MAR VIVO

ENTREVISTAS CON :

ANTONIO JOSE BERNARDEZ VILLAVERDE 92 ANOS

PARROQUIA DO CARMEN

· Ten 92 anos

· O xeito foi usado máis ben en Cangas

· Diferencia entre o xeito e o boliche

· Nome das partes do boliche

· A arte. Os traballos en postas

· Explicación da faena da arte

· Nome das partes da arte

· Descrición do aparello do cerco

· Orixen do cerco. Di que o truxeron os asturianos.

· A burbullada (ou gorgullada) como localización do peixe.

· O uso do pistón

· A influencia das augacións (correntes de mar) na pesca

· A jábega

· O reparto do peixe

· O problema no reparto do peixe

· Os turnos para usar as postas.

· O bou como aparello de arraste

· O uso da entallada (ou antallada)

· O uso das varas na antallada

· O medio mondo, arte para pescar o xurelo.

· Descrición do medio mundo.

· O palangre considerase unha arte de pesca

· Tipos de peixes que pesca o palangre

· O palangre chega alcanzar ata unhas dúas millas na totalidade

· Descrición do armamento do palangre na patela

· O palangre queda unido ó barco por un cabo

· O bonito pescábase con follaco

· O tangueo ou a tona, son épocas para pescar o bonito co barco parado

· Iscar a liña do bonito

· A pesca do curricán

· O curricán non foi usado nos barcos grandes para coller a rincha

· Os trasmallos son tres aparellos formados por dúas lazas e unha chouza

· O sacho, can, angazo (rastriño) son úteis para mariscar

· O salabardo tamén e usado para coller croques

· Os lingueiróns cóllense coa man e sachos.

· Hai lingueiróns de man e de can.

· Utilízase o ameixó (arpón) para coller o lingueirón.

· Descrición do medio mundo e seu uso.

· Hai varios de tipos de nasas: Para camaróns, nécora, choco, faneca...

· As nasas do choco. Descrición das mesmas.

