MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ANTONIO JOSE BERNARDEZ VILLAVERDE 92 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· 0 peixe dos quiñóns era para comer, pero a voces vendíanno ou salgabanno para pasa-lo inverno.
· Moitas veces a xente quedaba a deber nas tendas
· A maioría dos mariñeiros ían ó mar para paga-las contribucións
· En Cangas non se practicaba o caldeo, andaban a ardora.
· A seba nace nos fondos. 0 isco anda pola superficie.
· 0 carrumeiro críase nas pedras
· 0 correol, en muitas ocasión impiden que as redes se enganchen nas pedras
· Apenas coñece a flora dos areeiros
· A solla enterrase na area
· A anguía e peixe do fondo e o congro de cachotes
· 0 polbo cobíxase nos laños e saen para comer
· A serrán fai niños na area
· A sardiña cando sinte o mal tempo tírase ó fango do fondo
· Considera ós arroaces como o peixe máis listo do mar.
· Os arroaces deixan largar os aparellos e cando menos se pensa aparecen para facer estragos nos aparellos
· Anécdota de cando solicitaron a lancha da Tabacalera para ametralla-los arroaces
· 0 bolo enterrase na area
· 0 muxo é peixe da superficie
· O xarabal son peixes que veñen na tona
· A pescada entra na Ría cando as augas quentes. Entran poucas veces Tódolos peixes e aves comen sardiñas
· 0 mascato tírase dende 50 m. para introducirse outros tantos no mar
· Durante a seca xúscanlle nos Iaños cunha vara e isco no anzol para coller congros
· 0 espadín desapareceu practicamente da Ría 0 berete tamén desapareceu
· (Outro día) 6/8/92
· Como se sacaba o aparello do mar para as traíñas
· Os cornos viñan volantes
· Os toques de cornos eran mui antigos. Os usaban as peixeiras para vender polas aldeas
· 0 mascato indica o peixe. Si voan mui alto quere dicir que o peixe ía fondo
· 0 carolo era un pitorro pequeno
· As gaivotas aniñan nas illas. Os corvos collían anguías entre as pedras
· Os mascatos aparecían no inverno
P: A xente cando viña co peixe que lle tocaba do reparto, da primeira cesta, eles co peixe podían facer o que querían, ou vendelo ou...
R: Si ou levalo para comer.
P: Ou levalo pa comer.
R: O objeto era que primeira cesta que caía a bordo do barco aquela era dos mariñeiros, e mais a parte que tiña que facerlle unha parte do mariñeiro á embarcación ¿non? Que era do amo, e despois pescando doce cestas pois levaba ese, o quiñón o changüí, partían entre... ó armador dáballe unha para os gastos de gasoil e todo eso, sin embargo tiñas aí en Redondela, que iso non hai nin changüí nin nada.
P: Non se estilaban os mismos acordos que había por aquí.
R: Aí era tipo arte, en Redondela naceu coa arte, e era todo ó monte maior, cada puerto según o tipo de xente que era, aquí estábase regindo por Cangas, e tiña ese costumbre Cangas e Moaña foise seguindo polas costumbres, a compensación dos mariñeiros.
R: Ese peixe cando chegaba que traían os mariñeiros, porque unha patela era muito, como conservaban ese peixe, porque duráballe dias ou duráballe todo o inverno.
R: Repartían. E había algúns que vendían tamén, se traes unha patela de peixe hoxe, daslle a teu irmán a teu tío, a teu pariente, cando non hai nada pois non había nada, outras veces o que era casado e tal levaba á plaza como ahora aquí, había unha plaza na vía pública, e poñían dúas tablas e a patela "e como queres polas anguías" " catro pesetas, a ducia a tanto" e fai o changüí para el ¿non?
P: Claro un changüí aparte. E outra veces para o inverno o salaban.
R: Si para salar, muitas veces como tipo de inverno, solían levar peixe para salar os mariñeiros en inverno, coma se fora cando se mataba o porco no inverno, polo San Martiño, esa xente pois salaba as sardiñas que traía da misma cantora do peixe, e esas tiñaas que pagar.
P: As que levaba para casa para salar...
R: Fóra do quiñón tiña que pagar, se fora o amo, se fora a xente.
P: Fora quen fora claro. Se miraban unha sardiña boa que era boa para salar pois...
R: Claro para salar. Polo menos no inverno era o tempo de salar, cando se andaba ó Leixós había algún que levaba un par de cestas, pero bueno no inverno, ó cabo de facer contas xa o corrector ese, xa lle decía, ti tes dúas cestas, xa llas quita da parte que leva, xa lla desquita. As contas levábannas ben, o que é que non se pescaba.
P: A xente cando os mariñeiros normalmente, despois como facían, cando vendían todo, a compra normalmente que as facían nas tabernas ¿non? eles iban a comprar case todo ás tabernas, e ós comercios, cando era época de pesca eles pagaban e no inverno ¿pagaban tamén ou quedaban fiados esperando a que viñera a época das capturas.
R: Eso dependía do comerciante, moitas veces iban ó comercio e fiábanlle, e a hora de facer contas e iso pois...
P: Anotaba nunha libreta ou algo así ¿non?
R: Quen anotaba era o comerciante para vender, el vendía todo o comerciante e mais a persona.
P: Porque no inverno prácticamente se non iban ó mar, de donde sacaban algo de economía, do campo, do que traballaban no campo.
