MAR VIVO

ENTREVISTAS CON :

ANTONIO JOSE BERNARDEZ VILLAVERDE 92 ANOS

PARROQUIA DO CARMEN

· A función dos rapaces no barco

· Descripcion do changüi

· Os barcos de remo podían cargar ata 120 cestas

· Os barcos da ardora podían coller ata catrocentas cestas

· 0 alquitranado dos barcos

· Cada armador tiña dous ou tres aparellos

· As atadeiras reparaban os aparellos antes de encascalos

· 0 cargamento nos balandros facíanno todo ó lombo

· Os asteleiros de Meira e Domaio encargábanse de calafatear os barcos.

· As madeiras eran de carballos, menos o vance que era de pino

· As traiñas eran de pino

· A medida máis pequena da lonxa era o queixón de 50 quilos. A cesta tiña cen.

· Os vales pola venda da lonxa cobrábanno os sábados

· As patelas era unha medida para enche-los queixóns ou cestas

· A ducia,cento, quilos e milleiros son medidas usuais da praza

· Os bogóns era vendidos por milleiros as peixeiras.

· 0 crongo e a anguía vendíase por quilos

· Cando trouxeron as traiñas de Asturias, xa viña con elas as normas para o sistema de cobros

· Descripción da puxa na lonxa

· Descripción do reparto. 0 armador levaba nove partes e os mariñeiros o resto, Habia un corretor que levaba as contas dos mariñeiros

· Facían as contas ó fin de semana

· 0 piqueiro que ía a proa das traiñas levaba media parte máis no reparto

· Si perdian de ir algún dia ó mar, descontábanllo

· 0 parar a xeifa o armador encargábase do mantemento do barco

· A xeifa remataba sobre agosto, cando empezaron ir a Leixós ata inicia-lo inverno

· Antes da chegada das traiñas era diferente. Daban o quiñón

· Cando andaban a arte apartaban un salabardo para repartilo entre a xente que ó mesmo tempo levaban en salabardos máis pequenos o peixe

· 0 changüí era unha compensación económica

· Nos barcos de máquinas o reparto era da seguinte forma. 20 partes para o armador e 25 para a tripulación, previo desconto dos gastos.

· 0 repartos para os rapaces era a mitade ainda que moitas veces se lle compensaba

· Un barco levaba 18 homes, ainda que a veces houbo que turnar tripulacións para satisfacer a todos

· A parte do patrón pagabana o armador. 0 gasoil, tamén e os seguros eran sacados do monte maior

RAPACES

P: ¿A función dos rapaces?
R: A función dos rapaces era estar ó servicio do patrón.
P: ¿Cantos rapaces levaba cada barco?
R: Un ou dous.
P: Un ou dous si.
R: Sempre poden ser, se eran fillos de...
P: De mariñeiros.
R: E sempre ó terminar, ó marchar a xente, e ó amarrar o barco no puerto, eran eles os encargados de limpiar o barco.
P: Eles se encargaban de limpiar o barco, e de amarralo.
R: Amarralo xa o patrón.
P: Amarralo o patrón, e cando se levaba ó morto igual, eles limpaban o barco no morto...
R: Limpaban a parte de cubierta.
P: Si a parte de cubierta, o baldeaban vamos.
R: Si baldealo e iso... limpialo.
P: Despois viñan para terra en chalana.
R: Pois na misma chalana de servicio que tiña o barco viñan para terra, e os rapaces se non terminaron pois iban para abordo e limpiaban outra vez, non estaban a servicio dos caprichos de calquer mariñeiro claro, porque cada un tiña a sua función.

DISTRIBUCIÓN DA PESCA

P: E normalmente os rapaces cobraban a mitad.
R: Dábanlle media parte tres cartóns.
P: Media parte e mais así un pequeno changüí polos traballos extras que fixeron ¿non?
R: O changüí era (inaudible) todo, o changüí ¿non? o que había eran tres cotizacións, había o changüí propio, polas cantidades que se capturaban, porque había o contrato, de dez cestas a xente levaba unha de comer en pescada e outra de changüí, e o armador levaba unha sola.
P: E quedaban para vender tres.
R: A ver se me entendes, ahora saliamos para o mar, collíamos dez cestas, vendemos as dez cestas, pero non queda ningún peixe para comer, entón quedaban nove e non podían, é preferible botar as dez cestas para levar o changüí, porque si son nove cestas, ou si son once cestas, e non levan para comer... porque era de once cestas de pescado que había, contando once cestas, o mariñeiro levaba dúas de changüí e unha de pescado, tres, e o armador sempre levaba unha, aínda que tomara dez, que tomara vinte, que tomara cen, o armador sempre levaba unha.
P: Eles de cada vez unha.
R: Eles botando once... vamos a ver ahora está botando o pescado para terra, e bota, teñen once cestas botadas, e non hai pescado para comer, non chegou para a cesta que lle corresponde ós mariñeiros para comer, téñenna que roubar unha cesta ó do changüí, pero o armador quéixase, porque leva unha cesta de máis, a xente leva dúas e mais o armador leva unha, roubándolle el do montón.
P: Claro van ó montón.
R: Ahora tómase 50, toma 60 o armador sempre leva unha solo, a xente leva dúas cando non leva catro, porque ás veces cando hai cantida pois non miras a cantidad de pescado que vas a... a veces traese unha patela chea de pescado de comer, non unha cesta sola, xusto xusto é un changüí.
P: ¿Mais ou menos cantas cestas levaba un barco a remos, unha trainera destas, cantas cestas era o máximo que podía levar?
R: Pois os últimos barcos de remos levaban hasta cento e pico, cento dez, cento vinte.
P: ¿E os de máquinas?
R: Os de máquinas había... cando se traballaba en Leixós eran de 400 cestas. Con este...
P: ¿Ese que era o "María del Carmen"?
R: Si o "Maria del Carmen". Truemos 310.
P: Foi o máximo que chegaron a pescar 310 cestas.
R: O máximo, muito démolo, collemos cando truemos 310 entre os barcos que estabamos alí 1070 entre os que viñamos, fixemos o reparto e despois... 1077.
P: ¿1077 cestas nun barco solo?
R: Si pescado no aparello.
P: Ai pescado no aparello.
R: Nosoutros collemos enchemos todo e démosllo ó outro, o outro deullo ó outro e sumamos todas as cantidades e mil e pico de cestas.
P: Mil e pico de cestas co aparello, que non puderon cargar claro e foron repartindo nos outros barcos. Eso debeu ser impresionante ¿non? mirar todo ese peixe.
R: Sen dar nada ¿eh?, sen dar nada de compensación ningunha.