P: Usté, ¿que anos ten? 92 ¿non?PISTA 1 (AUDIO)
R: Fágoos agora no mes de agosto.
P: 92, Usté chámase José Bernardez Villaverde.
R: Antonio José Bernardez Villaverde. O nombre propio ¿non?
P: Vamos a falar sobre o mar. Dígame máis ou menos das artes, que recorda, que tipo de partes tiñan, como é o plomo, os calóns, as colchas ¿que artes conoce?, o xeito por exemplo.
R: O xeito aquí non se usaba, o xeito usabase en Cangas. O xeito nada máis que se usaba en Cangas, aquí usabase o "boliche".
P. Que diferencia hai do boliche ó xeito.
R: O boliche, porque o xeito sabes que é unha rede que vai dereita. A rede está parada e o peixe malla.
P: Leva como si fora unas pezas, como para a merluza.
R: O mesmo. Plégase a rede, ás horas marcadas polo tempo, tes o tempo reglamentario para recoller a rede antes de que sexa noite. Porque ó vir a noite hai moitos defectos, pero largase con sol e colles ó meterse o sol. Non sabes si vas a pescar ou si non vas a pescar. Hai moitas veces que miras o peixe a vista antes de largar a rede á tardiña de todo. Largas a rede, tes aquel tempo marcado durante unha ou dúas horas, con el vas coller a rede e ven como si fora... mirache (inaudible) mallar o peixe alí, non o cruza nadie.
P: ¿E iso como se marca? Con uns boureles tamén. É toda a parte igual, por arriba teñen uns corchos, por abaixo unha plomada.
R: O plomo para que toquen no fondo as redes e o corcho para que levante a rede, o alto que dea, ¿non? Ás veces largas en dez brazas, outras en catro ou cinco, depende como mires a seguridade. E o boliche é un cerco, que ten unhas zonas máis baixas e outras máis altas e ten o cope para que o peixe se vai meter na corona.
P: O cope, ¿que suele quedar no centro?
R: O cope queda no centro, con vallas de marcacións de redes para que a rede non malle. A rede vai ó sitio reglamentario que se chama a corona.. porque alí malla, e o último rincón, e xa non sae de aí.
P: As partes do boliche, cando se empeza a tirar ¿que é, o calón?
R: O calón.
P: Ven o calón, despois ca ven a malla donde forma o cope.
R: Veñen tres mallas. Ven o calón, o chouzo e os laxos.
P: ¿Chouzo?
R: Chouzo chámanlle ós calóns.
P: Si.
R: O boliche chámanlle o chouzo, os laxos, os chouzos e a gorra.
P: ¿a gorra?
R: Si, a gorra. É a arte con chouzo tamén, a arte é o mesmo tipo do boliche, solo que hai arte coas mallas máis altas e mallas máis largas. A arte non traballa fóra da ría. A arte traballa en postas, unha tira aquí e outra alá, e van halando en terra ata a última.. e despois o peixe cóllese en terra.
P: Vaise halando desde terra, colles un cabo, unha tralla toda, vai facendo un círculo e despois a outra tralla ven a terra. E despois tírase, vaise halando de unha tralla a outra ¿non?
R: No momento que se fai vai cortando, vai chegando á terra, vanse botando os cabos, os cabos vanse xuntando para que se xunte a rede, entón o que tiñas que facer era a enxagua, como lle chamabamoslle nosoutros, que é cando recolles o pescado, ¿non? A lancha da arte mete unha trampa, mete unha trampa por debaixo deste calón e deste calón, unha trampa así e vai a dar ó barco que lle chaman a enviada.
P: ¿A virada?
R: A enviada.
P: A enviada.
R: A enviada é a que leva o peixe a Vigo. Ti recolles a arte e levao á venda, e polo regular vai a Vigo. 0 Peixe métenno por aquí e escapa e préndenno, o cope e mais a corona xa quedan un ó lado do outro. Pola trampa meten o peixe nesa enviada e xa hai individuos que traballan, compañeiros, teñen seis ou sete nesa Enviada para ir a vender peixe.
P: Entón, ¿a trampa é para que non escape o peixe? Para cerrar o peixe.
R: Ó levar o peixe a terra, á praia, con esa trampa a bordo da embarcación da lancha da arte, fan a trampa para levantarlle.
P: Entón non soltan o peixe en terra, cólleno na lancha.
R: Non, non. Este é un cabo, este é outro cabo, este é o mariño, este, aquí é a gorra, o que chamamos a gorra, por aquí métese o peixe para a corona, estas son as bandas que como van chegando a terra, vanse xuntando. Entón a lancha da arte, a enviada de levar o peixe, meten unha trampa por aquí por debaixo, cando a rede está xunta levantan esta trampa e hilan e e así entra o peixe, porque se non hilan como este mallage da gorra é mui amplio chegarían... sería unha feira todo, claro escaparía todo o peixe, vanlle dando cos remos unhas chapadas e vaise metendo todo para aquí. Entón fanlle a trampa e queda completamente hilada e vanse metendo todos para aquí, despois de facer a trampa collen e hilan e o peixe queda aquí amontonado, e despois entre a lancha da arte que ten a trampa feita, van botando o peixe cos salabardos e van botando....
P: ¡Ah! Cóllenno co salabardo. Non meten a gorra a bordo, non van collendo co salabardo.
R: Si, si porque despois a trampa desfaise, collen o corcho, e no cocho, poñen o peixe....
P: O cocho queda entre unha lancha e outra. E despois cos salabardos....
R: E despois cos salabardos van recollendo porque non poden aucarse é moita cantidade, non poden aucarse, pero polo regular os salabardos apropiados e iso para abocar na embarcación si a enviada non é capaz de levar todo ¡eh¡ caelle a trampa lancha da arte porque vai outra embarcación.... e todo isto aquí é un mallage que lle chaman.... desde aquí a aquí, son os cabos de terra, os calóns.
P: Os calóns son os primeiros que van dende o cabo ata.....
R: A zona máis aberta, despois veñen os chouzos que teñen a malla máis pequena, despois ven a gorra, outra máis pequena, vanse recortando o mallage. Aquí, xa ven a gola, a boca, e aquí na gola mesmo chámase setemenas, é o mallage: en cada cuarta, leva vinte mallas, outra dezaoito, outra leva dez, vai acortando o mallage. A zona de mallage máis larga son os calóns, porque alí é unha zona do aparello para, para que o pescado non malle e soltese e vaise "sácate de aquí e vaite para alí". E o peixe vaise acosando, porque o peixe cando se mira acosado, a malla do tipo del, do peixe que veña, pois malla todo, senón escapa.