R: E que aquí a maioría dos mariñeiros que traballaban nesta industria, eran todos do campo, tiñan algo de campo, viñan a traballar ó mar para ganar unha peseta para pagar as contribucións, e vivían do campo solamente.
P: Das cosechas, do viño, do millo.
R: O viño, un pouco maíz, e todo eso ¿non?
P: ¿E tiñan algo de gando tamén?
R: Tiñan algo de vacas, cerdo, unha vaca e todo iso, tiñan leite e viñan ó mar a coller os cartos, para ganar algo de cartos para pagar as contribucións, era o único todo canto vendían do artículo que cosechaban todo facía falta para comer e para levar a vida ¿non? Esa era a base principal.
P: Era muita a pobreza que había ¿non?
R: Muita pobreza, ahora gracias que a xente restringiu, había algúns que eran de nacemento xa borrachos, xa tiñan a vida estragada completamente, pero a maioría dos mariñeiros, a maioría, a xente casada, o gasto deles era vir a ganar ó mar para pagar as contribucións.
P: ¿Eran tan altas as contribucións?
R: Non eran cativas, pero tamén a ganancia era cativa.
P: Claro ganábase pouco.
R: Ganábase pouco, e solamente ese traballo eran tres meses, tres meses de traballo no mar eran tres meses, inda cando durou un pouquiño máis foi cando empezaron a ir barcos a Leixós, que viñeron os barcos de máquina, pero mentres eran barcos de remos aquilo era unha miseria, andabas aquí, mañá ibas alí outro día... non tiñas un barco fijo para traballar, facías as contas ó día, facías as contas o día, hoxe andabas neste barco, mañan andabas no outro, a xente non tiña paraxe para traballar nunha empresa.
P: A Leixós ¿sobre que ano empezaron a andar?
R: O... 18 ou así.
P: ¿O 18 empezaron?
R: Empezaron a ir de Cangas, porque en Cangas había o tipo de ardora solamente, non había caldeo, eran os barcos de máquina e caldeira de pe, barcos cativos, cargaban 80 cestas ou 90 un barco deses viña cargado, e se chegaron a ir á costa de Portugal hasta Leixós pero despois foi cando veu...
P: O máis fuerte que foi da pesca de Leixós, que foi antes da República despois...
R: Antes.
P: Foi antes.
R: A república muito antes, daquela xa traía 400 cestas cada barco, eran barcos de arrastre.
P: ¿E cantos mariñeiros habería en Moaña aproximadamente? un par de miles ou...
R: Habería...
P: A maioría quedaban a fiar nas tabernas ¿non?
R: Facían contas, porque aí a Leixós hasta que se terminaba a cosecha non se facían contas, ó terminar a cosecha.
P: Si despois era cando pagaban, ¿e a veces pagaban en especies?
R: Non.
P: Non.
R: Sempre en diñeiro, sempre se pagaba de...
FLORA MARIÑA
P: Cambiando de conversación, vamos a falar de todas as cousas que produce o mar como é... vamos a falar de como se forma a flora, o que é a seba, que tipos de sebas había no mar e para que se utilizaba ó mellor como era a seba, os correoles, os bochos, o verdín; as algas que produce o mar.
R: Para darlle o nombre propio.
P: ¿A seba donde se cría, no fondo ou arriba na superficie?
R: Críase no fondo.
P: No fondo.
R: A seba, porque despois hai o isco que ese anda os rolos no mar dun lado para outro, críase na pedra e cando ven a maruxía ou o mal tiempo fuerte, bate nas pedras e fai saltar o esterco, e cando hai bo tempo o fondo mismo cría o verdello o que chamamos verdello, e se ven o mal tempo, a maruxía tira polas plaias, e despois veñen do campo con carretóns, cos carros de bois e van ás plaias a recoller toda esa basura po campo.
P: E iso é o isco ou é a seba.
R: O isco todo, a seba o mismo, a seba cando se despega veñen montóns, ese é mellor porque é máis limpio, esa seba tería de altura un home cando no vran, alí cobíjase o choupo, cobíjase moito peixe aí nesa parte.
P: E come tamén diso.
R: Come.
P: Porque a veces no vrán aparece muita flotando e cando se van está mui quente e as veces aparece toda a plaia por arriba.
R: Porque o mar é un campo de matices, chamalle o mariñeiros hermanos collemo-los peixes pero é que o peixe sale das aguas quentes e das aguas frías, do cálido que trae nas aguas quentes, muitas veces que están as aguas mui frías o peixe non anda, cobíjase no fondo.
P: E que tipos de sebas hai, hai unhas sebas que son largas e planas coma se foran follas de verduras, hai outras que son máis finas¿non?
R: Si home claro.
P: ¿Teñen nombres diferentes?
R: Hai algas, as algas que comen da pedra fuerte, hai o carromeiro.
P: ¿O carromeiro como é ?
R: O carromeiro tamén é fuerte, cobíjase na pedra, porque o mar é talmente talmente coma un campo.
P: Exacto.
R: O campo cría dunha maneira e o mar cría doutra maneira, ten que ter as súas épocas para criar, e o peixe cobíjase cando ven o mal tempo cobíjase na... vaia Usté á seca, vaia á seca e ó lado dunha pedra cobijado encontra un peixe alí a comer, hai outros que andan soltos, comendo a manutención esa do polvillo..
