MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ANTONIO JOSE BERNARDEZ VILLAVERDE 92 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· 0 de Primitivo chegou a. ter mais de 200 patos salvaxes no quinteiro
· Os biluricos críanse no Cocho, en buracos pequenos
· A lavandeiras son paxaros mui mariñeiros
· As gaivotas pósanse nas popas dos barcos cando a xente limpaba o peixe
· Os pitorros daban moito peixe Os caramuxos comíanse crus
· Os areeiros fórmanse coas correntes,especialmente cando hai un río cerca. Neles cobixanse as sollas, croques e muxos
· Os carrumeiros danse na pedra alta
· Na illa,hai pedra ata o medio da boca da entrada sur de Vigo
· Os fondóns son caladeiros onde se abrigan os peixes.Cando hai temporal refúxianse neles
· As tuniñas axudan a pescar. Un almeiro e un conxunto de sardiñas, bocarte ou espadíns acorraladas por toniñas
· Os mascatos anuncian donde hai almeiros
· Nos tesales, area gorda, críase toda crase de peixe
· 0 que máis se cría no burgal e o lumbrigante
· As maretas son producidas pola velocidade dun barco ou ó mal tempo
· 0 ciclo da lúa dura aproximadamente un mes. Durante as lúas cheas as mareas son grandes e nos menguantes son mareas curtas
· Cando nace a lúa as augas do mar fan unha iluminación debido ó fósforo chámase ardentía do mar e gracias a iso pode mirarse o peixe. Coa lúa chea non se mira
· 0 vento produce o mar de fondo
· Co mar de fondo debese traballar con redes máis fortes
· Pola velocidade das nubes sábese o tempo que vai facer
· Os ventos húmidos, de abaixo (sur) eran bos para traballar ó caldeo
· 0 sudoeste e o vento máis predominante e con ventorrada seguida.
· Lestía e o vento entre norte e leste
· Lúa chea escamenta, sinala chuva ou vento. Cando a lúa vai de pé mariñeiro deitado. Si a lúa vai deitada, mariñeiro de pé.
· A lúa cando leva cerco venta chuva
· Os minguantes son bos para pescar
· Con lúa nova pescase millor que con lúa chea
· As millores guías para tomar o rumbo de noite serían os sonidos pero non temos porque os prohibiron
P: Antes na Xunqueira había cantidad de aves que viñan así migratorias ¿no? Viñan... había patos e viña algún tipo de...
R: Aquí había muitos patos, tiña ese que fora da túa familia aínda, ¿e teu tio?
P: Si.
R: Por tua nai, ¿non?
P: Si.
R: Chegou a ter douscentos patos (inaudible).
P: Douscentos patos.
R: Patos, patos, que se tiraban a voar polo mar, chegaban a vinte brazas de terra, tirábanse eles a bañarse e viñan pa terra e iban eles a cobijarse alí no quinteiro.
P: Chegou a ter máis...
R: E non lle daba de comer pois non tiña, pero eles buscaban as plaias e tírabanse...
P: E eran patos que viñeron emigrados por aí, ¿non?
R: Emigrados, patos que non se comían.
P: Patos salvajes destes.
R: Salvajes.
P: ¿E non se asustaban, non lle escapaban a xente nin nada?
R: Non, non. Muitas veces cando viñan os barcos e traían peixe e escunchaban o peixe na area, para sacarlle a maja, pois eles esperaban a que deixaran as majas na area, e eles xa collían todo.
P: E cando viña o inverno marchaban todos.
R: Eses eran patos particulare, viñeron así de claquera maneira, que se colleron e fóronnos criando nalgunhas casas coma se foran galiñas.
P: E non había outra clase de aves que iban así á Xunqueira a parar por alá.
R: Despois iban o que digo estas gaviotas, a veces onde está o campo de fútbol alí eu... gaviotas había.
P: ¿E os biluricos como son?
R: Os biluricos eses xa buscan un terreno para eles propio, cando ven a noite e iso cobíjanse eles, donde máis se criaban era alí no cocho, tirando ó arroaz, tiñan muracos eles propios dos biluricos e se quedaban alí.
P: E como son, ¿como as chirlas, máis pequenas?
R: Máis pequenas que as chirlas, pero teñen un peteiro máis grande.
P: Máis largo, ¿e as patas máis largas tamén?
R: Si. Pero non se topaban moito polo medio do día, traballaban máis de noite, muitas veces non mirábamos o bilurico e sentiamo-lo sonido del, ten un sonido muy fino.
P: Si mui agudo ¿E as lavandeiras?
R: As lavandeiras era un paxaro coma estes, pero é un paxaro, moi mariñeiro como lle chamo eu.
P: Que come tamén peixes ou andaba mais ben...
R: Andaba polo arredor dos aparellos, cando ti miras un aparello, a primeira cousa que mirabas era unha lavandeira ou dúas ou tres.