REPARACIÓNS DO BARCO

5-28 P: E quen se encargaba da limpeza do barco aparte dos rapaces, porque despois o barco había que limparlle os fondos, había que darlle patente, alquitrán e todo iso.
R: Iso era o armador, por conta do armador.
P: Iso o armador, e aí os mariñeiros non entraban ¿non?
R: Non entraban, na reparación de barcos, de pintura e do coidado dos barcos sempre era o armador.
P: Que avisaba a outra xente ou pagáballe a uns mariñeiros máis.
R: Tiña xente, tiña fillos ou xenros, ou iso.
P: Para pintalo, para darlle alquitrán e todo iso.
6-03R: Había algún achegado ó cabo da partida dábaselle un par de duros ou unha compensación e axudábache un dia a limpar o barco, a amarrar o barco e iso, vamos sempre un quiñón.
PISTA 2
P: E o alquitrán ese antes fervíanno en potes ou queimábase en potes na area ¿non?
R: Ese alquitrán había que ter muito cuidado con el, podíase dar as veces que plantaba fogo no pote.
P: Por iso.
R: Potes de ferro, e descuidábaste un pouco e plantabas fogo no pote, e prendías todo.
P: ¿Esa brea e alquitrán era o mismo? ou a brea era outra cousa.
R: A brea é outra cousa.
P: É outra cousa ¿Para que máis se daba a brea? Para que se daba o alquitrán e para que se daba a brea.
R: A brea era para entaponar máis, facía máis tapón, o alquitrán era para curar, ó poñelo ó sol a madeira abría.
P: A madeira toda do barco.
R: A madeira abría, e as cubiertas abrian, pero despois ó darlle o alquitrán coa brea, a brea metíase entre as rejas...
P: Si das xuntas todas.
R: Das xuntas, entón taponaba.
P: Taponaba.
R: Era para taponar a brea, ademais o alquitrán é para curar e a brea é para taponar, a brea tapona os agujeros, muitas veces colles un buraco ou calquera cousa, un buraco ou un trastazo que deches, colles unha pouca brea e un envase de estopa e unha pouca area e fai unha pedra, canto mais húmedo estea máis duro está.
P: E dábase tamén por fóra ó barco, ou por arriba.
R: Mais por cubierta.
P: A cubierta donde lle pegaba máis o sol claro, ¿e limpaban a menudo os barcos?
R: Todos os anos.
P: Unha vez ó ano.
R: Unha vez ó ano. Antes de ir para o mar dabas pintura, pintábase o barco, lavábase todo pintábalo de novo coma se foras a vestir un traxe novo, como cando vas a romería.
P: E aí cando pintaban os mariñeiros non entraban, o armador xa tiña xente de man que se dedicaba muito a iso, a pintar os barcos ¿non?
2-11 R: Muitos mariñeiros, que eran mariñeiros se acaso de tres ou catro anos na túa compañía, e axudábanche a calquera cousa ¿non? ou muitas veces que había que auxiliar un aparello porque non tiña auxiliado o aparello se acaso levabas dous meses sen auxilialo e a humedade a aquela rede facíalle muito daño.
P: E os aparellos eses antiguos antes de encascar levábanse a secar ¿non?
R: A secar si, a poñer en seco.
P: En seco, ¿e que levaban xa todos os mariñeiros ou era outra xente?
R: Non eso era cousa particular, o que non era para pescar...
P: Era do armador.
R: Ahora non andando o mar, andando ó mar polo menos cada armador tiña tres aparellos, tres aparellos que non fan nin un cartón dos outros que hai ahora, que había ahora, porque o aparello se un home o leva o lombo, vai outro colle o aparello e metíano na chabola.
P: Iba ó lombo e metíano na chabola xa, e sin embargo estes aparellos, quitando cando estaban a secar despois ¿eran os propios mariñeiros quenes o levaban a encascar?
R: Non.
P: No secado e no curado...
R: Cando había que encascar un aparello tiña que estar dous ou tres dias na casa a reparar, porque tiña roturas entón tiñas as mulleres.
P: As atadeiras.
R: Collían por un chicote e terminaban polo outro, para reparar os aparellos, entonces estaba a casca fervendo, que a facía o armador para encascar, e ó acabar as atadeiras de reparar o aparello había un que lle chamaban Jesús "O Balduqueiro" que era quen halaba os aparellos do pilón ó encascador, porque había un pilón así, que a casca botábase naquel pilón e despois ibas mollando o aparello, non cabía todo o aparello ¿non? o que cabía.
P: Había que andar ós poucos.
R: Así iba halando o aparello o home, así medio quente que se mezclara ben, e iba así terminando de encascar o aparello.
P: Suso "O Balduqueiro" que foi o que quedou cego.
R: Quedou.
P: E o traballo que facía el era encascar.
R: Dedicábase a encascar.
P: Era o que se encargaba, non iba o mar el e se encargaba sempre de encascar os aparellos de todos os armadores.
R: Si de todos en general, outros encascaban eles mismos ¿non?

