MAR VIVO
ENTREVISTAS CON :
ANTONIO JOSE BERNARDEZ VILLAVERDE 92 ANOS
PARROQUIA DO CARMEN
· As dornas tiñan gallas para estibar os remos
· Descrición da liña e xeito de pescar o polbo
· Descrición das traíñas. Nun principio carecían de velas, logo puxéronlle unhas cadradas. Partes: pana, caixa, carel, remadouras, taletes, cadeira, ensai, talmo.
· Colocación do aparello na traíña e forma de pescar
· A ensagua faixe cando se xunta o peixe para collelo co salabardo.
· O boliche traballábase do mesmo xeito ca traíña, alando dous homes á par
· O finado de "Bufa" o vello foi o primeiro en ter un barco a motor
· Os barcos de José de "Serafín" eran de arrastre.
· Sobre os anos 40, chegou a haber máis de corenta barcos da ardora
· Cando había norte, saían a fora das illas (Cies)
· Con barcos do cerco tense chegado ata Lisboa.
· A xente dormía nos coes e no caso de pescar moito chegaban a deitarse na cuberta.
· O traballo mais descansado do mar era o caldeo
· Domaio era a zona de Moaña con mais balandros de carga. Andaban a vela e, transportaban leña, area, e outras mercancías como sal, fariña, viños...
· Os balandros varaban na area e descargaban a mercancía ó lombo,
· Lago foi o primeiro en aplicar un motor dun coche ó balandro.
· Os balandros tamén eran usados para transportar viaxeiros.
· A diversificación do traballo nas embarcacións: O armador, patrón mariñeiros etc.
· A importancia da chalana como baliza durante a faena de pescar
· Forma de alar o aparello para collelo peixe.
· Só o aparello da arte, largábase por estribor.
· Subían o peixe ó barco mediante trueles
· O chegar a Vigo despois de faenar, un representante dos mariñeiros leva unha patela de mostra a lonxa para subasta-lo peixe.
· Despois da subasta na lonxa, teñen que leva-lo peixe á fábrica que o mercou
· Un intermediario era o encargado de pagar
· Cando viñan de Leixós , descargaban os caixóns de peixe en chalanas grandes
· No retorno para Moaña solían reparti-lo quiñón de peixe. Solía haber discusións.
· O ir para o mar, os mariñeiros xa se repartían o traballo
· Detalle da función do patrón de costa
· O lavado do aparello e a axuda entre barcos
· O encasca-lo aparello cando se chegaba do mar, estaba considerado como un dos traballos máis duros.
TIPOS DE EMBARCACIÓN.
P: En canto... entonces ós botes, os tipos de embarcación diferentes que hai, que había botes, chalanas, traíñas, gamelas, balandros ¿non? as dornas.
R: Dornas non.
P: Dornas aquí non había.
R: Había na zona do norte.
P: ¿Usté acórdase do nombre das partes que podía ter ó mellor un bote?, ¿que tiña? proa, popa, despois donde se vogaba, ¿os taletes encima de que estaban? tiñan unha defensa que eran as remadouras.
R: Esas dornas tiñan unhas gallas, tiñan gallas, tiñan os remos, non tiñan taletes, tiñan as gallas tipo dorna ¿eh? estaba montado... vamos a poñer, esta é a dorna, entón montaban un pau aquí e outro aquí e facían a modo de... un remo, metían un remo.
P: Tiñan o remo na galla si.
R: O remo de un lado a outro.
P: ¿E era o mismo remo que botes de aquí ou era un remo un pouco máis arqueado?
R: O remos eran largos.
P: Eran largos.
R: Por cada lado vogaba un remo, non podían vogar dous a pares, ou sea, un remo a par con outro non podían vogar porque ocupaba moito e casi, casi sempre vogaban en cruz, facían o estilo de vogar, porque ocupaban todo o barco, un remo ocupaba toda a embarcación, pero eran as que se dedicaban ó pulpo.
P: Eran as polbeiras que lle chamaban.
R: As polbeiras, dedicábanse solamente ó pulpo, e non tiñan velamen ningún, despois xa viñeron dornas grandes tiñan esas velas de cuadro, despois foron mellorando.
P: Pero por aquí en Moaña na ría apenas había, ¿e aquí para pescar o pulpo, o polbo que se usaban botes?
R: ¿Aquí botes?, aquí usouse moi pouco para pescar o pulpo donde se usou foi en Cangas, en Cangas si.
P: Aquí os botes, ¿e o pulpo con que o collían?
R: Con...
P: Que tiñan piteras para...
R: O pulpo levaba unhas 50 brazas de cordel, levaba unha galla así de pau, a gallas, na punta das gallas cada un co seu anzuelo.
P: Anzuelo grande como o do bonito.
R: Unha pouquiña de encarnada, pero aquí atravesando aquí levaba un caranguexo.
P: Un caranguexo.
R: Un caranguexo vivo e blanco, canto máis blanco fora de aquí, de barriga mellor porque o pulpo tirabase, porque o caranguexo iba arrastrando polo fondo, o pescador levaba a liña na man, e iba tocando no fondo, porque...
P: Porque donde iba a galla tamén levaba unha pedra ¿non?
R: Si a pedra para ir ó fondo, pero o cangrexo iba vivo dáballe coas patas, entonces como iba o cangrexo vivo as patas do cangrexo iban movéndose e viña o pulpo e tirábase ó cangrexo,
P: Si que comen cangrexos si. Lonas desas e... Falando das partes das embarcacións, a ver si se acorda máis ou menos, un barco de ardora ¿que tipo de partes tiña? O barco tiña un puente ¿non?