P: E nas secas, nas marismas tamén andaba muito á miñoca e todo.
R: A miñoca, a piteirar todo pola terra, pola area, por aquí había un monte delas.
P: ¿E algún outro así como o Martín pescador?
R: Bueno, ese o martín é peixe de pareja, peixe de arrastre. O martiño é peixe de arrastre.
P: O martiño un páxaro que lle chamamos nós, que é de muitos colores, que ten o peteiro mui largo, mui bonito, non o peixe martiño.
R: Si o ave martiño.
P: Si o ave martiño ¿Había por aquí muitos?
R: Non.
P: Había raras, non aparecían...
R: Ese é peixe de costa todo.
P: Que estaba no muelle tírabase a buscalo, ese non andaba polos barcos. Un barco cando viña a veces do mar, se sabía se pescara ou non, pola cantidade de gaviotas que traía na popa, ¿non?
R: Podía pescar moito ou nada, traía porque a xente viña partindo durante a marcha e seguían facendo o reparto e ti daquelas tirabas as majas ó mar e viñan detrás do barco a comer, e viñan a comer a bordo do barco, as gaviotas viñan a comer a bordo do barco. Si lle deixabas unha sardiña aquí, con xente a bordo e baixaban comían o peixe e...
P: Pousábanse no barco ¿E non había aves que deran mala señal, que foran agoreiras?
R: Non.
P: Algunhas aves de decir esta trae mala suerte, ¿o corvo non decían que traía mala suerte ó mellor?
R: O corvo ese era mal de bruxas.
P: Cando saían pescar ou así non miraban algún ave e decían, esta non me gusta como vai, ou...
R: Moitas veces, os mariñeiros cando tiñamos unha cousa que non nos saía ben, e miraban un corvo mira está a bruxa aí, é a bruxa esa.
P: E aparte de corvos ¿había algún ave máis que... fora agoreira?
R: Non, aquí entre nosoutros non.
P: ¿Os pitorros tamén?
R: Os pitorros daban muito peixe, e emigraban todos á illa, iban á emigrar á illa, daba moito peixe, despois tiñas os arroaces.
P: Si, os arroaces xa nos falará deles o outro día. E volvendo, os caramuxos, decía que eran todos comestibles, sean negros sean de colores, alargados ¿había muita clase de caramuxo non?
R: Hainos pequenos así, pero a xente muitas veces cando iba ás plaias a buscar croques e iso pois xa levaba a agulla partía un cacho, e metían a agulla espichábanno e extraíanlle a carne.
P: ¿E crudos, así sen cocer?
R: Si comíanse crudos, o mexilón comíase crudo, e o croque, e a ameixa tamén.
P: Os caramuxos eu comín sempre cocidos non os probei así, cocidos son máis fáciles de quitar.
R: Son máis fáciles de quitar.
P: ¿E usábanse a veces os caramuxos para facer collares?
R: Non.
P: Para xogar os rapaces e iso.
R: Os collares tamén os facían de croques, de conchas de croques, nunca se deu o caso ese.
P: E tiña así algún nombre especial, ó mellor había uns caramuxos que eran alargados ¿chamabanse todos caramuxos ou había algúns que tiñan nombres?
R: Caramuxos, pero os que máis estaban comendo o jujo nas pedras, porque sabes que os caramuxos críanse encima da pedra, porque a pedra cria un musgo coma se fora herba, na terra cria herba, e na pedra, no mar cría ese verdín, e nese verdín é donde se botan eles a comer, e vai a xente e rasca co sacho, rasca a pedra toda e tira con todos os caramuxos que ten a pedra.
P: Hai unha serie de caramuxos que están así nos arieiros, ó mellor non os mira, pero cae un cacho duna maja ó fondo, empezan a saír debaixo, eses teñen dentro coma se fora un...
R: Eses están debaixo, na area, sólo que van a comer ó que miran.
P: Si, ou teñen olfato, eles están enterrados na area.
R: Están enterrados na area.
P: E teñen coma se fora dentro un carangexo, unha especie de caranguexo ¿non?
R: Teñen unha especie de tenazas de caranguexo, ten unhas tenaciñas así pequeniñas...
P: ¿E como lle chaman a eses caramuxos? Chámaselle así caramuxos, non ten ningún nombre específico.
R: Caramuxos.
FONDOS DO MAR
P: Pois vamos falar do que era o fondo do mar, ¿que tipos de fondos hai e que pescas pode haber? Porque non todo o fondo é igual, hai os arieiros, que eses son máis ben de terra ¿non?
R: Os areeiros son de terra e mais de mar, tamén hai profundidad. Hai areeiros, porque se acumulan coas corrientes, cando hai muitas corrientes, porque o mar é mui movedizo e corrientes que levan unha velocidad, outras que levan outra, e no momento que se xuntan, máximo onde están os ríos, cerco, moven a area e a area vai con eses remuíños que fai a corrente van acumulando, un monte aquí, un monte alí e son os areeiros, son os que chamamos areeiros, como se miran aquí na plaia.