Despois tes o cerco. O cerco é un cuadrado, solo que leva uns calóns aquí para arrastralo. Este é o plomo e este o corcho ¿non? e despois ten un cabo por aquí e outro por alí e vai a embarcación que está aquí e cerran e cerran o cerco. Solo que non ten debaixo os calóns para acompañar o cerre de aquí, e van metendo por alí na embarcación, así polo plomo e van acosando o peixe hasta. Aquí ten o que lle chamamos a enxagua onde se acumula o peixe vaise metendo pola embarcación e aquí neste lado que lle chamamos a enxagua, é unha rede máis chouza e mais dura, porque é onde acumulamos todo o peixe que ten o aparello, acumulámolo naquela zona a enxagua. Moitas veces dicimos "xa reventou a enxagua" e resulta que alá vai o peixe todo. E colles tamén cos salabardos. A base de salabardos tamén. E este aparello viñeron os asturianos con el, co cerco, pero viñeron solamente co cebo.
P: Co cebo para engadar o...
R: O cebo é a raba. Ten o nombre de cebo porque é donde se engada o peixe. Viña a embarcación poñía a cala, usté non mira nada pero engádase. Tes unha boia unha baliza de corcho con cordeles e estás aguantando e engadando. Hai veces que o peixe vai na superficie e xa miras donde vai o peixe ¿non?, como diciamos moitas veces, "vai enxarabado" pero hai veces que hai mal tempo ou moito vento, ou pouco vento e o peixe anda aboiado entón engadas primeiro, non miras nada pero dalí a media hora máis ou menos xa empezas a mirar unhas gurgullas como cando ferve nunha tarteira, a gurgullada que lle chamamos, e entón solta o peixe globas pequeniñas como a ferver.
P: A gurgullar se sabe que está o peixe alí ¿non?
R: Se sabe que o peixe está máis profundo aínda, ven acudindo e despois ponse na superficie de todo, cando está comendo tranquilamente....
P: Si a medida que se engada eles veñen arriba a buscar....
R: Veñen a comer, a comer claro a eles non hai que lle moleste aínda, están comendo tranquilamente pero chega un momento que o peixe anda un pouco arisco.
P: Asustado, medio abalado, ¿non?
R: Porque a sardiña é moi abalada, dá un home un paso a bordo da embarcación cun pé e xa o sinte o peixe. Entón acudiron, ahora, nos últimos anos acudiron ó explosivo que é o pistón, entón o peixe ó ter o pistón resíntese pero si acaso tres ou catro pistóns xa non marcha, xa está comendo tranquilo, xa parecenos a nós que está confiado. Pero despois ven o cerco, está o peixe aquí, engadado a comer no cebo este fai un cerco onde el, e esta é a embarcación e o peixe está aquí, hai uns cabos, os aparellos teñen unhas argollas, por quí, e por esas argollas vai un cabo que é o que lle chamamos a jareta e ven e faise o cierre do aire e queda o copo solo aboiado. Faise un copo así.
P: ¿Vai pasando pola plomada toda? ó tirar pola jareta vai facendo...
R: Leva unhas anillas e vai cerrando. Se acaso tamén se vai o peixe. Moitas veces depende das corrientes.
P: Das aguacións todas, si.
R. Das corrientes porque... larga aquí, pero déixolle a rede ó contrario, e na rede ven acosando o peixe, entón métese o peixe por aquí. Pero cando vai a corriente a favor co peixe, ou por cousas de que hai moito vento, non pode ser a corrente co vento, o vento vai dun lado e a corrente vai do outro. E si larga ó son do peixe...
P: Vaille o aparello enriba.
R: E aboca todo
P: Ten que ir como mínimo en contra da aguación non?
R: Despois hai o boliche. O boliche é como estes que andan á lura.
P: Si, que andan á lura.
P: É das poucas artes que se conservan, o boliche, non?
R: O boliche é un tipo de arte ahora que un traballaba en postas que lle chamaban gábidas que é o nome en vasco, aquí os galegos puxemolle arte, pero o propio nome da arte, que ven nos libros é gabidas, traballar en postas.
P: E o mismo que o boliche que se traballa no barco é unha cousa parecida.
R: E o mismo. O boliche traballa aquí, alí, traballa en postas, e arte, non pode traballar máis ca en posta.
P: En posta que se fai un acuerdo antes entre todos os mariñeiros para escoller a...
R: Hai uns individuos que van á parte, a mitá lévaa o capital e a mitá lévaa a xente esos son os tratos.... e os individuos que non teñen a obligación de tender as redes de estar aí pa largar as redes, cando lles toca o turno para... e tendelas e ir vender o pescado. Para vender o pescado, os que van a vender o pescado teñen un quiñon especial, o peixe de comer e mais o changüí, e claro, este tipo que se formou aquí de antes, despois de que marcharan os cataláns de aquí, aquí habia roubos tremendos.
P: Roubos, entre a xente misma?
R: A xente misma. Viñan a traballar gratis, non pedían traballo, botabanlle man ó cabo e non lle pedía permiso a nadie solo o encargado do aparello, o patrón, tiña que ter cuidado de quen lle vai a traballar, non viñan a decir "Podo traballar?"¿"non podo traballar"? e despois viñan as complicacións no reparto e do mismo salabardo que se usaba para botar o peixe a bordo das enviadas usabase para traer peixe a terra para eses mariñeiros e claro non contaban todos-
P: E despois traballaban todos.
R: E claro ó non chegar formaban un.... e uns levaban todo e outros non levaban nada
P: E había lío.
R: Muitas veces hubo puñaladas ¿eh?
P: Puñaladas gordas por culpa de repartir o....
R: E un viña de primeiro e outro viña cando estaba a terminar.
P: Que listos non.