R: Mira, os primeiros barcos que viñeron de aquí para pescadores que era casi a trainera, a trainera...
P: ¿Cantos metros tiña de largo máis ou menos?
R: Tiña... as últimas traineras que había tiñan 12 metros.
P: 12 metros ¿E como estaba formada, que tiña unha cuaderna a todo largo, unha cuaderna, como estaba feita a trainera? ¿era larga?
R: ¿Viches as traineras de regatas?
P: Si eran parecidas.
R: Do mismo tipo, solo que eran máis anchas. De largo eran máis ou menos así de ese largo. As primeiras non podían gastar vela, co estreitas que eran.
P: Claro eran tan estreitas que non lle daban para levar a vela.
R: Pero de alí a pouco tempo xa empezaron a gastar velas casi cuadradas, as primeiras que viñeron, as que viñeron de Asturias.
P: As que viñeron de Asturias ¿E tiñan timón esas?
R: Si, tiñan timón.
P: ¿En que partes se dividía? porque a trainera tiña que estar preparada un sitio para levar o aparello ¿non? outro sitio para levar o engado si levaba, ou a raba ¿non?
R: A trainera estaba repartida en varios trozos, como esta trainera, aquí levaba unha zona do aparello, aquí levaba outra zona, tapábase para o peixe.
P: ¿Como lle chamaban tiña un nome característico ou non?
R: Unha chamábanlle a pana, que era para o aparello, para gardar o aparello.
P: Si a pana para o aparello ¿e para o peixe?
R: Para o peixe casi...
P: Un queixón ou unha caixa ¿non?
R: Pero muitas veces a caixa, o aparello, o peixe, despois a pana...
P: ¿E donde se gardaban os remos...?
R: Na cubierta.
P: Na cubierta.
R: Si, porque levaba así, por riba dos bancos levábanse os remos.
P: ¿E toda esa parte da cubierta como lle chaman, tiña algún nombre donde se apoiaban os remos?
R: Os remos apoiabanse en cubierta de largo a largo de proa a popa.
P: Que é o carel, o que lle chaman o carel, o carel dunha chalana ou o carel dun...
R: O carel é a zona de arriba en todo, vamos nesta embarcación o carel vai por aquí por fóra e despois, aquí van as remadouras, encima do carel van as remadouras donde van os remos.
P: E as remadouras tiñan un buraco no medio que se poñía o talete.
R: O talete, por aquí outra, por aquí outra, levaba uns taletes.
P: E os taletes agarraban o remo cos estrobos, porque esas son palabras que me interesa saber polo que decía antes, se quere facer un exemplo de montar unha trainera poñerlle tamén as partes, o que é a quilla, o que son as cuadernas...
R: Ten, a trainera ten, a pana, a cadeira.
P: A cadeira
R: A cadeira é donde se achica a agua. Cando están ocupadas a outras
P: Si a cadeira.
R: A cadeira, a pana, o ensai.
P: O ensai, ¿que é o ensai?
R: O ensai, onde vai colocado o palo, porque nesta zona vai colocado o palo aquí.
P: O palo da rede.
R: O palo da vela.
P: ¡Ai! o palo da vela, si.
R: Hai un cuadriño así ¿non? e esta zona está cerrada que se mete o palo aquí para cerrar, e aquí vai o ensai e despois este é o talmo, o talmo é unha zona que vai cerrada por riba tamén donde se cobijan os trastes todos da vela, cando se garda a vela, cando se gardan os estrobos
P: Si e a roupa de aguas e iso ¿non?
R: Os enseres do barco ¿non? este é a proa, e esta é a popa.
P: E o aparello das traineras que se colocaba a todo o largo ou solamente na...
R: Ocupaba un cuadriño así, a pana era onde se gardaba o aparello, aquí gardabase o aparello por aquí.
P: E cando faenaban, ¿cantos lanzaban o aparello?, porque... ¿cantos homes traballaban?, porque se levaba 20 homes...
R: Uns a vogar.
P: Uns a vogar ¿e lanzar o aparello?
R: Lanzar o aparello salía...
P: ¿Dous ou tres?
R: Iba salindo.
P: Salía el solo.
R: Salía el solo, collía e iban remando os que largaban o aparello, iban vogando e largando as redes, ¿non? solo había un que atendía o corcho, si prendera o corcho, e o outro atendía, o que lle chaman o jaretero.
P: O jaretero si.
R: Jaretero, tumbábase na jareta porque o aparello tiña unhas certas anillas, de cinco en cinco brazas tiña unha anilla, porque este é o aparello ¿non?
P: Anilla abaixo, no plomo.
R: No plomo, para que cerrara, entonces iba largando as anillas, e a corda estaba aquí dentro da embarcación, entón iba o jaretero largando o aparello e eles arriando a jareta, ó terminar de largar o aparello entonces collía este tramo de aquí que levaba unha boia, collía a boia que estaba amarrada a esa que lle chama a jareta, e cando empezaba a cerrar, homes por aquí e homes por aquí empezaba a cerrar e un por estas anillas cerrando o aparello.
P: Ia por a anilla para abaixo, ia portando, tirando e ibase cerrando para abaixo.
R: Ó corcho non lle tocaban.