P: E o carromeiro que é gordo de color marrón ¿non?
R: Ese está na pedra, o carromeiro está na pedra, quen o ten que arrancar de alí.
P: É a maruxía.
R: É a maruxía.
P: E as sebas que son máis finas, máis delgadas.
R: Esta parte de aquí que lle chamaban a pedra da Cousela, alí no inverno tiñas unha seba que era da miña altura.
P: ¿Crecía tanto na pedra mismo a seba?
R: Pegada na pedra, na pedra e mais no suelo, cando viña a maruxía pois empeza a bater nela empeza a arrancarse e alá vai.
P: Iba a parar ás plaias.
R: E despois viñan dos campos con carretóns viñan as plaias e...
P: E servía para abonar o campo.
R: Para abonar o campo.
P: Normalmente xa era no outono. E aparte había outras formas, as correoles.
R: Todo ese tipo.
P: Que tipo había, había as correoles que eran delgadas, eran como os carromeiros pero máis delgadas.
R: Si, si.
P: Eran como os espagetis, eran largas.
R: Todo ese tipo son matices do campo todo, usábase po campo todo.
P: E había polas pedras aquí dábase o que chamaban o bocho.
R: Ibas con unhas rasquetas rascando as pedras, chamban o bocho.
P: E eses o bocho ou esa seba tiña así algún uso nas enfermidades para curar bisocas, para curar...
R: Non curaba nada.
P: Non se usaba, solamente para estercar.
R: Para estercar era para o que máis se usaba todo.
P: ¿E cales eran as que máis lle estropeaban na pesca?, porque había algunhas ó mellor que se se collía muita seba non podían... dificultaballe a pesca ¿non?
R: A seba esa de limpo, esa que chamamos a seba, esa quen se encarga de... ó mellor hai pedra, o correolo ese é o que está pegado na pedra.
P: E para pescar é máis difícil con ela.
R: Ese evita muitas veces, ese correolo, de non perder os aparellos, porque cando queda limpia a pedra, como toque a rede nela xa está, fai rotura, e no verano cando está chea de correolo, queda enganchada no correolo e arranca os correolos.
P: E non queda firme na pedra.
R: É un amparo para os pescadores, xa moitos que van ás pedras a pescar como os trasmallos, eses pois correolos, largan polo arredor do correolo está o peixe.
P: Está no medio.
R: E móvese, e engancha no aparello, é donde habitan muitas veces, pero como esté a pedra seca é unha rareza que non enganche o aparello.
P: E falando de outras plantas que non son do mar pero si que son de cerca do mar como son os areeiros, que tipo de plantas producen os areeiros, así como o xuncos ¿non?
R: O xunco.
P: ¿Non? Non se produce nos areeiros, que prodúcen, os cardos.
R: Eses son tipos de terra.
P: De terra si pero xa en area, como polas xunqueiras e todo iso.
R: Eses areeiros son producidos polo mar, porque hai varios reducios no inverno, que se forman reducios coma se fora un vento fuerte que fai mover...
P: Si fai remuíños.
R: Remuíños, entón as maruxías unha que ven para abaixo outra que ven para arriba, eses buracos que andan a area movediza toda, despois fanse eses areeiros, alí está un pozo de agua, alí hai un monte de area.
P: Pero despois neses areeiros os que quedan así fóra á intemperie, nacen un tipo de plantas mui características delas ¿non?
R: Iso ten que estar mui no verano, porque sabes que no verano é cando cría a area e cando cría o musgo que queda, o que lle chamaban o musgo, pois empeza a coller un pouco de verdín... é coma un barco, un barco non limpas o costado do fondo tira á basura, pero a basura ten (inaudible) e despois...
P: E non sabe que plantas propias son dos areeiros, os cardos danse alí nos areeiros, ¿non?
R: Eses areeiros que hai aquí, tes o croque a ameixa.
P: Non pero as plantas, o que é as plantas, as herbas que nacen nas xunqueiras, cando os areeiros quedan xa fóra do mar.
R: Claro, son herbas.
P: ¿E ten así algún nombre concreto delas?
R: Non, tes o cardo, o cardo ese que está donde o mar non chega xa, si chega o tempo que seca hasta que veña o bo tempo.
P: E que outras plantas, ¿os xuncos? Non.
R: Xunco tamén.
P: Tamén da.
R: Os xuncos hai máis no seco, xa non lle toca tanto a agua salada.
P: Claro coa chuvia a agua dulce.
R: Está máis arrimado ós ríos.
P: E as camariñas aquí non as conoce.
R: As camariñas.
P: Hai un tipo de planta que lle chaman as camariñas.
R: Non conozco.
P: Non, nas illas si que se daba, ¿que outro tipo de plantas podería ser que se dera aparte da... ? é que eu non sei os nombres por iso quería comentar, o tromentero ese non se da, o tromentero, eso e de monte.
R: Todo eso que está ó lado do mar ten a época de verán e inverno, arena movediza ou herba, ou líquen, porque o mar muitas veces fáltalle as calorías no inverno, veñen as aguas frías, e iso non lle deixa criar, e cando ven o verán cría todo, todas as pedras crían musgo.