P: Eses tipos de areeiros dan algún peixe ou... dan tipo marisco croques, zamburiñas o mellor.
R: Tamén muitas veces é cobijo para a solla, para o croque, muitas veces o pescado que está aquí cerco da plaia, cando ven a maré arriba, eles veñen a comer o musgo que hai aquí nestas pedras, muitas veces o mismo muxo está a baixa mar e lárgase, pero o musgo que ten a pedra, que lle da o aire e o sol e iso, cando ven a pleamar ven o mar e veñen eles a comer aquelas pedras, o que taparon aquí co relleno este, esas pedras de estar os muxos alí a comer, e congrios, que van ós laños.
P: Pero eses xa non están nos areeiros.
R: Non ese non está no areeiro.
P: E hai outro tipo, ¿os carrumeiros que son?
R: Son herbas.
P: Son herbas, que se forman pero xa non nos areeiros, teñen que darse en pedra ¿os carrumeiros son grandes non?
R: Son grandes, ten a pedra alta.
P: Entonces ó redor dela dase cantidad de peixes ¿non?
R: Os que van comer alí, sempre van a comer os carromeiros que é o único comeduría que teñen, aquí claro aquí teñen a sardiña, e teñen todo, porque moitas veces están a comer as sardiñas no carromeiro, nas pedras abaixo, pero están as pedras, e nas ramas sempre perdes o aparello, porqué, porque están a comer nas pedras.
P: ¿O que lle chaman os cons? Os cons que son pedras que sobresalen, ¿son pedras grandes?
R: ¿Que son?
P: Os cons, son pedras que sobresalen para fóra do mar ¿non? Son pedras puntiagudas normalmente.
R: Vamos a poñer que lle chames illas, porque tes...
P: Son tipo pedras, como a pedra do pego, como a...
R: Son pedras por naturaleza. Son pedras que se descubriron, e despois de descubrirse a xente foille dando nombres.
P: E esas pedras a veces sirven para identificar...
R: Identificar un sitio.
P: O sitio ¿non? Si os carallóns como lle chaman...
R: Si os carallóns.
P: Pedra do pego.
R: Os carallóns están mismo na entrada de Baiona.
P: Identifica, aparte que sirve para orientarlle ¿non?
R: Para orientarte, e para abrigarse, porque podete coller unha reventada ou unha tronada, que pode durar unha hora máis ou menos, a golpe de tronos, e iso, e abrigaste ó lado del ¿non? porque esas pedras pois bate todo o... a forza do mar nel, si acaso embate muito o vento porque as carallóns están baixas, pero a forza do mar, axudaba a abrigarche, como as islas.
P: Pero ó mismo tempo a veces son peligrosas ¿non? Porque coa marea arriba ó mellor pasa por riba delas, e ten que coñecer ben a ruta.
R: Tense coñecer pero tamén se ven coa niebla ou calquera cousa e embarrancas.
P: Á altura da illa, o paso por alí é bastante fastidiado ¿non? Hai que ter muito cuidado, hai muitos cons deses, muitas...
R: Despois tes coma tal a illa, onde lle chamamos Cabo de bicos, por debaixo, hai pedra hasta o medio da boca da entrada de Vigo, hasta a boca da entrada de Vigo, no mar, é pedra.
P: ¿Todo pedra? Aínda...
R: Así como aí é descuberta a illa, pero despois polo chan, non ten fango, ten pedra, pasamos por riba desa porque ten muito calado.
P: E todas esas pedras teñennas que ter ben identificadas polo menos os patróns, teñen que coñecer ben para non pasar cerca.
R: Xa hai marcas por libros, feitas polos técnicos ¿non?, con marcas e todo, pero cando é de noite as marcas non as miras.
P: Por iso nunha carta ó mellor mírase ben polo dia, pero pola noite.
R: Claro, a carta mírasna, pero non miras ó oriente, non te podes orientar, se o mar estivera localizado con boias ou iluminado, entón podías seguirte pola...
P: Ese tipo de pedras soen albergar tamén moito tipo de marisco e de peixe ¿non?
R: Cando ven o inverno, porque ten dúas paredes, aí na boca do sol hai a entrada, a entrada que miramos a mita dela é pedra, na superficie, o que pasa que os raios, pero os aparellos dan nela e rompen os aparellos.
P: Abaixo.
R: Abaixo.
P: ¿E que son os fondóns, un fondón?
R: Os fondóns son caladeros de cobijo de peixe, son as casas, os caladeros, eses fondóns, o peixe muitas veces sinte mal tiempo e vanse a cobijar ós fondóns, son os caladeros.
P: E soen ser máis fondos que os...