P: Si viñan de abaixo para arriba cerrando.
R: De abaixo para arriba entón facía.. fuerte polo aparello, inda estaba o corcho... pero cando empezaban a entrarlle polo plomo, para meter o aparello a bordo, eso era para cerrarlle ¿non?, entonces empezaba a xente a meter o aparello á bordo e iban halando corcho e plomo, todo.
P: ¿Como se poñían uns á proa e outros á popa?
R: Non, todos xuntos.
P: Todos non, porque senón volcaba a trainera ¿non? ¿como halaban?, eles soltan aquí van dando un círculo
R: Para largar.
P: Para largar sí, despois poñen a trainera atravesada e uns a popa e outros a proa van tirando
R: De proa non tiran, tiran de un lado solo
P: Tiran de un lado solo.
R: Tiran da parte de popa, soltando o aparello no mismo sitio como cando saliu, apartando o plomo para un lado.
P: ¡Ai! si. Na popa
R: Na popa sí, primeiro largan outra vez...
P: Si, claro e xa armando o aparello para poder...
R: Se ten peixe o aparello nesta zona que é de proa aí está quieta, pero mete pola popa uns polo plomo e outros polo corcho
P: E tiran todos os homes á vez
R: Todos non porque...
P: Cantos
R: Catro ou cinco ou sete ou oito.
P: Catro ou cinco. E mentres os outros están cos remos controlando a lancha ¿non?
R: Claro, controlando a lancha, está quieto chegan a facer a enxagua, que lle chamamos nos a enxagua, a xuntar o peixe naquel rincón para despois co salabardo recoller o peixe e estes que están aquí en proa, están cos remos quietos aguantando a embarcación.
P: Eso foi... e sen embargo xa cando viñeron os barcos de motor ese proceso xa era diferente ¿non?
R: Claro, o barco larga o aparello, o que está coa jareta o gareteiro, ten cuidado coas anillas que pode ir todo xunto ó mar leva a el e se acaso o aparello arrasto.
P: Tiña muito peso
R: Enganchalle unha anilla que non lle sale e vai o aparello arrastro e se colle un home tamén o leva.
P: Entón ten que ter muito cuidado.
R: Ou rompe, ou parte
P: E sen embargo ó boliche ¿que se usaba tamén, que barcos usaban o boliche? os botes
R: Pois son deses botes.
P: E eses como lanzaban o boliche
R: Pois o mismo
P: Lanzaban igual, por un lado...
R: Un vai arriando, así o aparello o outro vai collendo o corcho, e o plomo xa lle vai caíndo ó mar, hasta que chega o último.
P: E fai media circunferencia así.
R: Media circunferencia. Fai un despois para tirar o bulso do boliche, o cope, a corona, que é onde se garda o peixe, iso hai que tiralo aparte.
P: E despois van halando o boliche
R: O boliche, igualando completamente para que o boliche veña dereito
P: E o boliche abocan adentro todo cando chega ou tamén usan o...
R: Abocan a dentro si poden co peixe que ten
P: Si poden co peixe
R: Senón hai que usar o truel, o salabardo, o salabardo e o truel. O salabardo son artes para recoller o que está preso aí
P: Si, son accesorios, son de axuda ¿E cando me decía antes de cando empezara a vir os barcos a vapor? sobre o 24 ou 25, así ¿quen foi o primeiro que tuvo? ¿Usté acordase? a min me comentaran ou teño entendido
R: Aquí en Moaña, o primeiro que tuvo un barco de máquina, foi o difunto de Bufa.
P: De Bufa
R: O vello.
P: Si si.
R: O pai de...
P: Joaquina, Teresa e todas si.
R: Si, de Teresa e de Maceo. E tuvo, primeiramente tuvo un barquiño de motor que gobernou o difunto de Maceo despois tuvo un barco de máquina
P: Un barco pequeniño
R: Un barco pequeniño, foi a Leixós con el.
P: E o que foi, este José de Serafín ¿non foi dos primeiros en ter barcos?
R: Non. Xa era outro tipo de barcos
P: Trouxera dous de Gijón seica.
R: ¿Qué?
P: Trouxera un par deles de Asturias ¿non?
R: El cando veu, veu de América.
P: El veu de América si.
R: José de Serafín, cando veu de América, pois había estes barcos aquí e colleu a casa esta que ten Agripina, a filla de Agripina e alí instalouse e fixo dous barcos para o arrastre que lle chamaban pastilleras desas de.., como as de Bouzas, que andaban á pareja, logo meteuse no mar, e como había aquela cosecha de Leixós, e fixo dous barcos para Leixós e o difunto de Pazó ¿coñecécheo?
P: ¿A don José? de pequeno, pero vamos, acórdome cando morrera, pero mui pouco
R: Pois mira, era o señorito máis grande que había en Moaña.
P: ¿Quen José Serafín ou o difunto de Pazó?
R: Era o señorito máis grande de aquí el e mais o defunto de Costas o do Ayuntamiento eran uña e carne, e chegou a andar a dormir, como un que lle chamaban José do Outeiro, chegou a durmir enriba dos aparellos, fixo os aparellos o padrasto, cortáronlle a subvención que tiña pola nai, que era a cortadora, e vendía muita carne para Vigo, e non tiña unha chica no bolsillo e andaba polos aparellos do padrasto, e muitas veces non tiña unha chica no bolsillo, ese ten un repertorio na cabeza del, na vida del.