PISTA 3

BALANDROS

P: ¿E os traballos nos balandros eran mui diferentes ós dos mariñeiros?
R: Era mui diferente. Tiñan que andar... non tiñan carretas nin tiñan nada.
P: Iba todo a lombo.
R: Si, todo ó lombo.
P: Todo ó lombo, todo a forza todo.
R: E polas planchas aquelas que tiñan, baixaban os barriles da raba pola... acórdome eu aquí "Muiñeira" moitas veces poñer a plancha e vir con 30 ou 40, con case 50 barriles de raba alí...
P: De Ventura.
R: Bolealos pola plancha e despois bolealos hasta a casa, e co sangue de fariña...
P: Sangue de fariña.
R: Sangue de fariña ó lombo, sacos de patatas ó lombo.
P: Un traballo durísimo con tanto peso toda a vida. Vamos falar dalgo si se acorda da carpintería de ribeira, ¿aquí había muitos asteleiros para facer barcos?
R: Aquí o tipo para facer barcos había o Cabanelas de Meira.
P: Cabanelas de Meira, en Domaio había tamén ¿non?
R: En Domaio era muitos anos (inaudible), que se buscaban para calafatear.
P: ¿Para?
R: Calafatear, ¿sabes que é? a xunta da cubierta dos barcos de máquinas, para meterlle estopa, e aí é donde metían o... a brea e o alquitrán no arrastre, eran barcos coma de máquina todos ¿non? E durante a seifa tiñan un mes ou dous meses de repoblación, andaban á palometa, ó bonito e ó arrastre, dábanlle unha reparación e no carro pois logo... e eses de Domaio sempre de medios particulares, ubicábanse nesa zona e poñíanse os barcos e hala.
P: A calafatear.
R: Hai un home por aquí que vive aí no Real que ten así un pouquiño chepa, muitos barcos que calafateou moitos, esas xuntas teñen que levar alquitrán, porque despois ó inchar o barco, ó chegarlle a humedad, a brea empeza a enfriar e empeza a facer presión ¿non? E hai veces que teñen que levar eles mismos, levaban unha rasqueta de ferro con unhas puntas para rascar...
P: O que lle sobresalía cando...
R: Porque tropezaban os peixes.
P: E estes tipos de astilleros por aquí, estes que tiñan unha concesión de obras de puerto. Tiñan que pedir permiso ¿non?
R: O Casqueiro o vello, o sea o vello, e Fonteno Varela ese, dicen que e eu considero que o Casqueiro o vello e inda está ahora.
P Si inda queda ahora si.
R: Tiña por exemplo tantos anos, pero nunca se terminan os anos.
P: ¿E normalmente que tipo de construccións facían de barcos?
R: Facían chalanas, botes...
P: Chalanas, botes, traineras.
R: Traineras facían algunhas.
P: E os barcos eses despois da ardora, tamén os facían aquí ou comprábannos fóra.
R: Eu con este iba moitas veces ó Casqueiro, a calafatear a cubierta.
P: ¿E donde o fixo este barco?
R: Esta reparación que ten ahora aí fíxoma o Casqueiro.
P: O Casqueiro.
R: A proa fíxenlle unha reparación de 14 metros.
P: ¿De canto?
R: 14 metros.
P: E aí xa usaban outro tipo de ferramentas para traballar ¿non?

PISTA 4

P: ¿E que madeiras usaban mais ou menos para facer os barcos? que tipos de madeiras eran boas.
R: Carballo.
P: Carballo.
R: Roble.
P: Eran casi todos de roble.
R: E castaño algunhas, e despois...
P: Eso o que era o casco.
R: O que era o cuadrado, as costillas.
P: Si as cuadernas vamos.
00-24R: As cuadernas, despois o banzo de pino.
P: O banzo que é.
R: O banzo...
P: Son as táboas que rodean que iban...
R: O blanco todo ese, o casco.
P: Si ese é o que chaman o casco todo e o banzo que van pegados nas cuadernas.
R: Despois veu o pino blanco, despois veu o pino tea...
P: ¿Todo?
R: Si bueno pola cubierta pino roxo.
P: Pola cubierta pino roxo e o puente tamén.
R: Si o puente é tea.
P: É tea.
R: Antes facían todo de pino blanco, todo.
P: Era pino do pais sacábanno de aquí do monte ou traíanno de fóra.
R: E as traineras, as facían todas de pino, as cuadernas.
P: E os remos e todo.
R: Remos e todo.
P: Eu teño entendido que o Ferradas alá, o Ferradás e o Berdial que teñen feito cantidad de barcos.
R: Ferradas o vello.
P: O vello si.
R: Fixo muitos barcos.