R: Porque muitas veces, as ondas non son de aquí, son de aquí as ondas de cincuenta brazas, andas media hora máis para fóra pa un lado ou pa outro, pa o norte o sur oeste ou este, pero as ondas outra vez non ten caladero as ondas, e que o mar polas alturas está descuberto, está unha orientación de ir sondando e...
P: Iso de fondón xa o dice a palabra, son terrenos máis baixos...
R: Máis baixos, por exemplo, ti tes un fondón...
P: E aí soe haber muito peixe.
R: Si tes un fondón, ti ves polo aire e ves andando e chegas ó monte do Faro, subes encima do monte de Faro, vinte brazas, pero ó andar uns minutos tes unha baixada, esos son os que chaman os fondóns do mar.
P: E aí suele ser abrigo do peixe, aí case sempre hai peixe ¿non?
TUNIÑAS E ALMEIRO
R: Claro, é donde se cobijan, cando hai temporal no mar, cando hai cousas fenómenos no mar, collen os fondóns. Alí van case todo, ballenas, toniñas, todos eses peixes grandes todos van ó fondón.
P: ¿As toniñas como son?
R: Como os arroaces.
P: Os arroaces si.
R: Ahora que é un tipo de animal, como lle chamo eu muitas veces... que non fai daño a nadie, orienta para pescar, cando o arroaz, non orienta nada, e fai muito daño.
P: Fai muito daño, métese no medio do aparello. A tuniña non se mete no aparello.
R: Conocer ben a tuniña, porque muitas veces, chamamoslle un almeiro, un almeiro é un conxunto de sardiñas ou o espadín, ou o bocarte, xuntan as sardiñas todas, vannas cercando, non as comen alí, vannas cercando todas ó redor, de tanto estar o redor, e tanto fan se aperta o peixe de estar un contra outro pois arría sangre.
P: Esmaganse uns contra outros.
R: Aprétanse uns contra outros. Porque a tuniña hasta que dea a orden de o peixe fan arrebentar, e cando se tiran ó cerco, vai unha detrás de outra, e veñen ó grupo outra vez a facer guardia do peixe e nosoutros, había unhas aves que lle chamamos os mascatos, que eses son quen inclinan o peixe, porque dende o aire, bumba, decimos nós, aí hai un almeiro, non é o almeiro porque o almeiro está quieto alí, coño aí danse os mascatos e é un almeiro, e chegas alí e está o peixe que parece unha mancha encarnada todo, largas o aparello, a tuniña non che fai dano ningún, eles están comendo, buscan un sitio, sen romper o aparello.
P: En que se diferencia a tuniña do arroaz, ¿hai algunha diferencia? Distinguese ben.
R: É outro modelo de peixe.
P: Pero é tan grande como o arroaz.
R: O mismo que o arroaz. Ten outras pintas.
FONDOS DE FANGO
P: Había terrenos mui fangosos que había moito lodo moito lodeiro, ¿non? Eses terrenos aquí na ría que estaban máis hacia o centro, ou tamén había pola costa.
R: E todo, en todos os terrenos, hai areeiro aquí, fango aquí, pedra aquí, o mar está cuberto de todo.
P: É todo, nos terrenos fangosos, nos fondos fangosos, que é o que mais se produce, ¿que tipo de peixe cría máis?
TESALES
R: O que máis se cría o que ten máis comeduría son os tesales, chamámoslle tesales.
P: ¿Tesales?
R: Tesales é unha area gorda, chamanlle tesal, alí cría e cobíjase todo o peixe, pescada, todo o peixe.
P: Eso chamase tesal, si.
R: Tesales, terrenos que se chaman tesales, é onde traballan, neses tesales onde traballan os bous, eses bous grandes, as parejas de arrastre buscan os tesales, xa teñen marcado o terreno.
P: ¿Na ría ou fóra?
R: Para fóra. Aquí hai uns tesales, dende aquí ó arroaz todo é case area, e un pouquiño máis po lado xa tes fango.
P: E no fango que se produce máis ben, ¿as anguías non? Anguías, chocos, prodúcense martilongas, ¿non? Son peixes de fango.
R: Son peixes de fango, pero muitas veces andan no fango e van a comer ó tezal.
BRUGAL
P: E o burgal, que é un fondo areeiro mui gordo ¿non?
R: Ten iso de ser máis duro e mais grande, é o que lle chamamos nosoutros tezal é unha area que engancha no aparello e tenno que romper, tes que ter un talete ou un machete para chegar a bordo e rompelo, porque ven así en pasta.
P: Ven en pasta, compacto.
R: Ven compacto. E bueno ese donde da o burgal non hai aparello que entre alí, hai que largarse.
P: O burgal. E alí que se suele producir, prodúcense nécoras ou, patelos ¿ou así?
R: Nese burgal o que máis se cría é o lubrigante, porque alí cobíjase, e vai ó fondo a buscar a comeduría, ten muitos nombres, o mar ten muitos nombres.