P: Si mui grande. Mire e falando diso dos barcos máis antiguos, despois chegou a haber unha flota mui grande de barcos de máquinas ¿non?
R: Barcos de motores.
P: Barcos de motores. Sobre o cuarenta e tantos debeu haber aquí máis de cincuenta barcos ¿non?
R: Si, máis de cuarenta barcos, aquí xuntábanse entre aquí, o Con.
P: A maioría entre o Con e a plaia de Moaña, de motores xa.
R: Aquí nada máis chegou a haber un barco, o de José Serafín, quen tuvo un barco aquí tamén foi (inaudible) lle chamaban o Diana, tamén un barco así, pero non deron rendimento, había que andar a botarlle sempre agua na caldeira.
P: Requentábanse muito.
R: Enseguida e despois comprou un motor.
P: E cando se comprou o motor saíase a fóra das illas ¿non? ¿muitas horas?
R: dúas ou tres horas a pescar o xurelo e iso.
P: E coas traineras tamén se salía a fóra das illas.
R: Cando había norte.
P: ¿Cando había norte?
R: Porque con calma non.
P: Aquí non se podía.
R: Non se podía ir porque era muito tempo a vogar.
P: ¿A vogar?
R: E co norte ibase en vela e despois cando non se pescaba, o norte amainaba había que vir pa terra, dúas ou tres horas a vogar para coller as Cies, e despois comer catro mexilóns.
P: ¿Nas Cíes?
R: Nas Cíes a comer catro mexilóns polas pedras.
P: Pasábase mui mal era mui duro. E ten botado así nas pesca bastantes días fóra de Moaña
R: Tres ou catro días, dous días, tres días, nese tipo de cerco eh.
P: De cerco, a remos ou...
R: Non en motor xa.
P: En motor.
R: A remos.
P: ¿Hasta onde ten chegado?
R: Hasta Lisboa, pola costa de Portugal.
P: E po norte hasta Muros..
R: Hasta Fisterra.
P: Hasta Fisterra todo. E todo ese peixe ¿que o vendían, cando pescaban traíanno para Vigo?
R: Para Vigo.
P: E conservabanno con hielo ¿ou non? como conservaban porque ese levaba varios días.
R: 24 horas, non levaba máis.
P: 24 horas.
R: Cando ibamos a costa de Portugal eran 24 horas.
P: ¿Hasta Lisboa 24 horas? lévalle máis, sería hasta Leixós.
R: Levaba 8 horas.
P: ¿8 horas a Leixós?
R: Os barcos andaban bastante ben, o que eran... tiñan un pouco de forza, xa estaban mui ocupados, viña o aparello, viña a xente e viña o peixe, viña todo, era un barco de 20 metros, non era suficiente para...
P: ¿Entón neses barcos xa tiñan sitios para durmir?
R: Xa. Cando traías pescado o pescado iba... non quedaba nada para durmir.
P: ¿Non quedaba sitio?
R: Non había, porque tiñas que meter o peixe, o peixe botábase, mentras houbera para metelo.
P: Diante na proa había ¿como lle chaman?
R: Había un encaixonado para botar o peixe en cubierta, pero as Caixas, abaixo antes de (inaudile) a xente, pois tamén se botaba pescado.
P: ¿E a xente que durmía en coes ou.. ?
R: Cando viña libre, en coes, pero cando había pescado...
P: Había que ocupar as Caixas esas.
R: Víñase en cubierta.
P: ¿Tíñase que durmir en cubierta?
R: Tíñase que durmir en cubierta, cuha roupa de augas vestido, o oficio máis señorito de pesca era ese, o caldeo, salías de aquí, había veces que no verano salías as catro da mañán da casa, (inaudible)pa engadar, se che viña viña, se non che viña, poñías outra vara, senón che viña ibas pa illa, fondo na illa a durmir, era o oficio señorito.
P: Máis descansado.
R: Máis descansado, ahora que muitas veces había pescado, chegabas as seis ou as sete da tarde a Vigo, mentres botabas o peixe, eran as tres ou catro da mañán e tiñas que sair para ó mar, e ibas sen dormir e sen nada. Ó teu pai ten ido.
P: ¿Meu pai? Sí, seica foi un par de veces, non muito.
R: Anduvo con Fanchuco.
P: Por iso.
R: O que leva unha boa equivocación de día en día o modo de pesca que... porque tropeza con muitos inconvenientes, porque realmente non sendo a pesca de bajura todo o que vai arriba zona de arrastre non temos, españa non ten caladeros.
P: Ó non ter caladero hai que estar supeditados ó que manden outros países.
R: Claro.
P: Pois seguimos co que estabamos falando onte, miramos un pouquiño a... os barcos de pesca pero hai outro tipo de barcos, outro tipo de lanchas que se usaban tamén no mar como eran os balandros.
R: Pero os balandros non se usaban para a pesca.
P: Non se usaban para a pesca claro.
R: Eran de transporte.
P: De transporte si.
R: Porque na zona de Domaio, tiña a zona de transporte solamente de carretar leña, cargaban de leña os lunes e ibanno a vender á pedra a Vigo ó mercado, como vendían aquí. E despois tiñan carretas que acarrexaban a area, iban á Illa a coller area para os edificios que se facían por aquí.
P: ¿A Illa, e a Barra tamén?
R: E a Barra tamén.
P: ¿E deixaban coller area?