PESOS E MEDIDAS

P: Mire vamos a falar dos sistemas de medidas e de pesas para comparar con hoxe, vamos a ver, cando cargaba o peixe a medida máis pequena que era a patela ¿Non? ¿Cal era a medida máis pequena?
R: A medida máis pequena en lonja daquela era o queixón.
P: O queixón.
R: 50 quilos, medíase un queixón por 50 quilos, vendíase na lonja por cesta, por 100 quilos.
P: Unha cesta...
R: Porque antes, non se medía por queixón, medíase por cesta, cestas grandes das que traían, levaban 100 quilos.
P: 100 quilos.
R: Entonces non se carretaba o peixe os carrexóns, os carrexóns chámanselle ós que van polas aldeas en burros coas alfargas cheas de pescado, que compraban o peixe aquí á noite e vendíanno pola mañan polas aldeas do interior.
P: Cargaban burros...
R: Eran os carrexóns.
P: Os carrexóns si.
R: Cargaban o peixe, comprábanno cando chegaba un barco co peixe para chegar vivo o peixe a...
P: Ó destinos si.
P: E marchábanse á Ribeira e salábanno, botábanlle un pouco de sal e cargaban as alforjas todas dos burros, tamén era andar toda a noite co burro polas aldeas a vender, despois veu a medida do queixón, pero a venda sempre foi de cesta.
P: De cesta.
R: De cesta levaba dous queixóns, a 50 quilos, porque o queixón para as fábricas é máis cómodo, porque solamentes era encher o queixón, eran dous homes, tiñan un queixón que tiña dúas asas así un pau e metíasno por aquí...
P: Ó lombo.
R: Si ó lombo, chegaban á fábrica abocaban, marchaban, e a fábrica dáballe unha tarjeta, unha targa, que era a targa ¿non? de metálico, de latón ¿non? e por esas ó terminares exigías o vale.
P: Dábanlle o vale para cobrar.
R: Para cobrar, e ti con ese vale ibas ó vendedor, ó que vendeu o peixe, porque a ti non te conocían de nada, ti conocías como traballador, porque alí quen representaba o peixe era o que o vendeu, e ti despois con ese vale que era o que che facía falta, ti ibas ó encargado dos mariñeiros, "A ver cantas targas tes, 4, 5, 6" do peixe que acarrexou, e sumaban todas e bueno pois temos, botamos 50 queixóns, 100 queixóns, son 50 cestas, entón a fábrica facíache o vale para o individuo que comprou non o vale para min que era o patrón, a nave por eles compraron a un vendedor, puxeron a subasta aquela cantida, e a fábrica comprou, e con ese vale vou ó vendedor "Págueme esto" e tirábache o impuesto que che poñía por vender, que era o 6% ó primeiro, e cobrábache, pagábache na man.
P: ¿E aparte da cesta ou queixón había outras medidas máis na lonxa?
R: No.
P: Non. Pero sen embargo había o que era dentro do barco, había as patelas que levaban os mariñeiros.
R: As patelas era...
P: O quiñon.

PISTA 5

R: Era do quiñón, para recoller o quiñón e despois eran esas patelas que había, eran para coller nun queixón e abocalas no queixón, no queixón de abordo do barco, ou na caixa donde está o peixe xunto, coller así con unha pouca agua, e despois abocar, para rellenar o queixón.
P: Para rellenar o queixón, entón usábase a patela mismo xa como medida de carga e ó mesmo tempo para levar o peixe, ¿unha patela canto... ?
R: Cinco patelas.
P: ¿Cinco patelas que fan unha cesta?
R: Un queixón.
P: Un queixón. E dez patelas unha cesta.
R: Dez patelas unha cesta.
P: ¿Unha patela aproximadamente levaba 10 quilos?
R: Levaría 10 quilos, pero non levaba máis, porque ó encher con agua non enches enteiro, o motivo da cesta, antes vendíase en cesta porque había uns homes que se chamaban os carrexóns, que eses compraban, ese vendedor dos carrexóns, e ti o do carrexon comprabache o peixe e despois tiñan de donde o compraron a donde o van a elaborar, o caseto, había veces que o escunchaban todo, e había eses homes que xa tiñan un pau, os estrobos, para levarlle o peixe de donde o comprou ó caseto onde están elaborando, porque aí había muitos casetes aí no Berbés, que compraban a sardiña do caldeo, máximo do caldeo porque compraban de día e elaborabanno de noite, e botábannos en cestas os queixóns botábannos en cestas, e por non levar o queixón solo levaban nesas cestas, e levaban dous queixóns, e levaban así con un pau e abocaban alí, e estaban as mulleres toda a noite a escunchar o peixe.
P: Entonces unha cesta aproximadamente levaba 100 quilos, tamén depende do tipo de peixe ¿non? ou ¿pesaba o mismo unha cesta de xurelos que unha cesta de xoubas? Non.
R: O mismo.
P: ¿Pesaba o mismo?
R: Se é de peixe menudo, sardiña, bocarte, todo ese peixe menudo, todo era de fábrica.
P: E pesaban o mismo máis ou menos.
R: E logo que outras medidas había, había a ducia por exemplo, para que se usaba, para medir algún tipo de peixe, vendíase algún peixe por ducias.
R: Por ducias se vendía solo nestas plazas.
P: Nas plazas, ó por menor.
R: Unha ducia de sardiñas, unha ducia de chinchos, polo regular traen 100 quilos en dúas patelas trae 100 quilos ou 50 quilos, e veñen así por quilos, muitas veces venden a cesta enteira que unha leva 5 quilos outra...
P: E os pulpos eses ¿que se vendían por liazas ou vendíanse por unidades?
R: Se vendían por quilo tamén.
P: Por quilo.
R: Primeiro o pulpo, "haber canto me queres por este pulpo", "pois 100 pesetas, ou 1000 pesetas, se che parece ben ou se che parece mal" non tiña... os polbeiros porque aí na parte de Cangas, Hio, toda esa parte do norte, dedicábanse a ir con botes ó pulpo e iban polas Illas e por aí, e traían 200 ou 300 quilos de pulpo.
P: E vendíase por centos ou por...
R: Non, non.
P: Por quilos igual.
R: Por quilos.
P: ¿E os caldeiros servían tamén de unidade de medida ou non?
R: ¿Os caldeiros?
P: Ou non, os caldeiros non se usaba para medir as capturas ¿non? ¿e vender por milleiros e iso, os bogóns e iso, ou tamén se vende por quilo?
R: Por millar tamén.
P: Por millar que se vendía, que tipo de...
R: O tipo desas pescantinas que venden nas plazas, collían un millar, dous millares e contábannos un por un, contaban un cento ou dous centos, porque unha pescantina compraba aí o espadín, ti tes un milleiro de espadín, outro ten catro... entón ela como se dedicaban polas casas a facer o reparto, por aquí por abaixo non porque son os pescadores, para ir ás aldeas iban polas casas, "¿Queres espadíns?" "E a como é a ducia" "A vintecinco o cento"
P: 25 o cento, 25 a ducia, ou 25 o milleiro, ¿non? Según dependera. E hai outro tipo de medidas ó mellor para o marisco, para o croque para ameixa, úsase tamén o queixón.
R: Iso os compradores.
P: Os compradores. E non sabe canto pode levar cada...
5-37 R: Según o tipo do queixón, tamén se usa a (inaudible) dame un cento de croque, dame un cento de lingueiróns, dame un cento de...
P: Ou de ameixas.
R: Ou de ameixas.
P: E non recorda así outros tipos de medidas que houbera, por exemplo para o congrio ou para a anguila, eso que iba por unidades.
R: Case case para a venda dos pescadores.