P: ¿E así outros tipos de terrenos así característicos, de fondos mariños non... aparte dos pedragosos e iso? E os diferentes estados nos que está o mar como influe nas capturas da pesca, o que se chama a calma chicha o mar é cando está como un plato, ¿eso é bo para pescar sempre?
R: Realmente é bo porque sempre traballas á túa maneira ¿non? porque muitas veces vamos a supoñer, andan as correntes, ti topas ahora un monte de sardiña e queres largar, pero ese monte de sardiñas leva unha corriente, vai palá e a corriente ven para acá, e se ti non largas para onde vai el, quedas atrás, date conta ahora tropezas con unha persona aí, e queres atala pois tes que poñerlle pola banda de alá para catalo porque él escapa para alá sempre, e nos ó miralo pois largamos as redes, pero as corrientes...
P: Que traballan en sentido contrario, non fai nada claro.
R: O aparello vai enriba todo, hai que buscar o momento oportuno para... eche como o campo, o campo ten os seus dias de recollemento, ti sembras un campo e ten un dia para recollelo, se recolles antes de tiempo...
MARETA
P: Malo, e despois tamén. Cando se move o mar produce as ondas, nos tamén chamamolle maretas ¿É o mismo decir maretas que ondas, é o mismo? Ou as maretas son máis fuertes.
R: ¿As maretas? Producennas a velocidad.
P: ¿A velocidad do vento?
R: Ou a velocidad de un barco. Un barco pode producir unha mareta, ou a velocidad do mal tiempo (inaudible) en campo aberto, a forza do mar por iso tropezan unhas con outras, baten e producen maretas, dicen moitas veces na televisión, tres metros de onda, tres metros ou catro, tropezan contra os barcos.
P: Nos chamamolle maretas, ¿é o mismo que onda?
R: É o mismo.
P: O que pasa que chamanlle ondas, nós aquí en Moaña chamamoslle maretas, ás ondas do mar ¿non?
R: Non, aquí o nombre propio son a onda, ondas de catro metros, seis metros, cinco metros.
P: Ó mar inflúelle muito á luna para a baixamar ¿non? o mar cando está baixo chamase baixamar e arriba marechea.
R: Eso é unha cousa que non hai quen o explique aquí, por qué, porqué no mundo digo eu o mar, agora mismo nosoutros botamos un cubo de auga e está sempre o mismo, ¿e porque o mar ten ese baixón e esa subida?
P: E inflúe muito a lua, a atracción da lua que é o que forma na baixa mar as mareas vivas e as mareas mortas, ¿como se produce o ciclo ese de mareas vivas e mareas mortas?
R: Quen o sabe.
CARA B
P: Eu preguntáballe cánto dura o que é unha marea viva, e que son as mareas mortas ¿O ciclo canto dura mais ou menos?
R: Mais ou menos ten unha duración dun mes.
P: Un mes.
R: Neste mes bota, ahora é luna chea, hai cuarta menguante, eses son os nombres que lle puxemos, luna chea son cando son as mares altas, luna a nacer, son cando son as marés cortas, as marés andan con luna, cando a luna é alta, está feita, vamos está o cuadro feito todo, esa é a luna (inaudible)
P: ¿Canto tempo tarda en baixar unha marea? ¿Seis horas mais ou menos?
R: Seis horas.
P: ¿E dunha marea a outra se produce un retraso de un cuarto de hora ¿non?, ou tres cuartos de hora.
R: Hai vintecatro horas de diferencia, é onde cambia, nas vintecatro horas, ahora a luna nace ahora, e decimos naceu a luna, o vintecatro ou vinteseis, así como vai nacendo a luna vai crecendo, entonces as marés que eran mortas, as marés van crecendo tamén, e as marés van crecendo coa luna, hasta cando é a luna, a luna está feita, completamente feita que lle chamamos a luna chea, entonces é cando as marés son máis altas, entonces a esas marés chambamoslle as marés da luna, porque son as marés de luna, e as correntes no mar vólvense cando é a luna chea as marés máis altas ten máis velocida a maré a agua no mar, cando baixan suben con máis forza.
P: Si suben con máis forzas ¿E para pescar son boas esas mareas altas, esas mareas cheas?
R: ¿Para?
R: Para a pesca, cando hai luna chea para a pesca non é boa.
AGUARDENTÍA
R: Non, en muitos oficios, vamos a poñer a ardora, de cerco estas, influía moito, porque cando nacía a luna, as mareas do mar, a agua salada non había luna, non había claridá, as aguas do mar non se miraban os peixes, ese fósforo que ten o mar, ese fósforo de noite facía unha iluminación que pasaba un peixe por debaixo do barco e mirábalo, pero cando é luna chea esa forza da luna tapa a iluminación do mar, e pasa o barco e non mira o peixe.