PEIXES
P: Igual que en terra, fai o mismo ciclo. Vamos a falar en canto ós peixes que produce o mar, hai varios tipos de peixes según se pesque ¿non? hai unha serie de peixes que van polo fondo, ¿non? son máis ben de fondo que de entre aguas, cales son mais ou menos, que peixes se acorda, a lorcha, a lorcha é peixe de fondo ¿non? e que máis, a solla.
R: A solla pero anda muito aboiada tamén.
P: Tamén anda aboiada, pero normalmente pousa muito no fondo.
R: Ese é o peixe que apalastra cando quere marchar ou cando ven perseguido, sempre tira ó fondo, trata de cubrirse, ó sentirse acosada tira ó fondo e apalástrase na area ou no fango, tápase coma se fora un mantel por riba del, para que non o miren, pero deixa unha cama, e esa cama é a que o descubre.
P: E acórdase así de outros peixes máis que sean de fondo, a anguila, e o congrio son...
R: A anguia é de fondo no arenisco, no fango.
P: É de fango.
R: É de fango, pero non é de pedra, o congrio sin embargo é de pedra, e a anguila non, a anguila é do limpio, e o congrio quere cachotes dun lado po outro, para meterse.
P: Para meterse nos laños ¿E así acordase dalgún máis?
R: Non sei.
P: ¿O berete e o rubio son de fondo?
R: Esa anda polo fondo pero anda na superficie tamén. Despois tes todo o marisco é de fondo todo.
P: O pulpo tamén é de fondo.
R: É de fondo solamentes cando non ven a comer. O pulpo cobíjase na pedra, nos laños, o que lle chaman os laños.
P: Os laños, como o congrio e o lubrigante ¿non?
R: O lubrigante cobíjase todo nos laños, coma se fora unha casa, vou a mariscar, salen do escondite que teñen eles e veñen á superficie, salen do buraco onde están, e veñen a mariscar e é o momento que se meten en peligro, mentres están no laño nadie os pode coller.
P: E volven sempre ó mismo laño.
R: Si teñen a cama feita alí e mentres non...
P: É sua casa.
R: É sua casa. Porque o pulpo mismo, hai que ver que cando o arranca Usté do... como lle dea tempo a meterse no agujero, con liña arrastro métese, e parte a liña e non sale.
P: E non salen, aférrase ó fondo e teñen estudiado para que se aferran e non...
R: Porque el cando se mete, métese polo hueco máis pequeno que hai, que poida meterse, e unha vez dentro fan unha masa, xuntan todo o cuerpo, rasos e cabeza e todo e non hai quen os arranque, hasta da a casualidad que o pescador de pulpo está pescando na superficie coa liña pescando e ven enganchado, enganchou a caranguexo, e soltouse, ó chegar ó barco sóltase, e non vai po fondo, busca o plan do barco, o sombraje do barco, coma se fora un laño, apégase á quilla e non hai quen o arranque, pégase alí e non hai quen o arranque, hasta que se solta cando mira que non tiran por el, déixase estar.
P: Faise firme no plan da chalana.
R: Da embarcación.
P: E que mais, a serrán tamén é de... fondo ¿non?
R: Claro, veñen a mariscar á superficie ¿non? vamos salen do laño, da pedra, ou do arenal, e veñen a mariscar, ahora cobíjanse sempre no fondo.
P: Fai niños incluso ¿non?
R: Fai.
P: Fan niños de area, de area e sebas, fan niños redondos como os páxaros.
R: Todo o peixe de mar ten o seu instinto, a sardiña mismo cando sinte mal tiempo, cando sinte malo, tírase ó fango, á altura, e despois está comendo fango, e cando sinte mal tiempo, porque nosoutros mismos temos a prueba na costa de Portugal chegamos un dia pola mañan alí a traballar e topamos uns xeiteiros en Leixós, estaba levantando as pezas e levaba as pezas, entón nos largamos a rede, era do defunto de Pazos, fixemos un lance ó lado deles, marcharon, como levaban tanto peixe mallado... e non collemos nada máis que sebas, e despois fumos a xunto un "mira, vai na tona, mais canto mais blando sea máis se clava" decíanos el, e que estaba clavada no fondo, no fango hasta aquí hasta o ombligo, e despois co rabo dalle para baixo aínda para que non moleste, entonces o xeito como o pescado está comendo fango e ten o rabo para arriba, ó tocarlle no rabo a rede revírase, entón cambia de cabeza para arriba e ó cambiar a cabeza como ten a rede xa se (inaudible) a rede.
P: ¿Acordase así de mais peixes de fango e de fondos?
R: Hai tantos.
P: E os que son de aquí das beiradas, os que andan por cerca de mar, por cerca de terra hai outro tipo de peixes que non hai por fóra ¿non? ou chegan todos a comer a terra.
R: O peixe cando se mira acosado métese. O muxo.
P: O muxo come muito na plaia, é dos que mais cerca, cando está subindo a marea veñen eles.
R: E como veñen ós muelles, que ás veces os muelles están... no verano hai moitos de muxos, pero é un peixe mui vivo.
P: E o aserrán tamén se acerca, e mais os buracitos ¿non?
R: É peixe máis vivo.
P: ¿E así entre augas que non sean de superficie e non sean de fondo, hai un tipo de peixes característicos? ¿Os corbelos de donde son?
R: Son da pedra.
P: Son de pedra, de fondo.
R: Pero ten a superficie, usa mais a superficie.