PISTA 6 COBROS E PAGOS

P: O outro día faláramos dos sistemas de medidas e de pesas da venta, hoxe vaime falar, a ver se se acorda de como eran os cobros ou os pagos, cómo se facían as partes, cando se vendía o peixe na lonxa, entonces se distribuía, había un sistema económico, unha parte iba para o barco, o armador, outra parte para o patrón, outra parte para os mariñeiros.
R: Cando viñeron este tipo de traineras de remos, as traineras.
P: Si, cando eran as traineras si.
R: Xa viñeron con un tipo un pouquiño grande ¿non? Lanchas un pouquiño mellores que estas.
P: Si preparadas para pescar claro.
R: Xa viñan co reparto feito de Asturias.
P: Os Asturianos xa traían...
R: Como xa traían o modelo de traballar nelas e de cobranza, a cobranza era a parte que lle correspondía ó armador e a parte que lle correspondía ós tripulantes, de maneira que se salía para o mar sen sueldo ningún, a pesca capturada e a pesca capturada íbase a vender á lonja, e había os vendedores que se facían responsables por orden dos mariñeiros, que se facían cargo da pesca que vendían, ó vender os armadores e os pescadores non tiñan nada que ver, accedían a vender e na puxa que (inaudible) os compradores.
1-45 P: As puxas que se facían na lonxa que eran de maior a menor ou...
R: Empezaban a vender por dez, iban nove, oito, sete...
P: Iban baixando.
R: De repente decían para, entón había eses que lle chamaban carretóns que se facían co pescado fresco ¿non? E despois había representantes das fabricacións, que compraban tamén para a fábrica, facíanse responsables os vendedores, quen ten que pagar é a quen lle comprou. E se cobrou despois tenlle que pagar as condicións ós tripulantes.
P: Eso é ó que vamos si.
R: Tanto para os tripulantes e tanto para a tripulación.
P: ¿Que acordo traían os asturianos cando truxeron as traineras?
R: Había por partes ¿non? Iban dez homes, pois dez homes a cómo toca, dez por dez os tripulantes, iban ó montón, dez para os tripulantes e dez para o armador, de aqueles dez se aumentaba máis o armador nunca levaba máis que nove partes, nin que foran vinte homes partíase vinte por vinte, vinte para os tripulantes, se foran 21 tiñan que repartir as 20, decíamos canto de monte maior hai que tirar, hai que tirar 20 para a xente e 20 para o amo.
P: A ver se me entendo. Na lonxa facíanse os cartos brutos, e eses cartos brutos...
R: Partíanse entre... 20 homes vamos a poñer, con nove que levaba o capital, o capital semrpe levaba 9 partes, sendo muito ou pouco, se había muito no monte pois repartían, 20 tripulantes que iban ó mar, con 9 do capital, eran 29.
P: Eran 29 partes.
R: E partían esas, sacaban 20 que é da xente e 9 do amo, 29 ou 30, vamos a usar números redondos, o armador pagaba os gastos que tiña como era o patrón, o patrón que era de pesca, non era dueño da embarcación.
P: Pagaba de esas nove partes que levaba.
R: De esas nove partes que levaba pagaba os seus gastos.
P: O armador pagaba os gastos, ¿e cales eran os gastos?
R: Aí todos eran á parte, non había sueldo de ningunha clase, se se pescaba tocaba parte, tocaba máis ou tocaba menos. Os mariñeiros dábanlle as nove partes do armador, e o armador de aquelas nove partes que lle daban, tiña que pagar os técnicos que poñía pola parte del, despois había un corrector nombrado polos mariñeiros, que era o que levaba a contabilidade dos gastos dos mariñeiros todos, ingresos e gastos.
P: Un corredor.
R: Un corredor, ese partía o changüí, gardaba o changüí cando había changüí, e duraba todo o ano, de maneira que se había un ladrón o principal era o corrector. Porque o corrector era o que chegaba a Vigo coa patela e iba a vender á lonja, e iba á lonja e dábanlle a nota ó vendedor que tiñan eles, porque muitos tiñan un vendedor, outro tiña outro, un individuo de responsabilidade para pagar quen comprase o peixe. Porque había individuos que lle chamaban carrexóns, que iban á lonja para comprar de noite para levar de día despois nos burros, nas faldas aquelas que teñen os burros.
P: Si nas alforjas todas.
R: Nas alforjas, cargaban de pescado e tiñan que mañan estar, viajaban todo o día de noite cos burros cargados, para chegar ás plazas fresco o día, ¿non?
P: As plazas de interior.
R: Se entendían os compradores e o vendedor. E ó cabo da semana, que se partía todos os sábados, tocaba facer contas, iba ese corrector, pola parte dos mariñeiros e confianza que lle da tamén o armador iba o vendedor, conta, tal día tanto, tal día tanto.