R: Porque o reparto era a última hora (risas) habia veces que... era o traballo que tiña máis duro o oficio ó chegar o momento de repartir, eran 50 e 100 homes algunhas veces. Para compensarlle eso...
P: E cando acababa Usté nunha posta viñan outros con outro aparello ou xa non.
R: Si habia dúas postas e habia se acaso catro embarcacións iban por número os uns largaban de primeiros e mañan tocalle de segundos si quería gardar o lance para mañan si non quería gardar o lance e uste quería estar a traballar por él porque había peixe, dicia, bueno pois para o segundo tamén había peixe largaban o mesmo, ahora traballo de primeiro, non quería largar, ninguén lle roubaba ó primeiro pero como largara a rede Usté pasaba ó último e si largaba outro pasaba o penultimo.
P: Si, si iban turnando, rotando. E que largaban sempre coa marea arriba non? Era igual, marea arriba, marea abaixo.
R: Solo tiña unha variación, cando Usté largaba co pleamar tiña que alisar a rede de... porque ahora mismo usté largaba no Real sabe que estaba o muelle, no Real, estaba o muelle de madeira, bueno alí, cando baixaba o mar... pero cando no Real estaba baixa mar tiña uste que cambiar toda a rede, porque sinón vai a rede po sitio contrario. Sempre traballando con corriente a favor.
P: Pasa igual que as aguacións do Boliche ¿non?
R: Si. Porque é un aparello volante como sabes é un puente, o Boliche que ven arrastando hasta orillamar hasta, .....
P: ¿Qué outro tipo de artes había, as pezas?
R: As pezas, o xeito..
P: ¿Qué se pescaba máis ou menos? Pescadilla... o que mallaba.
R: A sardiña era ó xeito, o xeito o parrocha despois tiñas o bou o boliche a rapeta
P: O bou que era máis grande?
R: O bou era máis pequeno có boliche. Era o mismo cerco, a misma feitura solo que era un aparello de arrastre tiña máis tipo de arrastre.
P: Viña máis ó fondo.
R: Viña máis arrastrando porque collía máis tipos de marisco e o boliche é unha peza que colle nécoras....
P: Vai entre aguas¿non?
R: Colle nécoras, é un tipo... para traballar volante que apenas toque no fondo, ou que toque no fondo para asustar o peixe e o bou e para arrastra de todo, nécora centola e todo eso.
P: A entallada tamén había?
R: A entallada había.
P: A entallada que tiña muitos metros non? Eu acordo facer as...
R: A entallada largabase case, case na esquina da plaia de Meira e chegaba casi acá, a..., como lle chamabamos nosoutros, a Pedra de Cousela, esa pedra que está aí, na rampa esa.
P: Si, sí, a Pedra de Consela
P: Eses entonces tiñan trescentos metros ou máis ¿non?
R: Tiñan quinientos ou seiscentos metros. Ahora que había que largar sempre na pleamar
P: Ese si esperaban á baixada da marea.
R: Porque despois ó baixar o mar.... coa pleamar chegaba hasta aquí, mentres o peixe estaba aquí na pleamar comendo... acudia aquí a plaia, pero quedaba muita plaia aquí aínda, enton habia que deixar espacio para que o peixe estuvera tranquilo aquí, e largar por aquí e ó baixar o mar o peixe quedaba embolsado aquí non tiña salida entonces e os dueños, os mariñeiros pois iban xa collendo o pescado que iba quedando en seco.
P: E que o metían na chalana
R: Botabanno na embarcación, de remo, e collían e despois para recoller as redes recollían tamén cando estaba pleamar, era cando a rede estaba aboiada por que senón o lombo para acarrexar tanta rede..... e xa coa misma embarcación collían as redes pero había veces que era un traballón tremendo.
P: E iso, as entalladas espichaban un pau para que a rede non fora abaixo de todo ¿non? ó baixar a marea ó quedaren seca...
R: A rede xa se largaba en cala.. o sea que a rede quedaba en cala pero ó meterlle esas varas secas era cando o muxo, largaban e collían muxo, e o muxo pois, saltaba muito e manchaba todo.
P: A entallada acordo que iba muita xente, baixaba cantidá de xente, as mulleres rapaces, iban todos.
R: A entallada tiña unha cousa, que uste podía ir a entallada sempre que o peixe tuvera uns metros pa tirar da rede.
P: E decir, o que estuvera varado. O peixe que estuvera varado podíase coller.
R: Si, si vamos a poñer, esta é a rede, e o peixe anda por aquí, enton tiña.. para a xente todo este peixe que estaba aquí, se viña para aquí podiase coller pero nunca meterse na zona do cercado
P: Un metro ou dous de...
R: Si, dous metros.
P: Eran dous metros o que marcaban mais ou menos.
R: Na plaia de Meira había muita entallada.
P: Era a que máis se usaba a plaia de Meira e a de Moaña.
R: Si a que chamabamos a plaia de Moaña.
P: Despois esa arte prohibíronna, chegáronna a prohibir, a entallada.
R: Quixeronna prohibir varias veces e non a prohibiron.
P: Porque esquilmaba muito.
R: Non porque a entallada estaba completamente reconocida, con límites, ahora saíndo dos límites do traballo dela pois... porque a entallada... tiña unha embarcación de... largar, entón pode interrumpir...
P: Claro, ó abarcar moito campo
R: Pode causar unha avería, ven un barco descoñecido ou calquera cousa pode topar a rede, vamos coller a rede.
P: E usaban outro tipo de métodos para pescar o peixe ¿como era? o medio mundo.
R: O medio mundo e co engado
P: Co engado e que se usaba para pescar a sardiña tamén.
R: Non, os xurelos. O xurelo, pois busco unhas zonas onde está o pescado ¿non? O xurelo ou dese tipo e empeza a engadar e cando sinte...