R: Xa sei que ahora está prohibido, pero dedicabanse, eran balandros de vela ¿non?, catro homes ou seis homes.
P: ¿E outro tipo de mercancías como viño e sal tamén transportaban?
R: Transportaban para os comercios.
P: Para os comercios.
R: Nos balandros eses, como era O Muiñeiro.
P: Si, eu acordo O Muiñeiro.
R: O Muiñeiro, Lago, Lago vello tamén.
P: Si que viñan detrás da plaza e facían montañas de sal.
R: E muitas veces os sacos de patatas acarrexaban ó lombo par a de Ventura, o que acarrexaban muito eran os barriles de raba que nosoutros usábamos no mar, porque a raba era hueva de bacalao e xa viña curada.
P: ¿Que a importaban do norte?
R: Si, de Noruega.
P: De Islandia ¿non?
R: A de Islandia era... a hueva de Islandia era outro tipo, é máis fina, eu para min solamente comía o pescado porque era máis fina ¿non? ahora que a de máis sabor era a de bacalao, cando engadabamos parece que o peixe acudía mellor a raba de Noruega que a de Islandia.
P: Da raba habemos falar máis adiante.
CARA B
R: Nada máis que eses dous se dedicaban ó transporte de aquí dos comercios, como ahora veñen camións, eses pois iban.
P: ¿E os balandros que eran máis anchos que as traineras?.
R: Si home muito máis anchos.
P: En principio ¿que iban a remos tamén e a vela?
R: Iban a remos.
P: Decía que era máis ancha as....
R: Os balandros. Porque eran de transporte, traían a mercancía case en cubierta, sempre, poucas veces botaba... cando botaban abaixo nas bodegas, cando era patata pero a mercancía gorda como barriles de raba, barriles de viño e todas esas cousas, todas viñan en cubierta, todas as traían en cubierta.
P: E ese tipo de balandros que me está falando ¿xa tiñan motor? ou a remo.
R: O motor foi...
P: Iso xa tiñan máis ben, tipo os barcos de ardora ou non ou seguían parecendo traineras
R: ¿Cales?
P: Os balandros.
R: Eran balandros como estes, balandros feitos a propósito como os de Redondela e eses, andaban a eso, eses non tiñan máis ca.. vogaban catro remos, andaba máis a vela que a...
P: Que a remos
R: Si. Cando estaba calma, si había un pouquiño de vento, chégase unha hora máis tarde, chegase unha hora máis cedo, todo era o que che cuadraba a vela.
P. E que tempo lle duraba máis ou menos atravesar a ría ós balandros.
R: Depende había veces que nun cuarto de hora estaban aquí.
P: Si soplaba bastante o vento.
R: Había veces cadráballe norte tiñan que andar as voltas dun lado pa outro para recoller a..
P: Andar en zig zag ¿non?
R: Se había suroeste pois nun cuarto de hora xa estaban aquí.
P: ¿E había regatas deles? Non.
R: Ese tipo de barcos nunca tuveron regatas, porque non había estilo, había un era máis o outro era moi pequeno.
P: ¿E para descargar que varaban na area ou iban ó muelle?
R: Na area.
P: Varaban na area.
R: Varaban na area, tiñan unha tabla grande para embarcar e saltar.
P: ¿E toda a mercancía que a embarcaban en carros de bois ou levábanna ó lombo?
R: Todo ó lombo.
P: Todo ó lombo.
R: Todo.
P: Os costales as pareñas e todo iso.
R: Todo ó lombo dos tripulantes, iban destinadas xa para Ventura, para Namorado, para eses, había aquí tres, tamén a última hora o Trigo vello, ¿non? tamén tiña comercio.
P: Porque eu o que acordo o balandro era de motor, que eran muito máis anchos co do Muiñeiro.
R: Pero despois viñeros os motores os balandros eses mismos metéronlle motores o primeiro que lle meteu o motor foi Lago, ¿acordas ben? que foi un Ford, un Ford sacado dun coche.
P: Que foi o primeiro motor que se fixo en Moaña nun barco.
R: Si, Ese foi o primeiro motor, un motor sacado dun coche Ford da marca dun coche e meteullo ó barco como prueba saliulle ben e...
P: ¿E foille ben?
R: E foille ben. Hasta que despois viñeron os camións, viñeron os camións de transporte e tiraron con eles.
P: Bueno vamos a falar, que se me quedou atrás outra vez, a falar un pouco dos barcos de viaxeiros, que foi donde se me cortou antes, estabamos falando antes dos barcos de viaxeiros que iban a vela e ¿eses barcos eran como os balandros ou máis estreitos?
R: Os de viaxeiros eran os mismos balandros, os balandros que se dedicaban a iso, traían a xente e mais a mercancía, e despois foi cando viñeron os vapores de pasaje, que non había aínda o muelle de madeira, había unhas pedras, había uns lanchóns que estaban amarrados aí a fóra.
P: Alí na Gorita
R: Na Gorita que recollían á xente que viña de Vigo, e despois subían ós lanchóns eses que atracaban no medio das pedras, encima de aquelas pedras que están alí, onde están aqueles adoquíns, embarcaban e saltaban, cando había viaxe embarcaban nos lanchóns e iban a embarcar, cando viñan de Vigo embarcaban no vapor, embarcaban na chalana e saltaban.
P: E iso, iban a Vigo e a mercancía encargábanna o mismo patrón da lancha encargaba a mercancía en Vigo porque ¿non había teléfono daquela?