PISTA 7

P: Pagaban por semana.
R: Si por semana.
P: Non pagaban por día.
R: O sábado iba o mariñeiro, o corrector ese a cobrar os cartos, e o armador tiña a confianza nel de que cobraba, traía os cartos e despois facía contas, facía o reparto, entre o armador e os mariñeiros.
P: Si, pero non cobraban ó día, esperaban á semana, ó sábado.
R: Esperaban ó sábado porque se facía así, o que se cobraba ó día era cando había ese changüí.
P: Si, despois habemos de falar do changüí, ahora estabamos falando do que é o monte maior ¿non?
R: Despois quen era o responsable todo era o mismo mariñeiro, os mismos mariñeiros decían, coño eso non sirve, non ten capacidad para levar a contabilidad, eles mismos o botaban fóra, o mariñeiros daban as nove partes que lle correspondían e desas nove partes tiñan que pagar despois a parte do armador, o patrón o piquero, o piquero era un mariñeiro que era o que poñía a pica a proa.
P: ¿A proa de que?
R: A proa do barco, había un remo na proa do barco que lle chamaban a pícara, para girar o barco de un lado a outro.
P: Ai sí, nas traineras.
R: Se habían de ter na popa cando van a remar, esa tíñao na proa para dirigir a proa e na popa íbanse largando as redes, e esa pica iba orientando o barco.
P: ¿E o piquero tiña un máis que o resto dos mariñeiros?
R: Si, polo menos tiña un cartón, media parte, esa é realizada solamente polo amo do barco, e despois tiña a parte correspondiente como mariñeiro, o patrón dáballe se acaso dúas partes, dúas partes do que se partía entre os mariñeiros, e despois a parte dos mariñeiros resulta que salía menos cantidad, era menos capital para repartir entre varios, porque eran as 12 partes ou as 20 dos mariñeiros e mais as nove que lle correspondían ó armador.
P: Ó armador.
2-15R: Entonces do montón había que (inaudible) para darllas ó armador. A ver porque dos 20 había 4 que non foran uns días ó mar, a semana enteira, perderon algúns días, e o deses días perdéronno, un perdeu catro duros, outro perdeu cinco duros, que se pescou.
P: Que se pescou e...
R: E son menos a repartir, había algún que ganaba 20 duros á semana, e había algún que ganaba 5 solos, porque o día que non veu ó mar...
P: Perdeu.
R: Perdeu.
P: E non había así un sistema para compensar...
R: Non. Iba para os mariñeiros que traballaban.
P: Si, e se non foi ó mar mala suerte ¿non? E despois o reparto coas nove partes que levaba o armador, que era o que pagaba?
R: Pagaba as redes.
P: Pagaba as redes, pagaba os gastos que tuvera o barco.
P: Todos os gastos, se había que pintalo.
R: Se había que pintalos...
P: E darlle o alquitrán e todo iso.
R: Non, a limpeza do barco solo é o traballado iba á conta do armador, ó parar a seifa, parábase a seifa e o armador tiña que arreglar o barco, encascalo, pintalo, coller as redes e secalas, encascalas, e todo iso para estar listas.
P: ¿E todo iso salía das nove partes?
R: Si, cando se traballaba a xente axudaba a procurar o capital, chegaba a terra, collía o peixe do quiñón que lle tocaba e íbase para casa, non había que tender as redes e preparar as redes, e axudar a encascar e todo eso, unha vez que chegaba o barco cada un collía a súa parte, cada un vai para a súa casa.


A SEIFA DA SARDIÑA

P: ¿A seifa que é o que lle chaman á seifa?
R: A seifa é a terminación da campaña que se terminou.
P: Normalmente que acababa sobre o outono, ou no inverno.
R: No inverno. No inverno porque eran barcos de pouco tipo ¿non? E con un pouco de vento xa non salían.
P: A seifa prácticamente que viña dende a primavera hasta o inverno.
R: Si, disde...
P: Marzo ou abril.
R: En agosto terminaba.
P: Acababa así, acababa coa sardiña máis ou menos.
R: Si porque en agosto solía marchar esa sardiña á costa de Portugal, entonces a Portugal non se iba a pescar. Foi cando empezaron a vir despois os barcos de máquina, e os armadores a xuntar dous ou tres aparellos para ir a pescar á costa de Portugal, entonces as traineras varábanse, quedaban varadas.