P: Si, si.
R: Entonces, cando o peixe está engadado inzan o medio mundo por uns cabos.
P: O mundo ¿que é? É circular ¿non?
R: Ten uns ventos así,
P: Uns ventos para mantelo dereito
R: Hai algún que se te marcha, como o peixe está enredado comendo el vaille por abaixo e colleo e...
P: E aparte das liñas antes usabase tamén o palangre. Falando do palangre, o palangre que está considerado ¿un aparello ou unha liña?
R: Considerase como un aparello.
P:. Como aparello, como arte.
R: Como arte, porque co palangre péscase a muito pescado, pescas o atún, pescas o bonito, pescas... a base de cordel todo ¿non? o palangre é un conxunto por iso lle chaman palangre, é un conxunto de anzuelos que se largan a unha certa distancia e a unha certa hora vaise a recoller. está marcada a recollida pola hora, antes de meterse o sol ou a posta do sol
P: Deixase no mar. Péscase fóra das illas ¿non ?
R: Si nas alturas. Tes a palometa, tes o ollomol, o besugo !vamos¡ e tes toda clase de peixe grande o mismo congrio, van por riba das pedras, van largando palangre
P: O palangre déixase quieto.
R: Si deixase quieto, largase ten unha medicion para recollerlle algun peixe, hai algun peixe que están metido nas lañas das pedras, nos regos das pedras, e hai que ter o anzuelo cerca do rego para que lle cheire ó mirar a carnada salen do escondite cando veñen a molestar, pois soltanse eles e veñen a plaia. Realmente é un cordel, é un oficio fixo.
P: É un cordel, ¿que medidas soe ter o cordel, cantos metros pode ter de largo?
R: De largo ha de ter un metro, o cordel en conxunto ten se acaso dúas millas.
P: Dúas millas.
R: Largadas no mar ¿non?, pero a base de cordeles.
P: E despois cada metro vai saíndo un anzuelo ¿non?
R: Cada metro que marcha vai saíndo un anzuelo, o anzuelo saeche da cesta, hai veces que engancha o anzuelo e vai a cesta e todo pero como xa ten calado outro pois sigue o barco sigue o mismo non pode parar.
P: E unha vez que este largado todo o cordel...
R: Para o barco. O tempo reglamentario que está marcado, ten un certo tempo ¿non? marcado para a recollida, e a recollida empezan a levantar...
P: E que se levanta a pulso?
R: Si a pulso, a palometa e a... eses todos van a pulso, e o ollomol ven a pulso tamén.
P: ¿E se ten muito peso?
R: Eso hai que levantalo, os compañeiros uns lle van axudando a outros...
P: E o peixe que viña enganchado subese arriba ou...
R: Xa o recolle outro que esta por detrás, recolle polo cordel o anzuelo e o peixe desenganchao e ó cesto. Hai unhas zonas destinadas a bordo do barco para recoller o peixe e metelo para alí. Antes tiñan un queixon, un queixon grande para recollelo todo e as veces cando non era demasiado á cubierta sirve, a cubierta sirve porque case é un peixe do dia, é coma a pescadilla e todo esto.
P: Si peixe fresquiño do dia.
R: Case do dia. Cando iban a costa de Portugal van adaptados para botar tres ou catro dias.
P: Pero si é peixe do día venden en Portugal mesmo.
R: Non, non, levan hielo e metenno alí. Botaban catro ou cinco dias hasta que tiñan as toneladas que lle parecían e...
P: Eu teño mirado armar é unha verdadeira obra de arte, o armar nas patelas o palangre, é dificil ¿non?
R: É difícil porque... é como todo o mariñeiro ten o cordel e así como vai empatando... vai dando voltas esto, colle... empata, empata o anzuelo, mételle o isco e vaino enganchando así
P: O isco que é ¿o engado?
R: O isco é un.... é a comida. Este é o cesto, vai así, hasta que cubra todo o aro do cesto...
P: O aro do cesto está forrado cunha corda ¿non?
R: Está forrado cunha corda e nesa corda vai enganchando os anzuelos.
P: E logo o que é a corda matriz ou principal esa vaina enrrollando no fondo da patela ¿non?
R: Esa Vai pegada na patela, a corda, e os anzuelos
P: Os anzuelos vanse derivando cada un ¿van xuntos?
R: Xuntos, vanse pegando completamente, esta é a cesta, por aquí leva a corda,
P: A corda que vai por fóra ou dentro da cesta
R: A corda vai pola orilla da cesta, na orilla pola parte de fóra.
P: Pola parte de fóra, si.
R: E vai sentando o cordel todo por dentro e engancha aquí na veta no cabo, vai enganchando así, aquí.
P: Na veta que está na orilla e despois van todos xuntiños todo ó redor
R: Todo ó redor, hasta encher a cesta e o encher a cesta...