R: Non. En Vigo muitas veces iban os dueños da mercancía a comprar a Vigo, iban con eles.
P: A comprar a Vigo.
R: Moitas veces. Despois mandábanlle a el nos vapores, despois descargábanna en terra nos lanchóns e recollía o dueño.
TRAÍÑA
P: Bueno falando tamén un pouco da diversificación do traballo nos barcos, principalmente nos barcos da ardora que era ou nas traineras, aqueles eran mandados por un patrón.
R: Era o patrón, era o que mandaba en todo, desde o momento en que salía o barco de puerto. Porque ti tes un barco e ti eres o patrón.
P: ¿O patrón se encargaba de avisar á xente?
R: O patrón buscaba xente de confianza del, o patrón... o armador tiña un barco e buscábate a ti para gobernar, para dirigilo, preparábache os aparellos, preparábache todo, ti decíaslle, eu quero aquilo, quero aquilo, si pode, e salen ó mar, e manda el, ahora en terra, desde o momento que está en terra o patrón xa non manda nada, solo manda nas maniobras.
P: Desde que sale po mar hasta que chega.
R: Alí no momento que chega o barco en terra, amarra o patrón márchase para súa casa dalle ordenes o patrón ós tripulantes "mañán, as dúas, as catro, as seis salimos para o mar ".
P: Normalmente salían para o mar á tardiña ¿non?
R: Podían tardar unha hora para ir a máis lonxe ou iso (inaudible) mándache vir as catro e algúns viñeron ás cinco, pero o barco xa salira.
P: Quedaron en terra
R: Quedaron en terra, eses
P: Non tiñan dereito ningún
R: Ningún.
P: E mentras iban en ruta, iban para o mar, xa dividía o traballo, o patrón mandáballe a cada un xa o que tiña que facer, preparar os aparellos...
R: Si preparar todo, os que quedaron en terra quedaron exentos de todas as maniobras que se fan, non teñen que intervir absolutamente en nada da pesca que capturen, a pesca que capturen, a modo de un tanto por cento lle corresponde a xente, como é a base de.. é a mitade ou a parte que lle toca a xente, é parte deles, que son catorce e foron sete solo ó mar, pois o monte mayor correspondelle os sete non ós catorce, porque foron sete de tripulación.
P: Normalmente cando se iba ó mar ¿que se levaba? unha roupa de faena, unha patela, algo de comida.
R: Si, algo de comida.
P: E de bebida ¿non?
R: De bebida non.
P: Non ¿Levaban gaseosas cervezas ou viño?
R: Caña, caña de terra.
P: Caña de terra, usábase muito.
R: Mentres o tripulante non se...
P: Non se emborracharan.
R: E repartiamos. Ahora que... era unha cousa fiel ¡eh!, pero había algúns que eran vagos tamén.
P: Había de todo claro, había que tirar por eles para facelos traballar.
R: E moitas veces, sempre hai rateros e os outros comentan o traballo repartimos todo porque todos estamos a traballar ¿non? moitas veces iban ó patrón a decirlle "fulano nunca lle bota man a nada" se matan uns ós outros porque era un traballo...
P: Claro un traballaba e o outro miraba que non traballaba, cobraba o mismo, repartían o mismo e non era así, e cando empezaban a faenar, antes o barco levaba na popa unha chalana e esa chalana cando topaban peixe...
R: Tirábase ó mar.
P: ¿E ó mar iba con homes?
R: Tirábase ó mar, e unha vez tirada ó mar e a xente preparaba para largar a rede
P: A chalana tiña tres homes dentro.
R: Tres homes estaban destinados.
P: ¿E que función facían?
R: Balizar o aparello cando se largaba, poñer a boia, vamos.
R: Si, en vez de meter a boia tiraban a chalana.
R: A chalana quedaba agarrada con un cabo que era o cabo primeiro do aparello, e ó dar a volta viñas á chalana, a chalana quedaba aquí, facíamos un círculo ó facerlle un cerco ó peixe o barco ven á chalana, porque a chalana está presa co cabo.
P: E despois collen o cabo e métenno a bordo.
R: A bordo do barco e a chalana queda libre, entonces ponse por detrás do aparello.
P: Por fóra do aparello si.
R: Por fóra do aparello, si está no mar o aparello.
P: E siguen os tres homes dentro
R: Os tres homes dentro. En canto se vai xa recollendo o aparello
P: O aparello vanno recollendo homes que están a bordo e meten a plomada por un sitio e o corcho por outro.
R: Vaise halando, uns por un paños, polas redes, outros polo corcho, e outros polo puente e van asentando para largar outra vez.
P: Si, sí, é queda estirado a todo o costado da..
R: A todo o costado outra vez para largar de novo.
P: ¿Normalmente que se largaba por babor ou por estribor?
R: Sempre por estribor.
P: Sempre por estribor. Ibase recollendo tamén por estribor ¿non?
R: Non, o aparello sempre pola parte... se largaba o aparello sempre pola parte de babor, o barco é este, babor, estribor ¿non? e sempre se largaba por babor, sempre facía esta maniobra.
P: Sempre se collía a babor.
R: Vírase... solo hai un aparello que larga por estribor.
P: E cal.
R: A arte
P: A arte ¿E por que?, porque é máis cómodo, máis práctico.
