar moito tempo que proceso facían? ¿O secaban ou o salgaban?
R: A salar.
P: A maioría era salado todo ¿Non? ¿E que os metían en torneiros ou que?
R: Tiñan unhas mitad de pipas.
P: ¿Mitad de pipas?
R: Unha pipa cortábana ó medio e facían dous. O salgadouro.
P: Si.
R: Alí onde salgaban o porco e salaban xurelos grandes cando collían. Esa era a comida po inverno todo.
P: Si a comida po inverno que ven ¿E sardiñas tamén as salaban?
R: Tamén salgaban.
P: ¿E o espadín non?
R: O espadín non. O espadín xa...
P: O espadín era fresco.
R: Era fresco. Sempre se comía fresco.
P: Había que tomalo fresco.
R: E o bucarte era fresco.
P: ¿E que peixes se secaban po inverno? ¿Cal era o que máis se secaba?
R: A sardiña.
P: A sardiña.
R: Raxábase, polo embigo raxábase abríase e sacábaselle a espiña.
P: Si abríase.
R: E poñíase ó folo e esa pois asábase poñíase na plancha, a quentar na máis ¿Non?
P: Si.
R: E cando quentaba daba a volta e a comer.
P: Volta e volta.
R: E volta e volta.
P: ¿E non se afumaban? ¿Había algún peixe que se afumara?
R: Non. Porque polo regular se precisas pa outras cousas. E as lareiras aquelas que tiñan, unhas lareiras grandes quen tiñan unha lareira e estaban a facer de comer e estaban a asar polo outro lado. O que máis me usaba era o cocido e o asado porque o frito non se miraba. Porque o frito levaba aceite e non había quen...
P: Era un producto de luxo ¿Non? ¿E os chinchos conxelábanse tamén?
R: Os chinchos era máis de fresco.
P: É máis de fresco, ¿Non?
R: O xurelo grande, cando é xurelo grande cando é xurelo bo, eses si salabanse. A rincha.
P: A rincha tamén se salaba.
R: A rincha tamén se salaba moito.
P: ¿E que outros peixes máis? ¿Facíanse escabaches tamén? Ó mellor cando había muito chincho e non se facía...
R: Os escabeches veu a última hora xa.
P: Claro porque o escabeche xa é peixe frito.
R: Claro é peixe frito. Fas un pouco de escabeche e tómalo como unha merenda.
P: Si. Iso xa é máis reciente xa.
R: É máis reciente.
P: Xa cando houbo aceite ¿E caldeiradas? ¿Facíanse así caldeiradas de peixe sapo de... ?
R: Non.
P: ¿Non?
R: As caldeiradas facíanse cando se facían contas cando se facía o reparto...
P: Si.
R: Da semana, porque non se facían contas hasta a semana, o sábado.
P: Si.
R: Cando viña do mar e pescaban o sábado collían dúas patelas grandes de...