P: Usa bastante a superficie así entre augas ¿non? e os chinchos tamén, e os xurelos.
R: Si tamén superficial.
P: Superficie e agua ¿E as rabalizas?
R: Tamén da pedra, da pedra e mais (inaudible) a min o que me satisface máis son os arroaces, eu considereino como o peixe máis listo do...
P: Do mar.
R: Do mar, porque parece que falan coas personas.
P: ¿Sí?
R: Xa sabe cando tes o peixe engadado non che veñen a comer.
P: Os arroaces.
R: Si. Non che veñen a comer cando estás engadado, teñen alí e non... veñen a comer cando tes (corte)
P: O arroaz vai a comer cando o peixe está cercado, cando non pode escapar.
R: Ti poste a engadar, e ven o peixe a comer, e queres largarlle o aparello, pero están alí os bichos e non che deixan largar o aparello, porque se llo largas ó ter ó peixe cercado, rómpeche o aparello todo.
P: Rompen todo, lévanno todo.
R: Primeiramente déixanche largar a rede, coma se falaran talmente, e desvíanse, estás aquí e eles marchan para o muelle, pero teñen unha vista fenomenal, e muitas veces "a ver pa onde van os bichos, a ver ter cuidado, para onde van" poñense a largar a rede, e namais que é un cuarto de hora, pero están atentos eles e coa misma agáchanse, agáchase e coño ahora marcharon ahora non se miran, e cando miras subir un ó lado da embarcación, veñen por debaixo, vanse acercando ó niño onde estás engadando e non se meten, porque o peixe non está preso, porque o peixe aquel ó sentilos tamén lárgase tamén, eso de largar, cando estás máis confiado danche unha paliza, que vas á terra co aparello roto todo.
P: Pero á lancha non lle fan nada ¿non?
R: Non.
P: Eles solamente van ó peixe.
R: Hasta deunos por tirarnos ó mar, agarrarnos ó corcho, á parte do corcho ¿non? E cos bichos a trabar no aparello e tres homes polo corcho e ós homes non lle tocaba, pero marchar non marchaban.
P: Eles iban ó peixe ós homes non, o home non era peligro ningún.
R: Os homes non lle facían peligro ningún, nunca un bicho nunca atacou a un home, e mira que eran centos de bichos ¿eh? saben que está preparado, eu (inaudible) coa lancha da tabacalera, porque rompían os aparellos todos, unha vez aquí frente á lonja do Berbés, estábamos máis de 20 embarcacións sen poder largar co pescado cobijado todo, esperando a que marcharan, e nos foramos a pedir permiso á comandancia da marina para que nos mandara a lancha da tabacalera para darlle unha batida a ver si...
P: Espantaran.
R: Para espantalos, e veu e fixeron muito beneficio, estabamos todos preparados para largar as redes e empezaron a prepararse todos eles tamén, un aquí, outro alá e outro abaixo, mentres tiñas o peixe engalado non se metían co peixe, pero ó ter o peixe encerrado hasta rillaban os plomos, e veu a lancha que solicitamos, a lancha de tabacalera, coas metralletas, e inda non mirábamos a lancha, e empezaron eles a saltar para un lado para outro, contra a illa, todos contra a illa, "que pasa aí que pasa aí", xa sentían cando desamarraba do náutico a lancha.
P: Os motores.
R: O motor, non sei, polo ruído do motor mira, polo motor ¿eh? despois traballamos tranquilos, algúns apareceron mortos en Barra, de alí a uns dias apareceron mortos en Barra.
P: Si porque os ametrallearon.
R: Os ametrallearon.
P: ¿E así de outros peixes que andaban entre augas, que había os bogóns tamén son de entre aguas?
R: ¿Os?
P: Os bogons.
R: Os bogóns tamén son de entre aguas.
P: E o bolo, o bolo era mais de...
R: O bolo é máis de superficie.
P: De superficie, pero o bolo houbo unha temporada que se enterraban na area ¿non?
R: E que se cobijaba, non se enterraba, se cobijaba.
P: Porque eu acordo incluso coller na plaia do Con, ó baixar a marea no medio da area estaban enterrados alí.
R: Si moitas veces, ese non é peixe de fango é peixe de sal, de area.
P: De area si. E enterrábanse alí para cobijarse, pero quedaban en seco hasta que subira a marea.
R: Ó subir a marea subían eles tamén, había algunha vez que ibas ós croques e levantabas a area e collías tamén bolos.
P: Cantida de bolos ¿non? e os chocos que eran de fondo ou tamén andaban entre aguas.
R: Ese é peixe de fondo.
P: De fondo, e as luras, ese é de entre aguas.
R: Ese é entre aguas.
P: ¿E así outro tipo de peixe que pudera andar entre aguas?
R: Todo ese tipo de peixe como o bocarte e todo ese é de entre aguas tamén.
P: ¿E na superficie normalmente os que máis andaban pola superficie cales eran, os muxos?
R: Porque o muxo ese é un peixe que come...
P: Está en todas partes.
R: Anda muito co zume da... diso que cría as aguas quentes no mar, muitas veces no verán coas aguas quentes fórmase un lago de dúas aguas, e fan unha ralleira, esa ralleira pois xunta muito lixo, diso encarnado que chaman camarón e iso, bichiños pequenos, e ese fango que lle chamamos nosoutros xarabales, comen todos alí e comen toda esa basura, e bótelle Usté comeduría e non comen, pero ó collelo, á hora de collelo xa está rebentado de todo.