R: Porque a arte é para largar en postas, e como deixa un cabo xa en terra, largan por estribor as redes, veñen así e largan así, aquí ten un cabo que tira en terra, e aquí ten outro cabo que tira en terra, estes cabos así como van acortando vanse xuntando, estes cabos, a xente que está tirando polos cabos vense chegando para aquí, e este de aquí, vense chegando para aquí, e fan un pequeno hueco, van collendo as bandas para ir cerrando a arte hasta que chegue o cope.
P: E aquí no barco cando están subindo e están chegando xa ó cope onde ten o peixe todo despois ¿que o suben con trueles?
R: Si. Porque hai as trampas.
P: As trampas.
R: Porque senón hai que levalo á plaia, despois acarrexalo da plaia á bordo do barco, hai que vendelo, entón hai unha trampa cérrase esa trampa entre a lancha da arte e a enviada, que lle chamamos a enviada para levar o peixe a Vigo, fan a trampa, alí cóllenno co truel.
P: E como se vai meter o peixe a bordo no barco da ardora ese ¿que tiña unhas carruchas?
R: ¿O barco da ardora.. ?
P: O barco da ardora cando tiña xa a embolsada diante para subir o peixe ¿axudábanse cunhas carruchas, cunha roldanas para subir?
R: Engánchase, o truel queda desviado, entón hai un individuo que colle cun gancho, engancha no truel e vira hasta arriba e vai pa dentro da caixa.
P: E vaise metendo para as Caixas.
R: E vaise metendo para as Caixas. As veces tes mala suerte e rompe, enganchouche, porque ten un individuo que tira polo truel ¿non? vai tirando un pouquiño, si acaso engancha na rede, é o modo de romper a rede.
P: Pescando o peixe todo entonces.
R: Claro.
P: E unha vez que teñen a faena feita ó vir para vender á lonxa veñen en ruta e os homes descansan.
R: O que teñen que facer continuamente pois ir a Vigo e mentres se chega a Vigo a xente vai descansando e ó chegar a Vigo vai ese, o encargado de coller unha muestra.
P: Si un representante dos mariñeiros, si.
R: De coller unha muestra nunha patela e levala á lonja e poñela alí en pública subasta e vende a lonja, vende a lonja non vende o mariñeiro.
P: A subasta.
R: A subasta empeza a vender a lonja, tantas cestas a tanto, non hai quen pare, pero vai seguindo a tanto a 28, a 27, a 26, a 25 sea o que sea, entonces cando chega a un que dice "para"
P: E ese véndese e despois si é unha fábrica hai que levarlle a mercancía á fábrica e na fábrica alí para sacar todo o peixe do barco teñen que expoñelo na fábrica, nos tablóns
R: Teñen unhas mesas largas, abocan o peixe nas mesas e xa están as mulleres que van a elaborar o pescado, que están cortando a sardiña, porque córtanlle a mitad da cabeza para meter no latón, nas latas, facer un lavado de todo, despois de abocar o queixón alí danche unha targa.
P: ¿Unha targa?
R: Unha targa unha (inaudible) pequeniña que é coma un queixón, un queixón con dúas targas e unha cesta e con aqueles que leva o individuo que vende, porque quen vende, quen vai un individuo o representante dos mariñeiros alí non é el porque cada embarcación había uns vendedores que vendían o pescado meu ou teu se acaso o mismo vendedor el era, o responsable de que no momento que vendía o peixe que che encargaba eu, quen che pagaba era ese vendedor.
P: Si. El facía de intermediario ¿non?
R: De intermediario, pero era o responsable de pagar, ti ó fabricante non lle podías pedir nada do peixe
P: E a veces cando o peixe viña algo ranqueado e iso ¿discutía o precio?
R: Discutía o precio.
P: E xa rebaixaban
R: Ou senón deixábacho quedar, porque el comprou un peixe fresco que non comprou un peixe reseso, esas cousas que pasan.
P: ¿Pasaba muito iso? E se non llo aceptaba que tiña que ir á lonxa outra vez a vender.
R: Claro.
P: E se vendía muito máis barato claro.
R: Pero outras veces abocábase.
P: Abocábase ó mar.
R: Se non viña máis pescado, non hai pescado ¿comprendes? despois vendíalo máis caro
P: A veces había suerte ¿non?
R: Porque quen te molestaba era a abundancia, se mentres estabas botando pescado encima da mesa viña máis pescado da lonja, entón colleches todo, si che facía falta, pero ó vir máis pescado á lonja habendo, se acaso deixábache o teu e iba a outro fresco, garantía non tiña ningunha, porque os vendedores, que lle chamaban os vendedores, eran os responsables de pagarche o peixe no instante xa, ¿ti canto fixeches 20. 000 pesetas? E o vendedor dábacho xa, e despois era cousa do fabricante, porque quen llo vendía, non llo vendía eu, vendíalle o vendedor ese ó fabricante, representante meu por orden do armador ou do patrón.
P: E logo ó mellor os mariñeiros desembarcaban todo o peixe ¿cobraban algo por desembarcar todo o peixe?
R: Si.
P: Tiñan unha parte vamos.
R: Chamábanlle Tenedouras.
P: ¿Tenedoura?
R: As tenedouras de tirar o peixe á fábrica, si ese diñeiro que o mandaba o fabricante era propiamente para os mariñeiros que eran os que o facían.
P: ¿E iso que eran voluntarios ou participaban todos?
R: Eran voluntarios.
P: Un que seguía durmindo non tiña...
R: Todos os mariñeiros.