P: E queda dunha forma que unha vez que se large o palangre vanse desenganchando os anzuelos solos. Por eles solos.
R: Si hai que tirar a cesta ó mar, vai a cesta ó mar, xa están encanadas as cestas, largan cuarenta ou cincuenta palangres
P: Si, cada barco cuarenta ou cincuenta palangres.
R: E cando empezan a levantar o barco queda preso polo cordel... van os dous palangres, este e un cordel ou último palangre e o barco está aquí e empeza o cordel do aparello e a veces pois rómpelle o cordel e ten a metade dos palangres no mar e non queda boia ningunha
P: Non queda boia no mar
R: Non queda boia ningunha
P: Porque todos as cuarenta cestas ou os cuarenta palangres ¿como están unidos ó barco?
R: Polo cabo, empeza a largar e tira o cabo cunhas pedras para que vaia ó fondo, xa o palangre de por si..., a cesta vai ó fondo e si se queda a bordo sacan unha cesta e meten outra despois queda o barco preso por este cabo, que é o cabo que... danlle unha certa cantidade de cabo para que o palangre chegue ó fondo e está o barco preso, se hai vento, estase aguantando pouquiño a pouco
P: Co motor
R: Co motor. Si está calma está todo apagado mentres o palangre está no fondo pero hai veces que traballan e entralle vento e partelle, rómpelle o aparello
P: E quedan sin el entón
R: Pois queda sin él moitas veces non poden, co mal tempo non poden rastrear e se poden rastrear, porque marcan, porque os aparellos marcannos, ten un rastreo, cuns rastrillos que teñen, bueno o aparello está por aquí máis ou menos a ver se collemos o medio. Para coller o medio do aparello non coller o chicote.
P: E como lle chaman eses pa rastrear, como lle chaman ós ganchos eses para rastrear tiñan un nome ¿non?
R: Tiñan un nombre, tiñan.
P: que era un alambre parecido a unha pitera, ou un rizon.
R: É un rizon
P: É parecido a un rizón, un grampin.
R: Si era o garampin
P: Cando se lle botaba, porque eu teño mirado que se lle botaba follaco o...
R: O follaco ese é para o bonito.
P: Para pescar o bonito.
R: Ese cando larga as liñas os anzuelos levan ese follaco que é o que lle chaman a comida, porque o follaco no mar teñenno que limpiar moi ben que brille completamente, teñen que raspalo moi ben despois claro no mar cando van arrastando.... van facendo.. eses... é comida.
P: E parece que está un peixe vivo
R: Parece que está o peixe vivo, retirase o follaco. O follaco ten que ser mui limpio, canto máis blanco mellor,
P: Para que chame a atención.
R: Chama máis a atención.
P: Entonces cando pescan co follaco o barco non pode estar parado, teñen que ir andando.
R: Andando sempre, o bonito pescando.... hai épocas que chaman o tangueo, ó tangueo engadan.
P: O tangueo que é
R: O tangeo é parado, porque muitas veces non come, anda á tona que lle chaman a tona no airo porque muitas veces o bonito lánzase ó peixiño pequeno que aparece no mar muitas veces e comeo os pescados grandes.. coma as aves andan á tona que lle chaman a tona
P: E míranse saltar pola superficie.
R: E saltan á superficie e non comen o isco, porque o isco soamente o comen cando o siguen.
P: Si cando vai máis no mar, máis de agua
R: Si acaso está aquí un monte de peixe e lárgase o follaco e non pescan teñen que andar co barco, coas liñas a facerlle movimientos a citalo, para que o peixe... muitas veces cando lle dabas unha cousa, "non quero, non quero" e de tanto insistir que a comemos.
P: Entonces cando é a tona abalan un pouco...
R: Entonces hubo unha época que empezaron a engadar a botar iscos ó mar e ó botarlle iscos ó mar acaparaban ó lado do barco acaparaban os bonitos, comendo naquel isco, entonces coas liñas, cunhas cañas que levaron, despois levaron unhas cañas. Pois pescaban coas cañas coma se fora no muelle.
P: No muelle, sí, coma se fora á liña.
R: Como se foran as liñas, paraban o barco, tiñan engadado aquel pescado ¿comprende? E ibanno coller.
P: E costaba muito traballo, porque un bonito inda pesa muito ¿non? Ou hai que torealo antes
R: Moitas veces, depende pero eran dous. Ti axudabasme a min cando eu enganchaba e eu axudabache a ti cando... muitas veces.
P: O palangre en que mais se usaba a...
R: O palangre muitas veces, hai outros peixes como o marrajo, ese é de palangre defirme ¿non?, largase o palangre, está a espera e cando chega o momento de levantar teñen que ver si ven o marrajo pescado, como si fora un cazón. Era un marrajo bastante grande ¿non?