PISTA 8 O REPARTO

P: ¿E antes de haber as traineras o reparto era parecido? Ou era diferente. Antes das traineras cómo se facía o reparto do peixe.
R: Dábase un quiñón de peixe, sacabas un montón de peixe primeiramente para os mariñeiros, habendo venda, se non había venda a xente non podía comer, porque había gastos e se non hai venda porque sempre hai gastos de calquera conducto, que é a monte maior, que lle chaman a monte maior, como a raba, como a comeduría da raba.
P: Todo iso.
R: E o changüí o que se repartía ó día era o changüí,
P: O changüí existía sempre, antes das traíñas, despois das traíñas e...
R: O changüí era coas traíñas.
P: Ai veu coas traíñas.
R: Antes era co boliche daban un quiñón.
P: Era o quiñón como lle chaman.
R: Antes co boliche era o quiñón, cando se andaba ó boliche, porque a trainera leva moi pouco tempo, polo menos aquí, aquí o objeto máis grande que había aquí, o caballo de batalla era o boliche e a arte, as portas alí adiante ó empezar o inverno empezaban a traballar, porque viñan os temporales e xa non salían ó mar. Había algunhas traineras que hasta nin vela tiñan, iban 6 homes por cada banda, e eran tipo trainera, porque non eran de tipo traballo, porque collían o peixe e non tiñan donde botalo, e como estaba todo ó cobijo, estaban as caixas todas, era un peligro cargar o barco.
P: Estaba todo ocupado xa.
R: Estaba todo ocupado, é mui estreita a trainera. Fóronse mellorando aumentando redes, aumentando os barcos, había barcos xa que levaban 20 cestas cando foi desa o primeiro, tripulacións con barcos de 100 cestas, é outra modalidade de traballo.
P: Entonces cando empezaron co boliche era quiñón. A xente que halaba o aparello nas postas desde terra, que levaban unha patela máis ou menos, un quiñón ou según según (inaudible) tamén.
R: Cando viña peixe para terra de tipo arte as postas, collíase o pescado, mandábase o pescado para Vigo o necesario, pero apartábase sempre uns salabardos, que era donde collían o peixe, para repartir cos que andaban á parte da tripulación, porque os que andaban a parte tiñan a obligación de meter a rede que queda en terra metela abordo outra vez, e lavala, despois ese quiñón repártese entre todos, e cada un xa traía o seu salabardiño para recoller a parte que lle tocaba, hasta se daba o caso que muitas veces, tan escaso era que facía o monte, 15 montes ou 16.
P: E despois sorteaban o monte.
R: Non cada un collía, un collía máis outro collía menos.
P: De eses montes cada un facía o seu.
R: Non había un do monte tamén que lle tocaba do monte a repartir, botalle a outro.
P: E despois non sorteaban os montes, cada un xa lle asignaba o monte que era.
4-30R: Se poñían todos cos salabardos, e collía do monte grande os porteadores.
P: Este para ti, este para ti e este para ti.
R: E logo había eso, había que traer tamén o quiñón polas que non eran a parte, que viñeron a traballar para levar un bote de peixe para casa.
P: Ai e aparecían así a traballar tirando polas redes nada máis. E despois había a picardía dos que chegaban ó final nada máis ¿non? Tamén querían quiñón, non traballaban nada.
R: Era quen non traballaba nada.
P: Tiña a picardía sabía que...
R: Nin decían podo traballar, amarraba o estrogo ó cabo e arrastaba como os demais, pero el viña ás dez cordas, a mitad da rede, outro viña a seis cordas, outro viña á primeira, e tiña que o armador coller ollo e levar a contabilidade para decir, quen veu primeiro.
P: Para controlalos a todos ¿non?
R: E muitas veces dábanse piñas entre eles. Cando collía un pouco de pescado pois dáballe nun salabardo de eles mismos pois para dez, había veces que viñan hasta 100 homes.
P: Entonces estamos falando do changüí.
R: Esto é con respecto ó...
6-00P: Igual que en barcos de remos en moreras, unha parte recibía monetaria, non era en peixe, entonces o changüí cando se recibía.
R: O changüí cando se remataba a faena do día, xa ese individuo o dos mariñeiros xa cambiaban o changüí, collía os cartos que lle correspondía de changüí, e iba a cambiar e xa sabía o que lle tocaba a cada un, así como iba toma, toma, xa sabían todo o que lles tocaba.
P: E collíanno do monte maior ¿non?
R: Si, do monte maior.
P: Antes de repartir.
R: Antes de repartir.
P: Antes de repartir collían xa os cartos do changüí.
R: Os mariñeiros chamábanlle vamos si cobraba e tomaba changüí doble cobraba dous quiñóns.
P: O changüí máis ou menos que era, unha cesta, o valor dunha cesta.
R: O valor dunha cesta.
P: O valor de unha cesta.
7-00 R: Se lle correspondía dúas porque era o (inaudible)
P: Dúas ¿a partir de cantas cestas de pesca o doble?
R: De once para arriba.
P: De once.
R: Cando se vendían once cestas, entonces lle correspondía o (inaudible) inda que botaran 100.
P: Si, o valor de dúas cestas. E o armador levaba unha.
R: O armador sempre unha, anque colleran mil cestas. Era unha compensación, despois estaban as partes.
P: As partes de peixe.
R: Porque despois miras as partes do montón cando iban a facer contas ó cabo do mes. Nestes motores, ahora á última, había os de 28 por 20, e 25 por 20 dependía do tipo de barco.
P: ¿28 por 20 que é, esa proporción cal é?
R: Xuntabas as 28 partes dos tripulantes coas 25 do armador, tantas partes, o caso é que aqueles cartos partían entre cinco e a xente, 25 do armador, e 28 da xente. Non partían por tripulante, partían pola cantidad asignada.
P: A ver se me explica.
R: Ti fixeches 100. 000 pesetas, estas 100. 000 pesetas telas que repartir ahora, teñen que repartir 25 do armador.