P: Participaban, claro interesáballe a todo o mundo.
R: Chamábanlle donde tirar o peixe e despois, cando se entraba en Leixós o pescado acarretabase desde o barco, botabase á bordo dunhas chalanas eran dúas chalanas grandes, encima dunhas tablas, trinta caixóns, por aí, e había unha tanda de mariñeiros cada maré que se tiñan que tirar hasta aquí para traer desde a chalana hasta a baixamar entón había despois o relevo e outra tanda de mariñeiros levalo hasta a fábrica.
P: E o subían ó lombo.
R: Ó lombo todo. Ahora a última hora xa había camións cargábase en camións.
P: ¿E que se cargaban desde o Berbés en camións xa?
R: Si, 40 queixóns para a fábrica, solamente tiñas 4 ou 6 mariñeiros para descargar o queixón do camión á fábrica.
P. E despois cando viñan para Moaña en ruta ¿seguían descansando os mariñeiros?
R: Cando viña para Moaña sempre deixaba unha zona para repartir entre os mariñeiros ¿non? e claro, pois había discusións entre eles, entre os mariñeiros porque ou "botachesme poucas ou botachesmes muitas" tiñan un balde para encher o balde sempre, pero a parte do que lle correspondía o refrán que ten "parte e reparte pa ti a mellor parte".
P: Parte e reparte sempre leva a mellor parte si é un refrán.
R: Pero si a min me daban media patela porque o individuo que partía o peixe non quería quedar a último sen peixe porque lle faltaban tres ou catro montes e non tiña pescado, entón tiña que ir polas patelas, polos quiñóns dos outros, roubándolle catro alí catro alí para facer un dos que faltaban, era mellor que lle sobrara.
P: Claro, E iso vindo en ruta, cando se viña para Moaña.
R: Si, cando se viña para Moaña. Porque sempre se partía o peixe cando se viña.
P: E o que repartía era o responsable dos mariñeiros sempre o mismo que iba á lonxa a vender.
R: Era por tandas, xa estaba marcado, cando se iba para o mar de novo, xa facían eles o cupo de reparto, ti palí, ti palí, se había que facer de dous, de dous se había que facer de un, de un e se había que facer de catro, e ti para a jareta.
P: Xa repartían o seu traballo. Todolos días ibase rotando.
R: Rotando nada máis que era as guardias, iba o patrón arriba e mais iban dous homesde guardia, mirando ó mar, se encontraban peixe ou non, entón tornaba (inaudible) todo o mundo estaba arriba acabaches de pescar a xente vai a descansar e queda o patrón arriba, se o patrón non colle... o patrón de costa, porque teñan o patrón de costa que é dueño do barco mentras el sea patrón, ti podes ser patrón pero non eres o dueño do barco.
P: Si, e os patróns de costa teñen que ser os amos do barco.
R: Son os amos do barco, están enrolados e son os representantes.
P: E o que iba no puente quen era o rodeiro.
R: Si o rodeiro.
P: Que o nombraba o patrón
R: O nombraba o patrón. Ten que ser un individuo que sepa de compás e a maniobra de babor estribor e todo.
P: Si para dirixir o barco mentres se faenaba ¿non?
R: É quen é. Sale o barco po mar e o patrón, o que é patrón de pesca, non é quen manda no barco, pode chegar ó medio da ría e decirlle ó patrón "ahora mismo para terra", as consecuencias son del, porque alí ó momento manda el no barco, porque está enrolado como patrón e como capitán, sea con razón ou sea sin razón as consecuencias míranse despois.
P: Si, si. E unha vez xa que veñen para terra hai que lavar o aparello no caso de que fixeran muito.
R: Se estaba sucio, sempre se bota pescado sucio hai que arranchar o barco, limpialo para despois salir e si é necesario...
P: Estábamos falando de lavar o aparello.
R: Lavar o aparello é unha cousa que é moi necesaria porque sempre veñen escamas ven peixe morto, se acaso non pescas e mollas o aparello, entón tes que facelo o outro día a mañán.
P: As veces xuntábanse dous barcos ben pudera ser nos mortos e outras veces no muelle non. Que se metía un barco que estuvera libre.
R: (inaudible) viñas e topabas un barco aí que estaba amarrado ó morto, entón como estaba libre, pois ocupáballe, hoxe era o teu barco, mañán era o meu, ocupaballe, non ensuciaba nada e se algo ensuciaba limpiabase outra vez e xa quedaba, o sea que é como unha obligación entre os armadores, o malo que había era que era moi latosa, onde tendía as redes e encascar ese era un traballo pesadísimo, porque viñas pescando catro ou cinco días seguidos e non che daba tempo a tender as redes, pero era necesario, porque senón pudríanse e acababas de vir da fábrica de botar o peixe e tar toda a noite tal, e ter que ir tender o aparello, porque hai tres días, si chove e o aparello está sin tender e vaise marchar, desde que veu este de nylon...
P: De nylon si.
R: Porque non se se encascaba nin se lavábase...
P: Nada, ese era unha maravilla.
R: Lavábase o día que non tomabas nada, dábaslle unha pasadura.
P: ¿Era mui duro e todo?
R: E que non se curaba.
P: Porque o aparello unha vez que se lavaba, despois subíase ó muelle e nese muelle deixábase escurrir hasta o día siguiente.
R: Escurríase no momento o nylon escurre no momento.
P: ¿E os que non eran de nylon?