P: Xa están comidos, están cheos.
R: Rebentan todos.
P: E eses xarabales a maioría que son de peixes que son migratorios, que non son propios da ria, que pasan pola costa, entran...
R: Eses xarabales é un peixe que ven na superficie, chamámolle xarabales porque ven todo na tona, ven todo na superficie arrastrándose.
P: O xarabal pode ser de xoubas, de rinchas...
R: Rinchas, de muxos, de todo, ven unha cantida por arriba e ven máis por abaixo, e outra cantida por abaixo, nunca veñen os da superficie solos, hai veces que traen unha cantida de 4 ou 5 metros de altura.
P: ¿E que tipo de peixes son os que entran na ria, os que son migratorios? e decir non se producen aquí na ría senón que ó pasar entran, como son as sardiñas e as xoubas.
R: Ese peixe despois desova, despois de que desova, críase aquí, porque desova muito aquí.
P: Viña a desovar aquí á ría.
R: Muitas veces desova o peixe grande, e o peixe cando desova aquí pois amiga, ven o inverno e vai a coller calentura, pero a cría déixouna aquí e moitas veces cando ven o mal tiempo tira o desove vai coas aguas corrientes, e ven ás plaias e a todo, a sardiña e o bocarte e o chincho, son muitos bichos a comela.
P: As cariocas, a merluza tamén eran desa, de...
R: A carioca de pescada.
P: De pescada.
R: Si do alto, do cantil.
P: ¿Pero tamén era de peixe migratorio?
R: Ese é de... van directamente ós fangos, á altura.
P: E cando entran na ría ¿a carioca é de fango tamén?, porque a carioca é peixe migratorio tamén, entra na ría, e a pescada ¿non?
R: Entra porque algunha pescada que ven na ría mui poucas veces, solo cando son as aguas calientes, un pouco está desviada de Cíes, e xa se cobijan en Cíes, e collen profundidad enseguida porque é peixe de arrastre.
P: E a sabenlla, as sabenllas é un peixe que prácticamente desapareceu, e non servía para nada.
R: Eso non sirve para nada.
P: Todo espiña.
R: É todo espiña, a sabenlla é todo espiña.
P: ¿Que viña no medio dos xarabales?
R: Viña no medio dos xarabales, porque ese peixe todo a rincha, os muxos, todos están comendo do desovo da sardiña, a sardiña desova e mentres están comendo todo, despois as aves, que todas as aves do mar, todas as aves que hai comen as sardiñas, como todo ese naciente que hai, como o atún, como o bonito, como a lubina, como as aves del cielo, todos comen sardiñas.
P: ¿E eses entran na ria? Non, o bonito non entraba na ría.
R: Eses andan de corriente, recorren, cando se miran cobijados pois recorren, e miras ti o mascato que se tira de 50 metros ou 100 metros de arriba para chegar a 10 metros...
P: De profundidad.
R: De profundidad.
P: E alcanza tanta profundidad.
R: Tíranse desa altura e van aínda despois de que estean no mar, nadando coma se foran na superficie coas patas de... cando o miro salir cun peixe na boca da gusto, os pitorros, os corvos.
P: Diso habemos falar noutro momento tamén. Do das aves, en canto á seca, cando había unha seca aparte do marisco ¿que tipos de peixes se collían, por debaixo das pedras e nos laños que quedaban á seca?
R: Todo, todos os laños que quedaban secos, durante a seca, uns levaban anzuelo para pescar e meterlle no laño unha vara así de larga, ou máis larga, con unha sardiña agarrada na punta da vara e un anzuelo, entón vas metendo caña, facendo onde está o buraco, porque métense polo buraco das pedras, se acaso a un metro é donde está algún cobijado.
P: Un pouco de agua que lle quede si.
R: O niño téñenno a se acaso dous metros ou tres metros, e mírase o laño aquí, e vai zuscando cando el ven atrás da caña, sale do niño e ven polo buraco arrastrando para fóra, que arrastras a vara ti e mais o isco para que veña para a superficie, claro cando ven a trás do anzuelo tenno enganchado, ó enganchalo pois sale afora, e alí é cando...
P: Cando o colle.
R: Cando o colle.
P: Coa man xa.
R: Coa man pero ten cuidado non sea un congrio.
P: Un congrio ou un zafiro, ¿en que se distingue un congrio dun zafiro?
R: En que é máis bravo.
P: ¿Mais bravo cal?
R: O congrio.
P: O congrio. Mais negro ¿non?
R: Mais e... non ataca tanto, o congrio ten cuidado cando o collas que te pode morder e o zafiro non morde, cóllelo coma se fora unha anguila.
P: E o zafiro é máis azulado ¿non?
R: Si é máis azulado, o congrio é máis negro ten a piel máis negra.
P: E o congrio e o zafiro e a anguía son de seca tamén, cóllense na seca eses peixes ¿e o pulpo tamén?
R: ¿O pulpo?
P: ¿Na seca?
R: O pulpo se cólle na seca.
P: Na seca ¿E as lorchas?
R: As lorchas esas tesnas que coller co aparello.
P: Pero debaixo das pedras tamén se collen.
R: Debaixo das pedras se levantas unha podes coller, ou nunha pociña de agua que quedou.