P: ¿E tiña boa venda o marrajo?
R: Si, tiña boa venda.
P: E unha pesca parecida ó palangre era o curricán.
R: O curricán é a lo loco vamos, viñan pola borda pola propa pola popa polo costado.
P: E o curricán facíase tamén no barco ou era mais ben con chalanas e botes.
R: Aquí usaban as chalanas porque cando eran as rinchas, as rinchas que había por aquí non, ibase a pescar as rinchas e non pescabas no engado, e moitas veces.... de pescar mellor de comer mellor o currican por esa aceptación. Empezabas a engadar, engadar e collías rinchas, estabas engadando e pescando ¿non?
P: ¿Que engadaba con xoubas?
R: Non, egadaba con xoubas ou espadín moído, e despois facías pasta e despois facías unhas bolsiñas...
P: Como lle chamaban a esa pasta?
R: Engado. Faciasno de xoubas, de sardinas, de espadín, e todo eso unhas bolsiñas así, enches a bolsa e mentres iba pa abaixo non soltaba nada para arriba, pero o tirar para arriba, pola boca arriba soltabao. Si iba a bolsa para abaixo non vertía nada, pero ó cambiar para arriba cambiaba a bolsa para abaixo....
P: Si, A boca cambiaba para abaixo, entón iba soltando....
R: Iba soltando.
P: O engado tiñano pa arriba.
R: E muitas veces cando andabas así xa os mirabas a vista o currican non os miras á vista, vas andando moitas veces.. andabas a avistalos e poñiaste ó curricán, a veces, o home empezaba a vogar él solo, cos remos..
P: Si, iba tirando...
R: E cando lle enganchaba... moitas veces.
P: O Barco, o curricán usaba pouco no barco ¿non? máis ben...
R: ¿Cómo?
P: O curricán non se usaba moito nos barcos, ó mellor cando viñan de volta, cando viñan a vender.
R: Non se usaba, algunhas veces no inverno, non era oficio fijo.
P: Para pescar a rabaliza non usaban o currican.
R: Non, a rabaliza iso coas redes, os trasmallos, son tres redes, van dúas laxas para fóra e no medio unha chouza para que tropece ó entrar por un lado, porque, é esto, ti tes estas redes, esta é laxa esta é tamén laxa dúas iguales, pero vai unha no medio, esta que vai no medio que é chouza.
P: É chouza, ten a malla máis tupida.
R: Si máis tupida e mais corta porque ó entrar por esta xa entra na chouza en non deixa pasar a outra, empeza a andar ás voltas, se lia coas dúas cons, e queda preso, non pode moverse, traballa desmallables... é un pescado que pica moito.
P: É malla, queda enganchado na malla. Entón, claro é un traballón. Outro tipo de sistemas de pesca que se usaban para coller máis ben o marisco, o croque mais ou menos que o collían, coa man ou...
R: Co sacho.
P: Co sacho.
R: Despois inventaron o rastrillo, despois inventaron... muitas cousas, o can.
P: O can. O Can en Moaña nunca se usou¿non?
R: Ahora usabase tamén
P: Ahora, xa é reciente entón.
R: Pero usabanno as embarcacións a motor, pola plaia toda de Meira e collían ameixas tamén, pero prohibiron o can porque era como o arrastre desfacía os bancos donde se criaba o marisco.
P: Esquilmaba muito.
R: E co rastrillo estas zonas...
P: E co angazo, ! Vamos¡
R: Co angazo, pescan co angazo.
P: E o angazo que é, é coma un.... que ten unhas uñas, uns dentes que...
R: Ten uns dentes redondos por abaixo e por abaixo plano ¿non?
P: Ten van e unha rede que lle sirve de cope ¿non?
R: Por esta parte ten así unha zona, e ten os dentes aquí, aquí leva a vara...
P: Leva a vara e tírase a pulso, enriba da chalana, normalmente se traballaba en chalana
P: ¿O Salabardo usabase para coller croques?
R: O Salabardo usábase para recollelos.
P: Para recollelos. Ahora últimamente úsase moito para collelos tamén, antes usábase para agarralos.
R: Os croques, ahora usanno para collelos así, cando fan un salabardo dun aro dun barril..
P: Dun barril ou dun balde de aqueles vellos
R: Dun balde entonces vas apretando e é coma coller coas uñas un cordel hai que ir arrastrando, así o varo colle máis ¿non?
P: E para coller o lingueirón que usaban
R: As mans
P: Coas mans
R: Todos estos papos dos dedos, cando terminabamos ós dous días de ter... estaban cortados, casi se miraba o hueso.
P: Iban co sacho a buscar o buraco ¿non?
R: Coas mans, botabas as mans pola area e claro, cando os lingueirons estaban abertos, con uns tropezabas ben pero outros tropezabas coa boca aberta e xa.. e tronabas os dedos. Outras veces collía o sacho e ó facerlle firme, paraba e iba contra o sacho e collialo ¿non?