P: 20. 0000 pesetas do armador.
R: Por 20 da xente, ven a ser 45 partes a partir das 100. 000 pesetas, quen dice mil di un millón.
P: Exacto sí, é igual eso é simbólico non importa.
R: A como toca. Vamos a poñer...
P: Si das 25... ¿e as 55 partes restantes?
R: Non aínda non.
P: Usté parte de 1. 000 pesetas supoñemos.
R: Ti capturaches de peixe un millón de pesetas.
P: Un millón de pesetas, si.
R: Tes un millón de pesetas, miras si tes gastos hai que tirar deses gastos, todos os gastos que teñas.
P: Este que é o monte maior, o que se chama...
R: Iso é o monte maior, a captura bruta.
P: A captura en bruto. Antes de repartir hai que sacar os gastos de monte maior.
R: Os gastos que sean das dúas partes hai que tiralos do monte maior.
P: ¿Que gastos máis ou menos había de monte maior?
R: A maioría gastos de comidas, e cociñadas e esas cociñadas que se facían.
P: Estoupas e todo iso...
R: Non.
P: Iso non.
R: Gastos dos tripulantes abordo, da comida que se come, muitas veces iban dous ou tres días ó mar e había que levar comida para eses dous ou tres días.
P: Sacábanse os gastos, os gastos eran...
R: Bueno ahora quedáronme estas 1. 000 pesetas limpias.
P: O mellor era deixar esas pesetas para gastos en común.
R: Ahora pon unha cantidade.
P: Quedan 990. 000.
R: Bueno ahora hai que repartila entre, 25 con 20.
P: Son 45 partes.
R: E hai que partilo entre 45 partes a ver canto toca.
P: Hai que dividir entre 25.
PISTA 9
P: Daba a 22. 000, as 45 partes.
R: Pero tes que saber ese diñeiro canto é.
P: Son 45 partes, son 22. 000 que ¿o patrón canto levaba? O armador, levaba 20 partes ¿non?
R: 20 partes.
P: 440 levaba o patrón, e os mariñeiros 25 partes, os mariñeiros levaban 550. 000.
R: O dos mariñeiros era entre os mariñeiros.
P: Ese compartíanno entre eles.
R: Entre eles, esas vinte partes eran as que levaba o armador, ahora que despois eles tiñan esa compensación, que non ibas a recibir igual porque ti non foches ó mar, hai individuos que perden.
P: E despois que dividían por días.
R: Os que foron ó mar.
P: Que lle salía por días.
R: Non, non salía... ti perdeches hoxe, hoxe ó mar non viñeches pescouse, tes unha perda porque fas o conxunto ó cabo do mes.
P: E salían os gastos así como os rapaces tamén sacábase do monte maior ou iba a media parte.
R: Facíase a media parte.
P: E se había algúns que axudaban...
R: Os rapaces xa eran un pouquiño... con 14 anos xa pois case compensaba unha parte.
P: Case compensaba unha parte.
R: Eran fillos dos mismos mariñeiros e compensaba. Pero porque a veces valía máis o mariñeiro ou o rapáz, que un mariñeiro ruín.
P: E neste sistema non había uns ingresos fixos ¿non? Según se pescaba. Se se pescaba ben, e senón... mala suerte.
R: Todos seguían a contratación da empresa.
P: E a xente que se contrataba ou que iba para o mar, non se contrataba, un barco máis ou menos que tipo de tripulación levaba, 17 ou 18 homes ¿non? Un barco que tiña asignada, un barco destes de máquinas que tiña asignada unha tripulación.
R: Tiña asignada unha tripulación, e había veces que levaba 40 homes, sin necesidad, que todo o mundo quería comer e...
P: Iso era a donde iba eu.
R: Che vou a decir que ó estar dúas tripulacións, unha iba para o mar e outra quedaba en terra, e mañan unha quedaba en terra e outra iba para o mar, porque todo o mundo quería ir no barco.
P: Claro, ¿e o máximo que levaba o barco?
R: O máximos que levaba son 22.
P: 22.
R: E cando había muita xente entonces turnábanse.
R: Eu tuven unha época de quedar a mitad da xente en terra. Que sobraron, e noutro día turnaron con outro.
P: E viñan a pedir polas casas, non había contratos nin nada, podo ir ó mar con Usté, non podo ir ó mar.
R: Se fai o favor léveme ó mar ou iso, pero pedías disculpas que non podías, o malo era cando levaras máis ca do que tiñas no seguro.
P: Porque tiña un seguro pola tripulación.
R: Ti podías ter 50 mariñeiros a traballar, pero abordo do barco cando iban a traballar non podías ter máis de 25, que eran os que podías ter asegurados.
P: Estaban asegurados.
R: Mañan que turnara outro. Pero polos accidentes que podía haber. Hai un accidente mortal e é un peligro.
P: Si é o máis normal.
R: Como cando foi o do "Ave sin puerto".
P: Si ese é un capítulo que imos tocar máis adiante. Logo, as partes do patrón esas logo pagábanas o armador.
R: Dese capital que leva el, de vinte partes que leva, ou 25, leva a parte... a xente leva o bruto se rompe un aparello ou se perden un aparello no mar...
P: Iso vai todo a cargo do monte do armador.
R: Do armador.
P: ¿E pagaba a algunha xente máis o armador aparte dos mariñeiros, ou aparte do patrón?
R: Non. Había a compensación, como ese individuo que fai o reparto, por levar a contabilidad, vai do monte maior, porque traballa para os dous lados, traballa para o armador...
P: Ai ese vai para o monte maior e... retírase antes do reparto.
R: Por facer a contabilidad pois retírase eso.
P: ¿E que outros gastos había máis do monte maior? ¿O gasoleo tamén iba?
R: Non o gasoil iba a conta do armador.
P: Ai iba a conta do armador, non iba a conta do monte maior.
R: Gasoleo, reparacións da embarcación, todos os gastos, o que iba a monte maior eran os seguros.
P: Os seguros.
R: Os seguros, ahora ó último. Os seguros de accidente, os seguros de seguridad social e todo, pagábano todo o monte maior.
P: Antes non, ¿antes pagábase o seguro cando era coas traineras?
R: Cando era das traineras...
P: Non había seguro.