P: E o que chamaba a aguardentía eso.
R: A aguardentía, é o que chama agua ardente, ardente de agua.
P: Entonces por ela mirábase o peixe.
R: Claro.
P: E o peixe estaba ó mellor, estaba máis cheo, tiña máis comida cando había a luna ou menos ¿porque inflúe non?
R: Inflúe porque o peixe ten a súa comeduría tamén pola luna, ¿non?
P: Dicen que coa luna que perde muito.
R: Perde muito. Perde porque, o tiempo está mellor, non é que sea a luna, o peixe, vamos a poñer en septiembre, agora empeza a ter a sardiña hasta agosto, setiembre, octubre, hasta octubre, tres meses que a sardiña colle grasa.
P: Está boa, ten unha asadura.
R: E despois desova, e despois ven o desove, ese mes despois estan... que comen, están de comeduría, ponse gorda, e despois ven o desovo, que o peixe ó desovar despois queda raquítico e hai que alimentarse, aliméntase todo de esa basura que encontran polo mar.
MAREXADA, MAR DE FONDO, VENTOS
P: ¿Cando se produce unha marexada?, porque se produce unha marexada, ¿cando hai mal tiempo? ¿cando é iso non salen os barcos ó mar non?
R: Esas marejadas cando se producen é cando veñen elas, máis no inverno, porque ahora tes unha marexada o mesmo vento e no mesmo sitio, venche no mes de junio, julio, agosto, setiembre, nunca hai muito peligro.
P: ¿Salen os barcos ó mar igual non?
R: Pero o mismo vento, o mismo mar, pero no inverno ten máis forza, bate máis no que encontra por diante.
P: E porqué ¿porque hai mar de fondo ó mellor?
R: Eu máis que forza, eu creo que é pola clima, o ambiente...
P: ¿E o mar de fondo?
R: O mar de fondo prodúceo o vento ese, mar de fondo chamalle que vai Usté navegando (inaudible)
P: Móvese, e incluso as aguas de abaixo son máis revoltas e todo, ¿aí xa non se sale ó mar, xa non se sale a pescar con mar de fondo non? E en canto ós ventos, hai algúns que influen muito na pesca, cando hai norte aquí na ría case non se pesca nada.
R: Moitas veces depende das circunstancias, porque muitas veces prohibe pescar, porque vamos a ver, mar de fondo, encontras peixe, nese mar de fondo as redes teñen que ser máis fuertes, porque nese (inaudible) das redes, rompe fácilmente, empeza a reventar polo plomo, (inaudible).
P: Traballa muito o mar nelas.
R: Traballa muito o mar nela, hai muito mar de fondo.
P: ¿E Usté sabe cando vai cambiar a norte ó mellor, sabíase?, ¿había así algún síntoma que dixera, vai haber norte?
R: O único síntoma que hai e a velocidade do aire.
P: Polo aire.
R: Da velocidade das nubes que van voando polo aire, sabes o vento, porque de aquí sales co norte e chegaches a unha hora ou dúas horas a fóra da illa, ó xurelo ou a sardiña, e topas o do este.
P: Cambiou totalmente.
R: Topas outro vento.
P: E co norte non se pescaba nada, polo menos aquí na ría non se colle case nada ¿non? ¿escapa o peixe ou... ?
R: Escapa o peixe, entérrase o peixe.
P: Vai pos fondóns, tamén aféctalle muito. Entón o mellor vento para pescar ¿que é o sur?
R: Aquí nesta ría si. Cando se traballaba co cebo coa raba, os ventos de abaixo son os ventos de sur, sureste, suroeste, os ventos do norte e nordeste e todos eses ventos son ventos secos, e o peixe agachase. Querían ventos húmidos, porque ten máis comedurías, descúbrense máis comedurías, máis alga.
P: E traelle algo de afora, que lle entre máis comeduría, porque o sur efectivamente, mete o mar para dentro, o norte é ó revés. E o sudoeste, ¿é cando se levantan os temporales?
R: O sudoeste é cando entra por aquí, por esa costa que hai aí, nos temos este pedazo ó sur moitas veces (inaudible) e suroeste, o sur é o vento que máis pescado trae.
P: ¿O vento que lle chaman de travesía cal é o do sudoeste?
R: O este.
P: O este é travesía.
R: É o vento de travesía. O vento este, ou o sudoeste.
P: ¿E son os que traen os temporales?
R: O noroeste, o vento máis malo e o que máis mar mete, é norte, nordeste, ese do este, entonces disde o este hasta ó norte, e o sitio máis malo que ten a...
P: E cando veñen todos eses temporales que levan as tellas, que levan todo.
R: Cando veñen chubascos así fortes e cando hai suroeste pode vir unha ventorrada seguida, pero cando salta o este, aí hai que temer, porque é cando veñen aqueles cairos de pedraza.