P: Agarraba co sacho o lingueirón e muitas veces partía
R: Partía
P: E era igual coller o lingueiron de can que o lingueirón de man.
R: É máis fácil coller o lingueirón de man
P: Era máis fino.
R: O de can é outra clase de lingueirón xa non é o mesmo como o de..
P: Porque o de man era máis fino, comíase crudo ¿E o de can tamén?
R: Ese era máis duro, ese había que cocelo, e o outro xa era mais blando casi non podías.. rajábalo, abríalo e comíalo.
P: Con limón comíase ben. E tense usado a veces un arpón para coller os lingueiróns, non? Un arpón, un alambre grande que tiña...
R: ten un nome e non me acorda, o aparato ese, casi todas as mulleres que iban a él, alí á plaia sen saír ó mar polos buracos que conocían, este é un buraco de un lingueirón, botáballe o meisón non sei como lle chaman, e especiaba no lingueirón e xa o traía para arriba, enganchado.
P: E outras veces botabaselle sal tamén nos buracos
R: Moitas veces ibas a buscar polo seco e escavabas co sacho, e ó escavar co sacho descubrías o buraco, botábaslle un pouco sal e salían á superficie, chupaban e descubrían a mita do corpo.
P: Si, viñan para arriba.
R: Estabas cavando e ó subir xa collías aquel e ibas a outro
P: E en canto ó marisco que outros aparatos se usaban, aparte de coller o marisco, os croques ¿usabase o angazo, coa vara?
R: A última hora usábase a vara, o angazo, o rastrillo, cada un...
P: Co sacho, salabardo, e o medio mundo collíase marisco ou non
R: ¿Como?
P: O medio mundo non era para coller marisco.
R: O medio mundo era para engadar o sitio, máis fondo, unha zona máis ou menos que conocías e engadabas, era para o chincho, chincho e buraces como nos Viduidos, por dentro da illa, por fóra da illa, buscando as pedras que.. donde paraban os xurelos, engadabas e ó ter o peixe engadado largabas o medio mundo para abaixo así, despois quedaban os ventos, o medio mundo era este. Tiña un vento aquí, outro aquí, outro aquí, outro aquí.
P: Todos os ventos que iban a corda central non
R: Estes ventos cando halabas para arriba tiña unhas anillas por aquí todas cerraban a boca para que o peixe non salira, entón xa quedaba o peixe no fondo da rede, e había veces que quedaba o aparello, en vez de ir para arriba co peixe quedaba preso na pedra, porque muitas veces largaban nas pedras porque o chincho e o xurelo é un peixe que está comendo muito na pedra, acude muito á pedra, hai outros peixes que collen o fango, o arenisco, pero este o xurelo acude muito a pedra, sempre está nas beiradas das pedras, cando se fai xurelo grande ese xa colle altura
P: Si, últimamente había muito polas bateas ó montar as bateas o chincho iba moito a comer as cordas das bateas, ¿e pa coller o camarón que se usaba, aparte do ganapán?
R: O rastre, sempre se usou o rastre.
P: Sempre se usou, o rastre ¿que ten. ?
R: Sabes por qué, o camarón muitas veces vas a unha batea, e ten nas beiradas no casco... está comendo na basura que ten o barco o camarón ¿non? entón collemos con ese... palangre..
P: Co ganapán
R: Non, non colleo a man, pero cunha variña así... chamanlle ganapán si...
P: Si un ganapán, si.
R: Ahora para recollelo cando ven mal tiempo salen do escondite os gitanos acusaos o mal tiempo e botannos ó limpio entón van cos rastrillos teñen o esterco, o abono con eles e todo.
P: En canto ás nasas hai diferentes tipos de nasas según para o que se usen non?
R: Muitos tipos de nasas
P: Hai unha nasa para o choco
R: A nasa do choco... pode haber mais de cincuenta tipos de nasas.
P: ¿Si, tantas?
R: Desde o choco hasta o...
P: Hai de chocos hai de fanecas...
R: De faneca esas son...
P: Hai do camarón, ou da nécora.
R: Hai de todo.
P: E do lubrigante que son as nasas máis grandes
R: Ese é outro tipo de formación de...
P: De nasas
R: Porque cada unha ten a súa formación, depende do sitio ó que se vaia a pescar.
P: Era moi grande a do lubrigante, ¿que forma tiña?
R: O lubrigante unha cousa así do tipo de esta mesa...
P: Si, ¿Era cuadrada?
R: Cuadrada, namais que tiña o aro de arriba
P: Donde tiña a boca de entrada ¿arriba?
R: Non ós lados
P: Ós lados porque a do choco tamén é alta coma esta mesa máis ou menos
R: A do choco tamén é polos lados, ten dúas entradas.
P: Ten dúas entradas en forma de cono de embudo.
R: Si, en forma de embudo