P: A lorcha e a martilonga ¿non?
R: Si a martilonga, se nace o mar, pero aquí quedou unha poza cando baixou, quedou alí a comer no niño e non salen de alí porque montan o buraco que ten e tropezan co seco, entón ten que se cobijar, ten que ter agua senón.
P: Si que incluso as lorchas soen desovar, a mirilla póñenna debaixo das pedras.
R: Si.
P: E que máis se collía na seca, porque despois xa nécoras, centolos, bruños, bois e todo iso.
R: Na seca todo colles, todo o que mires á vista todo colles, colles a vieira.
P: A vieira tamén.
R: Colles a zamburiña, que é un tipo de vieira ¿non? zamburiña é o mínimo tipo vieira ¿non? Como se foran as crías, e se o aparello cóllese, porque a vieira é un peixe que levántalo, revíralo (inaudible) por debaixo dela cando está coa planta, cando está co cu pa arriba...
P: Co plano si.
R: Méteslle a (inaudible) por baixo e cando está así telo que tumbar, coa barriga dada á volta, porque é un peixe... voa, ese peixe voa, cando está así abre as súas alas.
P: As cunchas.
R: As cunchas, abre.
P: E vai escapando, fai como o choco ¿non? Escapa para atrás, ¿acórdase de tipos de peixes que hoxe non existen que desapareceran xa do mar ou que quedan poucos?
R: Xa tes aquí un ben reciente, xa tes un aquí ben reciente, hai poucos anos que desapareceu.
P: ¿Cal?
R: Unha calidade de peixe que abundaba moito, o espadín.
P: O espadín si, hai moi pouco si.
R: Vamos e tanto ese peixe aquí nesta ria abundaba.
P: O bucareu tamén.
R: O bucareu inda hai manchas del.
P: Si, o ano pasado inda hubo, este ano non se mira muito. E a sabenlla pode ser outro peixe tamén que desapareza.
R: Bueno ese non era un peixe que tuvera moita aceptación.
P: Non valía, claro.
R: Era mui espinal, pero o espadín ese foi a abundancia de anos e anos, invadíanse as rías no inverno, cando viñan os suroestes e iso viña aquela pandilla de arroaces, ou de arroaces, de mascatos, que hasta voaban para abaixo, porque o mascato é un ave que canto máis alto estea mellor mira, cando o peixe vai na superficie mira pouco, pero cando o peixe vai a ras de suelo, é cando... entón é cando mais sube, para ter capacidad para mirar...
P: Para mirar o fondo.
R: Para chegar ó fondo.
P: E así había outros peixes, ¿cabaliños de mar había antes aquí?
R: Había uns cabaliños que eran pequenos.
P: Pero iso desapareceu.
R: Ese é peixe de rapeta.
P: De rapeta, pero non se comía.
R: Había algúns que os comían, botábanlle a cabeza e comían, era un peixe mui seco.
P: E que máis peixe ¿acórdase así algún peixe máis que... hubera antes e hoxe non hai xa?
R: Tes o berete.
P: ¿O berete? Si cada vez hai menos.
R: O berete é un tipo así coma ese, o que ten encarnado por aquí, un corte encarnado, sabe bastante ben ese tamén.
P: O berete desapareceu, e a pescada da ría tamén, xa non queda nada.
R: A pescada é un peixe que xa é de altura.
P: Si pero de vez en cando con unhas pezas inda se collía.
R: Si cando ibas á unha illa, como nas Cíes ou en Ons, pero aquí na ría tomabamos unhas pescadillas pequechas, cando collías bastantes antes era cando andabas coa arte, porque ós espadíns se lle chamou pescadilla.
P: E non se acorda mais de... de peixes que hubera fai un tempo e hoxe xa non existan. (corte)
(Outro día)
P: Estas son de aquí, si.
R: Estes son os botes ¿non?e as traineras son estas tamén, o que pasa que cando o aparello abordo para terra, por aquí sacan os aparellos, o barco estaba coa popa pa terra, e poñían un remo con un home no mar, e despois para terra e tendendo, iban tendendo polo que iba baixando a marea iba quedando en seco e tendendo, pero foi dúas horas, máis non, mentres escunchaban o peixe, o quiñón de peixe, xa estaba o aparello seco, un home solo levaba o aparello ó lombo.
P: Si aparellos pequenos.
R: Pequenos, son pequenos.
P: Bueno xa fai máis dunha semana ¿non? que non falabamos, ahora xa está ben, eu xa o topo a la mar de ben xa, ahora pouquiño a pouco comendo algo máis, dentro de pouco xa se anima, xa está máis animado, mire, a última vez estuvemos falando, a semana pasada era dos peixes así que mais ou menos desapareceran, a min quedoume algo, unha pregunta atrás sobre os tipos de caramuxos que podía haber, especialmente os cornos, antes collíase uns cornos...
R: Viña volantes.
P: Que eran como caramuxos enormes, grandes.
R: Caramuxos, eu xa non acordo como eran, pero claro eran caramuxos grandes, que se collían cando a xente iba a plaia nas mareas vivas, quedaban as pedras así por Tirán e por aí, e topábase os caramuxos, esos collíannos apegados ás pedras.
P: Si e había caramuxos que lles decían bravos, e os que se comían eran negros.
R: Comíanse de todo.
P: ¿Todo?
R: Os caramuxos, todo.