P: Ese é do este hacia o norte.
P: Hacia o norte. Aparte é a medida do compás, norte, oeste, sur e este son os catro ventos.
P: O este apenas soplan non os ventos do este, ¿influen na pesca cando hai vento de naciente?
R: O que menos influe na pesca, péscase máis co este, o que menos inflúe nos catro ventos norte, sur, este, oeste, é o sur, este, é un tipo seco.
P: ¿Ven mui pouco non? É rara a vez que ven. Pero eso péscase igual.
R: Ven mui pouco. O que prohibe de traballar é muitas veces é o este.
P: ¿Chamábase tamén lestía? ¿que é a lestía?
R: A lestía é entre norte e leste.
P: O leste que é igual ó que é o este non.
R: É igual, está aparejado.
P: ¿Quere escribir aí? É unha especie de rotulador.
R: Norte, sur, oeste, este, estes son os catro principales.
P: ¿E o este tamén chámase leste?
R: Non.
P: ¿Entonces o leste cal é?
R: O oeste, norte, sur, este e oeste, son os catro principales.
P: ¿E a lestía?
R: A lestía é este, entre un e o outro.
P: Entre o norte e mais o este.
R: Entre o norte e mais o este.
P: Si que aquí sería a entrada da ría, a entrada da ría vamos, do de San Simón, no sentido da ría, entón cando hai travesía é ó revés, atravesa a ría.
R: Porque ti ves co norte, despois hai aquí unha mancha, nordeste, este, despois aquí, o oeste ten unha serie de... porque aquí ahora vai por cuadrante, os principales son: norte, sur, leste, oeste, destes catro principales os máis malos son: norte, que é fuerte, e o oeste.
P: O oeste é cando veñen os temporales de chuvia e tormenta de...
R: Porque ten muitos cobijos polo menos aquí nesta marca de aquí, os ventos deses a fisonomía do terreno, é quen lle da o abrigo, porque oeste é costa aberta, todo de costa aberta, vamos a poñerlle sur, hai un cacho que é abrigado, fai os abrigos en cada terreno, o norte, tamén entre norte e nordeste hai un abrigo, pero este, todo o terreno do este que é aquí arriba, todo o terreno que dice o este, é malo porque ven con temporales.
NUBES, LÚA E PREVISIÓN DO TEMPO
P: E en canto ás nubes, ¿qué tipos de nubes hai, e como sabe Usté o tempo que vai a vir polas nubes?
R: ¿Que tempo vai a vir polas nubes?
P: Si hai algunhas nubes que son escamentas ¿non?, cando chaman: "o ceo escamento chuva ou vento". Xa sabe que pode haber...
R: Ás veces (inaudible) outras veces pois non, desolase.
P: E como lle chaman ¿teñen algún nombre concreto as nubes? ¿Cando son negras chámanlle de algunha forma?
R: Temos ese modo de pensar, porque tes mira, luna chea, a luna chea marca, a luna mira-la escamenta (inaudible).
P: ¿Está escamenta a luna que quere decir?
R: Escamenta indícache o vento, pero ten unha cousa, cando a luna vai de pé, sabes que a luna vai disminuíndo ou subindo, vai cortada por un lado, non vai desaparecendo... vai desaparecendo en cachos.
P: Pouco a pouco si.
R: Pouco a pouco, ten catro partes, ten a luna deitada, a luna de pe, cando a luna vai de pe, marinero acostado.
P: Acostado, deitado, si.
R: Acostado, deitado, porque non... adivina mal tempo, cando a luna vai deitada marinero en pie, e muitas veces non falla ¿eh?
P: ¿E logo se a luna leva cerco?
R: Porque a luna é esta, esta é a luna, cortada polo medio, porque nesta parte decimos se a luna vai cortada, marinero en pie é unha rareza que non haia un pequeno movimiento de tiempo, de temporal.
P: De aire, non hai nada ¿E a luna cando leva cerco, que significa?
R: Cando leva cerco leva toda a luna chea, se ocupa todo o cerco.
P: ¿Que vai haber chuva, venta chuva?
R: Ten ese refrán, que venta e chuva, hai un movimiento, porque en todas as lunas hai un movimiento, unha pequena borrasca.
P: Si as borrascas son xa as nubes negras ¿non?
R: Si, porque ahora mismo está claro, hai luna chea e todo está, pero de alí a un momento empezou a tronar.
P: ¿E ahora Usté xa o sabe antes cando vai a vir a chuva, mais ou menos a conoce polo tipo de nubes?
R: Vas pensando, como vai a vir o tiempo, porque o tiempo non che ven de repente, porque ahora mismo estás traballando con un calor, e nunha tronada desas de relámpagos e de tronos, e non bota vento ningún, desfíxose a tronada, pero é outra, os tronos que descargan unha serie de relámpagos e neves e todo eso.
P: Eso cólleno de improviso, ou xa sabe polo calor que pode haber, ou polo tipo de nubes.
R: Cóllete de improvisto muitas veces, pero avisa.
P: E iso, como avisa.
R: Avisa, porque ahora mismo como pasa muitas veces, estás traballando tranquilamente, empeza a tronar polo sur, fórmase unha tronada polo sur, e a tronada ven correndo sea po este sea po noreste, e teste que dirigir ó nordeste, buscando o cobijo, porque non te vas a lanzar á altura, pero a cousa da tronada, a tronada en vez de ir para o nordeste vai po este, vas a tropezar coa tronada.
P: E ten que escaparlle.
R: E tes que escapar antes.
P: ¿Cando hai tronada péscase ben igual, ou o peixe anda máis aboiado?
R: A veces coa tronada o peixe anda mais aboiado, o peixe vai máis a flote.
P: E as nubes blancas, indícanlle algo, que hai bo tempo vamos.
R: Indican bo tempo.
P: ¿E cando hai estratos todo no ceo?
R: Os estratos a veces aparecen, a veces aumentan.
P: ¿Indican algo?
R: Indican muitas veces que mañan vai a vir chuva ou mañan ven cambio de tempo pero... ven mañan e non... equivocámonos muitas veces.
P: E a luna cando leva unha aureola de nubes ó redor, ó través miras unha aureola, eso venta chuva ¿non? E que outros tipos de nubes pode identificar que poidan afectar na pesca.
R: A nube ten un límite, que todas as vintecatro horas fai o recorrido, e todos os meses ten que nacer a luna, meterse a luna, porqué se mete a luna, ahora mismo a luna chea é un círculo redondo ¿e porque vai disminuíndo a luna? que á noite temos media luna tapada.
P: Eso depende a posición que teña a terra coa luna.
R: Eso é o que pregunto eu moitas veces, e no outro día nace a luna por onde naceu onte.
P: Vai girando, vai cambiando pouco a pouco ¿Cando se pesca mellor con luna de menguante ou creciente?
R: Con luna de menguante.
P: Menguante é a mellor luna ¿non?
R: Cando vai crecendo a luna, no momento no que empeza a vir a luna, e ó ser a luna xa vai disminuíndo xa o peixe vai rachando, porque primero o pescado pero aínda está cego o cabo ce nacer o peixe, sempre na profundidade o peixe xa está cansado.
P: E cal son mellor a lua chea ou a luna nova para pescar.
R: A luna nova.
P: A luna nova, cóllese mellor, péscase máis que coa chea ¿E cómo saben? ¿A luna nova é cando empeza a ardentía do mar?
R: ¿Como?
P: ¿A ardentía do mar cando se da? En que fase lunar se da a ardentía do mar, cando empeza a brillar o mar, cando ten ese fósforo.
R: Coas lunas.
P: Coas menguantes ou coa chea.
R: Iso... porque ahora mismo vas a pescar con luna nova, a luna nova empézase a pescar, luna chea disminúe, vai disminuíndo a luna de ser chea despois vólvese outra vez a disminuír, e ó chegar a un término de decir que marchou aquela ardentía pois volves a pescar outra vez, a pesca nosa é toda do cuadro das aguas ardentes.
P: Bueno, xa van ser as nove e media. Deixamos para mañan outro pouco xa se fai de noite.
ORIENTACIÓN NO MAR
R: Mentres o corpo aguante.
P: Si home sí, o corpo ha de aguantar e muito. Onte falabamos da influencia da lua, das nubes, e das corrientes, ¿non se acordou nada máis non? a veces cando eu marcho digo, ¡ai se me esquenceu aquilo!, se se acorda de algo pode contalo igual, non é a primeira vez que pasa iso. Hoxe vamos a falar sobre a orientación que hai no mar, como se guiaban os barcos. Normalmente dentro da ría é máis fácil localizarse, marcan os puntos ¿non?
R: Márcanse os puntos si, pero aínda así as rías, como a ría de Vigo ou a ría de Villagarcía, todas esas rías gallegas todas, podían estar balizadas con sonidos, as entradas dos puertos porque cos sonidos conoces a entrada, porque polo rumbo se sabe que vai estar aí, pero pode estar máis pa aquí ou máis pa alí, e hai un sonido que te dirige, porque cada sitio ten un sonido diferente, porque tes aquí que non é nada, o faro este que ten a Guia, orientase para fóra da illa entras entre as dúas illas de noite.
P: De noite gracias ó faro, porque o faro da Guía ¿que fai destellos non? de noite.
R: Fai destellos, fai sonidos, non, sonidos non, fai espacios de luces, e inda orientate.
P: ¿E que outras guías tiña así para orientarse tamén?, a pedra do Pego, tamén ten...
R: A pedra do Pego é un pedestal, se está cerrado de niebla xa non se mira.
P: Xa non se mira.
R: Claro.