P: Había uns que son de colores, pequeniños.
R: Eses coménnos, mira eses caramuxos comíannos crús todos.
P: E os cornos, o que eran os caramuxos grandes, ese tipo de cornos, despois usábanse muito para tocar nos barcos ¿non?
R: É que rompíanlle a punta no cú como lle chamamos nosoutros, e sacábaselle a comida toda, e o partían pola punta, e comúnicábase muitas veces coa niebla un barco con outro.
P: E había os cornos, había uns toques diferentes, sabíase ó mellor para chamar pola xente cantos toques daban, ¿non? e cando era pola niebla dábase un toque de vez en cando.
R: Cando era pola niebla algunha vez para contestar ¿non? porque andabas sempre pola costa, neses barcos de remos andabas sempre pola costa ¿non?, para a entrada e para a salida, máis que nada para... hasta Cangas, despois xa tiñas que coller outra dirección, pero comunicábaste, eu muitas veces iba escoitando por se viña un barco contrario que salía de lado túa tamén.
P: ¿E cando se chamaba polo xente po mar non se tocaba o corno tamén? ¿ou cando chegaba o barco de vender, tocábase os cornos ou non?
R: Ese o corno é mui antiguo, mui antiguo, eso do corno de chamar polo corno, esa mención que dices é antigo, porque antes de haber as traineras, antes de haber as traineras, que había o boliche, e o boliche andaba á sardiña tamén, e cerco, o boliche é cerco tamén.
P: Si xa mo dixera.
R: E cando había o boliche ese... e o corno muitas veces o usaban as pescantinas, estas que vendían o peixe polas aldeas, era a única plaza que había, están os barcos aí, están os barcos na plaia, aí ven un barco e compráballe x peixe en terra, e xa non iban á plaza.
P: ¿E usaban o corno para chamar pola xente a vender? Sabíase que estaba ela alí.
R: Porque había muitas mulleres que se dedicaban a comprar na plaia en patelas grandes e levaban o peixe polas aldeas, hasta iban a Domaio.
AVES MARIÑAS
P: E falando das aves do mar, vamos a falar un pouco das aves, había unhas que se comían como eran as gaviotas, esas comíanse, pero había outros tipos de aves como era a chirla, ¿a chirla que é, a filla da gaviota?
R: Filla da gaviota.
P: Esas non se comían.
R: Comíase a gaviota porque era un costumbre que había, pero despois máis tarde xa non o houbo, con respecto ó mar empeza polo mascato, de aves.
P: O mascato que era máis grande que a gaviota.
R: Mais grande que a gaviota e con un peteiro largo, que ese case sempre anda con pescado, e andan a unha altura de 50 metros ou muitas veces 100 metros de altura, e van seguindo o peixe para coller, e cóllenno canta máis altura fagan, máis profundo vai o peixe, e tírase de aquela profundidad de 50 metros ou 60, e indícan o peixe, indicábannos o peixe muitas veces.
P: Por iso que é a onde iba eu, Usté se miraba que houbera algún mascato, unhas chirlas unhas maragotas Usté sabía que había peixe alí.
R: Claro, indicábannos que había peixe, porque eles sempre andaban por encima de ese pescado, a gaviota, o mascato, a pardela.
P: ¿A pardela tamén anda muito no mar?
R: A pardela é coma a gaviota, a pardela nunca está quieta no mar, sempre anda volando, e se declina é que hai pescado, despois as chirlas muitas veces cando está o peixe na superficie, indican porque se tiran como o mascato ¿non? Tíranse.
P: E non van tanto ó fondo claro.
R: Non van tanto ó fondo porque non teñen altura, o pitorro.
P: O pitorro si.
R: Hai tres ou catro clases de pitorros ¿non? hai un que lle chamaban o carolo que era mais pequeno, pero sempre tiña un momento que indicaba que alí iba peixe, e muitas veces pois andaban buceando porque eses non se tiraban do aire, eses voaban e buceaban.
P: Eses nadan e despois bucean.
R: Nadan e bucean.
P: Por iso chámanlle sucholuis tamén ¿non? ó pitorro.
R: ¿Como?
P: Ó pitorro chámanlle sucholuis, o pitorro... ¿que outro nombre ten? non sabe.
R: Ten o pitorro, nos chamábamoslle pitorros, carolos.
P: ¿O pitorro que é unha ave?
R: É unha ave, como a gaviota, coma a chirla, coma iso.
R: Si, si son negros e...
R: E muitas veces pois tirábanse a bucear e salían coa sardiña na boca, inclinando parecía que lle decían ós mariñeiros que alí iba peixe.
P: Que alí iba peixe ¿non?
R: Porque poñíanse a dar así cos brazos, enseñando a sardiña que tiñan na boca.
P: E según ¿guíabanse polas aves para saber se a veces había mal tempo ou bo tempo?
R: Non, o mal tempo conocíalo cando viña...
P: Polos ventos máis ben ¿non?
R: Polos ventos.
P: Así polas aves, se non había aves no mar ó mellor quería decir que non había peixe.
R: Non porque andabas pola costa, se anduveras pola altura tiña significado de altura, podía... os navegantes moitas veces topan en verano máis suspensión de... e mais o pescado porque hai máis calorías, e no inverno tíranse máis a costa ó abrigo, veñen ó abrigo, porque tes aquí o pitorro ti si...